Subido por Paula Salgado Perez

Manzaneda

Anuncio
Manzaneda
Paula Salgado Pérez
45159110J jjjjjj
Índice
1. Introducción........................................................................................... páx.3
2. Ubicación e descrición da zona............................................................. páx.3
3. Datos demográficos............................................................................... páx.4
4. Análise DAFO....................................................................................... páx.5
5. Explicación factores do DAFO............................................................. páx.6
6. Bibliografía........................................................................................... pax.10
2
Para este traballo escollín o concello de Manzaneda porque, principalmente, é onde
viven os meus avós, concretamente en Raigada, e estou bastante familiarizada con
el. Tamén o escollín porque me parece un concello bastante bonito e con moitos
recursos que deberían estar máis valorados. Ademais, para realizar este traballo
conseguín facerlle unhas preguntas a través do correo electrónico ao alcalde do
concello, Amable Fernández Basalo.
Ubicación e descrición da zona
O concello de Manzaneda está situado na parte nororiental da provincia, a 80
quilómetros de Ourense, na comarca da Terra de Trives e á Ribeira Sacra. Limita ao
norte co concello da Pobra de Trives, ao leste co Bolo, ao sur con Vilariño de Conso
e ao oeste con Chandrexa de Queixa. O alcalde deste concello é Amable Fernández
Basalo, que pertence ao PSOE.
A súa superficie é de 114,6 km². Está composto por 10 parroquias: Cernado (Santa
María), Cesures (Santa María), Manzaneda (San Martiño), Paradela (Santo
Antonio), Placín (Santiago), Raigada (Santa María Madanela), Requeixo (San
Bartolomeu), San Martiño de Manzaneda (San Martiño), San Miguel de Bidueira
(San Miguel) e Soutipedre (San Marcos). En total, a este concello pertencen 30
pobos, que son os seguintes: A Corredoira, A Madroa, A Mata, As Escadas,
Bidueira, Borruga, Cernado, Cimadevila, Cubeiros, Escourido, Langullo,
Manzaneda, O Souto de Rozavales, Palleirós, Paradela, Placín, Rebodepó, Raigada,
Requeixo, Rozavales, San Martiño, San Miguel, San Paio, San Pedro, San Vicenzo,
Seoane, Soutelo, Soutipedre, Tonxil e Trabazos.
En canto ás infraestruturas e comunicación do concello con outros, existe unha línea
de autobuses que pasa por algúns dos pobos do municipio para ir pola mañá e para
volver á noite, ademais de que tamén hai tres taxis propios do concello de
3
Manzaneda. Destaca á estación de esquí de Manzaneda ou Cabeza de Manzaneda,
que é a única estación de esquí de Galicia e está situada nas ladeiras norte e sur do
Macizo Central Ourensán. Por último, no concello hai un colexio, situado en
Manzaneda, que imparte as ensinanzas infantil e primaria e dispón de pavillón con
actividades extraescolares, comedor, biblioteca e transporte escolar.
Datos demográficos
O concello de Manzaneda ten unha poboación total de 870 persoas, segundo os
datos de 2019, sendo 422 homes e 448 mulleres. En canto a poboación por idades,
con menos de 16 anos hai 47 persoas (19 homes e 28 mulleres), 435 habitantes entre
16 e 64 anos (222 homes e 213 mulleres) e 388 persoas con mais de 64 anos (181
homes e 207 mulleres). Polo que se pode observar nestes datos, a poboación deste
concello está bastante envellecida, xa que, aínda que o 50% da poboación maior de
16 anos e menor de 64, a poboación maior de 64 anos representa aproximadamente o
45% da poboación total, sendo o 15% os menores de 16 anos. Sobre a variación de
habitantes, no ano 1981, Manzaneda tiña 1954 habitantes, 1084 máis que no ano
pasado. A partir dese ano, a poboación comeza a diminuír cada ano máis, deixando
atrás a cifra de 1000 habitantes no ano 2013.
En canto a poboación por sexo pódese ver que está bastante equilibrada, habendo
soamente 26 mulleres máis. Polo que se refire á poboación estranxeira, soamente hai
16 persoas, 7 homes e 9 mulleres. De Europa atopamos 7 persoas estranxeiras, un
procedente de Italia, 6 procedentes de Rumanía e 4 de Ucraína; de América hai 4
persoas, 1 de Colombia, 2 de República Dominicana e 1 de Venezuela; e por último
1 persoa de Asia. Por estes datos, obtidos do ano 2019, pódese deducir que a
poboación estranxeira é escasa nesta zona.
Polo que se refire aos indicadores demográficos, a taxa de natalidade de Manzaneda
é dun 0’34%, mentres que a taxa de mortalidade é dun 2’74%. Sobre o paro, pódese
observar que o número total é de 30 persoas aproximadamente (non é un dato exacto
xa que é a media de varios meses), dos cales 19 pertencían ao sector servizos.
4
Análise DAFO
Plano Interno
Debilidades
-
-
Fortalezas
Estradas en mal estado e falta de
-
Gran cantidade de patrimonio e
medios de transporte que o
espazos naturais para actividades
faciliten
turísticas
Poucas instalacións turísticas que
-
aproveiten o territorio do concello
-
Falta de aloxamentos turísticos
-
Poucos fondos do concello
Estación de esquí, que trae moitos
ingresos ao concello
-
Moitas festas e tradicións culturais
propias dos distintos pobos
destinados á promoción deste
-
Gastronomía e produtos típicos da
zona
Plano Externo
Ameazas
-
Pandemia provocada polo
Oportunidades
-
COVID-19
-
Invernos con falta de precipitacións
grazas a pandemia
-
e forma de neve
-
-
Falta de interese dos inversores
Fomento do turismo de cercanías
Aumento do turismo de natureza e
rural
-
Nova tendencia de persoas novas
potenciais do turismo
que se mudan ao rural e emprenden
Clima moi frío con moitas
negocios
precipitacións en forma de choiva
-
5
Explicación factores do DAFO
Plano Interno:
Debilidades:

