pdf - Xunta de Galicia

Anuncio
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.- FOLLAS PARA O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PÁX. 1
Organismo: DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA
Capítulo:
Epígrafe:
SUMARIO:
Resolución do 17 de outubro, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lles outorgan
destinos aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa da
Administración de xustiza (quenda de promoción interna) que superaron as probas
selectivas convocadas pola Orde XUS/2370/2011, do 31 de maio, no ámbito de Galicia.
TEXTO:
(Escríbase a dous espazos)
De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005,
do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos
de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración
de xustiza, esta dirección xeral resolveu adxudicarlles destinos, nos órganos xudiciais
que se relacionan no anexo I, aos funcionarios do corpo de xestión procesual e
administrativa (quenda de promoción interna) nomeados funcionarios de carreira do
corpo de xestión procesual e administrativa pola Orde do 17 de outubro de 2012, tendo
en conta o seguinte:
Primeiro.- Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa aos
que se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión do seu cargo ante
o departamento territorial respectivo da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza nos seguintes enderezos, segundo a provincia onde estea radicado
o órgano xudicial no que obtivesen destino:
DEPARTAMENTO TERRITORIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE XUSTIZA
Praza de Luís Seoane, s/n
Edificio administrativo Monelos
15008 A CORUÑA
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.- FOLLAS PARA O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PÁX. 2
SERVIZO TERRITORIAL DE VIGO
SERVIZO DE XUSTIZA
Rúa Concepción Arenal, núm. 8
36201 VIGO (Pontevedra)
A toma de posesión efectuarase dentro do prazo de vinte días naturais contados
dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado,
de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto.
Segundo.- Os funcionarios destinados en virtude desta resolución e que opten
por continuar en activo no corpo de tramitación procesual e administrativa non será
necesario que se despracen a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado,
abondando con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no apartado
primeiro lle comuniquen, se fose o caso, á Dirección Xeral de Xustiza a dita opción,
para os efectos da declaración de excedencia voluntaria prevista no artigo 506 d) da
Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. Unha copia da resolución pola
que se declaran en situación de excedencia voluntaria seralle remitida ao Rexistro
Central de Persoal da Subdirección Xeral de Medios Persoais da Administración de
Xustiza.
A comunicación de solicitude de excedencia voluntaria realizarase de xeito
urxente ao número de fax 981 546 222, ou escaneado ao correo electrónico
[email protected]
Terceiro.- No caso de que os funcionarios optasen por ingresar no corpo de
xestión procesual e administrativa e quixesen evitar un baleiro na continuidade dos
seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo
indispensable para efectuar a toma de posesión poderán solicitar na dirección xeral de
xustiza correspondente ao seu destino como funcionario do corpo de tramitación
procesual e administrativa un permiso retribuído dun día se non hai cambio de
localidade, ou de dous no caso contrario, bardante daqueles que se teñan que
desprazar desde Canarias, Illes Balears, Ceuta ou Melilla, en cuxo caso o permiso
poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo.
No caso de que o funcionario proceda do ámbito de competencia doutra
xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibiran o traspaso de medios
persoais, deberase remitir a devandita documentación a estes órganos para que
procedan a concederlle de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.- FOLLAS PARA O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PÁX. 3
tramitación procesual e administrativa e mais o cesamento automático coa mesma data
en que se produza a toma de posesión no corpo de xestión procesual e administrativa,
a fin de evitar a interrupción na percepción dos seus haberes.
Cuarto.- Os funcionarios que opten por permanecer no novo posto do corpo de
xestión procesual e administrativa terán dereito, a partir da toma de posesión, ao
permiso retribuído que establece a disposición adicional quinta do Real decreto
364/1995, do 10 de marzo, permiso do que se deducirán os días contemplados no
apartado terceiro desta resolución.
Quinto.- Os funcionarios interinos que actualmente ocupen prazas que lles
fosen adxudicadas aos aspirantes aprobados cesarán o mesmo día en que se produza
a toma de posesión do titular.
Sexto.- Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa aos que
se lles outorga destino en virtude desta resolución, aínda que sexan destinados con
carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán
participar en concursos de traslados ata que transcorran dous anos dende a data desta
resolución. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo
segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.
Sétimo.- As prazas ofrecidas aos aspirantes mediante a Resolución do 10 de
setembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, non adxudicadas mediante a
presente resolución, manteñen a súa condición de desertas e reservadas para os
aspirantes a ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da quenda libre.
Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso
potestativo de reposición ante esta dirección xeral no prazo dun mes, ou ben recurso
contencioso-administrativo
ante
os
xulgados
do
contencioso-administrativo
competentes no prazo de dous meses, contados ambos a partir do día seguinte ao da
súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012
O director xeral de Xustiza
Juan José Martín Álvarez
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA.- FOLLAS PARA O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PÁX. 4
ANEXO I
ADXUDICACIÓN DE DESTINOS
CORPO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA – PROMOCIÓN INTERNA
ÁMBITO TERRITORIAL DE GALICIA
Núm.
orde
DNI
1
44452679
2
34971047
3
34963242
4
33860656
5
35324725
6
36134456
7
32670123
Apelidos
PAMPÍN
FERNÁNDEZ
BARANDELA
SANDIANES
Nome
CRISTINA
DANIEL
Destino
adxudicado
XDO. 1ª INST. E
INSTR. Nº 3
XDO. 1ª INST. E
INSTR. Nº 3 (VSM)
HERVELLA
XOSÉ
XDO. 1ª INST. E
ÁLVAREZ
DELMIRO
INSTR. Nº 1
GONZÁLEZ
MARÍA DEL
XDO. 1ª INST. E
MÉNDEZ
CARMEN
INSTR. Nº 4
RODRÍGUEZ
RODRÍGUEZ
ARMADA
MARTÍNEZ
LÓPEZ
MARTÍNEZ
MANUEL
BIBIANA
SABELA
XDO. 1ª INST. E
INSTR. Nº 2 (VSM)
XDO. 1ª INST. E
INSTR. Nº 3
XDO. 1ª INST. E
INSTR. Nº 2 (VSM)
DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Praza de Europa, 5, 4ª planta
Polígono de Fontiñas
15781 – SANTIAGO DE COMPOSTELA
Localidade
Provincia
TUI
PONTEVEDRA
RIBEIRA
A CORUÑA
REDONDELA
PONTEVEDRA
CAMBADOS
PONTEVEDRA
MARÍN
PONTEVEDRA
TUI
PONTEVEDRA
MARÍN
PONTEVEDRA
Descargar