Untitled

Anuncio
Xógaa pola
z
a
p
30 de xaneiro:
Día Escolar pola Paz
e a Non-Violencia
xógaa pola paz
Infantil
Ensinamos así a xestionar os lances do encontro a través do diálogo e non a través da violencia.
Para este Día Escolar da Paz e a Non-Violencia propomos traballar o diálogo e o respecto como
respostas ante as diferentes manifestacións da violencia e concretamente a de xénero. Abordamos
esta temática desde os valores que poden transmitir os xogos de equipo.
Xesto
OBXECTIVOS
No patio do centro educativo, unha vez terminado o partido, fórmase a frase e exponse en lugar visible.
• Exercitar valores como o respecto e o compañeirismo a través do xogo.
• Romper estereotipos de xénero a través das cores e os xogos.
• Fomentar o diálogo como estratexia de resolución de conflitos.
RECURSOS
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
A primeira parte da actividade consiste en preparar o encontro deportivo posteriormente descrito. O deporte elixido pode ser o voleibol, o baloncesto, o balonmán ou o fútbol. Se o número de alumnos e alumnas de
clase é moi elevado pódense facer catro equipos, xogando dous partidos, cada un do seu deporte.
Fórmanse por consenso equipos mixtos, procurando que haxa equilibrio entre o número de rapaces e rapazas
de cada equipo. Cada participante colorea nun folio o seu número de dorsal. Previamente a persoa que dinamiza debuxou os perfís dos números de cada participante, un por folio, deixando espazo abondo para que se
poida colorear o interior. Para o último curso de infantil os dorsais poden ser realizados integramente polo alumnado, desde o número ata colorear. En calquera caso esta indicación debe ser valorada por cada docente.
• Folios, cores (rosa, violeta, negro, gris), imperdible ou cinta adhesiva para o dorsal, balón.
Regras específicas segundo o xogo
Voleibol: O obxectivo é marcar 14 tantos. Por cada tanto repártese unha letra da frase: X-O-G-A-N-D-O-PO-L-A-P-A-Z. Os xogadores e as xogadoras cámbianse de equipo cada tres tantos.
Baloncesto: O obxectivo é marcar 14 canastras. Por cada tanto repártese unha letra da frase: X-O-G-A-ND-O-P-O-L-A-P-A-Z. Os xogadores e as xogadoras cámbianse de equipo cada tres canastras.
Balonmán: O obxectivo é marcar 6 goles. Por cada tanto repártese unha sílaba da frase: XO-GAN-DO-POLA PAZ. Os xogadores e as xogadoras cámbianse de equipo cada dous goles.
xógaa pola paz
Neste Día da Paz queremos ter presente a situación do pobo haitiano, que despois do sismo
sofre aínda máis dificultades para acceder a unha vida digna e en paz.
Non queremos que despois dun tempo a súa situación acabe esquecéndose porque a reconstrución require un proceso moi longo que desexamos poder acompañar.
Invitamos a achegarse agora á realidade destacando a necesidade de que todas as persoas
poidan propor solucións á súa reconstrución.
Secundaria
Imaxina por un momento como sería a túa vida se houbese un terremoto.
Reflexiona sobre a situación de nenos e nenas, mulleres e homes de maneira diferenciada. Se enfocamos
a situación das persoas de maneira diferenciada segundo sexan homes, mulleres, nenos ou nenas, pensas
que o punto de partida de ambos era o mesmo? A situación resultante será igual?
En grupo debuxa a segunda secuencia.
País reconstruído
OBXECTIVOS
• Achegarnos á realidade de Haití despois do terremoto desde a realidade das persoas.
• Recoñecer a necesidade de que todas as persoas implicadas sexan tidas en conta e participen na súa
reconstrución, e descubrir que tamén nós temos un papel que xogar.
Como volver a construír todo o que se derrubou?
Quen poden achegar solucións a esta reconstrución? Nenos, nenas, mulleres, homes, comunidades veciñais,
asociacións, escolas, gobernos, comunidade internacional, nosoutros e nosoutras…
Quen ten obriga de dar resposta e protexer a esta poboación?
Como podemos facer para converter esta situación nunha oportunidade de vida digna para quen a vive?
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
A actividade consistirá en realizar unha secuencia mural de tres momentos: antes do terremoto, xusto despois
e na reconstrución.
