Origen de las sociedades y del Estado

Anuncio
• Teorías sobre a orixe da sociedade
O termo social se refire a aquela dimensión do ser humano por virtude ca cal está en relación e acción con
outros seres.
Diferentes teorias puxeron a orixe do sociedade, ben na satisfacción das necesidades, ben na seguridade
persoal e na preservación da propiedade, ben na realización da xustiza.
• Dimensións do ser humano e a sociedade
♦ O seu carácter natural e necesitado
En canto ser natural vivo, o ser humano é un ser de necesidades que requiren ser satisfeitas; en canto dotado
de linguaxe e de razón, aspira ó xusto e á liberdade.
• A súa naturaza política
O se humano mais que social, hai que dicir que é un animal político. Político quere dicir que vive na polis, na
cidade nesa comunidade ou sociedade que é, a par, civil e política.
Aristóteles dixo sobre este tema que o ser humano é un animal social e político por natureza.
• Relación entre as súas necesidades e o seu carácter político
O ser humano é, pois, social e político. Éo, a causa das suas necesidades (para poder satisfacelas); a causa,
ademais, do seu ser racional e libre.
Isto, encerra non poucas cuestions:
1. ¿Que entender por necesidades e que considerar en cada caso como tales?
2. ¿Que é o racional na organización dunha comunidade social e política?
3. ¿En que cifrar a liberdade e como conseguir a súa garantía e a súa realización?
• Orixe da sociedade e estado de natureza
• Significados de orixe
Cando falamos da orixe da sociedade, a palabra orixe non significa o comezo no tempo de calquera
comunidade social. Orixe quere decir as causas ou razons polas que os seres humanos se vinculan
naturalmente en determinadas comunidades.
• Estado de natureza e estado social
A distinción entre estado de natureza e estado civil ou social ten un carácter metodolóxicio: é unha hipotese
para elaborar un modelo do que debera ser o estado social do ser humano, o dito modelo, haberá de estar en
consonancia co que quizais reclama a natureza do home.
• Satisfacción de necesidades e realización da xustiza na orixe da sociedade
1
Por sociedade entendemos tanto a comunidade social que é a familia, como a comunidade social e política que
engloba a familia. Propiamente falando no referimos a sociedade política ou estado e á sociedade civil.
• Orixe da sociedade e satisfacción das necesidades
A orixe da sociedade está, pois, dun lado na indixencia do ser humano e na satisfacción das suas necesidades.
• Seguridade e preservación, na orixe da sociedade
A orixe da sociedade pode encontrarse tamén na busca da preservación e da seguridade, xa da propia vida, xa
dos bens ou propiedades, xa desa hipotetica liberdade que se posúe no estado natural.
• Orixe da sociedade e realización do ben e a xustiza
Podemos dicir que a polis é e debe ser unha comunidade de seres humanos iguais e libres; a igualdade e a
liberdade entre eles é o fin que se atopa na orixe da sociedade. É dicir, vivir en consonancia con aquilo que
constitua o ben dos seres humanos.
E aquí asaltanos un novo problema: ¿cal é o ben dos seres humanos? ¿Pode, por outra parte, falarse do ben do
ser humano se non o é de todos?..... Vemos, polo tanto, a estreitisima relación entre a dimension social e
politica do ser humano e a sua dimensión etica.
• Sociedade civil e Estado
• ¿Qué significa sociedade civil?
Sociedade civil designa o modo de organización e estructuración da sociedade nun momento determinado do
seu desenvolvemento, intermedio entre a familia e o Estadojo seu seo despréganse os grupos sociais.
• Caracteres do Estado de dereito
• ¿Que se entende por estado?
