SÁBADO, 16 DE ABRIL DE 2016 Nº 087 CONCELLOS CERVANTES Anuncio Información pública Aprobabos por Decreto de Alcaldía de data 1 de abril de 2016, os padróns que a continuación se relacionan, se expoñen ao público polo prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo: - Taxa polo servizo de recollida domiciliaria do lixo (1º trimestre de 2016). - Taxa polo servizo de subministro domiciliario de auga potable e canon da auga( 1º trimestre de 2016). Recursos: Contra o acordo da aprobación dos padróns se poderá interpor recurso de reposición. Prazo de presentación do recurso: un mes contado dende o día inmediato seguinte ao do término do período de exposición ao público dos padróns. Órgano ante o que se recorre: Alcalde do Concello de Cervantes. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderán interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Consellería de Facenda) no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación mediante o padrón. ANUNCIO DE COBRANZA Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como período de cobro voluntario o prazo de dous meses, contados a partir do periódo de exposición pública. Finalizado o exercicio pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Facenda Pública, Lei Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo. A falta de pagamento do canon de auga no período voluntario suporá a esixencia directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ó público do padrón e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria. Cervantes, 6 de abril de 2016.- O alcalde, Benigno Gómez Tadín R. 0996 Anuncio Información pública Aprobada polo Pleno desta Corporación en sesión de data 30 de marzo de 2016 a modificación das bases de execución do presuposto do orzamento municipal para o ano 2016 (base 25ª :Bases reguladoras do Premio de investigación “Cervantes Saavedra”) , en cumprimento do disposto no artigo 177.2 en relación co artigo 169.1 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, exponse ao p úblico, polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría deste 2 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo Concello, a fin de que durante o mesmo, que comezará a contarse dende o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes as cales deberán ser dirixidas ao Sr. alcalde-presidente deste Concello. Cervantes, 6 de abril de 2016.- O alcalde-presidente, Benigno Gómez Tadín. R. 0997 FOLGOSO DO COUREL Anuncio CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN CON CARACTER TEMPORAL DE DÚAS AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR Por Resolución da Alcaldía de data 12 de abril de 2016 aprobáronse as bases para selección e contratación temporal de dúas auxiliares de axuda no fogar. Tipo e duración do contrato: A xornada completa por un período de 6 meses. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: No rexistro do Concello de Folgoso do Courel no prazo tres días hábiles As bases completas están expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Folgoso do Courel. Folgoso do Courel a 12 de abril de 2016.- Alcaldesa, Dolores Castro Ochoa R. 1043 A FONSAGRADA Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 06.04.2016, aprobouse o Padrón fiscal correspondente ao mes de Marzo de 2016 do Servizo de Axuda no Fogar a través da Lei de Dependencia por importe de 5259,06 € e Programa Básico de Axuda no Fogar por un importe de 2394 €. Exposición: O Padrón quedará exposto ao público no Concello durante o prazo de 15 días, a contar o seguinte á publicación do presente Anuncio no BOP. Recursos: Durante o prazo de exposición pública os interesados poderán examinalo e formular, contra o acto que se notifique, perante a Xunta de Goberno Local, o recurso de reposición regulado no artigo 14.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no PRAZO DUN MES, contado dende o día seguinte ao de finalización do devandito período de exposición pública do Padrón Fiscal. Contra a resolución recaída no recurso administrativo, no PRAZO DE DOUS MESES contados dende o día seguinte ao da notificación da devandita resolución. De non recaer resolución no PRAZO DUN MES a contar dende o día seguinte ao da presentación do desestimado, con efectos xurídicos establecidos nos artigos 43 e 44 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, na súa nova redacción dada porla Lei 4/1999, de 13 de Xaneiro. Nembargante, se se considera conveniente, poderán utilizar e exercitar calquera outro recurso que estimen pertinente. Carga de recibos domiciliarios: Os recibos correspondentes a esta cobranza que figuren correctamente domiciliados, enviaranse ás respectivas entidades de depósito para que sexan adebedados nas contas dos seus clientes. O que se anuncia e se fai público para xeral coñecemento do presente ANUNCIO que ten carácter de notificación colectiva, en cumprimento do disposto no artigo 24 do Regulamento Xeral de Recadación e 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. A Fonsagrada, 06 de abril de 2016.- O alcalde, Argelio Fernández Queipo R. 0998 FOZ Anuncio Por parte deste Concello vaise proceder á seguinte contratación laboral temporal: 1 operario de obras-oficial 1ª, Grupo V (grupo profesional), para realizar un contrato de relevo, (a tempo parcial e de duración determinada) por xubilación parcial do titular da praza. Área de adscrición: obras, limpeza e servizos múltiples. 3 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo 1 peón, Grupo V (grupo profesional), para realizar un contrato de relevo, (a tempo parcial e de duración determinada) por xubilación parcial do titular da praza. Área de adscrición: obras, limpeza e servizos múltiples. Prazo de presentación de instancias: 7 días naturais, a contar desde o día seguinte en que apareza publicado o anuncio-extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Bases para a selección completas publicadas en: http://concellodefoz.sedelectronica.es/transparency/ En Foz a, 12 de abril de 2016.- O Alcalde, Javier Jorge Castiñeira. R. 1057 GUITIRIZ Anuncio CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL MEDIANTE A CONSTITUCION DUNHA BOLSA DE EMPREGO PÚBLICO TEMPORAL, 2016-2019. O Concello de Guitiriz aprobou por acordo da Xunta de Goberno Local de data 5/04/2016 as bases e a convocatoria para a selección de persoal laboral temporal mediante a constitución dunha Bolsa de Emprego Público Temporal para as seguintes categorías de postos de traballo do Concello, aos efectos de cubrir necesidades transitorias de persoal (substitucións por incapacidade laboral transitoria, permisos ou licenzas do persoal), ou para atender servizos temporais, estacionais ou urxentes que non poidan prestarse co persoal existente: -Técnico/a do Punto de Atención á Infancia (servizo de PAI) -Auxiliar de xeriatría (servizo de CD) -Peón de servizos múltiples (servizo de medio ambiente e infraestruturas) -Peón-condutor/a de servizos múltiples (servizo de medio ambiente e infraestruturas) As persoas interesadas poden consultar as bases no rexistro do Concello de Guitiriz e na páxina web do Concello de Guitiriz (www.concellodeguitiriz.com), sendo o prazo para a presentación de instancias de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. A citada Bolsa de Emprego, que terá unha duración de 3 anos, poderá de ser ampliada posteriormente conforme ao establecido nas bases, con novas convocatorias para seleccionar máis candidatos nas mesmas ou distintas categorías de postos de traballo. Guitiriz, 5 de abril de 2016.