Historia del Latín

Anuncio
O LATÍN, LINGUA INDOEUROPEA
O latín é unha lingua da familia lingüística coñecida co nome de indoeuropea.
Por familia lingüistica enténdese o conxunto de lenguas que presentan uns rasgos básicos comúns nos
distintos niveis ou sistemas da linguaxe: fonológico, léxico, morfológico, e sintáctico. Estas coincidencias
atestigan unha orixe común, nunca época remota e unha zona limitada, a partir das cales producirase a
expansión e a posterior fragmentación.
Á familia indoeuropea pertencen o latín e a maioría das linguas faladas en Europa, tanto no pasado coma no
presente, ademais dalgunhas de Asia meridional que se extenden pola zona que vai dende a actual Turquía ata
a India. Exceptuando no noso continente o finés, o húngaro e o vasco.
A orixe desta familia remóntase a fai mais de cinco mil anos e se sitúa, según a eoría mais aceptada, nunca
zona ó norte do mar Negro, entre a desembocadura do Danubio e dos montes Urais.
−PRIMERA XERACIÓN DE LINGUAS INDOEUROPEAS
Durante o segundo milenio antes do nacemento de Cristo, a que poderiamos chamar primeira xeración das
linguas indoeuropeas aparece xa diferenciada na sua maior parte, e os pobos cas falaban atópanse situados,
nos seus territorios históricos. Uns pobos fixéronno antes ca outros, coma os hititas da Península de Anatolia
(actual Turquía) ou os aqueos, que protagonizaron a mediados do milenio a civilización minoica na illa de
Creta e a civilización micénica na Grecia continental(o Peloponeso).Outros pobos fixérono nunha data mais
tardía coma os portadores da lengua latina,que entrou na Península Italiana no ano 1000 a.C. coincidindo mais
ou menos coa invasión dos dorios en Grecia.
Algunhas destas linguas resultantes presentan un maior número de afinidades entre sí, o que fai supoñer que
nun período intermedio os pobos respectivos ocuparon un mismo territorio ou territorios veciños, e
desarrollaron unha forma de falar moi semellante.De ahí que se distingán diferentes grupos de linguas
indoeuropeas, como as que ocupan a franxa central de Italia(o Latín,o Osco, e o umbro),ou as que ocupan
Asia(o chamado grupo indoiranio) ou as distintas linguas germánicas ou eslavas.
−SEGUNDA XERACIÓN DE LINGUAS INDOEUROPEAS
Xa na época histórica, a maioría das linguas indoeuropeas seguiron evolucionando lenta pero imparablemente,
transformándose e fragmentándose, e dando lugar as diferentes linguas indoeuropeas modernas, que
constituen a segunda xeración da familia indoeuropea. Sen embargo houbo algunhas que non deixaron
descendencia , ó ser sustituidas por outras linguas dominantes e logo olvidadas.
Nalgúns casos coñécese moi ben a lengua que deu orixe a estas linguas modernas, o conservárense a sua
literatura(caso do antiguo indio, do persa antigo, do grego e do latín); neutros casos. Coma o das linguas
xermánicas ou eslavas, non se conserva ningún testimonio escrito da primitiva lingua nai común.
PARENTESCO LÉXICO DE LINGUAS INDOEUROPEAS
En conclusión, a nosa comunidade lingüística europea ten xa entre tres mil e catro mil anos de historia; e a sua
orixe común ten dous mil anos mais.
Ó que une as linguas románicas de España(Castelán, catalán e galego) entre sí e co resto desta vella e gran
comunidade é o latín.
1
Para apreciar os lazos do parentesco que unen as linguas derivadas do latín, é suficiente con botarlle unha
ollada as palabras d distinta clase(sustantivos, verbos, pronotes, preposicións,etc) e comparar os resultados en
castelán ou francés, xunto a forma latina de que proceden, cos das outras linguas doutro grupo indoeuropeo,
como son o inglés ou o alemán.
