Programa Marco de Educación Familiar

Anuncio
Programa
Marco de
Educación
Familiar
Decembro, 2009
Equipo coordinador:
Eva López Soto (Dir.)
Laura Cruz López
Laura Fernández García
Pablo Fonte Loureiro
Ana María de la Iglesia González
Virginia María Mariño García
María Martínez Conde
María Muñoz Fernández
Carmen Paredes Cabral
Mónica Rioboo Bonome
Isabel Taboada Mougán
Natalia Tierno Pérez
Guadalupe del Pino Villamarín Taboada
Ilustración da portada de María Núñez (10 de febreiro de 2005).
RELACIÓN DE PROFESIONAIS PARTICIPANTES
Responsables dos programas municipais de Educación Familiar:
Demarcación da Oficina I+B de Ames:
Azucena Antelo García. Concello de Negreira.
Soraya Añón Remuiñán. Concello de Ames.
Julia Blanco Fernández. Concello de Padrón.
María Pilar Calvo Abelleira. Concello de Lousame.
Vanessa Cambeiro Pérez. Concello de Mazaricos.
Leonor Faya Angueira. Concello de Boiro.
Sandra María Ferreño García. Concello de Santiago de Compostela.
Cristina María Fontaiña García. Concello de Porto do Son.
María del Pilar García Sampedro. Concello de Ribeira.
Yolanda Gómez Bombín. Concello de Noia.
María Carmen Hermida Otero. Concello de Teo.
Lidia Martínez Fernández. Concello da Pobra.
María Pilar Martínez Vaqueiro. Concello de Brión.
Rosa María Monteagudo Rey. Concello de Muros.
Lidia Mirón Moares. Concello de Rianxo.
María Carmen Noya Iglesias. Concello de Val do Dubra.
Juana Pedrosa Leis. Concello de Outes.
María José Pereira Lareo. Concello de Boqueixón.
María Eugenia Pérez Pose. Concello de Rois.
Mª Jesús Pérez Vila. Concello de Santa Comba.
Reyes Quintela Vázquez. Concello de Carnota.
María Luz Ramallo Hermo. Concello de Ribeira.
Carmen Sabio Sanz. Concello de Vedra.
Patricia Torreira Puga. Concello da Baña.
Margarita Vázquez Teo. Concello de Santiago de Compostela.
Araceli Vázquez Vázquez. Concello de Dodro.
Demarcación da Oficina I+B de Arzúa:
Marisol Calo Lamas. Concello de Trazo.
Trudi Capelán Seoane. Concello de Aranga.
Teresa Gómez Cea. Concello de Boimorto.
Nieves González Mújico. Concello de Touro.
María Soledad Iglesias Pérez. Concellos de Toques, Sobrado e Santiso.
Begoña Lorenzo Caamaño. Concello de Ordes.
Paula Medal Martínez. Concello de Coirós.
María José Mosquera Rodríguez. Concello de Oroso.
Divina Pereiro Liñares. Concello de Tordoia.
Mónica Regueira Arijón. Concello de Cerceda.
María Begoña Rodríguez Gómez. Concello de Mesía.
Sandra Sánchez Núñez. Concello de Cesuras.
Iria Santamariña Pérez. Concello de Oza dos Ríos.
María Xesús Segade Conde. Concello de Melide.
Loreto Taboada Díaz. Concello de Curtis.
María Cruz Toande Ramos. Concello de O Pino.
Manuel Varela Ares. Concello de Arzúa.
María Dolores Vales Hortas. Concello de Paderne.
Ana Belén Vázquez Garea. Concello de Vilasantar.
Demarcación da Oficina I+B das Pontes:
Maria Bustabad Martínez. Concello de Cederira.
Pilar Calvo Pico. Concello de San Sadurniño.
Ana Isabel Cobo Fernández. Concello de Mugardos.
Yolanda Criado Allegue. Concello de Vilarmaior.
Ana Domínguez Artime. Concello de Miño.
Montserrat González Rivera. Concello das Pontes.
Felicidad González Tenreiro. Concello de Cabanas.
Marta Pedre Sansegundo. Concello de Ortigueira.
Lucía Regueira Martínez. Concello de Ares.
Paula Rodríguez Fornos. Concello de Pontedeume.
Celia Sabin Vázquez. Concello de Neda.
Genoveva Sayago Martínez. Concello de Fene.
Olimpia Sánchez Martínez. Concello de Pontedeume.
Maria de los Ángeles Soneira Docanto. Concello de Cariño.
Demarcación da Oficina I+B de Carballo:
Ana Aldao Corral. Concello da Laracha.
Adriana Andrade Andrade. Concello de Malpica.
María Dolores Blanco Verdía. Concello de Ponteceso.
José Canosa Diz. Concello de Muxía.
Dolores Fernández Vázquez. Concello de Carral.
Sonia González Rodríguez. Concello de Arteixo.
Teresa Guerra Férnandez. Concello de Oleiros.
Teresa López Pérez. Concello de Cambre.
Natalia Montero Rodríguez. Concello de Betanzos.
Cristina Morandeira Muíño. Concello de Cabana.
Delfina Núñez Rodríguez. Concello de Culleredo.
Montserrat Outes Velay. Concello de Cee.
Montserrat Pérez Suárez. Concello de Carballo.
María Dolores Porteiro Rodríguez. Concello de Laxe.
Lourdes Salinas Buján. Concello de A Coruña.
Ana Paula Suárez Villaverde. Concello de Cambre.
Belén Taboada Fiaño. Concello de Abegondo.
María José Traba Traba. Concello de Fisterra.
Alianza Trillo Cabrejo. Concello de Camariñas.
Rosa María Varela Antelo. Concello de Vimianzo.
Yolanda Vecino Tomé. Concello de Zas.
Lucía Vázquez Vázquez. Concello de Sada.
María Luísa Vázquez Vázquez. Concello de Bergondo.
Demarcación da Oficina I+B de Begonte:
Ana María Blanco González. Concello de Vilalba.
Eva María de la Fuente Morado. Concello de Lugo.
Rocío Fanego Miragaya. Concello de Guitiriz.
María Sandra Fernández Fernández. Concello de As Nogais.
Carmen María Fernández López. Concello de Lugo.
Gema Franco Folgueira. Concello de A Pastoriza.
María del Mar Marey Rodríguez. Concello de O Corgo.
Carmen Martínez Regueiro. Concello de Outeiro de Rei.
María José Rodríguez Falcón. Concello de A Pastoriza.
Cristina Rodríguez García. Concello de Guntín de Pallares
Cristina Santiso Gallego. Concello de Monterroso.
Mª Cruz Vidal Rodríguez. Concello de Meira.
Manuela Vilaboy Romero. Concello de Xermade.
María Luisa Vilares Pérez. Concello de Baleira.
Demarcación da Oficina I+B de Mondoñedo:
Teresa Aguirre Ramos. Concello de Ourol.
María Tatiana Barreira Chao. Concello de Alfoz.
Irene Basanta Gabeiras. Concello de Viveiro.
María Carmen Bermúdez Palacios. Concello de Mondoñedo.
Orlando Carreja López. Concello de O Vicedo.
Sandra Casas Vila. Concello de Cervo.
Noelia Legaspi Rodríguez. Concello de Burela.
Fiamma Prada Lens. Concello de Ribadeo.
Angélica Casabella Quelle. Concello de Xove.
Ana Seijas Ron. Concello de O Valadouro.
Julia Vidarte López. Concello de Foz.
Dolores Villasuso Aneiros. Concello de Lourenzá.
Demarcación da Oficina I+B de Monforte:
María del Carmen Fernández Fernández. Concello de Ferreira de Pantón.
Ana Gay Novoa. Concello de Chantada.
María Matilde Martínez López. Concello de Sarria.
Rocío López López. Concello de O Saviñao.
María del Pilar Losada Varela. Concello de Sober.
Purificación Losada Varela. Concello de Monforte de Lemos.
Mercedes Otero Figueroa. Concello de Quiroga.
María Pérez Rodríguez. Concello de Pobra de Brollón.
Pilar Sánchez Iglesias. Concello de Taboada.
Raquel Vázquez Pérez. Concello de Carballedo.
María Nilda Vidal Rueda. Concello de Monforte de Lemos.
Demarcación da Oficina I+B de Carballiño:
Eva Álvarez González. Concello de A Bola.
María Almeida Fernández. Concello de Lobios.
Antonia Barreiro Rial. Concello de Carballeda de Avia.
Rosana Bernárdez Peña. Concello de San Cristovo de Cea.
Eva Dorado Andrade. Concello de Barbadás.
Lucas Hermida Armada. Mancomunidade Terras de Celanova.
Teresa Gómez Alonso. Concello de Avión.
Tania Pérez Rodríguez. Concello de Amoeiro.
Susana Pérez Suárez. Mancomunidade Terras de Celanova.
Ángeles Rodríguez Álvarez. Concello de Esgos.
Tania Rodríguez Canitrot. Concello de Piñor.
Luz María Rodríguez González. Concello de Nogueira de Ramuín.
Dolores Rodríguez Martínez. Concello de Muíños.
Brais Ruas Devesa. Concello de Pereiro de Aguiar.
Dolores Serrano Rodríguez. Concello de Allariz.
Montserrat Vázquez Rodríguez. Concello de Bande.
Silvia Vidal Fidalgo. Concello de Ribadavia.
Vanessa Villar Armada. Mancomunidade do Ribeiro.
Demarcación da Oficina I+B de Xinzo de Limia:
Dolores Álvarez Álvarez. Concello de Cualedro.
Concepción Blanco Blanco. Concello de Xinzo da Limia.
Maria Elisabeth Conde Méndez. Concello de Maceda.
Celsa Dacal Gómez. Concello de Sarreaus.
María Esther Fernández Paradelo. Concello da Veiga de Valdeorras.
Maía Ángeles González Villar. Concello de Verín.
Patricia Lamas Seguin. Concello da Porqueira.
Sonia López Fernández. Concello de O Barco de Valdeorras.
José Losada Enríquez. Concello de Xinzo da Limia.
Olga Martínez González. Concello de Castrelo do Val.
Eva Pérez Gamote. Concello de Vilardevós.
Susana Pérez Rodríguez. Concello de Vilariño de Conso.
Vanessa Rodríguez Basteiro. Concello de Manzaneda.
Elena Rodríguez Castro. Concello de Chandrexa de Queixa.
Manuela Rodríguez Núñez. Concello de Rubiá.
Rosa Souto Silva. Concello de Monterrei.
Paula Vacharrón Cortón. Concello de Montederramo.
Carmen Vicente Obes. Concello da Gudiña.
Demarcación da Oficina I+B de Marín:
Isabel Romay Fontán. Concello de Bueu.
Alejandra Sayar. Concello de Cambados.
María Eugenia Silva Parcero. Concello de Cangas.
María Varela Papiri. Concello de Cotobade.
Mónica Peña Lage. Concello de Marín.
Ana Mª Alonso Robledo. Concello de Meaño.
Celia Frieiro Rodiño. Concello de Meis.
Marta Santomé Santiago. Concello de Moaña.
José Manuel Portero López. Concello de O Grove.
Jorge Grangel Dios. Concello de Poio.
Eva María Moldes Casal. Concello de Pontecaldelas.
María Jesús Casal Outón. Concello de Sanxenxo.
Santiago García Telmo. Concello de Ribadumia.
María Benita Crespo Piñeiro. Concello de Vilaboa.
Demarcación da Oficina I+B de Porriño:
Sandra Alonso Martínez. Concello de O Rosal.
Iria Alonso Vicente. Concello da Guarda.
Gemma Álvarez Comesaña. Secretariado Xitano Vigo.
Isabel Ayán Burillo. Concello de Tomiño.
María Elena Bastos Expósito. Concello de Mos.
Isabel Bugarín Areal. Concello de Salceda de Caselas.
Patricia Carrera Soto. Concello de Redondela.
María Dolores Castejón Otero. Concello de O Porriño.
Marta Couto García. Concello de Gondomar.
Marcia Couñago Fragueiro. Concello de Mondariz.
Paula Covelo Roma. Programa de Atención a Familias dos Centros de Día. Aldeas Infantiles Vigo.
Ana María Cuesta Jorge. Concellos das Neves e Crecente.
Ana María Domínguez Márquez. Concello de Arbo.
Mónica Fernández Gesteira. Concello de A Cañiza.
María Fernández Gómez. Programa de Atención a Familias dos Centros de Día. Aldeas Infantiles Vigo.
Esteban Figueirido Woodford. Concello de Tomiño.
Olga Hermida Gurán. Concello de Tui.
Ingrid Longueira Doval. Concello de Salvaterra de Miño.
Sonia Pérez López. Concello de Vigo.
María Posada Lorenzo. Concello de O Covelo.
Arantxa Rial Lema. Concello de Baiona.
Carmen María Valtierra Villar. Concello de Nigrán.
Begoña Vázquez Lodeiro. Concello de Ponteareas.
Demarcación da Oficina I+B de Vilagarcía de Arousa:
Vanessa Autran Fernandez. Concello de Pontecesures.
María Catoira López. Concello de Vilagarcía.
Dolores Clemente Martínez. Concello de A Estrada.
Roseta Conde Osorio. Concello de Vilagarcía de Arousa.
Cristina Ferreiras Barros. Concello de Valga.
Rosa Mar Ferro Rey. Concello de Portas.
Mónica García Asorey. Concello de Vila de Cruces.
Irene García López. Concello de Agolada.
Paula García Pérez. Concello de Catoira.
Concepción López Freire. Concello de Forcarei.
Jesús Magariños Ferro. Concello de Caldas.
Amparo Pérez Ferreiro. Concello de Silleda.
Eva Prieto Rodríguez. Concello de Lalín.
Consuelo Rivadulla Rodríguez. Concello de Cuntis.
Ana Belén Rodríguez Pérez. Concello de Rodeiro.
Membros da Comisión Interdisciplinar:
Respresentantes dos servizos sociais especializados:
Teresa Gutiérrez Manjón Secretaría Xeral de Familia e Benestar.
Kucha Movilla Fidalgo. Fundación Meniños. Equipo de Integración Familiar.
Ángel Martínez Puente. Colectivo Galego do Menor.
Representantes de asociacións e colexios profesionais:
María Pilar Bermejo González. Asociación de Terapia Familiar Galega.
Ana María Domínguez Márquez. Asociación de Educadoras/es Familiares de Galicia.
Elena Bastos Expósito. Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
María José Redondas Vallejo e Inmaculada Peleteiro Rodríguez. Colexio Oficial de Diplomados en
Traballo Social de Galicia.
Sofía Riveiro Olveira. Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
Representante do ámbito universitario:
María Carmen Morán de Castro. Facultade de Ciencias da Educación. Universidade de Santiago de
Compostela.
Representantes do ámbito social e comunitario:
Mercedes Espinosa Arévalo. Sociedade de Pediatría e Galicia (SOPEGA).
Sara Paz Combarro. Fundación Preescolar na Casa.
Sara Inés Vega Núñez. Confederación Galega de APAs de Centros Públicos (CONFAPA-Galicia).
Alfonso Villares Barro. Nova Escola Galega. Grupo de Orientación Educativa.
ÍNDICE
1. Introdución (p.13)
2. Proceso participativo de elaboración do Programa Marco (p.17)
3. Programa Marco de Educación Familiar (p.31)
4. Avaliación do proceso e resultados (p.103)
1.
INTRODUCIÓN
No ano 2006, a Secretaría Xeral de Igualdade (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Xunta de
Galicia), presenta os resultados do informe elaborado por IGAXÉS-3 sobre a situación dos programas
de Educación Familiar en Galicia, resaltando, entre outras, as seguintes conclusións:
-
Existencia de diferentes enfoques teóricos e metodolóxicos na concepción e desenvolvemento
do programa de Educación Familiar.
-
Heteroxeneidade nas ferramentas e protocolos de actuación.
-
Insuficiente coordinación entre os equipos municipais, os recursos e servizos da comunidade e
os servizos especializados do propio sistema de protección.
-
Necesidade de incorporar a perspectiva de xénero na abordaxe familiar.
-
Demanda de formación específica e continua.
Neste contexto xorde Tecendo redes, programa de apoio á educación familiar, en marzo de 2008,
tendo como visión estratéxica unha realidade na que:
-
Os programas de educación familiar (PEF) reúnen criterios de calidade, están orientados por
enfoques de intervención preventiva e comunitaria, desde un marco teórico crítico e sistémico,
e promoven a perspectiva de xénero.
-
Os PEF son recoñecidos social e profesionalmente, garantindo a estabilidade e dignidade das/
os profesionais.
-
Existe unha rede de educadoras/es familiares formada, especializada no traballo
socioeducativo con familias, empoderada e cunha identidade profesional compartida no que
respecta ás súas funcións e competencias.
-
Os servizos sociais comunitarios e especializados traballan en rede na prevención e atención
ás problemáticas das familias galegas.
-
Existen redes de apoio social e solidariedade, as comunidades están sensibilizadas e
implicadas coas diferentes realidades das infancias e familias.
