JUEVES, 5 DE MAYO DE 2016 Nº 103 EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO. UNIDADE DE OBRAS E PLANS Anuncio Polo órgano competente desta Deputación foron tomados en consideración os proxectos das obras: (CANON 2008/2010)-PÁRAMO (O).- ACONDICIONAMENTO DE ACCESO A SAN VICENTE, QUINTELA E PINTE (EX 002 OB 16 AB). En cumprimento do que se dispón no art. 93 do T.R.R.L aprobado por R.D.L. 781/86, ábrese un período de información pública para os efectos de alegacións, reclamacións ou suxestións por parte de persoas ou entidades lexitimadas, por espazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste edicto. Palacio Provincial de Lugo a vintenove de abril de dous mil dezaseis. O PRESIDENTE, Darío Campos Conde. O SECRETARIO, Manuel Castiñeira Castiñeira. “O PRESIDENTE, P.D. Decreto nº 2616/ 2015, de data 26-10-2015, O DEPUTADO PROVINCIAL, Álvaro Santos Ramos”. R. 1268 CONCELLOS O CORGO Anuncio Expoñense ó público durante 10 días aos efectos de exame e reclamacións os seguintes documentos: Anteproxecto de pavimentación de camiños no núcleo de Don Xulián e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Manuel Campo Díaz. Alumeado público no campo de adestramento redactado polo enxeñeiro técnico industrial: Nicanor Piñeiro Sampedro. Proxecto de Mellora e mantemento de accesos:Sabarei de Arriba-Revolta,Crta Farnadeiros – Sabarei, O Novo – Lu-546 – Manán San Cosme – Hospital, De Queizán de Abaixo aos Muiños redactado polo enxeñeiro de camiños: Jesús María Saldaña Valles. Anteproxecto do peche perimetral e sinalización de zonas destinadas a déposito temporal controlado de residuos de plásticos procedentes de actividades agrarias TM O Corgo, redactado polo técnico superior proxectista: José Antonio González Gómez. Anteproxecto básico de prolongación da rede de saneamento en A Gándara, redactado polo técnico superior proxectista: José Antonio González Gómez. Anteproxecto de mellora do alumeado do campo de fútbol municipal do Corgo. redactado polo enxeñeiro técnico industrial: Nicanor Piñeiro Sampedro. Anteproxecto da pavimentación de vías municipais entre os núcleos de poboación do Canteiro ( Castroverde) e Adai ( O Corgo) redactado polo enxeñeiro de camiños José Miguel Veigas Méndez. Proxecto de reserva viaria RI-1 no parque empresarial do Corgo redactado polo enxeñeiro de caminos, canles e portos Antonio López López. O Corgo, 11 de abril de 2016.- O Alcalde, José Antonio Ferreiro González R. 1241 2 Núm. 103 – Jueves, 5 de Mayo de 2016 B.O.P de Lugo O INCIO Anuncio Mediante Decreto da Alcaldía de data 20/4/2016 aprobouse o padrón de contribuíntes da taxa pola prestación dos servizos de abastecemento de auga, recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos e canon autonómico de auga correspondente ao primeiro trimestre de 2016. O importe total do padrón ascende a 36.908,13 €, sendo o período voluntario de cobro desde o 25/04/2016 ata o 25/06/2016 ámbolos dous inclusive, de conformidade co previsto nos arts. 12 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e 62.3 da Lei Xeral Tributaria. O resumo do Padrón é o seguinte: Período Auga Lixo Canon IVE Total 1º T 2016 11.815,18 20.071,30 3.840,05 1.181,60 36.908,13 Procédese á exposición pública de dito Padrón durante o prazo de quince días a partir da publicación do anuncio de cobro no Boletín Oficial da Provincia, durante o dito prazo o padrón estará a disposición dos interesados no Concello para que poidan examinalo e presentar cantas reclamacións estimen oportunas. Contra o acto de aprobación do Padrón poderá interporse recurso de reposición ante a Alcaldesa no prazo dun mes a contar dende o seguinte ó da finalización do período de exposición pública do Padrón, de conformidade ó previsto no art. 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. O Incio, 20 de abril de 2016.- A ALCALDESA, Laura Celeiro García. R. 1242 LUGO Anuncio A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 20 de abril de 2016, aprobou a forma de adxudicación mediante procedemento aberto para A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA, REPARACIÓN, MANTEMENTO E CONSERVACIÓN DAS FONTES ORNAMENTAIS DO CONCELLO DE LUGO. (Exptdte: 4-2016). Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación conforme as seguintes características: 1.- Entidade adxudicadora. a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Patrimonio. 2.- Obxecto do contrato. a)Descrición do obxecto: A prestación dun servizo de limpeza, reparación, mantemento e conservación das fontes ornamentais do Concello de Lugo. b) Prazo de execución: O prazo de execución deste contrato será de UN ANO, contado a partir da acta de inicio da prestación do servizo, podendo prorrogarse por mutuo acordo das partes por outro ano máis como máximo. 3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: ordinaria b) Procedimiento: aberto 4.- Tipo de licitación a) Orzamento máximo do Contrato: O valor estimado deste contrato, tendo en conta a duración e as prórrogas ascende a 59.504,14 euros, IVE excluído. O prezo máximo para a primeira anualidade ascende a 29.752,07 euros, máis o 21% de IVE: 6.247,93 euros, resultando un total anual de 36.000 euros, IVE incluído. 5.- Garantías: a) Provisional: non se esixe b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluido o IVE, 6. Obtención de documentación e información. a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Patrimonio. 3 Núm. 103 – Jueves, 5 de Mayo de 2016 B.O.P de Lugo b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197. c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002 d) Teléfonos: (982) 29-73-01, 29-71-86. e) Telefax: (982) 29-72-59. f) Dirección internet: www.lugo.gal (perfil do contratante, servizos) g) Data límite de obtención de documentos e información: Ata o remate do prazo de presentación de proposicións. 7.- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación. a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partires da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. No caso de que o último día coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día hábil. b) Documentación que hai que presentar: A que figura na cláusula décima do prego de condicións. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares establecidos nos pregos. 2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197 3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002 8.- Apertura das ofertas. a) Entidade: Concello de Lugo b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª Planta) c) Localidade: Lugo d) Data: ó segundo día natural ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se dito día coincidise en sábado ou festivo a apertura realizarase ó seguinte día hábil. O devandito prazo ampliarase, no caso de ser necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse regulamentariamente o aviso de presentación das proposicións por correo. 9.- Outras informacións: As que se recollen no prego de condicións. 10.- Gastos dos anuncios: 66,17 euros que serán por conta dos adxudicatarios. Lugo, 27 de abril de 2016.- A TENENTA ALCALDE DELEGADA DA ÁREA DE ECONOMÍA, EMPREGO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, Ana Prieto Nieto. R. 1243 Anuncio Por Decreto número 160002546, de data sete de abril de dous mil dezaseis, aprobouse o Padrón de suministración de auga e IVA s/seu consumo, recollida de lixo, sumidoiros, aluguer de contador e canon de auga correspondente ao primeiro trimestre de 2016, que se expón ao público na Unidade de Augas, sito na Ronda da Muralla, 197, durante o prazo de quince días hábiles, a contar dende o seguinte, tamén hábil, da publicación deste Edicto no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante ó órgano que dictou o acto no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do periodo voluntario de pagamento, sen prexuizo do disposto no artigo 63 da Ordenanza Fiscal Xeral. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación. Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria. Lugo, 7 de abril de 2016.