A Restauración A Restauración constitúe un longo período da España contemporánea que vai desde 1875 ata o primeiro tercio do século XX. Segundo os autores, algúns colocan o final en 1923 cando empeza a dictadura de Primo de Rivera, e outros chegan a 1931 cando se proclama a segunda república. Porén, todos coinciden en marcar un punto de inflexión no 1898 cando o chamado desastre do 98 foi unha chamada de atención que fixo crebar as bases do sistema e sinalou a necesidade de rexenerar a vida social e política do país. 1− Os fundamentos da restauración. O golpe de estado de estado de Martínez Campos en decembro de 1874 significou a restauración da monarquía na persoa de Alfonso XII, fillo de Isabel II. Con todo, o artífice do novo sistema político foi Cánovas del Castillo que fixo firmar ó príncipe o chamado Manifesto de Sandhurst (chamado así pola academia militar onde estudaba o príncipe) este documento publicouse en España e anticipaba as características da restauración monárquica. As bases do novo sistema canovista eran a pacificación do país, unha nova constitución, a creación de partidos políticos e o turnismo. Cánovas era un político que procedía da unión liberal e defendera a causa alfonsina durante o sexenio democrático. Nestes anos logra atraer as elites políticas e sociais contrarias ó absolutismo pero tamén enemigas dos excesos da democracia e do caos da república, por iso os partidos antimonárquicos, antiliberais e antinacionais quedaron nun principio excluídos e fóra do sistema, igual que as masas populares. • A pacificación do país. O primeiro elemento no que se apoiou o sistema era a pacificación do país e a fin dos conflictos bélicos,. Esta medida implicaba a exclusión dos militares da actividade política, o novo réxime apoiouse neles para chegar ó poder, pero logo o exército quedou relegado ás súas función propias, entre as que estaba o final da terceira guerra carlista e da guerra de Cuba que foron grandes éxitos do goberno de Cánovas. • A derrota carlista chegou en 1876 cando don Carlos cruzou a fronteira francesa e deuse por rematada a guerra neutralizando así ós carlistas como forza liberal. Pero a derrota supuxo a supresión dos foros e institucións vascas (1876) quedando os vascos suxeitos ó pagamento de impostos e o sevizo militar común a todo o estado. Como compensación estipulouse un sistema de concertos económicos [acordos entre o estado e as deputación vascas] (1878) polos cales as provincias vascas pagarían anualmente á administración central unha determinada cantidade que recadaban directamente as deputacións provinciais. • O final da guerra carlista permitiu o envío de tropas a Cuba onde nun par de anos logrouse poñerlle fin ó conflicto bélico, en 1878 asinouse a Paz de Zanjón (1878) que incluía unha ampla amnistía, a abolición da escravitude (aprobada definitivamente en 1888, ata ese momento era legal) e a promesa de reformas políticas e administrativas para que Cuba enviase deputados ás cortes. O retraso ou incumprimento destas reformas levou a un novo conflicto en 1895 que desembocou na guerra con Estados Unidos e a independencia de Cuba (1898). • Constitución de 1876 [moderada]. Este documento recollía os aspectos fundamentais do novo sistema, era de carácter moderado e inspirábase en parte na constitución de 1845. Tratábase dunha constitución que defendía os valores tradicionais: a familia, a relixión, a propiedade, etc. Pero incorporaba algúns principios democráticos elaborados durante o sexenio, así moitos contidos desta constitución xa se encontraban na do 69, de feito nalgúns casos os artigos non se modificaban en absoluto, as diferencias fundamentais estaban no papel e atribucións da monarquía. • Elementos da constitución. • Establece un modelo centralista de estado. • Soberanía compartida ente o rei e as cortes. • Catolicismo como relixión oficial do estado pero tolerando os outro cultos. • Declaración de dereitos igual á de 1869. • Non se establece unha clara división de poderes, o