O único que queda é o amor 1º Capítulo: Narra a historia de Sara, una moza que traballa nun banco cun salario elevado pero que se encontra un pouco aburrida. Un día abren una libraría enfrente da súa casa e decide ir a vela pouco despóis. Cando entrou descubriu que era moito mellor do que houbera imaxinado e alí foi onde despertou de novo o seu afán pola poesía que a acompañaba dende a universidade. Pasaron os dia e Sara encontrou una nota na sección na que sempre compraba. Una nota romántica que lle encantou. Era dun escritor poético pero remarcado con lapis aparecía o seu nome. Isto levantou moitas sospeitas sobre ela pero xamais se decataría de que era o dependente da tenda que desde o primeiro día namorouse dela. 2º Capítulo: Fala da adolescencia dun home de Vilarelle que tendo 17 anos, xa traballaba nun taller porque lle gustaban os coches e tiña maña para eles. A filla do xefe era moi fermosa e o protagonista coñecíaa desde pequeño. Un bo día pedíulle de bailar e surxiu o amor entre estes xóvenes. O día seguinte o xefe chamou por el e díxolle que como o volverá a ver ca súa filla dáballe una ostia que nin a sua nai o iva recoñecer. Despedido, marchou a Barcelona co seu curmán e traballou noutro taller. Escribía amiudo a súa suposta noiva pero ela sempre lle contestaba con menos entusiasmo. Pasaron os anos e foi á mili onde cesaron as cartas da sua moza. Volveu a Barcelona e montou co seu curmán un taller por libre onde conseguiu unas vacacións nas que volveu a súa vila e reencontrarse coa súa moza. Pero levouse una gran decepción ao percatarse de que xa tiña noivo e quemase todas as súas cartas. Agora….casado e con fillos volveu só outra vez a Vilarelle á carballeira onde descubriu o seu primeiro amor para queimar as cartas nas que puxera tanto cariño e aprezo. 3º Capítulo: Fala en 1ª persoa da vida dun can e o seu amo. Este home namórase dunha muller e pasa una longa tempada con ela. Esquecíase algo do seu can pero el estaba feliz posto que seu amo tamén o estaba. Pero un día o dono xa non volveu con ese brillo nos ollos; é máis veu moi triste e meteuse no seu cuarto. O can consoloulle moito naqueles difíciles días pero os paseos eran máis curtos e pouco divertidos. O amo provou sorte con outras tres mulleres pero non puideron reemprazar o espazo valeiro que deixou aquela moza no seu corazón. Un día foron a recoller frutos a un bosque pero a volta en coche era moi perigosa posto que había moita escuridade e a calzada non estaba pintada.Desgraciadamente o coche impactou con outro que viña de frente e tanto o can como o dono morreron comnverténdose en fantasmas e posteriormente desaparecendo. 4º Capítulo: Fala dun pequeño traxecto dunha muller cara o Camiño de Santiago na que fai novas amizades pero una noite mentres tomaban un café, una das acompañantes decidiuse por recitar uns poemas e todos diciron un polo menos; pero chegou o momento da protagonista e falou duns versos bastante máis tristes dos que se estaban a falar. Ao rematar o público quedou en silencio e un acompañante que levaba moi pouco tempoentre eles comentou a historia que pasara hai uns anos nuha ponte preto de onde se atopaban. Era a tráxica historia dunha parexa que casara hai pouco e estaban vivindo xuntos pero una noite, volvendo en coche por una estrada e cruzando por esa ponte, o marido perdeu o control do vehículo por culpa dunha mancha de aceite que deixara o camión hai unas horas. O marido morreu no acto pero a súa noiva logrou salvar a vida. Despóis de aquel tráxico suceso a pobre muller estaba triste todo o día e, as veces, con calquera ruido facíase a ilusión de que o seu marido seguía na casa. Refuxiouse na lectura e pasou bastante tempo buscando un libro de segunda man que lle regalara o seu home do mesmo autor que o poema da nosa protagonista. Pero un bo día, despóis de comer cos seus páis ocultando a tristeza que seguía tendo, volveu a casa e esta estaba inpregnada do olor do perfume do seu marido. Este cheiro facíase moito máis forte nos seu dormitorio onde atopou o seu libro, pero o máis curioso e que tiña a sensación de que non estaba soa na casa a parte do seu can. Despóis da fantasmagórica historia de este home todos marcharon para cama e a nosa protagonista quedouse coas ganas de preguntarle un montón de cousas. Á mañá seguinte agardou bastante rato a que o home ao que buscaba saíse pero no foi así. Preguntoulle ao dependente sobre o accidente que lle contara e iste respondeulle e lle trouxo os periódicos que relataban a historia posto que ese mesmo día abriran o restaurante. Non tardou en atopar a noticia na que aparecían una foto do accidente e outra do home que perdeu a vida. Era o mesmo que lle contara a historia. 