- A ALCALDESA, P.D.O TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DE EDUCACIÓN E INFRAESTRUCTURAS URBANAS, Manuel Núñez López R. 1244 4 Núm. 103 – Jueves, 5 de Mayo de 2016 B.O.P de Lugo OUROL Anuncio Convocatoria de elección de Xuíz de Paz titular De conformidade co disposto nos artigos 4 e 5.1 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz e 101 e 102 da Lei orgánica do Poder Xudicial, faise pública a convocatoria para a elección de Xuíz de Paz titular do concello de Ourol. CONVOCATORIA 1º.- OBXECTO.- Elección de Xuíz de Paz titular do concello de Ourol polo Pleno do Concello. 2º.- CONDICIÓNS LEGAIS QUE DEBEN REUNIR OS SOLICITANTES.Ser español. Ser maior de idade. Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade que sinala o artigo 303 da Lei orgánica do Poder Xudicial. 3º.- INCOMPATIBILIDADES.- As causas de incompatibilidade ás que se refiren os artigos 389 e seguintes da devandita lei orgánica, operarán con posterioridade ao nomeamento, mediante opción que efectúen os nomeados. Non constitúen causa de incompatiblidade a dedicación á docencia ou á investigación xurídica, e ao exercicio de actividades profesionais ou mercantís sempre que non impliquen asesoramento xurídico de ningún tipo e que, pola súa natureza, non sexan susceptibles de impedir ou menoscabar a súa imparcialidade ou independencia nin poidan interferir no estrito cumprimento dos deberes xudiciais. 4º.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- Quince días hábiles que comezarán a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. 5º.- DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACHEGARSE COA SOLICITUDE.- A solicitude será facilitada nas oficinas municipais, e acompañarase da seguinte documentación: Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do documento nacional de identidade. Certificación médica expedida pola Xefatura Provincial de Sanidade acreditativa de non estar impedido fisica ou psiquicamente para o exercicio da función xudicial. Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da lei 68/1980, do 1 de decembro, no seu punto 1, a), referente a “ si se encontra inculpado ou procesado”. Xustificante dos méritos que, no seu caso, alegue o solicitante. 6º.- LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.- No rexistro do Concello, en días laborais, en horario de oficina, ( de luns a venres, de 08:00 a 14:00 h, ou na forma establecida no artigo 38 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, modificada pola lei 4/1999, do 13 de febreiro) Ourol, vinte e oito de abril de dous mil dezaseis.- O Alcalde-Presidente, José Luis Pajón Camba R. 1257 A PONTENOVA Anuncio Por Resolución da Alcaldía número 2016-0070, de data 25 de abril de 2016, o Sr. Alcalde D. Darío Campos Conde, delegaba na Primeira Tenente de Alcalde Dona Isabel Couto González, con DNI.: 76.576.713-F, por motivos persoais, o exercicio das seguintes atribucións da Alcaldía: votar na Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Dado na Pontenova, a vinte e cinco de abril de 2016, data dos seus efectos ao día seguinte, sen prexuízo da súa publicación no BOP de Lugo e taboleiro de anuncios do concello.O Alcalde, Darío Campos Conde. R. 1245 5 Núm. 103 – Jueves, 5 de Mayo de 2016 B.O.P de Lugo RIBEIRA DE PIQUÍN Anuncio O pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o 6 de abril de 2016, aprobou inicialmente os Orzamentos, Cadro de Persoal e Relación de Postos de Traballo do exercicio 2016. Conforme ao artigo 169 do TRLFL someteuse o expediente a información pública por plazo de 15 días. Non producíndose alegacións durante o citado período resultan definitivamente aprobados os Orzamentos, Cadro de persoal e Relación de Postos de Traballo do exercicio 2016. En cumprimento do que dispón o apartado 3 do artigo 169 do TRLFL, faise público que dito orzamento ascende en gastos e ingresos a 488.550,00 euros. Correspondendo a cada capítulo as cantidades que a continuación se expresan según o seguinte detalle: ESTADO