OS SIGNOS DE PUNTUACIÓN
Os signos de puntuación serven para indicar como debemos entoar, xa que senón
non se entenderían os nosos escritos. De aí a súa importancia.
Así que para poder dominar o seu uso repasaremos as regras de uso.
A coma (,)
Representa na escrita unha pausa breve e utilízase nos casos seguintes:
● Para separar os elementos dunha enumeración.
Ex: Mercou unha bolsa de patacas, un quilo de amorodos, dúas
bolas de queixo e medio quilo de chourizos. (Neste caso os
elementos marcados en negra e separados entre comas son os que
forman parte da enumeración).
● Para chamar directamente por alguén, isto é, os substantivos que funcionan
como vocativos; que son os que serven para chamar o interlocutor, van
seguidos dunha coma se están ao inicio dunha oración.
Ex: Antía, que queres xantar hoxe? (Neste caso Antía é un vocativo xa
que o falante quere chamar a súa atención para que lle responda a
pregunta).
● Cando un inciso interrompe un enunciado co fin de aclarar ou ampliar o que
se di, ou para mencionar o autor ou obra citados.
Ex: A autora de Cantares Gallegos, Rosalía de Castro, viviu no século
XIX. (neste caso Rosalía de Castro vai entre comas para aclarar que é
a autora de Cantares Gallegos.)
1
Ex: Todos os seus amigos, incluídos os da infancia, acudiron ao seu
aniversario. (Neste caso o enunciado que vai entre comas está a
interromper o que se di ao inicio mediante unha aclaración)
O punto (.)
Úsase para sinalar unha pausa longa, que marca o final dunha idea. Despois de
punto utilízase maiúscula.
Hai tres tipos de punto:
1. Punto e seguido: Este separa enunciados dentro do mesmo parágrafo,
indicando que se vai introducir unha nova idea relacionada coa anterior.
Despois del continúase escribindo na mesma liña.
Ex: O primeiro día de escola, Andrea, que non coñecía a ninguén,
sentou no último pupitre. Pretendía pasar desapercibida e pensaba
que dese xeito os compañeiros non poderían mirar para ela porque
non podían estar na clase coa cabeza revirada. (Neste caso utilizamos
un punto e seguido porque continuamos a falar do primeiro día de
escola de Andrea, indicando unha nova idea baseada no que ela
pretendía nese primeiro día).
2. Punto e á parte: Separa dous parágrafos distintos que desenvolven
contidos diferentes.
Ex: O primeiro día de escola, Andrea, que non coñecía a ninguén,
sentou no último pupitre. Pretendía pasar desapercibida e pensaba
que dese xeito os compañeiros non poderían mirar para ela porque
non podían estar na clase coa cabeza revirada. (Neste caso ao
introducir un novo tema, que é o que pensaba a profesora temos que
pó un punto e á parte)
A profesora, que xa levaba moitos días de escola, entendeu
perfectamente a situación de Andrea. A súa intención era que a rapaza
2
se sentise integrada desde o primeiro momento, por iso decidiu que
aquel día mudarían a disposición dos espazos na aula: tocaba sentar
en círculo.
3. Punto e final: Pecha o texto, finalizando un apartado, un capítulo ou o un
texto na súa totalidade.
Ex: O primeiro día de escola, Andrea, que non coñecía a
ninguén, sentou no último pupitre. Pretendía pasar desapercibida e
pensaba que dese xeito os compañeiros non poderían mirar para ela
porque non podían estar na clase coa cabeza revirada.
A profesora, que xa levaba moitos días de escola, entendeu
perfectamente a situación de Andrea. A súa intención era que a moza
se sentise integrada desde o primeiro momento, por iso decidiu que
aquel día mudarían a disposición dos espazos na aula: tocaba sentar
en círculo.
Sen querelo (ou queréndoo...) Andrea estaba sentada ao lado de
Carlos e Ada. Os tres ían compartir algo máis que un círculo naquel
curso. (Neste caso empregamos un punto e final, xa que rematamos
de contar o primeiro día de Andrea na escola).
