XUNTA DE GALICIA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Anuncio
MIÉRCOLES, 20 DE JULIO DE 2016
Nº 166
XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO
AUGAS DE GALICIA – SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio
INFORMACIÓN PÚBLICA
La Fuente de Valdelaguna, 19 S.L. solicita de Augas de Galicia a autrización de obras en zona de policía. O
presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do
Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.53318
As obras solicitadas consisten na rehabilitación nunha vivenda unifamiliar situada na zona de policía do río
Baos, no lugar de Avda Calvo Sotelo 15, parroquia de Stª María, no concello de Lourenzá, (Lugo).
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de
publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas
reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Lourenzá ou nas oficinas deste servizo, situadas na
Ronda da Muralla, 70, 2º Lugo, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado
por quen o desexe.
Lugo, 28 de xuño de 2016.- A xefa do servizo territorial, Mª Carmen Quintero Serrano
R. 2104
EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SECCIÓN DE ACTAS
Anuncio
Visto o sinalado no artigo 29 do Regulamento Orgánico vixente nesta Excma. Deputación Provincial, en
relación coas declaracións de bens patrimoniais dos Sres. Deputados Provinciais, que dí:
“Artigo 29: Ambas as dúas declaracións, efectuadas nos modelos aprobados pola Xunta de Goberno,
realizaranse antes da toma de posesión, con ocasión do cesamento e cando se modifiquen as circunstancias de
feito.
Tales declaracións inscribiranse no Libro Rexistro de Intereses na Deputación; e publicaranse no Boletín
Oficial da Provincia”.
Polo que, en cumprimento do citado artigo 29, faise pública a declaración de bens patrimoniais e de
actividades de Dª. Mayra García Bermúdez, que tomou posesión do cargo de Deputada Provincial na sesión
extraordinaria de vinte e sete de xuño de dous mil dezaseis.
Dª. MAYRA GARCÍA BERMÚDEZ. Grupo Provincial Socialista.
BENS E RENDAS
RENDAS PERCIBIDAS
Percepcións netas de tipo salarial, soldos, honorarios, aranceis e outras retribucións, calquera que sexa
a súa denominación.
Retribución bruta anual Concello de Trabada: 18.861,75 €.
2
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
IRPF:
Recadro 732 do modelo IRPF 100: 423,62.
DEPOSITOS EN CONTAS CORRENTES OU DE AFORRO, CONTAS FINANCEIRAS E OUTROS TIPOS DE
IMPOSICIÓNS:
Conta corrente Abanca. Saldo: 4.152,44 €
VEHÍCULOS, EMBARCACIÓNS E AERONAVES
Audi A3. Adquirido no ano 2013.
ACTIVIDADES
ACTIVIDADES PUBLICAS DESEMPEÑADAS
Cargos Públicos desempeñados:
Alcaldesa do Concello de Trabada.
INGRESOS CON CARGO Ó SECTOR PÚBLICO
Retribución anual bruta atribuída ao desempeño das funcións da Alcaldía do Concello de Trabada en réxime
de adicación parcial de 18.861,75 €.
O que se fai público para os oportunos efectos.
Lugo, sete de xullo de dous mil dezaseis.- O PRESIDENTE, Darío Campos Conce. O SECRETARIO, Manuel
Castiñeira Castiñeira.
R. 2105
SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E RECADACIÓN
Anuncio
DEPUTACIÓN DE LUGO
“SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E RECADACIÓN”
ANUNCIO
ASUNCIÓN POLA DEPUTACIÓN DE LUGO DE COMPETENCIAS EN MATERIA DE XESTIÓN TRIBUTARIA.
A Deputación de Lugo no Pleno que tivo lugar o día 27 de novembro de 2007 adoptou o acordo polo que
aproba a "Proposta de Reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de
competencias en materia de xestión,inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros
ingresos de dereito público”, e que foi modificado polos acordos de 28 de outubro de 2008 e do 29 de
decembro de 2015.
As novas bases son as seguintes:
BASE PRIMEIRA. - Obxecto da delegación
A Excma. Deputación Provincial de Lugo de conformidade co disposto no art. 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de
abril, Reguladora das bases do réxime local e o art. 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais,
aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, asume, por delegación expresa dos concellos da
Provincia, as competencias que se concretan nas bases seguintes, en relación aos tributos, prezos públicos e
outros ingresos de dereito público.
BASE SEGUNDA- Réxime Xurídico
Para o exercicio das competencias delegadas, a Deputación Provincial aterase ao disposto nas presentes
bases, ao ordenamento xurídico local e demais lexislación aplicable de conformidade coa normativa reguladora
das facendas locais, así como normativa en materia de xestión, inspección e recadación que puidese ditar a
Excma. Deputación Provincial de Lugo, en uso da potestade regulamentaria prevista no art. 106.2 da Lei 7/1985
do 2 de abril.
A Deputación Provincial, segundo o réxime de competencias dos seus órganos, poderá ditar disposicións
sobre interpretación ou aplicación da normativa anterior, e aprobar os períodos de cobramento de cada un dos
tributos.
BASE TERCEIRA. - Contido e alcance da delegación.
3
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
Os concellos que desexen delegar na Deputación Provincial competencias nesta materia podrán facelo
co seguinte contido:
-Todas as competencias que os concellos teñan atribuídas en materia de xestión, inspección e recadación,
tanto en período voluntario coma en período executivo, reguladas no vixente texto refundido da Lei reguladora
das Facendas locais, xa estean atribuídas, directamente, pola propia norma, ou sexan asumibles en virtude dos
convenios de delegación ou acordos de colaboración que a Deputación Provincial puidese celebrar con calquera
das Administracións públicas, dos seguintes impostos:
1- Imposto sobre Bens Inmobles
2- Imposto sobre Actividades Económicas
3- Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica
- Os concellos, a maiores, poderán delegar as seguintes competencias, sempre que a Deputación Provincial
dispoña dos medios personais e materiais necesarios para asumilas, que aceptará unha vez incorporados o
medios citados:
1- As competencias que teñen atribuídas en materia de xestión, inspección e recadación, tanto en período
voluntario coma en período executivo, do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana.
