Día paz gallego.qxd

Anuncio
Día paz gallego.qxd
1/8/08
09:39
Página 1
construímos
paz
cos cinco sentidos
30 de xaneiro:
Día escolar pola paz e a non violencia
Día paz gallego.qxd
1/8/08
09:39
Página 2
construímos paz cos cinco sentidos
Infantil
Recreamos un mundo imaxinario a través dunha historia na que os cinco sentidos simbolizan diferentes valores. Para esta idade achegámonos a unha vivencia da paz desde valores e actitudes de
comunicación, participación e a expresión propia de cadaquén.
Por que están tristes cada un dos sentidos?
Como vos sentiriades nun mundo así?
Gustaríavos que o cambiásemos?
OBXECTIVOS
Como os sentidos non querían estar tristes uníronse para cambiar o mundo e recuperar a paz.
construímos paz cos cinco sentidos
Propoñemos realizar unha introdución do tema convidando á participación. Realizarase unha
dinámica na que cadaquén traballará diferentes aspectos da paz relacionados cos sentidos vinculándoa así a un mundo de valores como a xustiza, a escoita, o diálogo, o coidado da contorna
e a construción de relacións positivas.
Secundaria
Xesto: Construímos paz cos cinco sentidos
Cadaquén érguese a pegar o seu ladrillo nun papel continuo formando a palabra “paz” e explicando a súa
proposta de acción (o que puxo en “pés en movemento”) ao resto de compañeiras e compañeiros.
OBXECTIVOS
• Fomentar valores de cooperación e de participación de todos e todas para a consecución da paz.
• Favorecer a comunicación verbal e a corporal.
• Póñense en grupos de cinco e en cada grupo repártense cinco folios cun ladrillo pintado e dentro un sentido
debuxado para que o coloreen. Os compoñentes de cada grupo colorearán cada sentido: ollo, orella…
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
Xesto: Construímos paz cos cinco sentidos
Recoñecemos os nosos sentidos
Cada alumno/a poñerá o seu ladrillo xunto co resto formando unha construción no chan (en papel continuo)
en forma de lastros/muro, ou formando a palabra “paz”.
• Profundar nun concepto de paz máis alá da non-violencia e relacionado co desenvolvemento da persoa.
• Sensibilizar sobre a importancia do diálogo na resolución de conflitos.
• Analizar a realidade que nos rodea e descubrir espazos, situacións… onde a paz positiva non se cumpre.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
Preguntamos onde está cada órgano para que o relacionen co seu sentido:
Cos ollos…, co nariz…
Ao comezo explicarase a diferenza entre paz negativa e paz positiva e convidarase a poñer exemplos destas
dúas tipos de paz. Abrirase un espazo de diálogo entre os alumnos/as.
E facemos a pregunta ao revés: que facemos con cada unha destas partes do corpo.
Cos ollos…, co nariz…
Cada alumno/a debuxa un ladrillo e dentro del unha orella, boca, man,… que simbolizará un sentido: gusto,
boca; vista, ollos; olfato, nariz; oído, orellas; tacto, mans e pés.
Despois convidamos a facer o mesmo pero recoñecendo os sentidos do compañeiro/a. Tocar a orella do compañeiro/a, o nariz…
Unha vez debuxado escribirán frases que relacionen cada sentido coa paz:
RECURSOS
ORELLAS: Unha frase que me gustaría escoitar arredor de situacións que favorezan a paz.
Coas orellas pechadas unha frase de paz negativa, coas orellas abertas unha frase de paz positiva.
O Mundo do Sinsentido
Pedimos ás nenas e aos nenos que pechen os ollos para introducilos nun mundo imaxinario; pode axudar
poñer música de relaxación.
Era unha vez O Mundo do Sinsentido, un mundo no que non había paz. Era un mundo escuro no que non se
podía ver, nin ulir, nin escoitar, nin tocar, nin gustar. Os nenos e as nenas non podían xogar, nin aprender, nin
abrazar,…
Era un mundo sen sensibilidade, esta perdérase.
Moitos dos nenos e nenas non podían ir á escola, non tiñan que comer, tiñan doenzas… E o peor de todo é
que ninguén quería facer nada por cambiar esta realidade.
OLLOS: Algo que me gustaría ver sobre unha situación de non-violencia. (Imaxinando unha escena, coma se
fose unha película ou coma se fose un cadro).
Cos ollos pechados unha escena de ausencia de paz/cos ollos abertos unha escena de paz.
Finalmente e grazas á colaboración de todos e todas aquel mundo tristeiro converteuse no MUNDO dos
SENTIDOS.
PÉS: Algunha acción, proposta na que se traballe pola paz.
Cos pés parados…/Cos pés en movemento...
