Pz. do Concello, nº 2. [email protected] Bertamiráns www.concellodeames.org 15220 AMES (A Coruña) Telf: 981 883 002 Fax: 981 883 925 Os resultados dos equipos das Escolas Deportivas Municipais de Fútbol Sala da pasada fin de semana foron os seguintes: DIA LUGAR RIVAL SÁBADO QUIROGA PALACIOS SR CALO “B” HORA CATEGORIA EQUIPO 10:00 h BENXAMÍN CONCELLO AMES “B” Para este xogo de Alex e Sergio contaron con poucos efectivos de novo, estes foron: Javi, Javier, Nacho, Pedro, Manuel, Celso, Pablo e Diego. O rival de partida era moi superior, de feito no primeiro partido que disputaron os nosos nenos este equipo gañoulle por 17-0, esta mesma diferenza quedou reflectida no xogo pero veuse a melloría dos nosos nenos. O xogo comezou co guión marcado cun 3-0 a 5 minutos para o remate da primeira parte do partido, foi nesta cando Nacho tras unha moi boa contra fixo o 3-1 batendo por baixo ao porteiro rival, e de seguido tivo outra ocasión nun man a man co porteiro que desta vez no foi quen de batelo. Na segunda parte tras un bo comezo as forzas dos nosos efectivos non deron máis de si e a partir do minuto 10 e coas boas intervencións de Javi baixo paus o rival foi engrosando a súa conta ata chegar ao 10-1 final. DIA LUGAR RIVAL SÁBADO QUIROGA PALACIOS A MERCE “B” HORA CATEGORIA EQUIPO 10:45 h BENXAMÍN EDM AMES “B” Neste 2º xogo da maña do Sábado Alex e Sergio contaron con todos os efectivos deste equipo, Simón, Denís, Elías, Antón, Carlos, Fabián, Brais, Diego e Manuel. En fronte un rival a priori fácil pero como era de prever a relaxación dos nosos nenos viuse cando o rival colleu vantaxe no marcador, e pasamos os 5 minutos de imprecisións ata que logramos a igualada tras un gol en propia meta. Logo seguiu o noso festival con goles de Antón en 3 ocasións e un de Carlos que puxeron o 5-1 ao descanso. A segunda parte comezou como a primeira, con 2 goles en contra pola relaxación, pero tras uns minutos de indecisión, Antón, noutras 2 ocasións, Elías e Fabián pecharon o marcador final de 9-3. DIA LUGAR RIVAL SÁBADO QUIROGA PALACIOS CIUDAD DE STGO. “B” HORA CATEGORIA EQUIPO 11:30 h BENXAMÍN EDM AMES “A” Alex e Sergio contaron con poucos efectivos, Euge e Pablo ambos por lesión e David de viaxe. Polo tanto estiveron Felipe baixo paus, Canosa , Marcos , Santi, Méndez e Álex, pero ao igual que a gran maioría dos partidos anteriores a superioridade foi manifesta no marcador e no xogo como reflexa o marcador,7-0. Os goles correron por conta de : 1-0:Canosa en acción individual 2-0:Santi de falta directa 3-0:Canosa tras roubo ao saque do porteiro rival 4-0:Santi tras unha boa xogada de Marcos 5-0:Marcos de tiro lonxano coa colaboración do porteiro 6-0:Marcos tras regatear ao porteiro 7-0:Canosa nun 2º pau a xogada de Santi DIA LUGAR RIVAL SÁBADO QUIROGA PALACIOS REBORDELO HORA CATEGORIA EQUIPO 12:15 h PRE – BENXAMÍN 1º ANO EDM AMES “A” Para rematar a maña de competición desta sábado xogaba o pre-benxamín, Alex e Sergio tiveron para este xogo a Iván, Diego, Carlos, Miguel, Luís, Óscar e Jorge baixo paus. O peso do partido estivo durante os 40 minutos no noso xogo colectivo o cal nos levaba ata a área rival. Unhas veces polo mal tino noso e outras polas boas actuacións do porteiro rival non fomos quen de lograr o gol. Este foi tras sendas xogadas individuais dun xogador do Rebórdelo o que se plantou diante de Jorge e de forte disparo puxo o 2-0 no marcador. Tras isto e xa na segunda parte unha nova intervención do porteiro e outra contra puxo o 3-0 no marcador polo mesmo xogador que os 2 anteriores, pero os nosos nenos a través de Diego e Iván seguían creando grandes xogadas que paraba o porteiro rival e foi nesta