Historia económica do s. XIX A demografía. •

Anuncio
Historia económica do s. XIX
• A demografía.
A población dos principias países europeos creceu durante o século XIX de maneira vertixinosa. Gran Bretaña
case a duplicara: pasou de 11 millóns de habitantes en 1800, a 37 millóns en 1900, e mentres enviou ás
colonias 10 millóns de emigrantes. En España, o crecemento non fora tan espectacular , pasárase de 11.5
millóns en 1800, a 18.6 millóns en 1900.
• O crecemento moderado da población.
A moderación no crecemento demográfico español, explícase polo feito de que a taxa de mortalidade
mantívose bastante alta durante todo o século XIX, como consecuencia das guerras civís, do atraso e do
escaso crecemento da industria, e da aparición esporádica de epidemias como as de febre amarela, de
paludismo e de cólera. (De todas foi a máis virulenta) Estas enfermidades foron, a pesar de todo, menos
mortíferas que na Idade Moderna. As epidemias máis importantes déronse entre 1834−1835, 1853−1856,
1859−1860, en 1865 e en 1885.
Aparte do dato absoluto, un factor importante foi a emigración. A población española manifesta un
movemento claro á periferia. No resto, as constantes demográficas españolas son semellantes ás europeas pero
a ritmo máis lento: incremento da población absoluta, lixeiro aumento da población urbana ( a principios do s.
XX o 70% da población española era rural.) e diminución gradual da población activa do sector primario
(CAPITALIZACIÓN: convertir o que tes en diñeiro, efectivo) compensada por un lixeiro crecemento da
población dos sectores secundario e terciario.
O maior ritmo de crecemento produciuse no período 1820−1860 debido ó final da continua emigración a
América, e tamén á maior producción agrícola polas medidas liberalizadoras dos gobernos liberais. Nas
últimas décadas do século XIX o ritmo de crecemento volveu caer, situándose nos mesmos niveis de finais do
século XVIII. As razóns hai que buscalas na incapacidade da economía agraria para soster un ritmo tan
elevado de aumento poboacional, ó tempo que nas dúas últimas décadas se produciu novamente un aumento
migratorio a países americanos como Chile ou Arxentina.
• A emigración galega á América.
A emigración é unha das características máis importantes da historia contemporánea de Galicia. Entre 1836 e
1960, dous millóns de galegos marcharon á emigración. A porcentaxe total de emigrantes galegos respecto do
total español foi dun 39%. Acerca do seu destino, os países máis atractivos eran Cuba, Arxentina, Brasil,
Uruguay, etc. Houbo unha gran diversidade provincial e comarcal. A maioría dos galegos emigrantes
inclináronse polo emprego urbano e no pequeno comercio, na medida en que ofrecía perspectivas de aforro e
capitalización coa ollada posta no regreso e en facer súas as terras que cultivaban. (Co diñeiro que gañaban, a
familia en Galicia mercaba as terras) .De aí que entre 1880 e 1930 retornaran a Galicia sete de cada dez
emigrantes. ( O 70%)
• Os cambios na agricultura.
Durante o s. XVIII non se conseguiu modernizar a agricultura porque a maior parte da terra pertencía á Igrexa
e á nobreza que eran grupos rentistas e pouco emprendedores, e polo tanto eran un freo para o avance
económico.
• O problema da propiedade da terra.
1
Para que o campo fose máis rendible era necesario que os propietarios investisen en maquinaria ou en
fertilizantes e, que intentasen obter maiores rendementos coa introducción de novos cultivos ou coa busca de
mercados para comercializar os productos.
Os nobres e os cregos vivían das rendas. As súas terras eran cultivadas por arrendatarios e os contratos de
alugamento das terras eran moi antigos. Xeralmente, eran contratos de parcería, estes arrendatarios quedaban
cunha parte das colleitas e entregábanlle o resto ó propietario, ademais de pagar varios impostos ó Estado ou á
Igrexa local.
Os labregos eran, en xeral, moi pobres e traballaban explotacións pequenas. Isto dificultaba a acumulación de
beneficios que permitisen a mellora dos cultivos e comprar maquinaria.
