UNHA CRÍTICA Á CUESTIÓN DA IDENTIDADE Fariña da Silva, Uxía Universidade de Santiago de Compostela [email protected] Resumo: Neste seguinte documento tratarase a problemática da identidade, unha cuestión tratada dende diversos ámbitos de estudo mais que a pesar disto segue sendo terriblemente complexa, producindo en nós constantemente preguntas tales como que ou quen somos, en que intre comeza a nosa existencia como tal ou tamén as implicacións éticas que ela conleva. O tratamento das primeiras cuestións será máis ben por unha razón de necesidade porque como ben defenderemos neste ensaio, non hai unha resposta satisfactoria para elas, mais isto non significa que non deban ser tratadas dado a que sen esa reflexión previa non poderemos tratar o resto de problemáticas. De igual modo, procurarase dar unha resposta á identidade persoal non defendendo que esta sexa o relevante para a existencia, senón que o verdadeiramente importante é a relación R, é dicir, defenderemos unha postura reducionista. Xa por último, e sendo isto o que máis nos interesa, argumentaremos que papel xoga a identidade dentro das seguintes problemáticas morais: a responsabilidade moral e o castigo, a discriminación e a cuestión da morte, en concreto a eutanasia. Nestas tres cuestións, a identidade será en esencia un obstáculo para a obtención dun resultado plenamente satisfactorio, sendo ao mesmo tempo unha das razóns polas que se dan. Palabras clave: identidade, criterio físico, criterio psicolóxico, persistencia, responsabilidade moral, castigo, discriminación, eutanasia INTRODUCCIÓN Nun primeiro intre debemos ser conscientes de que a problemática que suscita en nós a identidade persoal, se ben pode ser tratada dende diversos ámbitos de estudo, como pode ser por exemplo a psicoloxía, o que nos interesa realmente son as respostas que se lle pode dar dende a filosofía e como a concepción que se manteña ao respecto influirá na ética. Primeiro de todo hai que sinalar que identidade e igualdade son o mesmo, polo que cando empreguemos este segundo termo referirémonos ao primeiro, e viceversa. Dito isto, antes de introducirnos na defensa de que o relevante é a relación R e non a noción de igualdade debido a que esta non existe como tal, como expoñeremos posteriormente, Páxina 1 de 20 antes é doado aclarar certas nocións que veñen ligadas á identidade e que é necesario explicar. Se ben ao falar de identidade pódese pensar que tan só existe un só significado para ela, o certo é que é preciso facer unha distinción entre dous tipos de igualdade, a cualitativa e a numérica. Noonan explica que aquelas cousas con identidade cualitativa comparten propiedades, podendo comprobarse se son máis ou menos idénticas cualitativamente, mentres que a igualdade numérica require unha identidade cualitativa absoluta debido a que soamente pode sosterse entre unha cousa entre ela mesma.1 Isto implica por tanto, que a identidade numérica englobará a cualitativa dado a que se non fose deste xeito, non existiría a igualdade numérica entre ambas cousas, polo que sendo conscientes disto, o que nos interesará será precisamente o significado numérico. Ora ben, esta aclaración de significados non é explicación suficiente para poder amosar a nosa concepción acerca da identidade, senón que tamén é necesario procurar aclarar a problemática do criterio físico e do psicolóxico da igualdade. Tendo en mente a achega da identidade numérica e a importancia que se lle concedeu, teremos que realizar unha análise sobre o cambio que se dá nestes criterios, que irá ligado posteriormente á noción de persistencia. CRITERIO FÍSICO E PSICOLÓXICO En primeiro lugar, analizaremos o criterio físico partindo da explicación que proporciona Parfit deste concepto: El criterio físico: (I) Lo que resulta necesario no es la existencia continua del cuerpo entero, sino la existencia continua de bastante cerebro como para ser el cerebro de una persona viva.2 Considerando isto, aquelas persoas que defendan esta postura non poderían defender por exemplo a reencarnación dado a que esta fala dunha nova vida máis alén desta na que non se posúe o mesmo corpo, nen tampouco a mesma materia. Con todo, esta concepción implica diversos problemas, habendo dentro destes problemas éticos, en 1 Cfr. Noonan, Harold and Ben Curtis, "Identity", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Summer 2018 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/sum2018/entries/identity/>. 2 Parfit, D., Razones y personas, Madrid: A.Machado Libros, 2004 p.379 Páxina 2 de 20 gran medida causados pola cuestión da continuidade física. Para tentar comprender mellor todo isto, empregaramos o seguinte experimento mental: Unha persoa comete un crime atroz e acto seguido sométese a unha operación radical que lle concede un aspecto físico totalmente distinto ao inicial. Exposta a cuestión, debería esta persoa ser castigada por dito crime? A problemática do castigo será tratada máis adiante neste documento debido a que se ben pode non semellar complexa nun primeiro intre, en realidade leva tras de si unha gran problemática. Porén, deixando isto á marxe por agora, intuitivamente un gran número de persoas afirmarían que si debido a que esa operación non fixo que deixase de ser quen era, mais no caso de defender un criterio físico teríamos que ter coidado ao facer unha afirmación deste tipo dado a que non interrompería entón esta operación a continuidade física? Cousa que segundo esta concepción, aquilo que fai que unha persoa sexa a mesma ao longo do tempo, é o feito de que posúe o mesmo cerebro e corpo. 