QUÉ É A FILOSOFÍA?

Anuncio
QUÉ É A FILOSOFÍA?
A filosofía é o conxunto de concepcións acerca dos principios dos seres humanos e das cousas, sobre o lugar
do home no universo, sobre Deus, a historia e, en xeral, todos os grandes problemas da metafísica.
A filosofía ten como obxectivo esclarecer as nosas ideas e a nosa experiencia sensible, sometendo a crítica os
supostos sobre os que se sostén a nosa cultura, todo elo coa fin de cegar unha vida plena e feliz, tanto
individual como socialmente.
A palabra filosofía ven a significar persoa que sente interese por toda forma de coñecemento, segundo a súa
etimoloxia amante (philos) da sabedoría (sophia).
TEORÍAS CREACIONISTAS E EVOLUTIVAS NA ORIXE DO MUNDO E DA VIDA
O problema da orixe e evolución do home e do mundo tratouse sempre dende dous puntos de vista: o
creacionismo (ou posturas fixistas) e o evolucionismo.
Os autores creacionistas defenden que o mundo e as diversas especies que o habitan foron creados por un
Deus que fixo dunha vez por todas a súa entidade, na que permanecen inalterables. Os homes máis
representativos deste movemento son Ray Linneo e Cuvier.
A visión dinámica (autores evolucionistas) din que o mundo e a vida son froito dun longo proceso. O cruce de
factores ambientais posibilitaran a ponte entre o inorgánico e o orgánico. A principal teoria sobre este
movemento, valedora da orixe do mundo e a teoría do Big Bam. Nas teorías evolucionistas substitúese a
crenza de que cada especie foi creada individualmente pola idea dun antepasado común. Dacordo con isto
tamén o ser humano e froito de principios evolutivos que operan no mundo vivo.
O evolucionismo comezou a abrirse paso con Lamark e afianzouse con Darwin.
Jean Baptiste Lamark (1744−1829) defendeu que as especies derivan de outras a consecuencia de
trasnformacións. Ditas transformacións explicábanse mediante dous mecanismos: a tendencia dos organismos
á perfección; a acción directa do medio, mediante a cal cada liña evolutiva ascende a unha mayor perfección
adaptándose o medio e transmitindo os caracteres aos descendentes.
O erro máis importante é o relativo á descendencia das formas: o herdado polos individuos consérvase e
transmítese. Iso vai contra a genética.
Pese a pouca aceptación da teoría de Lamark (ideas extremas, períodos de millóns de anos), a teoría da
invariabilidade das especies cada vez atopa máis dificultades diante dos novos descubrimentos.
Os neolamarkistas abandonaron a idea de que a naturaza dos seres se adapta sempre positivamente ás
variacións ambientais. Hai variacións que poden ser beneficiosas e outras perxudiciais. O ser vivo esta en
equilibrio co medio e esta determinado polo medio.
Charles Darwin (1731−1802) pensa no que é a evolución a partir dunha orixe común dos distintos animais.
Darwin segue un método estrictamente experimental. O seu método é o dos mellores naturistas da época:
observar feitos e tratar de comprender o como e o porqué das observacións. Se algo non encaixa coas
hipóteses entón hai que facer observación adicionais que sirvar para reforzar ou refutar a hipótese inicial.
O darwinismo apoiase en varias teorías: a da selección natural, a da loita pola vida, a tería da orixe común, a
1
diversificación das especies e do gradualismo.
A teoría da orixe común
O que antes se vía como variedades de especia, son en realidade especies distintas. Darwin propón un
diagrama ramificado en forma de árbore. Esta teoría proporciona unha unidade ó mundo orgánico. A
diversidade de seres ten agora un novo sentido dende unha orixe común. plantas e animais dependen dunha
forma única na que por primeira vez se respira a vida. O aplicarse esta teoría ó home e sinalar que
evolucionamos dende un antepasado común similar a un mono ponse fin o antropocentrismo bíblico.