Para celebralo todos/as abrazaranse e bailarán unha música alegre.
NARIZ: Gustaríame respirar un medio ambiente en paz. Que lugar me gustará respirar en paz?
Co nariz taponado/Co nariz destaponado.
RECURSOS
Continuamos contando a historia e cada neno e cada nena representará a un protagonista da mesma. Uns
serán un ollo pechado, outros/as boca pechada,… A cada un/a se asígnalle un sentido diferente e terán que
representalo tapándoo.
• Fotocopias dun ladrillo debuxado cun dos sentidos dentro, lapis de cores, papel continuo e pegamento.
Ofrecemos unha historia breve na que recreamos un mundo imaxinario que servirá para introducir
o tema e a través dunha dinámica achegámonos a unha vivencia da paz entendida en sentido
amplo que vai máis alá da ausencia de conflito e conecta cun mundo de valores como a escoita,
o diálogo, a amizade, a xustiza e o coidado do contorno.
• Reflexionar sobre o valor da paz, salientando a importancia da escoita, o diálogo, a amizade, a xustiza e o coi
dado do noso contorno.
• Fomentar o espírito de grupo mediante a participación de todas e todos.
• Favorecer a comunicación verbal e a corporal.
• Traballar a psicomotricidade dos nenos e as nenas favorecendo a toma de conciencia dos cinco sentidos.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
ORELLA: A ESCOITA
A orella taponada mostra o egoísmo e o individualismo; a orella destaponada mostraría un espírito solidario e
de escoita para a outra persoa.
BOCA: O DIÁLOGO
A boca pechada representa a violencia; a boca aberta mostra o diálogo como solución diante dos conflitos.
NARIZ: RESPIRAR
O nariz tapado representa a irresponsabilidade de non coidar o contorno; o nariz destaponado mostra maior
responsabilidade para o medio ambiente.
MANS: A AMIZADE
A man atada representa a inimizade; a man desatada mostra a amizade a través dos abrazos.
Xúntanse co compañeiro ou a compañeira para compartir e dialogar sobre o que traballaron.
Primaria
construímos paz cos cinco sentidos
Para cambiar o mundo…con sentido
Como os sentidos non querían estar tristes uníronse para cambiar o mundo e recuperar a paz.
Xúntanse en grupos de cinco sentidos e cada un/a debuxará nun folio un ladrillo cun sentido dentro.
Propoñemos unha invitación á construción da paz desde diferentes actitudes. A través dunha
dinámica de análise de situacións que, mediante o uso da palabra, as imaxes, os xestos e as
accións promoven ou restan paz.
OBXECTIVOS
OBXECTIVOS
OLLO: A XUSTIZA
O ollo pechado representa realidades de inxustiza; o ollo aberto mostra un mundo máis xusto e equitativo.
MANS: O meu compromiso pola paz. Algo que me gustaría facer a favor da paz.
Coas mans pechadas/Coas mans abertas.
Os protagonistas desta historia son: Ollo, Orella, Nariz, Man e Boca.
Os sentidos están tristes porque non hai paz no seu mundo.
Desta forma o olfato non pode ulir (Nariz taponado); a vista non pode ver (Ollo pechado); o oído non pode
escoitar (Orella tapada); o gusto non pode saborear (Boca pechada); o tacto non pode tocar (Mans atadas).
construímos paz cos cinco sentidos
BOCA: O que me gustaría dicir, berrar pola paz.
Coa boca pechada…/Coa boca aberta…
• Simboloxía:
O/a profesor/a enunciará cada parte do corpo e a medida que vaia enumerando aos nenos/as (Orellas taponadas,...), estes erguerán os folios do debuxo das orellas taponadas... e explicarase a súa simboloxía. Pregúntase por situacións de inxustiza, como nos sentimos? Continúase cos seguintes sentidos...
• Descubrir a paz como un valor que vai alén da ausencia de conflito.
• Analizar a realidade que nos rodea e descubrir espazos, situacións próximas onde podemos construír paz
con diferentes recursos, estratexias e actitudes.
Xesto: Construímos paz cos cinco sentidos
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE
Iranse erguendo por grupos a construír a palabra “paz” cos seus ladrillos (formaranse tantas veces a palabra
“paz” como se vexa necesario). Os compoñentes de cada grupo abrazaranse e cada un/a dirá en voz alta a súa
simboloxía en positivo: xustiza, amizade, escoita…
Bacharelato
Comentan en grupo as conversas e elixen unha delas (a que todos/as consideren máis representativa) para
analizala en común e poder explicar no grupo grande por que coas palabras tamén se xera violencia.