Ademais, moitas hectáreas de terra, chamadas terras comunais, eran propiedade dos municipios e a miúdo
permanecían improductivas ou estaban mal cultivadas. Nas terras comunais os habitantes das vilas tiñan un
complemento (froitos silvestres, pastos, etc.) que axudaban a equilibrar a súa economía. As terras da Igrexa e
as dos municipios denominábanse propiedades de mans mortas, xa que, como segundo a lei non se podían
poñer á venda, non había posibilidade de que cambiasen de mans.
Terras da Igrexa
Mans mortas
Terras comúns (Monte común; non se traballaban, usábanas os veciños para diversas cousas)
• As desamortizacións.
Os políticos liberais eran conscientes de que os cambios na estructura da propiedade da terra favoreceran unha
grande expansión da producción agrícola. Pensaban que a primeira medida que había que adoptar para
poñerlle fin ó atraso do campo español era eliminar os restos do réxime señorial. Era necesario erradicar o
sistema de propiedade de mans mortas e vender as terras para que os novos propietarios modernizasen o
campo.
Houbo algúns intentos levados a cabo polas Cortes de Cádiz ou polos gobernantes durante o Trienio Liberal.
Sos as desamortizacións aplicadas polos gobernos dos anos 1836 e 1855. Consistiron na apropiación por parte
do Estado de gran parte dos bens da Igrexa e das terras comunais, que foron declarados bens nacionais, é dicir,
foron declarados bens do Estado, e foron vendidos a particulares en poxa pública.
A primeira desamortización (1836) realizouse durante a rexencia de María Cristina e foi inspirada por quen
foi o ministro de Facenda, o liberal Juan Álvarez de Mendizábal. O goberno nacionalizou todos os bens das
ordes relixiosas, que despois vendeu a prezos moi baixos. Cos ingresos obtidos foi posible afrontar o
problema da débeda pública e financiar o exército contra os carlistas. A intención de Mendizábal era crear
unha familia de propietarios que fará producir as terras e creará así gran riqueza.
A segunda desamortización (1855), realizada durante o Bienio Progresista polo tamén ministro de Facenda
Pascual Madoz, puxo á venda todas as terras comunais e das ordes militares.
O procedemento desamortizador consistía en taxar as propiedades, facer unha poxa pública e adxudicalas ó
mellor ofertante. O pago podíase efectuar de dúas formas: ou ben en efectivo, dando un primeiro prazo
correspondente ó valor da quinta parte da propiedade e o resto en quince anos, ou ben pagando unha parte con
títulos de débeda pública e o resto en prazos durante oito anos.
Cifras: − Obtivéronse uns ingresos de 12000 millóns de reais.
2
• Vendéronse en total 10 millóns de hectáreas (o 20% do territorio: 100000 km2)
• Vendeuse o 50% da terra cultivada.
•
As consecuencias das desamortizacíons foron as seguintes:
⋅ En primeiro lugar, comportaron un cambio de propiedade. O 40% da terra
cambiou de mans e as propiedades da Igrexa foron vendidas. Os compradores
foron sobre todo aristócratas terratenentes e cregos seculares, que aínda
engrosaron máis o seu patrimonio, ou comerciantes e industriais, que vían na
terra un signo de prestixio e de estabilidade económica a través das rendas.
⋅ A segunda consecuencia foi o deterioro económico que supuxo para moitos
agricultores, xa que perderon os dereitos de uso dos bens comunais. En
moitas zonas produciuse unha proletarización do campesiñado.
⋅ Por último, non emerxeu unha nova clase de propietarios rurais activos e
emprendedores como esperaban pero logrouse unha ampliación importante
da superficie cultivada. En moitas explotacións, ademais, introducíronse
fertilizantes, como o guano do Perú ou o nitrato (químico) de Chile. Tanto
uns como outros permitiron un aumento da productividade.
• Os inicios na agricultura comercial:
A partir da segunda metade do século XIx, na costa mediterránea foise imponiendo unha agricultura orientada
á comercialización con productos como a vide, os cítricos, o arroz, a cana de azucre e especialmente a vide,
que xa experimentou certa expansión no século XIX. Entre 1850 e 1875, España triplicou o volume da
exportación de viños a Europa, feito que se explica pola ruína da vide francesa a causa da filoxera. España
converteuse durante as décadas de 1870 e 1880 na primeira potencia mundial en producción vinícola. Foi
entón cando se diferenciaron zonas que aínda teñen na actualidade a súa principal fonte de riqueza no
monocultivo da vide: A Rioxa, Jerez de la Frontera. A chegada da filoxera a España en 1890 supuxo tamén
unha forte crise do sector, feito que se viu agravada pola caída do prezo do viño nos mercados franceses
porque alí xa se recuperaran da infección do verme.