Ante unha situación tan fráxil para a supervivencia, a paz pode quebrar. Que elementos pensades que son
fundamentais para o mantemento da paz? Diálogo, participación, outros…
En grupo debuxa a terceira secuencia.
En primeiro lugar reflexionarán en asemblea sobre algúns puntos, desde os cales a continuación levarán a
cabo o mural.
Xesto: Xógaa pola paz, xógaa por Haití
Dividiranse en tres ou catro grupos de traballo para que resulte máis doada e participativa a elaboración do
mural que poderá ser realizado con pinturas de mans ou a xeito de collage.
Elaborarán corazóns vermellos coa palabra Haití escrita en negro e cada rapaz e rapaza entregarallo ao
compañeiro do lado dicindo en voz alta un compromiso de non esquecemento coas persoas de Haití.
Antes do terremoto
RECURSOS
A segunda parte da actividade realízase no patio; o deporte de equipo pode ser o fútbol, o baloncesto, o
balonmán ou o voleibol. Fórmanse, segundo o indicado, equipos mixtos.
Para traballar esta parte propoñemos manexar datos de Haití que podedes atopar no material “Haití: 12 de
xaneiro de 2010” que podedes atopar no Buscador de recursos de www.redentreculturas.org
O obxectivo é meter determinado número de goles, canastras ou puntos. Por cada gol, canastra ou punto entrégase un papel cunha parte dunha frase. Unha vez completado o número de goles, canastras ou puntos, fórmase unha frase que se compartirá ao final do xogo.
Que sabemos agora? En grupo debuxa a primeira secuencia.
• Presentación “Haití: 12 de xaneiro de 2010” en PowerPoint que podes descargar do Buscador de recursos
do portal Educadores e educadoras de www.redentreculturas.org, papel e pinturas para os corazóns, papel
continuo ou tres cartolinas por equipo e pinturas de mans ou obxectos para o collage segundo se decida
levar a cabo unha ou outra cousa.
A medida que vai transcorrendo o xogo vanse cambiando xogadores dun equipo a outro. Ao final do encontro os equipos serán totalmente distintos dos formados ao principio.
O día 12 de xaneiro de 2010, un sismo de 7,3 na escala Richter sacudiu Porto Príncipe, a capital de Haití,
o país máis empobrecido de toda América Latina. A febleza previa do país e a intensidade do terremoto
dan como resultado unha situación de catástrofe que necesitará da colaboración de toda a comunidade.
Forma de colorear os dorsais. As rapazas pintan o número en cor rosa ou violeta; os rapaces píntano de cor
gris ou negra. Finalizados os dorsais, os integrantes dun mesmo equipo intercámbianos: os nenos toman os
das nenas e viceversa. Cómpre que os equipos estean bastante equilibrados para que, á hora do cambio, polo
menos a maioría, se non todos os integrantes do equipo, cambiasen o dorsal. Deste xeito a maioría dos nenos
levará dorsais rosas ou violetas e a maioría das nenas, negros ou grises.
Fútbol: O obxectivo é marcar 6 goles. Por cada tanto repártese unha sílaba da frase: XO-GAN-DO-PO-LA
PAZ. Os xogadores e as xogadoras cámbianse de equipo cada dous goles.
Despois do terremoto
Unha vez finalizado o encontro reflexiónase sobre como se sentiron no encontro e insístese sobre as
actitudes de respecto, evitando a burla polo simple feito de levar unha cor ou outra.
A comunidade internacional reacciona rapidamente para canalizar a axuda. A sociedade civil amosa de novo
a súa grande solidariedade.
Reflexiónase tamén sobre a importancia do traballo en equipo e de actuar conxuntamente para conseguir un
obxectivo, a frase neste caso, sen importar tanto o compoñente competitivo do xogo.
Nenas, nenos, mulleres e homes érguense das cinzas e reconstrúen as súas propias vidas, a súa comunidade e o seu país…
Frase: Xogando pola paz.
xógaa pola paz
Para este Día Escolar da Paz e a Non-Violencia propomos traballar o diálogo e o respecto como
respostas ante as diferentes manifestacións da violencia e concretamente a de xénero.
Abordamos esta temática desde os valores que poden transmitir os xogos de equipo.