2-As competencias que, teñen atribuídos en materia de recadación, en período voluntario e período
executivo, en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, todos eles de carácter
periódico anual e notificación colectiva mediante padrón. O devandito padrón anual poderá, como máximo,
fraccionarse en dúas cotas semestrais, sempre que o concello titular recolla esta circunstancia na
correspondente ordenanza fiscal municipal.
3-As competencias de xestión recadatoria en período executivo de todas aquelas débedas derivadas de
liquidacións periódicas, ou non periódicas, realizadas polos concellos en período voluntario, incluídas as
sancións e aquelas outras derivadas dun acto administrativo, en virtude do cal houbese de satisfacerse cantidade
líquida
BASE CUARTA. - Alcance do exercicio das competencias delegadas.
A delegación de competencias supón que, a Deputación Provincial, asume a totalidade de funcións e
atribucións, tanto en relación a actuacións materiais, como executivas.
Os concellos poderán avocar para si, coa conformidade da Deputación Provincial, a tramitación de
determinados expedientes que, pola súa repercusión económico-social, resulte aconsellable.
Calquera outra actuación do concello no ámbito das competencias delegadas suporía un incumprimento das
presentes bases.
En ambos os dous supostos, por parte da Deputación, procederase a formular data das liquidacións ou
cargos a afectados, e quedará exenta de responsabilidades que puidesen producirse no futuro, e sen que poidan
ser cursadas de novo para continuar o procedemento.
En particular sinálanse como competencia da Deputación:
-Declaración de insolvencias e créditos incobrables.
-Actuacións xudiciais en relación a procedementos realizados pola Deputación no marco destas bases, e
actuacións xudiciais en materia concursal.
BASE QUINTA. - Mellora da xestión tributaria dos concellos
A Excma. Deputación Provincial de Lugo poderá, directamente ou mediante convenio con outras
administracións públicas, prestar a súa colaboración para a mellora da xestión tributaria dos concellos, podendo
proceder á contratación, con empresas especializadas, de traballos de asistencia técnica, ás condicións da cal
poderán acollerse os concellos interesados.
BASE SEXTA. - Formas de xestión.
A Deputación Provincial poderá exercer as competencias delegadas a través de calquera das formas de
xestión de servizos previstos pola Lei.
BASE SÉTIMA. - Contías mínimas
Non se procederá á xestión (liquidación ou recadación) daquelas débedas inferiores á contía que se estime ou
fixe como insuficiente para a cobertura do custo que a súa exacción ou recadación represente, segundo os
criterios que estableza o Ministerio de Economía y Hacienda en desenvolvemento do art. 16 da Lei 47/2003, de
26 de novembro, xeral presupostaria, ou norma que a puidese substituír.
Non obstante poderanse acumular aquelas débedas inferiores á citada contía, referidas a un contribuínte e
concepto, polo mesmo exercicio económico.
BASE OITAVA- Cargos en período executivo
4
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
Os cargos que realicen os concellos para a súa xestión recaudatoria en período executivo, haberán de
acompañarse dun soporte informático no que se incorporen todos os elementos das débedas tributarias. Os
devanditos cargos haberán de ser remitidos á Deputación Provincial, como tempo máximo, no exercicio seguinte
a aquel en que se realizara a cobranza en período voluntario.
BASE NOVENA. - Colaboración dos concellos
Os concellos prestarán á Deputación Provincial de Lugo a colaboración que resulte necesaria para a
boa prestación do servizo.
BASE DÉCIMA. - Compensación económica
Polo exercicio das funcións delegadas a Deputación Provincial de Lugo percibirá unha compensación
económica consistente en:
a) O 1% do principal e dos xuros recadados en período voluntario.
b) O 75% da recarga en período executivo procedente, e dos xuros recadados neste período
BASE UNDÉCIMA- Entregas a conta
A Deputación Provincial realizará entregas mensuais, sen custo para o Concello, a conta da recadación en
período voluntario das débedas de notificación colectiva por padrón, que ha de recadar en cada exercicio,
segundo competencias delegadas.
O importe das entregas a conta calcularase sobre o 90% da recadación, por padróns do exercicio anterior,
repartido en 12 mensualidades.
O importe da recadación do exercicio anterior sobre a que se realizará o cálculo do 90 % poderase axustar en
aqueles importes de liquidacións que modifiquen de forma certa o padrón do exercicio no que se realiza o
anticipo.
BASE DUODÉCIMA- Liquidacións provisionais e definitiva
LIQUIDACIÓN PROVISIONAL
A Deputación Provincial, para os efectos informativos, practicará liquidacións provisionais coa seguinte
periodicidade:
- Mensual: recadación en período voluntario de padróns.
-Trimestral: recadación en período voluntario de liquidacións individuais e recadación en período executivo.
LIQUIDACIÓN DEFINITIVA
No primeiro trimestre do exercicio seguinte practicarase liquidación anual e definitiva e producirase o ingreso
do importe definitivo de recadación do que se deducirá:
-O importe das entregas a conta mensuais.
-Devolucións de ingresos indebidos.
-A compensación económica a que se refire a base décima pola prestación do servizo.
-Calquera outro importe que proceda, relacionado coas competencias delegadas.
En relación a esta liquidación anual, unha vez comunicada ao concello este poderá, no prazo dun mes, alegar
o que estime pertinente, así como achegar calquera tipo de documentación. Transcorrido o prazo sinalado, sen
que se presenten alegacións, a liquidación anual entenderase definitivamente aprobada.
Polo Presidente da Deputación, resolverase sobre as alegacións formuladas e sobre a aprobación definitiva da
liquidación anual.
BASE DÉCIMO TERCEIRA- Réxime de vixencia
1-As presentes bases terán unha vixencia a contar dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e o
Diario Oficial de Galicia e finalizando o día 31 de decembro de 2018.
2- O prazo inicial de delegación renovarase, automaticamente, por períodos iguais, se ningunha das partes
manifesta, expresamente, a súa vontade en contra, mediante acordo plenario adoptado, e comunicado cun
mínimo dun ano de antelación á data de vencemento.
3- Durante a vixencia da delegación, e sen que afecte ao período sinalado nesta, calquera concello poderá
ampliar o seu contido dentro do marco establecido nestas bases, mediante acordo plenario comunicado á
Deputación Provincial e producirá efecto dende a data da súa publicación no BOP e o DOG.
