6. O sistema foral 1. A estrutura económica de Galiza: o foro 1.1. Orixes do foro. Aproximación ao contrato enfitéutico: diversidade das propiedades Até hai pouco en Galiza existía unha estrutura agraria que non permitía o seu desenvolvemento e na que a terra é a base da riqueza económica e do prestixio social. Isto está regulado desde a Idade Media polo foro, un contrato que desde os séculos XII – XIII lles garante aos señores o poder sobre a terra e a submisión do campesiñado: a) O campesiñado recibe: Casa. Horta. Todo isto recibe o nome de casar. Terreos preto da casa. Terras de labradío. Gando. Medios de produción. Aproveitamento dos montes (comunais) para pasto, leña, froitos... A recollida gratuíta do que caía das árbores fixo dos montes un importante medio de supervivencia. b) Obrigas dos campesiños: Conservar e coidar os bens. Pagar unha importante renda: En especie, o que supuña un terzo da colleita das terras de labradío e a metade das de viñedo. En metálico, menos frecuente. Impostos engadidos: Loitosa: cesión da mellor cabeza de catro patas á morte do foreiro. Laudemio: se se transfería o foro parte do diñeiro ía para o propietario. Décimo: imposto eclesiástico que garantía a dependencia económica da Igrexa. c) Duración: Nos séculos XII – XIII duraba tres xeracións, cando remataba este tempo renovábase seguindo as condicións que impoñía o señor. No século XVII duraba: Tres papas se as terras eran da Igrexa. Tres reis se as terras eran da nobreza laica. d) Herdanza do foro: o foro era indivisíbel, as terras sometidas a este contrato eran xa de por si pequenas e se se dividían non producirían o suficiente para alimentar a ninguén. Por iso, o foro podía ser vendido ou herdado por un dos fillos do campesiño, que debía cumprir as seguintes condicións: Estar casado. Vivir na casa e coidar dos pais. Só podería ser titular do foro á morte do pai e os demais fillos debían entón abandonar as casa e as terras, agás os solteiros (maneiros). e) Consecuencias: aínda que adoita considerarse o foro como o responsábel do minifundio, isto non é exactamente así. As propiedades foran sempre pequenas (para o que é necesario un tratamento intensivo). Cando as terras non eran suficientes por mor da presión demográfica levábase a cabo un proceso de ruturación (conversión do monte en terreo cultivábel), que duraban 1 Historia de Galiza 2006/2007 USC 6. O sistema foral un seis anos ou o tempo que determinase o señor. 1.2. O subforo O subforo supón: O propietario da terra (xeralmente mosteiros) arréndalla a un foreiro pertencente aos estratos superiores da sociedade rural. O foreiro, á súa vez, arréndalle as terras a un campesiño para que as traballe. A relación entre campesiño é propietario vólvese indirecta. O campesiño ten que lle pagar ao propietario e ao intermediario (que poden ser varios). Os intermediarios saen beneficiados e establécense así as bases do que sería a fidalguía do século XVIII. Os mosteiros fan isto porque lles compensa recibir unha renda fixa, aínda que sexa menos, ca unha renda variábel. a) b) c) d) Para algúns autores o subforo foi positivo: É un contrato de longa duración que fai que os propietarios se preocupen máis de cobrar as rendas ca de especular sobre as terras. O espolio, ou dereito do propietario para expropiarlle a terra ao campesiño, vólvese máis infrecuente. O sistema de rendas en especie non frea a introdución de novos cultivos (máis produción = máis beneficios para os campesiños.) Redúcense as cargas engadidas: o laudemio pasa de ser a cuarta ou sexta parte á décima e loitosa pasa a ser un pago en metálico realizado entre tódolos membros da comunidade. Dependendo das zonas as cargas son maiores ou menores. Ademais, aínda que en teoría non se podía parcelar