Seres vivos e células

Anuncio
OS SERES VIVOS ESTÁN FORMADOS POR CÉLULAS
As células son unhas unidades diminutas que atópanse no noso organismo. Tódolos organismos estamos
formados por células.
O tamaño das células é moi variable. Miden de 5 a 50 microns. Para observalas utilizamos un microscopio,
as algas ou os óvulos de galiña pódense ver a simple vista. O tamaño das células dun ser vivo é independente
do tamaño do ser vivo. Os organismos máis grandes posúen mayor número de células, pero non máis
grandes.
A forma das células é moi variada e está relacionada coa función que realiza. Por ejemplo: Os
espermatozoides posúen unha longa cola ou flexelo para se desprazar.
Distinguen se dúos tipos diferentes de células:
· Célula procariota: son as que non teñen núcleo,as máis simples e de menor tamaño. Están rodeadas por
unha membrana, e outra capa chamada parede bacteriana. O seu material genético (ácido nucleico) non está
delimitado por ningunha membrana senón que está espallado por todo o citoplasma, xa que a célula non ten
núcleo. Todos éstes organismos son unicelulares, como as bacterias.
· Célula eucariota: O resto dos seres vivos tanto animais coma vexetais están formados por éste tipo de
células. As células eucariotas teñen núcleo, posúen un núcleo diferenciado e numerosos orgánulos. Os
orgénulos son estructruras rodeadas, na súa mayoría, por unha membrana que as delimita e as diferéncia do
resto da célula.Pode realizar diversos procesos en compartimentos separados, sen que as reaccións que
interveñen nun compartimento interfieran neutros. Son unicelulares como as algas e os protozoos e
pluricelulares como as plantas e os animais.
A membrana célular
A membrana celular é unha dobre capa, que limita co medio exterior da célula. Unha das funcións é
controla−lo intercambio de substancias entre o interior e o exterior da célula. Permite a entrada de substancias
útiles para a célula, como o osíxeno e a auga e a saída das substancias de refugallo, como o dióxido de
carbono. Na fotosíntese o O2 e mailo CO2 difúndese en sentido contrario. Posúe unha permeabilidade
selectiva, que pode permiti−lo paso dunhas substancias e impedi−lo doutras. As membranas con
permeabilidade chámase membranas semipermeables. As células vexetais diferéncianse das animais en que
posúen unha grosa cuberta chamada parede celular, que rodea a membrana celular exteriormente. A parede
celular está formada por fibras de celulosa entrecruzadas que lle dan rixidez e soporte á planta.
O intercambio de substancias
Gracias a súa permeabilidade selectiva, o intercambio de substancias a través da membrana realízase mediante
distintos procesos:
· A difusión. Algunhas substancias atravesan a membrana por difusión. As substancias pasan desde o lado
onde están en mayor concentración cara ó que están en menor concentración.
· A osmose. É o paso da auga a través da membrana semipermeable desde a parte onde as substancias están
menos concentradas cara á parte onde están máis concentradas. A osmose regula o equilibrio que debe existir
entre as concentracións das disolucións de dentro e de fóta da célula..
1
O medio externo da célula
Segundo a relación que exista entre as concentracións do medio extracelular e o interior celular poden ser:
· Cando a concentración de substancias é igual no exterior ca no interior da célula (medio isotónico), non entra
nin sae a auga, as células non cambian de forma.
· Cando a concentración de substancias é menor no exterior ca no interior da célula (medio hipotónico), entra
máis cantidade de auga nas células e éstas inflan.
· Cando a concentración de substancias é mayor no exterior ca no interior da célula (medio hipertónico), sae
máis cantidade de auga das células e éstas engúrranse.
O núcleo controla a actividade celular
O núcleo é a estructura máis destacada das células eucariotas. Ten forma arredondada, sitúase no medio da
célula e o seu tamaño é variable. Está separado do citoplasma por unha dobre membrana chamada envoltura
celular, que posúe numerosos poros polos que pasan moléculas do núcleo o citoplasma e viceversa.
No interior atópase o ADN, que controla a actividade da célula. Tódalas características dun individuo, forma,
tamaño, composición e a súa función están determinadas pola información xenética do núcleo, que se pode
atopar en forma de cromatina na célula en repouso ou en forma de cromosomas durante a división celular.
Os cromosomas teñen forma de bastoncitos, que permiten reparti−la información genética cando a célula se
divide.
A ESTRUCTURA DA CÉLULA EUCARIOTA
O citoplasma é a fábrica da célula
O citoplasma é un fluído claro, que enche o interior da célula. Nel atópanse estructuras chamadas orgánulos
celulares, que a mayoría están rodeados dunha membrana.
Nos orgánulos teñen lugar moitas das actividades da célula, como a fabricación de novos componentes
celulares, o almacenamento e transporte de substancias ou a obtención de energía para a célula.
O citoplasma posúe estructuras que lle serven de esqueleto a célula.
