Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA TEMA 1. GRECIA. A ARQUITECTURA GREGA. AS ORDES. A ACRÓPOLE DE ATENAS A civilización grega é a base da cultura occidental. En Grecia naceu a filosofía, a historia, a física ou a xeografía, progrésase na matemática e na creación artística. Esta civilización estivo nunha das penínsulas máis pobres do Mediterráneo, a península dos Balcáns e nas illas do Exeo. Tiñan unha orografía accidentada, un solo pouco fértil e un clima de fortes contrastes. Debido ás difíciles condicións naturais os gregos tiveron que sair e ocuparon as costas do Mediterráneo. Deste xeito crearán un imperio colonial, a Magna Grecia. Os inicios hai que relacionalos co mundo cretense e micénico (civilizacións prehelénicas a partir do século VIII aC) e a súa historia divídese en tres etapas: - Etapa arcaica: séculos VIII-VI a.C. - Etapa clásica: V e IV a.C., ata a morte de Alexandre en 323 a.C. - Etapa helenística: séculos III e II a.C., ata seren conquistados polos romanos. CARACTERÍSTICAS DA CIVILIZACIÓN GREGA: 1.Organización en POLIS, ou cidades-estado con elementos comúns como a arte, a relixión, a língua… No século V aC os atenienses venceron aos persas nas chamadas Guerras Médicas e isto supuxo para eles o triunfo da orde sobre o caos e o inicio da etapa máis esplendorosa da civilización grega, que coincide coa construción da Acrópole de Atenas. A finais do V aC a competencia entre as polis provoca as Guerras do Peloponeso dando comezo ao declive económico e político de Atenas e de Grecia en xeral. No IV aC Filipo de Macedonia e Alexandre Magno crearán un enorme imperio, comezando así a etapa do Helenismo. 2. O pensamento grego, caracterizado por: Racionalismo: O pensamento crítico como principio reitor do saber. Antropocentrismo: A arte grega faise a medida e ao servizo do home, sen colosalismos. “O home é a medida de todas as cousas” do filósofo Protágoras (toda a arte grega faise á medida do home e para o home) O concepto da beleza: Búsqueda da beleza ideal, por medio da proporción, o equilibrio e a harmonía, que nace do pensamento racional e froito do estudo. Para os gregos a beleza é a harmonía entre as partes e o todo. Para acadar esta harmonía, en arquitectura haberá unhas regras establecidas, as ordes arquitectónicas (onde se parte do diámetro da columna) e en escultura aplicarase o canon, ou relación numérica entre as partes do corpo. Os gregos descobren que a arte pode ser destinada a unha función estética. O artista pretende expresar a beleza pola beleza: “Arte pola arte” “Arte para ser contemplada”. 1 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA A ARQUITECTURA: Características xerais. A arte grega e a súa arquitectura é unha síntese de elementos orientais (persas e exipcios), e mediterráneos (culturas cretense e cicládica). De Persia tómanse as columnas estriadas, e de Exipto o capitel dórico e a frontalidade e rixidez das esculturas da época arcaica (os Kuroi). A arte grega evoluciona ao longo dos séculos, dunha arte dura e ríxida (da época arcaica) próximo ao exipcio, a outra "branda" e na que a principal preocupación dos artistas serán as correccións ópticas precisas para que o edificio resulte perfecto na súa visión. A arte grega tenta representar a realidade, non como é, ou como cremos que é, senón como parece ser, como a vemos; é unha arte que se dirixe á razón e aos sentidos. Nace o concepto de urbanismo, é dicir, a relación entre o espazo natural e o construído. O TEMPLO: XENERALIDADES É a principal edificación grega. Concebido como a morada da divinidade e simbolizada na estatua que había no interior. Durante as celebracións, o pobo acudía en procesión ao templo e abrían as súas portas para que a divinidade mirase dende o interior os ritos adicados á ela. Os antecedentes están no mégaron cretomicénico. As características xerais do templo clásico: Utilizan a pedra ou mármore como material principal en sillares rectangulares sen argamasa pero trabados entre sí mediante grampas metálicas. Construido dacordo coas tres ordes arquitectónicas (dórica, xónica e corintia) Perfección técnica que se manifesta no perfecto pulimento dos muros e na realización das correccións ópticas precisas para que o edificio resulte perfecto na súa visión. Harmonía e proporción entre os diversos elementos. Perfecta relación entre verticales e horizontales, entre cheos e ocos (producindo sensación de serenidade). A concepción escultórica da arquitectura pois está pensada para ser contemplada e non tanto para ser vivida. Son edificios adintelados e usan policromía e escultura (figurativa, ondas, espirales, rosetas, ovas, follas de acanto,…) como decoración. É unha arquitectura feita a escala humana. As construcións máis abundantes son os templos, de planta rectangular ou circular (Tholoi) pero tamén se construíron teatros, ágoras, estadios, ximnasios,… e nacen das exixencias das polis e da vida comunitaria. Cuberta a doble vertente e FRONTÓNS nas dúas fachadas menores. O espazo interior triangular chámase TÍMPANO (o lugar máis importante da decoración escultórica). O edificio está edificado sobre unha plataforma escalonada (CREPIDOMA), formada por varios escalóns inferiores, ESTEREÓBATOS (o seu número depende da orde do templo) e o ESTILÓBATO (escalón superior, sobre o que se apoian as columnas). 2 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA A PLANTA, de forma rectangular, consta de tres partes: Pronaos: pórtico aberto anterior á cella. Cella ou naos: sá central do templo, dividida en tres naves, mediante columnata de doble piso e semioscura. Ao fondo está a divinidade. Opistodomo: parte posterior, oposta á pronaos. TIPOS de templos: In antis: cando os muros da cella se estenden ata o frente terminando en dous muros. Próstilo: cando ten unha fila de columnas só na fachada principal. Anfipróstilo: fila de columnas nos dous frentes menores. Períptero: cando está rodeado dunha fila de columnas, formando un peristilo (o nº de columnas laterais é o dobre das do frente máis unha) Díptero: rodeado de dúas filas de columnas. Tholos: cando é de planta circular e rodea á cella unha fila de columnas. Hípetro: carece de cuberta. Según o número de columnas: Dístilo (dúas columnas), tetrástilo (4), hexástilo (6), octástilo (8), decástilo (10), dodecástilo (12). 