cando Carlos tras un bo pase deixou a Iván so ante o porteiro que este o regateou e cando todos cantabamos gol o mesmo porteiro lle roubou a carteira a Iván dando pe a unha nova contra que o anterior goleador volveu mandar o balón de forte disparo ás nosas redes. Este foi o punto de inflexión porque a raíz deste 4º gol os nosos nenos meteron si cabe máis ao rival en 9 metros e alí tras unha boa xogada de Iván, Diego e Carlos foi remachada polo 1º facendo o 4-1 pese a que o porteiro case o volve a impedir, e nos 5 minutos restantes Iván tras unha cesión dos rivais ao seu porteiro aproveitouse esta vez para regatealo e facer o 4-2. Logo do saque de centro e posterior roubo de Carlos e pase a Iván este volveu facer un golazo cun recorte na área de penalti, e bater de túnel ao porteiro rival quedando aínda 1 minuto para buscar a igualada e esta pasou cando Iván lle deu un pase a Diego que este mandou a rentes do pao cando esvaecía o tempo de xogo. Ao final 4-3 tras un gran partido. DIA LUGAR RIVAL SABADO MONTE DOS POSTES A MERCE HORA CATEGORIA EQUIPO 19:15 h PRE - BENXAMÍN EDM AMES Neste xogo Alex e Sergio contaron con Guille, Rodri, Carlos, Samu, Alex, Joel, Alberto e Adrián. O encontro tivo un claro dominador no conxunto do EDM Ames ao longo da primeira parte que rematou con vantaxe da escola por 2-0 tras 2 faltas marcadas por Carlos, pero a segunda parte cando todos pensabamos que isto ía a mellorar pasou todo o contrario porque ao pouco o rival recortaba as distancias no marcador, pero Joel tras sendas xogadas persoais fixo 3 goles que deixaban o xogo cun claro 5-1 que o rival foi recortando debido á relaxación dos nenos ata o 5-4 final. DIA LUGAR RIVAL SABADO MONTE DOS POSTES MILAGROSA HORA CATEGORIA EQUIPO 20:00 h ALEVIN EDM AMES Nesta tarde de sábado remataba a xornada o grupo Alevín da escola, Sergio e Alex contaron con Roi, David, Marcos, Nacho, Alex e Méndez. Partido que se presumía complicado porque en fronte estaba o equipo que rematara 4º nas xornadas de liga pero ante os nosos nenos non demostrou nada xa que tras un erro noso colleu vantaxe no marcador ao pouco do comezo do xogo e logo pasou toda a primeira parte no seu campo metido en 9 metros e foi nesta que Marcos e Nacho en sendas ocasións puideron igualar o marcador pero as boas actuacións do porteiro xunto co pau evitaron a igualada. A segunda parte do xogo correu polos mesmos camiños da primeira, o balón e as accións de xogo corrían da nosa parte e eles non daban nin 2 pases seguidos sen unha perda do balón. Foi nesta que tras unha parede de Méndez con Marcos deixaron a Nacho nun man a man co porteiro rival que non foi quen de bater ao mesmo, isto lastrounos un pouco e de ai ao final non fomos quen de crear outra ocasión tan clara para igualar e de feito nunha xogada rápida case ao remate do xogo cobraron máis vantaxe. Pero se isto non fora suficiente castigo físico de levar todo o peso do partido o rival foi quen de meter 2 goles máis ata o 4-0 definitivo. DIA LUGAR RIVAL SABADO QUIROGA PALACIOS MILLADOIRO HORA CATEGORIA EQUIPO 18:30 h INFANTIL EDM AMES Para este último xogo do día Sergio e Alex contaron con Cristian na portería, Niko, Matías, Iago e Rubén de quinteto de saída, quedando Fran, Vergara e Adrián na suplencia. Este xogo resúmese en 2 partes moi diferenciadas, na primeira onde non fomos quen de penetrar na defensa en 9 metros do rival e de parar o contraataque dos mesmos e así foi que nos fomos ao descanso cun 3-0. Na segunda parte en cambio foi todo ao contrario puidemos rebasar esa maraña defensiva con moita facilidade e de feito logramos poñernos a un gol de distancia tras goles de Iago e Adrián, e cando non