Subido por Alvaro Educacion Fisica

FICHA FC

Anuncio
EFB 1.2.3
FICHA FC: O CORAZON NOS [email protected]
NOME E APELIDOS ______________________________IDADE ___________ CURSO ______
Por qué tomar as pulsacións? Cando se realiza actividade física é necesario controlar a
intensidade do esforzo para adecualo ás nosas capacidades e evitar posibles sobresforzos. Unha
das formas mais sinxelas e prácticas e controlar as pulsacións a través da FRECUENCIA
CARDÍACA (FC) ou o que é o mesmo, medindo as pulsacións por minuto as que late o noso
corazón.
Como? O modo mais eficaz é utilizando un pulsómetro fiable aínda que actualmente hai APPs
que te permiten calculala dunha forma sinxela. Se non dispoñemos de ningún destes elementos,
cos dedos índice e medio, cunha lixeira presión en...
Onde? Na arteria radial (pulso) na arteria carótida (colo) ou directamente no corazón.
Durante canto tempo? Recorda que a FC se mide en pulsacións por minuto (p/m). O xeito mais
sinxelo sería contar as pulsacións en 6 segundos e multiplicar por 10 así saberemos as que
teríamos nese momento nun minuto.
Que referencia podemos tomar para valorar o noso progreso físico?
1- FC basal: antes de erguerse da cama pola mañá.
2- FC en repouso: despois de como mínimo 5 minutos de repouso e en posición de pé sen ter
realizado ningún tipo de exercicio.
3- FC tras o exercicio (inmediatamente despois e comparando o exercicio feito nas mesmas
condicións)
O exercicio físico de resistencia dun xeito regular e continuo favorece a RECUPERACION e
ADAPTACIÓN do individuo ó exercicio reducindo a FC en calquera das tres situacións
comentadas anteriormente. Así o corazón traballará dun xeito mais económico e eficiente
(cansámonos menos e nos atoparemos mellor)
Que é a FC máxima? A frecuencia cardíaca máxima (FCmax) son as máximas pulsacións que se
estiman podemos acadar durante un exercicio.
Podemos calculalo mediante unha formula relacionada coa idade expresada en anos:
-
FCmax = 220 – idade (nos rapaces)
FCmax = 226 – idade (nas rapazas)
Cales son as pulsacións nas que debo traballar para mellorar dunha forma saudable?
Estaríamos falando que para unha actividade saudable teríamos que estar entre o 70% e 80% da
FCmax.
ACTIVIDADES
1- Calcula a tua FCmax
FC MAX=
2- Completa a FC que tiveches nas seguintes actividades
ACTIVIDADE
FC
(p/m)
Está a fc dentro do marxe de
mellora saudable? (SI ou NON)
1. Estado basal (ó erguerse da cama)
2. Estado de repouso (en pé)
3. Sentado na clase
4. Tras un minuto andando
5. Cinco minutos correndo
6. Tras facer 20 abdominais
7. Tras un sprint de 30 metros
8. Tras un xogo suave
3- Coloca na seguinte grafica os resultados obtidos nas actividades anteriores. Marca cunhas
lineas verdes a zona de actividade de mellora saudable, cunha liña vermella a da FC
maxima e cunha liña azul a túa frecuenca cardiaca basal.
Descargar