3 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA AS ORDES ARQUITECTÓNICAS (Coñécese como orde arquitectónica o conxunto de elementos arquitectónicos articulados para formar unha unidade orgánica, según un sistema canónico, que atende á relación proporcional de ditos elementos, referido a un módulo). Distíguense 2 elementos: a COLUMNA e o ENTABLAMENTO e 3 ordes: DÓRICA, XÓNICA E CORINTIA. 1.ORDE DÓRICA: Surdiu na Grecia continental (dorios). Impresión de sobriedade, severidade, enerxía e masculinidade. A COLUMNA: álzase sobre un basamento ou plataforma, de tres escalóns; carece de basa. O FUSTE descansa directamente sobre o estilóbato (peldaño superior), diminúe lixeiramente de grosor cara a parte superior e fai que as columnas parezan rectas dende lonxe (corrección óptica chamada ÉNTASE). Está recorrido verticalmente por estrías vivas. Enriba do fuste unha peza chamada CAPITEL que consta de equino (moldura convexa) e ábaco (moldura de base cadrada). O ENTABLAMENTO: consta de ARQUITRABE (liso), FRISO (con triglifos e metopas, con relevos ou sen decorar) e CORNIXA. 2.ORDE XÓNICA: Xurdiu na Grecia asiática (Xonia - Asia Menor). Impresión de esveltez, lixeireza, elegancia, delicadeza, femineidade. A COLUMNA: a basa está formada por molduras (un ou dous toros e unha ou varias escocias). O FUSTE é máis esvelto e fino que o dórico, ten maior número de estrías e unidas entre sí por aristas biseladas. O CAPITEL consta de collarino, equino (adornado con volutas ou espirales) e ábaco, máis fino que o dórico e adornado. O ENTABLAMENTO consta de ARQUITRABE con plata-bandas, FRISO, adornado con relevos e CORNIXA. 3.ORDE CORINTIA: Aparece a finais do século V aC e foi utilizado nos últimos tempos da arte grega e posteriormente polos romanos. Pódese dicir que é unha variante do xónico, do que se distingue polo CAPITEL, que está formado por dous corpos: Inferior: doble fila de follas de acanto e tallos que xurden entre as follas e se enroscan no centro e nos ángulos Superior: ábaco lixeiramente curvo e fino. Tamén utilizaron nos fustes das columnas, as CARIÁTIDES (deidades femininas) e os ATLANTES (deidades masculinas). 4 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA 5 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA COMENTARIOS DAS OBRAS A Acrópole de Atenas: (As tres obras para comentar están na Acrópole) O outeiro da acrópole ateniense contén un conxunto único de edificios que son un resumo da historia da arquitectura helena. É un lugar sagrado ou TÉMENOS (alí estaban as reliquias míticas da cidade, a roca fendida polo tridente de Poseidón e a oliveira e a fonte que Atenea fixera brotar dela na súa disputa co deus do mar polo dominio da Ática) e recinto fortificado, refuxio nos casos de perigo. Nas guerras médicas, os persas saquearon a acrópole destruíndo os templos. Baixo o goberno de Pericles reconstruiron os santuarios dedicados á deusa Atenea, protectora da cidade e Fidias foi o encargado de dirixir as obras. Así, á acrópole converteuse no máis impresionante conxunto arquitectónico que nos legou a antiga Grecia. As invasións posteriores afectaron aos edificios e, no XVIII, Lord Elgin levou parte do patrimonio para Inglaterra. 1º. O PARTENÓN OBRA: O Partenón (Acrópole de Atenas) AUTOR: Ictinos e Calícrates. Fidias director e escultor. Pericles promotor. CRONOLOXÍA: 447-432 (V aC) entre o fin das Guerras Médicas e a morte de A. Magno ESTILO: arquitectura grega, período clásico, estilo dórico DIMENSIÓNS: 30x69x13 MATERIAL: Mármore do Pentélico, policromado. A obra a comentar atópase dentro da Acrópole de Atenas, obra arquitectónica de tipo relixioso, dedicado á deusa Atenea Parthenos, protectora da cidade de Atenas. Conmemora a vitoria dos gregos sobre os persas nas Guerras Médicas. Levántase sobre outro templo anterior na parte máis alta da Acrópole, á que se accede polos Propíleos (entrada). Isto condicionou a súa construción. 6 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA De dimensións reducidas e o espazo interior carece de importancia posto que os fieis realizan os rituais de culto no exterior. O interior alberga a estatua crisoelefantina da deusa Atenea (ouro e marfil). O material é mármore do Pentélico e madeira. Utilízanse sillares isódomos de gran calidade técnica unidos con grampas. É un templo octástilo (fachada con oito columnas) períptero (columnas todo arredor) e de orde dórica. Érguese sobre un crepidoma, con dous estereóbatos e remata cun estilóbato. Columnas dóricas con fustes sen basa, robustos, de pouca altura e percorridos por estrías de arestas vivas. Nos capiteis, as partes características da orde dórica: ábaco, equino e collariño. ……………………………………………….. jjj…….. O ENTABOAMENTO consta das tres seccións: ARQUITRABE, liso e sen ornamentos. FRISO, decorado con triglifos e metopas. Soamente se conservan 19 das 92 metopas que tiña o edificio. CORNIXA, sobre a que se levanta o frontón. Remataba nunha cuberta a dúas augas que se perdeu así como tamén a decoración (mármore branco, policromía en azul, vermello e dourado en triglifos, metopas, capiteis…). Perdéronse as acróteras nos extremos da cornixa e os frontóns.. Ten unha pranta rectangular con pronaos (pórtico) e naos (cella, onde se albergaba a divinidade), esta última con tres naves e cunha fila de columnas dóricas de dous pisos en torno á deusa Atenea . A continuación da cella hai un espazo con catro columnas xónicas. Por último, o opistodomos, na parte posterior, onde se gardaba o tesouro ou ofrendas. 