-
As familias participan activamente na definición e satisfacción das súas necesidades,
prestando axuda mutua.
Para acadar esta visión estratéxica, establécense as seguintes liñas de acción a curto e medio prazo:
-
Unificación de criterios de intervención no marco da Educación Familiar.
-
Formación e desenvolvemento profesional das/os educadoras/es familiares.
-
Articulación de redes de traballo con familias.
-
Sensibilización e promoción da participación das familias e comunidades.
No presente documento recóllense os produtos derivados de dúas accións contempladas na primeira
liña estratéxica, e que se corresponden coa “Elaboración dun Programa Marco de Educación Familiar”
e o “Deseño e difusión de protocolos unificados de intervención”. Estes produtos son:
-
Documento explicativo do proceso participativo de elaboración do Programa Marco, realizado
polo equipo Tecendo redes e validado pola Secretaría Xeral de Igualdade, polas redes de
Educación Familiar e a Comisión Interdisciplinar.
-
Programa Marco de Educación Familiar, derivado do proceso posto en marcha, no que
participaron 208 educadoras e educadores familiares, 13 representantes do ámbito técnico e
social integrantes da Comisión Interdisciplinar, e 13 técnicas/os do equipo Tecendo redes. Os
contidos e o produto final foi consensuado e validado por todas/os as/os profesionais
participantes, agás polo Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia, un total
15
233 persoas.
-
Informe de avaliación do proceso participativo e do resultado final, o Programa Marco, no que
se integran tanto as valoracións das redes comarcais de Educación Familiar como da Comisión
Interdisciplinar.
Os tres produtos, aínda que unidos polo fío condutor da liña estratéxica, preséntanse como
documentos independentes.
16
2.
PROCESO PARTICIPATIVO
DE ELABORACIÓN DO
PROGRAMA MARCO
ÍNDICE
1. O por que dun proceso participativo....................................................................................................20
2. Elementos do proceso participativo.....................................................................................................20
2.1. Quen participa.........................................................................................................................20
2.2. Nivel de participación e decisión das/os participantes............................................................20
2.3. Mecanismos de participación..................................................................................................21
2.4. Sistema de información e difusión..........................................................................................22
3. Proceso de elaboración do Programa Marco.......................................................................................22
3.1. Fase de preparación ou preliminar..........................................................................................22
3.2. Deseño do Programa Marco...................................................................................................23
3.3. Avaliación do Programa Marco...............................................................................................26
3.3.1. Avaliación do programa en si mesmo...........................................................................26
3.3.2. Avaliación como proceso de mellora permanente........................................................27
4. Temporalización do proceso................................................................................................................27
5. Avaliación do proceso de elaboración do Programa Marco................................................................28
6. Certificación da participación...............................................................................................................29
7. Bibliografía...........................................................................................................................................29
1. O por que dun proceso participativo
Incorporar procesos participativos atende á necesidade de obter resultados que gocen dunha maior
aceptación, viabilidade e respaldo profesional e social, dando respostas máis axeitadas á complexa
realidade actual da Educación Familiar. Ademais, unha metodoloxía participativa ten máis
posibilidades de éxito no sentido de que aporta riqueza e transparencia ao proceso.
Entendida como proceso educativo, apóstase pola participación como práctica de transformación. Non
se pretende, pois, a lexitimación das posicións, obxectivos e intereses políticos senón que se busca
implicar aos distintos axentes e ás súas perspectivas para construír conxuntamente un Programa
Marco consensuado.
Os obxectivos específicos que se pretenden acadar con este proceso participativo, son os seguintes:
-
Implicar e corresponsabilizar ao conxunto de axentes, no deseño e implementación do
Programa Marco.
-
Integrar as distintas perspectivas políticas, técnicas e sociais.
-
Favorecer a asunción do Programa Marco como propio.
-
Consolidar unha estratexia de cooperación e
desenvolvemento e avaliación do Programa Marco.
-
Impulsar unha rede de Educación Familiar.
coordinación
que
se
manteña
no
A participación convértese, entón, nun medio e nun fin en si mesmo, sendo a finalidade principal
desenvolver un proceso de aprendizaxe compartida.
2. Elementos do proceso participativo
Para garantir certa calidade democrática temos que dar resposta ás seguintes cuestións: quen van ser
as persoas convocadas a participar, en que grao de participación e que mecanismos imos empregar.
Así mesmo, é necesario asegurar un sistema de información e comunicación transparente e
bidireccional.
2.1 Quen participa
As/os profesionais que desenvolven os programas de Educación Familiar a nivel municipal son o eixe
vertebrador deste proceso, xa que son as/os principais destinatarias/os do Programa Marco. É
necesario contar tamén con aqueles outros axentes que están implicados directa o indirectamente no
traballo socioeducativo con familias, dende os servizos sociais comunitarios e especializados, e dende
os recursos da comunidade.
A lóxica que vai presidir o proceso é, entón, de abaixo a arriba, pero, ademais dos axentes técnicos, é
necesario implicar dende o comezo a responsables políticos. Neste sentido, consideramos que a
iniciativa debe ser liderada politicamente, xa que só desta forma o proceso participativo será lexitimado
a nivel institucional. Esta condición resulta indispensable para que os resultados do proceso sexan
implementados e, polo tanto, para que o proceso sexa eficaz.
2.2 Nivel de participación e decisión das/os participantes
Se ben é certo que todos os axentes antes mencionados xogan un papel importante no traballo con
familias, non podemos esquecer que a finalidade deste proceso é o deseño do Programa Marco de
Educación Familiar. Por isto, o nivel de participación será proporcional ao nivel de responsabilidade na
execución dos programas de Educación Familiar.
20
Seguindo a distintos autores (Arnstein, 1969; Trilla e Novella, 2001), diferenciamos os seguintes niveis
de participación: informativo, comunicativo, consultivo e proxectivo.
-
Nivel informativo: proporcionar espazos de consulta do proceso e dos resultados.
-
Nivel comunicativo: proporcionar espazos para facer achegas e suxestións.
-
Nivel consultivo: solicitar opinións, valoracións e propostas aos axentes.
-
Nivel proxectivo: participar na construción e toma de decisións como axentes activos.
Aínda que os procesos baseados unicamente na información e comunicación non son realmente
participativos, é necesario garantir unha información clara, útil, plural e de calidade, xa que constitúe o
primeiro paso para a participación.
Todos os axentes terán garantidos os diferentes niveis de participación pero en diferente grao de
representación. Nestes sentido, buscarase a participación do 100% das/os educadoras/es familiares
nos niveis consultivo e proxectivo, mentres que o resto de axentes contarán cunha representación
significativa. Para garantir a calidade democrática debemos asegurar que estes representantes sexan
realmente portadores dun discurso colectivo. Neste sentido, contaremos con colexios profesionais,
federacións e asociacións autonómicas que integren entidades de ámbito local.
2.3. Mecanismos de participación
Para asegurar a participación nos distintos niveis, definimos estruturas de traballo presencial e
espazos virtuais. As estruturas presenciais son as seguintes:
1. Equipo dinamizador: constituído polas/os 12 técnicas/os e a coordinadora de Tecendo redes. A
súa función é a organización, a planificación e a coordinación técnica do proceso, así como o
seguimento do mesmo. Non son líderes do proceso, senón que actúan como axentes
dinamizadores. Isto supón actuar dende un marco horizontal nas relacións, orientando o
proceso e activando as potencialidades e facultades dos axentes chave.
2. Redes comarcais: conformadas polas redes de educadoras/es familiares establecidas en cada
Oficina I+B, máis unha técnica de Tecendo redes. Concíbense como sesións participativas de
análise, discusión e formulación de propostas relacionadas cos diferentes apartados do
Programa Marco. Tamén lles corresponde a valoración e validación do Programa Marco unha
vez elaborado. O nivel de participación para esta estrutura é, principalmente, proxectivo.
3. Comisión interdisciplinar de asesoramento e avaliación: mesa constituída por representantes
do nivel político, técnico e comunitario, así como por expertas/os no ámbito da Educación
Familiar. O nivel de participación desta comisión é proxectivo. Correspóndelle as seguintes
funcións: validación do deseño do proceso; orientación e asesoramento sobre os enfoques,
estrutura e contidos do Programa Marco; revisión e análise continua dos produtos acadados en
cada fase, facendo as achegas oportunas; e validación do documento final.
En canto aos espazos virtuais, defínense dous, principalmente. Por unha banda, o Portal Web
www.familiasgalegas.org permite garantir o nivel de información e comunicación a toda a
cidadanía. Promoverase, neste espazo, a difusión da información relacionada co proceso e cos
produtos específicos que se vaian elaborando do Programa Marco, así como a recollida de achegas e
suxestións sobre os mesmos. Neste caso o nivel de participación será informativo e comunicativo.
Por outra banda, se promoverá a participación virtual, neste caso das redes de Educación Familiar e
da Comisión Interdisciplinar, a través da ferramenta "grupos de traballo" integrada na intranet Portal
Web (nivel informativo e proxectivo).
21
2.4. Sistema de información e difusión
É imprescindible manter un sistema de información e difusión durante todo o proceso, non só para
garantir a transparencia do mesmo e manter a motivación dos diferentes axentes implicados, senón
sobre todo, dende un punto de vista estratéxico, para visibilizar a Educación Familiar, sensibilizar a
nivel político e social sobre a pertinencia do programa, e para favorecer o traballo interdisciplinar nos
servizos sociais de ámbito municipal.
As estratexias deste sistema de información serán:
-
Coas/cos educadoras/es familiares: establecemento de dinámicas de feedback continuo,
devolvendo os resultados do seu traballo e os produtos finais.
-
Cos/coas responsables políticos e técnicos municipais: convocatoria formal ás educadoras
familiares a través do seu correo electrónico e do e-mail do concello; desenvolvemento das
xuntanzas das redes comarcais de forma rotatoria; convite formal á inauguración das
xuntanzas das redes; envío dun resumo de accións cada tres meses.
-
Coa cidadanía en xeral: a través do portal web www.familiasgalegas.org e da presencia nos
medios de comunicación (notas de prensa dos encontros e dos resultados acadados,
participación en programas de radio, etc.).
3. Proceso de elaboración do Programa Marco
É necesario planificar o proceso participativo identificando as súas fases e as accións que comportan,
temporalizando o seu desenvolvemento, e definindo os criterios, indicadores e estratexias de
avaliación para cada unha das fases. Concedemos especial relevancia á avaliación no sentido de que
permitirá analizar en que medida o deseño, o desenvolvemento e o produto final do proceso
participativo responde aos obxectivos establecidos, así como introducir as modificacións oportunas
para acadar estes obxectivos. En xeral, planificar o proceso permite prever as dificultades, ofrecer
unha maior calidade no desenvolvemento e garantir unha maior transparencia.
Secuenciamos o proceso en tres momentos:
-
Preparación ou fase preliminar.
-
Deseño do Programa Marco.
-
Avaliación do Programa Marco.
3.1. Fase de preparación ou preliminar
Implica contextualizar a iniciativa, explorar as motivacións, demandas e intereses das/os
promotoras/es e dos axentes implicados e establecer o marco de acordos iniciais para o seu
desenvolvemento, nomeadamente:
-
sobre o alcance e obxectivos iniciais.
-
sobre o deseño xeral do proceso a seguir e as estruturas de traballo.
-
sobre os recursos materiais e humanos dispoñibles.
-
sobre a garantía das condicións básicas de viabilidade, lexitimidade e sustentabilidade para
iniciar o proceso.
Esta fase implica as seguintes accións:
-
Planificar o proceso de elaboración do Programa Marco.
-
Constitución das redes comarcais e da comisión interdisciplinar de asesoramento e avaliación.
22
-
Información sobre o proceso de elaboración do Programa Marco aos axentes implicados.
-
Aprobación do plan de traballo.
Criterios e indicadores de avaliación relacionados co deseño do proceso participativo:
-
Consenso sobre a relevancia e pertinencia de elaborar un Programa Marco de Educación
Familiar, e sobre o proceso a seguir para facelo. Referímonos á aceptación política, técnica e
social.
• A nivel político: valorarase o consenso a partir da información recollida nas presentacións
do Programa Tecendo Redes nos concellos.
• A nivel técnico e social: a través da información recollida nas entrevistas ás/aos
educadoras/es, das xuntanzas comarcais e da reunión de constitución da comisión
interdisciplinar.
-
Claridade e comprensión dos obxectivos do proceso participativo.
-
Viabilidade para desenvolver o proceso participativo no que respecta a temporalización,
recursos humanos e económicos.
-
Coherencia co enfoque participativo definido en relación a:
• Quen participa: cantidade (porcentaxe de participantes e de entidades en relación co
total); diversidade (porcentaxe de diferentes grupos, perfil das organizacións, axentes
relevantes); representatividade das persoas participantes (facilidade para a comunicación
coas persoas representadas, análise das variables que se tiveron en conta para a
selección das/os representantes); grao de apertura do proceso a toda a cidadanía:
estruturas establecidas.
• Como se participa: participación no diagnóstico; capacidade de proposta; niveis de
participación dos diferentes axentes nas fases do proceso (informativo, comunicativo,
consultivo e proxectivo); estruturas e espazos de participación deseñados (presenciais e
virtuais).
Estratexias de avaliación:
-
Avaliación interna por parte do equipo Tecendo Redes.
-
Validación a nivel político por parte da Secretaria Xeral de Igualdade.
-
Avaliación participativa: validación a nivel técnico por parte das redes comarcais, e externa, por
parte da comisión interdisciplinar.
3.2. Deseño do Programa Marco
Co obxecto de conceder un carácter educativo, de aprendizaxe compartida, ao proceso de elaboración
do Programa Marco, planificamos diferentes estratexias. Por unha banda, organizamos os temas a
abordar en catro bloques de contidos, secuenciando no tempo a participación dos diferentes axentes
na súa definición e construción, avanzando dende os contidos xerais aos máis específicos. Os bloques
son os seguintes:
1. Conceptualización: enfoques teóricos, concepto, finalidades e obxectivos, destinatarias/os e
espazos da Educación Familiar.
2. Perfil profesional: formación inicial e continua, funcións, competencias, código deontolóxico.
3. Cuestións metodolóxicas: principios de actuación e criterios metodolóxicos, procesos de
intervención, instrumentos da acción educativa e documentos técnicos.
23
4. Coordinación e traballo en rede con diferentes axentes e recursos especializados e da
comunidade.
Por outra banda, diferenciamos 5 fases no proceso de elaboración que se desenvolverán de forma
independente para cada un dos bloques de contido:
1. Preparación previa.
2. Discusión virtual.
3. Discusión presencial.
4. Síntese.
5. Validación externa.
Cada unha destas fases comporta axentes, accións, tempos e indicadores de avaliación diferentes que
pasamos a describir a continuación de forma pormenorizada.
1. Preparación interna:
Nesta fase os axentes principais son as e os técnicos do equipo Tecendo redes. Comporta as
seguintes actuacións:
• Elaborar un dossier onde se recollan lecturas e bibliografía recomendada relacionadas
con cada bloque temático, o que permitirá ampliar o coñecemento.
• Elaborar unha guía de análise e reflexión de cada bloque temático. Neste documento
recollerase, por unha banda, a visión das/os educadoras/es sobre cada tema, extraida
das entrevistas en profundidade, e, por outra banda, unha relación de actividades e
preguntas clave para o análise e a reflexión, cuestións que guiarán o debate tanto virtual
como presencial.
2. Discusión virtual:
Diríxese á formación e ao debate entre as/os educadoras/es familiares, a partir da lectura dos
textos seleccionados no dossier, da resposta ás preguntas establecidas na guía de traballo e
do intercambio das súas experiencias e visións. Desenvolverase de forma virtual a través dos
grupos de traballo creados no Portal Web para as/os educadoras/es de cada demarcación
territorial.
Consideramos que dedicar un tempo previo ás xuntanzas presenciais é fundamental, xa que
nunha única sesión resulta difícil resolver cada un dos contidos a integrar no Programa Marco,
discutir sobre eles e construír conxuntamente unha visión compartida.
As actuacións que comporta son:
• Compartir no apartado “documentos” do grupo de traballo o dossier de lecturas e a guía
de traballo sobre cada bloque de contidos (corresponde á/ao técnica/o Tecendo redes).
• Discutir, dialogar, intercambiar pareceres e opinións no foro, a partir das cuestións
propostas na guía de traballo. Nesta acción, a función de dinamización e moderación do
foro por parte da/o técnica/o Tecendo redes será primordial sobre todo nos primeiros
momentos xa que as persoas, polo común, non estamos acostumadas a debater de
forma virtual.
• Recoller nun documento as achegas do foro para preparar a xornada presencial coas
redes comarcais que se desenvolverá na seguinte fase do proceso (corresponde á/ao
técnica/o Tecendo redes).
No caso das/os educadoras/es familiares que non conten con acceso a internet, enviaráselles o
dossier e a guía por correo postal, destinando igualmente un tempo para a lectura e reflexión.