4- Naqueles supostos, debidamente acreditados, en que existan contratos vixentes, ou compromisos
ineludibles, adquiridos con anterioridade, entre algún concello e terceiros, procederase igualmente
5
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
segundo as presentes bases, quedando en suspenso a efectividade da delegación en relación a aquelas
competencias que estuvieren afectadas polos citados contratos ou acordos, durante a súa vixencia.
5- Estas bases manterán a súa vixencia naqueles supostos de cambios normativos que non varíen o réxime de
delegación, ou establezan tributos ou outros ingresos públicos que substitúan os actuais.
6- Calquera concello que se incorpore, con posterioridade, ao réxime de delegación destas bases farao por
un período de vixencia que finalizará na mesma data que o resto de delegacións.
7- De non ser aceptadas estas bases por algún concello, manterase a delegación vixente, en réxime de
transitoriedade, ata a súa finalización.
BASE DÉCIMO CUARTA.- Procedemento de delegación e aceptación
1-A aprobación das presentes bases supón a aceptación da delegación que efectue cada concello, se o acordo
municipal se axusta a estas.
2-Cada concello adoptará un acordo, do Pleno, de delegación de competencias, que se comunicará á
Deputación mediante certificación expedida polo seu secretario.
3- A Deputación e cada un dos concellos delegantes formalizarán o compromiso, de delegación e aceptación,
mediante a sinatura dun convenio que subcribirán os respectivos presidentes.
O Concello de FOZ adheríuse ás anteriores bases adoptando os correspondentes acordos de delegación co
alcance e contido seguintes:
1-Todas as competencias que o Concello de Foz ten atribuidas en materia de xestión, inspección e
recadación, tanto en período voluntario coma en período executivo, reguladas no vixente texto refundido da Lei
Reguladora das Facendas Locais, xa estean atribuídas, directamente, pola propia norma, ou sexan asumibles en
virtude dos convenios de delegación ou acordos de colaboración que a Deputación de Lugo puidese celebrar con
calquera das Administracións públicas, dos seguintes impostos:
1.1- Imposto sobre Bens Inmobles
1.2- Imposto sobre Actividades Económicas
1.3- Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica
2.- As competencias de xestión recaudatoria en período executivo de todas aquelas débedas derivadas de
liquidacións periódicas, ou non periódicas, realizadas polo concelllo en período voluntario, incluídas as sancións
e aquelas outras derivadas dun acto administrativo, en virtude do cal houbese de satisfacerse cantidade liquida.
Lugo, 12 de xullo de 2016.- O PRESIDENTE P. D. Decreto nº 2616/2015, de data 26-10-2015.- A Deputada
Delegada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez
R. 2156
CONCELLOS
BECERREÁ
Anunicio
EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Por Decreto da Alcaldía de data 1 de xullo de 2016, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente
ao mes de xullo de 2016 da taxa pola prestación do servicio de Gardería Infantil.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento
dos contribuíntes obrigados ao pago da taxa, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da
publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e
presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo
de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de
reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do
período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá
interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei
Reguladora da referida xurisdicción.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
6
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 939/2005), do 29
de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 31/08/2016. Para o cobro dos mesmos, os
contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas.
Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por
correo ordinario para que poidan efectúa-lo pago en calquera oficina de Abanca. No caso de non recibilos,
obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais para obter un duplicado xa que a súa non
recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia
dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de
17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co
establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento,
segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non
ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia
de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, para o que deberán acudir ás
oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de
cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da
indicada Lei Xeral Tributaria.
Becerreá, 8 de xullo de 2016.- O Alcalde accidental, Claudio Vázquez Pérez
R. 2106
CASTROVERDE
Anuncio
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 6 de xullo de 2016 prestouse aprobación ao Padrón do
prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de xuño de 2016, e exponse
ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida
ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber
que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da
Lei Xeral Tributaria.
Castroverde, a 11 de xullo de 2016.- O ALCALDE, Xosé María Arias Fernández
R. 2158
Anuncio
Pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o día 6 de xullo de 2016, prestouse aprobación inicial aos
seguintes padróns, correspondentes ao segundo trimestre do ano 2016:
-
Padrón da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, no que se inclúe o canon da auga (2º
trimestre do ano 2016).
-
Padrón da taxa por recollida de lixo.
-
Padrón de sumidoiros.
Expóñense ao público polo pazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto
no BOP de Lugo.
Recursos: Contra o acordo de aprobación dos padróns de: abastecemento de auga, recollida de lixo , rede de
sumidoiros, e servizo de axuda no fogar, poderá interporse recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: Un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de
exposición ao público dos padróns.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá
interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei
Reguladora da referida xurisdicción.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano
económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de un mes dende que se entende
producida a notificación.
7
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
ANUNCIO DE COBRANZA
Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como
período de cobro voluntario o prazo de dous meses, dende o día 1 de agosto de 2016 ata o 30 de setembro de
2016. Finalizado o prazo pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28
de Lei 58/2003 de 17 de decembro, Facenda Pública, Lei Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de
Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
No tocante ao canon da auga, a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola
vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de
cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do
establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
Castroverde, a 11 de xullo de 2016.- O ALCALDE, Xosé María Arias Fernández
R. 2159
CERVO
Anuncio
Convocatoria en orde á selección de persoal laboral temporal, de un (1) auxiliar de axuda no fogar do
Concello de Cervo ao 42,67 % da xornada durante 6 meses.
Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello de Cervo de luns a venres, ou a
través de calquera dos medios que prevé a Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común, no seu artigo 38, no prazo de 5 días
naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da
Provincia de Lugo. No suposto de que o último día de presentación das solicitudes coincidise en sábado,
domingo ou festivo o prazo terminará o primeiro día hábil seguinte. Cando as solicitudes se presenten fora do
rexistro do Concello de Cervo, co fin de axilizar os trámites, deberase remitir unha comunicación por fax ao
Concello (982557729) comunicando a presentación da solicitude, co selo de correos ou do rexistro
correspondente. Sen a concorrencia de ambos requisitos non será admitida a solicitude.