A diversificación das especies
Darwin di que a especie é unha generalización, un concepto, pero é necesario baixar ós individuos concretos.
Aí vese que aínda que son semellantes non son idénticos. Logo hai diferencias devido a adaptacións que
tiveron que facer.
O gradualismo
O cambio das especies é un proceso lento e gradual. En cada xeración prodúcense variacións na especie. As
variacións son básicas para que logo poida actuar a selección. Precisamente a evolucion dáse porque un
pequeño número de variantes sobrevive e pode reproducirse. Na seguinte xeración repetirase o fenómeno e asi
indefinidamente.
A teoría da selección natural
Hai varias causas de selección, entre elas está o factor azar, pero habitualmente, o éxito débese o mellor
funcionamento do organismo, que permite que uns superen mellor que outros as dificultades ambientais.
A selección é un proceso de enfrontamento do organismo con ese ambiente, triunfando ou fracasando.
Existen dous momentos na selección natural: 1− a necesidade de producir unha gran variedade xeneticamente
distinta. Se hai necesidades ten que haber variedades. 2− supervivencia dulgunhas especies.
A isto existen dous efectos: 1− uns atinxen ao individuo en canto a súa perpetuación ou desaparición a través
dos xéns. 2− a supremacía dunha especie pode conlevar a desaparición doutras.
A teoría da selección natural sobreviven os que teñen cualidades que potencian a súa supervivencia, como a
fortaleza física, a resistencia á dor e as enfermedades, a capacidade de adaptación a situacións diversas; e os
que mellor e máis se reproducen.
A teoría da loita pola vida
Tanto na teoría sobre a selección natural como na da loita pola vida tivo influxo a obra de Malthus. A teoría
da loita pola vida di: en todas as partes, as variacións favorables tenden a preservarse e as desfavorables a
destruirse.
A loita dase entre especies e serve para evitar que prolifere moito sobre o resto.
O PROBLEMA NATUREZA− CORPO
O ser humano é unha píntese de naturaza (transmite información genética dunha xeración a outramediante
células sexuais) e cultura (transmite información social os membros dun determinado grupo mediante
2
procesos de aprendizexe).
Mentres neutros animais a naturaza parece dicilo case todo, o animal humano non queda explicado
simplemente pola naturaza. É tamén, e sobre todo, un ser cultural.
CULTURA: DEFINICIÓN E DIVERSAS POSTURAS ANTE A DEVERSIDADE DE CULTURAS
O definición provén do termo latino colere; cultivar. Por extensión pasará a designar o cultivo das aptitudes
humanas, o cultivo da mente; falamos así de persoa culta, educada. Máis tarde aplicarase tamén ós contidos da
educación, ós logros máis salientables da humanidade nos distintos campos: arte, literatura, música, pintura,
etc.
Como noción antropológica, a cultura refírese ó conxunto de todos os elementos (materiais e ideológicos)
constituíntes da vida humana, que son aprendidos socialmente.
DIVERSIDADE CULTURAL
Toda cultura ten os seus propios modelos de comportamento, os cales resultan extraños para aqueles que
teñen outra bagaxe cultural.
Cada vez fálase máis de multiculturalismo (devido as intercomunicacións, os fenómenos da inmigración,
estados multinacionais, etc), feito do que saen actitudes moi diversas:
ETNOCENTRISMO: actitude que xulga ás demáis dende a propia, dando por suposto que o noso patrón
cultural é o mellor e o máis natural. O perigo aparece cando convertemos a nosa cultura en algo absoluto. Esta
actitude, o impedir ser críticos impide todo tipo de integración e de convivencia pacífica entre pobos e
culturas.