rei tiña un poder hexemónico sobre o parlamento e tiña 1 poder executivo (nomeaba o goberno, era o mando supremo do exército e podía disolver as s cortes) e poder lexislativo (tiña capacidade de veto e de iniciativa lexislativa [pode presentar leis para que se aproben no parlamento]). O monarca era o árbitro do sistema e o goberno precisaba da dobre confianza no rei e das cortes. • Sistema bicameral. O congreso era elixido por sufraxio censatario (desde 1890 sufraxio universal masculino). O senado era elixido en parte pola coroa o que garantía a presencia da oligarquía do país [os elixidos polo rei eran de forma vitalicia] e a outra parte elixíase mediante sistema indirecto polas corporacións e os maiores contribuíntes. • Contaba cunha ampla declaración de dereitos pero a súa concreción remitíase a leis ordinarias que polo xeral tenderon a restrinxilos especialmente o dereito de imprenta, expresión, asociación e reunión. • Creación de novos partidos políticos. O sistema político da restauración baseábase na existencia de dous grandes partidos: conservador e liberal. Que coincidían ideoloxicamente no fundamental peor asumían de modo consensuado papeis complementarios. Os dous partidos, conservador e liberal, defendían a monarquía, a constitución, a propiedade privada, o estado liberal, unitario e centralista, etc. Os dous eran partidos de minorías de notables que contaban con xornais distribuídos polo territorio, a extracción social dos seus membros saía basicamente das elites económicas e da clase media acomodada aínda que era maior o número de terratenentes entre os conservadores e o de profesionais liberais. • O Partido Liberal Conservador, máis tarde Partido Conservador, foi liderado por Cánovas até a súa morte (1897) e despois por Francisco Silvela. Aglutinou a liberais moderados membros da Unión Liberal, progresistas e incluso católicos tradicionalistas. Politicamente sitúase na dereita moderada. • O Partido Fusionista, máis tarde Partido Liberal, estaba encabezado por Praxédes Máteo Sagasta e representaba a esquerda liberal. Sagasta era un antigo progresista que non colaboraba ca primeira república, afectou á constitución do 76 e logrou atraer a algúns conservadores desencantados con Cánovas, a antigos demócratas e progresistas do sexenio, a algúns republicanos históricos chegaron incluso a colaborar con el sen integrarse, por exemplo Castelar. • A alternativa no goberno (turnismo). No sistema de 1876 o candidato a presidente do goberno debía ser designado polo rei e contar cunha maioría nas cortes para gobernar, en caso contrario, obtiña do monarca o decreto da disolución, convocaba eleccións e lograba unha maioría que lle permitise gobernar, é dicir, o proceso era o oposto a unha democracia auténtica na que se gañan as eleccións e logo se forma goberno. Como consecuencia, para garantir a victoria electoral os grupos políticos manipulaban as eleccións para que a decisión adoptada polo rei de relevar o goberno tivese sempre o apoio necesario, cada partido esperaba o seu torno para gobernar por iso non denunciaba as irregularidades. Á rede de relacións persoais, na que se apoiaban os partidos, había que sumar os clientes políticos que prestaban o seu apoio a cambio de favores, cando o partido chegaba ó poder repartía cargos, concesión e privilexios entre os seus clientes. Normalmente cada dirixente político controlaba unha comarca á que estaba vinculado por lazos familiares ou por ter propiedades, cando había eleccións mobilizaba ós seu clientes e compraba ou presionaba ós electores e ós poderes locais, falseaban as listas electorais e manipulaban os votos, o conxunto desas técnicas chamábase pucherazos, os políticos que realizaban estas prácticas fraudulentas chamábanse caciques, este sistema (caciquismo) conseguía que moitos membros das clases populares non fosen votados polo que consideraron unha farsa inútil. En moitas circunscricións rurais nin sequera se propuñan candidatos alternativos ós propostos polos