3 Neste punto poderíase argumentar que se ben non é unha continuidade absoluta, si que é parcial dado que o cerebro non variaría, só o faría corpo, mais débese obxectar aquí que isto non responde a pregunta formulada, podería sería unha resposta se se afirmase que a continuidade do cerebro é motivo suficiente como para considerar que é a mesma persoa, ou ben o caso contrario, que non é razón suficiente xa que con esa afirmación que fixo Parfit, non se concretiza se ten que ser ambas cousas á vez ou que o mantemento dunha delas sería suficiente para afirmar que segue sendo a mesma persoa segundo tal continuidade física. Con todo, poderíamos engadir o seguinte ao experimento mental xa formulado: Tras someterse a esa intervención quirúrxica pasa novamente por outra operación que fai que recupere o seu aspecto inicial. Sería neste caso a mesma persoa que cometeu o crime e podería ser por tanto xuzdadx polo delito? Esta nova situación podería semellar nun principio ser moito máis clara, mais esta suposta claridade é froito de non contemplar que a materia pola que estaría feita esa persoa non sería a mesma que a inicial. Alguén podería tomar o exemplo do barco de Teseo e explicar, citando a Parfit, que ao ir renovando unha táboa ao ano dese barco ata facer que fosen todas substituídas, o navío sería o mesmo porque existiría unha continuidade física total, aínda que non fose a mesma madeira.4 O que se quere dicir aquí 3 4 Cfr. Ibid. p.378 Cfr. Ibid. p.378 Páxina 3 de 20 é que ao ir mantendo a meirande parte da materia e ir substituíndo unha moi pequena cantidade en intervalos de tempo moi distantes, xera que se poida seguir falando dunha continuidade. Aplicado ao corpo humano poderíase pensar que este é o caso desta persoa que foi sometida á operación se non fose porque foi substituída a materia dunha soa vez, polo que en realidade non se podería falar dunha continuidade física total. Dito isto, se se defende esta última explicación, terá que defenderse que non se trataría da mesma persoa que cometeu o crime visto dende o criterio físico e que seguindo as súas pautas non podería ser castigado. Ora ben, alguén podería obxectar a esta observación anterior que se ben non é unha continuidade física total, cabería a posibilidade de que fose unha continuidade física parcial en tanto que non se sabe que porcentaxe da materia inicial perdura, mais este sería un argumento un tanto forzado na medida en que non poderíamos sabelo, mais si que é interesante pensar na posibilidade aínda que isto aumente a complexidade do tema a tratar. Entón, semella que sendo o criterio físico unha concepción de aparencia sinxela, defendela conlevará a un laberinto de problemáticas no cal non resulta nada doado atopar unha resposta satisfactoria para ditos cuestións, podendo deixarnos varadxs nunha constante de dúbidas sen respostas que non son totalmente satisfactorias na medida en que se lle poderán facer obxeccións que volverán a introducirnos na densa néboa da dúbida. Asimesmo, estas nocións tan complexas non son exclusivas do criterio físico, senón que tamén estarán presentes no criterio psicolóxico, que para poder ter unha maior comprensión del, recurriremos unha vez máis a Parfit: El criterio psicológico: Hay continuidad psicológica si y sólo si hay cadenas principalmente superpuestas de conexividad fuerte. X hoy es la misma persona que Y en un momento pasado si y sólo si X es psicológicamente continuo con Y, esta continuidad tiene la clase correcta de causa, y no ha tomado una forma “ramificada”.5 En lugar de seguir o procedemento que empregamos no criterio físico para explicalo, con este concepto é máis doado realizar unha explicación que serva coma unha base para o tratamento da dimensión que realmente nos interesa, a ética. 5 Ibid. p.383 Páxina 4 de 20 Cando se fala de criterio psicolóxico, acabamos pensando ao mesmo tempo na memoria, polo que dada a ligazón existente, será necesario que esta segunda sexa tratada se queremos poder ter a visión suficiente para falar da primeira. No referente a memoria, esta é un termo que foi tratado dende a metafísica co obxectivo convencional de desenvolver unha teoría do recordo, aínda que se debe ser consciente de que existen múltiples tipos de memoria. 6 Mais neste ensaio non nos profundizaremos en cada unha delas xa que non se trata dun documento metafísico, porén, si que é certo que o trataremos na medida en que sexa necesario para tentar formar unha base que nos permita comezar a tratar os problemas éticos que a noción de memoria, ligada co criterio psicolóxico, pode xerar. No entanto, teñamos en conta que aínda que exista esta ligazón da memoria co criterio psicolóxico e consecuentemente da memoria coa identidade, hai que sinalar a seguinte puntualización: Sameness of memory is metaphysically necessary and sufficient for sameness of persons. According to Reid, memory is neither necessary nor sufficient for personal identity, metaphysically speaking. Indeed, Reid holds that it is impossible to account for personal identity in any terms other than itself. Personal identity is simple and unanalyzable. Though memory is not the metaphysical ground of personal identity, according to Reid, it provides firstpersonal evidence of personal identity..7 Segundo isto, hai que ter presente que a memoria non será o factor determinante que forme por completo a identidade persoal, mais si que é a primeira evidencia desta, o cal a convirte nun factor fundamental que leva a antepoñer a importancia do criterio psicolóxico ao físico, mais non significa que o este último criterio non posúa ningunha relevancia. Amosado isto, o noso interese vai recaer xa non no propio concepto de criterio psicolóxico, senón na súa continuidade porque sendo este criterio o que máis importancia posúe dentro da igualdade persoal, tratar esta cuestión servirá para amosar se no caso da identidade pode haber mobilidade, ou pola contra se se trata dalgo estático, inamobíbel, como é bastante frecuente que se defenda. 6 Michaelian, Kourken and John Sutton, "Memory", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Summer 2017Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/sum2017/entries/memory/>. 