O Barroco. INDICE • Introducción. • Arquitectura. 2.1. Arquitectura en España. • Escultura. 3.1. Escultura en España. • Pintura. 4.1. Séculos de ouro da pintura española. • O Barroco en Galicia. 1.Introducción. Na sensibilidade barroca apréciase unha tendencia espectacular cara ó decorativo, abandóanse as regras da estética clásica, búscase a orixinalidade por encima de todo, predomina a fantasía sobre a realidade e hai un gusto desmenurado pola ornamentación e amplitude (grandiosidade). Denomínase "Barroco" ó período que transcurre desde o 1600 ata o 1750. Este movemento aparece en Italia e difíndese por toda−las nacións de Europa adquirindo gran importancia en España e Hispanoamérica. O arte barroco desenvolveu un papel importante nos conflictos relixiosos deste período. Fronte á tendencia protestante a construír edificios para o culto dunha maneira sobria e sen decoración a igrexa católica usará para os seus fíns litúrxicos a grandiosidade e complexidade barrocas Neste sentido pódese afirmar que o barroco é a expresión estética da contrarreforma. 2. Arquitectura. Os primeiroa edificios barrocos constrúense en Italia. As máximas figuras foron Bernini e Borromini. • Bernini, creou grandes pazos, xardíns, plazas, rúas e fontes a maioría en Roma. • Borromini, foi un verdadeiro virtuoso da arquitectura. Deulle un tono persoal coa continua alternancia de entrantes e saíntes, de liñas cóncavas e convexas, onde todo isto produce unha sensación de movemento. Outro arquitecto famoso foi Filippo Juvara que ademais de traballar en Italia trasladouse a España por invitación de Filipe Ve proxectou o palacio dreal de Madrid, a Granxa de Segovia e o palacio de Aranxuez. En Francia, en tempos de Luís XIV créase a verdadeira arquitectura barroca francesa. Amáxima figura foi Mansáct; autor da igrexa dos Inválidos (París) e é un dos autores do pazo de Bersalles. 2.1. Arquitectura en España. 1 A arquitectura barroca española distíguese pola acentuación da riqueza ornamental que xa non se conforma con decorar luxosamente o interior dos edificios se non que cubre as súas fachadas cunha riquísima decoración. Un artista importante desta época é Alonso Cano, autor da fachada da catedral de Granada. O estilo máis exhuberante do barroco español foi o denominado "churrigueresco" que recibe o seu nome dunha familia de artistas apelidados Churriguera. O seu máximo representante foi Xosé de Churriguera autor do retablo de San Esteban de Salamanca e onde utiliza profundamente a columna salomónica. 3. Escultura. Durante o barroco o verdadeiro tema que se esculpe non é xa a figura senon un disperso e excitado movemento . Proba disto é a importancia que adquire a vestimenta que case subplanta as figuras; os pliegues da roupa son cada vez máis retorcidos. Dado o seu carácter de sobordinación á arquitectura as esculturas barrocas están concevidas para ser contempladas non como esculturas esentas senon sempre como elementos dun amplo conxunto. O escultor máis importante fora de España foi Bernini. 3.1. Escultura en España. As notas máis importantes da escola de imaxineiros na escultura barroca son: • Realismo. • Fondo sentido relixioso que inspiran as súas composicións. Os escultores españois deste período empregan a madeira policromada. Entre os máis importantes destacamos: • Gregorio Fernandez. • Martinez Montañés. • Xoán de Mesa. • Alonso Cano. • Pedro de Mena. 4. Pintura. As características básicas da pintura son: • Trinunfo da cor sobre o debuxo. • Cores vivas. • Preocupación pola luz nos cadros. • Realismo. Tentanse representa−las cousas tal como son. • Movemento nas composicións. • Asimetría e liñas onduladas. Os pintores máis destacados foron: • En Italia, Caravaggio. • En Flandes, Rubens, Vandyck e Jordaens. • En Holanda, Hals, Vermeer e Rembrandt. 2 4.1.Séculos de ouro na pintura española. O século XVII en España considérase a etapa máis importante da historia da nosa pintura. Así denomínase este período como o século de ouro da pintura española. A pintura nesta época é fortemente realista vese o sentido relixioso da contrarreforma incluida nela. Os pintores máis destacados neste período: Ribera (o españoleto), Ribalta, Zurbarán, Murillo, Valdés Real, Claudio Coello, Diego Velazquez. • Diego Velázquez: foi o máximo representante da pintura española deste período; é un dos mellores pintores de tódolos tempos. Iniciouse no tebrisco barroco con fortes contrates de luz e sombras. Máis tarde, ó converterse en pintor da corte de Felipe IV o seu estilo evolucionaría cara a cores máis claras. A principal innovación estética de Velázquez foi o descubrimiento da perspectiva aérea que consistía na sensación de profundidade a través da tonalidade cromática. Obras famosas de Velázquez son: • A forxa de Vulcano. • O ahogador de Sevilla. • Os borrachos. • O cadro das lanzas. • As meninas. • As fiandeiras 5. O barroco en Galicia. Durante os séculos XVII e XVIII, (os séculos do barroco) Galicia coñeceu unha época de esplendor artístico semellante á que acadou en tempos do Románico. Os arquitectos barrocos preocupábanse pola decoración e o espacio. No barroco destacamos o uso do granito que é un dos trazos derivados do barroco. Por mor da súa dureza o granito non deixa realizar figuras finas e delicadas, por isto os tradicionais motivos vexetais son substituidos por placas e cilindros, formas xeométricas que lles confiren ós edificios unha gran orixinalidade. • O barroco compostelán. Santiago foi o centro artístico por excelencia. A catedral de Santiago foi sometida a unha remodelación xeral. Desta cidade destaca a súa catedral salientando a fachada do Obradoiro. • A fachada do Obradoiro. Foi o derradeiro proxecto de Casas e Novoa. No medio da fachada, ideada como un gran arco de triunfo, Casas abriu oito ventás. Obsérvase unha maior perspectiva de todo o conxunto o elemento máis chamativo da fachada é a altura. Os elementos arquitectónicos encúrranse na parte máis alta da fachada que se fai cada vez máis estreita ata rematar en punta nun baldaquiño. • Etapas e mestres. 3 A catedral de Santiago construíuse en 3 grandes etapas: 1º xeración: século XVII. Salientan Domingo Antonio de Andrade autor da "Torre do reloxo" da catedral. 2º xeración: século XVIII. Salientan dous arquitectos, Simón Rodriguez e Fernando de Casas e Novoa, que realizaron a "fachada do Convento de Santa Clara" e a "fachada do Obradoiro". 3º xeración: século XVIII. Destacan Ferro Coaveiro e Fernandez Sarela, que realizaron a " fachada de A Cibechería" e as " prazas das Praterías". 4