7 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA Todo o edificio tiña unha finalidade: albergar a estatua criselefantina da deusa Atenea de máis de 12 metros de altura e realizada por Fidias. Estaba sobre un pedestal. A iluminación do edificio estaba pensada para que a luz iluminara de xeito maxestuoso a escultura. A decoración está perdida. Destaca o programa escultórico ideado por Fidias: Nas metopas (Centauromaquia, Amazonomaquia) Nos frontóns (loitas entre Atenea e Poseidón e o Nacemento de Atenea No muro externo da naos: o friso das Panateneas. O Partenon é o mellor exemplo de cómo os gregos buscaron a perfección a través da matemática xa que a proporción era un elemento sagrado. (está feito cun canon que deriva do máximo común denominador da súa anchura, lonxitude e altura: o módulo é 0,858 m e aplicouse a todos os seus elementos: altura dos capiteis, anchura dos triglifos….) Os arquitectos crían que a perfección necesitaba unha harmonía visual e para iso tiveron que facer CORRECIÓNS ÓPTICAS como: Éntase nos fustes para parecer rectos Intercolumnios distintos Fustes máis grosos nos laterais Inclinación cara dentro dalgunas columnas Estilóbato e entaboamento combados Hai unha mestura de elementos dóricos e xónicos: Emprega 8 columnas dóricas nos pórticos menores e 17 nos maiores. É dórico pero octástilo como os xónicos, racha coa proporción 6x13. Ten un friso continuo, propio do xónico, decorando as paredes internas. A planta é máis ancha do habitual. Na cella ten unha columnata de dous pisos que rodea a deusa As columnas do opistodomos son xónicas. 8 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA Esta combinación pódese deber a que a orde xónica é máis ornamental ou que Pericles quería representar a unión dos dorios e dos xonios (cidades xonias invadidas polos persas). Podemos concluir engadindo que o Partenón é un edificio elegante, que transmite sensación de amplitude aínda que como todos os edificios está feito á escala humana. É o modelo de síntese absoluta de arquitectura e escultura e, pola súa perfección formal e visual é o edificio máis importante da arte grega e o cumio da perfección arquitectónica grega. 2. O ERECTEION OBRA: O ERECTEION (Acrópole de Atenas) AUTOR: Menesicles. Fidias director e escultor. Pericles promotor da obra. CRONOLOXÍA: 406 (V aC) ESTILO: arquitectura grega clásica, clasicismo pleno, estilo xónico. MATERIAL: Mármore do Pentélico, policromado. O outeiro da acrópole ateniense conten un conxunto único de edificios que son un resumo da historia da arquitectura helena. É un lugar sagrado (alí estaban as reliquias míticas da cidade, a roca fendida polo tridente de Poseidón e a oliveira e a fonte que Atenea fixera brotar dela na súa disputa co deus do mar polo dominio da Ática) e recinto fortificado, refuxio nos casos de perigo. A obra a comentar é o templo do Erecteion, a derradeira obra na Acrópole. Estamos ante unha obra de tipo relixioso, un templo grego levantado en honor de varios deuses: Atenea Polias, Poseidón e Erecteo (mítico rei de Atenas), Cécrope (primeiro rei) e Pandrosos (filla do rei). A súa función principal foi a de albergar estatuas e celebrar cultos antigos. No seu lado meridional (sur) está situado o pórtico das Cariátides. É o mellor exemplo de edificio xónico que se conserva. O seu autor, Menesicles era un artista innovador e que aportaba solución inxeniosas aos problemas arquitectónicos. Está ubicado no lado norte da Acrópole, fronte ao Partenón, sobre unha topografía moi accidentada (desnivel de tres metros). Menesicles esmerouse para que o edificio chamase a atención fronte ao Partenón. O material empregado foi mármore do Pentélico e pedra negra. Está realizado con sillares regulares (isódomos) unidos sen argamasa. A pedra negra utilízase nos frisos sobre os que se colocaron relevos ……………………………. escultóricos. 9 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA É UN EDIFICIO XÓNICO E HEXÁSTILO: columnas sobre o crepidoma (con dous estereóbatos e un estilóbato) apoiadas en basas con molduras (toros e escocias), fustes estriados e esveltos ( 7/8 veces o diámetro do fuste), sen éntase capitel xónico: equino decorado con volutas e ábaco. No entaboamento: arquitrabe con tres bandas con friso liso e a cornixa que sobreae. Faltan os frontóns, con decoración, e cuberta a dúas augas. Esta orde xónica implica un edificio máis esvelto que o dórico, polo tanto, máis elegante, decorativo e asociada ao carácter feminino. Ten catro fachadas diferentes: • Leste: principal, hexástilo xónico, • Norte: monumental, • Sur: co espectacular pórtico da Cariátides • Oeste: sen pórtico, con semicolumnas e ventás entre muros e columnas . A pranta e moi orixinal na que podemos falar de dous niveis: Nivel superior: un recinto no lado leste que non se comunica cos outros espazos, adicado a Atenea Polías. No lado sur, o pórtico ou tribuna das Cariátides, especie de balconada para que non se vexan as escaleiras que descenden ata o lugar onde está a tumba do héroe Cécrope. Nivel inferior: Outro recinto adicado a Erecteo e Cécrope e orientado cara ao norte. O pórtico non está no lugar que lle correspondería. Isto é debido a que no lugar propio da fachada estaba prantada a oliveira de Atenea. Polo tanto este pórtico norte ten uns fustes máis elevados que a fachada leste e é tetrastilo, con dúas columnas máis no lateral. Como consegue o arquitecto unir estas diferentes alturas dos fustes? Colocando o entaboamento a mesma altura. Aplícanse ás correcións opticas (poñer algún exemplo) propias da arquitectura grega para obter a harmonía visual. O Erecteion tiña unha fermosa e rica policromía xa perdida así como un rico traballo en basas e capiteis, marcos de portas e ventás e teitos tamén perdidas. O friso representaba a lenda de Erecteo, formado por figuras de mármore recortadas e grampadas sobre un fondo de caliza eleusina azulada e escura.. As basas e capiteis dourados, con trozos de vidro incrustados. O teito con placas de mármore con floróns dourados. Pero sen dúbida o máis salientable é o PÓRTICO DAS CARIÁTIDES. As estatuas columna son obra dun discípulo de Fidias, chamado Alcámenes. As Cariátides son as mulleres de Caria, escravizadas polos gregos. (Estas mulleres eran cidadás de Cariátide (Peloponeso), cidade, que colaborou co invasor persa. Os atenienses declaráronlle a guerra e venderon as súas mulleres como esclavas. Para que servira de exemplo, estas estatuas están esculpidas en mármore para recordar a sorte dos que colaboraron.) 