2−EVOLUCIÓN DEL LATÍN
−ORIXE E EXPANSIÓN
O latín aprece no ano 1000 a.C no centro de Italia, ao sur do río Tíber, entre os Apeninos e o mar Tirreno
nunca rexión chamada Latium (Lacio), de onde provén o nome da lingua e o dos seus primeiros habitantes, os
latinos.
Xunto o latín aparecen as outras duas linguas do grupo itálico (o osco, o sur do lacio, e o umbro, ao noreste.
Das varias formas dialectais do latín primitivo(cada cidade da Lacio tiña a súa)
Enseguida acabou imponiéndose a de Roma, a causa da sua pronta hexemonía sobre toda a rexión.
Este latín romano foise extendendo a medida que se extendía tamén o dominio de Roma, primeiro en Italia,
mais tarde nos paises ribereños do mediterraneo occidental (incluida a Península Ibérica)ata abarcar
finalmente a Europa central, dende as illas británicas ata Rumanía.
Trala caída do Imperio Romano de Occidente, ocurrida no século V, o latín continuou sendo a lingua común
de gran parte deste territorio, ata a sua fragmentación e transformación nas distintas linguas románicas(sécalos
VIII−IX). Son pois, dous mil anos de uso ininterrumpido do latín, dende antes incluso de que Roma existise
ata despois de que deixara de ser a capital do imperio.
Polo que se refire a Península Ibérica, a presencia da lingua latina durou arredor de doce sécalos(recordemos
que a conquista romana iniciouse no século III a.C.)
−O LATÍN VULGAR
2
A este latín falado, corrente, popular, se lle chama latín vulgar. É unha lingua en continua evolución e con
diferencias dialectais entre as rexións da mesma Italia, e mais aun entre as diferentes provincias do imperio
(así, por ejemplo, pode falarse da existencia dun latín hispano, galo,africano,etc).
O descompoñerse o imperio e comeza−la idade media, a evolución e a fragmentación da lingua aceléranse e
acentúanse ata que o latín convertiuse noutra lingua, en parte igual e en parte distinta do latín tradicional, o
que xa no século IX comezou a chamarse llingua romana rústica, de onde procede o nome de linguas
románicas ou romances, para denominar as diversas linguas nacionais as que deu lugar.
Sen embargo, moitas das diferencias entre éstas e o latín literario xa se iniciaron no latín vulgar.
−O LATÍN LITERARIO
A partir do século III a.C. comeza a literatura en laftín: e con ela, o latín literario culto, escrito. Tras un primer
período de formación que ten lugar no século I a.C., o latín literario, fixado xa polas primeiras gramáticas,
convértese nunha das grandes linguas literarias da antiguidade (linguas clásicas), e como tal, a diferencia do
latín vulgar, permanece prácticamente inalterado e unificado a través dos séculos ; autores como
Cicerón,Virgilio,e Tácito, entre outros, dan fé nelo en distintas épocas da antiguidade. En épocas anteriores,
Tomás de Aquino, Dante, Tetrarca.
Este latín culto, ademais de ser a lingua da literatura, foi tamén a lingua na que se trasmitiu todo o legado
cultural romano:dereito, ciencia, filosofía,etc.
PERVIVENCIA DO LATÍN
O longo da Idade Media, o latín seguiu sendo a lingua de expresión da cultura e alcanzou unha revitalización
extraordinaria no Renacemento (os humanistas como Erasmo ou Luis Vives foron consumados latinistas).
Como lingua de expresión culta e científica o seu uso mantívose ata o século XVIII (Descartes, Leibniz,
Newton, Linneo); e como lingua oficial da igrexa católica mantívose na liturxia e nos seus documentos (nas
encíclicas papales, por ejemplo) ata a actualidade .
Ese carácter de vehículo de expresión universal da cultura, romana primero e europea despois, fixo que o latín
estivera presente nos estudios dos niveis medio e superior de tódolos paises civilizados durante tantos séculos.
A presencia nos estudios foi ademais preminente ata fai non moito.
