OS SÉCULOS ESCUROS Os séculos escuros constaten un bongo período de templo de carencia de producción literaria e de grandes dificultades para a lengua galega situado entre a época de esplendor medieval e o período de Rexurdimento literario. Esta vai ser una época de profundos cambios nao lengua e polo tanto de omita importancia no referente á evolución lingüística. 1.Importancia dos Séculos Escuros. Prodúcense os cambios máis profundos e que tiveron meirande repercusión na configuración lingüística, alonxando ao galego das súas proprias raíces. O castelán pasou a ocupar o primeiro plano deixando ao galego fora da administración, do clero e claro está, tamén da literatura. Así pois o galego ficou reservado para o seu uso oral sobre todo no rural porque nas cidades o castelán acaparaba a atención como idioma das clases dominantes. O galego ficou estancado durante todos estes anos o que significou una enorme perda no referente ao léxico, aínda máis a nosa língua viuse afectada pola incorporación de castelanismos e a deformación de outras proprias. Outro feito relevante foi que o galego non se incorporara aos novos movimientos, tanto Humanismo como Renacimento, o que supuxo que a renovación léxica producida noutras línguas románicas non se producira no galego. 2.Literatura oral. Durante os Séculos Escuros as creacións literarias de carácter culto son prácticamente inexistentes, nembargantes a vontade creadora do pobo deixou grandes mostras na literatura oral tradicional . Algunhas destas composicións ( refráns, panxoliñas, lendas, adiviñas...) foron recollidas por autores cultos casteláns ou por estudosos galegos do século XVIII.Tamén contamos con exemplos de poesía culta, poesía anónima tradicional, sonetos renacentistas e escasos restos de poesía barroca. Supónse a existencia dun importante teatro popular, en cambio somentes se conservan dous textos da literatura teatral. 3.Razóns históricas. A decadencia de Galiza tanto a nivel político, socio−económico como cultural e polo tanto literário comeza a fins do século XIV . 3.1. Guerra civil polo trono de castela : A guerra enfrontou a Pedro I e a Henrique de Trastámara, a nobreza galega apoiou ao primeiro vencendo máis tarde Henrique. Logo disto a nobreza castelán veu a ocupar Galiza e con eles entrou un idioma extranxeiro non noso país. A nobreza galega foi duramente castigada. 3.2. Guerras Irmandiñas : as Guerras Irmandiñas de fins do século XIV propiciaron una desorganización nas clases populares da Galiza polo que o pobo galego tivo despois menor capacidade de reacción fronte a chegada dos invasores. 3.3. Por outa banda encontramos a loita pola sucesión de Castela entre Isabel a Católica e Xoana a Beltranexa, esta última apoiada pola nobreza galega. A derrota desta última supuxo a chegada ao trono dos Reis Católicos e asemade o proceso de doma e castración de Galiza. 1 3.4. Medidas tomadas polos Reis Católicos. 3.4.1.Criación da Santa Hermandad: Este era un exército ocupado de cotar as liberdades do pobo galega para potenciar o poder extranxeiro. 3.4.2.1493 , queda prohibido o direito de reunión dun numero elevado de persoas a fins de que o conxunto xeral do pobo non puidera expresarse con liberdade. 3.4.3. Administración: Os cargos administrativos e da vida pública serían ocupados exclusivamente por casteláns deixando aos galegos fora de toda participación 3.4.4. Igrexa: Os Reis Católicos conseguiron a anulación da autonomía dos nosos monasterios por parte do Papa Inocéncio III, coa conseguinte influencia dentro do panorama cultural galego. 3.4.5. 1480, os escribáns públicos pasan a ser examinados polo Consello Real e así os reis anótanse un punto máis no proceso de defenestración da nosa língua. 3.4.6. A nobreza: En canto aos nobres podemos dicir que moitos deles foron enviados á guerra de Granada e outros foron incorporados á corte. Deste xeito o pouco poder que lles podía quedar foi totalmente anulado. 3.5 Logo do paso dos Reis Católicos polo trono de Castela os galegos ficaron coma una colonia calqueira apartada nun recuncho do mapa. Ademáis viviron períodos de desgracias continuas. Galiza sufriu fame e pestes que non daban lugar a pensamentos esperanzadores. Nesta época aos galegos non lles queda máis que asimilar a crua realidade a así comeza a emigración. As guerras que manten Castela con outros países europeos afectan gravemente a Galiza que ve como a moitos dos seus fillos se lles vai a vida defendendo causas alleas. 3.6. Na vida eclesiástica a aparición do galego e inexistente. Os membros do clero son extranxeiros ou ben son simplemente españolizados. 3.7. Este carácter anti−galego das clases poderosas prodúcese tamén na Universidade que non tivo nunca preocupación pola língua galega servindo como acentuante a incorporación do español como língua académica sustituíndo ao latín. 3.8. Desprezo aos galegos: Outro factor que explica a decadencia lingüística e literária é o desprezo aos galegos que manifestan os restantes pobos da Península, esto quedou recollido en moitos textos españois da época. Algo que contrasta con esto e a expansión que o vilancico galego tivo polos diferentes territorios peninsulares. A explicación a este fenómeno parece cando menos difícil e tampouco e preciso un análise exhaustivo. 3.9. O século XVIII: século da ilustración e da renovación do pensamento non trae consigo una nova realidade e Galiza segue ancorada na fame, emigración e guerras. A situación cultural é deprimente e o grao de alfabetismo nas cidades é mínimo e o rural aparece practicamente analfabetizado. A mala situación da língua galega confírmase co Decreto de Nueva Planta redactado por Felipe V o cal deixa explícita a unidade española e prohibe o uso no ensino doutra língua que non sexa a española. 3.10. Como vemos a nivel legal a situación empeora pero agora aparecen homes cun pensamento renovado e as primeiras voces de protesta que denuncian a mala situación que vive o noso país. Un home destacado na defensa de Galiza foi Diego António Cernadas, a súa obra consta de sete volumes nos que tan só encontramos quince composicións en galego. Se Cernadas é o defensor da Galiza, o Padre Sarmiento e o encarregado de reivindicar o galego. Este home critica a castelanización dos poderes públicos e 2 convida a que o galego se incorpore á administración, á Igrexa e ao ensino. O Padre Sarmiento amosa tamén as súas queixan sobre o estado do país. Opina que Galiza pasou a ser una colonia española como calqueira outra de américa nao que os galegos sofren a desgracia de pagar moitos impostos sen recibir nada a cambio. Aínda que algúns vexan esto moi lonxe todavía na Galiza padecemos, en menor medida, a castelanización dalgúns sectores da vida pública como é o ensino para o que tanto reivindicaba o Padre Sarmiento o uso do galego. Pero como pasaba con Cernadas a produción do Padre Sarmiento en língua galega foi reducida debido ás circunstancias sociais. 4. CONCLUSIÓNS. 1.− Ruptura coa tradición literaria medieval. Inicio dun ciclo medio nao nosa literatura. 2.− A produción literaria durante os Séculos Escuros é moi escasa. 3.−Esta decadéncia débese ás circunstancias sociais e o predominio da españolización da sociedade. 4.− Existen algúns textos literarios pero non podemos falar de literatura porque non hai destinatario porque as clases cultas proceden da España. 5.− No século XVIII prodúcese un cambio de pensamento é un afán renovador por parte dalgúns homes. O motivo polo cal o pobo galego non desenvolveu unha importante produción literária non resposta á súa incapacidade senón ás circunstancias sociopolíticas que o impedían totalmente. 3