O prazo de presentación será de 5 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do
anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. As bases íntegras e os restantes actos que
integran o procedemento de selección publicaranse mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello de
Cervo e na súa páxina web (www.concellodecervo.com).
Cervo, 13 de xullo de 2016.- O alcalde, Alfonso Villares Bermúdez
R. 2183
FOZ
Anuncio
Concello de Foz. Aprobación inicial Modificación de Créditos 17/2016, Modalidad “Suplemento de
crédito 01/2016”.
O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30 de xuño de 2016, prestoulle aprobación inicial aosuplemento
de crédito 01/2016.
De acordoco establecido nos artigos 112.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime
Local e 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei
Reguladora das Facendas Locais, sométese a exposición pública polo período de quince días hábiles, a contar
desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan
examina-lo na Intervención Xeral do Concello e presenta-las reclamacións que consideren oportunas. Se ó
termino do período de exposición ó público non se presentaran reclamacións, considerarase definitivamente
aprobada devandita modificación orzamentaria.
O ALCALDE, JAVIER JORGE CASTIÑEIRA
R. 2107
8
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
Anuncio
Concello de Foz. Aprobación inicial Modificación de Créditos 18/2016, Modalidad “Suplemento de
crédito 02/2016”
O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30 de xuño de 2016, prestoulle aprobación inicial ao suplemento
de crédito 02/2016.
De acordoco establecido nos artigos 112.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime
Local e 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei
Reguladora das Facendas Locais, sométese a exposición pública polo período de quince días hábiles, a contar
desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan
examina-lo na Intervención Xeral do Concello e presenta-las reclamacións que consideren oportunas. Se ó
termino do período de exposición ó público non se presentaran reclamacións, considerarase definitivamente
aprobada devandita modificación orzamentaria.
O ALCALDE, JAVIER JORGE CASTIÑEIRA
R. 2108
Anuncio
Concello de Foz. Aprobación inicial Modificación de Créditos 19/2016, Modalidad “Suplemento de
crédito 03/2016 para inversións”.
O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30 de xuño de 2016, prestoulle aprobación inicial aosuplemento
de crédito 03/2016.
De acordoco establecido nos artigos 112.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime
Local e 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei
Reguladora das Facendas Locais, sométese a exposición pública polo período de quince días hábiles, a contar
desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan
examina-lo na Intervención Xeral do Concello e presenta-las reclamacións que consideren oportunas. Se ó
termino do período de exposición ó público non se presentaran reclamacións, considerarase definitivamente
aprobada devandita modificación orzamentaria.
O ALCALDE, JAVIER JORGE CASTIÑEIRA
R. 2109
LUGO
Anuncio
VENDA POR XESTIÓN DIRECTA
De acordo có establecido no artigo 107 do Regulamento Xeral de Recadación, a Tesoureira do Concello de
Lugo, Dona María del Rosario Vázquez Fernández dispón o inicio do procedemento de enaxenación directa dos
bens mobles que se describen a continuación, có fin de proceder a adxudicación dos mesmos nas mellores
condicións económicas.
NOME/CIF
NIF
NºEXPEDIENTE
MATRICULA
MARCA/MODELO
BASTIDOR
VALORACION
CAR RENTING 2009 SL
B27367804
2011EXP47003561 5188GMF
NISSAN MICRA
SJNFBAK12U2246680
1260,00
CARREIRA ARIAS ANGEL
33341988S
2008EXP47000676 3113CVV
BMW 530
WBANC71050B150868
5499,00
CIURAIU CORINA
Y0351268A 2014EXP47005866 5528HSR
FORD FOCUS
WF0NXXGCDNYL84958
1200,00
CORTIÑAS GARCIA ADOLFO
33345388B
2011EXP47002466 8221DSJ
FORD MONDEO
WF04XXGBB45M75448
3281,00
COUSO GOMEZ ALBERTO
33338156R
2007EXP47000253 7018DSN
MITSUBISHI
4MBMND32AVE000506
2465,00
DA CONCEICAO ALINE CRISTIANE
9090226M
2012EXP47000111 LU3920W
BMW 325 TDS
WBACC31090EN11744
2070,00
DA CUNHA FERNANDES BRITO AGOSTINHO
2490529C
2002EXP47001503 LU8624W
AUDI 80
WAUZZZ8AZMA317930
3162,00
DHAIMINI MOHAMMED
34306471Q
2003EXP47000603 LU8273U
SEAT CORDOB VAR 1.9SDI VSSZZZ6KZWR163572
1080,00
FONTAO PEDROSA
33330725E
2004EXP47001377 9721GNN
RENAULT CLIO
VF1BR1G0H41295813
4046,00
INTRES INFORMACION INMOBILIARIA
B27254002
2013EXP47002451 0582CMM
FORD
WF0BXXGCDB3E17345
1160,00
LOPEZ RUIZ JAIME
33305933R
2002EXP47000052 LU8418W
FORD MONDEO 4 PUERTAS WF0FXXGBBFXD28023
1110,00
MUJIN ABUIN JOSE LUIS
33553554G
2010EXP47002473 9012CDP
PEUGEOT PARTNER
VF3GBWJYB96015594
1370,00
PEREZ LEYDI ISAURA
34308587Q
2014EXP47001507 LU3621S
PEUGEOT 106
VF31AVJZ251103138
PUENTE LOPEZ JUAN CARLOS
33313127L
2008EXP47001217 4747BJK
DAEWOO LANOS
KLATF69TEYB555074
840,00
RODRIGUEZ FOLLANA LUIS
33348277W 2015EXP47003123 3028BGP
NISSAN ALMERA
SJNFDAN16U0127558
1440,00
YAÑEZ CABALEIRO PEDRO
33858175J
2000EXP47000107 S6454AP
RENAULT CLIO
VF1C5750506764208
1100,00
ROSSO PIÑA MILAGROS
34283053N
2011EXP47004437 LU2115P
SEAT IBIZA 1 9 D
VSSZZZ6KZZR058543
SERVIRENT GALICIA SL
B27348473
2009EXP47003531 2763DFB
OPEL COMBO
W0L0XCF0643002852
ALFONSO
600,00
730,00
2249,00
9
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
Procederá a enaxenación mediante adxudicación directa, cando se trate de bens perecedeiros ou cando
existan outras razón de urxencia, xustificadas no expediente.