Elementos na determinación do estado:
• Esta baseado nun grupo social establemente asentado nun territorio determinado
• Unha orde xuridica unitaria
• Un poder xuridico, autonomo, centralizado e territorialmente determinado
• Requisitos do estado de dereito
◊ Imperio da lei: lei como expresión da vontade xeral
◊ Separación de poderes: legislativo, ejecutivo e xudicial
◊ Legalidade da administración: regulación pola lei e control xudicial
◊ Dereitos e libertades fundamentais
⋅ A realidade do poder e o concepto de lexitimación
• A complexa realidade do poder
O poder dise de moitas meneiras, e pode ter diferentes suxeitos de atribución. Poder non é, sen mais, forza ou
violencia.
2
• A interpretación belicosa do poder e da política
Como pode apreciarse, entre aquela caracterización do poder e esta concepción do Estado hai unha relación
moi estreita, neste tema entran en xogo os termos forza, dominación, violencia e tamén estratexia, e
lexitimación.
• Poder non é o mesmo ca forza e violencia
O poder consiste nunca relación, e ten duas notas fundamentais: é poder sobre (relación consensuada de
dominación) e é poder con (relación de participación)
• O concepto de lexitimación
• Legalidade e lexitimidade
Fronte á lagalidade −isto é, conformidade a normas xuridicamente promulgadas−, a lexitimidade significa a
xustificación dun ordenamento xurídico desde principios de liberdade e criterios eticos de xustiza.
• Teorias sobre a orixe do estado e a democracia
♦ A idea de contrato e os seus supostos
A idea de contrato ten unha función metodoloxica encamiñada a pensar a orixe do Estado, atendendo á
lexitimacion do seu poder politico.
• Teorías e formas do contrato
Expoñense tres teorías fundamentais sobre o contrato que dá orixe o Estado: o contrato como submisión
(Hobbes); o contrato liberal (Locke), e o contrato social (Rousseau). Son interpretacións diferentes do Estado
e dos seus fins e límites.
• Unha teoría neocontractualista: John Rawls
Ademais dos conceptos formais de liberdade,
igualdade e propiedade privada, Rawls considera aspectos de
contido, como a distribución dos bens economicos e a igualdade de
oportunidades.
• Xustiza como imparcialidade; a posición orixinal e o veo de ignorancia
O acceso racional a eses principios de xustiza está en estreitisima relación co que Rawls describe como
posición orixinal. Nesa hipotetica posición orixinal os seres humanos en canto persoas libres e racionais,
estarian nunha situación de igualdade.
• Comunidade política e democracia
♦ Sentido da democracia na comunidade política
O ser humano é un ser social: con−vive con outros homes, formando unha comunidade socio−politica rexida
3
por unha orde normativa(dereito, ordenamento xuridico) que regula as suas conductas.
• Cara a unha caracterización da democracia
A democracia establece unha relacion esencial entre o poder e o pobo. Democracia quere dicir goberno do
pobo, que non é o mesmo ca gaberno para o pobo, pois podese gobernar para o pobo sin respectar nin os
contidos nin os valores democraticos,e, ademais, sen procedementos democraticos. Democracia oponse
radical e totalmente a autocracia.
• Modalidades de democracia
Modalidades segundo o grao e o modo de participación dos cidadans:
• Democracia directa: Son todos os cidadans, reunidos en asamblea, os que exercen os poderes e as funcions
do estado e de goberno.
• Democracia representativa: A vontade do corpo de electores é representada polo parlamento, e a través dos
diferentes organos representativos.
◊ Preferibilidade da democracia e educación civica
Que a democracia é preferible a calquera outro modo de organización política parece indiscutible, sobrendo
razóns para justificar tal preferencia. Como Sinaloa Norberto Bobbio, hai tres perspectivas fundamentais para
tal preferencia. A perspectiva ética, en canto que a democracia posibilita a realización do maximo de liberdade
na comunidade politica.
A perspectiva política, en canto que a democracia é o principal remedio ó abuso de poder. E a perspectiva
utilitaria, en canto que a democracia considera que son os propios cidadáns, e nieguen no seu lugar, quen
mellor interpretan e expoñen os seus intereses.
4
Descargar