O IMPERIO DOS AUSTRIA SÉC. XVI−XVII 1. O imperio universal de Carlos V 1.1. Carlos V, emperador Sobre Carlos I, recaeu unha dobre herdanza. Os reinos de Castela, Navarra, a Coroa de Aragón, as posesións americanas e os territorios italianos dunha banda; e os Países Baixos, Luxemburgo e o Franco Condado doutra. Tamén incorporaron Habsburgo. Foi elixido emperador polos electores alemáns. Realizou unha intensa actividade diplomática e invertiu moito diñeiro. O título proporcionoulle a autoridade moral para dirixir Europa en defensa da cristiandade. 1.2. Os problemas internos Cando se fixo rei era moi novo, e veu rodeado de nobres flamengos e borgoñeses, que o axudaron, ante o descontento dos casteláns e dos aragoneses, que en 1520 protestaron porque empregaba moito diñeiro para a súa elección como emperador. Moitas cidades de Castela iniciaron a Guerra das Comunidades. Entón prescindiu dos estranxeiros no goberno e ofreceulle cargos á nobreza castelá. En Valencia e Mallorca produciuse a revolta das Xermanías que enfrentou a burguesía das cidades coa alta nobreza. Triunfaron a nobreza e o Emperador. 1.3. Os inimigos do Imperio O ideal de cruzada empurrou ao emperador Carlos V a unir a tódolos reis cristiáns contra os turcos e protestantes. −As guerras con Francia Francia foi unha constante rival de Carlos V, por sentirse cercada polos dominios dos Habsburgo. O monarca francés non se quiso integrar na cruzada contra os turcos. Houbo ata seis guerras entre Francia e Carlos V. −O problema protestante Estalou un conflicto armado entre protestantes e católicos e Carlos V derrotou os príncipes protestantes na Batalla de Mühlberg. A Paz de Augsburgo estableceu a igualdade entre católicos e protestantes e decretou a liberdade relixiosa dos Estados alemáns. −A loita contra os turcos Carlos V enfrontouse durante o seu reinado aos turcos. Os turcos contaban co apoio dos piratas berberiscos no Mediterráneo. 1.4. A abdicación Carlos V entregoulle os territorios austríacos ao seu irmán Fernando, ao que tamén lle recaeu o Imperio Alemán. Despoi abdicou no seu fillo Filipe II, que recibiu os territorios hispánicos e as colonias, ademais dos Países 1 Baixos e as posesións italianas. 2. O imperio hispánico de Filipe II 2.1. Filipe II e a súa corte Filipe II renunciou aos territorios austríacos e ao título imperial. A monarquía universal de Carlos V deixoulle paso á monarquía hispánica de Filipe II. Filipe II decidiu ocuparse persoalmente de todos os asuntos dos seus Estados. Estableceu a corte en Madrid, onde recibía información de todos os asuntos dos reinos e os estudaba coa axuda dos seus secretarios. O goberno de Filipe II estendeuse por todos os territorios peninsulares ao se producir a anexión de Portugal, tras a morte sen descendencia do rei de Portugal. 2.2. A defensa do catolicismo Filipe II se converte nun gran defensor da ortodoxia católica. A Inquisición perseguiu as desviacións relixiosas e tiveron lugar autos de fe para xulgar os soipetosos de herexía. Vixiaban que todos os fucionarios militares non tivesen ascendentes xudeus ou musulmáns. Ditáronse leis que prohibían a importación de libros, impedíuselles aos estudiantes que cursaren estudos no estranxeiro e publicouse un índice de obras prohibidas. Se lles impedia aos mouriscos andaluces a práctica da súa lingua e costumes, isto provocou a sublevación das Alpuxarras. 2.3. As guerras en Europa −Para frear a expansión musulmá no Mediterráneo, derrotou aos turcos na batalla de Lepanto. −Loitou contra os ingleses porque apoiaba os protestantes europeos e porque os seus barcos comerciaban con América. −A rebelión dos Países Baixos foi resultado da difusión do protestantismo e da fixación de novos impostos. As guerras tivieron un elevado custo, e a Facenda española entrou en creba dous anos antes da morte de Filipe II. 3. O goberno dos Habsburgo 3.1. O rei e as súas funcións A monarquía dos Habsburgo era autoritaria, o rei concentraba todo o poder, as decisión se tomaban desde a Corte. A principal función do rei era a defensa do territorio, a dirección do exército e as relacións co outros estados. Tamén se encargaba da recadación de impostos e da administración dos recursos económicos do Estado. Os reis intentaban que se lles recoñecese o seu dereito a impoñeren novos tributos e a redactaren novas leis. 2 3.2. Os órganos de goberno Os Consellos asesoraban o monarca na toma de decisións relacionadas co goberno e coa administración da Coroa. −Consello de Estado: composto por nobles que desempeñaran altos cargos do goberno, ocupábanse das relacións internacionais. −Consello de Facenda: formábano xuristas e expertos en economía, ocupábanse da recadación e administración de impostos. −Consello da Inquisición: ocupábase dos problemas relixiosos. 3.3. Burocracia, diplomacia e exército A corte dos Austria contaba cunha impportante burocracia, que se ocupaba de todos os asuntos e trámites do goberno do Imperio. As institucións do gobernos fóronse enchendo dunha burocracia que resultaba bastante ineficaz e numerosa. A monarquía dispuxo de bos diplomáticos e embaixadores, que lle informaban ao rei das actividades dos Estados europeos. O exército dos Habsburgo chegou a ser o mellor de Europa ata mediados do S.XVII. 4. A organización do imperio americano 4.1. A organización administrativa −Consello de Indias: encargábase do gobernar os territorios americanos desde a Península. Propoñían as persoas para os cargos de América e redactaban as Leis de Indias. −Casa de contratación: ocupábase de todas as cuestións económicas relacionadas con América. −Os vicerreis: eran os representantes do rei nos extensos vicerreinados. 4.2. A explotación económica das Indias As Indias foron unha importante fonte de ingresos. Os conquistadores interesáronse pola obtención de ouro e prata. Unha vez finalizado o dominio español. Os colonizadores buscaron novas fontes de recursos na explotación de solo e das minas. Para isto utilizouse o traballo forzoso dos nativos a cambio dun salario fixado polos colonizadores. A Coroa para evitar os abusos dos colonizadores prohibiu a escravización dos indíxenas. 4.3. A sociedade colonial A base da poboación estaba constituída por amerindios. Os crioulos eran os descendentes dos colonizadores instalados en América. Os mestizos eran fillos de indíxenas e españois. Trasladouse poboación negra de África para que traballasen como escravos. 5. Vocabulario 3 • Limpeza de sangue: organizouna Filipe II, para que vixiaran que todos os funcionarios e militares non tivesen ascendentes xudeus ou musulmáns. • Cristiáns vellos: chamóuselle así ao grupo de poder que quedou despois da limpeza de sangue. • Heterodoxia: eran os que estaban en cotraposición á ortodoxia. • Ortodoxia: estaban conformes á doutrina dunha relixión. • Centralismo: concentración dos cenros de poder na capital política. • Terzo: unidade básica de exército− • Mercionarios: soldados profesionais. • Colonización: impoñe−la propia civilización e cultura no país colonizado. • Inquisición: tribunal eclesiástico católico, destinado a xulgar e castiga−los delitos contra a fe. • Encomenda: lles permitía aos colonizadores servírense do trabllo dos idíxenas. • Mita: era o salario fixado polos colonizadores que recibían os nativos. • Zambo: eran os fillos que os idios tiñan cos negros. 4