La Voz de Galicia 72 LUNES 21 DE NOVIEMBRE DEL 2005 INDICE A Fondo Opinión Galicia España Internacional Marítima 2 4 6 16 18 20 Economía Local Deportes Sociedad Cultura 21 13 23 51 57 DE UTILIDAD Servicios 15 (Teléfonos, farmacias, exposiciones y museos) Hemeroteca 22 Tiempo 22 Esquelas 60 Clasificados Pasatiempos Cartelera gallega Televisión Sorteos 62 67 68 69 71 | FUNDADO EN 1882 POR JUAN FERNÁNDEZ LATORRE | A cara b | Xosé Ramón Gayoso Nacho Mirás [email protected] PRESENTADOR DE TELEVISIÓN DE SOL A SOL CARLOS G. REIGOSA «Son un tipo moi doce porque nacín nunha pastelería» É un avogado metido a presentador; foi campión de España de lanzamento de martelo; e é o personaxe máis popular de Galicia ■ ¿Que non sabe quen é «Jalloso»? Entón é vostede de Marte. Xosé Ramón Gayoso Bonigno (A Coruña, 1956) pilota desde hai catorce anos o buque insignia da Televisión de Galicia, o exitoso e tamén controvertido Luar. Aviso a navegantes: hai candil para rato. —Non parece que vaia vostede facer cincuenta anos, a metade da vida útil. ¡Está feito un mozo! —¡Xa me gustaría! Ah, bueno, útil si [bota unha risotada]. Hai un axioma que di que a televisión bota quilos e anos. —¿E é verdade? —En xeral, si. Pero é moi satisfactorio porque, cando estás na tele, ninguén se atreve a dicirche nada e, cando estás na rúa, todos che din: «¡Pero ti es moito máis rapaz, estás moito máis delgado!». E entón medras. —Corróeme a dúbida: Con novo goberno en Galicia ¿desaparece o «Luar»? —Para nada. Escoitei unha declaración dun político que dixo que Luar estaba aí porque o pobo decidía que estivese aí. Non temos ningunha intención nin ningún interese en facer política nun programa musical para as noites dos venres. —¿Por que teñen artistas como o Fary ou Manolo Escobar que parece que estean abonados? —Despois de catorce anos, bastante máis abonados son os rapaces das bandas de gaitas e as agrupacións folclóricas ou as corais. Manolo Escobar vén dúas veces ao ano porque hai avós que | O | Gayoso para a tomar o café no Labrador de San Marcos se educaron, creceron e bailaron coas cancións desa xente. ¿Por que imos privar á xente deles se lles gustan? —¿E as críticas? —Cando che fan críticas, estante mirando, entón hai unha satisfacción desde ese punto de vista porque ninguén critica nada que non se ve. Despois, ti escoitas a crítica porque os que vivimos de cara ao público o que temos é que escoitar. ¡A min, a xente rífame pola rúa! No fondo, a xente é a que sabe de televisión, nós levamos catorce anos aí e é como o que está metido no bosque e as árbores impídenlle ver. —¿Será vostede o segredo do éxito do «Luar»? —Non, e interésame que o recalques. O éxito de Luar é un equipazo fenomenal. —¿Nunca estivo tentado de dar un volantazo? —Como en tódolos camiños, hai momentos de cansazo. Pero, a día de hoxe, como se me fago vello facendo o «Luar». —Vostede é tan popular que xa lle cambiaron o apelido. Para os galegos é «Jalloso». —¡Son «Jalloso», si, con jota! Máis ca un peso, son unhas ás. A xente é suficientemente educada como para que, se non lles gustas, non che digan nada pola rúa e, se lles gustas, páranche para dicirche que lle gustas. ¡Xa me dirás que peso é ese! —Agora que non escoita ninguén ¿Recibe cartas de admiradoras/es? —Non. Como símbolo sexual non teño futuro. ¡Pero non perdo as esperanzas! [Ri]. —En América, os actores chegan a presidentes. ¿E vostede de político que tal? —Xa me teñen dito que Fraga tería menos se eu me presentara [Ri]. Pero non, eu son moi consciente das miñas limitacións, que son moitísimas. A política non me di nada, aínda que penso que é un nobre traballo. —¿E a familia como leva a súa fama? —Os meus pais, o meu irmán, a miña muller e a miña filla son o xermolo de todo. —Vivir na Coruña, que bonito é... —¡Que bonito é! Eu son un tipo moi doce porque nacín nunha pastelería. Meu pai foi facer a mili e logo a estudiar na Coruña. Un día entrou a comprar un pastel, un Torpedo, e quedou prendado da pasteleira, a miña nai. E nacín grazas aos pasteis, non podo ser amargo na miña vida. A confitería chamábase La Imperial, fundada polos meus avós na rúa Panaderas. —¿E iso de que foi atleta? —Está mal que o diga, pero fun campión de España de lanzamento de martelo. —¿Xa lle dedicaron unha rúa, unha avenida? —Non, pero temos unha praza en Touro, a praza «Luar» ¡Amigo! LOE VISTOS LOS resultados de los informes europeos sobre el mal estado de la educación en España (seguimos en el furgón de cola), sería muy deseable que el PSOE y el PP se tomaran en serio remediar la situación, más allá de los atractivos y rentabilidades de su gresca política. Sus discrepancias sobre la Ley Orgánica de Educación (LOE) deberían encontrar la senda del esfuerzo común y del acuerdo para evitar un fracaso escolar descomunal, que afecta a profesores y a alumnos, y del que son directamente responsables los dos partidos principales por no sentar las bases de una enseñanza eficaz, exigente y rigurosa. Las aulas no se pueden convertir en lugares donde se aparca a los estudiantes con el único fin de sacárselos de en medio y cubrir el expediente. ¡Así nos va! Se trata justamente de lo contrario: de convocarlos a las aulas a fin de formarlos y educarlos para vivir y desarrollarse (también laboralmente) en una sociedad democrática. No hacerlo así es alimentar un autoengaño irresponsable, mientras seguimos construyendo nuestro propio fracaso futuro como comunidad. El rollo ideológico (tantas veces sectario) no debe ser el sepulturero de nuestras mejores expectativas. Sobran experiencias propias y ajenas para acertar. No caben excusas. | O | NO VA MÁS E. GONDREDO Petróleo NORUEGA ha puesto en marcha una operación de acoso contra los pesqueros que faenan en las lejanas islas Svalbard, cerca de Groenlandia. Y, claro, hasta allí arriba llegan también barcos gallegos. ¿Es éste un interés repentino de los noruegos por preservar el fletán azul? No, más bien parece que detrás de esta guerra también está el petróleo.