Subido por Mercedes Ramonde Sixto

foro 2.2

Anuncio
Boas tardes!
Eu estudiei cun sistema educativo no cal a lingua galega trabállase moi por enriba, era unha
materia con poucas horas de docencia e non se falaba en ningunha materia máis, nin existían
proxectos lingüísticos que a traballaran. Desde esta perspectiva, considero que hoxe en día, o
galego esta moi presente na educación. O alumno ten moitas opcións para coñecelo, traballalo
e practicalo.
Penso que conseguimos grandes avances nos últimos anos, para amosar a lingua galega como
unha lingua que está á altura das demais linguas que se traballan para acadar o plurilingüismo.
E boa parte do mérito é do ensino, logramos que os rapaces valoren a lingua galega como algo
que os identifica e enriquece á nosa cultura.
Porén, opino que o único problema é a formación do profesorado, necesitamos estar á altura
do proxecto lingüístico. Teríase que mellorar este aspecto cunha formación continua.
Saúdos!
Boas tardes Marta!
Tes moita razón no teu comentario sobre a formación dos docentes, a competencia lingüística
en galego do profesorado é algo que ten mellorar, e moito, polo menos no meu caso, e ademais
tamén é importante que os docentes demos a importancia necesaria ao uso do galego nas aulas.
Mais no ámbito das relacións persoais, penso que non podemos propoñer que o docente fale
unha linguaxe ou outra, para que se comunique co resto do profesorado ou persoal do centro,
non sería bo volver a tempos anteriores, nos que a liberdade persoal para elixir unha ou outra
lingua era nula. Aínda que predomine o uso do castelán ou do galego.
Saúdos!
Descargar