DE GASTOS Capítulos 1 2 3 4 6 7 8 9 Denominación 6 7 8 9 255.600,00 196.170,51 200,00 14.500,00 22.079,49 488.550,00 ESTADO DE INGRESOS Denominación Capítulos 1 2 3 4 5 Euros A) Operacións correntes Gastos de persoal Gastos en bens correntes e servizos Gastos financieiros Transferencias correntes B)Operacións de capital Inversións reais Transferencias de capital Activos financieiros Pasivos financieiros SUMA TOTAL DE GASTOS Euros A) Operacións correntes Impostos directos Impostos indirectos Taxas e outros ingresos Transferencias correntes Ingresos patrimoniais B)Operacións de capital Enaxenación de inversións reais Transferencias de capital Activos financieiros Pasivos financieiros SUMA TOTAL DE INGRESOS 98.000,00 3.000,00 63.650,00 304.900,00 19.000,00 488.550,00 CADRO DE PERSOAL DESTA ENTIDADE PARA O 2016 A.-Funcionarios de Carreira Nº prazas Grupo 1. Secretario* 2. Escala de Administración Xeral 2.1. Subescala Administrativa 2.1.a. Administrativo 1 C1 3. Escala de Administración Especial 3.1. Subescala de Servizos Especiais 3.1.a. Operario Servizos Múltiples. Condutor 1 C2 3.1.b. Alguacil Porteiro 1 E Nivel S.I.T 22 V.D. 18 14 O V.D. * Eximida esta entidade (Resolución D.G.F.P de 16/03/88) SIGLAS UTILIZADAS EN LA RELACIÓN DE LA PLANTILLA DE PERSONAL. S.I.T.=Situación (O=Ocupada, VD= Vacante Dotada) B.- Persoal Laboral Fixo.- Ningún C.- Persoal Eventual.- Ningún RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DENOMINACIÓN Secretario * R.J D.O.T N.C.D C.E.M T.P ADSCRIPCIÓN Grupo Escala Subesc. TIT. ACADEM . S.I.T 6 Núm. 103 – Jueves, 5 de Mayo de 2016 Administrativo. Operario Servizos Múltiples. Condutor. Encargado do parque de vehículos e apoio ás tarefas básicas en oficinas Alguacil Porteiro. Encargado de Recadación e Tesourería B.O.P de Lugo F 1 22 807,03 NS C1 A.G. A.D. 1 V.D. F 1 18 492,12 NS C2 A.E. S.E.C. 2 O F 1 14 340,20 NS E A.E. S.E.A.P. 3 V.D. * Eximida esta entidade (Resolución D.G.F.P de 16/03/88) SIGLAS EMPREGADAS NA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO R.J= Réxime Xurídico(F= Funcionario); D.O.T=Dotación; N.C.D=Nivel Complemento Destino; C.E.M= Complemento Esp. Mensual; T.P.=Tipo de Posto (NS = No Singularizado); Escala ( A.G.=Escala Administración Xeral, A.E=Escala Administración Especial); Subescala (A.D.=Administrativa, S.E.A.P.=Servizos Especiais Alguacilporteiro, S.E.C.=Servizos Especiais Condutor); Titulación Académica (1= Titulación Específica Grupo C1, 2=Titulación Específica Grupo C2, 3= Titulación Específica Grupo E); S.I.T.=Situación (O=Ocupada, VD= Vacante Dotada. ANEXO Á RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO 2016 PERSONAL LABORAL CONTRATADO TEMPORALMENTE PARA OS DISTINTOS SERVIZOS CONFORME ÁS SUBVENCIÓNS OU CONVENIOS CONCERTADOS CON OUTRAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS. PUESTO Nº PUESTOS CARACTERISTICAS Traballadora/a Social 1 Tempo Parcial Auxiliar axuda no fogar 5 Tempo Completo O Alcalde, Roberto Fernández Rico, Ribeira de Piquín, a 4 de maio de 2016. R. 1300 Anuncio Aprobadas as bases para a selección de dous peóns especialistas para o servizo de medio ambiente e protección do medio natural do Concello de Ribeira de Piquín (a tempo parcial por un período de catro meses) convócase a todas aquelas persoas interesadas en participar a que presenten instancia no Rexistro de entrada do Concello no prazo de 5 días naturais a contar dende o día seguinte ao de publicación deste anuncio. As Bases de selección estarán expostas ao público no taboleiro de anuncios do Concello. Ribeira de Piquín, a 4 de maio de 2.016.