7 Copenhaver, R., "Reid on Memory and Personal Identity", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Winter 2018 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/win2018/entries/reid-memory-identity/>. Páxina 5 de 20 Para poder comprender esta continuidade, é preciso comprender o que é a conexividade psicolóxica, sendo esta definida por Parfit como o ter lugar de conexións psicolóxicas concretas.8 Isto é, a existencia dunha progresiva cadea de lembranzas que se manteñen continuas. É por este motivo polo que feitos como a amnesia ou calquer outro feito implican unha ruptura dentro do criterio psicolóxico. Amosado entón isto, teñamos en mente o seguinte caso. Unha persoa padece diversos trastornos disociativos, sendo un destes o trastorno de identidade disociativa polo cal posúe diversas personalidades. Cando unha delas ten o dominio do corpo, por así expresalo, non é consciente xa non só do que realizan o resto de personalidades, senón que tampouco é consciente da súa existencia. Partindo deste punto, unha desas personalidades comete un crime atroz do que soamente ela é consciente polo que cando outra distinta á que cometeu o crime “toma o control” do corpo e é detida, non sabe a que se debe isto. Formulado isto, pode ser esta persoa castigada polo crime? Se ben esta problemática semella ser de resposta máis clara que a do criterio físico en tanto que sería algo máis complexo afirmar que ten unha absoluta responsabilidade e por iso debe ser castigada debido a súa afección, en realidade alguén podería dicir que é a mesma partindo do criterio físico e ignorando os feitos expostos neste experimento mental, ou ben podería afirmar que aínda sendo unha personalidade distinta a que delinquiu, tería que ser castigada de todos modos. Ora ben, realmente falaríamos da mesma identidade persoal? Se se lembra o que implica o criterio psicolóxico e os feitos que se amosaron no exemplo, sería difícil defender a existencia dunha continuidade mental na medida en que cada personalidade tan só posúe as lembranzas do que ela fai, mais non sabe o que fai o resto así como tampouco sabe que existen, deixando entre cada intervalo no que ten o control do corpo e deixa de telo, totalmente en branco, rompendo consecuentemente coa continuidade. No entanto, poderíase obxectar aquí que segue perdurando o criterio físico, porén, lembremos que o que máis relevancia lle damos é ao psicolóxico, facendo que sexa un argumento de peso maior. Explicadas estas dúas nocións, dá a sensación de que nos atopamos perdidxs en tanto que seguimos tendo a seguinte incógnita, que é entón o que perdura? Ou máis ben, perdura algo realmente? Se ben se expuxo que tanto no criterio físico como no psicolóxico 8 Cfr. Parfit, D., Razones y personas, Madrid: A.Machado Libros, 2004 p.381 Páxina 6 de 20 ten que darse unha continuidade suficiente como para poder afirmar a existencia dunha mesma identidade persoal, en realidade aínda que non empregásemos os experimentos mentais formulados, senón outros máis comúns, o certo é que seguiríamos sendo conscientes de que esa continuidade non é permanente dado a que estamos sometidxs a constantes cambios. Vai a ser entón esta cuestión a seguinte a tratar xunto coa noción de identidade. PERSISTENCIA E IDENTIDADE Antes de adentrarnos nesta problemática, é doado sinalar a seguinte achega de Olson: “What it takes for you to persist through time is one thing; how we ought to evaluate the relevant evidence is another.”9 Se ben non terían por que confundirse estes dous termos, é mellor deixalos aclarados. Poderíamos tratar a cuestión da persistencia no criterio físico cunha maior extensión que a que vai ser exposta a continuación, mais ademais de non ser algo imprescindíbel, pódese supoñer o que implicará a partir do explicado no anterior apartado. Como se expuxo nel, no criterio físico o relevante non é tanto unha continuidade completa, senón máis ben unha continuidade suficiente. Isto é o que fai que sendo os seres cambiantes, neste caso referíndonos ao físico, a problemática da persistencia neste ámbito será algo menor no sentido de que esta variación non é instantáneo, senón máis ben progresiva, o cal dá lugar a que haxa algo que perdura xustificando deste modo a persistencia. Ora ben, no caso do criterio psicolóxico, para poder comprender a persistencia, sería bo abordala dende a memoria, non porque se diga que este criterio depende directa e exclusivamente dela, senón porque esta é un parte bastante relevante, e sendo este un documento non centrado a esta temática, senón a unha ética, non será preciso un análise moi minucioso. Ademais, xa non só isto, senón que arredor da noción da memoria, xorden distintas cuestións éticas, que se tratarán posteriormente. O punto do que vamos a partir para iniciar a nosa argumentación, será o seguinte que formula Copenhaver: “ first-personal statements about one’s own past are memory 9 Olson, Eric T., "Personal Identity", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Fall 2019 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/fall2019/entries/identity-personal/>. Páxina 7 de 20 statements, not statements made on the basis of memory.” 10 Entón, atendendo a esta afirmación, non lembramos o evento en si, senón o que a nosa memoria lembra desa lembranza, é dicir, poderíase dicir que o que se lembra é o que se recorda da última vez que se lembrou dito evento. Tendo en conta que estas lembranzas van sufrindo pequenas ou grandes modificacións afastándose deste modo do evento orixinal, polo que dentro do criterio psicolóxico existe o cambio e non só neste punto. A alteración que se dá nas lembranzas débese tamén á variación do propio criterio psicolóxico, podendo aplicar aquí a seguinte sentenza de Niezstche: “no hay hechos, solo interpretaciones”11 dado a que podemos considerar este cambio como o resultado dunha interpretación. Amosado que o cambio opera nos dous criterios expostos, é hora de falar deste feito dentro da propia identidade, porén, antes de seguir con esta cuestión, debemos argumentar a favor da nosa afirmación de que a identidade persoal non é o que importa. Parfit expón: Lo que importa es la relación R: conexividad y/o continuidad psicológica, con la clase correcta de causa. 