Descargar ficha - Editorial Galaxia

Anuncio
PROHIBIDO CASAR, PAPÁ!
Autora
Páxinas
Editorial Galaxia
Idade
Fina Casalderrey
174 páxinas
Colección Árbore · serie verde
A partir de 12 anos
SINOPSE
AUTORA
http://fina.casalderrey.com
http://bvg.udc.es/ficha_autor.
jsp?id=XosCasal
ILUSTRADORA
Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas dunha
adolescente.
Elia é unha rapaza de catorce anos orfa de nai, que asiste ao romance entre o
seu pai e unha muller pola que ela non sente simpatía ningunha. Internada nun
hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos
momentos máis importantes da súa vida coas visitas que recibe dos seus familiares
e tamén de Berta, a odiada moza do seu pai. A partir deste esquema argumental,
Fina Casalderrey escribe unha novela de elaborada técnica e de vontade realista que
se introduce sen complexos nin visións falseadas no axitado mundo interior dunha
adolescente dos nosos días.
FINA CASALDERREY
Nacida en Xeve, Pontevedra, é unha das escritoras máis recoñecidas, traducidas e premiadas no ámbito da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer
con Mutacións xenéticas (1991), novela á que seguirían, entre outros títulos, Dúas
bágoas por máquina (1992, premio Merlín), Chamizo (1994), ¡Asústate, Merche!
(1995), O misterio dos fillos de Lúa (1995, Premio Nacional de Literatura Infantil
e Xuvenil), O estanque dos parrulos pobres (1996, premio Edebé), ¡Prohibido
casar, papá! (1996), ¿Sobrevives? (1996), ¡Puag, que noxo! (1997), O misterio
do cemiterio vello (1999), Bicos de prata (2000) e A máscara de palma (2000).
A narrativa de Casalderrey distínguese pola súa agudeza na observación e recreación
do mundo dos adolescentes, polo realismo dos seus personaxes e situacións e por un
ritmo capaz de converter calquera asunto cotián nun relato de suspense.
MARTA RIVERA FERNER
O seu primeiro traballo en España foi realizar as ilustracións do libro ¡Prohibido
casar, papá! de Fina Casalderrey. Logo ilustrou outros traballos como O vendedor de
tormentas Ten traballado para prácticamente todas as editoriais galegas. É tamén
autora de narrativa xuvenil.
VALORES
• A importancia da familia
• A relación afectiva entre, pais, fillos e irmáns
• O descubrimento do amor
• O respecto polos demais
• O reparto das tarefas do fogar
AUTORA DA FICHA: ANA AMADO
www.editorialgalaxia.com
PROHIBIDO CASAR, PAPÁ!
1
ANTES DE LER O LIBRO
EXPRESIÓN ORAL. DEBATE NA AULA.
• Poden os fillos meterse nas relacións amorosas dos pais?
• E os pais, poden meterse nas relacións amorosas dos fillos?
• Como cres que reaccionarías de saber que o teu pai/nai vai casar de novo
con outra persoa?
EXPRESIÓN ESCRITA
Nalgunhas zonas de Galicia hai anos facíase o baile da regueifa despois dos
banquetes das vodas. Investiga en que consistía e fai unha composición na que
recollas esta tradición intentando explicar cal é a súa orixe e se se dá noutras
zonas da península.
DURANTE A LECTURA
DO LIBRO
INVESTIGA
• Buscamos en que consiste o complexo de Edipo e o complexo de Electra.
Será posible que se dean na realidade dos nosos días ou só poden existir
na mitoloxía?
• Por que cres que os pais/nais, aos que normalmente adoramos na infancia,
hai un día no que xa non nos parecen tan fantásticos?, é iso inevitable?
PARA DEBATER NA AULA
• Por moi pouco que a unha persoa lle guste outra, pode permitirse que a
trate de maneira ofensiva chamándolle gorda, hiena, bruxa ou facéndolle dano
a propósito?
• Teste comportado así algunha vez?, por que cres que pasan estas cousas?,
como te sentirías se te pasase a tí?
• Pensa en Cincenta e en Branca de Neve. Ó longo da historia as madrastas
sempre foron presentadas como malvadas e perversas, por que pensas que
pasa isto?
• Por que non hai contos tradicionais onde o malo sexa o padrasto?
AO REMATAR A LECTURA
DO LIBRO
INVESTIGACIÓN POR GRUPOS
As vodas, os bautizos e os enterros celébranse de maneira diferente nas distintas culturas e relixións do mundo. Por grupos facede unha investigación para
despois expoñer na aula ó resto dos compañeiros, de como son estas tradicións
para os musulmáns, xudeus, xitanos, budistas...
PÁXINAS WEB
QUE PODES VISITAR
www.publiboda.com/bodas_judias/index.html
http://centros.edu.xunta.es/
cpidebembibre/files/TE2_O.
pdf (regueifa)
http://fina.caslderrey.com/galego/libros/prohibido.htm
http://editorialgalaxia.es/
catalogo/libro.php?id_libro=0010960088
www.editorialgalaxia.com
PROHIBIDO CASAR, PAPÁ!
2
Descargar