8. A formación do Estado Liberal (1833 – 1874) 1. A implantación do liberalismo. A actuación en Galiza (1833 – 1843) 1.1. O carlismo en Galiza 1.1.1. As bases sociais do carlismo galego A) Apoios ao carlismo: O clero, como reacción á política das Cortes de Cádiz, leva a cabo actividades de espionaxe, recadación de fondos, propaganda, milita na guerrilla... Boa parte da fidalguía, pero non toda. Grande parte do campesiñado. B) Apoios ao liberalismo: Sectores da fidalguía. Sectores do campesiñado. 1.1.2. A primeira guerra carlista (1833 – 1839) en Galiza A) Inicio: alzamento de voluntarios realistas en Talavera de la Reina trala morte do monarca Fernando VII. B) Desenvolvemento: Os carlistas organízanse en guerrillas ou partidas que: Desgastan o inimigo. Non lles permiten formar un exército regular. Dirixidas por clérigos e fidalgos. A rexente María Cristina busca apoios a favor da causa isabelina e toma medidas contra o carlismo (depuración do exército...) Don Carlos manda proclamas desde Portugal, onde estaba exiliado, a Galiza, que fan que en 1834 comece o conflito en Galiza. C) Fin: a guerra estaba decidida desde 1837 e o 29 de agosto de 1839 asínase o Convenio de Vergara, no que se acorda: Obediencia a Isabel II. Amnistía para os oficiais carlistas que se entreguen. 1.1.3. A actuación das institucións As institucións combinan as súa actividade co apoio á causa anticarlista, algunhas delas son o Gobernador de Lugo ou o Capitán General (Pablo Morillo, nomeado pola rexente María Cristina). Créase a Junta de Armamento y defensa de Galicia (1835) para combater o carlismo e, posteriormente, as deputacións provinciais (1835). 1.1.4. As partidas carlistas de 1847 Na segunda guerra carlista rexorden en Galiza os apoios a este movemento, especialmente en Lugo e Santiago. 1.2. O réxime do Estatuto Real. Proclamación e desenvolvemento en Galiza (1834 – 1836) 1.2.1. Transformacións do réxime levadas a cabo pola rexente María Cristina Para consolidar a monarquía isabelina a rexente María Cristina promulga o Estatuto Real (1834 – 1836), que supón un tímido paso cara a institucionalización do liberalismo: Pretende corrixir as propostas das Cortes de Cádiz. Moi moderado. Divide as Cortes en dúas Cámaras: 1 Historia de Galiza 2006/2007 USC 8. A formación do Estado Liberal (1833 – 1874) 1.2.2. Próceres, designados. Procuradores, elixidos (21 por Galiza). Establece o sufraxio censatario (comarcal e provincial). Reacción dos liberais perante o Estatuto Real Os liberais non estaban satisfeitos con estas tímidas reformas, polo que: a) Constitúen xuntas1 que crean tensión ente liberais e goberno. b) Hai intentos revolucionarios que debilitan o goberno. O seu obxectivo é: a) Cese do conde de Toreno e convocatoria das Cortes. b) A presentación dunha lei electoral. c) Supresión das ordes relixiosas (o conde Toreno suprimirá algunhas, pero acabará dimitindo). 1.2.3. Logros dos liberais A chegada ao poder do liberal Mendizábal supón: A submisión voluntaria das xuntas, que crían cumpridos os seus obxectivos. Un paso máis cara a institucionalización do liberalismo: novo exército e lei electoral. A convocatoria de eleccións por mor das diferenzas entre Mendizábal e o Estamento dos Procuradores. Neste momento configúranse definitivamente dous partidos: o moderado e o progresista e nas eleccións de 1836: O sistema será o elixido polos Procuradores e legalizado por Istúriz (Presidente do Consello de Ministros): elección directa e voto censatario. As listas de electores elaboraranas as deputacións e concellos (en Lugo aumentará respecto das anteriores). En Galiza constituirase a Junta electoral del parido (partidos xudiciais) e a Junta electoral provincial. En agosto de 1836 prodúcese o levantamento de La Granja, ao que se sumará o liberalismo radical galego, que obriga á rexente a: Proclamar a Constitución de 1812. Dar o poder a un progresista (Calatrava). 