- O Alcalde, Roberto Fernández Rico R. 1301 XERMADE Anuncio De acordo coa resolución da Alcaldía nº 98/2016, por medio deste anuncio realízase a convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación e tramitación urxente, para a adxudicación do contrato da subministración dun tractor de segunda man, e unha desbrozadora profesional de brazo, cuxa codificación é respectivamente CPV 167000-2 (tractores) e 34390000-7 (accesorios de tractor) conforme os seguintes datos: 1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información: a) Organismo: Concello de Xermade (Lugo) 7 Núm. 103 – Jueves, 5 de Mayo de 2016 B.O.P de Lugo b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Obtención de documentación e información: 1. Dependencia.Secretaría 2. Enderezo.Praza do Concello s/n 3. Localidade e código postal.Xermade 27.833 4. Teléfono.982501001 5. Telefax.982501027 6. Enderezo de correo electrónico: [email protected] 7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellodexermade.com 2. Obxecto do contrato: a) Tipo. Contrato de subministro de tractor e desbrozadora profesional de brazo. b) Descrición. Un tractor de segunda mán, e unha desbrozadora nova profesional de brazo, de acordo coas especificacións previstas no prego de prescripcións técnicas. c) ) Lugar de execución/entrega: 1. Enderezo. Nave de usos múltiples Concello de Xermade 27833 Xermade ( Lugo) d) Prazo de execución/entrega.Máximo 20 días dende a formalización do contrato e) CPV (referencia de nomenclatura). 167000-2 (tractores) e 34390000-7 (accesorios de tractor) 3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación:urxente b) Procedemento:aberto c) Criterios de adxudicación (cláusula oitava PCAP) 4. Valor estimado do contrato: Total 41.788,27 euros: 26.912,23 euros para tractor, e 14.876,03 euros para desbrozadora. 5. Garantías esixidas. Provisional .-Exenta Definitiva 5 % do importe de adxudicación do contrato 6. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia técnica e profesional (cláusula sexta PCAP) 7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: a) Data límite de presentación. 8 días naturais dende a publicación no BOP. b) Modalidade de presentación. c) Lugar de presentación: 1. Dependencia.Rexistro Concello de Xermade 2. Enderezo.Praza do Concello s/n 3. Localidade e código postal.27833 Xermade (Lugo) 4. Enderezo electrónico: [email protected] 8. Apertura de ofertas: a) Data e hora. De conformidade co previsto no prego, a Mesa procederá á apertura o primeiro día hábil seguinte á finalización prazo de 8 días naturais para presentar a oferta . Os pregos de cláusulas administrativas e de prescripcións técnicas aparecen na páxina web perfil do contratante do Concello de Xermade Xermade, a 18 de abril de 2016.- O alcalde, Roberto García Pernas. R. 1246 8 Núm. 103 – Jueves, 5 de Mayo de 2016 B.O.P de Lugo ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA. A CORUÑA. SECRETARÍA DE GOBERNO Anuncio A Comisión da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa xuntanza do día 22 de abril de 2016, acordou nomear, por un periodo de catro anos, o xuíz de paz titular e/ou substituto dos concellos desta Comunidade Autónoma que máis abaixo se indican e para as localidades que igualmente se relacionan, este/s foi/foiron elexido/s polo Pleno do/s dito/s Concello/s con obtención do voto favorable da maioría absoluta dos seus membros. CERVO: substituto: DON JESÚS OTERO RUBIÑOS DNI nº 76531182Q. Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de Alzada perante o Consello Xeral do Poder Judicial no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto. Os nomeados deberán tomar posesión, no xulgado de paz para o que se nomean e ante a persoa que estiver exercendo a xurisdición, no prazo de 20 días naturais contados a partir do siguente ao da publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial da Provincia respectiva, despois de xuramento ou promesa ante o xuíz de primera instancia e instrución respectivo na forma que establece o artigo 101.5 da Lei Orgánica do Poder Xudicial. Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese. A Coruña, 25 de abril de 2016. A SECRETARIA DE GOBERNO, Concepción Otero Piñeiro. R. 1247 Anuncio A Comisión da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa xuntanza do día 22 de abril de 2016, acordou nomear, por un periodo de catro anos, o xuíz de paz titular e/ou substituto dos concellos desta Comunidade Autónoma que máis abaixo se indican e para as localidades que igualmente se relacionan, este/s foi/foiron elexido/s polo Pleno do/s dito/s Concello/s con obtención do voto favorable da maioría absoluta dos seus membros. TRIACASTELA: sustituto: DON BAUTISTA ARIAS POMBO DNI nº 76620185D. Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de Alzada perante o Consello Xeral do Poder Judicial no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto. Os nomeados deberán tomar posesión, no xulgado de paz para o que se nomean e ante a persoa que estiver exercendo a xurisdición, no prazo de 20 días naturais contados a partir do siguente ao da publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial da Provincia respectiva, despois de xuramento ou promesa ante o xuíz de primera instancia e instrución respectivo na forma que establece o artigo 101.5 da Lei Orgánica do Poder Xudicial. Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese. A Coruña, 25 de abril de 2016.-A SECRETARIA DE GOBERNO, Concepción Otero Piñeiro. R. 1248 Anuncio A Comisión da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa xuntanza do día 22 de abril de 2016, acordou nomear, por un periodo de catro anos, o xuíz de paz titular e/ou substituto dos concellos desta Comunidade Autónoma que máis abaixo se indican e para as localidades que igualmente se relacionan, este/s foi/foiron elexido/s polo Pleno do/s dito/s Concello/s con obtención do voto favorable da maioría absoluta dos seus membros. FOZ: titular: DON JAVIER ACEBO RODRÍGUEZ DNI nº 34635487V. Substituto: DON ALEJANDRO MANUEL MAAÑÓN ÁLVAREZ DNI nº 34636441M. Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de Alzada perante o Consello Xeral do Poder Judicial no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto. Os nomeados deberán tomar posesión, no xulgado de paz para o que se nomean e ante a persoa que estiver exercendo a xurisdición, no prazo de 20 días naturais contados a partir do siguente ao da publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial da Provincia respectiva, despois de xuramento ou promesa ante o xuíz de 9 Núm. 103 – Jueves, 5 de Mayo de 2016 B.O.P de Lugo primera instancia e instrución respectivo na forma que establece o artigo 101.5 da Lei Orgánica do Poder Xudicial. Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese. A Coruña, 25 de abril de 2016.- A SECRETARIA DE GOBERNO, Concepción Otero Piñeiro. R. 1249 Anuncio A Comisión da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa xuntanza do día 22 de abril de 2016, acordou nomear, por un periodo de catro anos, o xuíz de paz titular e/ou substituto dos concellos desta Comunidade Autónoma que máis abaixo se indican e para as localidades que igualmente se relacionan, este/s foi/foiron elexido/s polo Pleno do/s dito/s Concello/s con obtención do voto favorable da maioría absoluta dos seus membros. RIBEIRA DE PIQUÍN: titular: DON ANTONIO DÍAZ DIEZ DE OCAMPO DNI nº 33824042N. Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de Alzada perante o Consello Xeral do Poder Judicial no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto. Os nomeados deberán tomar posesión, no xulgado de paz para o que se nomean e ante a persoa que estiver exercendo a xurisdición, no prazo de 20 días naturais contados a partir do siguente ao da publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial da Provincia respectiva, despois de xuramento ou promesa ante o xuíz de primera instancia e instrución respectivo na forma que establece o artigo 101.5 da Lei Orgánica do Poder Xudicial. Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese. A Coruña, 25 de abril de 2016.