Intentouse paliar a caída das exportacións agrícolas baseadas no viño co lanzamento de novos productos como
en especial, as laranxas, producto que experimentou unha constante e crecente demanda exterior e que foi a
base da recuperación, xa no século XX, de gran parte da agricultura valenciana.
Á parte destes sectores agrícolas orientados á exportación, segúia predominando o cultivado de cereais
tradicional e gran parte da súa producción exportábase. Porque Europa encadeou varias guerras como as
guerras de Crimen e a francoprusiana. O remate destes conflictos en 1870, reduciu as exportacións porque o
prezo do cereal español era máis elevado que o francés ou o alemán.
• AS TRANSFORMACIÓNS INDUSTRIAIS:
En España, a Revolución Industrial afectou de cheo a dúas zonas con 100 anos de retraso con respecto a Gran
Bretaña e tivo un reparto desigual, Cataluña e o País Vasco, e, en menor medida, a algunhas comarcas de
Andalucía, da Comunidade Valenciana e de Madrid. Por iso, a finais do século XIX, cando parte de Europa
estaba na 2ª revolución industrial, España aínda era un país cun escaso desenvolvemento industrial.
• O atraso da industria española.(Causas do atraso)
• Falta de poder adquisitivo da población. Atribúese á escasa demanda de productos manufacturados. A
pobreza da población campesiña, maioritaria no país e cun poder adquisitivo moi baixo, constituía un
obstáculo para o crecemento da industria.
3
• Os industriais vascos e cataláns conseguiron que os gobernos liberais implantaran medidas
proteccionistas. Sen algún tipo de imposto arancelario que gravase os productos industriais
procedentes de Europa, era difícil que houbese industria. Os productos que se elaboraron en España
eran máis caros pero segundo algúns historiadores, o proteccionismo foi excesivo e non estimulou a
renovación tecnológica nin a competitividade causando o encarecemento dos productos industriais.
• Falta de investimentos, as malas comunicacións terrestres e a falta de redes comerciais. Algúns destes
problemas resolvéronse ó longo do século XIX e xerouse unha moderada expansión do sector
industrial, pero a un ritmo moito máis lento que na maioría dos países de Europa occidental. Existe
unha clara expansión sostida desde a década de 1820 ata finais da década de 1860, seguida dun
período de crise durante o decenio seguinte. As causas desta crise hai que buscalas nas novas
posibilidades de investimento, como a construcción do ferrocarril ou a compra de terras da segunda
desamortización, e tamén no encarecemento do algodón a causa da guerra de Secesión
estadounidense.
• A industria textil catalana.
En Cataluña, o algodón e o carbón tiñan que importarse, e o mercado español tiña escasa capacidade de
compra. A pesar destas condicións adversas, no principado catalán creouse unha importante industria textil,
sobre todo algodoeira, gracias ó avance da economía catalana respecto do resto de España e o proteccionismo
aplicado por case todos os gobernos liberais.
Os tecidos de algodón revolucionaron a industria textil. Podíanse estampar con debuxos e cores que tiñan un
hermoso aspecto. A tradicional roupa bordada, cara e difícil de fabricar, substituíuse por algodón. Os procesos
industriais fixeron da fabricación destes tipos de tea un producto ó alcance da maioría das economías.
O rendemento do comercio e as manufacturas foron a fonte principal do capital necesario para a implantación
da industria catalana. Ademais, o crecemento demográfico ofreceu man de obra abundante. E por último, hai
que engadir o espírito de iniciativa e de risco de moitos sectores da sociedade catalana daquel tempo.
A industria téxtial catalana seguiu nos seus comezos o modelo británico baseado no uso de carbón para
conseguir a presión do vapor necesaria para mover as poleas. Os empresarios cataláns tamén compraron ou
imitaron a amaquinaria e a tecnología inglesas, reproduciron o modelo de fábrica e estudiaron as súas
estrategias comerciais.