A esta causa débese tamén que tódalas linguas europeas, non só as linguas románicas, viron enriquecido o seu
vocabulario cun gran número de palabras de raíz latina(cultismos). Asimismo pode apreciarse en moitas desas
linguas o mantemento do uso habitual das expresións latinas , non só a nivel culto da linguaxe senón tamén
moitas delas no nivel coloquial.
3. AS LINGUAS ROMÁNICAS
·Orixen
O orixen dea linguas románicas hai que buscalo nese latin "vulgar" tardío transformado e fragmentado,
bautizado coa denominación de lingua romana rústica nun conflicto do seculo IX (para diferenciala das
linguas bárbaras, por un lado, e do latín "culto", por outro).
Foi este un proceso que se pode calificar de "metamorfosis". Unha parte importante do sistema lingüistico
latino permañeceu en todalas linguas románicas. Pero houbo cambios (innovacions e perdidas) moi sustanciais
que afectaron ós distintos aspectos dá lingua: pronunciación, morfoloxía, sintaxe, léxico. O sistema
convirtiuse noutro, con diferencias tamén sustanciais entre as linguas dos distintos reinos medievais. Estas
3
diferencias foron aumentando co paso do tempo ata a fixación definitiva das distintas linguas románicas. Entre
as mostras escritas que nos chegaron deste latín e as primeiras das diversas linguas romances (séculos VI I
I−X) hai todavia moi pouca diferencia.
· Documentos mais antigos en lingua románica: séculos IX−X
Para o español, o testimonio documental mais antigo fechase a finais do seculo X: son as famosas Glosas
Emilianenses atopadas no monasterio de San Millán da Cogolla, na Rioxa. Trátase de traduccións de palabras
e frases soltas dun texto latino culto (en concreto, un manuscrito con sermones de San Agustín) á lingua
falada na Castela primitiva.
·Primeiras obras literarias: séculos X−XIII
As manifestacions literarias mais antigas nas principais linguas romances da península Ibérica son:
·As estrofas en romance, entremesturadas có texto árabe ou hebreo, das "jarchas" mozárabe (século X)
·O Cantar do mio Cid no romance de Castela (séculos XII−XIII)
·As Cantigas en galego de Alfonso X "o sabio" (séculos XII−XIII)
·As Homilies d´Organya en catalán (séculos XII)
Ó longo da Idade Media, a similitude que se observa en moitos dos textos románticos primitivos, nos
diferentes paises que conforman Romania, vai disminuindo, a vez que van remarcándose as diferencias, ata
chegar a fixarse gramaticalmente cada unha por separado a partires do Renacemento.
·As linguas románicas hoxe
As linguas románicas se falan na actualidade na Europa romanizada e noutros paises do mundo , onde
chegaron coa colonización. Son as seguintes:
· Castelán (español): España, Hispanoamerica, presencia decrecente en Filipinas e crecente en EE UU.
(falantes nativos: 352.000.000)
·Portugués: Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, arquipelagos de Madeira e Azores. (falantes nativos:
170.000.000)
·Francés: Francia, sur de Bélxica, cantones occidentales de Suiza, Antillas, Canadá (Quebec), países
francófonos de Africa. (falantes nativos: 72.000.000)
·Italiano: Italia (falantes nativos:40.000.000)
·Rumano: Rumania (falantes nativos: 26.000.000)
·Galego: Galicia (falantes nativos: 4.000.000)
·Catalán: Cataluña, Rosellón, Andorra (falantes nativos:4.000.000)
·Provenzal: Provenza (falantes nativos 3.000.000)
·Sardo: Cerdeña (falantes nativos: 1.500.000)
4
·Retorromano: (Rético): Alpes (falantes nativos: 4.000.000)
O castelán é a lingua románica con maior número de falantes: a maior parte deles pertence o continente
americano. Algunhas zonas do sureste e suroeste de Estados Unidos, debido a presencia crecente do castelán,
son na actualidade zonas bilingües.
5
Descargar