10 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA Están realizadas en mármore e situadas sobre un pedestal distribuídas catro na fronte e dúas nos laterais. Están dispostas co peso do corpo apoiado nunha perna e a outra dobrada. Estas figuras femininas van cubertas con vestidos pregados (peplos e himation), e as teas transparentan parte dos seus corpos. Están peiteadas con trenzas que caen sobre os as costas. Sobre a cabeza unha moldura circular e un capitel en forma de cesta, encima un ábaco. Posiblemente ,nunha man levaban un pequeno prato de ofrendas e coa outra suxeitaban o peplo. Teñen un gran naturalismo e sensualidade e supoñen un exemplo da calidade escultórica grega e do carácter feminino da orde xónica. En conclusión, o Erecteion é un dos mellores exemplos de edificio xónico. Unha demostración de como avanzou a arquitectura grega desde os comezos máis austeros. 3. TEMPLO DE ATENEA NIKE OBRA: TEMPLO DE ATENEA NIKE (Atenea victoriosa ou Áptera-sen ás) AUTOR: Calícrates. CRONOLOXÍA: 421 (V a.C.), período clásico, época de Pericles. ESTILO: arquitectura grega clásica, clasicismo pleno. MATERIAL: Mármore do Pentélico, policromado. 11 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA O outeiro da acrópole ateniense conten un conxunto único de edificios que son un resumo da historia da arquitectura helena. É un lugar sagrado (alí estaban as reliquias míticas da cidade, a roca fendida polo tridente de Poseidón e a oliveira e a fonte que Atenea fixera brotar dela na súa disputa co deus do mar polo dominio da Ática) e recinto fortificado, refuxio nos casos de perigo. Estamos ante un edificio de tipo relixioso adicado á deusa Atenea Niké, para conmemorar a sinatura da Paz de Calias, cos persas, o que significou a fin das guerras médicas. É unha das primeiras mostras de orde xónica de Atenas. O arquitecto, Calícrates, tivo que adaptarse ao pequeño espazo, reducido polos Propíleos, pero acadou un templo con personalidade no medio dos outros impoñentes edificios. A obra foi promovida polo xeneral Cimón, pero continuamente impedida por Pericles xa que eran inimigos, o que fixo que se retrasara a súa construción. Segundo Pausanias (xeógrafo viaxeiro do século II), no seu interior había una estatua de Atenea Vitoriosa, personificada como Niké ou deusa alada símbolo das batallas navais que, contrariamente á tradición, non tiña ás, cortáronllas para que non puidera abandoar a cidade e a vitoria acompañara sempre aos atenienses. O templo está ubicado na entrada da Acrópole, nun bastión, ao lado dereito dos Propileos. Construído sobre un anterior destruído polos persas, está orientado cara o leste. Non é un recinto para a oración senón un lugar para albergar a estatua da deusa Atenea e para realizar rituais no seu exterior. Recordar que os templos gregos forman parte dun conxunto, dun espazo sagrado chamado témenos. O material utilizado é mármore do Pentélico e a base de sillares regulares ou isódomos, sen argamasa. No exterior é un templo anfipróstilo, tetrástilo e xónico. Utlízase a orde xónica, de gran elegancia. As súas características principais son: Elevado sobre crepidoma, ou plataforma que o rodea (con estereóbatos e estilóbato). As columnas, monolíticas, teñen basa, un fuste máis esvelto que o dórico e un capitel decorado con volutas. O entaboamento formado por arquitrabe con tres franxas que aumentan de tamaño ao superpoñerse, un friso continuo sen triglifos nen metopas, e unha cornixa. O teito a dúas augas, dous frontóns que tiñan importantes relevos acróteras. Todo isto non se conserva. A PRANTA: É moi sinxela, rectangular Pronaos e opistodomos son moi reducidos A cella é cadrada de 4x4. Aquí estaba a estatua da deusa. 12 escultóricos e Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA Podemos observar ás correcións ópticas nas volutas dos capiteis das esquinas que están inclinadas para favorecer un efecto óptico. Todo está pensado e medido matemáticamente para dar sensación de esveltez, a pesar de ser un edificio de pequenas dimensións. A decoración atópase: No friso continuo, propio da orde xónica, feita seguindo o estilo de Fidias, que amosa a deusa Vitoria en accións cotiás, loitas de gregos e persas... A axitación dos personaxes e das roupas está axeitada ao lugar físico onde se atopa o edificio, exposto ao vento. Nos frontóns: desaparecida, temas da mitoloxía Na plataforma de mármore, que servía de asento, había relevos magníficos adicados a Atenea. A estes relevos pertence a famosa Vitoria atándose a sandalia, coas vestiduras transparentando as formas anatómicas, obra de discípulo de Fidias, sendo un dos relevos clásicos máis famosos de todos os tempos. Para concluir podemos dicir que é este edificio é un altar adicado á deusa Vitoria e que supón un exemplo da escala humana e da perfección arquitectónica grega. A partir do século IV a.C. os modelos construtivos diversifícanse e introdúcese a ORDE CORINTIA, con capitel vexetal. Tralas Guerras do Peloponeso, Atenas deixa de ser a gran protagonista. No século IV prefírese expresar as emocións humanas fronte á calma e o equilibrio clásico. ………………………………….. A ESCULTURA GREGA A escultura grega é unha das manifestacións artísticas máis importantes do mundo grego e que mellor reflicte os seus logros artísticos. Ten unha clara influencia exipcia e a súa función eran os rituais dos templos, conmemoracións e tumbas. Os materiais principais foron mármores e bronces policromados ainda que tamén utilizaron madeira, ouro e marfil (crisoelefantinas). Houbo tanto escultura en relevo (tímpanos e frisos) como exenta. Temas: O home foi o tema fundamental (antropocentrismo), deuses e heroes pero, a diferenza de Exipto, representan o home ideal, perfecto, ao que todos debemos tender. Debido ao seu concepto de beleza, estableceron un CANON (sistema de proporcións entre as partes e o todo). Tiveron especial interese pola representación do corpo humano masculino