A partir de 1860, o elevado custo do carbón fixo que se buscase o aproveitamento dos saltos de auga para
mover as turbinas e as fábricas espalláronse polo interior da rexión.
Cataluña non reunía os elementos que permitisen un desenvolvemento industrial patentar a supervivencia e
expansión da súa industria foi posible polo proteccionismo comercial. A superioridade inglesa evitou a
importación dos tecidos británicos a España e ás colonias que aínda mantiña. Este proteccionismo, que
permitiu a existencia da industria textil, tamén marcou a expansión do seu mercado, xa que os prezos elevados
impedíanlle competir cos tecidos británicos neutros países.
• A industria siderúrxica no País Vasco.
Os comerciantes vascos aproveitaron a política proteccionista dos gobernos liberais e a supresión parcial dos
foros que permitía o libre comercio co resto de España. Gracias a isto, Bilbao e Donosti−San Sebastián
pudieron converterse en portos polos que pasaban productos de Castela e o val do Ebro.
A base industrial foi a explotación de mineral de ferro, exportando o mineral a Gran Bretaña. Esta
circunstancia propiciou a aparición de importantes estaleiros na ría de Bilbao para a construcción de barcos
para poder transportar o mineral. A partir da décade de 1860 construíronse altos fornos. Unha das vantaxes
4
que propiciaba este investimento era a importación de carbón británico, que aproveitaba para o seu transporte
a viaxe de volta a Bilbao dos barcos que levaban o mineral de ferro para a industria siderurxia británica.
Entre 1880 e 1900 creáronse empresas metalúrgicas para a fabricación de aceiro. A causa deste avance foi a
expansión do aceiro en substitución do ferro doce. A producción de aceiro necesitaba menos carbón e esixía
un mineral de ferro sen fósforo. A vantaxe vasca era que as minas vizcaínas producían ferro sen fósforo e,
como o carbón o importaba de Gran Bretaña a moi bo prezo, a viabilidade destas industrias era evidente. Estas
circunstancias facían que Bizkaia superase claramente os focos de industria siderúrxica que xa existían en
Málaga e Asturias.
Ademais deste factor tecnológico, o auxe da siderurxia vasca tamén se explica polo proteccionismo do último
tercio do século XIX. A case imposibilidade de importar aceiro e ferro británico ou alemán facían que a
mayor parte do mercado español consumise o aceiro vasco.
Por último, hai que sinalar os efectos que tivo a economía vasca a existencia das industrias do ferro. Creáronse
industrias subsidiarias, químicas e de maquinaria industrial. Desta maneira xurdiu unha segunda illa industrial
no conxunto español.
• Outros focos industriais.
A industrialización en España afectou a outros sectores pero non chegaron a alcanzar moita importancia.
Así temos:
• Na industria agroalimentaria temos pequenas industrias por toda España destacando o cultivo do viño.
• No sector químico houbo unha gran expansión porque elaboraba colorantes e lixivias para a industria
textil e dinamita para as minas.
• A extracción mineira creceu a partir da lei de minas de 1868 que permitiu a entrada de capital
extranxeiro. Estas empresas foráneas explotaban as minas só para exportación pero permitiron o
desenvolvemento mineiro do país. Foi unha industria dispersa por todo o país.
• A industria en Galiza
Galicia durante o século XIX sofre unha desindustrialización. Porque desaparecen os importantes sectores
protoindustriais siderúrxico, de curtido e o textil de liño. O complexo siderúrxico de Sargadelos, despois dun
apreciable apoxeo a mediados de século rematará por pechar por mor do aumento da competencia, da carencia
de combustible e de problemas financieiros. A industria dos curtidos vai gozar dun claro crecemento na
primeira metade do s.XIX gracias ó aumento do capital e ó crecemento da demanda. Pero as novidades
técnicas que se suceden a partir de 1850 permiten crear industrias de curtidos nos lugares de maior demanda.
Máis importancia que os casos citados terá a liquidación do sector textil de liño debido ó estancamento
técnico, o aumento da competencia e o estreitamento dos mercados e á erradicación da fase do fiado que
implicarán a liquidación da industria doméstica de liño. Así as cousas, en Galicia predominarán pequenas e
localizadas industrias e obradoiros tradicionais. A única novidade industrial é a evolución da industria
conservería moderna a partir de 1880.
