depo aventura 2016 - Deputación de Pontevedra

Anuncio
DEPO AVENTURA 2016
A Lanzada
Participantes
Poderán participar no programa menores que teñan o seu
domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de
Pontevedra (feito que se acreditará mediante volante de
empadroamento) e que nacesen entre os anos 2003 e 2008,
ambos os dous inclusive.
Das 2.200 prazas ofertadas, reservaranse 300 de balde para
menores en situación ou risco de exclusión social.
Estas prazas estarán financiadas a través do Convenio asinado
coa Fundación La Caixa dirixido a menores en situación ou en
risco de exclusión social. No caso de non se cubriren, estas
prazas entrarán no sorteo.
Solicitudes e documentación
Os formularios de inscrición estarán a disposición das persoas
interesadas na web www.depo.es, na Oficina de Información
ao Cidadán da Deputación en Pontevedra e na súa oficina de
Vigo.
Para maior axilidade na xestión do programa recoméndase
introducir os datos na folla de solicitude en liña (www.depo.es)
e imprimila.
As persoas que desexen optar ás prazas gratuítas
(ver condicións das mesmas nas bases) poderán facelo a
través dos servizos sociais comunitarios do seu Concello.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día
seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da
Provincia de Pontevedra (BOPPO) ata o día 8 de abril do 2016.
As solicitudes entregaranse co resto da documentación no
rexistro xeral da Deputación en Pontevedra ou en calquera das
oficinas de rexistro que se detallan nas bases do programa.
Tamén se poderán presentar a través de calquera das formas
previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro,
de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común (LRXAP/PAC). No caso
de enviarse por correo postal (ao Rexistro da Deputación) este
deberá ser certificado co selo de Correos no formulario da
solicitude para garantir que a data de remisión está incluída no
prazo de presentación de solicitudes da orde de convocatoria.
Lugar de realización
Nas instalacións do Centro de Vacacións da Lanzada,
propiedade da Deputación de Pontevedra, situado en:
Estrada de San Vicente do Mar, A Lanzada, s/n, O Grove
Coordenadas GPS:
Latitude 42º 27’ 29” norte. Lonxitude 8º 53’ 3” oeste
Quendas
Os campamentos distribuiranse en 11 quendas, que terán
lugar do 26 de xuño ao 10 de setembro de 2016, distribuídas
nas seguintes datas:
• Primeira quenda: do 26 de xuño ao 2 de xullo
• Segunda quenda: do 3 ao 9 de xullo
• Terceira quenda: do 10 ao 16 de xullo
• Cuarta quenda: do 17 ao 23 de xullo
• Quinta quenda: do 24 ao 30 de xullo
• Sexta quenda: do 31 de xullo ao 6 de agosto
• Sétima quenda: do 7 ao 13 de agosto
• Oitava quenda: do 14 ao 20 de agosto
• Novena quenda: do 21 ao 27 de agosto
• Décima quenda: do 28 de agosto ao 3 de setembro
• Undécima quenda: do 4 ao 10 de setembro
Prezo
O prezo será de 83,60 euros por persoa para as prazas
non financiadas a través do Convenio coa Fundación La
Caixa.
Os membros de familia numerosa coa correspondente
acreditación terán un desconto do 20 %.
Nel non se inclúe a excursión obrigatoria á Illa de Ons, que
se aboará o primeiro día do campamento, cun importe que
está previsto que non supere os 15 euros.
O prazo para efectuar o pagamento establecerase en
www.depo.es
Este prezo incluirá:
• Aloxamento en tendas de campaña, con cinco prazas
cada unha.
• Manutención en réxime de pensión completa (almorzo,
comida, merenda e cea)
• Equipo técnico formado por persoal especializado en
animación sociocultural e actividades de lecer e tempo
libre. Así mesmo, e para o caso de persoas con
necesidades especiais por razón da súa discapacidade,
disporase de persoal de apoio coa formación adecuada
• Material necesario para o correcto desenvolvemento da
actividade
• Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de
accidentes
Incorporación e saída aos campamentos
A incorporación ao campamento será por conta das
persoas interesadas o día de inicio da quenda
correspondente, entre as 10:00 e as 11:00 horas da mañá.
A saída do campamento será por conta das persoas
interesadas o día no que finalice a quenda correspondente
ás 10:00 horas da mañá.
Solicítase a máxima puntualidade para deixar e recoller as
rapazas e rapaces.
Descargar