- galicia21, journal of contemporary galician studies

Anuncio
Galicia 21
027
Issue D ‘12
Article
Leopoldo Pedreira
Taibo, intuición
historiográfica e
virulencia crítica
Keywords
Lorena Domínguez Mallo1
Universidade de Santiago de Compostela
Leopoldo Pedreira Taibo
Antonio Sánchez Moguel
Manuel Murguía
Anti-rexionalismo
Canon
Leopoldo Pedreira Taibo
Antonio Sánchez Moguel
Manuel Murguía
Anti-regionalism
Canon
Palabras
clave
Abstract
1
A autora elaborou este
artigo ao abeiro do proxecto
de Formación de Profesorado
Universitario (FPU) do Ministerio
de Ciencia e Innovación español.
Taking Leopoldo Pedreira Taibo’s book El regionalismo en Galicia (estudio
crítico) as its focus, this article investigates the cultural processes whereby
this author has been traditionally left out of canonical literary history in
Galicia. My analysis focuses on the history of this publication, its style and
content and on the various theories that help us understand its reception
in the late nineteenth century. The article’s objective, therefore, is to add
greater nuance to literary historiography in Galicia by revisiting the work
of Leopoldo Pedreira Taibo as one of its seldom mentioned agents, a literary
historian ahead of its time, whose vision and methodologies, had they been
given continuity, would have changed the contours of Galician literary
historiography in the twentieth century.
Resumo
Tomando como punto de partida El regionalismo en Galicia (estudio crítico) de
Leopoldo Pedreira Taibo, publicado en 1894, este artigo indaga no proceso
de edición cultural que deixou fóra ao seu autor dos nomes canónicos da
historiografía literaria galega do seu tempo. A análise lévase a cabo en varios
apartados: publicación e circulación da obra, contido e estilo, achegas teóricas fundamentais e recepción coetánea da mesma. Procúrase completar
un pouco máis así o retrato da historiografía cultural galega do momento
cun fío solto, Pedreira Taibo, que se nos revela como un crítico literario a
contracorrente e un historiador adiantado ao seu tempo en métodos e conceptos que, de teren tido continuidade, seguramente mudarían de xeito
substancial a historiografía literaria en Galicia.
Galicia 21
Issue D ‘12
28
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
2
Arturo Casas. ‘Ricardo
Carvalho Calero, historiador
da literatura’. Relatorio inédito
presentado na semana das
Letras Galegas, maio de 2010,
Homenagem a Ricardo Carvalho
Calero no centenário do seu nascimento.
Organizada por: Assembleia de
Filologia, Gentalha do Pichel,
Fundaçom Artábria, Universidade
de Santiago de Compostela
e grupo de traballo para a
homenaxe de Carvalho Calero no
centenario do seu nacemento.
Hoxe en día non é estraño que persoas que investigan
a literatura ou a cultura propoñan recuperar autoras e
autores que, por unha razón ou por outra, non forman
parte do canon vixente. A historia efectiva defendida
por autores como Paul Ricoeur (especialmente en Temps
et récit, 1983) ou Mario Valdés, por exemplo, favorece
particularmente este tipo de recuperacións en tanto en
canto postula a necesidade de pensar a historia como un
proceso aberto de traballo (Valdés 2005: 129). Esta diferenza de formulación implica que se permita e mesmo
se promova o estudo de momentos, correntes, grupos,
institucións ou axentes que por algunha circunstancia se considera que non
recibiron a atención que requirían. Os ‘buracos negros’ da tradición convértense así en centros de interese deste tipo de práctica historiográfica e
examínanse áreas de actividade cultural tradicionalmente desfavorecidas ou
directamente ignoradas. En relación con esta liña de traballo, expoñía Arturo
Casas, o imperativo metodolóxico da historia cultural é dar conta non só das
opcións preponderantes e canonizadas senón tamén das alternativas que
houber no campo. E citaba tamén o que Żyłko constataba no pensamento
do último Iuri Lotman ao respecto: ‘la tarea principal de los historiadores
es exponer el pasado en su total complejidad. Deberían interesarse no sólo
en las soluciones históricas realizadas, sino tener en cuenta las posibilidades
‘cortadas’ no realizadas’ (Żyłko 2006, citado en Casas 2010: 38).
Parece viable e necesario extrapolar esta metodoloxía, que se vén
postulando para o estudo da literatura e do canon, ao estudo e revisión da
tradición historiográfica, dado que nela tamén hai baleiros e nomes esquecidos. Habituados ás cartografías do existente, deberiamos exercitar as
outras, as que amosan todos os camiños que non seguiron sendo percorridos. Considérese a relevancia que ten o feito de analizar neste caso non un
autor ou autora, logo do procedemento de ‘edición cultural’ (Lefevere 1997)
que poida ter padecido, senón produtores e produtoras de discurso. Se cada
escritora e cada escritor poden ser a causa de reformular un eixe de valor,
cada historiador/a ou crítico/a poden reconfigurar o xeito de produción
discursiva do seu tempo. A marxe de intervención é maior e, xa que logo, as
consecuencias da marxinación e esquecemento tamén o son.
Se falamos da tradición historiográfica da literatura galega, por exemplo, automaticamente pensamos en certos autores e obras fundamentais,
aqueles que se erixiron en referentes da codificación desa tradición. Pode
que cavilemos en referentes positivos ou negativos, en Ricardo Carvalho
Calero, pero tamén en Uxío Carré Aldao, ou mesmo, se focalizamos os
detractores da literatura galega, en Emilia Pardo Bazán. En relación con
isto, non parece fóra de lugar comentar que nunha conferencia impartida
en 2010 por Arturo Casas sobre o papel de Carvalho Calero como historiador da literatura, mencionáronse críticos que este consideraba de referencia
absoluta, entre os cales figuraba a propia Emilia Pardo Bazán.2 En calquera
caso, é bastante improbable que nun exercicio espontáneo de cita de autores
de referencia, e á marxe da súa contribución propiciatoria ou desfavorecedora de cara á construción dunha literatura propia e diferencial, pensemos
en Leopoldo Pedreira, un nome que parece borrado dunha tradición historiográfica na que puido deixar unha pegada fonda e indeleble, pegada
que, non obstante, non se produciu. Podería pensarse que esa omisión nun
momento de cita espontánea non é demasiado relevante, pero son precisamente estas operacións aparentemente banais de citar un ou dous
Galicia 21
Issue D ‘12
29
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
3
Entre estes traballos
conxuntos podemos anotar
por exemplo: La enseñanza de la
Geografía. Lo que es y lo que debe
ser en España, conferencia lida
en Madrid por Rafael Álvarez
Sereix e publicada no Boletín de la
Real Sociedad Geográfica, tomo xlv,
1903; Ensayo de Antología Geográfica,
Editor Ricardo Rojas, Madrid,
1910; e Atractividad geográfica, outra
conferencia a catro mans, na Real
Sociedad Geográfica de Madrid
(1913). Como traballos da autoría
exclusiva de Pedreira citamos
tamén Lo que es Bilbao y lo que
podrá ser a finales de siglo (Bilbao,
1902), Rudimentos de Geografía.