• A CREACIÓN DUN MERDADO ÚNICO:
• As comunicacións.
O comercio español presentaba grandes eivas que facían moi difícil o transporte de mercaderías e as
comunicacións entre rexións.
En 1850 estableceuse o servicio de correos e,en 1852, inagurouse o servicio de telégrafos. Isto permitiu un
5
desenvolvemento importante das comunicacións e unha grande expansión da prensa diaria.
Pero o reto principal no sector das comunicacións seguía sendo o transporte masivo de mercaderías. A
creación de redes comerciais para trasladar productos en cantidades importantes e con certa rapidez era
condición indispensable para facer funcionar un amplo mercado.
Durante o Bienio Progresista déuselle un impulso decisivo á construcción do ferrocarril. Isto permitiu que se
construíse unha rede básica máis rápida de quilómetros de vía férrea pero mal planificada.
• Unha nova lexislación mercantil.
No sector terciario tamén é moi importante o sector mercantil.
A comezos do século XIX había en España numerosas normas comerciais, unha gran diversidade de sistemas
de pesos, medidas e contas monetarias.
Os gobernos do século XIX promulgaron leis tendentes a conseguir a uniformidade. Así, en 1841 suprimiuse a
última aduana interior. Non obstante, mantívose o imposto de consumo á entrada das cidades, que aquí se
chamaba fielato.
Posteriormente, a publicación do Código Penal e do Código Civil foi de gran transcendencia, xa que os dous
repertorios legislativos proporcionaban regras xerais sobre cuestións mercantís e delictos económicos que
favoreceron a creación do mercado único.
En política alternaban as fases proteccionistas ( o librecambrismo defende que as mercancías circulen
libremente. As políticas proteccionistas estaban defendidas polos industriais e terratenentes que forzaban ós
gobernos a pactar aranceis elevados para evitar a competencia extranxeira e fortalecer a industria nacional.
• A unificación do sistema monetario.
No ano 1848 establécese o sistema decimal unificado na moeda. En 1868 fíxase como moeda única a peseta,
dividida en catro reais e cen céntimos. A peseta só podía ser cuñada polo estado.
En 1874 o Banco de España creado en 1856 recibe a emisión en exclusiva do papel moeda.
• A unificación do sistema do impostos.
No s.XIX tamén se acaba co anterior sistema impositivo que non estaba unificado nin controlado polo Estado.
En 1845, coa reforma da Facenda Mon e Santillán establecen un novo tipo de sistema fiscal que inclúe todos
os impostor que había en cinco grandes grupos:
• Inmobles
• Cultivos e gandos
• Poducción industrial e actividade comercial
• Consumo
• Inquilinatos (arrendamentos dunha casa para vivir, ou alugueres que paga o inquilino dunha casa ou
dun piso).
• Hipotecas.
• O movemento obreiro.
6
As condicións laborais e económicas dos traballadores así como a falta de protección social, favoreceron a
aparición do movemento obreiro. As súas primeiras reivindicacións, sen intencións políticas nin de cambios
na estructura social, centráronse no dereito de asociación e no mantemento do soldo. A partir da década de
18720, comezaron a elaborar propostas ideológicas e políticas sobre a necesidade de transformar o sistema
económico e a sociedade.
• As condicións de vida.
As condicións laborais da clase obreira melloraron ó longo do século XIX, pero sempre foron
extraordinariamente duras. Os soldos, en liñas xerais mantivéronse estables pero eran salarios baixos para
manter un nivel de vida digno. Por iso, calquera aumento dos prezos provocaba graves problemas de
subsistencia e, como consecuencia, gran descontento e, frecuentes revoleas urbanas.
As xornadas laborais podían cegar ás quince horas diarias, tanto para as persoas adultas como para os nenos e
as nenas desde os 8 ou 9 anos.
As mulleres traballadoras a miúdo tiñan que ir ás fábricas cos fillos e as fillas mías pequenos e tíñanos que
esconder se non querían que as despedisen. Ademais, o seu soldo era máis baixo có dos homer, aínda que
desempeñaran a mesma actividade.