24
3. Discusión presencial:
Supón o desenvolvemento de xuntanzas presenciais coas/cos educadoras/es para debater
sobre cada un dos bloques de contido, a partir das discusións xeradas de forma virtual. O
obxectivo desta sesión presencial é acadar resultados concretos sobre os temas a traballar, por
iso é importante dirixir o debate á toma de decisións. As actuacións que comporta esta fase
son as seguintes:
• Desenvolver as xuntanzas con cada unha das redes comarcais definidas por Oficina I+B.
• Elaborar un documento onde se recollan os acordos para cada cuestión e devolvelo ás
redes comarcais de Educación Familiar (corresponde ao equipo Tecendo redes).
No caso do bloque de contido de coordinación e traballo en rede, a discusión presencial terá un
formato diferente ao resto dos bloques. Dado que é precisamente neste apartado no que
conflúen diferentes recursos e profesionais dos servizos sociais comunitarios e especializados
e mesmo da comunidade, é imprescindible implicalos no proceso de definición e toma de
decisións. Por isto, desenvolveranse xuntanzas presenciais abertas a diferentes profesionais.
4. Síntese:
Despois de celebrar os encontros coas/cos educadoras/es é necesario elaborar un documento
no que se sinteticen os acordos das diferentes redes, para evitar unha visión segmentada por
Oficina. O reto desta fase é conxugar estas visións e elaborar un único documento para o
conxunto da Comunidade Autónoma. As actuacións que comporta son as seguintes:
• Elaborar o documento de síntese a nivel autonómico (corresponde ao equipo Tecendo
redes).
• Devolver o documento de síntese autonómica ás redes de Educación Familiar.
5. Validación externa:
Unha vez que temos definido un documento final para cada un dos bloques de contido é
necesario que sexa validado, neste caso, pola Comisión Interdisciplinar, na que están
representados profesionais e persoas expertas de distintos recursos de atención primaria e
especializada e da comunidade. As actuacións que comporta esta fase son:
• De forma presencial, promover o debate sobre o documento, facendo as achegas
oportunas por parte da Comisión.
• Enviar o documento validado ás/aos educadoras/es familiares, ás/aos responsables
políticos a nivel municipal, e aos equipos de servizos sociais comunitarios.
Como se pode apreciar, na definición de cada unha das fases de elaboración do Programa Marco,
especifícanse diferentes estratexias para promover un proceso educativo de aprendizaxe compartida:
-
Compartir lecturas e referencias bibliográficas recomendadas para cada un dos bloques de
contido do Programa Marco, permitindo ampliar o noso coñecemento.
-
Partir dunha guía compartida para a análise e a reflexión sobre os contidos do Programa
Marco.
-
Debater virtual e presencialmente a partir das preguntas establecidas.
Ademais destas estratexias educativas, cremos que é necesario incardinar no proceso espazos de
formación específicos, facéndoos coincidir cos momentos nos que as redes están a discutir
virtualmente, como forma que ampliar as súas perspectivas e coñecementos.
25
Neste sentido, desenvolveranse accións formativas sobre:
-
Enfoques de Educación Familiar, para fundamentar e debater arredor das perspectivas
educativas.
-
Metodoloxías de intervención, co obxecto de afondar nas fases de intervención, definindo
estratexias específicas de avaliación, sistematización, rexistro...
-
Sistemas de coordinación e traballo en rede. Ao igual que na discusión presencial, a formación
sobre este último tema destinarase a diferentes recursos e profesionais de atención primaria e
especializada e da comunidade.
3.3. Avaliación do Programa Marco
Unha vez rematado o proceso, o equipo Tecendo redes será o responsable da redacción final do
Programa Marco de Educación Familiar que terá que ser avaliado por todos os axentes participantes
no proceso.
Tomamos como referencia o modelo de avaliación de programas desenvolvido por Pérez Juste (1995)
quen establece tres grandes bloques a avaliar: a avaliación do programa en si mesmo, a avaliación do
programa no seu desenvolvemento, e a avaliación do programa nos seus resultados.
3.3.1. Avaliación do programa en si mesmo
Avaliar o programa en si mesmo, é dicir, o produto resultante do proceso desenvolvido, implica validar
o Programa Marco por parte dos distintos axentes participantes no proceso de elaboración. As
estratexias definidas para esta validación son as seguintes:
-
Xuntanza presencial do equipo Tecendo redes.
-
Xuntanza presencial das redes comarcais de Educación Familiar.
-
Xuntanza presencial da comisión interdisciplinar.
Tamén é necesario garantir a difusión do documento final a diferentes axentes e á cidadanía,
permitindo a realización de achegas. Neste caso, a estratexia será fundamentalmente virtual, a través
do Portal Web www.familiasgalegas.org.
Os criterios que imos empregar para avaliar o programa son os seguintes:
1. Calidade intrínseca do Programa Marco:
• Contido do programa: coherencia entre o programa e as bases socio-psico-pedagóxicas
nas que se ampara (congruencia externa), coa lexislación vixente e co IV Plan Integral de
Apoio ás Familias.
• Calidade técnica do programa: linguaxe precisa e clara; coherencia interna entre as
partes do Programa Marco; adecuación á realidade, evitando o exceso de esixencia (falta
de realismo); operatividade.
• Avaliabilidade do programa: claridade e precisión da linguaxe utilizada; explicitación dos
compoñentes fundamentais do programa; definición inequívoca das variables de
avaliación; claridade en relación cos criterios e referencias de avaliación; previsión na
toma de decisións.
2. Adecuación ao contexto ou grao de resposta ás necesidades e expectativas das persoas ás
que se destina.
• Necesidades: coherencia entre as necesidades detectadas e priorizadas e o programa
26
formulado.
• Expectativas: de carácter técnico/profesional (relevancia, transcendencia, rentabilidade e
eficacia); de carácter eminentemente subxectivo das/os participantes na elaboración do
Programa Marco (interese, motivación, expectativas persoais e grupais).
3. Viabilidade do programa:
• Realismo nas metas do programa, froito da adecuación aos medios e recursos.
• Aproveitamento de medios e recursos mediante a súa axeitada dinamización,
planificación e orde.
3.3.2 Avaliación como proceso de mellora permanente
Unha vez elaborado o Programa Marco é preciso avaliar de forma continua o seu desenvolvemento e
aplicación nas realidades municipais de Educación Familiar, así como a súa adecuación ás novas
realidades sociofamilares, de forma que permita facer as modificacións oportunas para a súa mellora
permanente. Nesta avaliación continua atenderase aos seguintes criterios:
-
Grao de adecuación dos Programas Municipais de Educación Familiar ao Programa Marco. O
que supón revisar a existencia de desfases/desaxustes respecto do mesmo, fundamentalmente
a través das programacións e memorias anuais.
-
Grao de resposta ás necesidades sociofamiliares.
-
Coexistencia con outros programas xa existentes.
-
Satisfacción do persoal.
-
Impacto do Programa Marco na coordinación con outros recursos e profesionais e na
implicación da comunidade no traballo socioeducativo coas familias.
4. Temporalización do proceso
Presentamos a temporalización prevista para cada unha das fases do proceso. É unha planificación
temporal flexible que se irá adaptando ao desenvolvemento dos diferentes bloques de contido.
-
Fase preliminar:
• Deseño do proceso participativo: meses de xullo e agosto de 2008.
• Validación por parte das redes comarcais de Educación Familiar: mes de setembro de
2008.
• Constitución da Comisión Interdisciplinar e validación do proceso: mes de outubro de
2008.
-
Deseño do Programa Marco:
Todas as fases da elaboración do Programa Marco (preparación interna, discusión virtual,
discusión presencial, síntese e validación externa) se desenvolverán de forma independente
para cada un dos bloques de contido (conceptualización, perfil profesional, metodoloxía e
coordinación).
• Cronograma da elaboración dos bloques temáticos:
27
Fases
Preparación
interna
Set
Out08
B.I
Nov
Dec08
Xan
Feb
Mar
Abr
Mai
Xuñ
Xul
Ago
B.IV
B.IV
Set
B.II
B.III
B.III
B.IV
B.IV
B.I
B.I
B.II
B.III
B.III
Discusión
presencial
B.I
B.II
B.III
B.IV
Síntese
B.I
B.II
B.III
B.IV
Discusión
virtual
Validación
externa
Formación
B.I
B.I
B.II
B.III
B.III
B.IV
Out
B.IV
Lenda: B.I: Conceptualización; B.II: Perfil; B.III: Metodoloxías; B.IV: Coordinación.
• Redacción do Programa Marco: mes de novembro de 2009
-
Avaliación do proceso e dos resultados:
• Validación por parte do equipo Tecendo redes: mes de decembro de 2009.
• Validación por parte das redes comarcais de Educación Familiar: mes de decembro de
2009.
• Validación por parte da Comisión Interdisciplinar: mes de decembro de 2009.
5. Avaliación do proceso de elaboración do Programa Marco
Entendemos a avaliación como un proceso que debe iniciarse dende o mesmo momento en que
planificamos a elaboración do Programa Marco, ata a valoración do resultado. Neste documento de
planificación do proceso participativo foise incardinando a avaliación nas diferentes fases:
-
Avaliación inicial: centrada na propia planificación do proceso de elaboración do Programa
Marco.
-
Avaliación continua: centrada na análise do proceso participativo, valorando se o seu
desenvolvemento responde ao planificado e se é preciso incorporar modificacións para dar
resposta aos obxectivos establecidos.
-
Avaliación final: do resultado específico, neste caso o Programa Marco.
Neste momento definimos a avaliación do proceso no seu conxunto, sendo o obxecto analizar se as
accións, estratexias metodolóxicas e mecanismos de participación desenvolvidos se orientaron cara a
consecución dos obxectivos establecidos para o proceso participativo.
Estratexias de avaliación:
-
Avaliación interna: sesións de autoavaliación ao final do proceso.
28
-
Avaliación participativa:
• Enquisa para obter percepcións e valoracións subxectivas das persoas participantes en
relación ao proceso participativo e ao resultado.
• Avaliación cualitativa nunha xuntanza final: proceso de reflexión colectiva entre as
persoas participantes entorno ao proceso participativo e ao resultado.
6. Certificación da participación
A participación das/os educadoras/es familiares no proceso de elaboración do Programa Marco
concrétase en:
-
Asistencia ás xuntanzas presenciais das redes comarcais de Educación Familiar (7 en total
dunha duración aproximada de 35 horas).
-
Asistencia ás xornadas formativas presenciais (3 en total, dunha duración aproximada de 45
horas).
-
Lectura
dos
documentos e participación virtual a través
www.familiasgalegas.org (cunha previsión aproximada de 40 horas).
do
Portal
Web
Acreditarase esta participación nun único certificado de 120 horas para o que se esixirá a asistencia e
participación como mínimo do 80% nas tres modalidades de accións previstas.
7. Bibliografía
•
OLDP (2006). Guía práctica de evaluación de procesos participativos. Consulado de http://
www.oidp.net/pdf/GuiaPracticaEvaluaciondeProcesos.pdf, con data do 8-07-09.
•
Pérez, R. et al. (1995). Evaluación de programas y centros educativos. Madrid: Cincel.
•
Pose, H. e Fraguela, R. (Coords) (2006). Planificación estratéxica en cultura. A Coruña:
Deputación da Coruña.
•
Romero, A. (2004). La participación del voluntariado en el desarrollo de la comunidad
local.Colección "A fuego lento", Cuaderno nº 5. Madrid: Plataforma para la promoción del
voluntariado en España.
29
3.
PROGRAMA MARCO DE
EDUCACIÓN FAMILIAR
Preámbulo
Os Programas de Educación Familiar naceron na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 1994 coa
publicación da primeira Orde na que se convocaban axudas para o seu desenvolvemento nas
corporacións locais do territorio autonómico. Esta Orde, de carácter anual, foi a única referencia
normativa para os programas ata o momento actual, o que supuxo unha debilidade na
conceptualización e regulación do seu funcionamento.
O presente documento pretende dar resposta á necesidade de crear un marco de referencia unificado
para os programas de Educación Familiar das corporacións locais, no que se establezan as
prioridades de actuación e os principios, criterios e directrices de organización, funcionamento e
intervención socioeducativa aos que se deberán axustar.
O Programa Marco concíbese, polo tanto, como un referente básico e obrigado co que se pretende
acadar os seguintes obxectivos:
-
Establecer a liña base de calidade nos programas de Educación Familiar, promovendo a
mellora permanente no seu desenvolvemento a fin de responder de forma efectiva ás
necesidades das familias.
-
Unificar criterios de actuación e avaliación entre as/os responsables da Educación Familiar.
-
Servir de guía para a elaboración dos programas municipais de Educación Familiar e de
instrumento que posibilite a orientación, seguimento e avaliación dos mesmos.
Como documento marco, ten unha previsión de durabilidade no tempo, polo que unicamente debe
reflectir principios e criterios xerais e non aspectos suxeitos a cambios a corto prazo. Así mesmo, se
concibe como un documento flexible, de forma que favoreza e permita a súa adaptación ás diversas
realidades municipais; e vivo, obxecto de revisión permanente, para adaptalo aos cambios sociais e
familiares.
O documento que se presenta foi promovido e coordinado polo equipo Tecendo redes -programa de
apoio á Educación Familiar, xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar-,
e resulta do consenso acadado a través dun proceso participativo no que se implicaron:
-
208 responsables dos programas municipais de Educación Familiar da nosa Comunidade
Autónoma.
-
13 representantes do ámbito político, técnico e social, nomeadamente: da Secretaría Xeral de
Familia e Benestar, de equipos e servizos especializados, de asociacións e colexios
profesionais de Educación Social, Traballo Social e Psicoloxía, de recursos do ámbito
educativo e sanitario.
Cómpre dicir que o proceso participativo de elaboración do Programa Marco, tal e como estaba
planificado, está sen rematar -situación derivada dunha decisión política, non técnica, de non
continuación de Tecendo redes a partir do 31 de decembro de 2009-, polo que, de cara a futuras
revisións e modificacións do documento, apuntamos algunhas liñas de actuación sobre como continuar
o traballo:
-
Incorporar no proceso aos equipos profesionais dos servizos sociais comunitarios e
especializados para consensuar os contidos e instrumentos de traballo compartidos.
-
Elaborar e validar entre os/as diferentes profesionais implicados no traballo con familias, unha
proposta articulada de coordinación e traballo en rede, que permitira unificar unha linguaxe
común e clarificar competencias, responsabilidades e itinerarios na intervención profesional
con familias e infancias en situación de dificultade ou risco social.
Agardamos que a vós, responsables e profesionais da Educación Familiar dos concellos galegos, este
documento vos oriente e axude na vosa práctica profesional. Así o desexa o equipo de Tecendo redes.
33
ÍNDICE
Capítulo I. Marco legal da Educación Familiar....................................................................................... 35
Capítulo II. Marco teórico e conceptual da Educación Familiar...............................................................39
2.1 Principios orientadores.............................................................................................................39
2.2 Definición e obxectivos do Programa de Educación Familiar..................................................41
2.3 Destinatarias/os do programa..................................................................................................42
2.4 Contidos da Educación Familiar...............................................................................................42
Capítulo III. Competencias e funcións do educador/a familiar.................................................................44
3.1 Competencias xerais, específicas e compartidas....................................................................44
3.2 Funcións xerais, específicas e compartidas............................................................................44
3.3 Formación inicial e continua.....................................................................................................46
3.4 Ética profesional.......................................................................................................................47
3.5 Coidado ás/aos profesionais do ámbito socioeducativo..........................................................47
Capítulo IV. Metodoloxía da acción socioeducativa con familias, grupos e comunidades......................50
4.1 Fundamentación do acompañamento educativo.....................................................................50
4.2 A intervención socioeducativa individual/familiar.....................................................................51
4.3 A intervención socioeducativa grupal.......................................................................................57
4.4 A intervención socioeducativa na comunidade........................................................................58
4.5 Instrumentos mínimos para a planificación, intervención e avaliación....................................61
Capítulo V. Coordinación e traballo en rede............................................................................................62
5.1 Conceptualización da coordinación e traballo en rede............................................................62
5.2 Axentes implicados: contidos da coordinación.........................................................................63
5.3 Niveis de coordinación e traballo en rede................................................................................67
5.4 Fases do proceso de coordinación e traballo en rede.............................................................67
Capítulo VI. Requirimentos mínimos........................................................................................................70
6.1. Recursos materiais..................................................................................................................70
6.2. Ratio de familias por profesional.............................................................................................70
Bibliografía................................................................................................................................................72
Anexos......................................................................................................................................................73
Anexo 1: Glosario...........................................................................................................................74
Anexo 2: Modelo de acordo de colaboración.................................................................................76
Anexo 3: Modelo de formulario de derivación................................................................................78
Anexo 4: Modelo de plan de traballo.............................................................................................80
Anexo 5: Modelo de informe sociofamiliar.....................................................................................96
Anexo 6: Modelo de proxecto de intervención grupal....................................................................99
34
Capítulo I. Marco legal da Educación Familiar
Os programas de Educación Familiar han de rexerse pola normativa vixente en materia de servizos
sociais e protección ás familias e infancia. A continuación expóñense as referencias legais máis
relevantes, organizadas por rango e data:
-
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos (Resolución 217 da Asamblea Xeral da ONU
do 10 de decembro de 1948).
-
A Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos da infancia (Resolución 44/25 da
Asamblea Xeral da ONU de 20 de novembro de 1989).
-
A Constitución Española de 1978 enumera no capítulo III do Título I, os principios reitores da
política social e económica, sinalando en primeiro lugar (artigo 39) a obriga dos poderes
públicos de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia e, dentro desta, con
carácter singular, da infancia e da adolescencia, en canto aos dereitos que lles son
recoñecidos polas normas convencionais e os acordos internacionais, presididos todos eles
polas orientacións da Convención das Nacións Unidas dos dereitos do neno, de 20 de
novembro de 1989, ratificada por España.
-
O Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado por Lei Orgánica 1/1981 do 6 de abril, establece
no artigo 27 a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma en materia de asistencia
social e en materia de promoción do desenvolvemento comunitario (apartados 23 e 24).
-
A Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, que no seu artigo 25.2, letra
k), outorga competencias delegadas aos concellos en materia de “prestación de servizos
sociais e de promoción e reinserción social”. Así mesmo, no seu artigo 26.2, recoñécelles como
competencia obrigatoria aos municipios de máis de 20.000 habitantes a “prestación de servizos
sociais”.
-
A Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, recolle no artigo
11.2 o principio reitor do mantemento do menor no seu ámbito familiar salvo que non sexa
conveniente para o seu interese, así como a súa integración familiar e social. O artigo 17
regula a actuación dos poderes públicos en situación de risco dirixida a promover os factores
de protección do menor e da súa familia e a diminuír os factores de risco e dificultade social
que incidan na situación persoal e social na que se atopan.
-
A Lei 3/1997, de 9 de xuño, da Familia, da Infancia e da Adolescencia, no artigo 2, define a
familia como o “conxunto de persoas unidas por vínculos de matrimonio ou de parentesco, ou
as unidades de convivencia cando constitúan núcleos estables de vida en común”. No artigo
5,recolle a atribución de competencias aos municipios en materia de protección á familia, á
infancia e á adolescencia. Estas son:
o
A participación na detección das necesidades que afecten ás familias, infancia e
adolescencia que residan no seu territorio.
o
A provisión directa de servizos e prestacións ás familias que presenten aspectos
carenciais.
o
O fomento da participación das familias.
o
A información e orientación acerca dos recursos destinados ás familias, infancias e
adolescencias.
o
A prevención, apreciación e intervención nas situacións de risco en que se podan
atopar.
o
A colaboración no seguimento das medidas de protección adoptadas pola xunta de
Galicia.
35
Tamén recolle neste artigo a responsabilidade da Xunta de Galicia de prestar a asistencia
técnica necesaria aos municipios para o cumprimento destas funcións.
O artigo 12, pola súa banda, regula as actuacións de prevención e apoio dirixidas ás familias,
destacando entre elas:
o
A creación de servizos de información e asesoramento.
o
O desenvolvemento de campañas de sensibilización social sobre as necesidades das
familias.
o
O fomento da calidade de vida das familias mediante programas que faciliten o acceso
normalizado aos recursos e servizos da comunidade co fin de promover a súa
participación.
o
A implicación das familias nos recursos educativos.
o
O desenvolvemento de programas de axuda a domicilio.
o
A xestión de plans e programas que procuren a autonomía familiar, prestando apoio ás
familias menos favorecidas e desenvolvendo accións encamiñadas á conciliación.
Toda a normativa reguladora en materia de familia, infancia e adolescencia foi refundida polos
Decretos 42/2000, do 7 de xaneiro; 406/2003, do 29 de outubro; e 329/2005, de 28 de xullo,
que amplía e modifica os anteriores.
-
A Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
-
A Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes e a Lei 11/2007, do
27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que
establecen a necesidade de integrar a perspectiva de xénero en todas as accións que se
desenvolvan, neste caso, no ámbito dos servizos sociais e da Educación Familiar.
É preciso facer unha mención destacada á Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia, como marco
de referencia do Sistema Galego de Servizos Sociais, no que se integra a Educación Familiar. O artigo
3 recolle os obxectivos xerais deste sistema, entre os que figura explicitamente o obxectivo de
"garantirlles o apoio ás familias como marco de referencia no que se desenvolven as persoas". Tamén
son importantes para a Educación Familiar os seguintes: facilitar alternativas de integración social;
garantir a autonomía e vida independente; previr a aparición de situacións de desigualdade ou
desprotección; e proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre homes e
mulleres.
Os principios reitores recollidos nesta Lei de Servizos Sociais (artigo 4), son os que orientarán as
accións contempladas no Programa de Educación Familiar. Son os seguintes: universalidade,
prevención, responsabilidade pública, igualdade, equidade e equilibrio territorial, solidariedade, acción
integral e personalizada, autonomía persoal e vida independente, participación, integración e
normalización, globalidade, descentralización, coordinación, economía, eficacia e eficiencia,
planificación e avaliación.
O Capítulo I do Título I establece a nova estrutura dos servizos sociais, en forma de rede consonte a
dous niveis de actuación.
a) Servizos sociais comunitarios, que comprenden, a súa vez, dúas modalidades: servizos sociais
comunitarios básicos e servizos sociais comunitarios específicos.
b) Servizos sociais especializados.
Dentro desta nova estrutura, os Programas de Educación Familiar intégranse nos servizos sociais
comunitarios (artigo 9), ao compartir as características sinaladas para este nivel no novo marco
lexislativo:
-
Un servizo de carácter predominantemente local, referenciado a un territorio e a unha
36
poboación determinados e constitúen o acceso normalizado e o primeiro nivel de intervención
do sistema galego de servizos sociais.
-
Un servizo de carácter integrador, a principal instancia do sistema para o desenvolvemento de
intervencións de carácter preventivo, de atención integral a persoas e familias e de
incorporación social e laboral.
-
Un servizo coordinado mediante protocolos e sistemas de derivación, información e
colaboración cos servizos sociais especializados, así como con outros servizos para o benestar
que operen no mesmo territorio, especialmente cos de saúde, educación, cultura, emprego,
vivenda, migracións e, se é o caso, desenvolvemento rural, co fin de favorecer unha
intervención integral coas persoas.
En canto ao seu encadre no nivel básico ou específico, concíbese o Programa de Educación Familiar
como un servizo amplo que desenvolve actuacións de ambos niveis. Estas son:
-
Servizos sociais comunitarios básicos:
a) O estudo e diagnóstico social da comunidade, que implica a detección e análise de
necesidades e demandas, explícitas e implícitas, no seu ámbito de intervención.
b) A elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades
detectadas ou anticipadas no diagnóstico social.
c) A identificación de grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situacións
de risco para o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promoción
social.
d) A atención das situacións individuais, a información en relación coas demandas
presentadas, o diagnóstico e a valoración técnica previa e a consecuente intervención
no caso, que incluirá, cando sexa conveniente, a derivación cara ao recurso idóneo
dentro do sistema galego de servizos sociais ou a outros sistemas de benestar ou a
asistencia nos trámites necesarios para acceder a outros recursos.
e) A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos
correspondentes proxectos personalizados de intervención nos termos establecidos na
normativa específica en materia de inclusión social.
f)
A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das
prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos
termos establecidos na normativa que resulte aplicable.
g) A información, a orientación e o asesoramento a toda a poboación, facilitando o seu
acceso aos recursos sociais.
h) O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas
que impulsen a solidariedade e a cooperación social organizada.
-
Servizos sociais comunitarios específicos:
a) Programas e actividades para previr a exclusión de grupos vulnerables de
características homoxéneas e facilitar a súa inserción e normalización social.
b) A atención directa a colectivos con déficits de autonomía ou en risco de exclusión que
se desenvolva a través de programas en medio aberto, en centros de carácter non
residencial ou de carácter residencial temporal.
c) A xestión de equipamentos comunitarios para sectores de poboación con necesidades
específicas que posibiliten no seu ámbito o logro dos obxectivos recollidos no artigo 3º
desta lei, no marco do Plan estratéxico de servizos sociais.
En relación a esta categorización, sinálase que o programa de Educación Familiar debe priorizar as
37
funcións dos servizos sociais comunitarios básicos, encamiñadas preferentemente á prevención. Todo
o equipo de servizos sociais comunitarios participa do Programa de Educación Familiar, pero será a/o
educadora/or familiar o/a profesional responsable en maior instancia.
En relación ao catálogo de servizos (art.19, capítulo II), considérase a Educación Familiar como un
servizo ou intervención de carácter técnico-profesional esencial, sendo as súas funcións concretas:
-
Información, orientación, asesoramento e acompañamento ás familias.
-
Valoración e diagnóstico social das demandas.
-
Intervención social que favoreza a adquisición ou recuperación de funcións e habilidades
persoais e sociais de cara á mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e á
inclusión social.
Esta lei desenvólvese a través doutras regulacións, entre as que figura a Orde de 22 de xaneiro de
2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, e que no seu articulado tamén fai referencia
específica ás actuacións de carácter psicosocial e educativo.
38
Capítulo II. Marco teórico e conceptual da Educación Familiar
A fundamentación teórica da Educación Familiar nútrese de teorías enmarcadas nas Ciencias
Educativas e Sociais, aportando concepcións e axiomas que serven de guía para a acción
socioeducativa con familias. Entre elas, destacamos as achegas do enfoque ecolóxico-sistémico, do
paradigma da complexidade, das teorías do desenvolvemento comunitario, das teorías de intelixencia
emocional de Coleman, dos enfoques construtivistas, da perspectiva de xénero, das teorías
liberadoras de Freire, entre outras.
Tendo en conta os referentes teóricos que fundamentan cada perspectiva ou enfoque, preséntanse a
continuación os principios orientadores que configuran o marco teórico da Educación Familiar.
2.1 Principios orientadores
Universalidade do programa. Enténdese que todas as familias ao longo das distintas fases do ciclo
vital poden atravesar situacións de conflito que as fan vulnerables. O apoio socioeducativo deberá
orientarse a facilitar ferramentas e estratexias de superación e enfrontamento positivo das distintas
etapas.
Prevención. Enténdese por prevención dende unha perspectiva ampla a superación das causas que
orixinan as necesidades sociais, o que implica a promoción activa de circunstancias e actuacións
positivas para o desenvolvemento integral das persoas, e a optimización do contorno comunitario.
Unha concepción máis restrinxida da prevención refire accións concretas de apoio familiar que eviten
que as dificultades familiares e sociais deriven en situacións de risco ou desprotección máis grave. En
calquera das dúas concepcións, esíxese ter en conta non só as realidades familiares, senón tamén as
influenzas meso-, exo- e macrosistémicas, identificando as causas e factores que se agochan detrás
das situacións de dificultade, desenvolvendo actuacións proactivas, integrais e integradoras.
Concepción complexa e sistémica da realidade. A sociedade actual tórnase cada vez máis
complexa nas súas relacións e na súa organización. A factores socioeconómicos, noutra hora
principais causantes das situacións de pobreza e exclusión social, súmanse na actualidade
fenómenos como a diversidade cultural, a urbanización, e/ou a masificación, que impoñen situacións
de incerteza social e colectiva que levan a moitas familias a experimentar vivencias de desadaptación,
facéndoas máis vulnerables aos problemas sociais (desemprego, carencia de vivenda, violencia de
xénero, desprotección da infancia...). Neste senso, cómpre ter en conta na intervención a relación
ecolóxica e interdependente do sistema familiar cos outros sistemas sociais, nomeadamente o
educativo, o sanitario, o veciñal, o xudicial, o laboral, etc.
A perspectiva da complexidade aporta a necesidade de contemplar o desorde, a imprevisibilidade, e
as incertezas. A resposta a esta realidade complexa baséase na elección dunha decisión, pola
conciencia da aposta e a elaboración dunha estratexia que teña en conta as complexidades
inherentes ás súas finalidades, que no transcurso da acción poda modificarse en función dos riscos,
informacións e cambios de contexto (Morin, 2001).
As relacións de xénero e o empoderamento como enfoque, contido e metodoloxía.
Contemplarase a igualdade como un valor fundamental para a consecución da dignidade da muller e
do cumprimento dos dereitos humanos. Ao abeiro deste principio fundamental, os proxectos de
Educación Familiar contemplarán como obxectivo a capacitación para a toma de decisións autónoma
das mulleres e a asunción da corresponsabilidade nas tarefas das persoas que conforman o núcleo
familiar. Ademais, fomentarase que os proxectos de Educación Familiar conten cun impacto de xénero
tal e como recomenda a Lei 7/2004 do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.
Traballo en rede e comunitario. O territorio configúrase como o punto de partida e de chegada onde
teñen lugar as intervencións socioeducativas coas familias. Tendo en conta este principio, o traballo en
equipo, coordinado e en rede coas profesionais e entidades relacionadas coas familias será outro dos
eixos principais. Por iso, o/a educador/a familiar deberá procurar a implicación de todos os axentes
locais na Educación Familiar a través da creación de redes de traballo coas asociacións, profesionais
39
de diversos ámbitos, centros educativos, e administracións. Este principio supón a necesidade de
deixar de traballar en árbore para traballar en rede, conxugando esforzos e achegando posturas para
deseñar accións integrais e coherentes nunha mesma liña de traballo con outras/os profesionais da
comunidade, especialmente dos centros educativos e sanitarios. A colaboración debe deixar de ser
puntual para converterse nun traballo en rede real, para o que é necesario establecer un proxecto
común, cos necesarios mecanismos e recursos específicos. Dada a súa importancia, adícase o
capítulo V íntegro a esta cuestión.
Integralidade das actuacións socioeducativas. A intervención socioeducativa debe contemplar
todas as dimensións das persoas e promover o seu desenvolvemento global (biolóxico, psicolóxico,
social, cultural, educativo, emocional, afectivo...), máis alá da cobertura das necesidades básicas das
familias. Neste senso, o/a educador/a familiar traballará en equipo coas/cos profesionais do equipo de
servizos sociais, de xeito que se garanta a abordaxe integral das situacións que atravesan as familias.
Promoverá as relacións de colaboración, respecto e bo trato coas outras/os profesionais do equipo e
aportando de modo igualitario pautas e solucións para as intervencións profesionais.
Normalización e inclusión. Estes principios refiren a importancia de potenciar o desenvolvemento
integral a través da participación activa e do impulso de prácticas transformadoras da realidade
existente, evitando intervencións que perpetúen a diferenza e dificulten a integración. A inclusión
implica cambiar paulatinamente os modos de organización e de toma de decisións para conseguir
aumentar a participación de todos os membros dunha comunidade. A análise dos modos que se
empregan para funcionar, a identificación de rutinas, normas, formas de interacción, sistemas de
intercambio de información... que estean dificultando a participación son aspectos que é preciso
traballar dende a Educación Familiar para transformalos.
Implica, polo tanto, ter presente e empregar na intervención socioeducativa o abanico de posibilidades
que a sociedade ofrece, demandar e promover novas prácticas para acadar o acceso e a participación
activa das familias aos recurso e espazos da comunidade.
Ademais destas cuestións, a normalización e a inclusión tamén refiren a promoción das aprendizaxes
necesarias para o desenvolvemento no noso medio sociocultural (pautas sociais de comunicación e
interacción co entorno) para a aceptación social das persoas, e aquelas outras prácticas orientadas a
evitar o rexeitamento e a estigmatización social. A inclusión implica a oportunidade de participar na
toma de decisións para poder elixir formas de vida diferentes ás consideradas ordinarias e para a
aceptación e igual consideración ás diferentes formas de ser familia.
Todo isto esixe da/o a/o profesional da Educación Familiar o coñecemento da comunidade, dos
diferentes espazos que a integran, dos recursos e servizos que ofrece e da posibilidade de utilizalos do
xeito máis óptimo e eficaz posible.
Autonomía e participación. A participación concíbese como un factor decisivo para a cohesión social
e para unha convivencia democrática. Ademais, é en si mesma unha metodoloxía para a promoción da
competencia persoal e social, o desenvolvemento da autonomía e da responsabilidade. Participar
implica estar presente e tomar parte activa en todas as fases do proceso educativo como suxeitos
responsables e protagonistas do seu propio cambio e mellora.
É preciso evitar a pseudoparticipación, contando aparentemente coa familia pero sen que participe de
forma real. Neste senso, cabe ter en conta e garantir os diferentes niveis de participación, entendida
como proceso: informar, escoitar, consultar, tomar decisións dialogadas, negociar consensos,
compartir decisións e aceptar e respectar as decisións tomadas polas familias. A participación
incorpora e fomenta a dimensión relacional do traballo socioeducativo.
As familias e a infancia como protagonistas da acción educativa. Implica que as familias son
suxeitos de dereitos e, polo tanto, garantir a súa participación activa nos proxectos de Educación
Familiar e comunitarios debe ser un elemento teórico e metodolóxico fundamental da acción educativa.