12 E ademais desta afirmación, é doado sinalar que tamén formula que aínda dándose o caso no unha persoa este R-relacionada con outras dúas persoas, está é a relación que importa se ben neste caso concreto non proporciona a identidade persoal. Habendo tamén outras dúas relacións que si que poden posuír algunha relevancia: a continuidade psicolóxica e a similitude física.13 Aclarado isto, o que nos vén dicindo Parfit, idea coa que se concorda neste ensaio, é que o que importa é a clase de relación que se vaia a producir co futuro con respecto a calquera causa, o cal dá lugar a que adoptemos unha postura reducionista, que afectará ademais ao plano da moralidade, tal e como se amosará posteriormente. Se ben esta pode ser unha concepción de gran controversia dado a que implica desbotar a importancia do concepto de identidade persoal, o cal é terriblemente sobrevalorado na sociedade, esta concepción de tal alta estima, ese significado tan transcendental que lle é concedido, é o produto do androcentrismo que sempre está na 10 Copenhaver, Rebecca, "Reid on Memory and Personal Identity", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Winter 2018 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/win2018/entries/reid-memory-identity/>. 11 Nietzsche, F., Geneología de la moral, Madrid: Alianza, 1990 12 Parfit, D., Razones y personas, Madrid: A.Machado Libros, 2004 p.397 13 Cfr. Ibid. p.399 Páxina 8 de 20 procura de elementos diferenciadores que lles confiran aos seres humanos unha suposta superioridade respecto ao resto de seres non humanos. Ora ben, ademais, para poder falar da nosa identidade a través do tempo, vai a estar implicada a relación R tal e como foi explicada et supra e que esta relación non adopte unha forma ramificada, polo que entón unha entidade non pode existir se tivese corpo e mente separado. 14 Así que se ben se dixo que se lle concedería unha maior relevancia ao criterio psicolóxico, isto non quere dicir que se ignore o físico dado a que a pesar de que ten unha menor importancia, sen el tampouco poderíamos falar da identidade a través do tempo. Xa por último, outra noción que hai que deixar tratada é se a identidade é determinada en todo intre, e xa non só iso, senón que tamén haberá que aclarar se ten un carácter inmóbil, tal e como moitas persoas semellan suxerir cando esta cuestión entra en debate. Pola nosa parte non poderemos defender isto porque se recapitulamos o dito ao longo deste apartado, será bastante sinxelo observar que nos posicionamos a favor do devir, do cambio, da certeza de que non hai nada realmente inmutábel. Así pois, facendo dende o noso punto de vista nesta ocasión un paralelismo entre identidade e ser, Arribas sinalou que: O ser está submetido ao tempo; logo, está suxeito ao devir; logo, transfórmase, modifícase, varía; logo, deixa de ser o que nun principio era. É e deixa de ser, entón non pode existir nada atemporal, inmutábel, absoluto e eterno.15 Considerando isto, poderíase seguir defendendo unha perspectiva que non contempla que poida haber variación algunha, mais observando todos os noso argumentos, semella que esa tentativa de defender o inmobilismo conlevaría a moitas máis problemáticas sen respostas, ademais de que nos establecería nunha posición na que non existiría a capacidade de decisión na medida en que con cada decisión que é efectuada estase cometendo un cambio porque cada opción supón algo distinto respecto a outra, podendo ser o impacto que teña de maior ou menor grao. Ademais, non hai seres atemporais, o cal reforza toda estas ideas, tal e como Noonan nos amosa: “Identity over time is itself a controversial notion, however, because time involves change. Heraclitus argued that one could not bathe in the same river twice because new waters were ever 14 15 Cfr. Ibid. p.398 Arribas, B., Outro xeito de ser, Santiago de Compostela: Estaleiro Editora, 2010 p.29 Páxina 9 de 20 flowing in. Hume argued that identity over time was a fiction we substitute for a collection of related objects.”16 Logo, na medida en que a identidade está sometida ao tempo, non é posíbel tentar manter a inmobilidade. Semella ademais, que esa defensa da inalteridade é por unha cuestión máis ben de responsabilidade, é dicir, se non existe realmente o cambio, poderíase xustificar os comportamentos baseándose nisto, como por exemplo argumentar que realmente non se pode facer nada para solucionar as problemáticas que xorden dun trato diferente e inxusto respecto a outros seres porque non pode efectuarse un cambio, o cal fai que por moito que nos pese se así está establecido, así terá que ser. Porén, isto non é máis que un intento de seguir mantendo unha superioridade quimérica que nos permita enganarnos sen sentir remordemento algún por un trato que sabemos con certeza que non debera ser así, idea que xa amosamos antes. A IDENTIDADE NA ÉTICA RESPONSABILIDADE MORAL E CASTIGO Tendo xa en mente todo o que se explicou, cabe preguntarse agora que clase de implicacións vai a ter todas as sentenzas realizadas no que respecta á ética. Dado a que falar de ética implica unha gran multiplicidade de problemáticas facendo que tratalas todas neste ensaio sexa algo inviábel, si que trataremos parte delas. Podemos partir do tratamento da relación entre responsabilidade moral e identidade: Locke thought the personal identity relation was, in effect, an accountability relation: what makes Y at t2 the same person as X at t1 is just what makes Y accountable – morally responsible – for X's actions.17 Entón, segundo esta afirmación, a identidade é aquel motivo que leva a convertirnos en responsábeis dos nosos actos, comprendendo estes tanto activos como inactivos. O que se tenta dicir con isto último é que se ben se nos responsabiliza polas 16 Noonan, Harold and Ben Curtis, "Identity", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Summer 2018 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/sum2018/entries/identity/>. 