Cando os bens nos fosen obxecto de poxa ou concurso, serán valorados con referencia ós precios de
mercado e intentará obterse, cando menos, tres ofertas. Si as ofertas non acadan o valor sinalado, poderán
adxudicarse sin precio mínimo, nembargantes, si a mesa de adxudicación estimase desproporcionada a
diferencia, entre o valor asignado ós bens ou lotes por tasación, e o precio ofrecido por calquer persoa
interesada, podería declarar inadmisible a oferta, có fin de non favorecer o enriquecemento inxusto do
comprador en detrimento do propietario dos bens.
As ofertas presentaranse en sobre pechado no Concello de Lugo, en horario de 9.00 a 14.00 horas. O sobre
conterá escrito firmado polo ofertante ou representante con poder suficiente e bastante, no que debidamente
identificado, se indique o precio da oferta para a adxudicación directa do ben ou lote polo que se desexe optar.
Para poder participar no procedemento será necesaria a constitución dun depósito en efectivo por importe
de 200 euros. O mesmo efectuarase no número de conta de ABANCA: ES59 2080 0101 5631 1000 0947,
indicando en concepto: Depósito adxudicación directa de vehículos: nome e DNI do ofertante e matrícula do
vehículo polo cal realiza a oferta.
En función das ofertas presentadas formularase, no seu caso, proposta de adxudicación, que se formalizará
mediante acta. Os bens serán entregados ó adxudicatario unha vez que éste faga efectivo, o importe da
mesma, no prazo máximo de 15 días desde a data de notificación do decreto de adxudicación directa do ben.
Transcorrido este prazo sin que sexa efectivo o ingreso, entenderase decaído no seu dereito, procedéndose á
adxudicación á seguinte mellor oferta.
Fíxase o prazo dun MES, dende a data de publicación do presente edicto, para recibir as ofertas de
adquisición. Este prazo prorrogarase tácitamente, polo mesmo período, se non se producisen ofertas ou estas
consideráranse insuficientes pola Mesa de Poxa.
Transcorrido o plazo máximo de seis meses sin que se ditase acordo de alleamento, darase por concluido
dito trámite, iniciándose os trámites de adxudicación dos bens ou dereitos non adxudicados ó Concello acreedor
consonte ós artigos 108 e 109 do Regulamento Xeral de Recadación.
Publíquense anuncios en medios de comunicación, así como no Tablón de Edictos do Excmo. Concello de
Lugo.
O que se fai público para o seu xeral coñecemento.
Lugo, 27 de xuño de 2016.- A Tesoureira, María del Rosario Vázquez Fernández.
R. 2014
Anuncio
A Ilma. Sra. Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, en
virtude de delegación da Xunta de Goberno Local segundo o seu acordo número 4/455, do 7 de xullo de 2015,
dictou o Decreto número 16005248, polo que se aproba o padrón de contribuíntes obrigados ó pagamento do
Imposto sobre vehículos de tracción mecánica para o ano 2016, e o Decreto número 16005247, polo que se
aproba o padrón de Taxas por aproveitamentos especiais da vía pública con entradas de vehículos do exercicio
2016.
Conforme ó disposto no art. 102.3 da Lei Xeral Tributaria e no art. 63 da Ordenanza Fiscal Xeral, os
padróns aprobados quedan expostos ó público (no Servizo de Facenda Local, sito no Centro de Servicios
Municipais da Ronda da Muralla, 197, 2º andar, en horario de 9:00 a 14:00), durante o prazo de 15 días,
contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Durante o dito
prazo, as persoas interesadas poderán examinalos e formular as alegacións ou reclamacións que estimen
pertinentes.
No caso da non recepción ou extravío dos recibos, expediranse duplicados nas oficinas de Facenda Local do
Centro de Servizos Municipais, sito na Ronda da Muralla, 197, 2º andar, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas,
mediante atención personalizada, debendo os interesados acreditar tal condición, para os efectos de facilitarlles
o acceso á información tributaria correspondente, por tratarse de datos protexidos de conformidade co disposto
na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de
reposición ante a Ilma. Tenenta de Alcalde-Delegada da Área no prazo dun mes, que comezará a contar dende o
día seguinte ó da finalización do período voluntario de pagamento, sen prexuízo do disposto no art. 63 da
Ordenanza Fiscal Xeral. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ó abeiro do art. 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
10
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
Asinado pola Ilma. Sra. Tenenta de Alcalde-Delegada da Área de Economía, Emprego e Desenvolvemento
Económico, dona Ana Prieto Nieto.
R. 2110
Anuncio
Por Decreto núm. 16005619 do día 15 de xullo aprobouse, entre outros o procedemento de licitación para a
LICITACIÓN PARA A AUTORIZACIÓN DA INSTALACIÓN DAS CASETAS E CALDEIROS DO POLBO DURANTE
AS FESTAS DE SAN FROILÁN DOS ANOS 2016 A 2019. APROBACIÓN DAS BASES E A ADXUDICACIÓN POR
PROCEDEMENTO ABERTO. APERTURA DO PROCEDEMENTO DE LICITACIÓN. (exp-29-2016)
Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación conforme as seguintes características:
1.- Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento.
2.- Obxecto do contrato.
a)Descrición do obxecto: É obxecto destas bases regular a concesión de autorizacións para a instalación de
casetas e caldeiros do polbo números 1, 2, 3 e 4, do plano do proxecto da Feira, no recinto feiral durante as
Festas do San Froilán, nos anos 2016, 2017, 2018 e 2019.
b) Prazo de duración: Durante os anos 2016, 2017, 2018 e 2019.
3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria
b) Procedimiento: aberto.