Neste senso, débese motivar ás familias e aos seus membros para o diálogo e a implicación na
resolución dos problemas que lles afectan. Así, propiciaranse fórmulas que avalíen indicadores
relacionados con esta dimensión.
40
As/os profesionais como persoas mediadoras e facilitadoras, e comprometidas co cambio
social. As/os educadoras/es familiares desempeñarán o seu rol principal como promotoras/es do
cambio e acompañarán ás familias e ás comunidades neste proceso de busca e consecución da
autonomía e participación social.
Avaliación e mellora. A busca dun proceso permanente de mellora rexerá as actuacións dos
programas de Educación Familiar. Neste proceso cobran importancia as técnicas e instrumentos de
avaliación e planificación das accións, tanto a nivel cuantitativo como cualitativo, coa intencionalidade
de corrixir, orientar e redeseñar as actuacións futuras. Neste contexto, a/o profesional da EF velará
pola participación das persoas destinatarias nos procesos de avaliación e planificación dos programas.
Ademais, se potenciarán os procesos e estratexias de xestión, documentación e sistematización das
intervencións e información xerada co obxectivo de garantir a transparencia, a profesionalidade e a
calidade dos programas.
A construción da realidade como contido da intervención socioeducativa coas familias. A
realidade familiar é unha construción social que se vai facendo a partir das subxectividades con que
cada persoa, familia, profesional a percibe. Por iso, cómpre co-construír coa familia e coa comunidade
esa realidade, a partir dos seus significados, das súas relacións, e utilizalos como contidos da
intervención socioeducativa. A cultura, os valores, a lingua, conforman as identidades, os sentimentos
de pertenza a partir dos cales traballar, comprender e re-construír novos significados e experiencias
vitais e cotiás.
2.2 Definición e obxectivos do Programa de Educación Familiar
Concíbese o programa de Educación Familiar como un servizo educativo e psicosocial de prevención,
intervención e apoio dirixido ás familias e a toda a comunidade. Ten como finalidade promover a
calidade de vida e o benestar social das familias e dos membros que a integran. Persegue a
promoción da autonomía familiar, o desenvolvemento integral das súas potencialidades e a súa
participación activa como protagonistas do seu cambio, a partir dun proceso co-construído entre as
familias, as/os profesionais e os axentes da súa comunidade.
Obxectivos xerais:
-
Ofrecer apoio socioeducativo integral ás familias, como marco de referencia onde se
desenvolven as persoas.
-
Fomentar a autonomía e a integración no contorno de todas as familias, garantindo o respecto
aos seus dereitos.
-
Promover o recoñecemento social das familias como principais axentes educadores.
-
Promover e dinamizar redes comunitarias de apoio e axuda mutua ás familias, favorecendo a
prevención de situacións de risco e dificultade sociofamiliar.
Obxectivos específicos:
-
Promover a adquisición de competencias (actitudes, habilidades e capacidades) nas familias
para un axeitado desenvolvemento das súas funcións parenterais, educativas, de crianza e
socialización.
-
Reforzar, estimular e potenciar os recursos persoais das familias, as súas capacidades e
potencialidades para a solución das dificultades nas que se poidan atopar nas diferentes
etapas do ciclo familiar, facéndoas partícipes e protagonistas do cambio.
-
Facilitar alternativas, recursos e itinerarios socioeducativos ás familias.
-
Facilitar o acceso a toda a información específica para as familias, así como aos recursos e
servizos da sociedade (culturais, cívicos, educativos, deportivos, de lecer...).
-
Promover a corresponsabilidade nas familias.
41
-
Favorecer a integración, a participación e a promoción social das familias nos ámbitos familiar,
social, cultural, político e educativo.
-
Promover espazos de encontro de pais e nais orientados á formación, análise e busca
conxunta de mellora das situacións.
-
Previr, detectar e atender situacións e familias de elevada vulnerabilidade: infancia en alto risco
social, dinámicas de violencia intrafamiliar e familias en situación de exclusión social.
-
Sensibilizar, informar e promover valores de solidariedade, igualdade e integración na
sociedade galega.
-
Promover o coñecemento e recoñecemento da diversidade familiar (estrutural e cultural).
2.3 Destinatarias/os do programa
Desde unha perspectiva universalista, preventiva e de igualdade, son destinatarias do programa de
Educación Familiar todas as familias, en plural.
Enténdese por familias tanto o conxunto de persoas unidas por vínculos de convivencia que constitúen
unha rede de relacións afectivas, de coidado e económicas, como os fogares unipersoais. A súa
finalidade é proporcionar aos seus membros os vínculos necesarios para que desenvolvan os seus
procesos de individualización e autonomía e participen activamente na sociedade, aportando os
elementos clave para a súa socialización.
Atenderase de forma prioritaria ás familias que se atopen naquelas situacións e fases do ciclo familiar
de maior vulnerabilidade, risco ou crise.
Enténdese por vulnerabilidade familiar un proceso ou situación onde predominan elementos de
fraxilidade (económica, emocional, relacional...). Estas situacións comportan riscos, pero tamén unha
maior receptividade de axuda profesional ou de redes sociais. Pode derivar polo tanto, nunha
oportunidade de cambio e transformación familiar e de superación de situacións de exclusión.
Dentro das situacións de vulnerabilidade darase prioridade a aquelas familias integradas por:
-
Infancia e adolescencia en situación de risco.
-
Persoas en situación de dependencia (diversidade funcional, problemas de saúde mental,
discapacidades, persoas maiores...).
Tamén é destinataria do programa de Educación Familiar a comunidade en xeral e, dentro desta, as
entidades e profesionais cunha vinculación directa ou indirecta no traballo con familias (sistema
sanitario, educativo, a administración local, xurídico, asociativo, laboral, servizos especializados...).
Cada concello, en función da especificidade do seu territorio e poboación, así como dos recursos
dispoñibles, concretará no seu proxecto local de Educación Familiar as/os destinatarias/os do mesmo,
establecendo as priorizacións pertinentes.
2.4 Contidos da Educación Familiar
Os contidos ou obxectos de coñecemento que se deben abordar a través da Educación Familiar, tanto
en actuacións grupais e comunitarias como de apoio socioeducativo personalizado, son, entre outros:
Aspectos conceptuais:
-
Diversidade familiar: diferentes realidades familiares.
-
Os dereitos e responsabilidades das familias.
42
-
As funcións e roles das familias: satisfacer as necesidades dos seus membros (de protección,
emocionais, educativas, sociais e relacionais, cognitivas, físicas...)
-
As necesidades da infancia nas diferentes etapas evolutivas.
-
Contextos socioeducativos.
-
Educación para a saúde.
Aspectos actitudinais (sentimentos, actitudes, valores e normas):
-
Compromiso coas funcións e responsabilidades.
-
Aceptación e respecto pola diferenza e pola idiosincrasia.
-
Respecto dos dereitos das persoas.
-
Valores de igualdade, solidariedade, corresponsabilidade.
-
Apoio mutuo e acompañamento.
Aspectos procedimentais:
-
Habilidades e competencias parenterais.
-
Establecemento de límites e normas.
-
Estratexias para a educación afectivo-sexual.
-
Estratexias para a educación en igualdade.
-
Relacións intrafamiliares: interaccións entre os subsistemas familiares.
-
Habilidades sociais de interacción.
-
Participación social
-
Habilidades de comunicación.
-
Habilidades de resolución de conflitos.
-
Expresión dos sentimentos e emocións.
-
Relacións con outros contextos.
-
Hábitos saudables, consumo responsable...
-
Organización da vida cotiá: tempos (horarios e rutinas), espazos, relacións, normas,
experiencias básicas...
Cada proxecto comunitario, grupal ou individualizado determinará e priorizará os contidos a abordar.
43
Capítulo III. Competencias e funcións do/a educador/a familiar
O/a educador/a familiar é aquel/a profesional que desenvolve as actuacións educativas e
psicosociais propias do Programa de Educación Familiar, formando parte dos equipos
interdisciplinares dos servizos sociais comunitarios.
3.1 Competencias xerais, específicas e compartidas
A competencia xeral das/os profesionais da Educación Familiar é planificar, xestionar, desenvolver e
avaliar as accións enmarcadas no programa.
De forma específica, as súas competencias refírense a avaliar, planificar e desenvolver procesos
socioeducativos nos seguintes aspectos:
-
A adquisición da autonomía persoal e social das familias.
-
A participación das familias na comunidade.
-
O desenvolvemento de metodoloxías de coordinación, con persoas, axentes da comunidade ou
entidades que teñan relación directa ou indirecta coas familias.
Finalmente, son competencias compartidas cos servizos sociais comunitarios:
-
Detectar e coñecer as necesidades sociais das familias.
-
Xestionar, programar e avaliar proxectos e recursos que incidan no benestar das familias.
3.2 Funcións xerais, específicas e compartidas
Son funcións xerais das/os profesionais da Educación familiar, as seguintes:
-
Avaliación Inicial das situacións de dificultade a nivel familiar e comunitario.
-
Sensibilización e formación familiar a nivel comunitario.
-
Planificación e execución das accións dirixidas a promover o desenvolvemento integral das
familias e a súa participación activa na sociedade.
-
Incorporación da perspectiva integrada de xénero nos procesos socieducativos dirixidos ás
familias.
Preséntanse as funcións específicas do/a educador/a familiar en relación á comunidade, ás familias e
a outras/os profesionais, as funcións de xestión, e aquelas compartidas dentro do propio equipo de
servizos sociais comunitarios. Para un óptimo desenvolvemento da intervención, será necesario que
estas funcións sexan realizadas conxuntamente polo equipo interdisciplinar de servizos sociais, coas
familias, e con outros servizos e profesionais da comunidade.
44
En relación coa
comunidade
-
En relación coa/s
familia/s
-
En relación con
outros servizos e
profesionais
-
-
De organización e
xestión
-
Compartidas nos
servizos sociais
comunitarios
-
Detección temperá de circunstancias comunitarias que podan deteriorar as
situacións familiares.
Xerar redes sociais de solidariedade familiar.
Traballar comunitariamente os contidos do PEF.
Intervención socioeducativa na comunidade, poñendo especial énfase na
colaboración con outros programas comunitarios que interveñan coas familias.
Seguimento e avaliación da participación das familias.
Detección, análise e valoración das necesidades socioeducativas coas familias e
toma de decisións sobre a inclusión das mesmas no PEF.
Deseño, execución e avaliación dos proxectos individualizados de intervención
socioeducativa coas familias.
Asesoramento e orientación socioeducativa con respecto a pautas de actuación
familiar.
Intervención e apoio na resolución de conflitos familiares en calquera dos seus
contextos.
Acompañamento socioeducativo no proceso de participación das familias nos
recursos da comunidade.
Apoio emocional no proceso de intervención educativa coas familias.
Participación e valoración dos proxectos individualizados de inserción da RISGA
que inclúan o PEF como parte dos citados proxectos.
Proposta técnica en relación á solicitude de prestacións ás que podan ter dereito
as familias do PEF.
Participación na execución de medidas socioeducativas xudiciais ao abeiro da
Lei 5/2000, de 12 de xaneiro, de responsabilidade penal dos menores.
Documentación e rexistro das actuacións desenvolvidas dende o PEF.
Coordinación cos outros servizos e departamentos municipais.
Coordinación co/s equipo/s de servizos sociais comunitarios básicos e
específicos.
Coordinación cos equipos especializados.
Coordinación con outros axentes que se relacionen coas familias dende outros
ámbitos (centros escolares, sanitarios, de seguridade…)
Coordinación co persoal que presta servizos no PEF (voluntariado, SAD,…)
Derivación -informada e rexistrada- das familias a outros equipamentos ou
recursos da comunidade.
Emisión de
informes sociofamiliares que reflicta datos da intervención
profesional levada a cabo coa familia, conforme ao modelo que se incorpora nos
Anexos.
Cumprimentación de informes requiridos por outros profesionais.
Participar na procura de recursos que contribúan á mellora do programa de
Educación Familiar.
Xestión do programa de Educación Familiar.
Estudo e diagnóstico social da comunidade.
Promoción do acceso e participación das familias ás redes e recursos
comunitarios.
Dinamización entre os principais axentes comunitarios (poboación, técnicas/os,
administracións) en relación co benestar das familias.
Recepción das demandas das familias e doutros axentes da comunidade, para a
súa valoración posterior.
Xestión de programas e recursos que deriven na mellora do benestar das
familias e no exercicio dos seus dereitos.
45
3.3 Formación inicial e continua
No que respecta á formación inicial das/os profesionais, a Orde do 11 de xuño de 2008, pola que se
convocan as axudas para o desenvolvemento de programas de Educación Familiar polas corporacións
locais de Galicia (DOG, 121 do 24 de xuño de 2008), no seu artigo 4, recolle no primeiro epígrafe que
“o persoal técnico especializado que contrate a corporación local para desenvolver o programa para a
Educación Familiar deberá ser preferentemente educador social. Tamén poderán ser contratadas
persoas coas titulación de psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, traballo social, así como os
diplomados/as en maxisterio que con anterioridade ao ano 2004 viñan desenvolvendo o programa”.
Ante esta diversidade de perfís, defínense as capacidades precisas e comúns que teñen que ter as/os
profesionais da Educación Familiar para o desenvolvemento das súas funcións, o que determinará así
mesmo a formación especializada e permanente.
Coñecementos
-
Capacidades
comunicativas e
relacionais
-
-
Capacidades de
análise, síntese e
intervención
-
Capacidades
crítico-reflexivas
-
Coñecer os contidos das actuacións socioeducativas enmarcadas nos
programas de Educación Familiar.
Coñecer as teorías e enfoques para a intervención socioeducativa no
contexto familiar.
Coñecer os marcos normativos que posibilitan, orientan e lexitiman as
accións do/a profesional da Educación Familiar (políticas familiares,
educativas e sociais).
Comprender os códigos dos diferentes contextos socioculturais e
profesionais utilizando a linguaxe técnica que corresponda e expresándose
de forma asertiva.
Manexar as habilidades sociais na relación con outras persoas ou grupos.
Desenvolver actitudes e habilidades para o traballo en equipo.
Utilizar e manexar técnicas de dinámica grupal.
Crear e promover redes entre os individuos, os colectivos e as institucións.
Coñecer e manexar as tecnoloxías da información e da comunicación.
Dominar métodos, estratexias e técnicas de análise do medio social e
educativo e, en concreto, do contexto familiar.
Dominar técnicas de planificación, programación e deseño de programas
e/ou proxectos grupais e comunitarios de carácter socioeducativo.
Coñecer e aplicar diversas técnicas e métodos de avaliación.
Xestionar proxectos, programas, centros e recursos socioeducativos.
Elaborar e cumprimentar documentos relativos á acción socioeducativa
dende os programas de Educación Familiar: informes sociofamiliares,
proxecto de intervención individualizada e outros informes socioeducativos.
Ser criticas cas propias prácticas profesionais e os efectos que producen
de acordo coas finalidades e obxectivos.
Saber interpretar a complexidade dos diferentes contextos
Adecuar os coñecementos profesionais aos escenarios onde se
desenvolve a práctica da Educación Familiar.
Reflexionar sobre o coñecemento práctico, o saber estratéxico, as
decisións que hai que tomar, e posibilitar novas realidades e significados
máis acordes ás aspiracións de xustiza e equidade.
En canto á formación continua, o artigo 27 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de
Galicia, recolle que esta “terá como finalidade a ampliación dos coñecementos, teóricos ou prácticos, e
estará orientada ao desenvolvemento de habilidades na atención directa ás persoas usuarias e a
cantas outras materias incidan na mellora da cualificación dos profesionais co fin de dar resposta ás
necesidades e demandas da poboación”. Deste xeito, o deseño da formación permanente dirixida
ás/aos profesionais dos servizos sociais debe dar resposta a adquisición e/ou perfeccionamento das
competencias e capacidades antes sinaladas, e que son necesarias para o desenvolvemento das súas
funcións, debendo garantirse dita formación dende a administración autonómica e a local.
46
3.4 Ética profesional
A ética é consustancial a toda práctica socioeducativa. A este respecto, as diversas titulacións
recoñecidas no acceso aos programas de Educación Familiar (Psicoloxía, Educación Social e Traballo
social) contan con códigos deontolóxicos propios que son complementarios entre si á hora de abordar
o traballo socioeducativo con familias. Por iso, a primeira referencia deontolóxica para o/a educador/a
familiar debe ser o código da propia titulación.
Independentemente disto, cómpre resaltar aqueles principios que, a nivel xeral, deben servir como
referencia da intervención socioeducativa con familias, en torno aos que ten que xirar a construción
dunha posición ética e a solución dos conflitos que poidan xurdir no día a día.
-
Profesionalidade: sentido da responsabilidade, competencia profesional e prudencia no
exercicio da profesión en todas as súas fases: dende a selección e aplicación de estratexias e
instrumentos para a análise e diagnóstico social, ata o desenvolvemento e conclusión das
accións socioeducativas que del se deriven.
-
Xustiza social.