As condicións de traballo eran precarias: ruído, temperaturas extremas, ambientes cerrados e sen entilación,
mala alimentación, falta de descanso e accidentes laborais frecuentes, despedimento libre, a rebaixa dos
salarios en épocas de crise, as miserables condicións de vida familiares, o analfabetismo e a inexistencia de
calquera clase de protección social, etc. A saúde dos obreiros era tan precaria que, a mediados do século XIX,
a súa esperanza de vida era case a metade dunha persoa pertencente á burguesía.
• Os inicios do movemento obreiro (1840 − 1868)
As primeiras manifestacións de protesta obreira foron ludistas (o ludismo chámase así por Ned Ludd, un
obreiro textil inglés considerado o primeiro destructor de máquinas). Eran movementos espontáneos e mal
organizados de artesáns e obreiros fabrís (de fábrica) contra as máquinas porque eliminaban postos de
traballo. O primeiro enfrontamento tivo lugar en Alcoy en 1821 cando os tecedores destruíron teares
mecánicos. O suceso máis importante foi o incendio do Vapor Bonaplata.
A situación de precariedade á que estaban sometidos os traballadores levounos a crear, desde a década de
1830, asociacións de axuda mutua que os protexesen en caso de enfermidade ou de perda do traballo. Os
obreiros achegaban pequenas cantidades de diñeiro que se empreñaba en socorrer ós que sufrían enfermidade
ou tiñan accidentes laborais que lles impedían traballar.
As primeiras asociacións obreiras formáronse en Barcelona, Málaga e Alcoy. A primeira en España foi a
Asociación de protección mutua dos tecedores de algodón (Barcelona 1840) Nas primeiras décadas da súa
existencia estaban prohibidas, só se legalizaron nalgúns momentos durante o goberno dos progresistas, pero o
máis habitual era que se negase o dereito de asociación. Por iso, este dereito foi unha das primeiras.
A pesar da prohibición de asociarse, entre 1842 e 1855 os obreiros conseguiron crear unha organización de
asociacións de axuda mutua, dirixida a partir de 1855 pola Xunta Central de Directores da Clase Obreira. A
existencia desta organización explica o éxito da primeira folga xeral da historia de España. En xullo do 55
introducíronse en Cataluña novas máquinas fiadoras (as Selfactinas). Esto desatou unha folga obreira con
manifestacións e enfrontamentos coas forzas da orde pública. A represión da folga xerou un movemento de
soliedariedade en todas as empresas catalanas mentres algúns individuos destruían estas máquinas. Os
obreiros reivindicaron nesta folga liberdade de asociación, un horario laboral estable, a creación dunha xunta
mixta de patróns e obreiros para discutir os conflictos laborais, e a limitación do despedimento libre.
7
A protesta foi de tal magnitude que o capitán xeral de Cataluña prohibiu o uso das selfactinas. Os patróns
negáronse e lograron que o goberno prohibise as asociacións obreiras, declárase o estado de sitio e que se
executase a un líder obreiro. Con todo, os obreiros lograron formar un comité paritario de patróns e obreiros
que chegou a un acordo para o aumento dos salarios.
5.3 As revoltas agrarias andaluzas:
A desigual distribución da propiedade e a crecente proletarización do campesiñado desembocou na
radicalización dos movementos campesiños. A partir do Bienio progresista, cando a nova desamortización fai
pasar a maioría das terras comunais a mans privadas afogando as esperanzas dun reparto beneficioso para os
xornaleiros, as insurreccións agrarias convertéronse nunha constante no campo andaluz. Os levantamentos
campesiños tomaron polo xeral a forma de ocupacións ilegais de terra e do seu reparto entre os xornaleiros. A
cotío, incendiábanse os rexistros notariais 8para que ardesen os títulos de propiedade) e producíanse
enfrontamentos coas forzas da orde pública. Desde 1855, hai un forte movemento de ocupación de terras.
Destaca o movemento que ten lugar entre o 61 e o 67 cando 600 campesiños se movilizaron en Loja e
arrastraron a máis de 40 vilas de Cádiz, Málaga, Granada, Almería e Jaén. Cegando a xuntar un exército de
10000 armados e outros tantos sen armas. A carencia dun apoio político e o medo á radicalización do
movemento acabaron por facelos fracasar, pero a falta de terras continuou e os movementos campesiños
prolongáronse durante máis de medio século.