4.- Tipo de licitación: Os prezos mínimos para a licitación das casetas e caldeiros do polbo serán os que a
continuación se detallan:
CASETAS:
CASETA
Nº 1
Nº 2
Nº 3
Nº 4
PREZO MÍNIMO DE LICITACIÓN
18.772,79 euros
17.700,06 euros
16.627,33 euros
16.627,33 euros
CALDEIROS:
CALDEIRO
Nº 1
Nº 2
Nº 3
Nº 4
PREZO MÍNIMO DE LICITACIÓN
11.714,22 euros
11.044,84 euros
10.375,46 euros
10.375,46 euros
5.- Garantías:
a) Definitiva: O licitador que presente a oferta máis ventaxosa estará obrigado a depositar unha garantía do
5% do importe anual ofertado.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002
d) Teléfonos: (982) 29-71-45, 29-73-01, 29-73-01
e) Telefax: (982) 29-72-59.
f) Dirección internet: www.lugo.gal (perfil do contratante)
g) Data límite de obtención de documentos e información: Ata o remate do prazo de presentación de
proposicións.
11
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
7.- Requisitos específicos do contratista.
a) Outros requisitos: Os sinalados nas bases técnicas e administrativas
8.- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: O prazo de presentación de proposicións será TRINTA DÍAS HÁBILES
contados dende a publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
b) Documentación que hai que presentar: A que figura na cláusula sétima das Bases.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou enviadas por correo postal
2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa (oficina de Rexistro)
3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002
9.- Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª Planta)
c) Localidade: Lugo
d) Data: ó segundo día natural ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se dito día coincidise en
sábado ou festivo a apertura realizarase ó seguinte día hábil. O devandito prazo ampliarase, no caso de ser
necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse regulamentariamente o aviso de presentación das
proposicións por correo.
10.- Outras informacións: As que se recollen nas bases técnicas e administrativas
11.- Gastos: 142,74 euros aproximadamente, que se repartirán de xeito proporcional.
Lugo, 15 de xullo de 2016.- O ALCALDE, P.D. A TENENTA DE ALCALDE DELEGADA DA ÁREA DE ECONOMÍA,
EMPREGO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, Ana Prieto Nieto
R. 2184
Anuncio
Por Decreto aprobouse a forma de adxudicación mediante procedemento aberto a CONTRATACIÓN
MEDIANTE LOTES DO ALUGUER DE STANDS PARA A INSTALACIÓN DE POSTOS DE VENDA NO SAN FROILÁN
2016: POSTOS AVENIDA RODRÍGUEZ MOURELO (LOTE 1), POSTOS PRAZA MAIOR (LOTE 2), POSTOS
AVENIDA DR. GARCÍA PORTELA (LOTE 3) E POSTOS NA RÚA PURO CORA (LOTE 4). EXPDTE. 30-2016. Por
medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación conforme as seguintes características:
1.- Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Patrimonio.
2.- Obxecto do contrato.
a)Descrición do obxecto:
O aluguer, montaxe e desmontaxe dos stands para a instalación de postos de venda no San Froilán 2016:
postos Avenida Rodríguez Mourelo (lote 1), postos Praza Maior (Lote 2), postos Avenida Dr. García Portela (Lote
3) e postos na rúa Cora (Lote 4), todo elo segundo as bases técnicas elaboradas pola Xefa se sección de cultura.
b) Prazo de execución: Para todos os lotes a duración da instalación será do 24 de setembro ao 13 de
outubro de 2016, ámbolos dous incluído. Poderá iniciarse a montaxe a partires do 24 de setembro segundo
indicacións da Sección Municipal de Cultura do Concello. A desmontaxe dos stands deberá realizarse entre os
días 13 a 17 de outubro de 2016.
Os contratos poden ser obxecto de prórroga, por acordo previo adoptado polo órgano de contratación, cunha
antelación mínima de dous meses ás Festas de San Froilán 2017 e nas datas concretas que se indiquen polo
responsable do contrato.
3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinario
b) Procedimiento: aberto
12
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
4.- Tipo de licitación
O valor estimado do contrato ascende a 96.280 euros. Para ver prezo de cada lote, ver claúsula cuarta do
prego de condicións.
5.- Garantías:
b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluido o IVE,
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Patrimonio.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002
d) Teléfonos: (982) 29-71- 27, 29-71-45.
e) Telefax: (982) 29-72-59.
f) Dirección internet: www.lugo.es (Zona de servicios: perfil do contratante)
g) Data límite de obtención de documentos e información: Ata o remate do prazo de presentación de
proposicións.
7.- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partires da data de publicación deste anuncio no
Boletín Oficial da Provincia de Lugo. No caso de que o último día coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase
ata o seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: A que figura na cláusula décima do prego de condicións.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.
2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197
3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 2 meses.
8.- Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª Planta)
c) Localidade: Lugo
d) Data: ó primeiro día hábil ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se dito día coincidise en
sábado ou festivo a apertura realizarase ó seguinte día hábil. O devandito prazo ampliarase, no caso de ser
necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse regulamentariamente o aviso de presentación das
proposicións por correo.
9.- Outras informacións: As que se recollen no prego de condicións.
10.- Gastos dos anuncios: 158,08 euros que serán por conta dos adxudicatarios.
Lugo, 13 de xullo de 2016.- O ALCALDE, A TENENTA ALCALDE DELEGADA DA ÁREA DE ECONOMÍA, EMPREGO
E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO Ana Prieto Nieto
R. 2185
A PASTORIZA
Anuncio
A Xunta de Goberno Local en sesión de data 5 de maio de 2016 aprobou os padróns das taxas polo
abastecemento de auga e por recollida de lixo e canon de saneamento do 1º trimestre do exercicio 2016
Durante o prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ao da inserción do presente anuncio no BOP os
padróns estarán expostos ao público nestas oficinas municipais para o seu exame e posibles reclamacións.
Contra o acordo de aprobación dos referidos padróns e as liquidacións incorporadas a eles poderase interpor
recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes dende o día seguinte ao da publicación
deste anuncio no BOP Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se
13
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
formulen poderán interporse recurso contencioso administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se
establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición
A falla de pagamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura no periodo voluntario sinalado suporá a
esixencia do mesmo directamente ao contribuinte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en
materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga e do coeficiente de vertedura poderá
ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade
Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
anuncio de cobranza
De conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria e o no artigo 68.1 b) do Regulamento
xeral de recadación, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario o comprendido entre o 15/07/2016 e o
15/09/2016 ámbolos dous inclusive.
Aos contribuíntes que teñan domiciliados os recibos seranlles cargados nas súas respectivas contas bancarias
a partir do día 15/07/2016. Ao resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas municipais onde se lles
facilitarán os correspondentes recibos para efectuar o pago.
Transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario as débedas serán esixidas por vía de constrinximento
e devengarán os correspondentes recargos do período executivo, xuros de demora e, no seu caso, costas que se
produzan.
A presente publicación, ao amparo do artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, terá os efectos de notificación
colectiva das respectivas liquidacións tributarias de cada un dos suxeitos pasivos.
A Pastoriza, a 6 de xullo de 2016.- O alcalde, Primitivo Iglesias Sierra
R. 2137
QUIROGA
Anuncio
O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 30 de maio de 2016, aprobou o orzamento
xeral para o exercicio 2016, xunto co cadro de persoal para dito exercicio. O acordo foi sometido a exposición
pública mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo número 134, do 11 de xuño de
2016.
Ao non presentarse reclamacións durante o período de exposición pública, enténdese definitivamente
aprobado. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora das
Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, faise público o resume por
capítulos, segundo o seguinte detalle:
ESTADO DE INGRESOS
Económica
Importe Euros
Capítulo 1. Impostos Directos
1.155.000,00
Capítulo 2. Impostos Indirectos
12.000,00
Capítulo 3. Taxas e outros ingresos
451.000,00
Capítulo 4. Transferencias Correntes
1.495.000,00
Capítulo 5. Ingresos patrimoniais
13.000,00
Total Ingresos correntes
3.126.000,00
Capítulo 7. Transferencias de Capital
424.000,00
Capítulo 9. Pasivos Financeiros
0,00
Total Ingresos de capital
424.000,00
Orzamento de Ingresos 2016
3.550.000,00
14
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
ESTADO DE GASTOS
Clasificación Económica
Importe Euros
Capítulo 1. Gastos de persoal
1.749.000,00
Capítulo 2. Compra de bens correntes e servizos
970.000,00
Capítulo 3. Gastos financeiros
52.000,00
Capítulo 4. Transferencias correntes
143.000,00
Capítulo 5. Fondo de continxencia
10.000,00
Total Gastos correntes
2.924.000,00
Capítulo 6. Investimentos reais
481.000,00
Capítulo 7. Transferencias de capital
20.000,00
Capítulo 9. Pasivos financeiros
125.000,00
Total Gastos de Capital
626.000,00
Orzamento de Gastos 2014
3.550.000,00
Do mesmo xeito faise público o cadro de persoal, co seguinte detalle:
ANEXO DE PERSOAL I - Persoal funcionario
Denominación
Escala
Subescala
Categoría
Grupo Nivel
Situación
Secretaría
Hab. Nacional
Secretaría-Intervención Terceira
A1/A2 26
Propiedade
Auxiliar Admón. Xeral
Admón. Xeral
Auxiliar Admtva.
C2
18
Propiedade
Auxiliar Admón. Xeral
Admón. Xeral
Auxiliar Admtva.
C2
18
Propiedade
Auxiliar Admón. Xeral
Admón. Xeral
Auxiliar Admtva.
C2
18
Propiedade
Secretaría Dirección
Admón. Xeral
Auxiliar Admtva.
C2
18
Propiedade
Policía Mpal.
Admón. Especial Servizo Especial
Garda
C1
17
Propiedade
Policía Mpal.
Admón. Especial Servizo Especial
Garda
C1
17
Propiedade
Aux. Administrativo
Admón. Especial Auxiliar Admtva.
C2
17
Propiedade
Director Museo
Admón. Especial Técnica
Téc.Superior A1
22
Propiedade
Enx. Técnico Agrícola
Admón. Especial Técnica
Téc. Medio
A2
22
Propiedade
Traballadora Social
Admón. Especial Servizos
Téc. Medio
A2
22
Propiedade
Dirección Casa Cultura
Admón. Especial Técnica
Téc. Medio
A2
22
Propiedade
Subalterno
Admón. Especial Servizos
Subalterna
E
13
Propiedade
Subalterno
Admón. Especial Servizos
Subalterna
E
13
Vacante (*)
Peón de limpeza
Admón. Especial Servizos
Subalterna
E
13
Propiedade
ANEXO DE PERSOAL II - Persoal laboral fixo
Emprego
Postos
Tipo de xornada
Grupo asimilación
Técnico actividades deportivas
1
Xornada completa
C1
Subalternos - Conserxe Casa da Cultura (*)
1
Xornada completa
E
Encargado Servizo de Augas
1
Xornada completa
E
15
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
(*) Praza ocupada por persoal laboral fixo, en proceso de funcionarización.
ANEXO DE PERSOAL III - Persoal laboral temporal
Emprego
Postos
Tipo de xornada
Duración estimada
Orientación laboral
1
Xornada completa
12 meses
Arquitecta Técnica
1
Xornada completa
12 meses
Electricista concello
1
Xornada completa
12 meses
Limpadora concello
1
Xornada completa
12 meses
Limpadora polideportivo
1
Media xornada
12 meses
Servizos administrativos
2
Xornada completa
12 meses
Auxiliar Admtva. A.R.I.
1
Xornada completa
12 meses
Conserxe Colexio
1
Media xornada
9 meses
Operador de cámara
1
Xornada completa
12 meses
Operador de cámara
1
Xornada completa
12 meses
Operador de cámara
1
Media xornada
12 meses
Técnico Medio Ambiente
1
Xornada completa
12 meses
Xardineiro
1
Xornada completa
12 meses
Limpeza colexio
1
Xornada completa
12 meses
Peón Servizo de Augas
1
Xornada completa
12 meses
Grupo Emerxencia Supramunicipal
6
Xornada completa
12 meses
Director Centro Social 3ª idade
1
Xornada completa
12 meses
Camareira - limpadora C. Social 3ª idade
3
Xornada completa
12 meses
Educadora familiar
1
Xornada completa
12 meses
Auxiliar de axuda a domicilio
12
Xornada completa
12 meses
Auxiliar de axuda a domicilio
1
Media xornada
12 meses
Auxiliar de axuda a domicilio
1
2 horas/día
12 meses
Psicóloga CIM
1
Media xornada
12 meses
Avogada CIM
1
Xornada completa
12 meses
Quiroga, a 6 de xullo de 2016.- O Alcalde, Julio Álvarez Núñez
R. 2112
O SAVIÑAO
Anuncio
1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo . Concello de O Saviñao ( Lugo )
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Obtención de documentación e información.
