COORDENADAS XEOGRÁFICAS Para poder orientarmos e atopar lugares no globo terráqueo empregamos as coordenadas xeográficas. No mapa podes ver que o noso planeta rodeado de liñas imaxinarias que van dende un polo ao outro (de Norte a Sur), chamadas MERIDIANOS, e outras, chamadas PARALELOS que van de Leste a Oeste. Hai 90 paralelos cara ao norte e o mesmo número cara ao sur. Os paralelos máis importantes son catro. No hemisferio norte están o Trópico de Cáncer e o Círculo Polar Ártico, no hemisferio sur atopamos o Trópico de Capricornio e o Círculo Polar Antártico. Existen 360 meridianos, 180 ao Oeste e 180 ao Leste. Por ser a terra esférica, cada meridiano ten o seu antimeridiano, que é o seu oposto. Estas liñas imaxinarias forman unha rede de coordenadas que nos indican as medidas de latitude e lonxitude que serven para situar con exactitude calquera lugar da superficie terrestre. A liña do ecuador é o paralelo máis grande que divide a terra en dúas metades: O hemisferio Norte e o Hemisferio Sur. A distancia que hay entre calquera punto da terra e a liña do ecuador chámase LATITUDE. Esta distancia mídese en graos entre 0º e 90º. A distancia d cada meridiano ao meridiano de Greenwich chámase LONXITUDE. É medida en graos de 0º a 180º. O Meridiano de Greenwich ou MERIDIANO 0 , divide a terra en dúas metades iguais: o Hemisferio Oeste e o Hemisferio Leste. Hai 180 meridianos no Hemisferio Occidental e 180 no Hemisferio Oriental. COMO LOCALIZAR PUNTOS NO PLANISFERIO? Para situar puntos no planisferio empregamos as coordenadas xeográficas, é dicir, o paralelo e o meridiano que se cruzan nese punto. As coordenadas son expresadas en LATITUDE e LONXITUDE. A localización xeográfica é a intersección das coordenadas de latitude e lonxitude nun punto. TAREFA 1 En que hemisferio está a cidade de Nova York? ___________________ Cal é a sua lonxitude? _____________________________ TAREFA 2 Mira os puntos (A – F), traza as coordenadas e nomea onde fica cada punto. A B C D E F TAREFA 3 Sinala no planisferio 5 cidades con un punto vermello, traza as coordenadas de lonxitude e latitude con diferentes cores para cada cidade e nomea onde fican as cidades. TAREFA 4 Atopa as seguintes coordenadas no planisferio, marca cada una cunha cor diferente e sinala en que continente está. Latitude 50º N lonxitude 20º L ____________________________ Latitude 20º S lonxitude 20º E ____________________________ Latitude 30º S lonxitude 13Oº E ___________________________ Latitude 20º S lonxitude 60º O ____________________________ Latitude 40º N lonxitude 100º O ____________________________ TAREFA 5 OLLA O MAPA MUNDI . DEBUXA E COLOREA. A LIÑA DO ECUADOR: VERMELLA O MERIDIANO DE GREENWICH: VERDE O TRÓPICO DE CÁNCER: LARANXA O TRÓPICO DE CAPRICORNIO : AZUL OS CÍRCULOS POLARES : AZUIS