caciques porque a lei electoral de 1907 fixaba que os candidatos únicos eran designados automaticamente. O caciquismo era mais eficaz nas áreas rurais apolíticas e desmobilizadas. A alternativa no poder iniciouse en 1881 cando o rei chamou para gobernar a Sagasta en lugar de Cánovas. Tras a prematura morte de Alfonso XII (1885) a súa viúva María Cristina de Habsburgo asumiu a rexencia (1885−1902). Cánovas xefe do goberno cando morreu o rei cedeulle o poder a Sagasta no chamado pacto de El Pardo. A morte de Cánovas en 1897 e de Sagasta en 1903 non afectou ó funcionamento de sistema e o 17 de Maio de 1876 nacía e dáballe estabilidade ó réxime Alfonso XII. 2 2− A acción política durante a Restauración. Os gobernos da Restauración adoptaron unha serie de medidas para relanzar a economía e asentar o novo sistema político entre, elas temos: • A aprobación de normas liberalizadoras, promovidas sobre todo polo goberno de Sagasta (1885−1890). Neste período intentaron introducir tódolos dereitos individuais da constitución do 69 que puidesen, así aprobouse a liberdade de prensa e de imprenta, tamén a liberdade de asociación (lei de asociacións de 1887) que permitiu a aparición de sindicatos, por exemplo a UXT (1888)). • Nesta etapa aprobouse tamén a lei do xurado que permitía á sociedade participar na administración da xustiza, aprobouse un novo código civil e implantouse o sufraxio universal masculino (1890), estas reformas cumprían o programa liberal, o mérito dos conservadores foi respectar estes cambios cando regresaron ó poder. • Durante a restauración os gobernos aproximáronse ós problemas sociais e á condición obreira. En 1883 creouse unha comisión para estudar todas as cuestións relativas ó benestar das clases traballadoras, esta comisión foi o precedente do instituto de reformas sociais (1903) que logo deu paso ó ministerio de traballo. • O debate entre os partidarios do proteccionismo e do librecambismo resolveuse adaptando medidas proteccionistas que protexían a industria catalana e a vasca, a minería asturiana e ós productores de cereais casteláns, pero prexudicaban gravemente ós consumidores españois. 3− A oposición ó sistema. O sistema político da restauración beneficiouse da debilidade da oposición formada por un grupo moi heteroxéneo de formacións políticas pero estas poden agruparse de modo básico en dous bloques: por un lado os movementos antidinásticos e por outro os movementos nacionalistas. • Movementos antidinásticos. • Os carlistas. Encontrábanse á dereita do sistema. Tras a derrota de 1876 dividíronse. Por un lado estaban os que rexeitaban o réxime e non colaboraron con el , polo outro estaban os que consideraron mais conveniente formar por un partido político e loitar nas eleccións. Os primeiros, chamados corrente integrista, enfrontáronse con pretendente don Carlos e foron expulsados do movemento carlista. • Os republicanos. Encontrábanse á esquerda do sistema e estaba tamén moi desunidos. Castela por exemplo lideraba o grupo dos posibilistas que colaboraron co partido de Sagasta. Outro grupo encabezado por Ruíz Zorrilla chegou a organizar un pronunciamento militar que fracasou estrepitosamente pola súa parte dous expresidentes (Salmeron e Pi i Margal) estaban divididos pola súa concepción da república. Salmeron quería unha república federal, ambos foron logrando gran influencia entre as clases medias e os traballadores urbanos, de modo que cando se unían lograban maiorías electorais. • Os movementos nacionalistas. Á oposición ó sistema uníranse rexionalistas e nacionalistas. Os primeiros teñan obxectivos como a creación de institucións propias ou a consecución de autonomía administrativa para as rexións. Os segundos, máis radicais, querían lograr a independiza dos seus territorios ós que consideraban nacións. • Factores que propiciaron o nacionalismo. Entre os elementos que favoreceron a aparición dos nacionalismos, temos: a existencia de movementos culturais que recataban a riqueza das linguas vernáculas e