1. Dependencia : Secretaría.
2. Enderezo: Praza de España, 1
3. Localidade e código postal. O Saviñao ( Lugo ), 27540
4. Teléfono. 982452061
5. Telefax. 982453048
6. Enderezo de correo electrónico : [email protected]
7. Dirección perfil del contratante : www.concellodosavinao.com
16
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo. Administrativo especial
b) Descrición : Enaxenación de catro parcelas do polígono industrial O Peago.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación. Ordinaria
b) Procedemento. Aberto
c) Criterios de adxudicación. Varios criterios de adxudicación.
4. Orzamento base de licitación: Parcela 1 ( 0957801PH1105N0001LK )15.280 € más IVA ; parcela 2
(0957802PH1105N0001TK ) : 16.600 € más IVA ; parcela 10 ( 0957810PH1105N0001RK ): 21.060 € más IVA e
parcela 11 ( 0957811PH1105n0001DK ) : 21.500 € más IVA .
5. Garantías esixidas : según prego.
6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación. Quince días naturais, contados a partir da publicación deste anuncio no DOGA
.
b) Lugar de presentación:
1. Dependencia. Concello de O Saviñao . Rexistro xeral
2. Enderezo. Praza de España, 1
3. Localidade e código postal. O Saviñao ( Lugo ), 27540.
4. Enderezo electrónico. www.concellodosavinao.com
O Saviñao ( Lugo ) , 01 de xullo de 2016.- O Alcalde, Joaquín González González
R. 2113
XOVE
Anuncio
Pola Xunta de Goberno Local na súa sesión de data 8 de xullo adoptouse acordo de modificación do Acordo
regulador do Prezo público pola realización de actividades formativas, de ocio e tempo libre, do seguinte xeito:
1.- Modificación dos artigos 4º e 5º do Acordo Regulador, quedando redactado como segue:
Artigo 4º.- A contía do prezo público regulado no presente Acordo, ven determinado en función das
actividades que a continuación se relacionan:
Actividade
1.-Ximnasia de mantemento, pilates e
aerobic ou outras similares
2.-Ioga
3.-Actividades do Programa Xove
Concilia
4.-Kartódromo de Tapia de Casariego
5.-Bailes de salón
6.-Bordado á man
7.-Encaixe de bolillos
Prezo/mes/actividade* sen IVE
10,00 €
15,00 €
20,00 €
5,00
12,40
8,26
8,26
€
€
€
€
IVE
-€
-€
-€
Prezo total/mes
10,00 € cada
actividade
15,00 €
20,00 €
-€
21% (2,60 €)
21% (1,74 €)
21% (1,74 €)
5,00
15,00
10,00
10,00
€
€
€
€
Os prezos sen IVE poderán variar se como consecuencia dun cambio da normativa do Imposto, variase o tipo
de IVE, de tal xeito que o prezo total/mes a aboar polos usuarios se manteña inalterable.
Os prezos serán por mes, agás no caso da asistencia ao kartódromo de Tapia que será por actividade.
O importe dos prezos así establecidos terá carácter irreducible, salvo nos meses de comenzo e fin das
actividades de xeito que o prezo quedará reducido á metade sempre que a actividade se preste por un periodo
inferior a quince días.
Do mesmo xeito, para que a renuncia á realización da actividade dea lugar á anulación da exacción, aquela
deberá efectuarse con carácter previo ao comenzo da actividade.
Non procederá a exacción do prezo cando a actividade non se realice, o que sucederá se non se acada un
mínimo de 10 usuarios por actividade.
17
Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
Artículo 5º.- Para os casos 1, 2, 5, 6 e 7 do acrtículo anterior, as persoas solicitantes que teñan a condición
de minusválido debidamente acreditada ous os xoves que estean en posesión do Carné Xove ou Carné Máis,
terán unha reducción do 20% do prezo total mensual.
Para o caso 3 do artigo anterior, as persoas solicitantes desfrutarán de unha reducción do 50% da tarifa no
caso do segundo e sucesivos nenos matriculados na actividade Xove Concilia.
O que se fai público para xeral coñecemento, advirtíndose que ditos acordos poñen fin á vía administrativa,
podendo interpoñerse contra os mesmos, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o mesmo
órgano, no prazo de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, ou
alternativamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de
dous meses desde a data indicada. Todo elo en virtude do disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26
de novembro, e os artigoa 8 e 46.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo.
Caso de interpoñerse recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata
a resolución expresa de aquel ou da súa desestimación presunta.
Todo elo sen prexuízo de que os interesados podan exercitar, no seu caso, calquera outro recurso que
estimen procedente.
Xove, a 8 de xullo de 2016.- O Alcalde, Demetrio Salgueiro Rapa
R. 2138
CONSORCIO PARA A XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA REDE BÁSICA DE
ABASTECEMENTO AOS CONCELLOS DE CERVO E BURELA
Anuncio
Formada a conta xeral do exercicio 2015 do Consorcio para a xestión e explotación da rede básica de
abastecemento de auga aos Concellos de Cervo e Burela cos estados e contas a que se refire o artigo 209 do
Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das
Facendas Locais, e as regras 44 a 51 da Instrución do modelo normal de Contabilidade para a Administración
Local aprobada por Orde HAP/1781/2013, do 20 de setembro, e informada pola Comisión Executiva en sesión
celebrada o 7 de xullo de 2016, exponse ao público, xunto cos documentos que a xustifican, na Intervención do
Concello de Cervo dado que a sede do Consorcio se atopa na Praza do Concello s/n de Cervo, por período de
quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da
Provincia. Durante dito prazo e oito máis, os interesados lexítimos poderán examinala e formular por escrito as
alegacións que estimen pertinentes de conformidade co disposto no artigo 212 do Real Decreto Lexislativo
2/2004, do 5 de marzo.
En Cervo, a 7 de xullo de 2016.- O presidente en función Juan Pablo Barrio Martín
R. 2114
Signature Not Verified
Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO
Data: 20.07.2016 08:00:01 CEST
Razón:
Localización: España
Descargar