Poema pra queimar na festa (1927) L'homme est un animal magique

Anuncio
Poema pra queimar na festa (1927)
L'homme est un animal magique
Qui se change en paroles et en fumée de tabac
(Luc Durtain, Poemes Armoticains)
(A Augusto María Casas)
Os clocheles
encol do manantial planchado
do ceo verquen os dedos.
Coa xema do sol
bate o mar
seu derradeiro cocktail.
As noites de café con leite
endózanse
con coadradiños de luar.
Hoxe é a festa da frol
nas nubesns.
O foguete morre cantando.
Bebámo−lo cognac musical
que fan
as charangas roibas.
(Poema solto publicado no diario pontevedrés Progreso, 1927)
1. O argumento do poema é moi habitual na poesía de Amado Carballo. Explica os elementos temáticos de
cada unha das estrofas.
2. No poema cada estrofa é unha imaxe, ficando reducido a unha serie de indicacións elípticas e xustapostas,
montadas (de usarmos unha terminoloxía cinematográfica), que dotan o poema dunha estrutura secuencia.
Analiza esta estrutura de secuencias.
3. Castelao narrador e ensaísta.
1
4. A obra poética de Ramón Cabanillas.
2
Descargar