os costumes autóctonos, estes movementos reivindicaban a memoria colectiva idealizada e o uso de linguas marxinadas polos casteláns. Outro factor foi a crítica que se fixo contra o centralismo uniformificador do estado liberal xa que os nacionalismos defendían a realidade plural de España suprimida polos liberais. Un terceiro elemento foi a presencia de dúas vertentes anticentralistas. Unha era conservadora e antiliberal e quería recuperar os antigos foros. A outra vertente era progresista, federalista e republicana. Por último temos a repercusión da industrialización e os cambios económicos do s. XIX que afectaron ó equilibrio dalgunhas rexións e ó seu modo de percibir a realidade nacional, a burguesía periférica defendeu sempre o proteccionismo e os seus intereses como productora fronte ás medidas liberais 3 adoptadas ás veces en Madrid. No caso catalán as elites sociais e políticas reivindicaban que un maior peso político de Cataluña beneficiaría a toda España. No País Vasco ó contrario, a chegada pasiva de inmigrantes percibíase como unha ameaza ás formas de vida e tradicións. No caso galego a emigración e o atraso económico facían que se culpase ó estado español de telos abandonado. • O nacionalismo político catalán. Durante o sexenio democrático apareceu dentro do federalismo un movemento que defendía unha Cataluña integrada nun conxunto de estados españois federados, máis tarde durante a restauración o político exrepublicano Valentín Almirall fundou o Centre Catala (1882) para sensibilizar a opinión pública catalana con fin de conseguir a autonomía e aglutinar a tódolos catalanistas. Poren, outros intelectuais eran partidarios dun nacionalismo catalán tradicionalista, rural e antiliberal (Jacint Verdaguer), este grupo fundou en 1891 a Unió Catalanista que defendía unhas propostas máis conservadoras e que se baseaba nunha burguesía nacionalista ilustrada pero conservadora, esta unión catalanista promoveu as Bases da Manresa (1892), un documento que recollía un programa explícito de catalanismo e incluía un proxecto de estatuto de autonomía conservador e tradicionalista, con todo ata o S. XX non se formulou o primeiro gran partido catalanista, a Lliga Regionalista (1901), con Prat de la Riba e Francesc Cambo. • O nacionalismo político Vasco. Reivindicaban a defensa dos foros perdidos e rexeitaba a industrialización porque fracturaba e erosionaba a sociedade tradicional vasca, así na súa orixe o nacionalismo vasco identificaba capitalismo e centralismo con todo español e sinalaba ós inmigrantes (maketos) como culpables da dexeneración da raza vasca a causa da mestizaxe, esa tendencia inscribíase nun pensamento católico e antiliberal. O 31 de xullo de 1895 Sabino Árana fundaba o partido nacionalista Vasco cunha declaración antiespañola e a vontade de restaurar as leis tradicionais. • Nacionalismo galego. A sociedade galega a diferencia da catalana e vasca era eminentemente rural. Unha burguesía feble fronte ás clases dominantes, por iso o rexionalismo foi máis débil e tardío malia a contar cunha sociedade homoxénea e unha poboación maioritariamente rural na que a lingua e as tradicións estaban moi arreigadas. As bases do rexionalismo encóntrase no rexurdimento da lingua literaria, escritores como Rosalía e Murguía dignificaron a lingua e outros como Alfredo Grañas formularon as aspiracións políticas do primeiro rexionalismo. En 1890 creouse a Liga Rexionalista Galega, pero este movemento foi minoritario ata ben entrado o S. XX. • Outros territorios. En Valencia e Andalucía xurdiron tamén correntes pouco organizados e de escasa presencia política que reivindicaban formas de autogoberno, en ambos casos houbo que esperar ó S.XX e no caso andaluz compre destacar sen unha influencia política rexionalista importante. • O movemento obreiro. Arrastraba da etapa anterior a división entre anarquistas e socialistas. Os anarquistas dividíronse en distintos grupos, basicamente entre partidarios de sindicatos legais e partidarios do