espido. Escollíase o momento de plenitude física (atletas que gañan probas ou deuses con apariencia humana). A escultura evolucionou desde unha primeira etapa, arcaica desde o século VIII ata o VI aC, na que predominaban figuras esquemáticas (kouroi e korai) pasando polo realismo idealizado propio da época clásica ata chegar ao realismo da etapa helenística. EPOCA ARCAICA (S. VII-VI a.C) (Inicios da estatuaria clásica) Ollos amendoados e avultados (mirada xónica). Vulto redondo e simetría. Rixidez e frontalidade (influencias orientais, sobre todo exipcias) 13 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA Hieráticas e con ”sorriso arcaico". Finalidade votiva ou funeraria. O material é a pedra calcaria ou mármore polícromos (hai obras con restos de pintura). Os kuroi son estatuas masculinas espidas, atletas, Unha perna adiantada, brazos estirados e puños pegados ao corpo. O tratamento anatómico é duro, coa musculatura figurada por incisiones, non modelada, e con incorreccións nas articulacións (x xeonllos). As korai vestidas. Hai trazos decorativos nos peiteados con rizos xeométricos simétricos ou o tratamento caligráfico dos pliegues do hymation (ttúnica de liño plisada) ou o peplo (túnica de lá). Etapa CLÁSICA (S. V a.C.) Primeiro clasicismo: século V aC: MIRÓN, POLICLETO e FIDIAS Segundo clasicismo: século IV aC: PRAXÍTELES, LISIPO e SCOPAS Etapa HELENÍSTICA (S. III ata I a.C.) Etapa CLÁSICA (S. V a.C.) Estilo clásico ou primeiro clasicismo: MIRÓN, POLICLETO E FIDIAS. Tras superar unha etapa arcaica, na época CLÁSICA establécense as características propias da escultura grega. Hai tres grandes escultores, MIRÓN, POLICLETO E FIDIAS. Neste século a preocupación principal foi a PERFECCIÓN FORMAL co: Abandono do hieratismo arcaico A búsqueda da beleza ideal a través da expresión serena e a harmonía entre as partes. O uso do canon 14 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA COMENTARIO DE OBRAS 1.DISCÓBOLO DE MIRÓN OBRA: O Discóbolo AUTOR: Mirón CRONOLOXÍA: Mediados do s.V Ac. ESTILO: escultura grega clásica. Obra de transición entre o estilo severo e o estilo clásico. TÉCNICA E MATERIAL: o orixinal estaba fundido en bronce coa técnica da cera perdida, hoxe desaparecida. Esta é unha copia romana en mármore. DIMENSIÓNS: Altura de 1,55 m. TEMA: Representa a un atleta lanzador de disco no momento de maior tensión (no que colle impulso para lanzar un disco). Estamos ante una escultura exenta, de tamaño natural feita en mármore. Mirón, xunto a Fidias e Policleto, foi un dos grandes escultores do século V e logrou captar o movemento e a anatomía na plenitude física do atleta. Está considerado como o escultor do movemento ao realizar un gran esforzo en distanciarse do hieratismo do arcaico. Está representado no momento previo ao lanzamento do disco: O corpo inclínase cara diante e xira co brazo dereito alzado mentres apoia a man esquerda no xeonllo esquerdo. Logo erguerá o corpo para facer xiros e lanzar o disco. Espido, cos pés descalzos, como o kuros arcaico. O corpo está apoiado firmemente no chan (como se vé no pé dereito e nos dedos do pé esquerdo) É unha postura moi atrevida, en equilibrio inestable Mirón párase moito na anatomía, representa veas, músculos... en tensión, preparados para a acción nun movemento contido. A cabeza de forma esférica, a forma xeométrica perfecta, sobre a cabeza o pelo con mechóns de pouco volume, parece pegado ao cranio, coma un casco. O rostro é ovalado, sen o sorriso arcaico, pero tamén sen expresión de esforzo que debería ter polo movemento que fai. Ten a calma inmutable dos deuses: sofrosine. COMPOSICIÓN: Para representar o movemento crea unha composición pensada a partir de curvas e triángulos: Unha das curvas vai: Desde a cabeza, as cadeiras e o pé dereito. A outra curva: Desde a man dereita estendida, ata os ombreiros, á man esquerda ata o pé esquerdo apoiado nos dedos Triángulo: liña en zig-zag, desde o brazo estendido ata o pé levantado. 15 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA O autor, con esta composición acada esa sensación de movemento. Así supérase o hieratismo arcaico, elimina a frontalidade, aínda que isto non o logra totalmente e segue a existir unha visión principal frontal, que é a que permite ver con totalidade a obra. Mirón recurreu ao uso de representar os trazos máis característicos do corpo dun individuo segundo o modelos dos antigos exipcios, onde o torso se ve frontalmente, mentras que as pernas e brazos se plasman de perfil. É a representación da idea do home perfecto. O Discóbolo supuxo un avance no estudo do movemento. Conclusión: Unha importante obra da escultura grega inicial do clasicismo pero que non é totalmente clásica debido a que ten : o cabelo antinatural, aspecto de relevo e inexpresividade no rostro en relación ao corpo … Aínda así esta obra reflicte as importantes aportacións de Mirón á escultura : unha maior complexidade, maior naturalismo, mellora na 16 proporción e dominio do movemento. Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA 2.O DORÍFORO DE POLICLETO OBRA: O Doríforo ou portador da lanza AUTOR: Policleto o Vello CRONOLOXÍA: Mediados do s.V aC (480-420 aC) ESTILO: escultura grega clásica. Época de Pericles, idade de ouro de Atenas TÉCNICA E MATERIAL: o orixinal fundición do bronce coa técnica da cera perdida, hoxe desaparecida. Esta é unha copia romana en mármore. Estamos ante unha escultura de vulto redondo que representa a un portador de lanza. Policleto aplica nela as súas ideas do CANON así que vai ser o modelo a seguir para moitos artistas. Policleto foi broncista, especializado en atletas vitoriosos e estatuas de tamaño natural. Foi o único escultor ateniense que traballou nas obras da Acrópole, cunha forte rivalidade con Fidias. É un teórico do corpo humano. Policleto é o escultor da SIMETRÍA. Para él, a beleza está na proporción. (É conveniente que a cabeza sexa a sétima parte da altura total da figura, o pé tres veces a lonxitude da palma da man; mentres a perna,desde o pé ata o xeonllo, deberá medir seis palmos e a mesma