1.3. O réxime progresista de 1837 e a súa implantación en Galiza 1.3.1. Constitución de 1837 e lei electoral Entre 1837 e 1845 moderados e progresistas están continuamente enfrontados, elaborando estes últimos a Constitución de 1837: É unha vía intermedia entre a Constitución de Cádiz e o Estatuto Real. A Coroa pode disolver as Cortes e ten control sobre o Senado. As Cámaras teñen iniciativa legal. Recoñécese a soberanía nacional. Non se fai referencia a unha confesionalidade estatal. Liberdade de imprenta. Autonomía dos municipios. 1 En Galiza crearase a Junta Auxiliar Consultiva de Galicia, logo a Junta de Armamento y Defensa de Galicia e, finalmente, xa con Mendizábal no poder, as deputacións provinciais. 2 Historia de Galiza 2006/2007 USC 8. A formación do Estado Liberal (1833 – 1874) Milicia nacional. Nese mesmo ano promúlgase unha nova lei electoral: Sufraxio censatario. Representación directa por provincias. A representación de Galiza era maior cá da media do Estado. 1.3.2. Simpatizantes e detractores do progresismo a) O progresismo galego estaba representado nas distintas cidades: Compostela (intelectuais e universitarios), Vigo (Ramón Buch), Pontevedra (Martelo Núñez), Lugo (José Becerra, Juan Diego Osorio), Ourense (Mauricio García). b) A oposición ao progresismo dividíase en: Sector moderado histórico (Borrego). Moderados que actuaban na clandestinidade. 1.3.3. As eleccións de 1837, 1839 3 1840 a) Trala caída do goberno de Calatrava, celébranse as eleccións de 1837 nas que os moderados acadan a maioría, iniciándose así o Trienio Moderado (1837 – 1840). b) En 1839 os progresistas gañan as eleccións, resultado que non é respectado polos moderados, feito que cuestionaría Espartero. c) En 1840 os moderados repiten as eleccións e xorden proxectos restritivos coa liberdade de imprenta e as eleccións (limítase a participación). 1.3.4. O pronunciamento de Espartero A oposición entre progresistas e moderados fai que en 1840 Espartero opte pola vía insurreccionista. En Galiza: É seguido nos cuarteis, clubs progresistas e polos universitarios. Créase a Xunta Suprema Central de Galicia e outras xuntas nalgunhas cidades. 1.4. A rexencia de Espartero e a resposta de Galiza (1840 – 1843) No enfrontamento entre María Cristina e Espartero este último sae vencedor e: a) A rexente renuncia e exíliase a Francia en 1840. b) En 1841 Espartero é elixido rexente polas Cortes. En Galiza serán o exército e sectores progresistas de Vigo, Pontevedra e Lugo os apoios de Espartero. a) b) c) d) A rexencia de Espartero caracterízase por unha grande inestabilidade: O partido progresista divídese en esparteristas e os líderes civís e o moderado inicia prácticas conspiratorias. Hai movementos insurreccionais aos que Espartero responde moi violentamente, o que lle fai perder popularidade. Estes movementos son: Conspiración moderada de 1841. Revoltas de Barcelona de 1842. En 1843 prodúcese unha sublevación dirixida por Narváez, na que tamén estaba implicado O’Donnell e subvencionada por María Cristina que fai que Espartero teña que fuxir trala batalla de Torrejón de Ardoz. En Galiza: 3 Historia de Galiza 2006/2007 USC 8. A formación do Estado Liberal (1833 – 1874) Créanse as Xuntas de Vixilancia e Defensa para facer fronte ás insurreccións. O progresismo divídese en esparteristas (Lugo, Ferrol, Vigo, Pontevedra) e antiesparteristas (Santiago, Ourense, A Coruña). Os esparteristas perden prestixio, Antolín Faraldo describiraos como corruptos. Trala sublevación contra Espartero só Ferrol e algúns sectores pontevedreses permanecen fieis ao rexente durante algún tempo e constitúense xuntas: Xuntas locais Xuntas provinciais Xunta central constituída polas provinciais. 2. A construción do Estado Liberal e a súa repercusión en Galiza (1843 – 1868) 2.1. A década moderada Trala sublevación contra Espartero decrétase a maioría de idade de Isabel con 12 anos e comeza a exercer como raíña. Nesta década na que os moderados están no poder impúlsase a construción do Estado Liberal e caracterízase pola estabilidade, pero tamén pola oligarquización e a corrupción. A) O GOBERNO DE NARVÁEZ (3 de xaneiro de 1844 – 11 de febreiro de 1846): Constitución de 1845: Sufraxio por capacidades. Soberanía compartida entre as Cortes (senadores e deputados) e Monarca, quen pode disolvelas e cuestionalas, amais de presentar iniciativas lexislativas. Non hai unha separación de poderes estrita. Eleccións: Distrito como unidade electoral. Menos electores. Manipúlanse. En Galiza: Reprímese o progresismo. Manipúlanse as eleccións. Permisividade co carlismo. Medo aos contactos e posíbeis pronunciamentos dos esparteristas exiliados en Inglaterra e Francia. B) LEVANTAMENTO DO 2 DE ABRIL DE 1846: Desenvólvese nas capitais galegas. Está dirixido por Miguel Solís. Lévano a cabo: Reformistas moderados. Progresistas. Provincialistas que defendían o autonomismo, encabezados por Antolín Faraldo. Organización do territorio ocupado: Xuntas: a Xunta Suprema do Goberno Galiza publica un Manifesto en La Revolución de carácter provincialista. 4 Historia de Galiza 2006/2007 USC 8. A formación do Estado Liberal (1833 – 1874) Asemblea en Compostela dirixida por Solís. Fin do levantamento: as tropas de Solís son derrotadas por Concha o 26 de abril, os dirixentes son fusilados en Carral e ordénase a depuración da Universidade de Santiago de alumnos simpatizantes co levantamento. C) REGRESO AO PODER DE NARVÁEZ (1847 – 1851): un goberno dividido que pretende manter a orde e frear a revolución que en 1848 se estendía por Europa. D) GOBERNO DE BRAVO MURILLO (1852): goberno autoritario que leva a cabo unha reforma da Constitución de 1845 e reformas administrativas. 2.2. O bienio progresista e o seu desenvolvemento en Galiza (1854 – 1856) Esta etapa xorde como consecuencia da revolución de 1854, unha revolución na que se dá: a) Un pronunciamento militar moderado. b) Insurrección progresista. c) Mobilización popular. O goberno estará presidido por O’Donnell e Espartero, dous xenerais con fins contrapostos e durante o Bienio Progresista: a) Redactarase a Constitución “non nata” (1856). b) Levarase a cabo a desamortización de Madoz (1855), que fracasa (enfrontamentos entre o goberno e a raíña Isabel II). c) En Galiza: Crearanse xuntas nas principais cidades. Hai un importante descontento pola situación económica, circunstancia que quererán aproveitar os carlistas para que haxa outro levantamento en Galiza. Os progresistas, entre eles moitos dos que participaran no levantamento de 1846, son a primeira forza política. d) O’Donnell e Espartero dimitirán en 1856. 