- A alcaldesa, Regina Polín Rodríguez R. 0999 GUNTÍN Anuncio RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA No exercicio das atribucións que me confire o artigo 61.2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en relación co artigo 46 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/86, do 26 de novembro, ACORDEI: 1.- Nomear Terceiro Tenente de Alcalde a D. Vidal López Rodríguez. 2.- Notifíquese ó interesado e publíquese no B.O.P. de Lugo, sen prexuízo da súa efectividade desde o día seguinte ao da sinatura da presente Resolución. 3.- Dese conta ao Pleno. Mándao e asina o Sr. Alcalde, D. Jesús Carreira Ferreiro, en Guntín a 6 de abril de 2.016. O Alcalde, Jesús Carreira Ferreiro. R. 1000 4 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo LUGO Anuncio DECRETO NÚMERO 16002531 DO 07/04/2016 Excma. Sra. Dona LARA MENDEZ LOPEZ, Alcaldesa- Presidenta do Excmo. Concello de Lugo. Por Decreto desta Alcaldía número 16000930, ditado o día 15.02.2016, se nomeu como persoal eventual para o posto de Colaborador Asesor do Grupo Municipal Lugonovo, a don PAULO GRANDIO MONTES, co DNI. número 33.545.658C, en substitución de dona Aránzazu Vázquez Iglesias, que se atopa con permiso maternal. No parágrafo quinto da parte dispositiva figuraba que: “O cese terá lugar o día 22 de maio de 2016, ditando resolución esta Alcaldía e en todo caso, cando se produza o de don Santiago Celso Fernandez Rocha, ou autoridade que o nomeou.” Como queira que a causa da substitución foi prorrogada pola Seguridade Social ata o día 01.06.2016 e, visto a existencia de consignación presupostaria na aplicación 91201.11000 e 91201.16000, RC:2791 e 7957, respectivamente, asi como informe de fiscalización número 41/2016 do día 25.02.2016 e informe do servizo de persoal ditado o día 31.03.2016, obrantes no expediente. Tendo en conta o anterior e o disposto no artigo 12 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público e no uso das atribucións que me confiren os artigos 104.2 e 124.4 ñ) da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVO: Primeiro.- Rectificar o parágrafo quinto do apartado primeiro da parte dispositiva do Decreto número 16000930 do 15.02.2016, polo que se nomea como persoal eventual para o posto de Colaborador Asesor do Grupo Municipal Lugonovo, a DON PAULO GRANDIO MONTES, con DNI número 33545658C, quedando redatado da forma seguinte: - O cese terá lugar o día 1 de xuño de 2016, ditando resolución esta Alcaldía e, en todo caso, cando se produza o de don Santiago Celso Fernández Rocha, ou da autoridade que a nomeou. Sendo válido todos os demaís extremos contidos no mismo. Segundo.- Notifíquese a presente resolución ó interesado e dependencias municipais afectadas, e publíquese no Boletín Oficial da Provincia. Lugo, 07 de 04 de 2016.- Alcaldesa, Méndez López, Lara R. 1003 MONDOÑEDO Anuncio Elena Candia López, Alcaldesa-Presidente do Concello de Mondoñedo, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, expoño: Que na sesión do 29 de marzo de 2016, o Pleno da Corporación municipal de Mondoñedo aprobou provisionalmente a ordenanza reguladora do prezo público de venda polo miudo de artigos coa imaxe promocional de Mondoñedo. E consontes co disposto no artigo 17 do TRLHL, e máis do artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime locl, iníciase un prazo de información pública de un mes, durante o cal os interesados poderán presentar cantas alegacións e reclamacións estimen oportunas. Transcorrido o dito prazo sen que se presentara alegación algunha, o acordo provisional entenderase elevado a definitivo. Mondoñedo, a 7 de abril de 2016.- A Alcaldesa, R. 1004 MONFORTE DE LEMOS Anuncio APROBACION PADRÓN FISCAL TAXA RECOLLIDA DO LIXO 1º BIMESTRE DO EXERCICIO 2016 E COBRANZA Por Resolución de Alcaldía do día 31 de marzo de 2016 aprobouse o padrón da Taxa pola Recollida do Lixo do primeiro bimestre do exercicio 2016 De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados deste padrón 5 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporase ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria deste padrón, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes. De acordo co artigo 14.2 c) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, contra o acordo de aprobación do padrón e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública do padrón. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa. Fíxase como prazo de pago en período voluntario, dende o 15 de abril ata o ata o 16 de xuño de 2016 De acordo co artigo 24 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, ponse en coñecemento, que no período de pago en voluntario sinalado no parágrafo anterior, os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos polo concepto da Taxa pola Recollida do Lixo, poderán facer o pago dos mesmos mediante : 1) 2) 3) Ingreso en efectivo en calquera oficina de A Banca ou Banco Sabadell en horario de atención ao público A través de caixeiros automáticos nas devanditas entidades financeiras A través da páxina web do Concello www.monfortedelemos.es Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan Monforte de Lemos, 31 de marzo de 2016.- O Alcalde, José Tomé Roca R. 1005 RIBADEO Anuncio BASES ESPECIFICAS REGULADORAS DO ACCESO A UNHA PRAZA DE TÉCNICO DE DE ADMINISTRACIÓN XERAL CON CARACTER DE FUNCIONARIO INTERINO. (Art. 10. 1.c) do EBEP). 1.-OBXECTO DA CONVOCATORIA.O obxecto das presentes bases é a cobertura baixo o réxime de interinidade (art. 10. 1 c. do Estatuto Básico do Empregado Público) dun posto de Técnico de Medio Ambiente da escala Administración Xeral para o desenvolvemento dun programa medioambiental segundo se sinala na base 3. 2.-CARACTERÍSTICAS DA PRAZA. Grupo. (Segundo artigo 76 do Estatuto Básico do Empregado Público) Grupo A, Subgrupo “A1”. Clasificación:Escala de Administración Xeral-Subescala Técnica.Adscripción: Áreas de Goberno de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño e Limpeza Viaria e Xestión de Resíduos. 