medida haberá tamén entre o xeonllo e o centro do abdome) Tema: Representa a imaxe idealizada dun xove atleta. (Posiblemente represente a Aquiles, que era el prototipo de guerrero, joven, osado, violento, héroe de La Iliada y señalado por el destino como inmortal. La lanza sería el símbolo de la guerra y de la fuerza y la serenidad en el rostro reflejaría el estar por encima de la vida y la muerte). A maneira de representalo é como un home espido, en actitude de camiñar coa lanza apoiada no ombreiro, descalzo coma un heroe (tema típico desde a etapa arcaica cos kuroi, brazos e pernas en distinta posición e cabeza ladeada. O material era orixinariamente era de bronce (método da cera perdida). Non coñecemos o orixinal pero si a través de copias de época romana en mármore. COMPOSICIÓN: Policleto fixo moitos estudos do natural. Emprega a matemática e a xeometría para a representación. Onde o vemos? A cabeza, esférica, tena levemente xirada cara a dereita e nela ten un cabelo coidadosamente traballado así como unha expresión serea, propia de ser superior. No torso, un rectángulo e nel sobresaen as marcas dos peitorais e das inguas, en forma de liñas curvas. As partes superiores das pernas son cilíndricas, acóplanse nas ínguas. Os brazos están despegados do corpo e teñen distintas posturas: o dereito cae relaxado en paralelo ao corpo e o esquerdo érguese e dóbrase coa man pechada para soster a lanza. 17 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA Policleto tamén acada movemento e profundidade e proporcións ideais: ACADA MOVEMENTO: colocándoo en actitude de camiñar, co CONTRAPOSTO (ritmo cruzado de pernas e brazos entre membros tensos e membros, relaxados. Esto provoca que a cadeira e os ombreiros tamén se ven sometidos a un movemento e crean unha curvatura que enche a figura de sensación de vida. O contraposto é o movemento harmónico do corpo. ACADA PROFUNDIDADE, pondo un lado dereito da figura máis pechado (contraído) e un lado esquerdo máis dinámico, co que logra que a figura non sexa estática. ACADA AS PROPORCIÓNS IDEAIS. Policleto ideou un sistema de relación numérica entre unha parte do corpo, a cabeza, e o resto. Utiliza a proporción 1/7 , CANON DE 7 CABEZAS As cabezas teñen forma esférica xa que a esfera é perfecta como a parte nobre do home. O rostro debía ter tres partes de igual medida: a fronte, a zona entre a fronte e o nariz e a zona entre o nariz e o mentón. Emprega a diarthrose, que é a articulación entre as diferentes partes docorpo humano. Esta escultura é o resultado dun cálculo matemático. O resultado final é unha figura serena, cun rostro inesprexivo, sen tensión, sen emoción, sen o sorriso arcaico o cal é mostra dun equilibrio emocional propio do clasicismo. Pero as figuras de Policleto manteñen certos arcaismos como: xeométricas marcadas como as liñas inguinais, pelo adherido... músculos algo planos, formas En xeral as súas obras resultaron ser un pouco anchas e robustas, se as comparamos con Fidias, e por iso pasaron de moda. Aínda así o que permaneceu foi o canon que se usou en outras obras importantes contemporáneas e en épocas posteriores como no Renacemento. 18 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA 3.MÉTOPAS DO PARTENÓN OBRA: Métopas do Partenón (Acrópole de Atenas) AUTOR: Fidias e obradoiro CRONOLOXÍA: Mediados do s.V aC, época de Pericles, idade de ouro de Atenas ESTILO: escultura grega clásica. MATERIAL: mármore do Pentélico, policromado. Estamos ante un exemplo do que foron as métopas do Partenon. Eran un total de 92 métopas que decoraban o friso do templo. Nos lados maiores hai 32 e nos menores 14. Son pezas de 1,35 metros de lado aproximadamente. FIDIAS foi o seu autor (470-430): o escultor do EQUILIBRIO E A PERFECCIÓN. É o máximo representante do Clasicismo. Realizou unha grande cantidade de obras e dirixiu as obras de reconstrución da Acrópole. Tamén foi responsable da decoración escultórica do Partenón. A obra deste escultor recoñécese pola: Beleza serea Calidade do modelado Liberdade de esquemas compositivos. Creación da técnica dos panos mollados, transparencias o que obriga ao escultor a dominar o traballo da anatomía humana especialmente feminina Á morte de Pericles, Fidias caeu en desgracia e foi acusado de roubo dos materiais nas obras da Acrópole e acabou abandonando a cidade cara Olimpia. A súa influencia, sen embargo, permaneceu e foi continuada polos seus discípulos. Obras que se lle atribúen: 19 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA Escultura exenta de Atenea Lemnia, Atenea Partenos, Zeus de Olimpia ( unha das sete marabillas). Foi o creador da tipoloxía do tipo de Deus. Relevos do Partenón, métopas, friso das Panateneas e frontón oriental e occidental. As métopas pertencen ao programa iconográfico do Partenón. Nel hai unha xerarquía: na parta alta están os deuses (frontóns) na parte media os héroes (métopas) na parte máis baixa, no friso, os humanos (Friso das Panateneas). A obra a comentar pertence as métopas da CENTAUROMAQUIA. Vemos dúas figuras: no lado esquerdo unha figura humana, espida, que sostén un manto. No lado dereito vemos o corpo lateralmente, dun centauro. O movemento é oposto e a parte central ocúpana os pregues do manto. (Atención: aquí describiremos brevemente a obra que nos poñan) Material: Mármore do Pentélico policromado Tema: En xeral represéntanse temas mitolóxicos, en concreto as catro grandes loitas míticas: Centauromaquia: Loitas de centauros e lapitas Amazonomaquia: amazonas e pobo helénico Xigantomaquia: os deuses contra xigantes Guerra de Troia O conxunto máis coñecido é o da centauromaquia (32 no lado meridional) das que so se conservan 18. Segundo a mitoloxía grega, os centauros foran invitado á voda do rei dos lapitas; nunca beberan viño e na voda acabaron bébedos. Dasatouse a furia e intentaron raptar a noiva e a outras mulleres. Desencadeouse unha loita e resultaron triunfantes os lapitas. Estas métopas teñen unha función decorativa como os frontóns xa que se sitúan nas partes visibles do templo. Pero ao mesmo tempo serven para amosar a superioridade do mundo (humanos) civilizado fronte ao primitivo (centauros) Técnica: Son altorrelevos, case de vulto redondo, incluso superando o marco físico que as delimita. A loita nárrase coma un cómic, metopa a metopa, con dúas figuras por peza. Lapitas: espidos ou con clámide (prenda de vestir de lá a modo de capa) e escudos circulares. Centauros: seres mitolóxicos, metade cabalo, metade homes, espidos ou con peles de animais. Hai distintas mans no traballo o que se reflicte en estilos distintos. Hai que recordar que Fidias supervisa as obras. As figuras están dotadas de movemento que se ve nas posturas variadas, incluso con escorzos o que lle da dinamismo. Os escultores tamén se deteñen nas texturas dos cabelos, das capas, das anatomías….e pregues e as musculaturas están ben marcados. 