RELATIVISMO CULTURAL: esta postura ven decir que un fenómeno cultural non pode ser comprendido
senón no seu propio contexto. O problema xorde cando este principio, valido en sí, dá paso ó todo vale se é
cultural. Para o relativista calquera trazo e bo sempre que teña unha función dentro da sociedade determinada
que o xerou. Dita postura ten aspectos positivos como o feito de que fomente a tolerancia, pero outros
gravísimamente negativos como a visión estática e pechada das culturas e o posibilitar prácticas contrarias á
dignidade humana (excravitude, desigualdade entre sexos, dictaduras, marxinación de minorías, etc.)
RACISMO: segundo esta postura hay unha natural desigualdade entre as razas, existindo culturas superiores e
inferiores. Os que o defenden pasas a lexitimizar a discriminación, o desprezo, a exclusión e o rexeiteramento
violento de certos grupos étnicos. O racismo sempre ataca os máis desamparados.
INTERCULTURALISMO: esta actitude ven caracterizada pola admisión de instancias culturais como a
liberdade, a igualdade, a xustiza, a tolerancia e os dereitos humanos. Todas elas considéranse máis ala das
culturas particulares. O respecto ás formas culturais co fomento do diálogo e encontro sen conceder relevancia
as diferencias étnicas son os ourtros trazos polos que se caracteriza o interculturalismo.
O PROCESO E AXENTES DE SOCIALIZACIÓN
A socialización é un proceso polo que cada individuo aprende as adquisicións do seu grupo, as interioriza, e
conseguintemente, logra a adaptación. Este proceso dura toda a vida e é particularmente intensa durante os
primeiros anos por tratarse dunha personalidade máis prástica e vulnerable.
Existen dous tempos na socialización: unha primeira etapa que ten lugar durante a nenez e que se da no seo
familiar, é cando se producén as aprendizajes máis importantes e posuen unha grande carga emocional. A
3
socialización secundaria é a que se leva a cabo durante o resto da vida por medio de axentes diversos, é menos
firme e contén menos carga emocional. Permite rexeitar ideas e conductas recibidas con anterioridade.
Axentes: os principias son a familia, amigos, escola, asociación relixiosa ou político−laboral, medios de
comunicación, etc.
A medida que medra o individuo, van aumentando e variando os axentes socializadores. Estes axentes
transmiten cantidade de información, cargada sempre de valoracións e trazos culturais.
O PROBLEMA MENTE−CORPO
O problema mente−corpo preséntasenos da seguinte maneira: Todos realizamos conductas de distintos niveis:
corremos e comemos pero tamén imaxinamos e sentimos. Algúns son fenómenos corporais (ou físicos)
namentres outros son mentais 8ou psiquicos). As preguntas que xorden son: teñen unha orixe común? Son
entidades dependentes ou independentes? Se son independentes como se unen? Interactúan?... todas elas
resumidas na cuestión temos ou somos corpo?
Existen dúas posiciçons históricas: os dualismos (de corte espiritualista), e os monismos (de corte
materialista).
AS RESPOSTAS DUALISTAS
Afirman que hai dous tipos de substancias: unha espiritual e outra material, que o ser humano está composto
de dúas substancias cualitativamente distintas e independentes. Soen definilas cos termos corpo−alma
Na realidade da persoa ademáis da parte material do seu corpo, debe existir un principio extracorporal e
inmaterial, un alma espiritual.
En terminoloxía máis actual, os dualistas afirman que a mente posúe unha existencia independente do corpo,
ou máis en concreto, independene do cerebro. Cerebro e mente son en efecto entidades independentes, aínda
que relacionadas, dado que o cerebro é a base da mente; o problema residirá precisamente en explicar a
correspondencia entre procesos mentais e corporais.
AS RESPOSTAS MONISTAS
Dín que somos corpo, afirman que non hai máis que un tipo de substancias. O ser humano é unha única
realidade, case sempre considerada de carácter material. Corpo e alma non son dúas substancias distintas,
senón aspectos dunha mesma.