Primera parte. Preliminares y Europa
(A Coruña 1911) ou Descripción
de España. Nociones elementales de
Geografía nacional (C. 1915), entre
outros. (Couceiro Freijomil 19511953. Vol. iii: 54-55).
nomes representativos dun determinado campo de estudo as fiestras abertas
aos procesos de elaboración e transmisión da cultura e das ideas.
O sentido deste traballo é lembrar cal foi a contribución de Leopoldo
Pedreira á historiografía da literatura galega a partir da análise do, como
veremos, controvertido libro El regionalismo en Galicia (1894), pero tamén
indagar nas causas da súa exclusión da tradición historiográfico-literaria
galega, é dicir, nas razóns polas que hoxe o seu nome non está entre os das
figuras que citariamos cando falamos de historiografía literaria en Galicia.
A análise artellarase en catro apartados principais: publicación e circulación da obra, contido e estilo, achegas teóricas fundamentais e recepción
coetánea.
‘El regionalismo en Galicia (estudio crítico)’: publicación e circulación
El regionalismo en Galicia comprendía inicialmente unha serie de artigos
homónimos publicados na Revista Contemporánea, que xuntamente coa Revista
de España eran dúas publicacións de gran difusión no Madrid da época,
cunha nómina de colaboradores que incluía políticos, literatos, enxeñeiros
e personalidades varias. No que atinxe á Revista Contemporánea, o seu redactor xefe era Rafael Álvarez Sereix, Presidente Honorario da Sociedade
Xeográfica e autor con quen Pedreira coasinaría importantes traballos sobre
xeografía anos máis tarde.3 Esa era, de feito, a especialidade de Pedreira,
quen exerceu como profesor de Xeografía, en Canarias desde 1895, Baeza a
partir do 1898, Cuenca entre 1899 e 1906, e na Coruña, desde o 1907 onde
cesa por falecemento (Pasamar Alzuria & Peiró Martín 2002). Abondaría
talvez con aclarar aquí que no paso da prensa ao libro conxunto, Leopoldo
Pedreira inclúe a referencia ás críticas negativas que a súa serie de artigos
fora recibindo, para que reparásemos en que non estamos a falar dun autor
calquera, nin dun libro que pasara desapercibido.
Os artigos publicáronse quincenalmente entre o 30 de xullo de
1892 e o 30 de outubro do mesmo ano, logo houbo unha interrupción ata
decembro. Os seguintes dous artigos só saíron en setembro e outubro de
1893, despois dunha ampla paréntese que o autor atribuíu á falta de datos.
Previamente a esta paréntese, a sección pedreirana converteuse nun espazo
habitual da revista. A publicación conxunta de todos eses artigos en libro
chegou en 1894 precedida das críticas que foran recensionándoos na prensa.
As críticas negativas non fixeron cambiar de idea a Pedreira sobre a compilación senón todo o contrario, a xulgar polo feito de que incluíse unha nota
no propio libro dando conta daquelas que consideraba de maior entidade,
se ben argumentaba que estas proviñan de xentes de pouca ilustración ás
que citaba como curiosidade bibliográfica. Fosen estas críticas unha curiosidade bibliográfica ou non a criterio de Pedreira, este aseguraba así a retroalimentación, pois amosaba que lera as críticas recibidas e ousaba guiar os
lectores e lectoras para que puidesen atopalas. A prensa era neses momentos ante todo un medio para a polémica e a intervención social. Así o evidencian unhas palabras do propio Pedreira en relación coas temáticas que
deberían quedar fóra da creación poética:
la lucha por el gobierno tiene poco de poética, y puede llevarse á
cabo tranquilamente en los comicios, en la tribuna y, sobre todo, en el
periódico, sin necesidad de deslucir las colecciones de poesías, ni de
malgastar inspiraciones dignas de mejor causa (Pedreira 1894: 167-8).
30
Galicia 21
Issue D ‘12
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
Ese ‘sobre todo, en el periódico’ dá a medida do relevante que era
a prensa na creación de opinión social xa neses momentos. Os artigos de
Pedreira agrupados baixo o título de ‘El regionalismo gallego’ formaban
parte dese contexto de debate. O autor decidiu compilalos todos, agás o
décimo, que era unha especie de elexía traxicómica sobre a dexeneración
do rexionalismo, e que no libro foi substituída por unha xénese da propia obra. Pedreira aproveitou as acusacións de que o seu libro era froito da
mente do historiador español Antonio Sánchez Moguel ou de Emilia Pardo
Bazán para explicar a cartografía das súas ideas, así como para autoeloxiarse
en tanto en canto unha obra súa podía ser confundida con outra de tan
recoñecidas figuras. A comparación daba conta tamén do contexto de produción e difusión da súa obra, así como do seu ámbito de relacións. O discurso pedreirano era acusado de ser obra da elite coetánea no que se refería
ás polémicas rexionalistas e antirrexionalistas, unha cuestión de primeira
liña naquel momento (El Bachiller Sásk 1893: 1). Non quedaban lonxe o
discurso de ingreso na Real Academia da Historia de Sánchez Moguel (8
de decembro de 1888) e a resposta que ao ano seguinte publicou Murguía
(1889). O cometido do discurso de Moguel era, nas súas propias palabras,
expoñer: ‘las razones históricas en que pretenden fundarse los regionalismos catalán y gallego’ (Sánchez Moguel 1888: 8). No seo da súa argumentación atacábanse moitos dos principios e ideas sustentadas por Manuel
Murguía, en canto que cabeza visible do rexionalismo galego. Atacábaselle
tamén directamente polo feito de encabezar tal movemento desde a súa
condición de foráneo, argumento que retomaría Leopoldo Pedreira no libro
que analizamos. A resposta non se fixo esperar. Murguía publicou en 1889
un libriño titulado ‘El regionalismo gallego’, que desde a portada anunciaba
ser o compendio dunhas ‘ligeras observaciones’ ao discurso de Moguel. Saíu
a finais de ano se nos guiamos pola data do prólogo que o abre, asinado por
W. A. Insua a 17 de outubro. Esas ‘lixeiras observacións’ excedían mesmo en
lonxitude o discurso precedente, e partían da afirmación murguiana de que
non merecía unha resposta pero que, de non dála, podería parecer que non
era capaz de formulala. Por outra banda, Murguía anunciaba que ese era
o xermolo dun libro que algún día publicaría baixo o título de La provincia
gallega. Aínda que non dispoñemos de espazo para estudar aquí máis participacións nesta polémica, anotamos, para quen queira profundar ao respecto,
que Varela Jácome achegaba un nome máis á mesma: ‘En 1887 las manifestaciones de los escritores regionalistas gallegos dieron lugar a una encendida polémica. Manuel Murguía contesta a Juan Valera, en defensa de la
lengua y la literatura gallegas, y al discurso de ingreso en la Academia de la
Historia de Sánchez Moguel, en El Regionalismo gallego’ (1957: 404).
Contido e estilo
O comezo do libro é unha teoría sobre o rexionalismo, as súas causas, a
explicación de por qué non ten sentido que haxa tal en España e unha enumeración tanto dos seus aspectos positivos como dos negativos. Esta teorización e argumentación iniciais teñen cabida no seo dun capítulo de estrutura
circular que comeza e remata por remisión a unha cita de Miguel Morayta
na que se di que non hai nada máis fermoso que o amor á propia terra sempre que este non se utilice para sementar odios. Ese elemento paratextual
enmarca directamente o discurso no ámbito ideolóxico do antirrexionalismo, e a condición pechada e circular do capítulo reforza a argumentación
31
Galicia 21
Issue D ‘12
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
pola cohesión que demostra. Por outra banda, tamén dá forza á capacidade
argumentativa de Pedreira a súa exposición sistematizada de razóns a favor e
en contra daquilo que el afirma, ese compromiso á hora de anotar os aspectos positivos mesmo de algo que, para el, é un absurdo. Este procedemento
expositivo consegue dar unha aparencia de maior obxectividade e, ao mesmo
tempo, dificulta a posibilidade de intentar rebater os seus argumentos
mediante o eloxio de cuestións que el non cita. Non ten reparo, xa que logo,
nesta liña inusual de argumentar a favor e en contra, en discrepar do seu
mestre Sánchez Moguel cando afirma con convicción: ‘yo creo que la necesidad de la organización regional se impone como bastaría á demostrarlo la
existencia de tres tendencias que convergen en solicitar esa organización:
fuerismo, federalismo y regionalismo’ (Pedreira 1894: 283).
Nos Datos biográficos, escritos polos alumnos de Pedreira para honrar a
memoria do mestre, infórmasenos da gran polémica xerada polo libro. Dise,
textualmente: ‘dió lugar a muchas réplicas y controversias; levantando de
una parte, una tempestad de aplausos, y, de otra, las más acres censuras y
los epítetos más desaforados’ (vv.aa. 1915: 17). Non podía ser doutra maneira
tendo en conta a sátira desapiadada que fai Pedreira de integrantes do
canon literario galego como Francisco Añón ou Eduardo Pondal (Pedreira
1894: 231). De feito, nisto contrasta con Murguía, quen ao comezo do seu
Diccionario de Escritores Gallegos (1862) dicía que era inútil opoñerse a erros
cegamente admitidos. O esquecemento en que Pedreira está sumido a día
de hoxe pode significar que non lle faltaba razón a Murguía no que dicía,
aínda que sobre as razóns deste ‘olvido’ se falará máis adiante. Non obstante,
o que Pedreira afirmaba no seu libro era o seguinte:
Valor y valor á toda prueba, se necesita para dedicarse á la crítica leal
y honrada, cuando hay tanto juicio que rectificar, tanto error que
deshacer, tanto ídolo que destronar y tanto alevoso carro de la fama
corriendo á todo ruedo por esos mundos y amenazando con arrollar á
quien se atreva a detener su marcha triunfadora. (Pedreira 1894: 238).
Velaí dúas actitudes cara ao canon e cara a unha tradición literaria,
dous xeitos de proceder desde dúas ideoloxías, rexionalista e antirrexionalista. Cómpre matizar, talvez, que o antirrexionalismo de Pedreira se centra fundamentalmente no eido político, pois os seus esforzos en aras da súa
declarada responsabilidade crítica implican, ao meu ver, un certo respecto
pola cultura e a literatura galegas. Estamos a finais do século xix, momento
no que o rexionalismo pretende crear unhas bases para a súa doutrina, entre
as cales a literatura era un piar fundamental, e nesta liña, sabemos que a
forza dunha literatura como elemento de cohesión social radica, como a
de calquera outro elemento de unión, no recoñecemento de certos referentes básicos. Podemos pensar, como exemplo un tanto manido, na tríada
do Rexurdimento, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal.
Naquel momento, no que esta literatura estaba aínda botando a andar, cumpría reforzar máis ca nunca un canon que servise como eixe para a tradición futura. En palabras de Figueroa, ese campo social da segunda metade
do xix e comezos do xx posuía ‘un poder de mitificación sorprendente pola
súa rapidez e pola súa forza nos casos, por exemplo, de Rosalía, Curros e
Pondal, convertidos en emblemas’, quérese dicir, en piares que sustentaban a incipiente creación do campo (2010: 59). Non interesaba, polo tanto,
unha voz que xerase debate en torno ao canon. Non obstante, o discurso
pedreirano, a pesar do seu antirrexionalismo declarado, non supuña unha
Galicia 21
Issue D ‘12
32
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
4
A propósito da valoración
que Pardo Bazán fai de Rosalía
de Castro é moi elucidativo Elias
Torres (2002).
verdadeira desactivación do canon, senón unha expurgación do mesmo.
Poderiamos concluír, a partir disto, que o seu antirrexionalismo é de índole
marcadamente política e tamén que, se ben descoñecemos a intención
profunda de Pedreira ao escribir estas páxinas, non parece que poida simplificarse a cuestión ata o punto de equiparar antirrexionalismo e neutralización do canon. Ao longo do libro non hai só ataques de índole política
senón tamén avaliacións literarias non sustentadas nin única nin principalmente nese eido. Pedreira autoimponse un exercicio crítico ‘responsable’,
no sentido de que non dubida en afirmar a valía de autores e autoras que
son iconas do rexionalismo, como Rosalía de Castro, Curros ou Aureliano J.
Pereira. Vexamos o que di a propósito deste último:
Pereira tiene talento, instrucción, ingenio, sinceridad y nobleza.
Tendremos verdadera satisfacción en contender con él, bien convencidos de que, cualesquiera que sean las ideas que nos separen,
siempre coincidiremos en un punto que une á todos los hombres de
honor: procurar la investigación de la verdad y el bien de los hombres, último fin de los esfuerzos del escritor y del artista (Pedreira
1894: 198).
Pero este tipo de apuntamentos e mesmo a declaración de ser ‘imparcial y justo’ (Pedreira 1894: 231), ou de dedicarse ‘a la crítica leal y honrada’
(Pedreira 1894: 238), non suporían en si mesmos razón abonda para sustentar a hipótese proposta, isto é, a posibilidade truncada de que o seu autor
fixese ‘avanzar’ exponencialmente a historiografía e a crítica literarias no
seu tempo. O verdadeiramente decisivo á hora de facer esta valoración é
a súa achega metodolóxica aos estudos literarios cando o seu obxecto de
estudo, a literatura galega, é unha parte do movemento que ataca. Atopamos
afirmacións do tipo:
¿Cuál es el valor y significación de esta poesía popular? Hénos aquí
en presencia de una cuestión tan debatida como mal planteada. Las
ideas políticas por una parte; el afán de innovación por otra; la estravagancia, la pseudo-filosofía; mil causas, en suma, han contribuído á
hacer ininteligibles y empalagosos los problemas recentísimos de la
división de la literatura en culta y popular, y de la excelencia de una
sobre la otra. (Pedreira 1894: 81).
Obsérvese a contradición que suporía concluír que o autor procura a
desactivación do canon cando alén da súa ideoloxía intenta intervir sobre os
métodos de crítica e estudo con reflexións e achegas que poderían ser útiles
tamén aos seus contendentes. Volveremos sobre isto.