2.3. A Unión Liberal (1858 – 1863) Unión de varios partidos no goberno con O’Donnell como presidente. Posición liberal conservadora. Nova desamortización. Coincide cunha etapa de desenvolvemento económico antes da crise que afecta a toda Europa entre 1865 e 1866. e) Pouco apoio popular: goberno aristócrata atacado pola oposición (republicanos e demócratas) e con sublevacións coma a dos campesiños andaluces. f) En 1863 dimite O’Donnell. a) b) c) d) 2.3.1. Un cambio xeracional na representación política de Galiza Neste momento prodúcese un corte xeracional na representación política de Galiza e os deputados galegos divídense, en 1859, en tres grupos que se integrarán na Unión Liberal sen renunciar ao moderatismo: a) Os novos: supoñen o 50% da representación galega e acadan importantes postos na administración estatal. b) Os reselados: antigos progresistas. 5 Historia de Galiza 2006/2007 USC 8. A formación do Estado Liberal (1833 – 1874) c) Os enfeudados: deputados con experiencia política no moderatismo. 3. A construción do Estado democrático e a súa repercusión en Galiza. 3.1. O sexenio revolucionario (1868 – 1874) 3.1.1. A revolución de 1868, “A Gloriosa” Revolución burguesa contra a raíña, encabezada polos xenerais Prim, Serrano e Topete, que remata: a) Co Pacto de Ostende no que se rexeita aos Borbóns e se acorda a redacción dunha nova constitución que recoñeza o sufraxio universal masculino. b) A abdicación da raíña, que foxe a Francia. 3.1.2. O Goberno Provisional (1868 – 1871) Redacta a Constitución de 1869 (sufraxio universal masculino, liberdades, división de poderes, recorte de poderes do monarca) e, mentres se debate quen debía ser o rei, Serrano será rexente. 3.1.3. O reinado de Amadeo de Saboya (1871 – 1873) Supón un intento fracasado de establecer unha monarquía constitucional, unha etapa de inestabilidade na que o pobo rexeita ao rei por ser estranxeiro. 3.1.4. A Primeira República (1873 – 1874) É unha coalición de republicanos, socialistas e liberais radicais presidida po Pi i Margall. Remata co pronunciamento do xeneral Pavía en 1874 e despois tómase a “solución alfonsina”, de xeito que Alfonso XII será o novo monarca. 3.2. Repercusión en Galiza 3.2.1. A revolución de 1868 en Galiza a) Créanse xuntas nas principais cidades de Galiza, destacando as reclamacións da Xunta Revolucionaria de Tabeirós (liberdade de imprenta, supresión da Guardia Civil...) b) Coa chegada de Serrano ao poder constitúese o Goberno Provisional e disólvense as xuntas. c) As clases populares son as protagonistas da revolución. 3.2.2. 1869 – 1875 A) O DESCONTENTO POPULAR: a) Provocado polas levas e os tributos. b) É aproveitado por federais e carlistas para instigar amotinamentos no campo galego. c) Así, prodúcense movementos en toda Galiza: Lugo, Ourense, Pontevedra en 1870. En 1872 prodúcese unha sublevación armada en Ferrol e créase unha Xunta Revolucionaria. Este movemento disolverase e os participantes exiliaranse ou serán reprimidos. 6 Historia de Galiza 2006/2007 USC 8. A formación do Estado Liberal (1833 – 1874) B) DURANTE A PRIMEIRA REPÚBLICA: a) Créanse xuntas e comités republicanos. b) Propostas do republicanismo galego para crear as bases sociais da República: Estado laico e federal. Supresión das levas e impostos. C) O FEDERALISMO GALEGO: a) Radicais: insurrección dun batallón de voluntarios francos “Galaicos” para combater os carlistas. Esta insurrección é freada polo exército e moitos dos que participaran dela refúxianse en Portugal. b) Moderados: burgueses que buscan o autonomismo e que apoian a Constitución de 1873. Entre 1872 e 1875 mantense en Galiza o carlismo: a) Político, liderado por Nocedal. b) Bélico, organizado en partidas en toda Galiza. 7 Historia de Galiza 2006/2007 USC