- A SECRETARIA DE GOBERNO, Concepción Otero Piñeiro. R. 1250 XULGADO DO SOCIAL Nº 3 DE LUGO Anuncio Dª MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, Letrada da Administración e Xustiza do Xulgado do Social nº 003 de LUGO, FAGO SABER: Que no PROCEDEMENTO 756/15, deste Xulgado do Social, seguidos a instancia de Dª NEREA ALFONSO MONLEÓN contra FRANCISCO MARTÍNEZ COUTO, sobre DESPEDIMENTO, ditouse DIOR en data 21 de Abril de 2016, cuxa parte dispositiva se adxunta: “Instando a parte actora a práctica de taxación de costas, acordo:Practicar a taxación de costas interesada e dar traslado da mesma ás partes, para que nun termo de DEZ DÍAS poidan impugnala, baixo apercibimiento de que de non facelo no prazo indicado, teráselles por conformes coa mesma.-Notifíquese esta resolución ás partes.- MODO DE IMPUGNACIÓN: Mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de CINCO DÍAS hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén a mesma, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.-A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA.-María de los Ángeles López Carballo.rubricado”.TAXACIÓN DE CUSTAS .-Practícaa MARÍA DE LOS ÁNGELES LÓPEZ CARBALLO, Secretaria do Xulgado Social Número 3 de Lugo, nos autos reseñados no encabezamento, a instancia de NEREA ALFONSO MONDLEÓN contra FRANCISCO MARTÍNEZ COUTO, en cumprimento do fallo da sentenza que impón o aboamento dos honorarios do letrado do actor. HONORARIOS DO LETRADO SR. XERMÁN VÁZQUEZ DÍAZ SEGUNDO MINUTA ...............................................................296,80 EUROS TOTAL ………………………………………………………………296,80 EUROS Ascende a presente taxación de custas á cantidade de DOUSCENTOS NOVENTA E SEIS EUROS CON OITENTA CÉNTIMOS .-Lugo, 21 de abril de 2016.-A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA.-María de los Ángeles López Carballo.-Rubricado”. E para que sirva de notificación en legal forma a FRANCISCO MARTÍNEZ COUTO, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia de LUGO. 10 Núm. 103 – Jueves, 5 de Mayo de 2016 B.O.P de Lugo Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. En LUGO, a 21 de Abril de 2016.- A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA R. 1251 Anuncio Dª MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, Letrada da Administración e Xustiza do Xulgado do Social nº 003 de LUGO, FAGO SABER: Que no PROCEDEMENTO 844/2014 deste Xulgado do Social, seguidos a instancia de Dª RAQUEL FERNÁNDEZ GARCÍA y MARÍA LUISA DÍAZ LÓPEZ, contra a empresa ASISTENCIA FAMILIAR SARRIA S.L., sobre CANTIDADE, ditouse DIOR en data 21 de Abril de 2016, cuxa parte dispositiva se adxunta: acordo: Practicar a taxación de costas interesada e dar traslado da mesma ás partes, para que nun termo de DEZ DÍAS poidan impugnala, baixo apercibimiento de que de non facelo no prazo indicado, teráselles por conformes coa mesma.- Notifíquese esta resolución ás partes.- MODO DE IMPUGNACIÓN: Mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de CINCO DÍAS hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén a mesma, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.-A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA.-María de los Ángeles López Carballo.rubricado.-TAXACIÓN DE CUSTAS.-Practícaa MARÍA DE LOS ÁNGELES LÓPEZ CARBALLO, Secretaria do Xulgado Social Número 3 de Lugo, nos autos reseñados no encabezamento, a instancia de RAQUEL FERNÁNDEZ GARCÍA, MARÍA LUISA DÍAZ LÓPEZ contra ASISTENCIA FAMILIAR SARRIA SL, en cumprimento do fallo da sentenza que impón o aboamento dos honorarios do letrado do actor. HONORARIOS DO LETRADO SR. XERMÁN VÁZQUEZ DÍAZ SEGUNDO MINUTA ...............................................................243,80 EUROS TOTAL …………………………………………………………………. 243,80 EUROS Ascende a presente taxación de custas á cantidade de DOUSCENTOS CORENTA E TRES EUROS CON OITENTA CÉNTIMOS.-Lugo, 21 de abril de 2016.-A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA.-María de los Ángeles López Carballo.-Rubricado”. E para que sirva de notificación en legal forma a ASISTENCIA FAMILIAR SARRIA S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia de LUGO. Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. En LUGO, 21 de Abril de 2016.- A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA R. 1252 Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 05.05.2016 08:39:56 CEST Razón: Localización: España