DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15349 III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA EXTRACTO da Orde do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16. BDNS (Identif.): 304563 De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/ bdnstrans/index): Primeiro. Persoas beneficiarias Alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2015/16 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. Segundo. Obxecto Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacha- CVE-DOG: biizrwt6-vdu8-kxm3-trv5-kqv0yon8scn3 relato para o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2015/16 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos na orde. Terceiro. Bases reguladoras Orde do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16. Cuarto. Importe 20 premios extraordinarios cunha dotación total de 20.000 €, que non poderán exceder os 1.000 € por premio. ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15350 Quinto. Prazo de presentación de solicitudes O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016. Santiago de Compostela, 11 de abril de 2016 CVE-DOG: biizrwt6-vdu8-kxm3-trv5-kqv0yon8scn3 Román Rodríguez González Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia