Os resultados dos equipos das Escolas Deportivas Municipais de

Anuncio
Pz. do Concello, nº 2. [email protected]
Bertamiráns
www.concellodeames.org
15220 AMES (A Coruña)
Telf: 981 883 002
Fax: 981 883 925
Os resultados dos equipos das Escolas Deportivas Municipais de Fútbol Sala da
pasada fin de semana foron os seguintes:
DIA
LUGAR
RIVAL
SÁBADO
QUIROGA PALACIOS
SR CALO “B”
HORA
CATEGORIA
EQUIPO
10:00 h
BENXAMÍN
CONCELLO AMES “B”
Para este xogo de Alex e Sergio contaron con poucos efectivos de novo, estes
foron: Javi, Javier, Nacho, Pedro, Manuel, Celso, Pablo e Diego.
O rival de partida era moi superior, de feito no primeiro partido que disputaron os
nosos nenos este equipo gañoulle por 17-0, esta mesma diferenza quedou
reflectida no xogo pero veuse a melloría dos nosos nenos.
O xogo comezou co guión marcado cun 3-0 a 5 minutos para o remate da primeira
parte do partido, foi nesta cando Nacho tras unha moi boa contra fixo o 3-1
batendo por baixo ao porteiro rival, e de seguido tivo outra ocasión nun man a man
co porteiro que desta vez no foi quen de batelo.
Na segunda parte tras un bo comezo as forzas dos nosos efectivos non deron máis
de si e a partir do minuto 10 e coas boas intervencións de Javi baixo paus o rival foi
engrosando a súa conta ata chegar ao 10-1 final.
DIA
LUGAR
RIVAL
SÁBADO
QUIROGA PALACIOS
A MERCE “B”
HORA
CATEGORIA
EQUIPO
10:45 h
BENXAMÍN
EDM AMES “B”
Neste 2º xogo da maña do Sábado Alex e Sergio contaron con todos os efectivos
deste equipo, Simón, Denís, Elías, Antón, Carlos, Fabián, Brais, Diego e Manuel.
En fronte un rival a priori fácil pero como era de prever a relaxación dos nosos
nenos viuse cando o rival colleu vantaxe no marcador, e pasamos os 5 minutos de
imprecisións ata que logramos a igualada tras un gol en propia meta. Logo seguiu o
noso festival con goles de Antón en 3 ocasións e un de Carlos que puxeron o 5-1 ao
descanso.
A segunda parte comezou como a primeira, con 2 goles en contra pola relaxación,
pero tras uns minutos de indecisión, Antón, noutras 2 ocasións, Elías e Fabián
pecharon o marcador final de 9-3.
DIA
LUGAR
RIVAL
SÁBADO
QUIROGA PALACIOS
CIUDAD DE STGO. “B”
HORA
CATEGORIA
EQUIPO
11:30 h
BENXAMÍN
EDM AMES “A”
Alex e Sergio contaron con poucos efectivos, Euge e Pablo ambos por lesión e
David de viaxe. Polo tanto estiveron Felipe baixo paus, Canosa , Marcos , Santi,
Méndez e Álex, pero ao igual que a gran maioría dos partidos anteriores a
superioridade foi manifesta no marcador e no xogo como reflexa o marcador,7-0.
Os goles correron por conta de :
1-0:Canosa en acción individual
2-0:Santi de falta directa
3-0:Canosa tras roubo ao saque do porteiro rival
4-0:Santi tras unha boa xogada de Marcos
5-0:Marcos de tiro lonxano coa colaboración do porteiro
6-0:Marcos tras regatear ao porteiro
7-0:Canosa nun 2º pau a xogada de Santi
DIA
LUGAR
RIVAL
SÁBADO
QUIROGA PALACIOS
REBORDELO
HORA
CATEGORIA
EQUIPO
12:15 h
PRE – BENXAMÍN 1º ANO
EDM AMES “A”
Para rematar a maña de competición desta sábado xogaba o pre-benxamín, Alex e
Sergio tiveron para este xogo a Iván, Diego, Carlos, Miguel, Luís, Óscar e Jorge
baixo paus.
O peso do partido estivo durante os 40 minutos no noso xogo colectivo o cal nos
levaba ata a área rival. Unhas veces polo mal tino noso e outras polas boas
actuacións do porteiro rival non fomos quen de lograr o gol. Este foi tras sendas
xogadas individuais dun xogador do Rebórdelo o que se plantou diante de Jorge e
de forte disparo puxo o 2-0 no marcador. Tras isto e xa na segunda parte unha nova
intervención do porteiro e outra contra puxo o 3-0 no marcador polo mesmo
xogador que os 2 anteriores, pero os nosos nenos a través de Diego e Iván seguían
creando grandes xogadas que paraba o porteiro rival e foi nesta cando Carlos tras
un bo pase deixou a Iván so ante o porteiro que este o regateou e cando todos
cantabamos gol o mesmo porteiro lle roubou a carteira a Iván dando pe a unha nova
contra que o anterior goleador volveu mandar o balón de forte disparo ás nosas
redes.
Este foi o punto de inflexión porque a raíz deste 4º gol os nosos nenos meteron si
cabe máis ao rival en 9 metros e alí tras unha boa xogada de Iván, Diego e Carlos foi
remachada polo 1º facendo o 4-1 pese a que o porteiro case o volve a impedir, e
nos 5 minutos restantes Iván tras unha cesión dos rivais ao seu porteiro
aproveitouse esta vez para regatealo e facer o 4-2. Logo do saque de centro e
posterior roubo de Carlos e pase a Iván este volveu facer un golazo cun recorte na
área de penalti, e bater de túnel ao porteiro rival quedando aínda 1 minuto para
buscar a igualada e esta pasou cando Iván lle deu un pase a Diego que este
mandou a rentes do pao cando esvaecía o tempo de xogo. Ao final 4-3 tras un gran
partido.
DIA
LUGAR
RIVAL
SABADO
MONTE DOS POSTES
A MERCE
HORA
CATEGORIA
EQUIPO
19:15 h
PRE - BENXAMÍN
EDM AMES
Neste xogo Alex e Sergio contaron con Guille, Rodri, Carlos, Samu, Alex, Joel,
Alberto e Adrián.
O encontro tivo un claro dominador no conxunto do EDM Ames ao longo da
primeira parte que rematou con vantaxe da escola por 2-0 tras 2 faltas marcadas
por Carlos, pero a segunda parte cando todos pensabamos que isto ía a mellorar
pasou todo o contrario porque ao pouco o rival recortaba as distancias no
marcador, pero Joel tras sendas xogadas persoais fixo 3 goles que deixaban o xogo
cun claro 5-1 que o rival foi recortando debido á relaxación dos nenos ata o 5-4
final.
DIA
LUGAR
RIVAL
SABADO
MONTE DOS POSTES
MILAGROSA
HORA
CATEGORIA
EQUIPO
20:00 h
ALEVIN
EDM AMES
Nesta tarde de sábado remataba a xornada o grupo Alevín da escola, Sergio e Alex
contaron con Roi, David, Marcos, Nacho, Alex e Méndez.
Partido que se presumía complicado porque en fronte estaba o equipo que
rematara 4º nas xornadas de liga pero ante os nosos nenos non demostrou nada xa
que tras un erro noso colleu vantaxe no marcador ao pouco do comezo do xogo e
logo pasou toda a primeira parte no seu campo metido en 9 metros e foi nesta que
Marcos e Nacho en sendas ocasións puideron igualar o marcador pero as boas
actuacións do porteiro xunto co pau evitaron a igualada.
A segunda parte do xogo correu polos mesmos camiños da primeira, o balón e as
accións de xogo corrían da nosa parte e eles non daban nin 2 pases seguidos sen
unha perda do balón. Foi nesta que tras unha parede de Méndez con Marcos
deixaron a Nacho nun man a man co porteiro rival que non foi quen de bater ao
mesmo, isto lastrounos un pouco e de ai ao final non fomos quen de crear outra
ocasión tan clara para igualar e de feito nunha xogada rápida case ao remate do
xogo cobraron máis vantaxe. Pero se isto non fora suficiente castigo físico de levar
todo o peso do partido o rival foi quen de meter 2 goles máis ata o 4-0 definitivo.
DIA
LUGAR
RIVAL
SABADO
QUIROGA PALACIOS
MILLADOIRO
HORA
CATEGORIA
EQUIPO
18:30 h
INFANTIL
EDM AMES
Para este último xogo do día Sergio e Alex contaron con Cristian na portería, Niko,
Matías, Iago e Rubén de quinteto de saída, quedando Fran, Vergara e Adrián na
suplencia.
Este xogo resúmese en 2 partes moi diferenciadas, na primeira onde non fomos
quen de penetrar na defensa en 9 metros do rival e de parar o contraataque dos
mesmos e así foi que nos fomos ao descanso cun 3-0. Na segunda parte en cambio
foi todo ao contrario puidemos rebasar esa maraña defensiva con moita facilidade e
de feito logramos poñernos a un gol de distancia tras goles de Iago e Adrián, e
cando non pasamos a defensa eramos quen de frear os seus ataques e
contraataques. Pero a falta dun minuto e tras un parón que marcou o colexiado
deixou a todos fora de lugar. Cando estaba o xogo rematando os nosos nenos non
se moveron tras a posta en xogo do balón e o rival fixo o 4-2 final.