o foro, na práctica faise, especialmente en épocas de fame. 2. O desenvolvemento do sistema foral: a Pragmática de 1763 Desde mediados do século XV os campesiños, ante a imposibilidade de pagar todas as cargas impositivas, néganse a facelo. Esta situación agrávase no século XVII, o que favorecerá o auxe da fidalguía: a) Causas: Hai unha importante crise xeral e danse numerosas protestas pola situación que viven os labregos. A Igrexa busca, neste momento, afastarse do control directo das terras para non manchar a súa imaxe, pero mantendo a titularidade da mesma. Así aparece a fidalguía como intermediaria. Os campesiños páganlle aos fidalgos as rendas, polo que a imaxe do poder civil pasa da Igrexa á fidalguía. Desde mediados do século XVII e no século XVIII a Igrexa pretende recuperar o control directo sobre as terras. b) Intres fundamentais: 1633: dáse a primeira reivindicación por parte de sectores vencellados á Xunta do Reino de Galiza que pretenden a renovación automática do foro e combater os abusos señoriais. 2 Historia de Galiza 2006/2007 USC 6. O sistema foral 1698: a Xunta, coincidindo co cambio de dinastía (dos Austrias aos Borbóns), denuncia os espolios e será o Marqués de Mós quen defenderá a fidalguía. 1763: as diferenzas entre Igrexa e fidalguía lévanse á Xustiza e a Real Audiencia emite a coñecida como Pragmática Sanción, que determinaba a suspensión dos preitos, quedando a situación como estaba e, por conseguinte, resultando a fidalguía beneficiada (institucionalízase o subforo). Consecuencias: A fidalguía sae beneficiada continuando no seu papel de intermediaria. Os campesiños só notan consecuencias negativas: A fidalguía mantén as súas prácticas especulativas. Aparece un incremento impositivo do Estado que debía ser pagado en metálico e moitos campesiños non poden afrontar, para o que teñen dúas opcións: - Emigración cara a Castela para a sega (a mediados do século XVII). - A venda de produtos. c) Así, no século XVIII a grande maioría da poboación estaba no nivel da subsistencia e vólvese roturar o monte. O espazo cultivado era semellante ao actual e aínda así era insuficiente. O único positivo para os campesiños deste século foron as colleitas, xeralmente boas. 3. Incidencia dos procesos propiedade da terra desamortizadores na situación da 3.1. Causas das desamortización a) Consecución de recursos para a Guerra Carlista. b) Impedir a quebra do Estado. c) Crear unha clase media propietaria, se o Estado Liberal lle daba propiedades aos campesiños estes seríanse fieis. d) Tamén se busca facer rendíbeis os terreos a monte. 3.2. Os procesos desamortizadores a) Trienio Liberal (1820 –1823): primeiras vendas masivas, pero durante pouco tempo. b) Desamortización de Mendizábal (desde 1837): afecta aos bens da Igrexa e cobra importancia desde 1842. Búscanse con ela recursos para afrontar a Guerra Carlista. c) Desamortización de Radoz (1855 – 1867): afecta aos bens municipais, polo que en Galiza non ten relevancia (os bens da Igrexa supuñan o 93% e os municipais só o 0,8%, moitos terreos eran de propiedade comunitaria.) 3.2.1. A singularidade das desamortizacións en Galiza a) Afecta aos bens eclesiásticos. b) Intencións do Estado: sectores sociais favorecidos (fidalguía). c) Cambio de mentalidade: concienciación sobre a desorganización da estrutura da propiedade. 3 Historia de Galiza 2006/2007 USC 6. O sistema foral d) Venda dos dereitos e non das propiedades, derivada dese sistema particular de tenencia da terra aceptada polo Estado coa Pragmática Sanción. Cando o Estado se apropia destas terras ten dereito ás rendas e aos colonos que a traballan grazas ao contrato foral. 3.3. Consecuencias das desamortizacións en Galiza a) Xa que o que se pon en venda son os dereitos sobre as terras e non o seu dominio útil, o foro seguirá vixente. Así, desde 1855 a propiedade cambia de mans, pasa da Igrexa aos burgueses e fidalgos, pero o foro persiste. b) O campesiñado non se ve beneficiado porque, dada a súa escasa capacidade económica, non pode mercar as terras. Con todo, desde 1865, debido a un fortalecemento da lexislación sobre a propiedade individual, os campesiños comezarán a mercar as terras xa que teñen os cartos procedentes da emigración, xa que quere entrar no proceso de transformación capitalista. Isto traerá consigo unha consecuencia negativa: a consagración do minifundio. 3.4. Os pequenos cambios e intentos de modernización do XIX A economía galega do século XIX fica bastante limitada: a) Permanece o foro. b) Prevalecen as pequenas explotacións. c) Desenvolvemento técnico reducido. Así, neste século xorde unha literatura panfletaria que considera o foro coma un dos principais obstáculos para o desenvolvemento da economía, amais de non ver con bos ollos o minifundio. Ademais, as pequenas explotacións non encaixan nese proceso de transferencia capitalista, polo que o campesiño do XIX terá que tomar conciencia das deficiencias da súa explotación, e tamén as elites das súas. Así, xorden propostas coma a de MANUEL COLMEIRO, quen pretende en 1843 modernizar o agro e mercantilizar a produción, para o que propón: a) Privatización dos montes e das propiedades municipais. b) Extensión dun sistema de grande labranza. c) Redención dos foros. Haberá, ademais, publicacións que demanden unha renovación técnica da agricultura, postura defendida mesmo polas elites conservadoras. 3.5. Historia da redención foral A) Primeiro proxecto de lei de Redención Foral, presentado polo deputado PELAYO CUESTA en 1864: a favor do dominio útil cunha capitalización de 100 de capital por cada 3 de renda1. Paralelamente a Sociedade de Amigos do País de Compostela celebra un congreso consultivo no que están presentes tódalas partes, e todas fican a favor dunha reforma do foro. Con todo, nela os fidalgos defendían o dominio directo e os campesiños o dominio útil. 1 O dominio útil (campesiñado) debía pagarlle ao dominio directo (burguesía) para conseguir a propiedade das terras que trallaba. 4 Historia de Galiza 2006/2007 USC 6. O sistema foral B) Segundo proxecto de lei de Redención Foral, presentado polo deputado ourensán PAZ NOVOA e aprobado o 20 de agosto de 1873: favorecía ao campesiñado permitíndolle facerse propietario das terras (6 de renda por cada 100 de capital), pero sería derrogada seis meses despois por lesionar “os intereses sagrados.” C) Circunstancias que favorecen a desaparición do foro: O agrarismo, cada vez máis radicalizado, que chegará a cuestionar o feito de ter que pagar pola terra (“a terra para quen a traballa”). A crise finisecular agraria: a caída dos prezos dos cereais e o consecuente menor valor da produción fará que ser rendista xa non sexa rendíbel, polo que haberá procesos de redención acordados por ambas partes. D) Proxectos de lei fracasados nas dúas primeiras décadas do século XX. E) Decreto lei de Redención de Foros de 1926: cando se aproba xa quedan poucos foros por redimir. De todo isto tiramos varias conclusións: a) A fortaleza que presenta o campesiñado. b) A identidade galega reflíctese no rural. c) O problema do foro, que xa duraba oito séculos, soluciónase grazas a acordos entre as partes, non ás leis. 4. A resposta da sociedade: o agrarismo 4.1. Organización das sociedades agrarias a) Marco espacial, a parroquia: adoita darse un só sindicato agrario por parroquia, independentemente da súa orientación política. b) Funcións: Política: hainas de diferentes ideoloxías. Técnica: contribúen á modernización do agro, actividade que se intensifica nas épocas de maior represión política. c) Afiliados: campesiños que queren incorporarse ao capitalismo e proletariado agrario. d) Líderes: persoas que conviven cos campesiños pero que non son da súa mesma clase social (avogados, médicos, xente vencellada á Administración, inmigrantes retornados...) 4.2. Actividade das sociedades agrarias A actividade destas sociedades presenta moitos altibaixos, aínda que a será sempre forte (nas épocas de maior represión céntranse na función técnica). Desde mediados do XIX hai moitos escritos referentes á revolución da cuestión foral, algo común en tódalas sociedades agrarias europeas da época. A crise finisecular do XIX provoca unha perda de potencialidade do agro galego: baixan as rendas e a revolución dos transportes fai que sexa máis barata a importación. Pérdese o mercado importador británico, feito que se intenta cubrir co mercado portugués e logo co do resto do Estado. Todo isto fai que se reactiven as protestas agraristas. Danse nesta época dous trazos importantes: a) A internacionalización da economía mundial dá lugar á crise agrícola. 5 Historia de Galiza 2006/2007 USC 6. O sistema foral b) Comezo da mercantilización das masas rurais (leis de asociación e introdución, en 1890, do sufraxio universal.) 4.3. Principais etapas do agrarismo 4.3.1. 1866 – 1896 Fúndase a primeira sociedade agraria sen 1866 en Caldas de Reis, e desde esta data até 1896 tódalas que se fundan caracterízanse por: a) Seren mutuas gandeiras, de socorro á gandería (de forte tradición, chegan ata o Franquismo). b) Supor unha modernización: son cooperativas de axuda comunitaria (pseudoseguros). c) Teñen só unha vertente técnica, non política. 4.3.2. 1896 – 1907 Danse dous tipos de organizacións agrarias: a) Cámaras agrarias: Xorden nas cidades e vilas. Intégranse nelas sectores da burguesía: Portela Valladares, Rof Codina, Basilio Álvarez, Rodrigo Sanz... e a Xeración do 98 galega. A súa ideoloxía segue os seguintes trazos: Defensa do pequeno produtor. Anticaciquismo, que case se converte nun movemento retórico. Desaparición do foro. Modernización do agro. b) Sociedades de agricultores: son o elemento máis característico do asociacionismo galego: A cidade de Pontevedra é o núcleo desde o que se difunden. En 1903 créase a primeira Federación Agrícola Provincial en Pontevedra, que será seguida en zonas da Coruña, Betanzos, Chantada e algunhas partes de Ourense. Están vencelladas a grupos progresistas, pero a súa importancia chega a ser tal que até os partidos dinásticos chegan a xogar algún papel nelas. CARACTERÍSTICAS COMÚNS Cámaras agrarias Sociedades de agricultores Anticaciquismo Indefinición relixiosa Certa radicalización (maior nas Sociedades de agricultores) 4.3.3. 1907 – 1920 Créanse en 1907 tres importantes organizacións cun programa político claro que intentan atopar a solución aos problemas organizativos da produción e do foro. Estas organizacións son: A) SOLIDARIDAD GALLEGA: é o movemento máis institucional e máis ambiguo, xurdido tralo éxito de Solidaritat Catalana: Ten o foro como elemento aglutinador. 6 Historia de Galiza 2006/2007 USC 6. O sistema foral Nela militan carlistas (Vázquez de Mella), republicanos (Casares Quiroga) ou rexionalistas (Murguía, Carré, Lugrís). Esta diversidade favorecerá a súa perda de importancia, especialmente desde 1912 (primeiro marchan persoas illadas, coma Murguía, e logo grupos enteiros, coma o de Monforte). Conta cun medio de comunicación: A Nosa Terra. O seu ambiguo discurso plásmase no Manifesto Solidario e céntrase en: Anticaciquismo. Autonomía. Rexeracionismo. Reivindicación agraria pouco definida. O seu núcleo principal é A Coruña (onde ten certo éxito nas municipais de 1909), e os seus campos de maior actuación Ferrol e a