Alemaña é o país que, segundo se conta, viu nacer a árbore de Nadal alá polo século VIII e, como non podía ser doutro xeito, os abetos adornados conquistan prazas e fogares en todas as cidades durante o mes de decembro. Os preparativos da festa comezan o 6 de decembro. Cócense galletas e decóranse as casas. Uns adornos tradicionais son pequenos bonecos de froita. As xentes alemanas son famosas por facer unhas preciosas casas de xenxibre. Os mercados de nadal son extraordinarios. Os nenos e nenas deixan as súas cartas nas ventanas, dirxidas a Christkind unha figura con ás que reparte os agasallos. Pénsase que este Christkind é un anxo mensaxeiro do Neno Xesús. A campaíña dos agasallos. Coidado con Knecht Ruprecht! Durante cea de Noiteboa, os nenos e nenas esperan impacientes o momento de abrir os seus agasallos. Cando soa a campaíña -que está colocada detrás da porta pechada do salón- os rapaces saen rapidamente. Debaixo da árbore atópanse os seus presentes, pero só poderán desempaquetalos cando terminen de cantar «Stille Nacht, heilige Nacht» (Noite de paz). Previamente, na noite do 5 de decembro Santa Claus e o seu axudante Knecht Ruprecht. visitan as casas para avaliar o comportamento dos nenos. A aqueles que se portaron ben durante todo o ano, Santa regálalles doces, noces e mazás, mentres que Knecht Ruprecht encárgase de castigar aos que foron malos. Von drauß vom Walde komm' ich her ; Ich muss euch sagen, es weihnachtet sehr! Allüberall auf den Tannenspitzen Sah ich goldene Lichtlein sitzen; Und droben aus dem Himmelstor Sah mit großen Augen das Christkind hervor, Und wie ich so strolcht' durch den finstern Tann, Da rief's mich mit heller Stimme an: "Knecht Ruprecht", rief es, "alter Gesell, Hebe die Beine und spute dich schnell! Die Kerzen fangen zu brennen an, Das Himmelstor ist aufgetan, Alt' und Junge sollen nun Von der Jagd des Lebens einmal ruhn; Und morgen flieg' ich hinab zur Erden, Denn es soll wieder Weihnachten werden!" Ich sprach: "O lieber Herr Christ, Meine Reise fast zu Ende ist; Ich soll nur noch in diese Stadt, Wo's eitel gute Kinder hat." "Hast denn das Säcklein auch bei dir?" Ich sprach: "Das Säcklein, das ist hier; Denn Äpfel, Nuss und Mandelkern Essen fromme Kinder gern." "Hast denn die Rute auch bei dir?" Ich sprach: "Die Rute, die ist hier; Doch für die Kinder nur, die schlechten, Die trifft sie auf den Teil, den rechten." Christkindlein sprach: "So ist es recht; Irene Barra Fernández, Lucía Losada Ferreiro e Deyanira Matos Reyes (5º). O Nadal comenza en Alemaña o 1 de decembro, cando fan a súa aparición os omnipresentes mercadillos típicos destas festas. En todas as grandes cidades e nos pequenos pobos, instálanse postos de madeira onde se venden toda clase de obxectos de nadal, pero os máis apreciados son os adornos para a árbore, as velas de artesanía e os tapetes de encaixe fino; son realmente espectaculares, así como extraordinaria é a cantidade de xente que os visita (mesmo hai persoas que viaxan desde outros países só para acudir a un destes mercados). Entre os máis famosos e antigos están o de Estrasburgo que data do s. XVI, o de Bautzen do s. XIV, o de Stuttgart e Nuremberg do s. XVII. Reciben diferentes denominacións segundo a rexión: Weihnachtsmarkt (mercado navideño) no norte e centro, Christkindlmarkt (mercado do neno Deus) no sur, e Adventsmarkt (mercado de adviento) noutros lugares. Pódense atopar moitos doces e galletas, como os famosos lebkuchen (galletas de especias ou pan de xenxibre), os stollen, as castañas asadas, os variados pans de froitas e moitos tipos de chocolates. Canto ás artesanías, hai todo tipo de adornos de vidrio (é frecuente ver aos artesáns no proceso de soplado) e madeira (son típicas as pirámides e os pequenos xoguetes). Para que aos nenos e nenas se lles faga máis curta a espera do Nadal, regálaselles un calendario do Advento composto dunha serie de portiñas. Cada día hai que abrir unha das portas, día tras día, ás veces ponse unha golosina ou un pequeno agasallo tras cada porta, ata chegar ao 24 de decembro. Detrás da correspondente a ese día, atópase o Neno Xesús. Este costume, nos últimos anos estendeuse a outros países, como a España. Na derradeira noite do ano, San Silvestre, é frecuente ver á xente bebendo, contemplando castillos de lume ou predecíndose o futuro uns aos outros. Ás primeiras horas do ano novo, tíranse petardos para espantar aos espíritus malignos. Ángela Bugallo Veiro, Beatriz Hernández Fernández e Lucía Taboada Fernández (5º).