• Símbolo: Entre todos/as elixirán un lema e escribirán de maneira creativa (poden facer un collage con cartolina, con xornais,…)
c) Xestos
Este grupo organizarase para representar un mimo. Primeiro poñeranse de acordo para seleccionar dúas
situacións, unha que transmita paz e outra ausencia da mesma, unha vez decidido pensarán como transmitilo ao resto do grupo para que o adiviñen.
Divídese a clase en varios grupos para traballar catro aspectos polo que se dividirán polo menos en catro grupos (en función do número de alumnos/as dividiranse en tantos como se vexa necesario). Posteriormente,
poñerase en común o traballado e por último realizarase un símbolo de maneira conxunta.
• Símbolo: Escollerán e pintarán un debuxo que simbolice un xesto pola paz.
Cada grupo traballará o aspecto que lle corresponda (imaxes, palabras, xestos e feitos) sobre as pautas indicadas e despois sobre o símbolo. O obxectivo será que realicen unha pequena reflexión en grupo e acordar
un símbolo relacionado coa mesma.
Deberán pensar conxuntamente nalgún feito recente que coñezan polas noticias ou que ocorra na súa comunidade no que vexan reflectida unha ausencia de paz, outro que supoña un compromiso social dalgunhas persoas, organización ou colectivo a favor da paz
a) Imaxes
• Símbolo: Como símbolo pensarán nunha acción que se poida levar a cabo no centro para propoñerlle ao
resto da clase que se sumen e promovelo conxuntamente.
d) Feitos
O Mundo do Sinsentido
Narramos unha historia para introducir o tema e pedimos aos nenos/as que pechen os ollos. Pode axudar a
crear ambiente o poñermos unha música de relaxación.
Era unha vez O Mundo do Sinsentido, un mundo no que non había paz, era un mundo escuro no que non se
podía ver, nin ulir, nin escoitar, nin tocar, nin gustar. Os nenos e as nenas non podían xogar, nin aprender, nin
abrazar… Era un mundo sen sensibilidade, esta perdérase. Moitos dos nenos e nenas non podían ir á escola,
non tiñan que comer, tiñan doenzas… E o peor de todo é que ninguén quería facer nada por cambiar esta realidade.
Pedimos que expresen co corpo cando están tristes e relaciónase con situacións de conflito e de ausencia
de paz. De igual modo pídese que expresen co corpo cando están felices e relaciónase con situacións de
paz.
Cada nena/ou representará un protagonista da historia, e a medida que se vaian nomeando, tápase a correspondente parte do corpo e explícase a simboloxía de cada “non sentido”.
Os protagonistas desta historia son: Ollo, Orella, Nariz, Man e Boca.
Os sentidos están tristes porque non hai paz no seu mundo.
Desta forma o olfato non pode ulir (Nariz taponado); a vista non pode ver (Ollo pechado); o oído non pode
escoitar (Orella tapada); o gusto non pode saborear (Boca pechada); o tacto non pode tocar (Mans atadas).
Terán que poñerse de acordo para seleccionar dúas imaxes que recentemente teñan visto (televisión,
Internet, revistas, obras de arte,…) nas que consideren que se exprese ou xere unha situación negativa, de
ausencia de paz e outra imaxe positiva, conciliadora.
Finalmente e grazas á colaboración de todos e todas aquel mundo tristeiro converteuse no MUNDO dos
SENTIDOS.
O ollo pechado representa realidades de inxustiza
A orella taponada representa o egoísmo
A boca pechada representa a violencia
O nariz tapado representa a falta de respecto para o medioambiente
A man atada representa a inimizade
• Folios, cores, papel continuo e pegamento.
Pódense vendar os ollos, atar as mans, tapar a boca con cinta,… ou ben, agochar as mans nos petos, tapar os
ollos, a boca e as orellas coas mans.
Cada grupo érguese e pega o seu símbolo en papel continuo ou ben no cartel.
Non se trata aquí de que pensen en noticias de conflitos senón nunha realidade calquera transmitida dun
modo xerador de conflito.
RECURSOS
Unha vez seleccionadas as dúas imaxes dialogan sobre elas e toman notas sobre a mesma para lle transmitir ao resto da clase por que elixiron ambas imaxes, por que consideran que a forma de transmitir resta
paz e por que a imaxe positiva a relacionan con paz.
• Simboloxía:
OLLO: A XUSTIZA
ORELLA: A ESCOITA
BOCA:O DIÁLOGO
NARIZ: RESPECTO
MANS: A AMIZADE
Xesto: Construímos paz cos cinco sentidos
• Símbolo: Entre todos/as debuxarán un ladrillo en cartolina e dentro escribirán ou debuxarán unha figura
que simbolice unha imaxe de paz.
b) Palabras
Cada un/a pensará nunha conversa que recentemente teña escoitado ou na que teña participado que lle
resultase violenta. Pode tela oído no autobús, no supermercado,…
Descargar