Subido por Guillermo Pérez

COMENTARIO LIBRO REENCONTRO de Fred Uhlmam edición Galego

Anuncio
COMENTARIO REENCONTRO
Reencontro é a ópera prima de Fred Uhlman, escritor alemán de orixe xudeo,
que foi publicada no ano 1971 e que axiña se convertiría nun gran éxito literario.
Esta novela curta xira arredor da amizade que xurde entre dous mozos
adolescentes, unha amizade idílica ata que a cruel realidade dunha Alemaña nazi se
interpón entre eles.
Hans é un mozo alemán de orixe xudea que leva exiliado en Nova York trinta
anos. Un día recibe unha carta do seu antigo instituto pedíndolle unha axuda
económica para levantar un monumento en homenaxe a todos eses alumnos caídos
na 2ª Guerra Mundial. Xunto coa carta hai un libro que contén os nomes de todos
eles. Esta lista supón para Hans un reencontro con moitos dos seus compañeiros
pero dunha maneira especial, con Konradin que, de entre todos eles, era ao único
ao que podía chamar amigo. Á cabeza de Hans viñeron todos os recordos daquel
ano compartido con Konradin no instituto. Lembrou o día no que o coñeceu e como
quedara embelesado pola súa elegancia e saber estar; como fixera todo o posible
para chamar a súa atención e así conseguir que se fixese o seu amigo. Lembraba
tamén as súas conversas mentres paseaban polas rúas de Württemberg, as súas
excursións de fin de semana, as visitas á súa casa e como non, todos e cada un dos
momentos que acabaran finalmente truncando a súa amizade.
Dende o meu punto de vista, Reencontro é unha novela intimista, escrita
nunha linguaxe sinxela que nos transmite un valor moi importante: que a amizade
debe estar por enriba da política, da relixión e da clase social . Hans e Konradin
fixéronse os mellores amigos aínda que viñan de mundos moi diferentes: Hans era
fillo dun médico de orixe xudea e Konradin pertencía a unha das familias
aristocráticas máis importantes de Alemaña. A pesar de todo eso, fixéronse
inseparables, compartían afeccións e crearon un mundo alleo aos problemas que os
rodeaban. Sen embargo, non foron capaces de escapar desa realidade que pouco a
pouco os foi envolvendo e que acabou por separalos. A nai de Konradin odiaba aos
xudeos e non quería que o seu fillo se relacionara con Hans, por iso o mozo só o
convidaba á súa casa cando os seus pais non estaban e diante deles non lle falaba.
Co paso do tempo, Konradin foise deixando influenciar por súa nai e empezou a
sentir admiración por Hitler aínda que as ideas que este defendía ían en contra do
seu amigo. Coa chegada do caudillo ao poder, Hans tivo que deixalo todo e marchar
para América pero nunca esqueceu a Konradin e agora tamén descubre que o seu
amigo nunca lle fallou xa que ao decatarse da barbarie que Hitler estaba
cometendo, púxose en contra del e, aínda que morreu, demostrou o valor da
amizade.
Descargar