Recoñecendo a existencia do mental, negan que se trate dunha entidade independente do cerebro. Todas as
actividades mentais e humanas, explícanse, redúcense ou emergen de determinadas estructuras materiais.
PROBLEMA DA VERDADE
A verdade é un dos temas fundamentáis da filosofía. O termo utilízase en ordes diferentes e con significados
distintos.
• na lóxica verdadeiro é coherente, falso e contradictorio.
• nos métodos de coñecemento, verdadeiro é o que concorda cos feitos, falso o que non se axusta os
mesmos.
• na teoría do ser, verdadeiro é o que é e falso é o que non é.
• nao de ética, verdadeiro é decir o que se pensa, mentira decir o contrario do que se pensa con ánimo
4
de enganar.
Segundo Aristóteles a verdade é decir do que é que é e do que non é que non é
TEORÍAS EN TORNO Ó VALOR DA VERDADE
• Escepticismo: Nega a capacidade da razón para afirmar verdades absolutas. Só podemos conseguir
opinións máis ou menos probables, pero non certezas indubitables.
• Absolutismo: Existen as verdades absolutas. A razón humana pode cegar a coñecer a esencia das
cousas, o coñecemento humano pode alcanzar verdades absolutas inmutables.
• Relativismo: postura intermedia entre o absolutismo e o escepticismo. o que a min me parece verdade,
só é verdade para min, o que a ti che parece verdade iso e verdade para ti, porque ti es home e eu
tamén o son.
• Positivismo: Só aceptan a validez do coñecemento que se basea en datos da experiencia. Verdade é o
que se pode comprobar a través da observación ou da experimentación.
O PROBLEMA DA LIBERDADE
Existen teorías que sinalan que a liberdade é unha ilusión, pero que a liberdade real é imposible.
• determinismo físico
• fatalismo: ante o destino hai que resignarse e aguantar porque é imposible cambialo. O único que
queda é a afirmación da liberdade de espírito.
• Determinismo materialista: o mundo está sometido ás leis da física. O ser humano, como parte dese
mundo, estña sometido o mesmo determinismo universal.
• determinismo psicológico
cando actuamos facémolo por un motivo; pero non un motivo calquera, senón que sempre nos arrastra o
motivo máis forte. Logo, onde está a liberdade de elección? Parece que non hai, pois a nosa vontade sempre
elixe a mesma dirección.
• determinismo genético
nos xenes atópase todo o que o ser humano pode chegar a ser. Todo o que podemos facer está xa ahí
codificado.
• predestinacionismo tedóxico
• Xansenismo: o home se salva pola gracia divina. En van se esforza o ser humano se non concorre esa
gracia.
• Protestantismo: todos estamos predestinados por Deus para salvarnos ou condenarnos.
• determinismo social
nacemos nunha sociedade que nos configura dende o nacemento. Herdamos linguaxe, cultura, costumes,
prácicas religiosas, Somos o que a sociedade nos fai. Non ten sentido falar do individuo.
A RESPOSTA OS DETERMINISMOS
Hai moitos elementos que nos condicionan, pero non nos determinan. A pesar deses condicionantes seguimos
5
sendo libres para elixir o noso proxecto de felicidade.
O ser humano está determinado por naturaza a ser libre;móvese entre realidades, é un ser proxectivo.
Liberdade significa ter dispoñibilidade para actuar, estar libre de coaccións para poder elixir libremente facer
ou non facer algo, e tamén poder escoller uns medios ou outros para levalo a cabo.
Hai dous tipos de coacción que impiden actuar con liberdade:
• Externa: procede das circunstancias do medio ou de persoas que irrompen violentamente na vida
doutro imponiendo a súa vontade.
• Interna: procede do interior do individuo. Son as doenzas mentais que atenúan ou anulan a
responsabilidade mental.
Aínda que actuemos libremente, non actuamos libres dos acondicionantes da sociedade e de nos mesmos. A
pesar diso, somos libres para cambiar o medio no que vivimos.
6
Descargar