Estradas en mal estado e falta de medios de transporte que o faciliten: O
concello está situado a 80 km de Ourense, pero debido á súa situación xeográfica
non pasa ningunha estrada nacional ou ningunha autopista ou autovía, e para
chegar a el hai que pasar por moitos pobos e estradas que están en bastante mal
estado. Neste punto tamén hai que destacar que para chegar a el existen poucos
medios de transporte, xa que o único autobús que pasa por aí é o que vai a
Ourense e volve só unha vez a día. Como propostas para mellorar esta situación,
plantexaría unha inversión económica, xa sexa propia do concello ou das axudas
do Estado, para arranxar e mellorar as estradas que van a Manzaneda e un
servicio de autobuses máis amplio que o existente.

Poucas instalacións turísticas que aproveiten o territorio do concello: Como
se pode observar, o concello de Manzaneda está rodeado por montañas nas que
se poden realizar diversas actividades, como sendeirismo o rutas con cabalos,
ademais de poder visitar o patrimonio histórico do que gozan todos os pobos,
por exemplo a capilla de San Paio en Reigada ou todas as igrexas situadas por
esta zona, suxerindo así que o concello debería promocionar o turismo relixioso.
As solucións que eu aportaría a esta debilidade sería máis aportación monetaria
por parte do concello para aproveitar estes recursos, como por exemplo ofertar
rutas de sendeirismo polas montañas dos arredores ou outros servicios similares,
e dedicarlle máis importancia ao sector turístico do concello.

Falta de aloxamentos turísticos: En todo o concello pódese observar que hai
poucos aloxamentos destinados ao turismo, aínda que este non é moi grande. O
problema atópase cando é temporada alta de esquí e non chegan os aloxamentos
para todo o volume de xente que acude, xa que é a única estación de esquí de
Galicia, e moitos deles teñen que aloxarse en concellos veciños. Entre estes
hospedaxes atopamos o Pazo da Pena, o hotel e os bungalós da estación de esquí
e o hostal O Pendón. Para que o concello non perda eses ingresos da xente que
se aloxa noutros pobos alleos, proporía que este estableza un negocio con
concellos de arredor para poder enviar á xente que queira facer esquí en
6
Manzaneda ou simplemente queira facer turismo pola zona e non teñan sitio en
ningún aloxamento dentro do concello, recibindo así unha parte dos ingresos
deses aloxamentos.

Poucos fondos do concello destinados á promoción deste: Como se pode
observar, a promoción do turismo desta zona vai dedicada principalmente a
atraer xente á estación de esquí, que é a razón pola que a xente coñece este
concello. Dende a miña perspectiva, Manzaneda ten moitos máis recursos para
explotar a parte da estación, e debería destinar parte do presuposto da promoción
da estación a outros recursos turísticos dos que goza, como por exemplo as
propostas anteriormente suxeridas sobre rutas de sendeirismo ou outros tipos de
turismo como o gastronómico ou o relixioso.
Fortalezas:

Gran cantidade de patrimonio e espazos naturais para actividades
turísticas: Como xa se comentou antes, o concello está cheo de espazos naturais
que se poden recorrer e aproveitar como recursos turísticos. Entre estes recursos
podemos atopar a parte do Macizo Central situada en Manzaneda, Pena Trevinca
ou o Souto de Rozabales, lugares cheos de rutas das que se poden aproveitar as
empresas do concello. A estes recursos hai que engadirlles o patrimonio
histórico do que goza, principalmente igrexas.

Estación de esquí, que trae moitos ingresos ao concello: Esta é a principal
fortaleza de Manzaneda, xa que é a razón pola que o concello é coñecido. Esta
instalación, ademais do esquí, ofrece servicios durante todo ano, como hípica,
karts, tiro con arco, paintblall, etc. Conta con aloxamentos propios, como hoteis
e apartamentos. Por último, actualmente aplicaron unha política para prevención
do COVID-19, facendo así que a xente se sinta máis segura e siga acudindo ela,
recuperando de esta maneira os gastos que tiveron na pandemia e evitando
perdas. Actualmente estase a realizar un cambio de empresa que vai dirixir as
instalacións da estación, por iso está un pouco abandonada.