-
Interese superior da infancia1.
-
Información responsable, honesta e veraz e confidencialidade: tanto das persoas destinatarias
da acción socioeducativa como das persoas informantes ou visibilizadoras de posibles
situacións de risco ou dificultade social.
-
Respecto aos dereitos das persoas, destacadamente, o dereito a decidir sobre a súa propia
vida.
-
Autonomía do/a profesional e do/a usuario/a cumprindo coa coherencia institucional.
-
Rigor profesional nos procesos de comunicación e adecuación das linguaxes utilizadas ás
características dos diferentes interlocutores.
-
Igualdade: en ningún caso producirase discriminación por razóns de raza, sexo, orientación
sexual, estado civil, idade, discapacidade, ideoloxía, crenza ou calquera circunstancia de
carácter social ou persoal.
-
Respecto á dignidade profesional do persoal técnico que conforma os equipos de traballo.
Así mesmo, é importante lembrar a importancia da lexislación vixente como criterio legal máximo á
hora de realizar calquera intervención profesional no ámbito dos Servizos sociais.
3.5 Coidado a/os profesionais do ámbito socioeducativo
Este apartado recolle os principais factores de risco que poden afectan á saúde das traballadoras e
traballadores da Educación Familiar e insta, deste xeito, tanto ás administracións responsables como
ás/aos propias/os profesionais, a establecer as estratexias e medidas necesarias para a súa
prevención.
O punto de partida, para comezar a falar de coidado das e dos profesionais do ámbito socioeducativo é
o concepto de saúde, que segundo á OMS defínese como “un estado completo de benestar físico,
psicolóxico e social e non soamente coma a ausencia de enfermidade”. Hai que ter en conta que as
fronteiras entre o físico, o psíquico e o social son difusas e cada un destes aspectos inflúe nos outros
dous.
Especificamente a OMS tamén define o obxectivo da saúde laboral como “fomentar e manter o máis
alto nivel de benestar físico, mental e social das/os traballadoras/es en todas as profesións, previr
1
Utilízase o termo infancia no seu sentido máis amplo, tal e como se recolle no artigo 1 da Convención das Na cións Unidas sobre os Dereitos do Neno e a Nena (1989), referíndose a “todo ser humano menor de dezaoito
anos de idade, salvo que, en virtude da lei que lle sexa aplicable teña alcanzado antes a maioría de idade”.
47
todos os danos á saúde destas/os polas condicións do seu traballo, protexelos no seu traballo contra
os riscos para a saúde e colocar e manter á/ao traballadora/or nun emprego que conveña ás súas
aptitudes psicolóxicas e fisiolóxicas”.
A Lei de Prevención de Riscos laborais e a Axencia Europea da saúde, pola súa banda, inclúe no
concepto de saúde laboral os riscos psicosociais, estando definidos pola primeira como “todo aspecto
da concepción, organización e xestión do traballo así como do seu contexto social e ambiental que ten
a potencialidade de causar danos físicos, sociais ou psicolóxicos nas/nos traballadoras/es”.
Tendo presentes as definicións anteriores e centrándonos no perfil profesional do/a educador/a familiar
pódese dicir que os principais riscos laborais aos que están expostos estes/as profesionais son: o
síndrome do queimado, o estrés laboral, os contaxios de enfermidades infecciosas, etc.
A Educación Familiar está encadrada dentro das denominadas profesións de servizos ás persoas ou
profesións de axuda, definidas como aquelas nas que se mantén un contacto constante e directo coas
persoas beneficiarias do propio traballo, e na que a relación cos destinatarios descansa ou se
fundamenta na construción dun vínculo ou relación comunicativa e de confianza. Ademais, o seu
traballo desenvólvese frecuentemente en contextos caracterizados por graves situacións de exclusión
social, en contacto permanente con situacións de privación económica, social e cultural, de dificultade
ou conflito social. Nesta intensa implicación persoal e profesional coas persoas, as/os profesionais
experimentan complexos sentimentos de frustración, temor, ambivalencia, confusión ou
desesperación.
A estas situacións derivadas da relación profesional de axuda únense as que proveñen do propio
escenario laboral. Estas atinxen, por unha banda, ás relacións coas outras persoas profesionais do
equipo de traballo, e por outra, ás precarias condicións laborais por parte da entidade contratante.
Toda esta intensidade emocional derivada da conxunción destes factores pode abocar en moitos
casos a situacións de estrés laboral, síndrome do queimado, etc., que se deben prever seguindo as
estratexias axeitadas.
A detección temperá de danos na saúde das/dos profesionais permite a recuperación da persoa
traballadora e a aplicación de medidas preventivas no posto de traballo. Trátase de evitar o dano
derivado do traballo e de promover a saúde das traballadoras/es nun sentido global. A acción
preventiva actuará sobre aqueles aspectos do traballo que xeren posibles consecuencias negativas
para a saúde, incluíndo, ademais dos aspectos ambientais e tecnolóxicos, as cuestións de
organización do traballo.
Dado o carácter xeral da prevención hai que ter en conta os seguintes principios:
-
Evitar riscos.
-
Avaliar os riscos que non se poden evitar.
-
Combater os riscos na súa orixe.
-
Substituír os perigos polos que entrañen pouco ou ningún perigo.
-
Planificar a prevención, buscando un conxunto coherente que integre a técnica, a organización
do traballo, as condicións de traballo, as relacións sociais e a influencia dos factores
ambientais no traballo.
-
Adoptar medidas que antepoñan a protección colectiva á individual.
En función do seu modo de aplicación, pódense poñer en funcionamento as seguintes estratexias
preventivas:
48
Individuais
Consistentes na redución da experiencia emocional negativa a través de
medidas como:
Desconectar do traballo, evitando que absorba áreas da vida persoal que
constitúen factores protectores. Autoavaliarse e cuestionarse o modo de
traballar, usando novas abordaxes na intervención.
Ser consciente dos límites propios e poñerlles límites a outros/as.
Desenvolver o sentido do humor.
Ter unha definición clara do posto, tarefas, competencias,
responsabilidades, etc.
Priorizar a realización de tarefas, limitando así o efecto de sobrecarga de
traballo.
Establecer expectativas realistas sobre a consecución dos obxectivos.
Aumentar o autocontrol, manexando as emocións, tanto propias, como das
familias coas que se traballa.
Ser capaz de pedir axuda a outros profesionais.
De equipo
Centradas na busca do apoio social das/os compañeiras/os do equipo e/ou de
profesión. Algunhas pautas de utilidade son:
Mellorar a comunicación do equipo.
Realizar un intercambio de experiencias con outras/os profesionais.
Establecer obxectivos claros e ben definidos para os diferentes postos.
Delimitar as responsabilidades de cada profesional para evitar a
ambigüidade e a interferencia entre a intervención propia e a intervención
doutros profesionais, ademais de evitar asumir máis responsabilidades das
que é posible.
Traballar en equipo e coordinadamente.
Actuar en parella profesional, cando se prevexan situacións conflitivas.
Da organización
Medidas xerais que ten que implantar a entidade u organización para paliar as
fontes de estrés. As medidas que se poden desenvolver son as seguintes:
Aumentar a formación profesional continua a nivel individual e grupal:
realización de formación axeitada sobre estratexias e comportamentos que
podan axudar a enfrontarse con diferentes problemáticas que se poden dar
no traballo cotiá.
Aumentar a participación das persoas traballadoras na toma de decisións,
fomentando redes de apoio entre compañeiras/os, aumentando o
recoñecemento da labor social que se desenvolve, etc.
Cumprir as medidas mínimas de seguridade e hixiene no traballo.
Fomentar a colaboración en contraposición á competitividade.
Supervisión e avaliación con feedback construtivo para o/a profesional.
A participación das persoas traballadoras na identificación de riscos e
plans de prevención.
Poñer en valor á/ao profesional da Educación Familiar.
Fomentar a estabilidade laboral das/dos profesionais do social, segundo o
recollido no artigo 25 da Lei 13/2008, de Servizos Sociais de Galicia.
49
Capítulo IV: Metodoloxías da acción socioeducativa con familias, grupos e
comunidades
4.1 Fundamentación do acompañamento socioeducativo
A acción socioeducativa do educador/a familiar inspírase, fundamentalmente, na metodoloxía do
acompañamento, concibido este como proceso de apoio ás familias na súa toma de decisións e na
produción das respostas aos problemas que se produzan na súa traxectoria vital (Llena e Parcerisa,
2008). Como tal proceso, comporta a idea de traxectoria, de transformación e de cambio, no que
sempre hai unha intencionalidade. En tanto que acompañamento, "se apoia nas capacidades das
persoas (e non nas súas discapacidades ou incapacidades, ou patoloxías ou aspectos negativos) para
desenvolver as súas propias necesidades, as súas iniciativas, coa finalidade de conseguir os
obxectivos que se marcaron no seu proxecto de vida” (Planella, 2008, p. 7). O obxectivo do
acompañamento é, pois, facilitar o crecemento da persoa cara un proceso de mellora e optimización,
establecendo unha relación profesional de escoita, soporte e apoio nun "proceso compartido de
construción persoal do proxecto de vida, no que as accións do educador teñen sentido cando se
discuten e se elaboran a partir dun itinerario persoal" (Mañós e Lorente, 2003, p. 226).
Os elementos do acompañamento educativo son:
-
O/A educador/a-responsable do PEF. Ao ser o acompañamento un compromiso profesional
co/a outro/a, as actitudes de empatía e de respecto, a bagaxe formativa e o traballo compartido
no equipo serán fundamentais no establecemento da relación profesional.
-
As familias. Iniciar un proceso de acompañamento supón nas familias, por unha parte, unha
actitude positiva de recoñecemento expreso da necesidade de mellora nalgún/s ámbito/s de
vida, pero tamén de confianza e respecto nun/s profesionais a quen se lles recoñece a
capacidade de empatía e saber facer. Require en moitas ocasións un proceso de motivación
para o cambio e sempre de co-construción da demanda entre a familia e as/os profesionais.
-
Un espazo e un tempo no que encontrarse. Isto implica a necesidade de flexibilizar os tempos
e diversificar os espazos para facilitar o encontro. Falar de tempo tamén implica ter en conta
que as familias e as/os educadoras/es familiares precisan dun tempo para comprender, para
valorar, para confiar, para escoitar, para reflexionar... Neste sentido, é necesario determinar os
tempos que precisamos para o proceso. Por outra banda, os espazos tamén xogan un papel
importante no itinerario, teñen unha intencionalidade, traducen unha información. É importante
reflexionar sobre o máis axeitado en cada momento e para cada familia. En función de cada
situación particular valorarase o mellor espazo a empregar nos diferentes momentos do
proceso, que deberán de ser axeitados para o desenvolvemento da intervención e favorecer un
clima de seguridade para as familias e as/os profesionais. Recoméndase a diversificación dos
espazos, empregando os diferentes contextos nos que se desenvolve a vida cotiá das familias,
que non se reducen ao seu domicilio, senón que se debe favorecer o encontro noutros espazos
normalizados. É importante negociar cales serán os espazos comúns, a partir dos obxectivos a
traballar, e os tempos que se utilizarán no proceso educativo. Neste sentido, só se empregará
o domicilio familiar cando a familia permita a nosa presencia no mesmo e se considere o máis
idóneo para a intervención. Tamén se atopa, entre os posibles espazos, o departamento de
servizos sociais, que deberá contar cun espazo privado que garanta o dereito á privacidade e á
confidencialidade.
-
Un itinerario educativo. Acompañar é planificar itinerarios posibles (obxectivos e metas
alcanzables), non accións illadas, revisalos e mantelos coa axuda e o soporte da/o profesional.
Planificar itinerarios pasa tamén polo deseño de cada paso do camiño, dende onde partimos
ata a meta que queremos acadar. Implica así mesmo, por parte do/a educador/a, ser
consciente de que o itinerario de cada familia se ten iniciado antes da súa aparición en escena,
e de que vai continuar despois.
-
O eixo do acompañamento é a relación educativa intencional definida dentro dun proceso
50
de cambio e baseada na horizontalidade, a confianza e o recoñecemento mutuo. É necesario,
entón, testemuñar a confianza na evolución das familias, e prestar unha especial atención a
aquelas accións e actitudes que axudan a crear expectativas positivas nas persoas, xa que
terán unha gran influencia nas súas posibilidades de aprendizaxe.
4.2 A intervención socioeducativa individual/familiar
Ao longo de acompañamento, a familia terá en todo momento o papel fundamental, sendo parte activa
e protagonista do proceso de cambio. Neste sentido, a voluntariedade da participación das familias no
programa de Educación Familiar é un piar básico do mesmo, supeditándose, en todo caso, á
lexislación vixente en materia de protección á infancia. Esta cuestión implica que a familia debe ter
dende o primeiro momento a información relativa ao programa, aos seus dereitos, e coñecer as
responsabilidades que se derivan das diferentes opcións que se lle presentan. Así mesmo, en tanto
que protagonista, resulta imprescindible promover a súa implicación en cada unha das fases do
proceso.
Referímonos á familia no seu conxunto, en tanto que sistema, contemplando e valorando a cada unha
das persoas que a integran, e fomentando a responsabilidade compartida entre todas elas. Durante
todo o proceso débese ter en conta a individualidade de cada membro da familia, os diferentes
subsistemas que condicionan o seu desenvolvemento, así como os patróns culturais de xénero que
condicionan o grao de autonomía das persoas. Así mesmo, aínda que nos centramos no traballo
directo coas familias, debemos ter en conta que as actuacións das/os educadoras/es familiares tamén
se deben dirixir a outros contextos e profesionais, incluso ás veces en maior medida, xa que a
promoción da autonomía das familias, o seu desenvolvemento, integración social e o seu benestar,
implica necesariamente a promoción de cambios noutros escenarios sociais e profesionais.
A participación doutras/os profesionais nas diferentes fases do proceso é igualmente un eixo
fundamental. No que respecta especificamente aos servizos sociais comunitarios, entendemos que
deben xogar un papel importante nas diferentes fases do proceso de acompañamento, sendo
necesario promover o traballo en equipo na planificación, no seguimento e no peche das intervencións.
En calquera caso, consideramos que a valoración da idoneidade do PEF é unha decisión que se
deberá tomar conxuntamente polo equipo. A participación doutras/os profesionais do ámbito
comunitario (centros saúde, educativos...) valorarase naquelas situacións en que se considere
oportuno para facilitar unha resposta integral e integradora á realidade familiar, e de forma destacada
naquelas en que houbo unha derivación previa pola súa parte. Cando a complexidade do caso o
requira pode ser necesario contar coa axuda de supervisión interna e externa.
Establécense catro fases do proceso de acompañamento. Estas fases comportan unha secuencia
circular, flexible e dinámica:
-
Fase previa de valoración da idoneidade do programa.
-
Fase inicial de construción da relación e da demanda.
-
Fase de definición e desenvolvemento do proxecto de intervención familiar.
-
Fase de peche da intervención e redefinición da relación.
A continuación definiremos detalladamente cada unha das fases, indicando os obxectivos, actuacións
e previsión temporal.
1. Fase previa: detección, recepción e valoración de situacións de dificultade
Esta fase céntrase nas actuacións a desenvolver polo equipo de servizos sociais cando ten lugar unha
nova demanda.
51
A. Obxectivos:
-
Detectar, de forma temperá, posibles situacións de dificultade.
-
Verificar a existencia dunha situación de desprotección.
-
Valorar a gravidade do risco e a necesidade de adoptar medidas de urxencia.
-
Valorar a idoneidade do Programa de Educación Familiar.
B. Actuacións:
-
-
Detección e recepción da demanda: o equipo de servizos sociais, segundo a súa organización
interna, que debe salvagardar a perspectiva interprofesional, deberá determinar a forma e o
procedemento de recepción das demandas no servizo. Diferéncianse cinco situacións en
función da orixe da demanda:
o
No propio equipo de servizos sociais.
o
Por iniciativa da familia.
o
Da cidadanía.
o
A través de recursos da comunidade (centros educativos, centros de saúde,
asociacións...).
o
A través de recursos especializados de servizos sociais.
Recollida de información:
1. Se a demanda procede da propia familia é necesario recabar e recoller por escrito a
información pertinente que nos permita tomar unha decisión sobre a pertinencia do
programa de Educación Familiar.
2. Se se deriva da cidadanía, se procederá do mesmo xeito que no punto anterior.
3. Se procede de recursos da comunidade, ou dos servizos sociais especializados é
preciso desenvolver os seguintes pasos:
• Solicitar a demanda de derivación por escrito segundo o modelo que figura no
anexo 3.
• Ampliar a información da persoa ou profesional que deriva, solicitando unha
entrevista.
Tanto a cidadanía como as/os profesionais de recursos da comunidade teñen a obriga de
denunciar pero tamén o dereito ao anonimato, segundo o artigo 22 da Lei 3/1997, galega da
familia, da infancia e da adolescencia.
