os INSTRUMENTOS DE VENTO Reciben o nome de aerófonos. O son prodúcese pola vibración do aire. Agrúpanse en: VENTO METAL VENTO MADEIRA a. Aerófonos de soplo directo B. AERÓFONOS DE SOPLO INDIRECTO Acordeón Órgano Gaita Audición: A PANTERA ROSA, de Henry Mancini. Imos escoitar 3 versións desta famosa banda sonora. Fíxate nos instrumentos que escoitas en cada unha. - Versión 1: Brass Quintet - The Pink Panther Versión 2: Woods - The Pink Panther Theme Versión 3:The Pink Panther theme accordion Escribe o nome dos seguintes instrumentos e identifícaos polo seu son. Despois clasifícaos: AERÓFONOS DE MADEIRA AERÓFONOS DE METAL Vídeo de repaso: Los instrumentos de viento - Aprende música - AERÓFONOS DE SOPLO INDIRECTO Visualiza o seguinte vídeo. Cales son os instrumentos protagonistas? Sabes a que familia pertencen? Whole Lotta Love vs. Beethoven 5th Symphony OS INSTRUMENTOS DE CORDA Os instrumentos de corda reciben o nome de cordófonos. O son prodúcese cando vibran as súas cordas. Teñen unha caixa de resonancia que amplifica o son das vibracións. Como se clasifican os instrumentos de corda? Distinguimos 3 tipos de instrumentos dentro desta familia, que se diferencian pola forma en que facemos vibrar as súas cordas: Podemos repasar este tema co seguinte vídeo: Los instrumentos de cuerda- Aprende música - Audición: O Verán - As catro estacións, do compositor italiano Vivaldi. Imos escoitar 3 versións desta famosa obra. Fíxate nos instrumentos que escoitas en cada unha. Versión 1. Mari Samuelsen: Presto from summer Versión 2. A. Vivaldi - The Four Seasons "Summer Storm" Versión 3. Summer Storm- Sinfonity Escribe o nome dos seguintes instrumentos e identifícaos polo seu son. Despois clasifícaos: CORDA FRETADA CORDA PUNTEADA CORDA PERCUTIDA Cantamos: Debaixo Da Figueira - Pelogato24 Debaixo da figueira da tía Xoldeirona hai un pobre cego tocando a zanfona Debaixo da figueira da tía Xoldeirona hai un pobre cego, cunha gorra vella tocando a zanfona Debaixo da figueira da tía xoldeirona hai un pobre cego cunha gorra vella, cunhas lentes negras tocando a zanfona Debaixo da figueira da tía Xoldeirona hai un pobre cego, cunha gorra vella, cunhas lentes negras, cunha barba branca tocando a zanfona Debaixo da figueira da tía Xoldeirona hai un pobre cego cunha gorra vella, cunhas lentes negras, cunha barba branca, cunha capa grande tocando a zanfona Debaixo da figueira da tía Xoldeirona hai un pobre cego, cunha gorra vella, cunhas lentes negras, cunha barba branca, cunha capa grande, cunhas botas rotas tocando a zanfona Debaixo da figueira da tía Xoldeirona hai un pobre cego, cunha gorra vella, cunhas lentes negras, cunha barba branca, cunha capa grande, cunhas botas rotas, cunha vara longa, tocando a zanfona. Investigamos: A zanfona galega A zanfona, é un instrumento cordófono, porque o seu son se produce mediante cordas fretadas. Ten varias características que a fan especial. Busca información na rede e completa as preguntas: Cal é a súa orixe? Como funciona? Que elemento frota as cordas? (Non é un arco), Como toca as notas musicais? En que tipo de música a atopamos? Busca algún artista galego destacado que toque este instrumento. Mira o seguinte vídeo. Saberías dicir que tipo de instrumentos aparecen?: Awesome Pipe Drumming - Blue Man Group OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN Os instrumentos de percusión constitúen o soporte rítmico, imprescindible en calquera obra musical. Clasifícanse en: - IDIÓFONOS: emiten sons ao seren sacudidos, golpeados ou entrechocados. - MEMBRANÓFONOS: teñen unha membrana ou pel tensa que produce son. Ademais, podemos distinguir entre: - Instrumentos de Altura Indeterminada: só poden interpretar ritmos. - Instrumentos de Altura Determinada: producen diferentes notas musicais. Identifica os seguintes instrumentos e escribe o seu nome: AUDICIÓN: BSO Harry Potter A BANDA SONORA é o conxunto de temas musicais, cancións e sons que aparecen ó longo dunha película. Imos escoitar un tema da película Harry Potter. Que instrumento soa? A ____________, é un instrumento ________________, porque o seu son se produce ________________________________________________________________________. Este instrumento ten varias características que o fan especial. Mira o seguinte vídeo sobre este curioso instrumento. Harry Potter theme on a Real Celesta! Hedwig's theme by Argentina Durán - YouTube Agora escoitamos e percutimos seguindo o musicograma: Harry Potter - Percusión corporal - YouTube