3.FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO. O desenvolvemento durante o período de 3 anos (sen prexuízo da posibilidade de prórroga por un ano mais) a contar dende a toma de posesión dun Programa denominado “DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DE RIBADEO 2016-2019” que comprenderá os seguintes apartados: Xestións administrativas no abastecemento de auga potable a domicilio e evacuación e tratamento de augas residuais. ► Xestións coa concesionaria dos abastecementos de auga e sumidoiros- VIAQUA- así como con AUGAS DE GALICIA, CONFEDERACION HIDROGRÁFICA DO CANTÁBRICO, vecindade e demáis axentes implicados. ►Mellora da rede de abastecemento de augas ( Actuacións na ETAP de Vilarbetote, substitución da conducción procedente de Vilarbetote, aumento da capacidade de almacenaxe de auga, limpeza do encoro de Lexoso, xestións derivadas da continua contamiación que está afectando a Lexoso, captación de emerxencia en Noceda. ►Mellora no saneamento municipal (Deseño e tramitación de nvos sistemas de depuracion no rural, xestións na ampliación dos núcleos conectados á EDAR de Ribadeo, xestión dos lodos xerados nas depuradoras do Concello,eliminación de punto de vertido incontrolado e contaminante.) ►Controis de vertido e do medio receptos esixidos por Augas de Galicia (EDAR de Ribadeo, depuradoras de Vlela, Porto de Abaixo, Reme de Arriba, Folgosa, pluviais do Polígono, Punto limpo, Casa da Ría, ….). 6 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo ►Controis de vertido e medio recetos de pequenas depuradoras e pluviais no Polígono Industrial.Contratación de servizos. ►Contratación de controis de vertido, medio receptor e do emisario da EDAR de Ribadeo. Xestións administrativas de información e promoción da actividade turística de interese e ámbito local. ►Xestións co Ministerio de Medio Ambiente (Costas), Xunta de Galicia (Conservación da natureza, Augas de Galicia, Calidade e Avaliación Ambiental,….) Deputacion Provincial de Lugo e demáis axentes implicados. ►Recuperación da marxe local da Ría de Ribadeo (substitución de eucaliptos por especies autóctonas, creación de novos sendeiros, etc.). ►Mantemento do galardo de Sendeiro azul da senda copmrendida entre o faro da Illa Pancha e o Muiños de Mareas de As Aceas. ►Recuperacón da senda do tren mineiro. ►Tramites co Ministerio de Medio Ambiente polo camiño natural do Cantábrico. ►Xestóns relativas ao Plan de Conservación do Monumento Natural de As Catedrais da Xunta de Galicia. ►Xestións relativas ao Plan Especial de Protección de As Catedrais do Concello de Ribadeo. ►Xestións destinadas ao recoñecemento de Parque Natural de As Catedrais. ►Xestión de praias: -Mantemento do sistema de xestión de calidade e ambiental. Q de calidade, 14.001 e EMAS implantado en As Catedrais e Os Castros-Illas. -Mantemento do galardón de bandeira azul. -Xestións de persoal nas praias (socorrismo e limpeza). -Xestións con outras administracións, empresas e usuarios. -Xestión dos paneis informativos en praias. -Mellora do saneamento en praias. -Xestión do sistema de cobro poplo uso de aseos en As Catedrais. Mantemento do Sistema de Xestión Ambiental implantado no Concello de Ribadeo baixo a norma ISO 14001 e o Regulamento EMAS. ►Control de cumprimento da lexislación ambiental. ►Sensibilización e formación dos traballadores. ►Control de consumos e xestión de resíduos. ►Mellora continua do comportamento ambiental do Concello. ►Control de subcontratas. Xestión de resíduos sólidos urbanos. ►Xestións con administracións, xestores de resíduos, veciños e demáis axentes implicados. ►Mellora do Plan de recollida de RSO (rutas, calendario, horarios, medios, distribución de contenedores, suxeitacontenedores, etc.). ►Mellora do sistema de recollida selectiva (novos resíduos a xestionar, ampliación dos puntos de recollida, estudo de novos xestores máis económicos….). ►Potenciación da compostaxe doméstica. ►Estudo da xestión de resíduos de poda máis repectuosa co medio ambiente. ►Sensibilización medioambiental a veciños e centros educativos. ►Contratacióno de servizos de recollida envases lexeiros, punto limpo e vertedoiro de entullos. ►Contratación Programa de vixilancia e control do vertedoiro selado de Ove (Orde de 20 de xullo de 2009). Parques e xardíns públicos.►Mellora / Ampliación de espazos verdes e parques urbanos. ►Xestión para creación dunha área de esparcemento para mascotas. ►Control do cumprimento legal (prinjcipalmente no uso de fitosanitarios, ademais de outras normativas de aplicación). 7 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo ►Control do uso de produtos ecolóxicos, respectuosos co medio ambiente. Limpeza viaria. ►Mellora do plan de limpeza viaria (delimitación de zonas eficientemente, reparto de persoal, horarios, medios…...) Protección contra a contaminación acústica, luminosa e atmosférica nas zonas urbanas. ►Control do cumprimento legal. ►Implantación e mellora do Plan de mobilidade urbana de Ribadeo. ►Actuacións no alumeado público. Protección da salubridade pública. ►Cumprimento da Ordenanza de Protección Medio Ambiental do Concello de Ribadeo. ►Control de pragas (ratos, pombas, gaivotas, abespas,…..). ►Eliminación de puntos de vertido contaminante. Eficiencia e aforro enerxético en edificios municipais e alumeado público. ►Estudios pormenorizados sobre estes aspectos. 4. SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición . 5.NÚMERO DE PRAZAS QUE SE CONVOCAN: Unha. 6.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES. a)Xerais:Os establecidos con carácter xeral no artigo 56 e concordantes do Estatuto Básico do Empregado Público. b) Específicos. Titulación académica: Titulo universitario de grao. Licenciatura universitaria. Todos os requisitos esixidos deben posuílos os/as aspirantes o día que remate o prazo para presentar as solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data do seu nomeamento como funcionario interino, no seu caso. 7,- PUBLICIDADE DA CONVOCATORIA E DAS SÚAS BASES.A convocatoria anunciarase no DOG e as Bases no Boletín Oficial da provincia de Lugo e farase pública tamén no taboleiro de anuncios do Concello e web municipal. www.ribadeo.gal Os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no tablón de anuncios do Concello e web municipal. Non se efecturán notificacións individuais. Os aspirantes ás probas obxecto desta convocatoria quedarán enterados do desenvolvemento do proceso mediante as publicacions pertinentes no taboleiro de anuncios do Concello e web municipal (artígo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de noviembre, de RXAPPAC). 8.PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.Ás instancias, solicitando tomar parte no proceso selectivo, dirixiranse á Alcaldía-Presidencia. Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo debidamente cumprimentadas, durante o prazo de vinte días naturais contados dende o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no D.O.G. Poderán asimesmo remitirse na forma establecida na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. Para ser admitidas e, no seu caso, tomar parte nas probas selectivas, as personas aspirantes manifestarán nas súas solicitudes que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas Bases, referidos sempre como máximo ao día no que remate o prazo de presentación de instancias. Os aspirantes con minusvalía igual ou superior ao 33% deberán indicalo expresamente na solicitude. Igualmente as persoas aspirantes comprometense, no caso de ser propostos para o correspondente nomeamento, a prestar xuramento ou promesa de acordo co que determina o Real Decreto 707/1979, de 5 de abril. Á instancia acompañarase inexcusablemente a seguinte documentación: - Fotocopia compulsada do DNI ou documento equivalente. - Unha fotografía a cor tamaño carné. - Titulación, no seu caso, que acredite o cumprimento deste requisito. 8 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo 9.-ADMISIÓN DE ASPIRANTES. DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS. Rematado o prazo de presentación de solicitudes ditarase resolución pola que se declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión, así como o prazo para subsanación que será de 10 días, de conformidade co desposto no art. 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro. A corrección de erros, poderase enmendar de oficio ou a instancia de parte de acordo co art. 105.2 da lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das AA.PP. e do Procedemento Administrativo común. Dita resolución será publicada no Boletín Oficial da Provincia así como no Taboleiro de anuncios do Concello. Quen non presente a solicitude de subsanación ou reclamación no indicado prazo decaerá no seu dereito sendo excluído definitivamente da lista de aspirantes. Rematado o prazo ditarase resolución pola que se aproba a lista definitiva, resoltas as reclamacións que no seu caso se produzan, e indicarase igualmente o lugar e data de comezo do 1º exercicio e orde de actuación dos aspirantes así como a composición do Tribunal, publicándose estes anuncios e calquera outro anuncio sucesivo en relación a este proceso selectivo no taboleiro de anuncios do Concello e web municipal. Se en calquera momento posterior á aprobación da lista definitiva, incluso durante a celebración das probas se advertise nas solicitudes inexactitutde ou falsedade que fora causa de exclusión ésta considerarase defecto insubsanable e resolverá dita exclusión. Dende a terminación dunha proba e ata o comezo da seguinte deberá transcurrir un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días. 10. EXERCICIOS.Serán 3 exercicios. Primeiro Exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de dúas horas, dous temas determinados polo Tribunal inmediatamente antes de comezar o exercicio e relacionados coas materias comprendidas no Programa do ANEXO I, aínda que non se ateñan a un epígrafe concreto daquel. O Tribunal proporá catro temas aos aspirantes dos que deberán elexir dous que deberán contestar obrigatoriamente. Os aspirantes terán liberdade en canto á forma de exposición se refire, valorándose polo Tribunal a formación xeral , a claridade de ideas así como o rigor e precisión na exposición. Posteriormente ou no propio acto serán convocados oportunamente para proceder por sí mesmos á lectura pública dos exercicios no caso de que así o decida o Tribunal cualificador, Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e será preciso acadar un mínimo de 5 puntos para superalo e poder pasar ao seguinte. Segundo exercicio. Práctico. Este exercicio terá carácter práctico, e consistirá en resolver durante unha hora e media como máximo un ou varios supostos prácticos, de entre as opcións propostas polo tribunal. Os supostos, referidos a cometidos propios da praza convocada, terán relación coas materias específicas do temario do programa anexo. Este exercicio cualificaranse de 0 a 10 puntos e será preciso acadar un mínimo de 5 puntos para superalo. Terceiro exercicio.- De carácter obrigatorio e non eliminatorio consistirá na traducción direta do castelán ao galego ou á inversa dun texto proposto polo Tribunal inmediatamente antes de celebrarse o exercicio, nun tempo máximo de 30 minutos, e sen axuda de diccionario. Este exercicio cualificarase cun máximo de 2 puntos. *Quedarán exentos de celebrar este exercicio aqueles aspirantes que aporten antes da súa celebración título oficial de coñecemento do galego, nivel de perfeccionamento ou equivalente (Celga 4), que se valorará con 2 puntos. Cualificación final: A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios do proceso selectivo será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por todos os membros do Tribunal ou a determinada de común acordo polo conxunto dos seus membros. A puntuación total do proceso selectivo será a suma das cualificacións da fase de concurso e dos dous exercicios da fase de oposición. 11.TRIBUNAL CUALIFICADOR. Estará constituído polas seguintes persoas: 9 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo Presidente: Titular e suplente correspondente. Un funcionario de categoría ou escala igual ou superior á praza que se convoca, designado pola Alcaldía-Presidencia. Vogais: 3 funcionarios de categoría ou subescala igual ou superior ao posto que se convoca e os seus suplentes correspondentes. Secretario: O Secretario Xeral do Concello de Ribadeo e como suplente do mesmo un funcionario do Concello con categoría igual ou superior ao posto que se convoca. Actuará con voz e sen voto. O Tribunal queda autorizado para resolver-las dúbidas que se presenten no non previsto nestas bases e para toma-los acordos necesarios para a boa orde das probas. Aplicarase igualmente a lexislación básica do Estado sobre Función Pública e o R.D. 896/1991 polo que se establecen as reglas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección de persoal funcionario de Administración Local. No non previsto nelas, a regulamentación para o ingreso na Función Pública da Comunidade Autónoma de Galicia e supletoriamente, o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración do Estado. 12.- RELACIÓN DE APROBADOS.Unha vez rematada a cualificación das persoas aspirantes o Tribunal publicará por orde de puntuación a relación de aprobados e elevará dita relacion ao órgano competente do Concello aos efectos da tramitación do correspondente nomeamento. O Tribunual cualificador non poderá propoñer o acceso á condición de funcionario interino a un número superior de aprobados ao de postos ou prazas convocadas, neste caso unha. 13.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS. A persoa proposta aportará, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os seguintes documentos: 1.- Fotocopia (que deberá presentarse co orixinal para compulsar) do seu Documento Nacional de Identidade ou documento que o substitúa. 2.- Copia autenticada ou fotocopia (que deberá presentarse co seu orixinal para compulsar) do título ou no seu caso, diploma en base ao cal se procedeu á súa admisión ou xustificante de ter cumpri-los requisitos para a expedición do mesmo. 