17 Shoemaker, D., "Personal Identity and Ethics", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Winter 2019 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/win2019/entries/identityethics/>. Páxina 10 de 20 nosas decisións, tamén se nos pode responsabilizar por non decidir xa que o feito da nonelección é unha elección en si mesma. Ora ben, se isto pode ser algo claro no referente a unha acción dun pasado recente, como podería ser un roubo realizado fai un día, que sucedería se en realidade ese roubo fose efectuado fai 20 anos? Tendo presente que se dixo que a relación R vai a ser cambiante, que nada permanece inmutábel, isto vai ocasionar un problema á hora de responsabilizar a persoas polos seus actos xa que é o que vai indicar que é a mesma? Se se dan cambios, cabe supoñer que máis variacións son efectuadas, polo que partindo desta base sería unha persoa distinta respecto a que delinquiu. Toda esta problemática vén ligada a un tema que xa se formulou tanto no criterio físico como no psicolóxico, o castigo. Cando se fala de ser responsábel ou non dos actos, aquí estarémonos referindo tamén a se merece un castigo ou non, mais débese ter presente que se pode levar a cabo unha distinción entre estes dous conceptos porque aínda que alguén sexa responsábel dun crime, o mellor non merece un castigo tendo en conta outro tipo de factores, como poden ser se estaba coaccionadx ou mostra verdadeiro arrepentimento. No primeiro caso habería que comprobar que clase de cousas se queren obrigar facer e que consecuencias tería facelo ou non. Isto é, non se considerará que ten a mesma responsabilidade unha persoa que é teña que escoller se matar a outra porque se non torturarán a mil persoas ata a morte, que outra persoa que ten que decidir se matar a unha persoa ou se non vai a recibir unha malleira. Así pois, semella que incluso dentro dos diversos factores a ter en conta. No segundo caso resulta algo máis complexo porque primeiro habería que saber o que é o arrepentimento e como pode saberse que este é verdadeiro. Unha posíbel definición que poderíamos dar é que no caso de estar na mesma situación na que cometemos un acto polo cal se considera que merecemos un castigo, o noso eu actual non actuaría dese xeito, e xa non só iso, senón que ademais reprocharía tal comportamento. A segunda cuestión, xa é moito máis complexa, tanto que é unha cuestión que non lle podemos dar resposta. O problema aquí xa non é o feito de conseguir establecer se se lle pode atribuír responsabilidades a esa persoa polo crime, senón o que implica facelo. A atribución delas e a firme sentenza de que merece un castigo é tan radical como sería afirmar que non ten responsabilidade en dito acto e que consecuentemente non merece un castigo, sendo Páxina 11 de 20 posicións perigosas no sentido de que non deixan marxe para os diversos factores que xogan un papel nos actos. Ambas afirmacións resultan problemáticas en tanto que por exemplo a primeira non contempla un verdadeiro cambio que desemboque no arrepentimento, de xeito que ata sería determinista, polo que se ben o castigo tería aquí unha función reformadora, esta non serviría de nada xa que se non se pode dar o cambio, non se pode reformar. E por outra banda, por exemplo a segunda non vai a contemplar que poida darse, aínda que a persoa cambiase por mor do paso do tempo e do carácter móbil da identidade, unha persistencia o que denominaremos coma unha tendencia ao delito, facendo que a pesar de non ser a mesma persoa que fai vinte anos, segue habendo a suficiente continuidade como para responsabilizalx do roubo. Ademais, a isto podémoslle engadir que se falamos da prescrición de delitos, sendo este argumento ao que estamos sometendo á crítica unha posíbel defensa, pode que o mantemento desta prescrición inste a delinquir a persoas que non o tiñan decidido. Isto é, sendo conscientes deste carácter de que non van a ser descubertos, cometeu un crime, polo que neste caso o castigo se ben non tería unha función reformadora, si que posuiría unha función preventiva. Entón, se ben estes dous posíbeis puntos de vista son tan defendíbeis como negados, débese ter presente que hai outras posibilidades, como podería ser defender que é responsábel dos seus actos mais que certos factores atenuantes xeran que non mereza un castigo, porén, sexa como sexa, iso non resta que teña tanto puntos a favor e en contra, ao igual que expresa Parfit, postulámonos a favor de que non existe, polo menos de momento, un argumento que resolva definitivamente a disputa 18 dado a que cada concepción ten puntos a favor e en contra: Los no-reduccionistas piensan que la identidad personal implica un hecho adicional profundo, distinto de la continuidad física y psicológica. Es una afirmación que sólo este hecho lleva consigo el merecimiento por los delitos pasados y que, si no hay tal hecho, no hay merecimiento por los delitos pasados y que, si no hay tal hecho, no hay merecimiento. Esta es la análoga de la concepción incompatibilista. Se puede mantener que el merecimiento es incompatible con el reduccionismo. Pero también se puede defender una concepción diferente: podemos afirmar de manera defendible que la continuidad psicológica lleva consigo merecimiento de los delitos pasados.19 18 19 Cfr. Parfit, D., Razones y personas, Madrid: A.Machado Libros, 2004 p.566 Ibid. p.566 Páxina 12 de 20 IDENTIDADE E DISCRIMINACIÓN Outra cuestión ética que se debe tratar é como a identidade pode ser comprendida coma unha ferramenta de discriminación, e non só iso, senón incluso coma unha mostra de violencia. Débese ter presente que a noción acerca dos seres humanos que é defendida na sociedade depende na súa meirande parte da posición ética e política que se mantén, xa que ambas son correlativas,20 mais neste texto só analizaremos a parte ética, a pesar desa estreita relación coa política. Antes de procurar unha exposición de como a identidade é entre outras cousas, unha construción dos seres humanos para tentar amosar unha suposta superioridade, tamén sería doado explicar como a propia identidade afecta ás persoas. Con isto, o que queremos dicir é que se se comprende a identidade como algo fixo, é que en esencia acaba resultando irrelevante porque no que se debería centrar a atención é na súa formación, é dicir, o que resulta relevante é a interpretación da existencia coma un proxecto a desenvolver. 