Subido por plsixto

cuestionario Filosofía BACHILLERATO - galego

Anuncio
CUESTIONARIO
TEMA 2: "A HISTORIA DA FILOSOFÍA"
1) ) Le o seguinte texto e responde ás preguntas:
Atopamos na natureza cousas que poden existir ou non existir, pois vemos seres que se
producen e seres que se destrúen, e, por tanto, hai posibilidade de que existan e de que non
existan. Agora ben, é imposible que os seres de tal condición existisen sempre, xa que o que
ten posibilidade de non ser houbo un tempo en que non foi. Se, pois, todas as cousas teñen a
posibilidade de non ser, houbo un tempo en que ningunha existía. Pero, se isto é verdade,
tampouco debese existir agora cousa algunha, porque o que non existe non empeza a existir
máis que en virtude do que xa existe, e, por tanto, se nada existía, foi imposible que
empezase a existir cousa algunha, e, en consecuencia, agora non habería nada, cousa
evidentemente falsa. Por conseguinte, non todos os seres son posibles ou continxentes,
senón que entre eles forzosamente, ha de haber algún que sexa necesario.
TOMÉ DE AQUINO, Suma teolóxica.
a) Explica a diferencia entre “continxencia” e “necesidade”.
b) Que trata de demostrar o autor con este argumento?
2) Explica que entendemos por "racionalismo" e por "empirismo", sinalando algún dos
seus autores principais.
3) Quen foron os filósofos presocráticos? Cando viviron? De que problemas se ocuparon?
4) Explica o periodo da filosofía antiga: contexto histórico, autores e ideas principais.
5) Explica o periodo da filosofía contemporánea: contexto histórico, autores e ideas
principais.
Descargar