O punto e coma (;)
Sinala unha pausa maior que a da coma, pero menor que a indicada polo punto.
Cando o usamos a palabra seguinte debe escribirse sempre en minúscula.
De todos os signos de puntuación é o que presenta un maior grao de subxectividade
no seu uso, posto que se pode substituír en moitos casos polo punto e seguido ou a
coma.
Úsase nos seguintes casos:
● Para separar dous ou máis elementos dunha enumeración cando no interior
de cada elemento xa se inclúen comas.
3
Ex: A camisa é amarela; o pantalón, branco; o xersei, azul; e os
zapatos, negros. (Neste caso empregamos o punto e coma para
indicar que os elementos separados por estes son os que constitúen a
enumeración).
● Para separar oracións cando estas teñen no seu interior elementos
separados por comas.
Ex: Se o queres facer de verdade, non haberá quen cho impida; se
non o queres de verdade, non se vai dar feito.
Os dous puntos (:)
Estes serven para indicar unha pausa que chama a atención sobre o que vai vir a
continuación. Despois deles a palabra seguinte adóitase escribir con minúscula.
Úsanse os dous puntos nos casos seguintes:
● Diante dunha enumeración anunciada cun verbo.
Ex: As cores que me gustan son: verde, azul, vermello... (Neste caso
co uso dos dous puntos inidicamos que vai comezar unha
enumeración.
● Para introducir citas textuais, isto é, para reproducir literalmente o que di
unha persoa ou un personaxe.
Ex: Agardou un pouco e logo berrou: “Axudádeme!”. (Neste caso
estamos a reproducir literalmente o que dixo a personaxe)
● Despois das fórmulas de saúdo nas cartas e documentos.
Ex: Querido amigo:
Ex: Hai moito que non sei nada de ti…
4
● Antes dun texto no que se estea a exemplificar o que se está a dicir.
Ex: O guión serve para: dividir unha palabra, separar palabras
compostas… (Nesta caso o que vai entre paréntese expluica cales son os
usos do guión)
Os puntos suspensivos (...)
Estes interrompendo o que se está a dicir ou un final impreciso. Detrás deles
escríbese:
●
Maiúscula cando pechan un enunciado
Ex: Non chegou a tempo... Ben, xa se sabe que nunca chega a tempo
→ Ao empezarmos un enunciado novo, indicámolo por emdio do uso
das maiúsculas)
● Minúscula se o enunciado continúa
Ex: Dubidaba se... facer o que lle pedían → Neste caso está
interrompida a oración, polo que debemos continuar a ecribir en
minúscula.
Os puntos suspensivos úsanse nos seguintes casos:
● Ao final dunha enumeración que queda aberta.
Ex: Aínda ían pasar moitas cousas máis: a chegada do irmán, o
divorcio da súa muller, a morte do pai...
● Para expresar un momento de dúbida.
Ex: O rapaz debía ter... dezaseis ou dezasete anos. (Neste contexto
non temos clara a idade do rapza, de aí o seu uso)
5
● Para deixar un enunciado incompleto e en suspenso.
Ex: O que me dixeches onte foi moi desagradable...
● Cando se omite unha parte dunha cita textual.
Ex: Lembro un poema de Rosalía: “Adiós ríos, adiós fontes...”. (Neste
caso o poema de Rosalía está incompleto, de aí que empreguemos os
puntos suspensivos)
A paréntese (())
Estes encerran elementos non necesarios ou aclaratorios intercalados nun
enunciado.
Utilízanse nos casos seguintes:
● Cando se interrompe o que se di cunha aclaración ou dato, sobre todo se non
ten moita relación co anterior.
Ex: Antón (o pai do futbolista) tiña trinta anos. (Neste caso que o pai
de Antón sexa futbolista non ten nada que ver co que dixemos
anteriormente)
● Para indicar que se omitiu unha parte do texto póñense tres puntos entre
parénteses.
Ex: “Todos os días visitaba á súa irmá (...) na súa casa de campo”.