Primaria
Ensinamos así a xestionar os lances do encontro a través do diálogo e non a través da violencia.
Unha vez finalizado o encontro reflexiónase sobre como se sentiron no encontro e insístese sobre as
actitudes de respecto, evitando a burla polo simple feito de levar unha cor ou outra.
Ao principio animámolos para que eles mesmos se organicen, dando como única consigna que traten de facelo equilibradamente. Unha vez organizados, se os equipos non fosen equilibrados e estivesen separados
nenos e nenas, reorganízanse de novo formándoos mixtos.
No patio do centro educativo, unha vez terminado o partido, fórmase a frase e exponse en lugar visible.
OBXECTIVOS
RECURSOS
• Folios, cores (rosa, violeta, negro, gris), imperdible ou cinta adhesiva para o dorsal, balón.
• Achegarnos á realidade haitiana empatizando cunha historia de vida.
• Reflexionar sobre a paz que se pon en xogo na vulnerabilidade e nas catástrofes naturais e que ten que
ser reconstruída a través do diálogo e a participación de todas as persoas afectadas.
Regras específicas segundo o xogo
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
Voleibol: O obxectivo é marcar 14 tantos. Por cada tanto repártese unha letra da frase: X-O-G-A-N-D-O-PO-L-A-P-A-Z. Os xogadores e as xogadoras cámbianse de equipo cada tres tantos.
A actividade consiste en crear un personaxe que vive o terremoto de Haití. En primeiro lugar creamos o personaxe de maneira colectiva atribuíndolle unha identidade e tratando de poñernos na súa pel e no seu día
a día; cando estea definido tamén haberá que darlle vida debuxándoo.
A continuación cada integrante elaborará o seu dorsal, despois de se pór de acordo nos números. As rapazas
pintan o seu número de cor rosa ou violeta; os rapaces pintan o seu de cor gris ou negra. Rematados os dorsais, os integrantes dun mesmo equipo intercámbianos: os nenos toman os das nenas e viceversa. Cómpre que
os equipos estean bastante equilibrados para que, á hora do cambio, polo menos a maioría, se non todos os
integrantes do equipo, cambiasen o dorsal. Deste xeito a maioría dos nenos levará dorsais rosas e a maioría
das nenas, negros.
A segunda parte da actividade realízase no patio; o deporte de equipo pode ser fútbol, o baloncesto, o balonmán ou o voleibol. Fórmanse, segundo o indicado, equipos mixtos.
O obxectivo é meter determinado número de goles, canastras ou puntos. Por cada gol, canastra ou punto
entrégase un papel cunha parte dunha frase. Unha vez completado o número de goles, canastras ou puntos,
fórmase unha frase que se compartirá ao final do xogo.
A medida que vai transcorrendo o xogo vanse cambiando xogadores dun equipo a outro. Ao final do encontro
os equipos serán totalmente distintos dos formados ao principio.
Baloncesto: O obxectivo é marcar 14 canastras. Por cada tanto repártese unha letra da frase: X-O-G-A-ND-O-P-O-L-A- P-A-Z. Os xogadores e as xogadoras cámbianse de equipo cada tres canastras.
Balonmán: O obxectivo é marcar 6 goles. Por cada tanto repártese unha sílaba da frase: XO-GAN-DO-POLA PAZ. Os xogadores e as xogadoras cámbianse de equipo cada dous goles.
Fútbol: O obxectivo é marcar 6 goles. Por cada tanto repártese unha sílaba da frase: XO-GAN-DO-PO-LA
PAZ. Os xogadores e as xogadoras cámbianse de equipo cada dous goles.
Bacharelato
Paz e o terremoto
12 de xaneiro de 2010, Haití derrúbase.
Xesto
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
A primeira parte da actividade consiste en preparar o encontro deportivo posteriormente descrito. Sen expoñer os obxectivos explícaselle ao grupo a celebración dun encontro deportivo; para iso cómpre elixir deporte,
que se pode facer por votación, e formar os dous equipos. Se o número total de alumnas e alumnos da clase
é moi elevado pódense formar catro equipos e xogar dous partidos.
Neste Día da Paz queremos ter presente a situación do pobo haitiano, que despois do sismo
sofre aínda máis dificultades para acceder a unha vida digna e en paz.