-
Contacto coa familia: é importante unha boa planificación deste contacto e primeiro encontro xa
que é un momento crucial que influirá na creación da relación de confianza sobre a que se
asentará o proceso posterior. O equipo de servizos sociais deberá tomar as decisións sobre o
mellor procedemento a seguir, tendo en conta os seguintes aspectos: a forma de contacto
(teléfono, carta....), o espazo a empregar (centro de onde procede a demanda, centro de
servizos sociais....), presencia doutros /as profesionais implicados, etc. En calquera caso,
tratarase de crear un clima facilitador no que a familia se sinta ben acollida. Os obxectivos
deste primeiro encontro son:
• Comunicar de forma clara e comprensible para a familia o motivo polo que foi citada.
• Recoller/estudar a valoración ou punto de vista da familia sobre a situación.
• Informar da función de apoio dos servizos sociais para mellorar a calidade de vida das
52
persoas.
• En caso de haber unha derivación, explicitar a demanda doutro/a profesional e facilitar a
aceptación da mesma.
• Comunicar a necesidade de requirir información doutros recursos, para o cal se solicitará
a correspondente autorización, segundo o modelo que figura no anexo 2.
-
Complementación da información: en caso de considerarse necesario, recabarase información
doutras/os profesionais, membros da familia, e quen se considere en cada caso, coa finalidade
de contrastar e complementar os datos que permitan determinar se existe ou non unha
situación de desprotección ou dificultade. É preciso informar á familia da nosa responsabilidade
como servizos sociais comunitarios para recabar aquela información que permita ter unha
visión máis ampla da situación, así como dos seus dereitos e deberes. Todas as actuacións
nesta liña deberán rexirse pola lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter
persoal.
-
Valoración da idoneidade do PEF: independentemente de que a familia se dirixa directamente
aos servizos sociais a solicitar axuda, ou de que haxa unha derivación dende outro recurso ou
servizo, é imprescindible valorar no equipo de servizos sociais comunitarios os programas e/ou
recursos máis axeitados a cada situación. En calquera caso a/o profesional responsable do
PEF
participará
sempre
na
valoración
da
idoneidade
do
programa.
En canto aos criterios para valorar a idoneidade do PEF, se fundamentarán nos contidos
establecidos no Capítulo I do Programa Marco, na lexislación vixente para o establecemento
de prioridades e no carácter educativo da intervención.
-
Motivación e sensibilización da familia para a súa incorporación ao programa de educación
familiar.
C. Previsión temporal
Recoméndase un espazo de tempo entre 15 días e 1 mes para recoller a información suficiente
que permita facer a valoración da idoneidade do programa de Educación Familiar.
2. Fase inicial: construción da relación e da demanda
A fase inicial comeza cando a familia xa forma parte do programa, é o inicio do acompañamento. É
unha fase de aproximación e toma de contacto, de exploración e de coñecemento mutuo, na que se
deberá establecer as bases para a construción dunha relación de colaboración e confianza que
permita desenvolver un traballo conxunto entre o/a educador/a e a familia. O rol do/a educador/a
familiar céntrase na construción desta relación e o uso da empatía para traballar a motivación da
familia. Outra das actuacións fundamentais desta fase será a avaliación inicial e a comprensión da
realidade sociofamiliar, fomentando a colaboración da familia e a súa propia autoexploración. Neste
momento, xa dentro do PEF se sentarán as bases para a posterior relación de colaboración e traballo
conxunto. Esta fase remata coa definición conxunta da demanda entre a profesional e a familia, será o
punto de partida para definir o plan de traballo de forma compartida.
A. Obxectivos:
-
Coñecer á familia e o seu contexto vivencial, así como facilitar o autocoñecemento das
familias.
-
Identificar as situacións de vulnerabilidade que poidan ser obxecto dunha intervención
educativa, analizando as potencialidades das familias, os factores fraxilidade, risco e
protección.
-
Co-construír a demanda, priorizando as actuacións.
-
Potenciar e ampliar a motivación da familia polo proceso educativo: a motivación como
53
resultado da interacción interpersoal e como vivencia de logros.
B. Actuacións:
-
Contacto coa familia e primeiro encontro: trátase do primeiro encontro xa dentro do programa
de Educación Familiar. Os obxectivos son:
• Crear un clima de confianza e seguridade.
• Informar sobre o PEF.
• Establecer un compromiso coa familia de participación no PEF.
• Informar sobre os dereitos e deberes das partes implicadas no PEF.
-
Recollida de información para a avaliación inicial: ten por obxecto coñecer as capacidades e
dificultades da familia e da realidade social na que se inscribe. Trátase de delimitar as
circunstancias sociais, psicolóxicas e educativas nas que se encontra a familia, dende todos os
ámbitos. Nesta avaliación tomaremos nota tanto dos factores de risco como dos factores de
fraxilidade e de protección (ver anexo 4).
-
Avaliación inicial e priorización de necesidades (expresadas, sentidas e non sentidas,
aceptadas...): determinando os cambios que son necesarios para mellorar a situación
sociofamiliar e a súa autonomía. Unha vez definidas as necesidades, a/o profesional ten que
estimular á familia no proceso de priorización das mesmas, determinando por onde comezar a
traballar, valorando os pros e contras (ver anexo 4).
-
Devolución da avaliación inicial á familia: o obxectivo desta actuación é favorecer a apropiación
do diagnóstico, expoñendo a situación analizada coa familia. Trátase de que a familia faga seu
o diagnóstico e, polo tanto, que se sinta motivada para alcanzar os obxectivos que se
constrúan conxuntamente, polo que é fundamental devolver a información recabada,
empregando as estratexias oportunas en cada caso para favorecer a comprensión da mesma.
-
Co-construción da demanda: Esta actuación é continua durante toda a fase inicial. Na medida
en que a familia participa na avaliación inicial e se lle devolven os resultados da mesma, se vai
redefinindo conxuntamente o contido da relación profesional de confianza que queremos
construír coa familia, é dicir, a demanda. Nos casos nos que exista multidemanda, o/a
educador/a familiar deberá priorizar aqueles contidos da demanda que son comúns, os
valorados como de maior urxencia, ou co fin de construír unha demanda conxunta, así como
manter informados a todos os axentes implicados no caso das actuacións que se están
desenvolvendo dentro do programa.
C. Previsión temporal:
Recoméndase un tempo aproximado entre un e dous meses, o que equivale a tres ou catro
encontros. En todo caso é importante dedicar o tempo necesario para o coñecemento mutuo, que
permita iniciar un contexto de confianza para desenvolver o proceso educativo.
3. Deseño e desenvolvemento do proxecto de intervención familiar
A. Obxectivos:
-
Definir o proxecto de acción socioeducativa entre o/a educador/a familiar e a familia.
-
Delimitar os obxectivos da intervención a partir das demandas da familia.
-
Desenvolver as actuacións deseñadas no proxecto de intervención.
-
Acordar como se vai realizar o proceso de avaliación.
B. Actuacións:
54
-
Elaboración do proxecto de intervención sociofamiliar: entendido como un instrumento
operativo que fundamenta, sistematiza e ordena a intervención socioeducativa global, e está
orientado a priorizar e satisfacer as necesidades detectadas. O resultado desta planificación
recollerase por escrito, tal e como figura no anexo 4.
-
Implementación do proxecto de intervención: a familia, co apoio da/o profesional, e no marco
dunha actuación coordinada e en rede, iniciará un proceso educativo que ten como finalidade o
logro dunha maior autonomía.
-
Avaliación continua (seguimento da intervención): farase unha avaliación centrada nos
obxectivos do proxecto de intervención e no propio proceso. Os criterios mínimos de avaliación
serán os seguintes:
• Adecuación do proxecto ás necesidades detectadas, ás demandas da familia e aos
cambios que se produzan na súa traxectoria vital.
• Cumprimento dos obxectivos pactados.
• Adecuación dos tempos.
• Idoneidade das metodoloxías e estratexias planificadas.
• Cumprimento e coherencia dos compromisos e responsabilidades.
• Existencia de coordinación interprofesional e traballo en rede.
• Existencia de avaliacións externas.
C. Previsión temporal:
A temporalización da intervención vai depender da evolución da situación, dos cambios que se
vaian producindo e de circunstancias sobrevidas. Recoméndase unha duración máxima da
intervención entre 12 e 18 meses2.
4. Peche da intervención socioeducativa e redefinición da relación
Esta última etapa do proceso constitúe unha fase de afianzamento do cambio familiar producido e de
consolidación da autonomía familiar.
A. Obxectivos:
-
Avaliar a intervención socioeducativa desenvolvida, por parte do/a educador/a familiar, da
familia e doutros profesionais.
-
Reforzar a autonomía e preparar á familia para a finalización da intervención.
-
Finalizar o proceso ou derivar a outro servizo.
-
Redefinir a relación profesional.
-
Reforzar as expectativas de futuro.
B. Actuacións:
O rol do/a educador/a familiar céntrase en preparar o peche ou derivación e en afianzar o
crecemento persoal. Isto implica:
2
Avaliación final:
O Informe do Valedor do Pobo (2007) fai esta mesma recomendación cando establece que os plans de
traballo coas familias no momento inicial das medidas de protección han de ter obxectivos claros e avaliables
nun prazo máximo de 18 meses.
55
• Valoración, xunto coa familia, dos obxectivos conseguidos e do proceso.
• Avaliación dos recursos, medios, redes...
• Autoavaliación profesional.
• Autoavaliación da familia.
• Avaliación do profesional por parte da familia.
• Elaboración do informe final de avaliación.
-
Derivación a outro servizo/recurso, en caso de ser necesario: ten que realizarse de forma
escrita e presencial, e coa participación da familia.
-
Despedida e peche: require a participación de todas/os as/os profesionais que interviñeron e
de todos os membros da familia implicados, na decisión de finalizar a intervención, o que
axuda a evitar distorsións e falsos peches (aínda que a decisión última corresponde ao equipo
de servizos sociais comunitarios).
Entre os criterios a ter en conta para decidir a finalización dunha intervención, se atopan os
seguintes:
• Ao valorarse polo equipo de profesionais o remate do proceso iniciado ou a inviabilidade
do previsto. Neste caso pode precisarse a derivación a outros profesionais e/ou a
redefinición do proxecto e profesional responsable.
• Cando se teñan conseguido os niveis básicos nos indicadores de referencia sinalados no
proxecto.
• Cando revisado, reformulado o proxecto atendendo a unha avaliación continua, se valore
profesionalmente a ineficacia desta iniciativa.
• Cando a familia decida prescindir da intervención profesional.
• Por cambio de domicilio a outro concello, prevéndose neste caso sempre que sexa
posible o contacto cos equipos da zona para continuar coa intervención familiar.
• Calquera outra circunstancia que impida o desenvolvemento da intervención.
A formalización do peche pode incluír as seguintes actuacións:
• Recapitulación, síntese e afianzamento dos resultados acadados.
• Clarificación dos motivos de finalización.
• Valoración das dificultades que seguen existindo.
• Apoio á familia na adaptación aos cambios.
• Proxeccións cara o futuro, reflexión sobre as dificultades futuras segundo o ciclo vital,
resaltando a capacidade da familia para resolvelas. Isto favorece a anticipación ante
novas situacións de dificultade.
• Redefinición da relación profesional, posibilitándolle ás familias o seu dereito de acceso
ao servizo cando o consideren preciso.
-
Seguimento posterior á finalización: durante un período concreto sinalado conxuntamente coa
familia.
56
C. Previsión temporal:
Prevese un tempo total do acompañamento socioeducativo inferior a 24 meses para rematar un
proxecto de intervención concreto. Isto non significa que se inicie outro proxecto coa mesma familia
para abordar novos obxectivos non traballados ou acadados anteriormente.
4.3 A intervención socioeducativa grupal
A intervención educativa con grupos enténdese como unha actuación preventiva, de dinamización
social ou de intervención. Pola súa especificidade, cómpre destacar a intervención con grupos
naturais, xa que ten unha especial relevancia polas repercusión que ten a nivel preventivo. Así mesmo,
é posible conformar grupos específicos en función das súas características ou problemática.
As funcións que desenvolve nestes espazos o/a educador/a son principalmente de orientación e
dinamización. O/a educador/a pode acompañar o proceso de recoñecemento e uso dos recursos, de
mediación, e facilitar que a persoa poida extrapolar as aprendizaxes e habilidades a outros contextos
fóra do grupo. O grupo, pola súa parte, é o protagonista no desenvolvemento grupal. Do mesmo deben
partir os obxectivos e as formas de relacionarse, aínda que, dependendo dos grupos que se
establezan, poden estar máis ou menos dirixidos pola/o profesional.
Dentro da dinamización de grupos cobra moito interese a colaboración doutras/os profesionais, que
poden asumir dous roles:
-
Co-dinamizador/a: comparte a experiencia profesional coa persoa encargada da dinamización
do grupo e complementa as actuacións.
-
Observador/a: devolve a información das reunións do grupo, centrándose no proceso.
A. Obxectivos:
-
Promover relacións interpersoais e redes de apoio.
-
Dotar ao grupo de ferramentas para o seu crecemento.
-
Facilitar que o grupos acaden os seus intereses e obxectivos.
-
Potenciar os grupos como eixos de dinamización comunitaria.
O traballo educativo cun grupo desenvólvese dende a creación do mesmo ata o seu peche ou
despedida. Na fase inicial hai unha etapa de inclusión das persoas e estruturación do grupo, na fase
de proceso hai un desenvolvemento da participación e o afecto e a autoregulación do funcionamento
do grupo, e na última fase prodúcese a disolución do mesmo.
B. Actuacións:
Fase inicial:
-
Prospección, identificación e análise da demanda: tense que valorar quen fai a demanda, que é
necesario coñecer é analizar (características do grupo, valores dominantes, comportamento,
normas, roles, estatus, competencias, percepción do grupo polo entorno, factores de risco,
etc.) e de que forma se pode obter a información (datos sistematizados, observación directa,
etc).
-
Valoración e priorización de necesidades: estudar cales son as necesidades expresadas,
sentidas e aceptadas e elaborar un plan inicial de traballo.
-
Análise e valoración de expectativas: ter en conta o grado de axuste entre as expectativas e as
57
posibilidades e o plan de traballo elaborado.
-
Informe de avaliación inicial: (conclusións do diagnóstico inicial) e devolución ao grupo.
Fase de proceso:
-
Establecemento dos presupostos de traballo.
-
Definición de: obxectivos, indicadores, previsión orientativa de tempos.
-
Deseño e negociación do plan de traballo, co máximo de participación e aceptación por parte
do grupo.
-
Selección de estratexias, actividades e técnicas de traballo en grupo, que serán diferentes en
función das características do grupo, do sector da poboación, etc.
-
Previsión dos recursos materiais necesarios.
-
Implementación e seguimento do plan de traballo: revisión e reformulación de estratexias e
actividades, revisión e reformulación de obxectivos e acordos, análise da influencia do
“curriculum oculto”, promoción de estratexias de regulación da acción en función deste análise,
análise do contexto, etc.
-
Elaboración dun informe de avaliación do proceso tanto do grupo como de cada suxeito.
Fase final ou de peche:
-
A valoración dos obxectivos conseguidos, que inclúe os obxectivos alcanzados a nivel
individual e grupal.
-
A elaboración dun informe final de avaliación onde se recolla: o progreso e o resultado da
intervención tanto do grupo como dos suxeitos, tendo en conta tamén os resultados
conseguidos que non se tiñan previstos; a valoración do propio grupo e os puntos fortes e
débiles da intervención.
4.4. A intervención socioeducativa na comunidade (ISC)
Segundo Ander Egg (1998: 33), "unha comunidade é unha agrupación ou conxunto de persoas que
habitan un espazo xeográfico delimitado e delimitable, no que os membros teñen conciencia de
pertenza ou de identificación con algún símbolo local e que interaccionan entre si máis intensamente
que noutro contexto, operando en redes de comunicación, intereses e apoio mutuo, co propósito de
alcanzar determinados obxectivos, satisfacer necesidades, resolver problemas ou desempeñar
funcións sociais relevantes a nivel local".
Tendo en conta os elementos que configuran e dan sentido á ISC, e baseándonos nos marcos
teóricos da Pedagoxía Social, Educación Popular e o Desenvolvemento Comunitario, enténdese a
ISC como o conxunto de procesos de ensinanza-aprendizaxe que buscan promover cambios en favor
do benestar colectivo da Comunidade e a través da participación efectiva da poboación, axentes
sociais e recursos da comunidade.
Se un dos obxectivos fundamentais é o benestar da comunidade, entendemos que a propia
comunidade é a que mellor coñece as súas capacidades, potencialidades e necesidades e que debe
participar activamente durante todas as fases do proceso. Por iso, na Educación Familiar todos os
proxectos coordinados que se poñan en marcha deben partir da importancia da participación das
familias así como a promoción e incentivación das súas capacidades para a participación, sendo un
dereito polo que debe velar todo o persoal que traballa nos servizos sociais comunitarios e entre eles,
o persoal responsable dos PEF.
Para a posta en marcha dos proxectos de intervención comunitaria cómpre dispor, segundo a
definición de áreas territoriais prevista no mapa galego de equipamentos e servizos sociais, de
58
profesionais con dedicación específica a estas funcións.