pasamos a defensa eramos quen de frear os seus ataques e contraataques. Pero a falta dun minuto e tras un parón que marcou o colexiado deixou a todos fora de lugar. Cando estaba o xogo rematando os nosos nenos non se moveron tras a posta en xogo do balón e o rival fixo o 4-2 final. Os resultados dos equipos das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto da pasada fin de semana foron os seguintes: Sábado: 10:15 Pavillón:Peleteiro Copa primavera (Infantil) Peleteiro Ames 23-27 -Gran partido das xogadoras que dirixe Pablo, que lograron vencer nos dous encontros , mostrándose en cada un deles moi superior ao seu rival. Os primeiros cuartos empezaron moi igualados , pero a partir do 3º as rapazas de Ames empezaron a demostrar que ían a polo triunfo. Destacamos a Antía López como a xogadora do partido, que ante as ausencias de Einés e Sara xunto ca lesión de Patricia Otero no 1º cuarto, foi a encargada de anotar e dominar o poste baixo. Tamén salientamos o bo partido de Iria ,que dirixíu perfectamente o equipo e anotou tamén boas canastras. Bo ambiente nas gradas do Pavillón, os pais das rapazas sempre volcados co equipo non quixeron ser menos nesta ocasión, ademais viñan con moitas ganas tras o sucedido no partido de ida , onde o adestrador do Peleteiro, protestou o resultado final . Sabado: 10:15 Pavillón: Sta Isabel Copa da liga (Mini) Fontiñas Ames 26-13 Encontro correspondente a Copa da liga onde os rapaces non tiveron opción ante un rival forte da categoría. - Os primeiros cuartos xa deixaban ver o que a posteriori ía a ocorrer. Empezamos mal en defensa sen forza no rebote e inoperantes en ataque. O equipo rival atopouse moi cómodo en todo momento xa que a nosa defensa deixaba moito que desexar. De todos modos esta foi unha tempada de aprendizaxe e con vistas a un futuro xa que se trata dun equipo con boas individualidades que hai que pulir pouco a pouco. Desta forma o equipo mini pon punto final a esta tempada, esperando xa o comezo da seguinte, alá polo mes de Setembro. - I LIGA POPULAR DE FÚTBOL 7 RESULTADOS DA 2ª XORNADA PIÑA AGRIA – 3 / 3 – ALDEA NOVA Goleadores: Piña Agria Nermin Turkovic (2 goles) Iván Falcón (1 gol) Aldea Nova Carlos Landín (2 goles) Santi Araujo (1 gol) PARRILLADA O PADRIÑO – 2 / 1 – COOLED Goleadores: Parrillada O Padriño Adrián González (1 gol) J Manuel Ponte (1 gol) Cooled Miguel Senín (1 gol) PIRAGÜISTAS – 7 / 1 – FROGGY Goleadores: Piragüistas Diego Martínez (3 goles) Agustín Mato (1 gol) Marcelo Santiso (2 goles) Alberto Viaño (1 gol) Froggy José Angel Sánchez (1 gol) GAÑADOS EMPATADOS PERDIDOS GOLES FAVOR CONTRAGOLES PUNTOS 1 PIRAGÜISTAS 2 2 0 0 14 1 6 2 PARRILLADA O PADRIÑO 2 2 0 0 10 1 6 3 COOLED 2 1 0 1 8 2 3 4 PIÑA AGRIA 2 0 1 1 3 7 1 5 ALDEA NOVA 2 0 1 1 3 8 1 6 FROGGY 2 0 0 2 3 7 0 POSTO XOGADOS CLASIFICACIÓN EQUIPO GOLEADORES 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 NOME Diego Martínez J Ramón Arufe Agustín Mato Marcelo Santiso Miguel Senín J Manuel Ponte Alberto Viaño Nermin Turkovic Carlos Landín David Fernández Oscar Santos Pedro D Fernández Miguel A Peleteiro Adrián González Sergio Berdullas Andre Da Silva Bruno Filipe J Angel Sánchez Carlos García Jorge Martínez Sergio Rodríguez Borja Viqueira Raúl Gómez Iván Falcón Santi Araujo EQUIPO Piragüistas Parrillada O Padriño Piragüistas Piragüistas Cooled Parrillada O Padriño Piragüistas Piña Agria Aldea Nova Parrillada O Padriño Parrillada O Padriño Parrillada O Padriño Parrillada O Padriño Parrillada O Padriño Piragüistas Froggy Froggy Froggy Cooled Cooled Cooled Cooled Cooled Piña Agria Aldea Nova Nº DE GOLES 5 3 3 3 3 2 2 2 2 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1