Estatuto do Estudantado Universitario

Anuncio
Estatuto
do Estudantado
Universitario
educacion.es
O referente normativo
O Real decreto 1791/2010, de 30 de decembro, publicado
a 31 de decembro no BOE, aproba o Estatuto do
estudantado universitario
•
A Lei orgánica de universidades
(LOMLOU) de 2007 dispón que o
Goberno
aprobe
o
Estatuto
do
estudantado universitario
• A lei orgánica prevé que se constitúa
un
Consello
do
Estudantado
Universitario
•
O
Consello
do
Estudantado
Universitario do Estado contará con
representantes
de
tódalas
universidades
e
dos
consellos
autonómicos de estudantes
O Espazo
Europeo de Educación Superior
As declaracións que deron forma ao EEES contemplan
desde os seus inicios (Boloña, 1988) a participación
estudantil
• A Conferencia Ministerial de Berlín
(2003) recoñece expresamente o
papel do estudantado na xestión
pública da educación superior
• O EEES destaca a dimensión do
estudantado como suxeito activo do
proceso formativo
O consenso
Estatuto do estudantado universitario é produto dun
amplo acordo
• No proceso de elaboración participaron as
organizacións de estudantes e o Consello
da Xuventude
• A CRUE interveu a través de comisións
sectoriais de asuntos estudantís (RUNAE) e
de secretarios/as xerais
• A Conferencia de Defensores/as de
Universidade e entidades representativas
das persoas discapacitadas implicáronse na
súa confección
O consenso
O acordo é froito dun traballo compartido entre
estudantes e responsábeis das universidades
• Xullo de 2009. Xuntanzas con FAEST,
CREUP, SE, CXE e CANAE
• Setembro/decembro de 2009. UNED, SE,
CANAE, ACUDE, CREUP, FAEST e CRUE
(RUNAE e secretarios/as xerais)
• Febreiro/marzo de 2010: ACUDE, CANAE,
CREUP, FAEST, SE, CXE, CRUE (RUNAE e
secretarios/as xerais), defensores/as de
universidade e Comité de Representantes de
Persoas Discapacitadas
Os avances
O estudantado ten un instrumento para intervir no
deseño da política universitaria
• O estudantado gaña dereitos e adquire
deberes
• A norma regula a orientación, a titoría e
as prácticas externas
• Garante a avaliación obxectiva e
asegura as vías de representación
estudantil
• Facilita a compatibilidade do estudo co
traballo e recoñece as actividades
culturais, deportivas e solidarias
• Protexe o dereito á propiedade intelectual
As persoas beneficiarias
O Estatuto contempla tanto o estudantado das
universidades públicas coma das privadas
• Refírese ás persoas matriculadas nos
ensinos oficiais de grao, máster e
doutoramento, formación continua e en
calquera outro tipo de estudos
• O seu ámbito de aplicación abarca
centros propios, adscritos e de
formación continua que dependan das
universidades
As melloras
A elaboración do Estatuto supuxo:
• Un exercicio de participación das
organizacións de estudantes no deseño
do propio sistema de participación
• O recoñecemento universal dun
conxunto de dereitos e deberes para
todo o estudantado e tódalas
universidades
• A consideración do estudantado como
suxeito activo
INDEX
A mudanza
O estudantado como suxeito activo
• No proceso de aprendizaxe e docencia
• No goberno das universidades
• No dereito a unha formación integral
e atención de calidade
O proceso de aprendizaxe
• Orientación desde antes de ingresar
na universidade
• Titorías personalizadas e información
sobre inserción laboral e actividades
de extensión universitaria
• Intervención no deseño, seguimento e
avaliación da calidade docente
• Observatorios laborais, axencias de
calidade, bolsas e axudas e programas
de mobilidade
Os dereitos
O proceso de aprendizaxe
• Formación de calidade. Avaliación
obxectiva e, sempre que for posíbel,
continua. Recoñecemento da autoría
dos traballos
• Fomento das prácticas curriculares e
extracurriculares
• Conciliación do estudo coa vida
laboral e familiar e recoñecemento do
estudantado a tempo parcial
• Igualdade de oportunidades para o
estudantado con discapacidade
Os dereitos
O proceso de aprendizaxe
A mobilidade
Regula a mobilidade do estudantado de grao, máster e
doutoramento e outórgalle recoñecemento académico
• Dispón que se concedan axudas e
bolsas
• Prevé programas específicos de
mobilidade para realizar traballos de fin
de grao, fin de máster e prácticas
externas
• Contempla a participación en programas
nacionais e internacionais de estudantes
con discapacidade
O proceso de aprendizaxe
As titorías
Impulsa sistemas titoriais que integren accións de
información, orientación e apoio formativo ao
estudantado
• O Estatuto do estudantado universitario
distingue e promove dous tipos de
titorías
• As titorías de carreira buscan a
adaptación do estudantado ao medio
universitario, proporciónanlle recursos
formativos e velan pola transición ao
mundo laboral
• Nas titorías de materia ou disciplina o
estudantado será asistido e orientado,
individualmente, no proceso de
aprendizaxe
O proceso de aprendizaxe
A avaliación e as prácticas
A programación docente ha de especifica-los obxectivos,
resultados, contidos, métodos e sistema de avaliación
• As universidades terán que dar
publicidade a eses aspectos
• Prácticas académicas externas, tanto
curriculares coma extracurriculares,
tuteladas para garanti-la calidade
• Garantías para acudir aos tribunais de
avaliación, revisións de exames e
reclamacións ante órganos competentes
O goberno
A participación
Promove a participación activa do estudantado na toma
de decisións que o afectan a través dos órganos de
goberno das universidades
• Enumera os dereitos e responsabilidades
das representacións do estudantado
• Anima o asociacionismo estudantil e
prevé que dispoña de medios para se
poder desenvolver, desde locais
universitarios ata subvencións
O goberno
As bolsas e axudas