3.- Certificado acreditativo de posuir a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ao que aspira. No supostos de persoas con discapacidade observarase tamén o que establece o apartado da Base duodécima. 4.-Certificado de antecedentes penais. 5.-Declaración complementaria de conduta cidadá. 6.- Declaración responsable de non ter sido separado do servizos do Estado, das Comunidades Autónomas ou das Entidades Locais mediante expediente disciplinario nin e atopar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentenza firme. 7.- Declaración responsable de non se atopar incurso en ningún dos supostos de incapacidade específica conforme á normativa vixente. 8.- Declaración responsable de non incurrir en ningún dos supostos de incompatibilidade do persoal ao servizo das Administracións Públicas segundo a Lei53/1984, de 26 de decembro e normativa de desenvolvemento da mesma. 9.- Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social (para o caso de haber estado de alta na mesma). 8.- Número de conta bancaria. O aspirante cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33% que supere a oposición deberá ademais acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes así como a compatibilidad eco desempeño das tarefas do posto. Para o suposto de que tivera a condición de funcionario ou empregado público, estará exento de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento debendo presentar certificación do Ministerio ou Organismo de que dependa, acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal ou folla de servizos. 14. NOMEAMENTO E TOMA DE POSESIÓN.Quen no prazo indicado non presente a documentación indicada (salvo casos de forza maior), non poderá ser nomeado funcionario interino, quedando anuladas todalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que poida incorrer por falsedade na instancia solicitando tomar parte no proceso selectivo. 10 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo O aspirante nomeado funcionario deberá tomar posesión no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao que lle sexa notificado o nomeamento, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixese dentro do prazo sinalado. O nomeamento como funcionario/a interino/a será publicado no BOP de Lugo. 15.-LEXISLACIÓN DE APLICACIÓN.O RDL 5/2015, de 5 de outubro de aprobación do TR da Lei do Estatuto básico do empregado público. A Lei 2/2015, de 29 de abril de Emprego Público de Galicia. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do réxime local. R.D. Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, que aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local. Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia. Decreto 95/1991, do 20 de marzo, da Comunidade autónoma de Galicia pola que se aproba o Regulamento de selección de persoal e Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado. Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, que aproba as regras básicas e programas mínimos a que se debe axustar o procedemento de selección dos funcionarios da administración local. Orde APU/1461/2002, do 6 de xuño, pola que se establecen as normas para a selección e nomeamento de persoal funcionario interino e demais disposicións concordantes de aplicación. ANEXO I- TEMARIO A)Parte xeral.1,-A Constitución española de 1978. Estrutura. Características xerais. Principios que informan a Constitución española de 1978. O Título preliminar da Constitución. Os dereitos fundamentais e as liberdades públicas. 2. O Estatuto de Autonomía de Galicia. 3. Os principios reitores da política social e económica. A economía e a facenda na Constitución. O tribunal de contas. 4. A Lei. Elaboración e aprobación das leis. Tipos de leis na Constitución. Disposicións do goberno con forza de Lei. O regulamento. A potestade regulamentaria. Distinción de figuras afíns. As relacións entre a Lei e o Regulamento. Inderrogabilidade singular dos Regulamentos. 5. As fontes do dereito administrativo. Os tratados internacionais como norma de dereito interno. As relacións entre o ordenamiento estatal e o autonómico. 6. A administración local na Constitución de 1978. Especial análise do principio da autonomía local. Fontes do ordenamiento xurídico local. Lexislación estatal e autonomica sobre réxime local. A potestade regulamentaria das entidades locais. Órganos titulares. As ordenanzas e regulamentos. 7.O Municipio. Concepto e elementos. A poboación municipal. O empadroamento: o padrón municipal de habitantes. Os dereitos dos veciños. Os dereitos dos estranxeiros. A participación veciñal. 8. O térmo municipal. Creación e supresión de municipios. Alteración de termos municipais. 9. A organización municipal. Principios fundamentais. Municipios de gran poboación e municipios de réxime común. Municipios de gran poboación: O alcalde. Competencias. Forma de elección e cese. Os tenentes de alcalde. A xunta de goberno local: composicion e atribuciones. O Concello pleno. Composición e competencias. 10.As comisións Informativas.Os grupos políticos municipais. A participacion veciñal na xestión municipal. O concelllo aberto. Outros rexímenes especiais. A Organización do Concello de Ribadeo. 11.Estruturas supramunicipales. A comarca. As mancomunidades. As áreas metropolitanas. Os consorcios locais. 12.Réxime de sesións e acordos das corporacións locais. Normas reguladoras. As sesións; as súas clases; requisitos e procedementos de constitución e celebración. Os acordos das corporacións locais. 13.Sistema de votación e computo de maiorías actas e certificacións. Informes do secretario e do interventor. As resolucións do presidente da corporación. Moción de censura e cuestión de confianza. 14.A Unión Europea. A comisión. O consello. A asemblea ou parlamento europeo. O tribunal de xustiza. 15. A política rexional da Unión Europea. Os fondos estructurais. A cohesión económica e social. 16. A administración do Estado. A estrutura. Órganos consultivos. A administración periférica. Relacións entre a administración central, autonómica e local. 11 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo 17.A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas. Os Estatutos de Autonomía. Réxime de competencias. Relación entre o Estado e as comunidades autónomas. 18. O acto administrativo. Concepto e clases. Elementos. Requisitos: motivación e forma. Eficacia dos actos administrativos. Executividade. 19.A notificación dos actos. A publicación de disposicións xerais e actos administrativos. A invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade e anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo. A revisión de actos e disposicións pola propia administración: supostos. A revogación dos actos. A rectificación dos erros materiais ou de feito. 