Se tes pensado facer unha estadía de mobilidade

Anuncio
Se tes pensado facer unha estadía de mobilidade internacional no curso 2014/2015….ten presente os requisitos lingüísticos e prepárate!! Se pensas facer una estadía dentro do programa Erasmus ou bilateral para o curso 2014/2015 queremos recordarte os requisitos de acreditación lingüística para a próxima convocatoria: 1.‐ Para optar ás universidades cuxos programas se imparten en inglés ou francés, necesitarás acreditar un nivel B1. 2.‐ Para optar ás universidades cuxos programas se imparten en alemán, necesitarás acreditar un nivel A2. 3.‐ Polo de agora non se esixe acreditación previa para optar ás universidades que imparten as materias en italiano e portugués. Non obstante, estes alumnos deberán cursar como mínimo un módulo do nivel que corresponda aos seus coñecementos da lingua, na UDC ou na universidade de destino. Cómo se pode acreditar o nivel esixido? 1.‐ A través dos certificados das diferentes institucións que acreditan eses niveles (pode verse a táboa que se acompaña a este documento). 2.‐ O Centro de Linguas realizará o exame de nivel lingüístico ACLES correspondente ao nivel B1 de inglés (www.udc.es/centrodelinguas/acles). 3.‐ Se non dispós de ninguna das certificacións anteriores, deberás participar nas probas específicas (inglés‐
francés‐alemán) que para os alumnos que opten aos programas de mobilidade internacional organizará o Centro de Linguas nas datas que se establecerán na propia convocatoria (previsiblemente, en febreiro de 2014). No curso 2014/2015 só se realizará unha única proba para cada idioma. Estes requisitos son xerais e se aplicarán sen prexuízo dos que a maiores establezan algunhas universidades para aceptar aos estudantes, que poden esixir superior nivel de acreditación lingüística. CERTIFICADOS ADMITIDOS PARA A ACREDITACIÓN DO
COÑECEMENTO DE IDIOMAS.
Táboas de certificados válidos para a acreditación de nivel de idiomas e a súa
correspondencia co MCER
No seguinte cadro inclúense as equivalencias de nivel que se aplicarán, só para efectos desta convocatoria,
aos cursos de idiomas realizados no Centro de Linguas da UDC:
Idioma
A1
A2
B1
B2
C1
C2
Alemán
A1.4
A2.4
B1.4
B2.5
C1.6
C2.3
Francés
A1.3
A2.3
B1.3
B2.4
C1.4
C2.4
B1.5
B2.5
C1.5
C2.5
A2.3
B1.3
B2.4
C1.4
C2.3
A2.2
B1.3
B2.4
C1.3
C2.3
Inglés
Italiano
Portugués
A1.2
A continuación inclúense as táboas de equivalencias de outros certificados segundo ACLES.
Idioma inglés
Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Idioma francés
Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Idioma alemán
Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Idioma italiano
Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Outros idiomas
Certificados oficiais admitidos por ACLES e a súa correspondencia co Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Descargar