zona do Eume. Está liderada por Rodrigo Sanz. B) UNIÓN CAMPESINA: Federación de sociedades agrícolas fundada polo obreiro anarquista retornado de América Martínez Pérez: Vencellada á F.L.O. De orientación anarquista, ten unha importante actividade política e é a primeira vez que un proxecto agrarista está vencellado a unha ideoloxía política. Opera sobre traballadores urbanos que ao mesmo tempo traballan a terra. Limítase á Coruña e arredores (créanse 28 asociacións). Do seu proxecto e actividade destaca: Loita nos arbitrios municipais. Controla algunhas explotacións. Vontade de modernización científica da agricultura. O proxecto desaparece en 1920, non así as sociedades, xa que se percibe coma unha organización violenta. C) DIRECTORIO ANTIFORISTA DE TEIS: Non ten unha xunta directiva que centralice o poder. Primeira organización quen de agrupar varias sociedades nun movemento antiforista. Apoios: Sectores dinástico – liberais: Montero Ríos, Eduardo Vincendi. Solidaridad Gallega. Unión Campesina (máis). Constitúe o Directorio Antiforista (febreiro de 1908), un comité organizador da propaganda antiforal. Organizado polo Comité de Becerreá en Lugo e Ourense, e conta con máis de cen entidades na provincia de Pontevedra. Persoeiros importantes: Amado Barra, Basilio Álvarez. Conflitividade rural: motíns, mitins... (acción violenta). Xurdirán nesta etapa proxectos para unificar os diversos sectores do agrarismo: A) LIGA AGRARIA REDENCIONISTA: fundada en 1910 por círculos galegos asentados en Madrid: 7 Historia de Galiza 2006/2007 USC 6. O sistema foral Conta cun medio de comunicación propio, Acción Gallega, nome polo que acabará sendo coñecida a organización. A súa actividade podémola dividir en dúas etapas: Con PORTELA VALLADADES como líder conseguen un escano pola Fonsagrada, non así por Becerreá. Con esta perda de influencia a Liga comeza a baixar. Con BASILIO ÁLVAREZ como líder a Liga revitalízase: - Pon en contacto o grupo madrileño con rapaces galeguistas coma Fernández Mato, Cabanillas, Noriega Varela ou o mesmo Castelao. - Conta cun discurso forte, difundido no chamado Manifesto de Ourense en agosto de 1910. - A partir de 1914 intensifica a súa actividade en toda Galiza con mitins multitudinarios. - Esmorece o seu proxecto polo enfrontamento continuo de Basilio Álvarez coa Igrexa. B) ASAMBLEAS AGRARIAS: reunións realizadas en Monforte nos anos 1908, 1910 e 1911: Están presentes tódalas tendencias do agrarismo galego. Redactan varios textos nos que demandan: Desenvolvemento económico. Modificación da situación xurídica da propiedade comunal. Desaparición do foro. Especialización do vacún para carne para un aumento da produtividade. Comezan con reivindicacións técnicas e acaban por convertérense en debates ideolóxicos, o que acaba con elas. 4.3.4. 1920 – 1931 Nesta etapa mantéñense dúas liñas fundamentais no movemento agrarista: A) SINDICALISMO CATÓLICO: alentado pola Igrexa: Representa intereses conservadores: Imaxe de apoliticismo. Respecto á orde. Dirección das elites eclesiásticas. Aposta polas fórmulas cooperativas. Son á vez intermediarios na inserción do capitalismo e defensores da comunidade. Importante extensión territorial, especialmente entre 1918 e 1920. Créanse federacións de ámbito territorial a medio camiño entre a comarca e a provincia (Lugo, Tui, A Coruña, Monforte, Mondoñedo, Ourense) Despois da ditadura de Primo de Rivera contabilízanse 500 sindicatos con 45.000 socios. B) AGRARISMO “NEUTRO”: 8 Historia de Galiza 2006/2007 USC 6. O sistema foral Organizacións non vencelladas á Igrexa nin a organizacións obreiras, aínda que con tendencia á coalición con partidos de esquerda (republicanos e socialistas). Son críticos coa Restauración e defenden a democracia