Moitas festas e tradicións culturais propias dos distintos pobos: Neste punto
deberíamos destacar o Folión Tradicional, cuxo personaxe principal é a chamada
Mázcara. Esta tradición, celebrada na época do Carnaval, consiste en que cada
pobo ten unha canción, denominada folión, e van recorrendo cada pobo polas
súas rúas tocándoa con bombos, aixadas, cornas, gadañas... e tamén van aos
7
pobos que teñen arredor. Isto representa unha gran parte dos ingresos anuais do
concello xa que atrae o moitas persoas, principalmente a familiares dos
habitantes, aínda que tamén asisten turistas de distintas partes. Ademais desta
celebración, tamén están as festas patronais de cada pobo, como Santa
Magdalena en Raigada.

Gastronomía e produtos típicos da zona: Neste punto destacamos a carne de
Porco Celta, que ten a súa propia festa gastronómica e que atrae a moita xente.
Pero tamén destacan a mel que se produce dentro do concello e as castañas,
alimentos típicos da zona.
Plano Externo
Ameazas:

Pandemia provocada polo COVID-19: Loxicamente a pandemia representa
unha ameaza para todos os concellos debido a que obrigou a cerrar moitos
negocios e o turismo estivo parado durante varios meses. Actualmente as
restricións seguen vixentes e esta actividade está moi limitada, polo tanto segue
sendo unha ameaza para este xa que reduce os ingresos esperados que tiñan.
Para diminuír o dano que isto pode provocar suxeriría que o concello
promocionase o destino ofrecendo unha imaxe segura de el, mostrando as
medidas que toman.

Invernos con falta de precipitacións en forma de neve: Este factor afecta
exclusivamente á estación se esquí, principal ingreso turístico de Manzaneda,
polo tanto en realidade termina afectando ao concello ao completo. Se non hai
neve, a xente que vai esquiar vai diminuír, e polo tanto, os ingresos seguirán a
mesma tendencia. Aínda que isto afectaría bastante á estación, por sorte esta
dispón de máis servizos que permiten seguir facturando.

Falta de interese dos inversores potenciais do turismo: Se isto ocorre, o
concello estaría gravemente ameazado, xa que os negocios turísticos que hai na
zona levan bastante tempo aí, pero se ningún inversos atopa atractivo no
concello, estes irán desaparecendo pouco a pouco. Para atraer a eses inversores,
o concello podería tentar incrementar ese atractivo.

Clima moi frío con moitas precipitacións en forma de choiva: Aínda que
poida soar un pouco como contradición dun punto anterior, este vai referido a
8
que se fai moi mal tempo, podería afectar as actividades, como o sendeirismo ou
outro tipo de rutas ao aire libre, xa que se fai moi mal tempo, ao revés, fai
demasiada calor, os turistas deixarían de vir. Como posible solución a isto
proporía algunhas actividades dentro de espazos pechados.
Oportunidades:

Fomento do turismo de cercanías grazas a pandemia: Tras o confinamento,
debido a que moitos países prohibiron a entrada a turistas fomentouse o turismo
de cercanías, é dicir, que a xente comezou a viaxar a destinos máis próximos as
súas casas dentro do país. Isto representa unha oportunidade xa que aumenta o
número de turistas que antes optaban por destinos máis afastados, xeralmente
internacionais, e agora prefiren destinos que están máis a man.

Aumento do turismo de natureza e rural: Ao igual que no anterior punto,
grazas a pandemia, a xente prefire destinos turísticos onde se poden realizar
actividades ao aire libre. Como xa mencionei nas fortalezas, Manzaneda ten
grandes recursos naturais que se poden potenciar para realizar todas estas
actividades, sendo así unha gran oportunidade para o concello e para os seus
ingresos, ademais de que se da a coñecer en máis sitios.

Nova tendencia de persoas novas que se mudan ao rural e emprenden
negocios: Actualmente, pódese observar que a tendencia a mudarse ao rural está
crecendo, e moitas desas persoas aproveitan para emprender novos negocios, os
cales poderían afectar positivamente ao concello. A maioría destas persoas son
xente nova con ganas de innovar e formar novos negocios, como casas rurais ou
algún bar e hostais.
9
Bibliografía
https://www.ine.es/
https://www.ige.eu/web/index.jsp?idioma=gl
https://www.turismo.gal/que-visitar/xeodestinos/manzaneda-trevinca?langId=es_ES
https://gl.wikipedia.org/wiki/Manzaneda
http://www.concellodemanzaneda.es/
http://catedralsuites.com/blog/2014/01/09/descubre-manzaneda-entre-nieve-ygastronomia/
http://www.manzaneda.com/
https://www.turismo.gal/localizador-de-recursos//sit/que_visitar/naturaleza/espacios_naturales/manzaneda?langId=es_ES
10
Descargar