20 así os Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA Aplican o principio da diartrose, que é articular ben as partes do corpo: acentuar liñas profundas nas liñas divisorias de brazos e pernas, como en pectorais ou liñas inguinais, dando lugar a xogos de claroescuro que dan volume ás figuras. Os vestidos das mulleres teñen pregues que transparentan a anatomía (técnica dos panos mollados) A expresión: A pesar de estar nunha loita os rostros amosan serenidade (control da paixón) o cal é propio do momento. Son rostros nobres e serenos. Os rostros dos centauros tamén son humanos. Son salvaxes pero teñen unha parte humana. Quizais o autor o que intente amosar como a natureza humana está conformada por unha parte racional e outra irracional. A mensaxe final é o triunfo da civilización sobre a barbarie. A obra a comentar é un bo exemplo do momento culminante da escultura clásica e do traballo de Fidias. É un momento de máximo esplendor pola calidade do movemento, da expresión e da técnica. Nestas obras vemos como é o escultor que mellor plasma o ideal de beleza clásico. Fidias crea una escola, abre un camiño que logo será seguido polos autores do posclasicismo: Praxiteles, Scopas e Lisipo. 21 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA A ESCULTURA DO SÉCULO IV: A ESCULTURA POSCLÁSICA. Praxíteles, Lisipo e Scopas (Contextualización. Moi importante. Para poñer como comezo ou como final de calquera obra do IV): A finais do século V, a guerra do Peloponeso entre Esparta e Atenas, supón o final da hexemonía POLÍTICA cultural de Atenas. Na arte abandónase o idealismo clásico (equilibrio, proporción, harmonía) e aparecen: unha especial atención pola expresión dos sentimento humanos (paixón, patetismo, pathos, charis..) e de estados de ánimo. Acentúase o movemento Un auxe do retrato que é realista, individualizado, contrario ao ideal do século pasado. Un canon máis esvelto Temas anecdóticos 4.HERMES DE PRAXITELES OBRA: HERMES CON DIONISOS NENO ou HERMES DE OLIMPIA AUTOR: PRAXÍTELES CRONOLOXÍA: século IV aC ESTILO: escultura grega posclásica do século IV aC MATERIAL: mármore. 2,13 m. É un grupo escultórico de vulto redondo. É orixinal. Atopada en Olimpia. Hai artistas como Praxíteles que se teñen que catalogar na transición, entre o clasicismo do V e o realismo do IV. As esculturas de Praxíteles caracterízanse por: uso da curva praxiteliana coa que arquea o torso das súas figuras nun contraposto esaxerado modelado suave (formas brandas) Humaniza a representación dos deuses Expresión melancólica (mirada soñadora) 22 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA Tema: Un xove espido leva no colo a un meniño ao que lle parece ofrecer algo que o neno tenta coller. É un tema mitolóxico e anecdótico. Hermes (Mercurio dos romanos) sostén nos seus brazos ao seu medio irmán Dionisos, o deus do viño. A escena fai referencia a unha parada no camiño cando Hermes leva ao pequeno cara o novo fogar para protexelo das iras de Hera. Segundo a lenda ao pasar preto dunha viña o neno pide un racimo e Hermes ofrécello. (Dioniso era fillo de Zeus e Sémele, princesa de Tebas que quedou carbonizada cando o seu amante se lle amosou no seu aspecto divino e a esposa del, Hera, así llo pedirá. Nesta obra está sostido por Hermes, o seu medioirmá, que é o mensaxeiro dos deuses Segundo a lenda ao morrer a nai de Dionisio, Zeus extraeuno do ventre e gardouno durante nove meses no interior da súa coxa. Deste dobre nacemento provén o nome de ditirambo (que traspasou a porta dúas veces) co que se coñece a Dionisio. O tema parece serio pero é tratado polo autor dun xeito anecdótico, simpático, é un xogo, unha broma, que humaniza aos protagonistas. Material: Mármore de Paros sen policromar. Habitual no autor. Composición: As figuras están apoiadas no tronco dunha árbore do que colga unha tea con amplos pregues. Hermes apoia o peso do corpo sobre a perna dereita mentres que a esquerda está flexionada. Tamén apoia o cóbado esquerdo, co brazo e ángulo, mentres o brazo dereito estírao. O neno, no seu colo, vémolo de perfil. Vemos na obra os elementos característicos do autor: Curva praxiteliana: Unha postura sinuosa, en forma de S, que obriga a soster a figura nalgún elemento. Crea unha maior sensación de dinamismo. Esta posición crea un certo contraste entre o lado dereito, co tronco e o pano que cae en vertical, co lado esquerdo no que predomina a curva. Modelado suave: Vese na piel de Hermes onde que os músculos non están excesivamente marcados. Esta suavidade do modelado (sfumato) xera que a luz esvare sobre as superficies de forma suave e transmita unha sensación de elegancia e sensualidade. Como os músculos están suavemente marcados a figura perde tensión. Esta suavidade está acadada grazas a unha técnica na que o mármore está moi pulimentado e cuberto con capa de cera co que logra suaves transicións entre as zonas iluminadas e en sombra que lle dan sensualidade á figura (GÁNOSIS). Expresión soñadora: Este suave modelado (sfumato) tamén se ve no rostro coa mirada ensoñadora, os beizos grosos e os cabelos con mechóns soltos (técnica de trépano). 