21 Esta concepción, bastante estendida, acaba desembocando incluso na violencia cara a propia persoa e cara outrxs en tanto que hai que adecuarse a dita interpretación. Sendo conscientes disto, que sucederá xa non só se non se produce dito desenvolvemento, senón que ademais se defende que non é precisa dita evolución na medida en que a identidade non é nada realmente? Sendo isto así o máis probábel é a xeración dunha discriminación contra quen non sega, ou non se adecúe á idea colectiva, mais produciríase aínda máis se unha persoa dixese non que a súa identidade é nada, senón que a identidade en si é nada, porque isto sería atacar a un dos pilares nos que se asenta o antropocentrismo, o cal non ten unha xustificación de ser. Seguindo esta liña, e achegándonos a metafísica, Brais Arribas sinala que esa crenza que defende que todo ser humano ten unha esencia particular e distinta da de outros seres, fai que sexa sinxelo a aparición dunha moral fortemente individualista en tanto que xa non só se vai a centrar na consecución dos intereses propios, senón que ademais comprenderá ao resto de seres como opoñentes.22 Así pois, a identidade é unha noción a que se recorre numerosas veces, facendo que incluso sexa máis ben unha ferramenta. Que nos refiramos deste xeito a este concepto, débese a que un é recurso, entre outros, bastante 20 Cfr. Arribas, B., Venir a menos. Crítica de la razón nihilista, Madrid: Los libros de la catarata, 2019, p.88 21 Ibid. p.92 22 Ibid. pp.94-95 Páxina 13 de 20 útil para defender sociedades xerárquicas e non igualitarias que expoñen como resulta indiferente cal é o test que se escolla, dado a que é sinxelamente falso que todos os seres humanos son iguais.23 Todo isto pode ser ligado xa non coa discriminación que se realiza entre os distintos seres humanos, senón tamén coa discriminación que perpetúan os humanos contra os seres non humanos. Ben, antes de tratar con máis profundidade esta cuestión, é necesario ter unha noción acerca de por que os animais non humanos tamén posúen consideración moral, ao contrario que o que se nos quere facer pensar por norma xeral. Esta posición que pretende negar a consideración moral dos animais non humanos xerando unha discriminación é o que coñecemos co nome de especismo. Dado a que esta non é a problemática a tratar neste documento, non a examinaremos con gran profundidade, senón que será exposta de xeito tal que nos permita observar como a identidade xoga un papel dentro do especismo. Se ben esta postura tan antropocéntrica pode amosarse en diversos ámbitos, aquí só se mostrarán os argumentos máis superficiais e máis coñecidos polos cales se nos quere facer crer falsamente que o especismo ten unha razón de ser. Tal e como expón Gruen, pódese tentar sustentar esta discriminación pola pertenza a unha especie, pero isto é unha característica moralmente irrelevante o cal dá lugar a que non posúa unha verdadeira validez. Por outra banda, pódese sinalar que en realidade non se trata dunha cuestión biolóxica, senón que é por unha cuestión de significación social, sendo os seres humanos os que desenvolveron os sistemas morais que o afastan do resto do reino animal. No entanto, a categoría “humana” en si mesma é impugnada moralmente.24 Partindo deste punto, a identidade, ao igual que se apelou á especie e ao social, resulta ser un elemento máis a través do cal se nos concede un dereito (inexistente) para non ter en consideración ao resto de seres e centrar así todas as nosas accións no propio interese. Sendo isto así, o feito de desapegarnos da firme convención de que posuímos identidade, axuda a que vaiamos sendo conscientes lentamente de que non hai razón para a superioridade humana que se nos inculcou, como dixo Arribas: “El hecho de ser nadie conduce a la hospitalidad”, 25 facernos conscientes de que a identidade non é 23 Cfr. Singer, P., Desacralizar la vida humana, Madrid: Ediciones Cátedra, 2003 p.110 Gruen, L., "The Moral Status of Animals", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Fall 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/fall2017/entries/moral-animal/>. 25 Arribas, B., Venir a menos. Crítica de la razón nihilista, Madrid: Los libros de la catarata, 2019 p.103 24 Páxina 14 de 20 verdadeiramente importante xa non é que mellorase a nosa propia existencia, senón que se melloraría tamén a do resto de seres. Dito isto, o rexeitamento da identidade xa non sería un mero acto que nos faría posuír unha maior hospitalidade, senón que ademais, sería unha forma de liberación dado a que un movemento que procure a liberdade vai a esixir unha expansión dos nosos horizontes morais e unha extensión ou reinterpretación do principio moral básico da igualdade26, tal e como dixo Singer. Referímonos a que é liberador na medida en que é unha noción que como dixemos é o resultado da perspectiva ética e política humana e un concepto sen verdadeira relevancia. IDENTIDADE E MORTE Unha noción máis na que nos fai pensar, ou na que nos pode facer pensar a igualdade, é na cuestión da morte, porque se ben máis ou menos se sabe o que esta implica, en realidade cando se fai unha verdadeira análise desta problemática, xorden obstáculos para determinar por exemplo cando esta acontece. Para ter un punto de partida, podemos falar dos estándares xerais da morte, sendo definidos por DeGrazia do seguinte xeito: A complete answer to this question will furnish both a general standard (or criterion) for determining that death has occurred and specific clinical tests to show whether the standard has been met in a given case. Examples of standards for human death are the traditional cardiopulmonary standard and the whole-brain standard.27 Estes dous estándares son máis ben de índole médica, interesándonos aquí a perspectiva filosófica e máis concretamente a ética, no entanto, isto non implica que estes criterios non teñen relevancia para nós en tanto que poden ser relacionados co criterio físico e psicolóxico, estando o primeiro estándar relacionado co físico e o segundo co psicolóxico. Con todo, en que medida diríamos que esta cuestión está relacionada coa ética? Sendo un tema tan complexo como é a existencia, no ámbito da medicina vai a 26 Cfr. Singer, P., Desacralizar la vida humana, Madrid: Ediciones Cátedra, 2003 p.108 DeGrazia, D., "The Definition of Death", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Spring 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/spr2017/entries/deathdefinition/>. 