5º Capítulo: Conta a historia dunha parella que ían de viaxe camino de Bilbao. Desviáronse no camiño para facer una pequeña parada nuha vila onde vivirá a muller o que non agradou moito ao seu home. Alí recordou a súa adolescencia onde coñecera ao seu primeiro amor pero todos os lugares onde solía pasar estaban só na súa memoria posto que as construccións que fixeran na súa ausencia destruíran os lugares nos que pasara. 6ºCapítulo: Fala do hoby que tiña Ernesto desde cativo. Tiña a costume de coleccionar caixas de mistos de todo tipo pero a súa colección rematou de crecer cando casou no 79. A súa muller estaba Bastante contenta cando viñan visitas de que o seu marido esninase con gran admiración o seu hoby. Pero todo cambiou nunha pequeña liorta que tiveran onde as caixiñas trasladáronse ata o escuro armario de abaixo. Pouco despóis Ernesto morreu aos 59 anos dun infarto e a súa muller queimou a súa colección na cheminea sen decatarse de que nunha das caixas escondíase un agasallo que lle tiña preparado o seu marido e que meterá pouco antes de morrer. Un colar de diamantes. 7ºCapítulo: Daniel é un home que vive en Vigo e una mañá encóntrase na súa casa una foto carnet de una fermosa moza co nome de Diana da que queda prendado instantáneamente. Este home intentou durante mes e medio encontrar a esta rapaza de carácter universitario movento fíos por tódolos lados. Ata chegou a chamar a un vello amigo do instituto para que lle proporcionase o número de Dianas que estudaban na universidade. Visitounas una por una por lonxanía do lugar onde vivía mais non lle serviu de nada. Un día paseándose pola rúa encontrouse outra foto dela o que lle pareceu realmente extraño. O feito de que Daniel non encotrase á moza da súa vida foi que Diana gañara a lotería e ía viaxando polo mundo adiante deixando en cada cidade oito fotos súas. 8º Capítulo: Fala do preludio de outro libro de Agustín Fernández Paz no que un home narra a súa infancia e adolescencia xunto coa súa familia en especial coa súa tía e os seu curmáns en verán no pazo da súa avoa en Vilalba.Co paso dos anos as familias fóronse distanciando comezando coa morte da avoa co que a súa tía herdou o pazo. Máis tarde e ca morte desta tía repartíuse o diñeiro entre os curmáns que xa non tiñan a mesma amizade que de cativos. O noso protagonista xá casado e con dúas fillas quixo quedar co pazo que tan bos recordos lle trouxera e restaurouno co apoio da súa filla Rosa. Pero case ao rematar, encontrouse un esqueleto cun buraco de bala la cabeza. Agora, éste home busca nos seus álbums familiares quen poido ser. 9º Capítulo: Elvira, recibe a chamada da sua filla para dicirlle que Adrián, o seu amigo de toda a vida morrera e traían o cadáver desde Barcelona ata Mondoñedo pero a anciana non quixo ir. É entón cando recordamos o seu pasado Elvira sempre saía coa súa curmá Carme e era moi amiga de Adrián que o coñecera nas festas de San Lucas en 1964.Pero Elvira estaba saíndo con Suso, un rapaz cinco anos maior ca ela que xa rematara a mili e quería un plan de futuro con ela. Os seus país estaban de acordó porque proviña dunha familia adiñeirada e era bo rapaz. Pero Elvira non estaba tan segura, aínda era una rapaza moi xoven e quería seguir saíndo coa súa prima polas festas dos pobos. Pouco despóis recibe un paquete cun libro de poesía, una carta e una foto de Adrián expresándolle os seus sentimentos. As cartas seguiron chegando e chegando e a rapaza estaba cada vez máis confusa sobre a súa situación ata que falou ca súa nai quen non foi moi amable con ela. Ao final casou con Suso e mudáronse a Ferrol onde el traballou no porto.Pero máis tarde chegaron momento de crise; malia que xa tiñan fillos e tiñan aforros, Suso desesperouse cando o despediron e non paraba quieto na casa; sempre fumando e fumando ata que aos 59 anos sufriu un infarto que acabou ca súa vida. Pouco despóis morreron tamén seus país e Elvira herdou a casa do pobo onde grazas a una das suas fillas atopou una caixa que recollía todos os seu recordos de Adrián e que non levara para Ferrol. A partir daquel momento non pasou un só día sin que se deixase de acordar do home que a quixo desde sempre. 10º Capítulo: A historia dun home ao que lle encanta a lectura lévalle a copiar anacos dos que para el son os mellores textos e pégaos na rúa co fin de conpartir a súa paixón fai isto repetidos días con textos diferentes e da resultado posto que ao cabo de uns días as rúas están repletas de papeis nas paredes dos edificios con anacos dos seus mellores text