Hoxe parece moito máis evidente que as derivas desactivadoras do
canon eran outras; por exemplo, por máis que Pardo Bazán exaltase a valía
de Rosalía de Castro, a preeminencia que lle daba aos Cantares e que creou
escola era en si mesma un elemento de desactivación moito máis poderoso
que as críticas de Pedreira, porque no menosprezo de Follas Novas subxacía a imposibilitación da literatura galega para o universal e imperecedeiro.4 O alto capital simbólico de Pardo Bazán no campo cultural español,
que lle daba unha certa autoridade no debate rexionalista e antirrexionalista importada desoutro espazo, ou a publicación de traballos de persoeiros da cultura galega en revistas madrileñas son claros indicios da situación
dependente do espazo cultural galego na altura. Estas cuestións non deben
33
Galicia 21
Issue D ‘12
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
pasarnos desapercibidas á hora de ler, interpretar e valorar achegas como
a de Pedreira, que a pesar do seu carácter antirrexionalista, contiña novas
propostas á hora de traballar que non foron adoptadas por ninguén, precisamente polo carácter marcado do autor neste contexto ideolóxico. Non
pode obviarse o feito de que existían dúas faccións na pugna da construción
nacional: rexionalistas e antirrexionalistas, e que Pedreira pretendía participar na elaboración do discurso canonizador literario que estaba en mans
dos rexionalistas aínda formando parte da tendencia contraria. Ese paradoxo que supuxo a súa condición de antirrexionalista interesado na literatura galega deixábao fóra das canles canonizadoras da historiografía do
momento, pola súa heterodoxia en ambos bandos.
O elemento discursivo predominante en El regionalismo en Galicia é a
sátira. Xa que logo, o texto queda máis próximo á crítica do que á historia
literaria, mantendo o marco historiográfico. De feito, os propios alumnos
de Pedreira falan del como dun crítico e el mesmo reflexiona sobre o papel
que desenvolve nese eido, como cando afirma que a súa misión é discernir
o individual do xenérico e tópico (1894: 222). Non obstante, esa adscrición
de feito e de palabra non abonda, pois aínda que actúa, ante todo, como crítico literario, a súa obra presenta derivas historiográficas difíciles de obviar.
Identifícanse certos elementos textuais propios do discurso historiográfico: as habituais sinécdoques (‘lingua de Rosalía’, 139; ‘lingua de Macías’,
124; que serven para naturalizar a relación lingua-autores, canon-tradición
literaria); a importación de capital simbólico (‘Es Ballesteros el Cervantes
del Renacimiento Gallego’, 127); ou tamén a comparación dos propios autores canonizados entre si. Incorpora, así mesmo, referencias inexcusables da
época: o ‘tópico da infertilidade’ derivado do verso de Lope, ‘Galicia, nunca
fértil en poetas’; e o ‘tópico da non imposición’, que nega que a lingua castelá fose imposta en ningún momento e considera que se fixo predominante
dun xeito natural. Logo presenta outros trazos que son claramente atribuíbles ao discurso historiográfico ou crítico pero que xa non son tan comúns
ou nada comúns: indagar nas causas do éxito de determinados autores ou no
xeito en que están a ser canonizados; incidir na recepción das obras, número
de edicións e premios recibidos; incluír a referencia a críticas negativas que
foron saíndo a respecto da súa propia obra; crear referentes positivos e negativos internos á propia tradición. Este último punto parece necesario contrapoñelo á metodoloxía da condesa de Pardo Bazán (1888), polo que amosa
de especificidade no traballo pedreirano de expurgación e non neutralización do canon. Pardo Bazán caracterizouse por inverter o valor afirmativo
dos referentes positivos, como Macías, na historia da literatura galega. Ela
tomaba un referente admitido como positivo con carácter xeral e reinterpretaba o seu éxito como síntoma dunha carencia ou dunha debilidade de quen
o colocaba nun lugar de mérito. Así, Macías sería un símbolo para os galegos
e galegas en tanto en canto estes e estas recoñecesen no seu final tráxico o
que lle esperaba á propia Galicia. Leopoldo Pedreira, en cambio, o que fixo
foi identificar unha serie de individuos enxalzados pola tradición que el relacionaba cunha literatura pésima, como o cura de Fruíme ou Añón, e no polo
oposto colocaba outras figuras que valoraba moi positivamente, como Rosalía
de Castro. Non se trataba de utilizar os referentes invertindo o seu valor,
senón de erixilos en lugares dunha cartografía cos seus puntos fortes e débiles, pero unha cartografia, e esa é a cuestión, que podía funcionar autonomamente, aínda que non sempre o fixese
Ata aquí expuxéronse trazos do discurso historiográfico no que se
fundamenta o texto, pero cómpre ver tamén de qué xeito Pedreira se serve
34
Galicia 21
Issue D ‘12
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
dun estilo discursivo propio moi diferente do de todas as outras obras historiográficas próximas a el no tempo para así agudizar a súa crítica e amenizar
o seu discurso. Ter un estilo marcado, unha serie de estratexias retóricas
específicas é relevante para obter máis ou menos capacidade de influencia
no lectorado, e así: 1) o ton da obra pode constituír un elemento de desautorización do propio discurso, aínda que esa non fora a intención, e por tanto
non podemos obvialo; e 2) o estilo pode condicionar tamén a propia técnica
historiográfica na medida en que, por exemplo, obrigue a buscar elementos ao servizo da sátira que se realiza. Hayden White afirmou, ao tratar dos
clásicos historiográficos, que deben estudarse os elementos literarios do seu
estilo como ‘cruciais, e non soamente subsidiarios, na súa técnica historiográfica’ (2003: 136, a tradución é miña).
Entre os elementos do estilo literario de Pedreira chaman a atención os vocativos (‘lector querido’, 139), o metadiscurso (‘Historiemos’, 139),
a intertextualidade con obras literarias, os alcumes, os neoloxismos (‘historicidios’, 76, ‘bardomanía’, 218), a incorporación de ideas que non teñen
nada que ver coa materia pero que parecen xurdidas ao fío da escrita, a contraposición, o diálogo e mesmo a autodenominación de ‘traxicomedia do
rexionalismo’ (268). Todos estes recursos converten o texto en algo lúdico
e poden agudizar a crítica exposta. Nesta liña explícase a súa maneira satírica e intertextual de verbalizar o obxectivo que perseguía cos seus escritos
sobre o rexionalismo: ‘El sano deseo de acabar con las caballerías regionalistas que traen trastornados muchos cerebros’ (Pedreira 1894: 15).
Non obstante, alén dos trazos característicos do seu discurso historiográfico e da orixinalidade do seu estilo, as achegas máis potentes do
libro de Pedreira son as reflexións teóricas e os apuntamentos metodolóxicos inscritos na mesma, unhas reflexións que ían por diante dos seus coterráneos e só próximas a historiadores da altura de Taine (1828-1893). Ten
o mérito de explicar a importancia da literatura popular como elemento
que se argüía para sustentar unha continuidade entre a literatura medieval e a decimonónica nun momento no que poucas persoas se interesaban
por esa materia (de feito, esta conexión entre o medievo e o decimonónico
non terá a importancia historiográfica que evidentente require se falamos
de ‘construír’ identidade, ata tempo despois cando os cancioneiros sexan
ben difundidos). Tamén reflexiona sobre o que é propiamente esta poesía
popular (unha temática da que nese mesmo ano sairía un estudo monográfico de Manuel Núñez González), o humorismo, os temas que se poden tratar na poesía, as utilidades da poesía para diferentes disciplinas, a noción
de clásico, as causas do xurdimento dun movemento literario, a misión do
historiador e mesmo o que un século despois del chamamos horizonte de
expectativas. Centraremos a nosa análise nalgunhas destas contribucións.