Construímos colectivamente o personaxe simbólico dunha rapaza haitiana e percorremos canda
ela o suceso do terremoto e a súa repercusión nela e na súa comunidade e a reconstrución de
todo o derrubado.
OBXECTIVOS
• Exercitar valores como o respecto e o compañeirismo a través do xogo.
• Romper estereotipos de xénero a través das cores e os xogos.
• Fomentar o diálogo como estratexia de resolución de conflitos.
xógaa pola paz
A continuación o noso personaxe sofre o terremoto acontecido en Haití en xaneiro de 2010 e propoñemos
recrear como viviu este momento e reflectilo no que será a segunda parte do mural.
Finalmente levamos a cabo a reflexión sobre a reconstrución plasmándoo finalmente na terceira parte do
mural.
Propoñemos utilizar como punto de partida o material complementario “Haití: 12 de xaneiro de 2010” que
nos achega algúns datos que nos axudarán a poñernos en situación.
O día 12 de xaneiro de 2010, un sismo de 7,3 na escala Richter sacudiu Porto Príncipe, a capital de Haití,
o país máis empobrecido de toda América Latina. A febleza previa do país e a intensidade do terremoto
dan como resultado unha situación de catástrofe que necesitará da colaboración de toda da comunidade.
A comunidade internacional reacciona rapidamente para canalizar a axuda. A sociedade civil amosa de
novo a súa grande solidariedade.
Nenas, nenos, mulleres e homes érguense das cinzas e reconstrúen as súas propias vidas, a súa comunidade e o seu país…
Que estaba facendo Paz cando ocorreu o terremoto?
Que lle pasa a Paz, á súa familia e aos seus amigos e amigas con este terremoto?
Como queda Paz despois do terremoto?
Como quedan os seus desexos e os seus soños?
Debuxa a Paz no momento do terremoto.
Paz érguese despois do terremoto.
Despois da destrución, Paz érguese e empeza outra vez…
Que necesita Paz para erguerse e reconstruír canda a súa comunidade?
Como logra Paz continuar despois deste terremoto?
Que lle queremos dicir nós a Paz?
Debuxa a Paz despois do terremoto.
O terremoto de Paz
Xesto: Xógaa pola paz, xógaa por Haití
Crea un avatar, chámase Paz.
Paz é un personaxe especial, encántalle participar nas tarefas comunitarias que impulsan a paz e o ben
común, e sabe que isto só se consegue escoitando ás persoas, dialogando con elas, descubrindo as súas
necesidades e acompañándoas para que xuntas poidan achegar solucións. É unha rapaza aparentemente
moi normal, os seus amigos e amigas pensan que é alguén xenial.
Paz vive en Haití, imaxinade a súa idade, a súa identidade, os seus gustos, a súa música favorita,…
Reflexiónase tamén sobre a importancia do traballo en equipo e de actuar conxuntamente para conseguir un
obxectivo, a frase neste caso, sen importar tanto o compoñente competitivo do xogo.
Como é Paz? Como vive? Imaxina que fai no seu día a día.
Frase: Xogando pola paz.
Agora debuxa a Paz, pode ser a xeito de avatar, non é necesario que se debuxe un personaxe con trazos
ben definidos, pode ser incluso un personaxe simbólico.
Elaborarán corazóns vermellos coas palabras Paz e Haití escritas en negro e cada rapaz e rapaza entregarallo ao compañeiro do lado dicindo en voz alta un compromiso de non esquecemento coas persoas de
Haití.
RECURSOS
• Presentación “Haití: 12 de xaneiro de 2010” en PowerPoint que podes descargar do Buscador de recursos do portal Educadores e educadoras de www.redentreculturas.org, papel e pinturas para os corazóns,
papel continuo ou tres cartolinas por equipo e pinturas de mans ou obxectos para o collage, segundo se
decida levar a cabo unha ou outra cousa.
Coordinadora de Sensibilización: Raquel Martín. Departamento de Educación para o Desenvolvemento. Irene Ortega. Coordinación
da proposta: Mª Luisa Caparrós. Autoría: Alberto Medina, Iván Mirón e Mª Luisa Caparrós. Coordinación de produción: Cristina
Fernández e Blanca Bonnelly. Deseño e arte gráfica: Maribel Vázquez. Tradución: Reverso Comunicación, Cultura e Lingua.
Entreculturas 2010.
Descargar