(Neste exemplo sabemos que falta parte do texto orixinal).
Os signos de interrogación (?) e de exclamación (!)
Estes colócanse ao final dos enunciados que, respectivamente, interrogan ou
exclaman.
6
O signo de interrogación úsase cando se fai unha pregunta, e o de exclamación en
oracións coas que se quere chamar a atención, mostrar sorpresa, dor ou entusiasmo,
ou dar unha orde.
OBSERVACIÓN:
Nunca se escribe punto detrás destes signos porque xa funcionan tal, polo que
despois deles hai que escribir maiúscula; porén se continúa o mesmo enunciado
pódese anular o punto, escribindo unha coma detrás e logo séguese con minúsculas.
Ex: Onde escoitaches esa noticia?
Ex: Ai! Mancáchesme coa pelota.(Nesta caso escribimos con maiúscula
porque hai un novo enunciado) Pero: Non entendo nada: por que o fixo?, que
lle pasaba?, ata cando estivo alí? (Neste caso empregamos a coma porque
estamos enta unha enumeración na que se trata o mesmo tema)
Comiñas ou aspas (“”)
Emprégase ao principio e ao final do enunciado para indicar que debe ser entoado
dun xeito especial, porque destaca con repecto ao resto.
Utilízanse nos seguintes casos:
● Para reproducir citas textuais.
Ex: Díxome: “Non quero que volvas por aquí”. (Nesta caso estamos
a escribir o que dixo a persoa literalmente)
● Para reproducir os pensamentos dos personaxes nos textos narrativos.
Ex: Eu non atendía ao que dicía o profesor, só pensaba: “Xa podía
tocar o timbre dunha vez!”. (Aquí podemos ver como se está a
reproducir de xeito lietarl o que di a personaxe)
● Para indicar que unha palabra ou expresión:
7
○
non é apropiada
○
é vulgar
○
é doutra lingua
○
ten un sentido especial ou irónico.
Ex: Os seus “negocios” non me parecen nada claros. (Neste caso a
palabra negocios está a ter un significado metafórico, algo que non é
moi legal).
● Para indicar o título:
○
dunha conferencia
○ dun artigo dunha revista
○ dun poema
○
dun capítulo dunha obra, pero non dun libro.
Ex.: O poema de Rosalía que máis me gusta é “A xustiza pola
man”. Neste caso estamo a indicar o título dun poema de
Rosalía)
A diérese (¨)
Signo que se coloca sobre as vogais i,u nas seguintes ocasions:
● Para indicar que se debe pronunciar a vogal u nas combinacións gue e gui.
Ex: argüir, pingüín...
● Para indicar que un i forma hiato coas demais vogais.
Ex: Con aquel ruído non oïamos nada (Nesta caso a diérese indica
que oi foman parte de diferentes sílabas)
A raia (—)
8
Signo representado por un trazo horizontal de maior lonxitude que o guión (-).
● Úsase para marcar que o texto é dito por distintas persoas (o que na fala xa
sería evidente polas voces diferentes).
Ex:
—Que dis?
—Que te achegues un pouco máis. (Neste caso temos un
diálogo entre dúas perosas)
● Pode empregarse para facer aclaración, sendo equivalente ás parénteses:
Ex: Estiven agardando a Brais —un bo amigo meu— toda a tarde.
(Neste caso aclaramos canto de amigo é Brais)
O guión (-)
Trazo curto de menor lonxitude que a raia.
Úsase nos seguintes casos:
● Para dividir unha palabra ao final da liña cando non cabe nela completa. En
ningún caso se poden separar os elementos dun dígrafo:
Ex: ce-/rra-/lleiro, nin-/gu-/nha...
● Para separar certas palabras compostas:
Ex: Zona de non-fumadores
Ex: Dicionario galego-alemán /
OBSERVACIÓN.
9
Na seguinte ligazón podedes repasar facendo os exercicios en liña
http://cotovia.org/proxecto/ort/ort_pun_01.html?orix=ud1&tare=14&tema=ort_p
un_01.html
10