Achegas teóricas fundamentais ao método de traballo historiográfico
Pedreira enuncia dun xeito moi simple cal é o cometido do historiador e
do crítico, que considera común a ambos: ‘La misión del historiador y la
del crítico es señalar lo típico y genérico en cada caso y evitar que se confunda con lo mudable e individual’ (Pedreira 1894: 222). Non obstante, esta
idea aparentemente simple ten unha aplicación complexa, pois tamén foi
Pedreira quen dixo que todo movemento literario nacía, ben por necesidade do pobo, ben por reversión a un momento anterior, e que había movementos que non podían explicarse circunscribíndose só á historia literaria.
35
Galicia 21
Issue D ‘12
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
Se continuamos esmiuzando os alicerces teórico-historiográficos da
súa obra, cómpre anotar tamén que se desmarca no que atinxe á teorización
sobre o que é poesía popular das teses que o relacionan cunha cuestión de
autoría, e afirma que esa condición devén doutros trazos:
Conste, pues, que la índole de la poesía popular no pende de la calidad del autor, sino de los sentimientos que en ella se expresan, que
han de referirse á LO GENÉRICO EN EL ESPÍRITU HUMANO, y
han de estar revestidos con forma sencilla, clara y concisa que ayude
al entendimiento y á la memoria (Pedreira 1894: 86).
O autor fai, polo tanto, unha serie de observacións relacionadas co
definitorio desta clase de poesía, coas súas utilidades non exclusivamente
literarias e coa pertinencia do seu estudo que exceden con moito unha mera
intención descritiva do rexionalismo e acadan o valor de pensamento teórico sobre a cuestión.
Máis claramente aínda acadan a condición de reflexión historiográfica os apartados nos que se propón o método bio-bibliográfico de exposición nos traballos sobre literaturas rexionais:
Para conocer estos monumentos literarios, que es en suma lo único
que quedará en pie de los actuales regionalismos y también la única
manifestación concreta que en la actualidad nos ofrecen, creemos
que se debe seguir un método biográfico-bibliográfico, por ser punto
menos que imposible establecer géneros y hacer exactas clasificaciones cuando se estudian por primera vez objetos tan complejos como
son las creaciones artísticas (Pedreira 1894: 77).
Neste fragmento percíbese claramente, tanto a ideoloxía antirrexionalista de Pedreira, como a súa preocupación metodolóxica á hora
de desenvolver a actividade historiográfica e crítica. A súa observación
das dificultades de introducir clasificacións rigorosas nun ermo discursivo denota a súa plena conciencia á hora de traballar nun campo desatendido. A súa oposición manifesta ás ideas políticas rexionalistas non coarta
a súa vontade de proceder con rigor no ámbito de estudo escollido, mesmo
se ese rigor para el ten cabida no método biográfico que, como é sabido,
facilita unha perspectiva ahistórica do feito cultural e a súa conseguinte
despolitización.
No que atinxe á noción de horizonte de expectativas (Jauss 1967), tan
presuntamente moderna, a idea subxacente a esa noción vén de moito atrás
e está bosquexada en Pedreira. E antes ca en Pedreira, en H. Taine (1963),
pero iso non merma a relevancia de termos na nosa historiografía un autor
que se movía en coordenadas historiográficas tan innovadoras, que cando
falaba do xeito de avaliar El Maestre de Santiago afirmaba que só podía facerse
tendo en conta unha serie de cuestións entre as que anota a época, a xuventude do autor, os gustos do momento, a influencia de determinados escritores, etc. Polo seu indubidable interese reprodúcese o fragmento no que fala
destas cuestións, a pesar da súa extensión:
El examen de El Maestre de Santiago es algo más difícil que un trabajo
de crítica retrospectiva, es una exhumación; hay que desenterrar la
época en que fue escrito, la juventud del autor, los gustos que dominaban entonces y la influencia que ejercían determinados autores,
36
Galicia 21
Issue D ‘12
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
aún no olvidados hoy, pero ya pasados de moda. De no proceder así en
el juicio de este poema, es imposible comprenderlo, porque en las primeras obras de los artistas aparece siempre –por muy superiores que
ellos sean- el sello de la imitación, pero imitación entusiasta y exagerada que abulta extraordinariamente las cualidades características que
distinguen la factura del modelo imitado.
Es preciso, pues, retrotraernos á la época en que se leían á todo
pasto los novelones de Sué, las obras de Hugo, tan sublimes como
monstruosas, y los libros de Dumas, tan largos como innumerables, y
se aplaudía el Tenorio, tan popular como desatinado, y surgían poetas
más ó menos melenudos, más ó menos pálidos, pero siempre tétricos,
trágicos, fúnebres, lúgubres, eróticos, hórridos, exóticos… románticos.
Entonces era cosa natural y comunísima un poema de ciento setenta
páginas en cuarto, espeluznante narración de inauditos crímenes y
portentosos milagros, mezcla de todo lo divino y todo lo humano, abigarrado conjunto de hechos y personajes, en el que desfilaban ‘desde
la altiva princesa á la que pesca en ruín barca’, reyes, favoritos, caballeros, bandidos, monjes, gitanos, traidores, héroes, niños robados,
amantes envenenados, doncellas seducidas, trasgos, fantasmas, buhos
espantosos, lechuzas agoreras, árboles misteriosos y mil y una zarandajas agrupadas sobre la consabida decoración de castillo solitario, selva
umbría ó bosque tenebroso. (Leopoldo Pedreira, 1894: 143-4).
Con respecto á expurgación do canon, os procedementos que segue
Pedreira son os de explorar as causas dunha fama segundo el inmerecida,
como fai para desautorizar o enxalzamento de Pondal. Di que as causas
do seu éxito se reducen a dúas: o bo xuízo que lle mereceu a Pardo Bazán
e que proviña dun eloxio que el mesmo lle fixera á literata, e a escuridade
dos seus versos, que dificulta tanto a comprensión como a crítica dos mesmos. Precisamente Pondal é un dos exemplos que María López-Sández
(2008) utiliza, nun artigo sobre a importancia da recepción no impacto
social do texto literario, para referirse ao cultismo que afasta a certos autores da recepción masiva, autores que son catapultados á fama, non obstante,
por cuestións institucionais. Vemos aquí ao Pedreira crítico denunciando
un xeito de proceder que pode dar preeminencia a figuras que segundo
el, e desde o punto de vista máis estritamente estético, non a merecen. Na
mesma liña de traballo sobre o canon introduce o autor afirmacións sobre
certas composicións que considera que están chamadas a formar parte das
antoloxías da literatura galega no porvir. Tómalle así o pulso ao canon, preconfigúrao, contribúe a darlle forma.