terrorismo individual, estes últimos provocaron unha durísima represión a raíz dos atentados, por exemplo La Mano Negra en Andalucía, en Cataluña destaca a bomba no teatro do Liceo en Barcelona, que matou a dúas persoas, uns anos despois outra bomba durante a procesión de Corpus en Barcelona (12 mortos); o propio Cánovas foi asasinado por un anarquista italiano. O goberno actuou contra todos eles nunha represión durísima, persecucións, cerre de revistas, execución de anarquistas... Pero a actividade mantívose moi viva ata o S.XX. Pola súa banda, os socialistas agrupábanse no P.S.O.E, un partido pequeno sen apenas incidencia electoral pero que empeza a crear casas do pobo onde se realizaban actividades culturais, formativas e doutrinais, tamén tivo importancia na organización da festa do traballo (o 1 de maio) a partir de 1890. 4− O desastre do 98. O réxime da Restauración viuse moi afectado pola Cuestión Cubana que incluía varios problemas. Por un lado os brotes de conflictividade provocados polos independentistas que alimentaban o nacionalismo popular e por outro, os burócratas comerciantes e azucreiros españois negábanse a calquera tipo de autonomía, ademais o comercio con Cuba, practicamente un monopolio, proporcionaba a España un saldo positivo ós Estados Unidos que empezou a financiar ós independentistas. 4 A guerra empezou de novo en febreiro do 95 co chamado Grito de Baire que foi un levantamento na parte oriental da illa, liderado por José Martí e Máximo Gómez, a isto uniuse a sublevación de Filipinas en 1896 reprimida con extrema dureza e na que foi executado o principal intelectual independentista das illas, José Rizal, así a sublevación foi sufocada en 1897. Nesta situación en febreiro do 98 afundiuse, tras unha voladura o Maine, o Maine, un acorazado estadounidense que estaba no porto da Habana, a prensa e o goberno dos Estados Unidos culparon a España, a opinión pública e a prensa españolas mostráronse partidarios da guerra e Estados Unidos declaroulle a guerra a España en abril do 98. As escuadras estadounidenses derrotaron ás españolas, primeiro en Cavite (Filipinas) e logo en Santiago de Cuba. En decembro do 98 asinouse o tratado de París, no que España recoñece a independencia de Cuba e cede Porto Rico, illa de Guam e as Filipinas. En 1899, España vendeulle a Alemania os restos do seu imperio no Pacífico, é dicir, as illas Carolinas, as Marianas e as Pelaos. 5− Repercusións do 98. A perda das últimas colonias foi coñecida como o desastre do 98 e tivo importantes repercusións destacando as seguintes: • Resentimento dos militares cara os políticos porque pensaban que os utilizaran e logo lles fixeran perder a guerra. • Para acabar coa revolta en Cuba España enviou douscentos mil soldados entre os que as guerrillas e as enfermidades tropicais causaron graves estragos tanto físicos como morais. O militar que mandaba as tropas españolas en Cuba, o xeneral Weyler, para acabar coa revolta, concentraba aos campesiños en poboados vixiados e logo acababa coas colleitas e o gando para que non apoiasen ós rebeldes. Esta táctica provocou as críticas internacionais e o goberno español acabou por destituír a Weyler. • Crecemento dun antimilitarismo popular. O recrutamento para a guerra de Cuba afectou ós que non tiñan recursos porque a incorporación a filas podía evitarse pagando unha cantidade en metálico. Isto, unido ó espectáculo da repatriación dos feridos e mutilados fixo que aumentase o rexeitamento cara ó exército entre as clases populares. O movemento obreiro fixo campaña contra este sistema inxusto de recrutamento causando a animadversión dos militares cara o movemento obreiro e as clases populares. • Apareceu un importante movemento intelectual e crítico: o Rexeneracionismo, que rexeitaba o sistema político−social da Restauración porque o vía como unha lacra para España e un símbolo de decadencia moral e espiritual. Depart. Conservador. 1. Antecedentes da guerra//2. A guerra//3. Consecuencias. Ningún cariño. 5