parlamentaria. Móvense en marcos comarcais. No Congreso de Ponteareas de 1919 contan con 175 organizacións e uns 16.000 socios. C) ABOLICIONISMO: tendencia máis radical do agrarismo: Defínese pola loita de clases, “a terra para quen a traballa”, polo que estará en contra das indemnizacións do tránsito do foro. É unha importante fórmula de presión nos convenios de redención do foro. Asumido e apoiado por: Socialistas Republicanos Galeguistas Sectores liberais dinásticos O propio Basilio Álvarez. Triúnfa entre 1919 e 1922 en zonas coma as rías de Pontevedra, Arousa, Vigo, o Baixo Miño, arredores de Ourense, o Ribeiro, Monforte, Chantada e as antigas zonas de implantación de Unión Campesina na Coruña. Existen tamén nesta etapa intentos de unificar o movemento agrarista: a) Créanse Federacións Provinciais: Pontevedra e Ourense en 1920, A Coruña en 1922 e Lugo en 1923. b) A nivel galego créase a CRAG, que conta cuns 60.000 asociados pero só dura uns meses, ata a chega ao poder de Primo de Rivera. Aínda que o Agrarismo fracasou por non ser quen de formar un partido agrario galego, foi un movemento positivo para arranxar o problema foral. 4.4. A ditadura de Primo de Rivera (1923 - ) A chegada da ditadura foi vista de diferentes xeitos polas diferentes tendencias agraristas: a) Os católicos vena con bos ollos e teñen unha maior presenza nesta época, pero perden forza por mor da súa institucionalización (son a estrutura oficial agraria da ditadura), aínda así mantéñense en zonas nas que: Existe unha especialización gandeira. A incidencia do foro é mínima. b) O Agrarismo “neutro” tamén ven a ditadura con bos ollos, xa que a consideran un cambio respecto da Restauración, xa fracasada. c) En canto ao agrarismo obreiro: Os anarquistas, vencellados á CNT, sufrirán unha forte represión. Os socialistas apoiarán o novo réxime, que ademais necesita cadros agrarios e sindicais. Así, a UGT vólvese o sindicato oficial do novo 9 Historia de Galiza 2006/2007 USC 6. O sistema foral réxime e aínda que se escindirá despois non será tan reprimido coma os anarquistas. Desde un punto de vista técnico a etapa da ditadura é positiva: a) Primeiras experiencias industriais da agricultura a través do cooperativismo, especialmente no sector leiteiro (Pontedeume e Laíño). b) Creación do Matadoiro do Porriño en 1928, que pretendía ser un matadoiro centralizado para Galiza pero que se atopa con grandes problemas de comunicacións. Desaparecerá na década dos 30. 4.5. A Segunda República (1931 – 1936) Na II República o Agrarismo sofre os seguintes cambios: a) O agrarismo católico é o máis prexudicado, manterase convertido en partidos católicos de dereita. b) As organizacións agraristas obreiras perden forza e a súa influencia redúcese a puntos concretos. c) A maioría dos sectores agraristas intégranse nos dous grandes partidos con presenza en Galiza no momento: ORGA, fundado e liderado por Casares Quiroga. Partido Radical, liderado por Lerroux e no que se integran persoeiros coma o mesmo Basilio Álvarez. d) Créase o Partido Agrario Gallego en Pontevedra, cuns 15.000 asociados e liderado por Alonso Ríos. En 1935 integrase na Frente Popular e conseguirá deputados nas cortes. A crise do 29, que chegará a Galiza neste momento, fai que a carne galega sexa cada vez menos competitiva, situación que se agrava ao asinar o goberno un pacto co Uruguay para importar carne conxelada. Así, o Matadoiro do Porriño quebrará e funcionará só en experiencias cooperativas. 4.6. A chegada do Franquismo (1939) Destrúense as asociacións agrarias e o Agrarismo desaparecerá. Só ficarán del o agrarismo católico, que se integrará en 1942 no Sindicato Vertical do réxime, e as mutuas gandeiras (son unha necesidade técnica). 10 Historia de Galiza 2006/2007 USC