• A división do movemento obreiro:
A chegada das ideas socialistas a España produciuse a través de Cádiz, desde onde se difundiu o pensamento
das socialistas utópicos (Saint Simon, Cabet, Fourier, etc) A figura máis notable deste movemento en España
foi Joaquín Abreu, que defendía a creación de cooperativas de producción e consumo que promovesen unha
sociedade máis equitativa. Desde Andalucía o socialismo utópico chegou a Madrid e a Barcelona.
En 1864 creárase en Londres a primeira Asociación Internacional de Traballadores (AIT), que pretendía
conseguir a emancipación económica e social da clase obreira e chegara a superar a sociedade de clases, a
través da propiedade colectiva dos medios de producción e a creación dunha sociedade igualitaria.
En 1871 produciuse no seo da AIT un grave enfrontamento os partidarios de Marx e os de Bakunin, que tivo a
súa orixe nas divergencias sobre os procedementos para conseguir os obxectivos que se propoñían na
asociación.
Marx defendía que a clase obreira tíñase que organizar nun partido propio para conquistar o poder do Estado e
implantar unha dictadura do proletariado, como fase previa temporal para construír uha sociedade igualitaria.
Pola súa parte, Bakunin rexeitaba calquera participación política e defendía a destrucción directa do Estado,
de toda propiedade e de calquera forma de autoridade, xa fose religiosa, política ou familiar, ó mesmo tempo
que postulaba a organización da sociedade mediante a federación de comunas libres.
Esta diverxencia provocou a escisión da AIT, que se dividiu en dúas faccións: a socialista ou marxista, e a
anarquista ou bakunista.
En España, a Revolución de 1868 supuxo a restauración das libertades de expresión e de asociación. O
movemento obreiro español recibiu a influencia dos dous sectores enfrontados. En 1868 Giuseppe Fanelli,
estreito colaborador de Bakunin, visitou España e fundou os primeiros núcleos españois da AIT en Madrid e
en Barcelona (onde destacou Anselmo Lorenzo e Ramón Farga Pellicer). Dous anos máis tarde, tivo lugar en
Barcelona o I Congreso Obreiro español, no que se impuxeron as teses bakunistas e creouse a Federación
Rexional Española da AIT (FRE).
8
Trala división da AIT en 1871, o congreso da FRE reunido en Córdoba adheriuse ás propostas bakunistas e
expulsou ós partidarios de Marx que viñan sobre todo de Madrid, onde Paul Cafargue, xenro de Marx,
organizou un grupo no que destacaban Francisco Mora, José Mesa e Pablo Iglesias. Desde entón, o
movemento obreiro español quedou dividido en dous bandos irreconciliables (pero a diferencia do que pasou
internacionalmente en España triunfaron as teses anarquistas) :
• o socialista: predominante en Madrid, Bilbao, Cantabria e Asturias
• o anarquista: maioritario en Cataluña, Valencia Andalucía (aínda que en Andalucía preferían a
Kropotkin que promovía o reparto de terras fronte a Bakunin que defendía o colectivismo) e Aragón.
O florecemento das asociacións obreiras durou pouco, xa que o golpe de Estado do xeneral Pavía puxo fin á
Primeira República e supuxo a ilegalización de todas as asociacións obreiras.
Dentro do movemento obreiro español, a figura máis importante é Pablo Iglesias que liderou o pequeño grupo
madrileño expulsado en 1872 da FRE e creou unha sociedade de socorro mutuo para tipógrafos, orixe do que
logo sería o Partido Socialista Obreiro Español e fundador tamén da Unión Xeral de Traballadores (UXT). En
1910 foi o primeiro deputado socialista da historia de España e morreu en 1925.
Principios do século XIX.
Que se fixo no XIX con estas terras?
Non seguen regras: párrocos
Proceso histórico mediante o cal as persoas que disputan dalgún sistema para obter recursos para vivir,
derivados de rendas, propiedades ou outros medios 8por exemplo, a explotación das terras comunais), se viron
obrigadas a alugar a súa capacidade de traballo en exclusiva para sobrevivir en condicións de pobreza.
Natural: heces de paxaro.
Verme pequeno que se atopa na base das vides.
De distribución.
Un carbón moi barato porque viñan nos barcos que levaban ferro a GB.
Historia económica do s. XIX 11
9
Descargar