A recepción coetánea de ‘El Regionalismo en Galicia (estudio crítico)’
Centrémonos agora na recepción do libro que popularizou a Pedreira na
vida literaria do seu tempo e que escureceu o seu legado a posteriori. Xa vimos
o que anotaban os seus alumnos nos Datos biográficos, parémonos agora nas
críticas que el mesmo reseña. Das catro críticas que el cita no libro, só puidemos localizar dúas, a de José Barreiro en Galicia. Revista Regional, e a asinada
como ‘El Bachiller Sásk’, que Pedreira identifica con Manuel Casás, en La
Voz de Galicia. Reproduzamos a nota na que dá conta das críticas recibidas, de
interese polo que di e polo xeito en que o di:
37
Galicia 21
Issue D ‘12
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
89. Todos los ataques que se me han dirigido con motivo de mis trabajos sobre El Regionalismo en Galicia proceden de gentes sin ilustración, casi invisibles desde las alturas de mi desprecio, y que, en
buena cuenta, no merecen, por sus artículos, ni la nota de aprobados
en retórica. Citaré, como curiosidad bibliográfica, los dos artículos de
D. José Barreiro en la revista Galicia (Coruña, Mayo y Junio de 1893);
el de D. Manuel Casás, publicado en La Voz de Galicia (La Coruña 10
de Marzo de 1893), y el de D. Galo Salinas, en el Diario de Avisos (La
Coruña 15 de Enero de 1893). También aludió a mis artículos Blanco y
Negro, revista ilustrada (Madrid 27 Mayo 1893), un escritor revolucionario que tiene la nariz y las intenciones torcidas de resultas de meterlas noche y día en los anales de Ruiz Zorrilla (Pedreira 1894: 298-99).
Ambas críticas son moi ilustrativas do clima xerado por El regionalismo en Galicia. A de Barreiro confórmana dous artigos en dous números
consecutivos da revista Galicia titulados ‘Nuestros críticos I y II’, e o que
chama atención deles é que se centran case exclusivamente nun só crítico,
Leopoldo Pedreira, a quen acusa, desde o comezo, de ser un crítico arbitrario, de escribir con graves erros de sintaxe e léxico e de atacar figuras, coma
a de Añón, que ‘es hoy un símbolo y una bandera en torno de los cuales se
agrupan los secuaces del regionalismo’ (Barreiro 1893: 711). Pola súa parte, a
crítica de Manuel Casás, logo dunha disertación sobre a importancia de evitar a crítica compracente para frear a proliferación de enxendros na literatura galega, acusa a Pedreira de ser un monicreque de Sánchez Moguel para
vingarse de Murguía polo seu gran discurso sobre o rexionalismo. Coloca
así El regionalismo en Galicia no horizonte interpretativo que lle corresponde,
no dos discursos rexionalistas e antirrexionalistas que invadían o panorama
das letras naquel momento e que xeraban un clima de rivalidade entre os
representantes dun e doutro bando.
Lido o ingreso na Academia da Historia de Sánchez Moguel (de
decembro de 1888), recoñécese a conexión íntima entre as ideas do mestre
e as de Pedreira, expresadas por ambos dun xeito similar. Esa semellanza e
a polémica aberta entre rexionalistas e antirrexionalistas, así como os dardos cruzados publicamente por Sánchez Moguel e Murguía, dan pé certamente a ese tipo de acusación. Non obstante, os argumentos do mestre
que Pedreira corrobora e reproduce restrínxense todos aos ámbitos histórico e político, e mesmo neste plano non hai unha identificación total entre
as ideas de ambos, como remarca Pedreira cando ao referirse á necesidade
dunha organización rexional, anota que aquel ‘peca también de absoluto
en sus afirmaciones antirregionalistas’ (Pedreira 1894: 283). Noutra orde
de datos, non nos consta que Sánchez Moguel investigase a fondo a literatura galega, como fixo coa española, da que impartiu clases, mentres que o
núcleo de El regionalismo en Galicia, e a base da súa importancia como obra
concreta, é o seu tratamento da literatura. Pode argumentarse aínda en contra do servilismo atribuído a Pedreira esta afirmación:
Respeto y quiero mucho á mis maestros; pero por honra de ellos y
dignidad mía no ocultaré nunca las divergencias de opinión que de
ellas me separen. TODO MINISTERIALISMO ME REPUGNA;
PERO EL MINISTERIALISMO DE CÁTEDRA ME IRRITA,
PORQUE ATACA LA HONRADA INDEPENDENCIA DEL
ALUMNO Y PROSTITUYE LA MAJESTAD DE LA CIENCIA
(Pedreira 1894: 283).
38
Galicia 21
Issue D ‘12
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
Esta afirmación podería confundirse cunha excusatio non petita de non
ser polo contexto que a dota de autoridade. Forma parte do último capítulo
do libro, no que se desbotan ideas forza do rexionalismo e se expoñen os
diversos tipos de antirrexionalismo que coñece o autor. Desmárcase unha a
unha desoutras tendencias e expresa as discordancias con cada un dos seus
mestres para concluír afirmándose nun antirrexionalismo específico e particular representado por el mesmo que denota un individualismo difícil de
asimilar a ningún maxisterio.
Retomando as críticas publicadas sobre os textos de Pedreira, a
recensión do libro en tanto que publicación conxunta que sae no Boletín
Bibliográfico da Revista Contemporánea en maio de 1894, asinada por E.F.,
resalta os valores excepcionais de Pedreira como crítico e tan só lle censura
a rudeza de certos ataques persoais dos que di, non obstante, que seguen as
modas da época.
Fóra destas críticas do libro, aínda temos outros indicios e constatacións do rexeitamento que Pedreira xeraba nos círculos rexionalistas.
Dísenos no propio libro que Curros Enríquez se negou a darlle información biográfica, algo que o autor achaca a que desconfiara da súa imparcialidade e competencia para xulgalo (Pedreira 1894: 295). Máis indicativa aínda
da exclusión susodita é a censura exercida por Xesús Rodríguez López
sobre o prólogo que Pedreira escribira para a segunda edición da súa obra
Cousas de mulleres (1895). O poeta admite que modificou ese prólogo ‘por
temor a las iras de los aludidos no contra él sino contra mi obra’ (Rodríguez
López 1996: 55). O prólogo orixinal incluía unha mofa a certas comparacións hiperbólicas de autores galegos con outros foráneos feitas por críticos
rexionalistas para importar capital simbólico. Trátase dunha desautorización moi na liña do autor que é ao mesmo tempo unha desautorización dos
críticos que sustentan esas comparacións e un rebaixamento dos autores
implicados. As prevencións de Rodríguez López son moi esclarecedoras do
clima de rexeitamento dos rexionalistas cara unha figura que non comungaba coa compracencia dos críticos rexionalistas cara a todo aquilo que
puidera engordar e fortalecer o canon en elaboración e que tampouco se
preocupaba de espertar simpatías no bando antirrexionalista.