20.O procedemento administrativo. Concepto, fins e clases. Disposiciones xerais sobre os procedementos administrativos e normas reguladoras dos distintos procedementos. Clases de interesados no procedemento. Dereitos dos cidadáns. 21.Inicio do procedemento administrativo: clases, emenda e mellora das solicitudes. Presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. Os rexistros administrativos. Términos e prazos: cómputo, ampliación e tramitación de urxencia. 22.O Procedemento administrativo. Ordenación. Instrución: intervención dos interesados, probas e informe. 23. Finalización do procedemento. A obriga de resolver. Contido da resolución expresa: principio de congruencia e de non agravación da situación inicial. A terminación convencional. A falta de resolución expresa: o réxime do silencio administrativo. O desistimiento e a renuncia. A caducidade. 24.Os recursos administrativos. Principios xerais. Actos susceptibles de recursos administrativos. Clases de recursos administrativos. Tramitación. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos: conciliación, mediación e arbitraxe. A suspensión da execución do acto recorrido. As reclamacións previas ao exercicio das accións civís e laborais. 25. A potestade sancionadora: concepto e significado. O dereito sancionador. Principios do exercicio da potestade sancionadora. As sancións administrativas: concepto, natureza e clases. O procedemento sancionador. 26. A xurisdicción contencioso-administrativa. A súa natureza, extensión e límites. Órganos e competencias na orde xurisdiccional contenciosa-administrativa. 27. Lei de contratos do sector público: Título preliminar: Disposicións xerais. Obxecto e ámbito de aplicación da lei. 28. Contratos do sector público.Delmitación dos tipos contractuales. Negocios e contratos excluídos. 29.Configuración xeral da contratación do sector público e elementos estructuraiss dos contratos. Disposicións xerais sobre a contratación do sector público. Partes no contrato. Órgano de contratación. Capacidade e solvencia do empresario. Acreditación da aptitude para contratar. 30. Obxecto, prezo e contía do contrato. Normas xerais. Revisión de prezos nos contratos das administracións públicas. Garantías exixibles na contratación do sector público. 31. Preparación dos contratos: Preparación de contratos polas administracións públicas. Expedientes de contratación. Prego de cláusulas administrativas e de prescripciones técnicas. 32.Normas especiais para a preparación de determinados contratos. Actuacións preparatorias do contrato de obras. Actuacións preparatorias do contrato de xestión de servizos públicos. 33. Actuacións preparatorias do contrato de concesión de obra pública. Actuacións preparatorias dos contratos de colaboración entre o sector público e o sector privado. 34. Adxudicación dos contratos. Racionalización técnica da contratación: Normas xerais. Acordos Marco. Sistemas dinámicos de contratación. Centrais de contratación. 35. Efectos, cumprimento e extinción dos contratos administrativos. Normas xerais: efectos dos contratos. Prerrogativas da administración pública nos contratos administrativos. 36. Execución dos contratos. Modificación dos contratos. Extinción. Cesión de contratos e subcontratación. 37.Tipos de contratos do sector público: Normas especiais para contratos de obras, concesión de obra pública, xestión de servizos públicos, subministracións, servizos e de colaboración entre o sector público e o sector privado. 38. A responsabilidade da administración pública. Orzamentos. Efectividade da reparación. Os procedementos de responsabilidade patrimonial. A responsabilidade de público. A concesión e a reserva demanial. O patrimonio privado das administraciones públicas. 39. A Lei xeral presupuestaria. Estrutura e principios xerais. Dereitos e obrigas da facenda pública. 40. A Lei 58/2003 de 17 de decembro, xeral tributaria. Disposicións xerais do ordenamento tributario. Os tributos. A aplicación dos tributos: xestión de tributos. Actuación e procedemento de inspección. Actuación e procedemento de recadación. A potestade sancionadora. Revisión en vía administrativa. 12 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo 41. Os recursos contra os actos das entidades locais. A revogación e a revisión de oficio. As reclamaciones previas á vida xudicial ordinaria. A revisión dos actos administrativos pola urisdicción contenciosoadministrativa. 42. A función pública local. Normativa básica estatal e lexislación autonómica. A oferta de emprego. O acceso á función pública: principios reguladores. Requisitos. Sistemas selectivos. A extinción da condición de funcionario público. O réxime de provisión de postos de traballo. A carreira administrativa. 43. Dereitos e deberes dos funcionarios locais. O código de conduta dos empregados públicos. O réxime de incompatibilidades. Réxime disciplinario dos funcionarios locais: responsabilidade civil, penal e patrimonial do persoal ao servizo da administración local. 44. Dereito á negociación colectiva, representación e participación institucional. O dereito de folga. Os convenios colectivos. A adopción de medidas de conflicto colectivo. Convenio colectivo e acordo de funcionarios do Concello de Ribadeo. 45. Marco normativo específico de prevención de riscos laborais. A Lei de prevención de riscos laborais: ambito de aplicación. Dereitos e obrigacións. Órganos de representación en materia preventiva: Delegados de prevención e comité de seguridad e saúde. 46.Competencias urbanísticas do Estado, das comunidades autónomas e das entidades locais. Réxime urbanístico do chan. Clasificación e réxime de as distintas clases de chan. Dereitos e deberes dos propietarios. 47. Planeamento urbanístico. Clases de instrumentos de ordenación. Disposicións Xerais. O plan xeral municipal. Obxecto, determinacións e documentación. 48. O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo de 2014. Conceptos xerais. 49. A Lei de subvencións de Galiza.Obxecto e ámbito de aplicación. Principios Xerais.Requisitos para o outorgamento de subvencións. Os beneficiarios. 50. As facendas Locais: Principios constitucionais. Lexislación aplicable. Imposición e ordenación de tributos locais. As ordenanzas fiscais: contido e procedimento de elaboración. 51. As ordenanzas fiscais de Ribadeo. Conceptos xerais. 52. Recursos das facendas locais. Impostos. Taxas. Prezos públicos. As contribucións especiais. Réxime xurídico. 53.O orzamento das entidades locais. Estrutura. Principios orzamentarios. Formación e aprobación do orzamento. As bases de execución. Prórroga do orzamento. Materias específicas: B)Parte específica 54. Normativa comunitaria, estatal e da Comunidade Autónoma de Galicia sobre Medio Ambiente. Evolución e lexislación actual. ALei 1/1995, do 2 de xaneiro, de Protección Ambiental de Galicia 55. Competencias da Administración Local en materia de Medio Ambiente 56. Distintos aspectos da Educación Ambiental. 