Estabelece o principio de que ningún e ningunha
estudante teña que renunciar á universidade por razóns
económicas
• O estudantado intervirá, a través do
Consello de Estudantes do Estado,
no deseño dos programas estatais
de bolsas e axudas ao estudo
• O Observatorio de Bolsas, Axudas e
Rendemento Académico velará pola
equidade e eficacia do sistema de
concesión e garantirá a participación
nel do estudantado
O goberno
A convivencia
O Estatuto recoñece dereitos e deberes do estudantado
das universidades públicas e privadas
• Destaca a relevancia do defensor ou
defensora universitaria
• Para fomenta-la convivencia e a
corresponsabilidade poderanse crear
comisións conxuntas de profesorado,
estudantado e persoal de
administración e servizos
O goberno
O Consello de Estudantes
Créase o Consello de Estudantes Universitario do Estado
como órgano de deliberación, consulta e participación
do estudantado ante o Ministerio da Educación
• Fíxase a súa composición, mandato
dos seus membros, funcións e
estrutura e adscríbese á Secretaría
Xeral de Universidades
O goberno
A composición do Consello
Tódalas universidades públicas e privadas contarán con
representantes no Consello de Estudantes Universitario
• Un/ha estudante de cada
universidade
• Un/ha estudante de cada unha das
confederacións e federacións de
asociacións estudantís con presenza
no Consello Escolar do Estado
• Tres representantes máis de
entidades estudantís que persigan
intereses xerais e non estean
presentes a través da vía anterior
• Unha persoa representante por cada
consello autonómico de estudantes
• Cinco membros designados polo presidente
do Consello entre personalidades de
recoñecido prestixio no ámbito universitario,
que sexan ou fosen membros dos consellos
de goberno das universidades ou
organizacións estudantís. Polo menos unha
delas será unha persoa experta no ámbito
de colectivos especialmente desfavorecidos
ou vulnerábeis
• O ministro ou ministra da Educación, que
actuará de presidente, o secretario ou
secretaria xeral de Universidades e a
persoa titular da Dirección Xeral de
Formación e Orientación Universitaria serán
membros natos
O goberno
O funcionamento do Consello
O Consello de Estudantes do Estado elaborará, no
prazo de seis meses, un regulamento sobre a súa
organización que terá que aproba-lo Ministerio da
Educación
Entre as funcións do Consello
encóntranse:
• Informar dos criterios das propostas
políticas do Goberno en materia de
estudantado universitario
• Ser interlocutor válido ante o Ministerio
da Educación nos asuntos que concirnen
ao estudantado
• A actuación dos órganos de goberno das
universidades no relativo aos dereitos e
deberes do estudantado
• Colaborar cos defensores ou defensoras
universitarias
• Elevar propostas ao Goberno
• Coñece-los informes relacionados co mapa
de títulos
• Participar na fixación de criterios para a
concesión de bolsas e axudas
Formación integral
Os valores
A universidade debe reuni-las condicións que garantan
a presenza dos valores que promove
• Fomentando a participación do
estudantado e favorecendo as
actividades de participación social,
voluntariado e cooperación ao
desenvolvemento organizadas polas
universidades
• Promovendo aprendizaxes
académicas e a realización do
practicum en proxectos solidarios
Formación integral
A actividade deportiva
Recoñecemento da práctica deportiva como compoñente
da formación integral do estudantado
• Previsión de que se lle dediquen
medios materiais e espazos para
acollela e se promova a súa
compatibilidade coa actividade
académica
• Facilidades para o estudantado
recoñecido como deportista de alto
nivel
• Programas de actividade física e
deportiva para estudantes con
discapacidade
Formación integral Servizos
• Unidades de atención ao
estudantado que ofrezan todo o tipo
de información e orientación en que
estea presente o propio estudantado e
as súas asociacións
• Servizos adaptados e de atención a
estudantado con discapacidade
• Regula o acceso e a xestión dos
servizos de aloxamento
de atención
Formación integral
Antigo alumnado
Impulso á creación de asociacións do antigo
alumnado para proxecta-la imaxe das universidades,
contribuír para a incorporación ao mundo laboral do seu
persoal titulado e estreitar lazos entre a universidade e
a sociedade
• Entre as súas funcións cítase a de
captar estudantes, apoia-las
actividades de mecenado que teñan a
universidade por destinataria e
organizar actividades culturais
Formación integral
O seguro escolar
O Goberno ten a intención de reve-lo funcionamento
do seguro escolar para presentar, en tal caso, un
proxecto de lei que redefina o seu réxime
• Análise dos riscos que cobre, as súas
prestacións e a compatibilidade con
outras modalidades de aseguranza
Formación integral
Regulación sancionadora
O Goberno presentará no prazo dun ano un proxecto
de lei que regule a potestade disciplinaria das
universidades
• Tipificará as infraccións, sancións e
medidas complementarias do réxime
sancionador para o estudantado
universitario de acordo co principio
de proporcionalidade
• Garantirá os dereitos de defensa do
estudantado e a eficacia no
desenvolvemento do procedemento
O novo marco
O Estatuto e o Consello de Estudantes xeran un novo
marco para a participación do estudantado
• No debate sobre o financiamento das
universidades
• No deseño dun novo modelo de bolsas e
axudas
• Na toma de decisións en política
universitaria
• Na mellora da calidade e o goberno das
universidades
• Na formulación de propostas para o
exercicio da responsabilidade social nas
universidades
Moitas grazas pola súa atención
Secretaría Xeral de Universidades
Ministerio da Educación
Descargar