A exclusión de Pedreira da comunidade crítica e historiográfica
que estaba xestionando os valores canónicos da literatura galega parte
polo tanto de dúas causas: o seu cuestionamento do canon en elaboración
e a súa ideoloxía antirrexionalista. Ambos motivos levaron a que os axentes literarios rexionalistas fixeran o posible por excluílo como interlocutor
autorizado na súa construción canonizadora, imagolóxica e rexionalista da
literatura galega, ao fin, o que Pedreira pretendía era precisamente establecer un diálogo con estes axentes, mentres que eles o exclúen do proceso
e poden asimilar o seu discurso ao doutros autores cun capital simbólico
maior, como Sánchez Moguel (Murguía respóndelle a este, por exemplo,
pero non a Pedreira). No tocante ao seu cuestionamento do canon atopámonos novamente de fronte coa idea de tradición. Pensamos na tradición como
algo homoxéneo, sen fisuras, ou cando menos sen grandes contradicións
internas. É o mesmo que acontece cos presuntos alicerces dunha nación.
Trátase de que a sociedade asimile unha idea común do que vén ser esa
nación ata recoñecerse na imaxe creada e que esta pareza unha descrición
de algo preexistente. E cando falamos deste tipo de facturas identitarias
e imagolóxicas, do propio canon literario ou da tradición literaria sempre
pensamos nese xeito homoxéneo, sen contradicións, porque toda imaxe ou
construto identitario busca ser cohesionador dos seus integrantes.
39
Galicia 21
Issue D ‘12
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
Se extrapolamos esta idea, aquí aplicada á tradición literaria, á tradición da historiografía literaria galega obteremos o mesmo resultado.
Concederlle estatuto interlocutor na elaboración do canon a Pedreira,
citalo e dar a coñecer a súa obra sería un xeito de aumentar a visibilidade da
súa achega, de publicitalo: concederlle unha voz, mesmo en diferido noutras
obras suporía, en suma, un xeito de ‘proliferación indirecta’ do seu labor
(López Sández 2008).
No extremo oposto, asimilar este autor e a súa obra aos discursos de
Sánchez Moguel e Pardo Bazán derivaba nunha invisibilización a medio e
longo prazo. Anótese, como complemento do anterior, o feito de que se a
sociedade está artellada en discursos que se cruzan, e é relevante a efectos de análise cal é o discurso hexemónico do momento (neste caso o político); a produción das obras vén condicionada por eses cruces discursivos.
Só así se entende a publicación dentro de obras dedicadas ao rexionalismo
de amplos estudos literarios, coma no caso de Pedreira ou, aínda que non
é comparable, no de Alfredo Brañas. Pois do mesmo xeito que eses cruces
discursivos inflúen na produción da obra, tamén o farán, necesariamente,
na recepción da mesma. A ideoloxía antirrexionalista de Pedreira sería,
segundo todos os indicios, o motivo central de exclusión do autor como partícipe da creación da historia da literatura galega. Os seus xuízos quedarían
adscritos a un autor contrario á ideoloxía dominante entre os críticos da
literatura galega, e por iso, desbotados. Só acaban sendo admitidos a diálogo
os xuízos de persoas cunha posición moi forte no espazo cultural, como a
de Pardo Bazán. Condenado á marxinalidade, Pedreira nin sequera intentou buscar aliados antirrexionalistas, porque entre eles estaría unha autoridade como ela, pero tamén a ataca no libro. Converteuse así no excluído por
antonomasia do diálogo intertextual entre as obras historiográficas e críticas coetáneas, tan só recoñecido como fonte primaria polo padre Blanco.
Outros autores cítano sen darlle maior importancia á súa obra ou adscríbeno de xeito case anecdótico ás polémicas rexionalistas. Uxío Carré Aldao
(1903), Antonio Couceiro Freijomil (1928), Benito Varela Jácome (1951 e
1957) ou Ricardo Carvalho Calero (1955 e 1963) cóntanse entre os que o
citan nalgún momento, sen proseguir no entanto ningunha das súas achegas
e sen establecer un diálogo efectivo con el, condenándoo a non ser máis que
un nome nunha nota de rodapé.
Conclusións
Leopoldo Pedreira foi un estudoso que puido facer avanzar exponencialmente os métodos e o pensamento teórico na investigación historiográfica
galega do xix e comezos do xx, pero que a endogamia da crítica conseguiu
ocultar. A súa voz postulaba un debate en torno ao canon, unha retroalimentación entre o estudoso da literatura e as críticas ao seu traballo, a filiación ideolóxica do propio discurso, un particular estilo argumentativo (con
aspectos positivos e negativos de todo, con man aberta para a acuñación de
neoloxismos, con ironía) e expositivo (moldeado pola sátira). Pero a pesar de
todo o que tiña de novo a súa proposta, de todo o seu potencial renovador,
o seu ámbito de relacións non abondou para dotalo de autoridade alén da
intervención coetánea. Nos círculos antirrexionalistas non puideron impulsar a súa capacidade de influencia porque o que el pretendía era un diálogo
crítico cos creadores do discurso rexionalista, que o excluían de tal posibilidade e que nin se molestaban en rebatelo, condenábano á invisibilidade
40
Galicia 21
Issue D ‘12
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
de filialo a Sánchez Moguel ou Pardo Bazán, dúas persoas de longa sombra;
mentres que, simultaneamente, nos círculos rexionalistas o excluían polo
seu antirrexionalismo declarado, invisibilizado no seo desoutros maxisterios xa citados, sen querer darlle a oportunidade dese diálogo. Non deixa de
ser significativo que o único persoeiro que lle outorga un papel de auténtica preponderancia no seu libro non sexa galego. A ideoloxía, obviamente
determinante na produción dunha obra, vemos que o é tamén na súa recepción e impacto. Os indicios de negación de información ou de censura de
escritos son só unha parte do que puido ter lugar. A súa asimilación a outros
discursos deveu invisibilidade, ao fin e ao cabo outros antirrexionalistas
como Sánchez Moguel ou Pardo Bazán non pretendían, como el, inserirse
na cerna da construción do discurso diferencial da literatura galega, abondáballes con manter baixo control as pretensións dos rexionalismos periféricos. As aspiracións de Pedreira e as súas capacidades foron borradas, sen
deixar apenas pegada, da historia. E, non obstante, o xeito de escribir de
Pedreira e parte da súa metodoloxía serían recuperables hoxe, por exemplo,
no eido da revisión do canon, un proceso aberto por moitas correntes novas
e que pode alimentarse tamén da agudeza deste autor.
Este artigo amosa unha característica do proceso de constitución
dunha tradición: a exclusión do diverxente, a homoxeneidade intrínseca
á súa elaboración. E, no entanto, as contradicións internas poderían ser as
táboas de salvación dunha disciplina, a historia literaria, que vén atravesando unha crise desde os anos setenta do pasado século. A admisión da
historia da literatura e do canon como discursos ideolóxicos, froito dun proceso de construción e interpretación do que se quería ser por parte dunha
elite autorizada e endogámica, permitiría a renovación real e dinámica da
disciplina, por canto o poder e a necesidade de interpretación das accións
humanas por parte dos estudosos é algo que nunca desaparecerá. Leopoldo
Pedreira podería ser o comezo dunha contrahistoria, pero non como discurso anexado á tradición historiográfica literaria galega recoñecida, senón
como material de base para a reelaboración da propia disciplina. As lecturas
diverxentes que se fan concorrentes para dar unha visión aberta, suxeita a
interpretación por todos os interesados.
