Actividades O Antigo Réxime en Europa e España Repaso datas Indica século, milenio e idade da historia: 123, 45 a. C., 890, 1788, 2000, 1987, 1234, 1000, 2020, 1900, 3 a. C., 560, 1491, 1789, 567 a. C. Chuleta: Idade Antiga: 3500 a. C.- 476 Idade Media: 476-1492 Idade Moderna: 1492-1789 Idade Contemporánea: 1789- Definición de termos históricos Ten en conta que cada termo debe levar unha referencia ao espacio e a cronoloxía que lle corresponden. Neste tema pode bastar con indicar “Europa” e “Antigo Réxime” ou “século XVIIXVIII”. Ademais hai que indicar ao inicio que é o que se está definindo: “sistema político”, “sistema económico”, “forma de organización social”… Por último deberás explicar brevemente en que consiste especificamente o termo (as súas características). Exemplo: Antigo Réxime. Sistema político (monarquía absoluta), económico (réxime señorial) e social (organización estamental) que había en Europa nos séculos XVII e XVIII. Define os seguintes termos: monarquía absoluta de dereito divino, estamento, Ilustración, despotismo ilustrado, mercantilismo. Elaboración dunha redacción sobre un tema a partir dunha serie de palabras proporcionadas polo profesor. 1. Primeiro debes comprobar a que tema fan referencia as palabras (economía do Antigo Réxime, sociedade do Antigo Réxime…) 2. A continuación debes ordenar as palabras para ver os diferentes aspectos a tratar. 3. Por último debes redactar varias frases ben construídas nas que empregues todas as palabras sen alteralas. Exemplo: Elabora una redacción de polo menos 5 liñas coas seguintes palabras: producir, xente común, estamento, defender, burguesía, campesiños, nobreza, clero, rezar, impostos. 1. O tema é a organización social do Antigo Réxime. 2. estamento, xente común, campesiños, burguesía, producir, impostos, clero, rezar, nobreza, defender (os estamentos e as súas funcións). 3. No Antigo Réxime cada estamento tiña unha función específica que viña fixada dende a Idade Media: a xente común (campesiños, burguesía) producir os bens necesarios e pagar os impostos, o clero rezar pola salvación das almas e a nobreza defender o reino. Elabora unha redacción de máis de 5 liñas coas seguintes palabras: comercio, agricultura de subsistencia, talleres, nobreza, clero, señoríos, campesiños, colleita, gremios, camiños. Preguntas vídeo O despotismo ilustrado 1. Con que monarca se introduciron as ideas ilustradas en España? Que idea revolucionaria plantexou o seu ministro o marqués de la Ensenada? 2. Explica en que consistiu o Motín de Esquilache. 3. Que quería facer o despotismo ilustrado coa agricultura? 4. Como se mellorou o comercio con América?