27 Páxina 15 de 20 xurdir o que coñecemos como bioética, que será decisiva para a toma de decisións en temas como a eutanasia e o aborto, sendo a primeira cuestión a que abordaremos. Ora ben, é interesante, e pode que incluso unha obriga sinalar, que en realidade esta clase de ética é bastante discriminatoria sobre todo respecto aos animais non humanos, o cal fai unha ligazón co anterior apartado. Con isto referímonos ao exposto por Peter Singer: En el contexto secular en el que se discuten hoy usualmente los problemas de ética médica, aquellos que hablan de la santidad de la vida humana están intentando decir esencialmente que la vida humana tiene un valor muy especial; y una implicación crucial de esta aseveración es la idea de que hay una diferencia radical entre el valor de una vida humana y el valor de la vida de algún otro animal – una diferencia que no es meramente de grado, sino de cualidad o de especie.28 Sendo conscientes disto, a razón pola cal se lle concede tal consideración á vida humana é polo antropocentrismo, o cal para ser xustificado se centra en nocións coma a identidade, tal e como dixemos. Se ben alguén pode tentar rebater o dito por Singer, tan só con que nos centremos no tema fundamental que vamos a tratar neste apartado, na eutanasia, e como se comprende esta cando se refire aos seres humanos e aos animais non humanos, xa observaremos que efectivamente se dá esta diferenza, e teñamos en conta de que esta sería tan só unha das numerosas probas que se poden aportar. Namentres que no caso dos seres humanos hai fortes disputas ao respecto, no caso dos animais non humanos non se contempla o debate de se debería ser permitida ou non e no caso de selo como se debería regular. Ao tratar esta cuestión con outras persoas, aproban a eutanasia en animais non humanos como o xeito de evitarlles sufrimento, mais por que non defenden o mesmo con humanos entón? Podería ser por un profundo sentimento de odio que os leva a desexarlles o máximo sufrimento posíbel, mais non adoita ser o caso. En realidade que se defenda esta idea é porque non se lles teñen en tanta consideración, facendo que as súas vidas poidan ser facilmente desbotadas, non polo feito de que estean sufrindo e non se lle queira evitar dito desvalor, senón porque en ocasións é o feito de ser testigxs de dito sufrimento xera nos seres humanos un desagrado. Aclarado isto, prosigamos coa eutanasia dentro do plano humano. 28 Singer, P., Desacralizar la vida humana, Madrid: Ediciones Cátedra, 2003 p.278 Páxina 16 de 20 Tendo en conta este valor que se lle foi atribuído á vida humana, faise comprensíbel o debate entorno a se aceptar ou non a eutanasia, mais antes de establecer a nosa posición ao respecto, débese tentar procurar establecer cando se pode dicir que a identidade comeza a existir (entendo aquí a identidade como a relación R). O punto a partir do cal debemos tratar esta problemática é unha idea xa exposta neste ensaio, na cal se establece que habendo criterio físico e psicolóxico, se ben ambos son imprescindíbeis, si que terá unha maior relevancia o segundo. Tendo isto en mente, á hora de determinar a existencia, terase que ter en conta cando se discuta acerca dela, defendendo aquí que a existencia terá razón de ser se se parte máis ben do criterio psicolóxico na medida en que o relevante é a relación R. Isto é, tendo constancia de que a relación R é a conexividade e/ou continuidade psicolóxica con certa clase correcta de causa, defenderemos que o comezo e final da existencia será cando se dea ou remate dita relación. Ora ben, alguén podería argumentar o seguinte: 1) Que sucedería entón se determinada persoa posúe as características que compren a relación R mais que non posúe un corpo funcional (con isto último referímonos ao caso de por exemplo un coma irreversíbel). 2) Que pasaría se se ten un corpo funcional mais posúe alzheimer. O problema en ambos casos é que ao fallar un dos criterios a partir dos cales se establece a existencia, aínda podendo dicir que existen de acordo a un dos criterios, non é suficiente dado a que se falaría aquí dunha existencia sesgada e non plena, por chamalas dalgún xeito. Ora ben, o certo é que nestes casos tampouco é que haxa unha verdadeira crítica á idea de que o comezo e fin da existencia se determina a través da relación R porque por exemplo no caso (2), que é o que semella ser lago máis claro, xerouse unha ruptura na continuidade psicolóxica. No entanto, no caso (1) resulta ser algo máis complexo de percibir na medida en que a capacidade da conexividade psicolóxica mantense intacta. Ora ben, por outra banda sería erróneo pensar que a relación R se mantivo porque non vai a ser posíbel que se produza unha relación co futuro con respecto a calquera causa xa que xa non é que non puidese tender cara ela, é dicir, de xerar algunha clase de movemento, senón que non podería levar a cabo ningunha clase de relación. Dito isto, pensar se isto é ou non o final da existencia é moi problemático, mais iso é porque non estamos pensando nunha situación digna, referíndonos aquí a se é unha situación desexábel ou tamén se é a que lle gustaría a persoa. Por este motivo, se ben non lle podemos dar unha resposta verdadeiramente satisfactoria, si que podemos defender Páxina 17 de 20 que a eutanasia terá que ser recollida no testamento vital, o cal explicaremos a continuación o que é, debido a complexidade de dar unha resposta que satisfaga as nosas inquedanzas. A problemática que xera a eutanasia non se refire meramente se é moral no sentido de que nos referimos a unha vida humana, (humana porque como xa sinalamos se non é humana considérase que non hai razón de debate), senón que tamén se trata de se debería ser