Os resultados dos equipos das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto da pasada fin de
semana foron os seguintes:
Sábado: 10:15
Pavillón:Peleteiro
Copa primavera (Infantil)
Peleteiro
Ames
23-27
-Gran partido das xogadoras que dirixe Pablo, que lograron vencer nos dous encontros ,
mostrándose en cada un deles moi superior ao seu rival.
Os primeiros cuartos empezaron moi igualados , pero a partir do 3º as rapazas de Ames
empezaron a demostrar que ían a polo triunfo.
Destacamos a Antía López como a xogadora do partido, que ante as ausencias de Einés e
Sara xunto ca lesión de Patricia Otero no 1º cuarto, foi a encargada de anotar e dominar o
poste baixo. Tamén salientamos o bo partido de Iria ,que dirixíu perfectamente o equipo e
anotou tamén boas canastras.
Bo ambiente nas gradas do Pavillón, os pais das rapazas sempre volcados co equipo non
quixeron ser menos nesta ocasión, ademais viñan con moitas ganas tras o sucedido no
partido de ida , onde o adestrador do Peleteiro, protestou o resultado final .
Sabado: 10:15
Pavillón: Sta Isabel
Copa da liga (Mini)
Fontiñas
Ames
26-13
Encontro correspondente a Copa da liga onde os rapaces non tiveron opción ante un
rival forte da categoría.
- Os primeiros cuartos xa deixaban ver o que a posteriori ía a ocorrer. Empezamos mal en
defensa sen forza no rebote e inoperantes en ataque.
O equipo rival atopouse moi cómodo en todo momento xa que a nosa defensa deixaba
moito que desexar. De todos modos esta foi unha tempada de aprendizaxe e con vistas
a un futuro xa que se trata dun equipo con boas individualidades que hai que pulir
pouco a pouco.
Desta forma o equipo mini pon punto final a esta tempada, esperando xa o comezo da
seguinte, alá polo mes de Setembro.
-
I LIGA POPULAR DE FÚTBOL 7
RESULTADOS DA 2ª XORNADA
PIÑA AGRIA – 3 / 3 – ALDEA NOVA
Goleadores:
Piña Agria
Nermin Turkovic (2 goles)
Iván Falcón (1 gol)
Aldea Nova
Carlos Landín (2 goles)
Santi Araujo (1 gol)
PARRILLADA O PADRIÑO – 2 / 1 – COOLED
Goleadores:
Parrillada O Padriño
Adrián González (1 gol)
J Manuel Ponte (1 gol)
Cooled
Miguel Senín (1 gol)
PIRAGÜISTAS – 7 / 1 – FROGGY
Goleadores:
Piragüistas
Diego Martínez (3 goles)
Agustín Mato (1 gol)
Marcelo Santiso (2 goles)
Alberto Viaño (1 gol)
Froggy
José Angel Sánchez (1 gol)
GAÑADOS
EMPATADOS
PERDIDOS
GOLES FAVOR
CONTRAGOLES
PUNTOS
1
PIRAGÜISTAS
2
2
0
0
14
1
6
2
PARRILLADA O PADRIÑO
2
2
0
0
10
1
6
3
COOLED
2
1
0
1
8
2
3
4
PIÑA AGRIA
2
0
1
1
3
7
1
5
ALDEA NOVA
2
0
1
1
3
8
1
6
FROGGY
2
0
0
2
3
7
0
POSTO
XOGADOS
CLASIFICACIÓN
EQUIPO
GOLEADORES
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
NOME
Diego Martínez
J Ramón Arufe
Agustín Mato
Marcelo Santiso
Miguel Senín
J Manuel Ponte
Alberto Viaño
Nermin Turkovic
Carlos Landín
David Fernández
Oscar Santos
Pedro D Fernández
Miguel A Peleteiro
Adrián González
Sergio Berdullas
Andre Da Silva
Bruno Filipe
J Angel Sánchez
Carlos García
Jorge Martínez
Sergio Rodríguez
Borja Viqueira
Raúl Gómez
Iván Falcón
Santi Araujo
EQUIPO
Piragüistas
Parrillada O Padriño
Piragüistas
Piragüistas
Cooled
Parrillada O Padriño
Piragüistas
Piña Agria
Aldea Nova
Parrillada O Padriño
Parrillada O Padriño
Parrillada O Padriño
Parrillada O Padriño
Parrillada O Padriño
Piragüistas
Froggy
Froggy
Froggy
Cooled
Cooled
Cooled
Cooled
Cooled
Piña Agria
Aldea Nova
Nº DE GOLES
5
3
3
3
3
2
2
2
2
1
1
1
1
1
1
1
1
1
1
1
1
1
1
1
1
Descargar