57. Indicadores ambientais. Definición, obxectivos e criterios que deben cumprir 58. Indicadores ambientais do aire e do cambio climático 59. Indicadores ambientais da natureza e da biodiversidade 60. Indicadores ambientais da auga e de residuos 61. Guía Europea para a planificación das Axendas 21 Locais 62. Axenda 21 Local 63. Sistemas de xestión ambiental . A Norma ISO 14001 e regulamento EMAS. Certificacións ambientais. Auditorías ambientais 64. A participación cidadá en materia de medio ambiente 65. Bandeira Azul 66. A enerxía. Enerxías renovables. Uso eficiente da enerxía 67. Lei 8/2002, do 18 de decembro, de protección do ambiente atmosférico de Galicia. Control da contaminación atmosférica. 68. RDL 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas . Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia 69. Calidade das augas. Normativa aplicable 13 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo 70. Depuración de augas. EDAR´s adscritas ao Concello de Ribadeo. 71. Augas para o consumo humano, fontes naturais de auga. Normativa legal aplicable 72. As praias: sanidade ambiental. 73. Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados. Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia 74. Planificación galega en materia de residuos. A liña estratéxica da educación ambiental. 75. Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 76. Lei 7/2012 de Montes de Galicia. 77. Normativa en materia de conservación da natureza 78. Rede Natura 2000. Espazos de interese ambiental e Monumentos naturais en Ribadeo. Espazos LIC. 79. Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia 80. A contaminación acústica. Lexislación vixente ao respecto . 81. Lexislación vixente sobre protección e tenza de animais de compañía e de animais potencialmente perigosos. 82. Ordenanza municipal de aproveitamento especial dos viarios públicos do Concello de Ribadeo 83. Ordenanza de Protección Medioambiental do Concello de Ribadeo. 84. Regulamento do servizo de augas e sumidoiros do Concello de Ribadeo. 85. A avaliación ambiental de plans e programas. Especial referencia ao planeamento urbanístico municipal. 86. A avaliación de impacto ambiental. Actividades e proxectos sometidos a dito procedemento. Especial referencia a normativa galega. 87. A regulación integrada do exercicio de actividades na Lei 9/2013, de 19 de diciembre, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, en materia de licenzas de actividade 88. Autorización ambiental integrada. A licencia ambiental de actividades clasificadas. 89.O Plan de Ordenación do Litoral de Galicia. 90. O Plan de conservación do Monumento Natural da Praia de As Catedrais. Ribadeo, 14 de marzo se 2016.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA. O SECRETARIO XERAL, JOSÉ A. CARRO ASOREY R. 1006 Anuncio NOTIFICACIÓN Aos efectos legais segundo disposto no artigo 59.5 da vixente Lei 30/19 de 26 de novembro RXXAPPAC., faise pública a resolución que se transcribe, ao non ser posible notificar ao titular catastral coñecido D. Evaristo Martínez: “RESOLUCIÓN DA ALCALDIA DE REPOSICIÓN DA LEGALIDADE URBANISTICA: Examinado o informe emitido pola oficina técnica municipal con data 11 de novembro de 2015 no que se da conta das obra que se realizaron na edificación sita en Atalaia, 20 de Ribadeo, que no contan, s.e.u.o. con licenza de obras e que consisten nun incremento de volume coa construcción dn porche de estrutura de madeira con vigas e pilares de madeira e cubricion de lousa. Considerando, que os feitos descritos deben cualificarse como un suposto de obras en execución ou rematadas sen contar con licencia urbanística, infrinxindo o disposto no artigo 209 e concordantes da Lei 9/2002, de 30 de decembro de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galiza e 54 e concordantes do Decreto 28/1999 de 21 de xaneiro polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística. Vista-las competencias atribuídas polos devanditos preceptos a esta Alcaldía, Lei de Réxime Local 7/1985, de 2 de abril, e demáis de pertinente aplicación, RESOLVO: 1º.Suspender as obras de referencia, ordenando de xeito cautelar a retirada dos materiais preparados para seren utilizados nas obras así como a maquinaria afectada ás mesmas se houbera. 14 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo 2º. Incoar expediente para a reposición da legalidade urbanística conforme ao referido artigo da Lei 9/2002 e concordantes, concedendo ao interesado un prazo de audiencia de 10 días para que formule as alegacións que estime convenientes en defensa dos seus dereitos; sen prexuízo da reposición da legalidade conforme á normativa da Lei 9/2002 citada. 3º. A incoación, en peza separada, de expediente sancionador por presunta infracción urbanística cometida ao executar as referídas obras sen se adaptar á licencia urbanística que as ampara. 4º. O traslado desta Resolución xunto co informe técnico referido que motiva este acto de conformidade con canto dispón o artigo 89.5 da vixente Lei 30/1992, de 26 de novembro de RXAPPAC, á parte interesada aos efectos legais procedentes.” O expediente relativo á resolución indicada estará a disposición dos interesados nas oficinas da secretaría xeral desta entidade (Oficina da ARI), polo prazo de dez días hábiles, aos efectos expresados na mesma. Ribadeo, 7 de abril de 2016.- O ALCALDE, Fernando Suarez Barcia. O SECRETARIO EN FUNCIONS, Jose Rodil Veiga R. 1007 Anuncio RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DA LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS A UN POSTO DE CONDUTOR MECÁNICO DE VEHICULOS MUNICIPAIS SUXEITO A LEXISLACIÓN LABORAL DE CARÁCTER INTERINO. De conformidade co disposto nas Bases para provisión dun posto de traballo de Condutor Mecánico (posto 716 da RPT) de carácter interino previsto no cadro de persoal laboral deste Concello unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, esta Alcaldía no uso das atribucións que lle confire a vixente lexislación de Réxime Local, RESOLVE: 1º.Prestar aprobación á lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que de seguido se relacionan: ADMITIDOS 1. Alvarez Rodríguez, Iván 2. Blanco Rubal, Luis Antonio 3. Cereijo Osorio, Alejandro Manuel Iván 4. Fernández Díaz, José Angel 5. Fernández Pacio, Noé 6. Fuentes Lamela, José Antonio 7. García Díaz, José Manuel 8. Gómez Luaces, David 9. González Fernández, Severino Diego 10. Hermida Fernández, José 11. Lombardero Piquín, Agustín 12. Maseda Carreiras, Isidro 13. Monteserín Gómez, Mauricio 14. Orosa Pérez, Manuel José 15. Penedo Rodríguez, Samuel 16. Ramallal López, Manuel 17. Rivas Rodríguez, Borja 18. Sanjulián Díaz, Joaquín 19. Sordo Yanes, Iván 20. Veiras Brea, Julio César 15 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo EXCLUIDOS Apelidos e nome Causa de exclusión López García, Balbino Non aporta a convocatoria. titulación esixida nas Bases da Sangrador Vidal,José Ramón Non aporta a convocatoria. titulación esixida nas Bases da 2º. Remitir anuncio ao Boletín Oficial da Provincia de Lugo e ao taboleiro de anuncios do Concello para que durante o prazo de dez días se formulen as alegacións ou correccións de erros que no seu caso procedan. Mandao e asinao o Sr.Alcalde, en Ribadeo a data sinatua electrónica do que eu Secretario dou fe. Ribadeo, 7 de 4 de2016.