41
Galicia 21
Issue D ‘12
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
Obras citadas
BACHILLER SÁSK (Manuel Casás), 1893. ‘Soliloquios Literarios’. La Voz de
Galicia 3501 (10 de marzo de 1893): 1.
BARREIRO MEIRO, José,1893. ‘Nuestros críticos’. Galicia, Revista Regional
11: maio de 1893, 659-665; 12: xuño de 1893, 705-711.
BLANCO GARCÍA, Francisco,1894. ‘La literatura regional de Galicia’,
en Francisco Blanco García. La literatura española en el siglo xix. Parte tercera: las literaturas regionales y la hispano-americana (Madrid: Sáenz de Jubera
Hermanos). 215-265.
BRAÑAS, Alfredo, 1889. El regionalismo. Estudio sociológico, histórico y literario
(Barcelona: Jaime Molinas Editor).
CALVO LÓPEZ, Manuel, 1996. ‘Introducción’, en Rodríguez López, Xesús
(1895). Cousas das mulleres. Edición facsímile comentada (Lugo: Servicio
Publicacións Deputación Provincial de Lugo).
CARRÉ ALDAO, Uxío, 1903. La literatura gallega en el siglo xix (A Coruña:
Librería Regional de Carré).
CARVALHO CALERO, Ricardo, 1955. Aportaciones fundamentales a la literatura gallega contemporánea (Madrid: Gredos).
__,1963. Historia da literatura galega contemporánea (1808-1936) (Vigo: Galaxia).
CASAS, Arturo, 2010. ‘Iuri Lotman y la semiosis histórica ante el historicismo (Un debate europeo del siglo xx)’. Interlitteraria 15 (1): 21-42.
COUCEIRO FREIJOMIL, Antonio, 1928. ‘El idioma gallego’, en F. Carreras
y Candi, dir. Geografía general del reino de Galicia. Tomo I: Generalidades
(Barcelona: Casa Editorial Alberto Martín). 161-327.
__, 1951-1953. Diccionario bio-bibliográfico de escritores (Santiago de Compostela:
Bibliófilos Gallegos). Vol. III: 54-55.
E.F.,1894. ‘El Regionalismo en Galicia, estudio crítico, por D. Leopoldo
Pedreira’. Revista Contemporánea 444: 440-441.
FIGUEROA, Antón, 2010. Ideoloxía e autonomía no campo literario galego (Ames:
Laiovento).
JAUSS, Hans Robert, 1967. ‘La historia literaria como desafío a la ciencia
literaria’, en Hans Ulrich Gumbrecht et al., eds. La actual ciencia alemana:
seis estudios sobre el texto y su ambiente, tradución de Hans U. Gumbrecht &
Gustavo Domínguez León, 1971 (Madrid: Anaya).
LEFEVERE, André, 1997. Traducción, reescritura y la manipulación del canon
literario (Salamanca: Ediciones Colegio de España).
42
Galicia 21
Issue D ‘12
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
LÓPEZ SÁNDEZ, María, 2008. ‘A importancia dos fenómenos de recepción para o impacto social do texto literario. Dous casos paradigmáticos da
literatura galega: Rosalía de Castro e Otero Pedrayo’. Liquids 2. http://www.
uv.es/liquids/articles/MariaLopezSandez.pdf. [Consulta 05/11/2012].
MURGUÍA, Manuel, 1862. Diccionario de Escritores Gallegos (Vigo: Juan
Compañel Editor).
___, 1889. El Regionalismo Gallego. Ligeras observaciones por Manuel
Murguía al discurso leído por el señor D. Antonio Sánchez Moguel en
su Recepción en la Real Academia de la Historia de Madrid (Habana:
Imprenta y Papelería ‘La Universal’ de Ruiz y Hno).
PARDO BAZÁN, Emilia, 1888. De mi tierra (A Coruña: Tipografía de la Casa
de Misericordia).
PASAMAR ALZURIA, Gonzalo & Ignacio PEIRÓ MARTÍN, Diccionario
Akal de historiadores españoles contemporáneos (1840-1980) (Tres Cantos, Madrid:
Akal): 471.
PEDREIRA, Leopoldo, 1892-1893. ‘El regionalismo en Galicia’. Revista
Contemporánea 400-406 (30 xullo-30 outubro 1892), 409 (15 decembro 1892),
427 (16 setembro 1893), 430 (30 outubro 1893).
__1894. El regionalismo en Galicia (estudio crítico) (Madrid: Establecimiento
tipográfico de La Linterna).
RODRÍGUEZ LÓPEZ, Xesús, 1895. Cousas das mulleres. Prólogo de
Leopoldo Pedreira (Madrid: Imprenta de Ricardo Rojas).
SÁNCHEZ MOGUEL, Antonio, 1888. Discursos leídos ante la Real Academia
de la Historia en la recepción pública de D. Antonio Sánchez Moguel (Madrid:
Imprenta de la viuda de Hernando y ca).
TAINE, Hippolyte, 1963. Introducción a la Historia de la Literatura Inglesa
(Buenos Aires: Aguilar) [Tradución de J.E. Zúñiga da Introdución da súa
Histoire de la Littérature Anglaise publicada en 1864].
TORRES, Elias, 2002. ‘Como sair do cerco. A legitimaçom galeguista da
Literatura Galega por Carvalho Calero e a génese da sua centralidade no
campo da crítica literária’, en Teresa López e Francisco Salinas, ed. Actas
do Simposio Ricardo Carvalho Calero, Memoria do Século (A Coruña: Asociación
Socio-Pedagóxica Galega e Universidade da Coruña): 31-66.
VALDÉS, Mario, 2005. ‘Historia de las culturas literarias. Alternativa a la
historia literaria’, en Beltrán Almería, Luis e José Antonio Escrig, comp.,
2005. Teorías de la historia literaria (Madrid: Arco): 123-218.
VARELA JÁCOME, Benito, 1951. Historia de la literatura gallega (Santiago de
Compostela: Porto y Cía Editores).
__, 1957. ‘La prosa en Galicia en el siglo xix’, en Guillermo Díaz Plaja, dir.
Historia General de las Literaturas Hispánicas (Barcelona: Barna). Vol. IV, 2ª
parte, 385-422.
43
Galicia 21
Issue D ‘12
Leopoldo Pedreira Taibo,
intuición historiográfica e
virulencia crítica
Lorena Domínguez Mallo
VV.AA., 1915. Datos biográficos de D. Leopoldo Pedreira Taibo. Publicados por iniciativa de un grupo de alumnos, como homenaje a la memoria del llorado
maestro (A Coruña: Talleres Gráficos de La Voz de Galicia).
WHITE, Hayden V, 2003. El texto histórico como artefacto literario y otros escritos
(Barcelona: Paidós).
ŻYLKO, B., 2006. ‘La semiótica de la historia en los trabajos del grupo
Tartu-Moscú. Entretextos. Revista electrónica semestral de Estudios semióticos
de la cultura: 6 http://www.ugr.es/~mcaceres/Entretextos/entre7/zylko.htm
[Consulta 29/05/2010].
Descargar