23 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA Praxíteles, quizás o artista máis apreciado da antigüidade, traballou especialmente co mármore e este grupo é un bo exemplo da súa calidade artística. O gran dominio que demostra fainos pensar nunha obra de madurez. É exemplo dos cambios que están a suceder na trasición do V aC ao IV a C : vese a humanización da escultura, dos deuses. Vese o gran cambio que se da na estatuaria grega con respecto ao período clásico. Agora as figuras van ser : máis estilizadas (emprega o canon de Lisipo), máis elegantes e con maior sensación de movemento. As obras de Praxíteles son fermosos deuses cunha dozura que seducirán aos artistas posteriores helenísticos. Este é un bo exemplo de como este autor é o precursor dos cambios que deron lugar á escultura helenística: por primeira vez os deuses e os heroes amosaban emocións. É probable que este grupo escultórico fose realizado co obxectivo de conmemorar a paz entre Élide e Arcadia xa que Dionisio era o deus protector da primeira e Hermes da segunda. 4.APOXIOMENOS DE LISIPO OBRA: APOXIOMENOS AUTOR: LISIPO CRONOLOXÍA: século IV aC ESTILO: escultura grega posclásica do século IV Ac MATERIAL: copia romana en mármore. 24 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH BLOQUE 1. AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA Estamos ante unha escultura de vulto redondo, que representa a un atleta despois de facer exercicio. A obra orixinal en bronce non se conserva. O orixinal desta obra estivo durante moito tempo nas termas de Agripa en Roma. Como ocorre con Praxíteles, Lisipo é un artista intermedio entre a escultura clásica e a helenística. Foi un dos mellores broncistas de Grecia. Acadou sona e chegou a ser o retratista oficial de Alexandre Magno, foi artista cortesán. Tivo unha vida longa e activa (atribúenselle mais de 1500 obras). Tivo como mestre a Policleto e a propia natureza pero: Modificará o canon (oito cabezas) co que acada figuras máis esveltas e naturais Introduce o cotiá na escultura. Cambia o ideal atlético e fai aparecer ao home como é en realidade: os atletas con pesada musculatura, os nenos coma nenos e os vellos coma vellos. Nesta obra vese que Lisipo crea un tipo de beleza masculina diferente a Policleto e é unha obra básica para definir as súas aportacións O tema: é a representación dun xove atleta de pé e espido, está a sacar a suor e o pó co estrigilo (instrumento da época, cepillo de ferro ou bronce) (apoxiomeno = o que se quita o aceite.). O tema é novidoso, unha actividade cotiá, algo característico do século IV. Xa non é un atleta triunfador. Está tamén cansado, algo que se nota na mirada e no corpo. Composición: Ten o peso do corpo apoiado nunha perna, a esquerda, mentres a dereita está moi desprazada cara a dereita e flexionada, e tamén aguanta do peso. O atleta levanta os brazos ata os ombros e coa man esquerda desliza o estrigilo pola parte anterior do brazo dereito. Un dos brazos está estirado e o outro dobrado e nótase neles a tensión. O atleta está coa súa cabeza de pelo rizo algo inclinada e xirada, mira ao lonxe. Os ollos profundos transmiten canseira. Que aporta Lisipo? Modifica o Canon. A pesar de ser menor que algunhas obras de Policleto o Apoxiomeno dá a sensación de ser máis alto, pois Lisipo cambia o canon de proporción. Tamén reduce o volume da cabeza, máis fina e expresiva e alonga as extremidades Racha coa frontalidade. Racha coa disposición frontal clásica: o brazo esquerdo corta co anterior en ángulo recto e interponse entre o espectador e o plano da figura. O brazo dereito aproxímase cara o espectador (escorzo) rachando co efecto relevo que antes tiña a escultura clásica e impedíndonos ver o torso e dándolle á figura profundidade. Pódese dicir que o corpo respecta a frontalidade pero os brazos estendidos fan que a figura abrace o espazo e obriga ao espectador a xirar arredor seu. A posición da figura (contraposto) é pouco estable e as pernas non se apoian 25 Dpto de Xeografía e Historia, Hª DA ARTE 2º BACH BLOQUE 1. AS RAÍCES DA ARTE EUROPEA: O LEGADO DA ARTE CLÁSICA no chan de xeito firme como no Doríforo. Lisipo inicia o desexo de gañar o espazo coa escultura. Isto significa a multiplicidade de puntos de vista. Naturalismo propio do IV. Hai unha articulación das partes (diartrose), máis naturais ca no Doríforo e a luz esvara por esta superficie do corpo de xeito tamén máis natural. Non é un retrato concreto pero é un home con expresión cansada ( enrruga na fronte), co pelo revolto...O rostro é fermoso, nin a boca nin os ollos amosan a paixón de Scopas nin a graza ensoñadora de Praxíteles. É un tema cotiá. Esta obra mostra os cambios, os avances, que se están a dar en Grecia, introducindo unha función cotiá como é limparse e a expresión de canseira, o cal é plenamente posclásico. Xa non estamos ante un home ideal, idealizado, senon que estamos ante un home máis realista. Na etapa anterior, o século V, estivo interesada no movemento en potencia, é dicir o movemento antes de facer a acción, outras veces no movemento mesmo. Nesta etapa, século IV, Lisipo aposta polo momento final onde se combina o cansazo físico e o repouso moral (o Apoxiomeno acaba de rematar os exercicios na palestra) Como conclusión dicir que nesta obra observamos as características que definen a este importante autor posclásico. É unha das súas obras máis representativas. (Calquera obra que analicemos do século IV pode ser rematada co texto seguinte onde se fai referencia ao que ocorre tras este século) (Frase aplicable a todas as obras: Tanto o legado escultórico grego como o romano van constituír a chamada escultura clásica. E esta será a base da estatuaria posterior. No helenismo a escultura orientalizarase, gañará en movemento e barroquismo, influída polas conquista de Alexandre Magno e incluso abundará a escultura grupal do que é bo exemplo o grupo de Laoconte. Entre os exemplos de escultura helenística hai que salientar: a Venus de Milo, o Espinario ,o retrato de Séneca .Outras obra do período helenístico son a Vitoria de Samotracia, obra cumio da escola de Rodas xunto ao grupo de Laocoonte, de gran vigor, dinamismo e forza expresiva. 25