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA. O SECRETARIO EN FUNCIÓNS, JOSÉ RODIL VEIGA R. 1008 SAMOS Anuncio Aprobados pola Xunta de Goberno Local en data 07/04/2016, os padróns municipais dos Prezos Públicos polos servizos de axuda no fogar e vivendas comunitarias/apartamento tutelado, correspondentes a MARZO de 2016, expoñense ao público polo prazo de 15 días contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no B.O. P., rematado este prazo sen presentarse reclamacións, entenderanse definitivamente aprobados. O cobro dos mesmos realizarase mediante ingreso dos contribuintes na conta do Concello no Banco Pastor ou BBVA de Samos. Fixanse como periodo de cobro en voluntaria: *Do Prezo Público polo servizo de axuda no fogar con carácter posterior á prestación do servizo carácter específico, durante os vinte primeiros días do mes seguinte. e con * Do Prezo Público polo servizo de vivendas comunitarias e apartamento tutelado o prazo de cinco días, dende o día seguinte a exposición deste anunico no BOP. Este anuncio ten carácter de notificación colectiva ó amparo do previsto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. Durante o devandito prazo os interesados poderán examinar e formular contra os actos que se notifican ante a Xunta de Goberno Local deste Concello, recurso de reposición previo ao contencioso administrativo, no prazo dun mes a contar dende a exposición pública dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderán interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción. Transcurrido o periodo de pago en voluntaria as débedas serán esixidas polo procedemento de apremio a través do servizo provincial de recaudación. En Samos, a 7 de abril de 2016.- O ALCALDE, Julio Gallego Moure. R. 1009 Anuncio Aprobado pola Xunta de Goberno Local en sesión de 07/04/16 o padrón municipal da Taxa por subministro de auga e canon da agua a Samos e as parroquias limitrofes, correspondente ao 3º trimestre de 2015, exponse ao público polo prazo de 15 días contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no B.O. P., rematado éste sen presentarse reclamacións, entenderase definitivamente aprobado. O cobro do mesmo realizarase mediante cargo na conta bancaria respectiva, para aqueles que o teñan domiciliado, e mediante ingreso dos contribuintes na conta do Concello no Banco Pastor, Banco de Santander ou BBVA de Samos, noutro caso. Fixase como periodo de cobro en voluntaria o prazo de dous meses dende o día seguinte a finalización da exposición desta publicación no BOP. A falta de pagamento en periodo voluntario do canon de auga suporá a esixencia directamente ao contribuinte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. 16 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Consellería de Facenda) da Xunta de Galicia, no prazo dun mes dende o día seguinte ao remate de exposición pública do padrón Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ó amparo do previsto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. Durante o devandito prazo os interesados poderán examinar e formular contra os actos que se notifican ante a Xunta de Goberno Local deste Concello, recurso de reposición previo ao contencioso administrativo, no prazo dun mes a contar dende a exposición pública do padrón. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderán interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción. Transcurrido o periodo de pago en voluntaria as debedas serán esixidas polo procedemento de apremio a través do servizo provincial de recaudación. En Samos, a 7 de abril de 2016.- O ALCALDE, Julio Gallego Moure. R. 1010 VIVEIRO Anuncio Aprobación dos padróns fiscais de Auga e canon de Saneamento, rede de sumidoiros e Taxa de Recollida de Lixo 1º trimestre do exercicio 2016 e anuncios de cobranza. Con data de 06 de abril por resolución da Alcaldía procédese á aprobación dos seguintes padróns fiscais : Tributo Exercicio Importe Auga potable 1º Trimestre de 2016 157.283,48 € Conservación de contadores 1º Trimestre de 2016 5.070,90 € Rede de sumidoiros 1º Trimestre de 2016 31.533,74 € Depuración de augas residuáis 1º Trimestre de 2016 98.018,74 € Recollida de lixos 1º Trimestre de 2016 298.872,55 € Canon auga (Xunta) 1º Trimestre de 2016 84.029,30 € De conformidade co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, pola que se aproba a Lei Xeral Tributaria, ábrese un período de exposición pública por espazo de 15 días hábiles, para o seu exame por parte dos contribuíntes. Finalizado o prazo de exposición pública, poderá interpoñerse o recurso de reposición regulado no artigo14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no prazo de un mes ante a Alcaldesa. Se o recurso non se resolvese no prazo de un mes entenderase desestimado. Contra a resolución do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, de acordo co disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción ContenciosoAdministrativa. Contra a desestimación por silencio administrativo, o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo será de seis meses. Anuncios de cobranza : De acordo co previsto no artigo 24 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, indícase o seguinte en relación cos tributos anteriormente citados: 1) O prazo de ingreso no período voluntario dos recibos será desde o día 07 de abril de 2016 ao 08 de xuño de 2016, ambos inclusive. 2) Os contribuíntes poderan aboar os seus recibos en calquera oficina de Abanca, dentro do prazo sinalado e durante os días e horas hábiles de ingreso que tal entidade ten establecidos, presentando a comunicación que a tal efecto lles será remitida ao seu domicilio tributario. Os que non recibiran dita comunicación poderán contactar coa oficina de VIAQUA de Viveiro, onde se lles facilitará documentación para poder efectuar o pago nas oficinas de: ABANCA, BBVA, SANTANDER, LA CAIXA ou CORREOS. 3) Recórdase a conveniencia de facer uso da modalidade de domiciliación de pago de recibos a través de entidades bancarias e caxias de aforros, conforme as normas que sinala o artigo 38 do Regulamento 17 Núm. 087 – Sábado, 16 de Abril de 2016 B.O.P de Lugo Xeral de Recadación, e abvírtese que, transcorrido o prazo de ingreso sinalado anteriormente, iniciaráse o período de constrinximento de cobro, xerando os recargos sinalados nos artigos 28 e 161 da Lei 58/2003. Viveiro, 06 de abril de 2016.- Alcaldesa, María Loureiro García R. 1011 Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 16.04.2016 08:00:00 CEST Razón: Localización: España