Orgánulos encargados da síntese, transporte e almacenamento de substancias
· Ribosomas ! Son orgánulos arredondados e diminutos que se atopan libres no citoplasma ou pegados ó
retículo endoplasmático. Non están rodeados por ningunha membrana. A súa función e encargárse de
fabricalas proteínas.
· Retículo endoplasmático ! Consiste nun conxunto de sacos membranosos que forman cavidades
comunicadas entre si. Existen dous tipos:
− rugosos : presenta ribosomas pegados a membrana externa
− lisos : carece deles
A súa función é encargárse da síntese, do almacenamento e do transporte de proteínas e de lípidos polo
2
citoplasma da célula.
· Aparello de Golgi ! está formado por sacos membranosos aplanados e amoreados, non comunicados entre si
e rodeados de pequenas vesículas. A súa función e encargárse do empaquetado e do transporte de proteínas e
outras substancias como as que proceden do retículo endoplasmático que deben ser exportadas ó exterior da
célula.
· Vacúolos ! Son estructuras semellantes a bolsas rodeadas por unha membrana. Nas células animais son
pequenos e numerosos. Nas células vexetais hai poucos e ás veces un único vacúolo de gran tamaño. A súa
función é almacenar auga, nutrientes ou refugallo.
· Lisosomas ! Son pequenas vesículas rodeadas por unha membrana e que conteñen enzimas digestivos. A súa
función consiste en dixerí−los nutrienetes que chegan á célula ou destruír estructuras celulares inservibles.
Orgánulos de soporte e locomoción
· O citoesqueleto é un conxunto de filamentos que cruzan o citoplasma. Sérvenlles de soporte os orgánulos e
danlle forma á célula. Permiten o desprazamento de orgánulos polo citoplasma.
· Os cilios e os flaxelos son prolongacións do citoplasma que permiten o desprazamento das células ou que
producen correntes arredor delas. Os cilios son curtos e moi numerosos. Os flaxelos son longos e atópanse en
pequeño número.
Orgánulos que transforman a energía.
· As mitocondrias adoitan ter forma alongada ou arredondada e posúen dúas membranas: unha externa e outra
interna. A membrana interna reprégase cara ó interior formando cristas mitocondriais.
Son os encargados de producir energía mediante a respiración celular, a partir dos nutrientes que chegan a
célula. Atópanse en tódalas células pero o seu número depende da actividade destas.
· Os cloroplastos son orgánulos exclusivos das células vexetais. Teñen forma arredondada e o seu tamaño
varía dunhas células a outras. Están rodeados por unha dobre membrana. No seu interior, hai un terceiro tipo
de membranas que forman pequenos báculos, os tiroides. Cada grupo de tilacoides constitúe un granum, que
nelas localízase a clorofila, un pigmento responsable da cor verde, capaz de capta−la luz solar.
A función dos cloroplastos é fabricala glucosa e outros nutrientes, usando a luz solar, auga e dióxido de
carbono, chamado en conxunto a fotosíntese.
Nas partes da planta onde non chega a luz como nas raíces, as células non posúen cloroplastos senón que
acumulan grans de amidón en orgánulos semellantes ós cloroplastos denominados amiloplastos, como por
ejemplo, as patacas conteñen numerosos grans de amidón.
¿Cómo se distingue unha célula vexetal dunha célula animal?
A célula animal como a célula vexetal posúen a mesma estructura básica.
As células vexetais caracterízanse por posuír:
· Unha grosa parede celular formada por capas de fibras de celulosa.
· Cloroplastos encargados de realizar a fotosíntese.
3
· Un único vacúolo que ocupa gran parte do citoplasma nas células adultas, ou varias nas células novas.
Organismos unicelulares e pluricelulares.
Organismos unicelulares : que só ten unha única célula para realizar tódalas funcións para vivir.
Organismos pluricelulares : ten moitas células que proceden dunha célula inicial. Algunhas células están
especializadas só nunca función específica, por eso se chaman células especializadas.
¿Como se organizan as células?
· As células agrúpanse en tecidos: un grupo de células de semellante estructura e que realizan a mesma
función constitúen un tecido. As células do tecido muscular permiten o mevemento das pernas e as do tecido
nervioso esténdense por todo o corpo para levar e traer mensaxes ó cerebro. Nas plantas, os tecidos
conductores permiten o transporte do zume.
As células que forman un tecido mantéñense unidas.
· Os tecidos agrúpanse formando órganos: Un grupo de dous ou máis tecidos que se asocian para realizar unha
función constitúen un órgano.
· Os órganos asócianse formando sistemas ou aparellos: Un sistema ou aparello é un conxunto de órganos as
funcións dos cáles están relacionadas.
· O conxunto de órganos e sistemas constitúen o organismo: O conxumto de órganos e sistemas asócianse e
traballan conjuntamente para dar lugar a un organismo independente.
4
Descargar