activa ou pasiva e outra gran multiplicidade de debates. Para poder saber como abordar esta cuestión hai que ter en conta o seguinte que expón Arribas: Visto que a maior parte das dificuldades que impregnam a morte do indivíduo estão associadas à esfera pública e afetam a totalidade da sociedade”.29 Que sinalemos isto é sobre todo porque se ben antes sinalamos que a postura persoal respecto a eutanasia debe estar reflectida no testamento vital, o cal ten que ser escrito por cada individuo establecendo nel todo o relacionado coa súa propia morte, o certo é que sen unhas leis que permitan levar a cabo ditos desexos á hora de finar, resultan ser algo máis ben simbólico, pero non por isto se debería de deixar de facerse porque chegará un intre no que poidamos decidir como morrer. Aclarado isto, para poder entender a razón de ser da eutanasia, é dicir, por que se quere ter a posibilidade de poder escoller a boa morte, unha morte digna, hai que ter en conta que nun certo sentido débese ter constancia de que somos materia e tempo, unha entidade orgánica provisional e continxente cuxa existencia é sustentada sobre a sucesión de instantes fugaces condenados á desaparición. 30 Entón, a partir da aceptación disto, semella que estando sometidxs a tal devir xa non dende o intre do comezo da existencia, senón do propio nacemento, e sendo este feito que non podemos escoller, si que deberíamos de posuír polo menos o dereito de establecer como queremos que sexa a nosa morte para que esta sexa o máis digna posíbel, sobre todo cando hai graves afeccións de por medio. Así é que se a nosa vida se torna insoportábel e nunha situación que consideramos indigna, deberíamos de poder ter a posibilidade de rematar con esta de maneira que estea aceptada e que nos resulte digna, e non condenarnos á distanasia. 29 30 Arribas, B., Sobre a eutanásia, Santiago de Compostela: Através editora, 2018 p.33 Ibid. p.23 Páxina 18 de 20 Ora ben, hai que ter tamén presente que formas de eutanasia se conciben na actualidade, é dicir, como pode ser esta aplicada, sobre todo porque cada unha destas maneiras vai a ser relacionada con matar e deixar morrer segundo sexa activa ou pasiva: Una idea plausible es concebir el matar como el iniciar un curso de acontecimientos que conducen a la muerte; y permitir morir como no intervenir en un curso de acontecimientos que ocasionan la muerte.31 O problema moral que xorde aquí é que ambas nocións, a de matar e deixar morrer, son por norma xeral percibido como algo negativo xa que vai a privar da vida, o cal se considera coma un desvalor na medida en que non permite o valor. No entanto, ata que punto pode ser considerado así se a persoa decide que quere morrer? Non sería acaso un maior desvalor o non permitirlle tal desexo? Isto último vai referido a que se unha persoa desexa morrer realmente é que o máis probábel é que os desvalores aos que teña que facer fronte son maiores que os valores, facendo así que considere a non-existencia como algo mellor que a existencia. O negar algo así pódese deber en unha gran medida a que os seres humanos, aínda sendo conscientes da verdade imposíbel de ignorar que é a morte, non semellan estar dispostxs a aceptala, sendo capaces incluso a condenar a conxéneres ao sufrimento só por isto. CONCLUSIÓN En base a todo o anterior, o criterio psicolóxico e o físico son relevantes en tanto que se ten que dar unha continuidade psicolóxica e unha similitude física. Así é, que sendo o que importa a relación R e non a identidade, a persistencia ao longo do tempo non é un problema na medida en que defendemos que todo está sometido ao devir. Respecto á ética e todos aqueles temas dentro dela nos que a identidade xoga un papel, tratamos: a responsabilidade moral e o castigo, concluíndo que polo momento non hai unha resposta satisfactoria para esta cuestión; a discriminación, sobre todo cara outras especies, sendo a identidade un dos pilares nos que se tenta sustentar a falsa superioridade humana; e a existencia e as trabas que xera na eutanasia. 31 Singer, P., Compendio de Ética, Madrid: Alianza editorial, 1995, p.409 Páxina 19 de 20 BIBLIOGRAFÍA Arribas, B., Outro xeito de ser, Santiago de Compostela: Estaleiro Editora, 2010 Arribas, B., Sobre a eutanásia, Santiago de Compostela: Através editora, 2018 Arribas, B., Venir a menos. Crítica de la razón nihilista, Madrid: Los libros de la catarata, 2019 Copenhaver, R., "Reid on Memory and Personal Identity", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Winter 2018 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/win2018/entries/reid-memory-identity/>. DeGrazia, D., "The Definition of Death", The Stanford Encyclopedia Philosophy (Spring 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL <https://plato.stanford.edu/archives/spr2017/entries/death-definition/>. of = Gruen, L., "The Moral Status of Animals", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Fall 2017 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/fall2017/entries/moral-animal/>. Michaelian, Kourken and John Sutton, "Memory", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Summer 2017Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/sum2017/entries/memory/>. Nietzsche, F., Geneología de la moral, Madrid: Alianza, 1990 Noonan, Harold and Ben Curtis, "Identity", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Summer 2018 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/sum2018/entries/identity/>. Olson, Eric T., "Personal Identity", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Fall 2019 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/fall2019/entries/identity-personal/>. Parfit, D., Razones y personas, Madrid: A.Machado Libros, 2004 Shoemaker, D., "Personal Identity and Ethics", The Stanford Encyclopedia of Philosophy (Winter 2019 Edition), Edward N. Zalta (ed.), URL = <https://plato.stanford.edu/archives/win2019/entries/identity-ethics/>. Singer, P., Compendio de Ética, Madrid: Alianza editorial, 1995 Singer, P., Desacralizar la vida humana, Madrid: Ediciones Cátedra, 2003 Páxina 20 de 20