En canto ao grao de participación da Comunidade no proceso de intervención comunitaria,
destácanse tres niveis:
Grao de participación/
empoderamento da comunidade
Orixe do proxecto
Participación durante o
proxecto
Non hai participación nin proceso de
cambio
Técnicos e/ou persoal
político
Técnicos e/ou persoal político
Nivel de participación intermedio
Técnicos e/ou persoal
político
Técnicos e/ou persoal político
A Comunidade
Nivel de participación activa dende
unha posición de poder en
igualdade cos outros axentes na
toma de decisións
A Comunidade
A Comunidade
Técnicos e/ou persoal político
Os contidos e actuacións dos proxectos de ISC relacionados coa Educación Familiar poden ser
múltiples e variados. A comunidade, en colaboración cos axentes sociais, deben decidir os ámbitos da
realidade comunitaria sobre os que lles gustaría incidir, priorizando as capacidades e necesidades da
poboación e tendo en conta os recursos dos que dispoñen para levar a cabo os proxectos de ISC.
Tal e como se recolle no Capítulo I do Programa Marco para a Educación Familiar, entendemos que,
no que respecta ao papel da/o técnica/o de EF no desenvolvemento de proxectos de ISC, os contidos
poden ser:
-
Dereitos e responsabilidades das familias.
-
Promoción da participación comunitaria, a participación como medio e como fin.
-
Promoción das capacidades educativas da Comunidade.
-
Promoción da saúde.
-
Promoción da igualdade.
-
Promoción de redes de solidariedade e colaboración entre familias.
-
Promoción de procesos de inserción sociolaboral.
-
Promoción da vida cultural da Comunidade.
As actuacións do PEF en relación co traballo comunitario están principalmente enfocadas á
prevención e á promoción da participación da Comunidade nos seu proceso de desenvolvemento.
Serían:
-
Información e sensibilización comunitaria sobre contidos que favorezan o benestar das familias
e a súa autonomía: vida saudable, consumo responsable, lecer activo, prevención da violencia,
bo trato á infancia, dereitos das familias, etc.
-
Desenvolvemento de procesos educativos
comunidades sobre os contidos anteriores.
-
Promoción de proxectos de Intervención Comunitaria como estratexia de prevención dentro do
PEF.
-
Dinamización da participación das familias na súa comunidade: coñecemento dos recursos e
potenciación da participación activa no territorio, creación de redes sociais de axuda mutua, etc
para
potenciar
as
competencias
das
59
Fases da elaboración de Proxectos de Intervención Socioeducativa na Comunidade:
Antes de adentrarnos nas fases que dan corpo ao proxecto de ISC queremos destacar o peso que ten
neste tipo de procesos a participación da Comunidade (a través de asociacións, colectivos e grupos
máis ou menos organizados) e dos diferentes axentes sociais, así como a necesidade de que sexan
parte activa do proceso durante todas as súas fases. Entendemos o proxecto como o instrumento
máis operativo do proceso de planificación, como un documento claro e coherente no que se
sistematizan as actividades a realizar e se asignan responsabilidades para conseguir os obxectivos
previstos. Debe incluír unha organización temporal, os recursos necesarios e as técnicas a empregar.
As fases do proxecto son: Diagnóstico - Planificación - Implementación - Avaliación
Avaliación inicial: é a fase previa á formulación do proxecto, na que se busca afondar sobre
aspectos concretos da realidade da que formamos parte (neste caso, necesidades/capacidades
socioeducativas principalmente) para adaptar o máximo posible os obxectivos e as actividades do
proxecto á realidade que queremos transformar.
Esta fase implica as seguintes actuacións:
-
Observación activa e participante en relación as necesidades socioeducativas das familias por
parte da EF no desenvolvemento das súas funcións (Diagnóstico non planificado).
-
Promover diagnósticos planificados e compartidos cos axentes comunitarios.
-
Deseño, implementación e avaliación do proceso de diagnóstico.
-
Elaboración do informe diagnóstico.
É fundamental a colaboración e implicación de todos os axentes dende o primeiro momento do
proxecto.
Formulación do Proxecto: fase na que, en base ao diagnóstico anterior, debemos priorizar os
obxectivos que queremos conseguir tendo en conta as nosas limitacións. Temos que describir de
forma ordenada e coherente os pasos a seguir para dar resposta ás necesidades e/ou capacidades
detectadas e reflectir nun documento escrito os elementos que configuran o proxecto. Como na fase
anterior, é importante que a toma de decisións sexa compartida e participativa por todos os axentes
implicados. Esta fase implica as seguintes actuacións:
-
Priorizar os obxectivos a conseguir, en función do informe diagnóstico e dos recursos
dispoñibles.
-
Definir as actividades que nos permitan acadar os obxectivos.
-
Previsión dos recursos, dos espazos e dos tempos de execución.
-
Definir claramente as responsabilidades de cada un dos axentes sociais implicados no
proxecto.
-
Definir a estratexia e os criterios de avaliación.
-
Redactar o Proxecto de Intervención.
Desenvolvemento: posta en práctica do proxecto atendendo a principios de flexibilidade e
adaptabilidade. Para facilitar a posta en marcha é necesario que as actividades a realizar estean ben
definidas, así como os recursos necesarios, os/as responsables da execución das tarefas e
actividades, os tempos, os espazos e os indicadores de avaliación. Nesta fase de implementación é
importante ter en conta a avaliación continua que nos permita reorientar o proxecto se fora necesario.
Esta fase implica as seguintes actuacións:
-
Poñer en marcha as actividades definidas no proxecto de intervención.
-
Realizar avaliación continua durante o proceso de posta en marcha.
60
Avaliación: consiste na valoración das diferentes fases en función dos indicadores propostos. Polo
tanto, non debe entenderse como unha actuación finalista, senón como un proceso continuo que nos
acompaña durante todo o proxecto. Reflíctense no seguinte cadro os obxectivos, técnicas e produtos
que se corresponden con cada fase:
FASES
OBXECTIVOS
-
Diagnóstico
-
-
Deseño
Afondar no
coñecemento da
realidade.
Facilitar a adaptación
das actividades as
demandas da
poboación.
TÉCNICAS
-
-
Priorizar os obxectivos
Definir de forma clara
e coherente os
apartados do proxecto.
-
-
Desenvolvemento
-
Avaliación
Poñer en marcha as
actividades definidas
no proxecto
Valorar o grao de
consecución dos
obxectivos definidos
no proxecto
-
-
PRODUTOS
Técnicas de análise
participativa (análise de
redes, sociograma,
DAFO
Observación
Entrevista
Informe Diagnóstico
Técnicas que faciliten a
toma de decisións por
parte do grupo
Proxecto de ISC
Técnicas de traballo en
equipo
Técnicas de
programación e de
preparación de
proxectos
Avaliación continua
Círculos comparativos
Diagramas de fluxo
Informe final
4.5 Instrumentos mínimos para a planificación, intervención e avaliación.
Os instrumentos para a planificación, intervención, sistematización e avaliación se recollen nos
Anexos, e son os seguintes:
-
Formulario de derivación.
-
Acordo de colaboración.
-
Instrumentos do plan de traballo familiar, que inclúe:
•
Ficha familiar.
•
Avaliación inicial.
•
Proxecto de intervención.
•
Avaliación continua.
•
Rexistro de actuacións.
•
Avaliación final.
-
Informe sociofamiliar.
-
Proxecto de intervención grupal.
61
Capítulo V. Coordinación e traballo en rede
5.1 Conceptualización da coordinación e traballo en rede
Segundo o Dicionario da RAE a coordinación significa "dispoñer as cousas metodicamente", é tamén
"concertar medios, esforzos, etc... para unha acción común". Atendendo a esta definición no ámbito
da acción socioeducativa con familias, a coordinación refírese ao proceso e o traballo de ordenar,
acordar, pactar e convir entre varios axentes profesionais e/ou comunitarios un conxunto de esforzos,
recursos, iniciativas e plans que nos conduzan á execución dunha acción común ou á consecución
dun obxectivo común aceptado por todos e todas en relación aos diferentes proxectos de intervención
individual, grupal e comunitaria coas familias
O traballo en rede, que comparte e inclúe os conceptos anteriores, supón un nivel superior de
coordinación, entendéndose que ten como requisito imprescindible englobarse dentro dun plan de
traballo conxunto, co compromiso e colaboración de todas as partes.
Polo tanto, cando falamos de coordinación e traballo en rede facemos alusión a procesos
complementarios, sendo a primeira un paso previo necesario para o traballo en rede. Neste senso,
concíbese a coordinación como unha metodoloxía no proceso de creación de redes, como un
conxunto de relacións encamiñadas a acadar uns obxectivos comúns. É a capacidade de crear
procedementos de entendemento mutuo, eficaces para desenvolver un programa e conseguir
determinados fins.
É un proceso complexo e prolongado no tempo que implica a organización dun conxunto de fases e
de iniciativas que serven para atoparse, desbloquearse e entenderse, requiren dunha reflexión máis
aló dun encontro puntual e informal meramente informativo/consultivo e dunha linguaxe común e que
“debe poder materializarse tamén nun programa ou nun plan de coordinación, pois do contrario pode
verse reducida a un simple xogo de intencións pouco operativo” (Arnanz, 2003: 30).
Tanto a coordinación como o traballo en rede contribúen a achegar recursos ás familias dun xeito
ordenado, evitar duplicidades, facilitar a comunicación coas familias; son imprescindibles naqueles
casos en que converxen múltiples factores de risco, e son a base na que se sustenta a prevención e a
detección das situacións de dificultade social de familias e infancias.
Polo que se refire á fundamentación legal da coordinación, é recoñecida como principio básico en
diferentes textos normativos, así como tamén en diversos informes institucionais sobre políticas
sociais. Nomeadamente, na Lei 13/2008, do 18 de decembro, de servizos sociais de Galicia,
contempla, como obxecto da mesma, posibilitar a coordinación do sistema galego de servizos sociais
cos demais elementos do sistema galego de benestar e coas políticas públicas sectoriais que incidan
na mellora do benestar da cidadanía galega. Neste sentido, nos seus obxectivos prevé “a creación e
desenvolvemento de instrumentos e mecanismos de relación interadministrativa que garantan unha
actuación coordinada no eido do benestar social e da igualdade, tanto por parte dos diferentes
departamentos do Goberno Galego que desenvolvan políticas públicas que incidan no benestar
social, como co resto de administracións públicas e entidades integradas no sistema, sexan de
carácter público ou privado" (art. 4.m). A propia estrutura dos servizos sociais en forma de rede (artigo
8), tamén incide neste principio de coordinación, para o que se establece, ademais (artigo 16): a
continuidade dos niveis de actuación, seguindo criterios de complementariedade, acción coordinada e
actuación conxunta; a definición dun único expediente social básico; e a incorporación de protocolos
de derivación, información e colaboración, a fin de favorecer unha intervención integral coas persoas.
A Lei 3/2007 galega da familia, da infancia e da adolescencia, entre os seus principios reitores tamén
alude á "coordinación de actuacións con todo tipo de organismos e institucións, públicas ou privadas,
que interveñan na protección, defensa e atención á familia, á infancia e á adolescencia, promovendo
criterios comúns e actuacións múltiples nas ordes familiar, educativa, sanitaria, cultural e social” (art.
3.9).
A propia Orde de subvencións que regula o desenvolvemento de programas para a Educación
62
Familiar por parte das cooperacións locais, recolle, entre as funcións do persoal responsable do
programa, a “coordinación con outros axentes que se relacionen coa familias dende outros ámbitos”
(art. 5.2.h).
Os ámbitos da educación e da saúde tamén contan con normativa que empraza ao establecemento
da coordinación ou, cando menos, á colaboración. Así, no Decreto 120/1998 do 23 de abril que regula
a orientación educativa e profesional en Galicia e na Orde do 24 de Xullo de 1998 que desenvolve
este decreto, con respecto ás funcións dos equipos de orientación específicos atribúenselles a de
“colaborar con outros servizos educativos e sociais, no ámbito das súas competencias”. Pola súa
banda, na Lei 8/2008 de saúde de Galicia, o artigo 136.3 refire o seguinte: “neste sentido a
Consellería de Sanidade promoverá a cooperación e a coordinación co Sistema Galego de Servizos
Sociais, para que a atención ás circunstancias e necesidades sociais e máis as accións de prevención
e asistencia sanitaria se complementen de forma axeitada. Igualmente, fomentará actuacións
integrais sociais e sanitarias ante aquelas circunstancias de dependencia, cronicidade, discapacidade
ou outras nas que a cooperación dos dous sistemas comporte vantaxes sociais e asistenciais”.
En conformidade co articulado en ambas as dúas leis, é necesario que, tanto a Consellería de
Educación como a de Sanidade, velen para que os/as seus/súas profesionais cumpran debidamente
con estas funcións.
Se ben observamos unha evidente coincidencia nas distintas disposicións legais, en canto á
consideración da necesidade de coordinación, e mesmo da súa obriga por parte das distintas
administracións, a coordinación e o traballo en rede continúan a ser grandes retos para as entidades
e os servizos presentes no territorio, existindo múltiples trabas e ameazas que dificultan a súa práctica
cotiá. Así o recoñece o Valedor do Pobo no seu informe do ano 2007 cando empraza á Administración
autonómica e local a que "desenvolvan dispositivos que permitan a detección precoz das situacións
de risco e de desprotección, de forma que se poda levar a cabo unha pronta intervención. Isto esixe
potenciar os servizos asistenciais de base dos concellos, coordinalos cos servizos especializados
autonómicos, rapidez na toma de decisións, maior e mellor implicación doutros axentes sociais,
educativos, sanitarios, policiais e xudiciais” (Valedor do Pobo, 2007: 41).
5.2 Axentes implicados: contidos da coordinación
Todos os axentes da comunidade e servizos especializados son importantes na prevención e
promoción da protección ás familias e ás infancias, sendo imprescindible definir que actores
interveñen e que competencias ten cada un antes de comezar o proceso. Neste sentido, é necesario
delimitar e acordar entre as partes o sistema de coordinación, é dicir: os contidos da relación, os
niveis, as estratexias e os instrumentos da coordinación e do traballo en rede.
Así mesmo, como requisito da coordinación, a relación profesional entre os diferentes axentes non
debe ser arbitraria, circunstancial ou puntual; pola contra, debe enmarcarse nos códigos
deontolóxicos de cada profesional, e respectar especialmente os principios de profesionalidade e
información responsable, honesta, veraz e confidencial, indicados no apartado de ética profesional do
bloque II. Outros requisitos que se deben cumprir para favorecer un traballo coordinado e en rede,
son:
-
Respecto mutuo entre as e os profesionais.
-
Definición e delimitación das responsabilidades na toma de decisións entre os equipos que se
coordinan.
-
Formalización da relación de coordinación a través de xuntanzas periódicas.
-
Equiparación profesional na toma de decisións dentro do equipo (no que respecta aos equipos
de servizos sociais comunitarios).
-
Existencia de expedientes familiares únicos e compartidos tanto en soporte físico como dixital
(no que respecta aos equipos de servizos sociais comunitarios).
63
-
Delimitación dos obxectivos, funcións, contidos e procedementos de traballo.
Presentamos a continuación unha proposta inicial que terá que ser consensuada conxuntamente e
que estará suxeita a cambios en función da aparición de novas necesidades.
A. A coordinación nos servizos sociais comunitarios básicos
Independentemente da estrutura organizativa e de coordinación que estableza cada administración
titular do servizo (que pode determinar diferentes formas de acceso ao servizo e aos programas que
contemple, así como diversos mecanismos e sistemas de coordinación entre os e as profesionais que
desenvolven os programas básicos de actuación), esíxese na lei o seu funcionamento como equipo
de traballo interdisciplinar.
O Programa de Educación Familiar é un servizo comunitario máis, polo que, aínda que exista un/unha
profesional de referencia, existen responsabilidades compartidas que é necesario definir e sistemas
de coordinación que é necesario consensuar para mellorar a calidade das intervencións. Así mesmo,
a profesional encargada do desenvolvemento do PEF está plenamente integrada no equipo de
servizos sociais comunitarios, polo que comparte as funcións definidas na Lei e relacionadas co
estudo e diagnóstico social, a elaboración de plans de intervención comunitarios, a detección precoz,
etc., sempre no que respecta á intervención socioeducativa con familias.
Algúns contidos sobre os que se centrará a coordinación poden ser:
-
Posta en marcha de proxectos comunitarios e grupais.
-
Exercicio conxunto do liderado na promoción do traballo comunitario e da participación das
familias no exercicio dos seus dereitos.
-
Elaboración, seguimento e valoración de plans de traballo cos diferentes membros da familia e
coa familia no seu conxunto.
B. A coordinación cos servizos sociais comunitarios específicos
Os servizos sociais comunitarios específicos (Oficinas I+B, CIM, Unidades de Condutas Aditivas,
entre outras) teñen como funcións principais o desenvolvemento de programas e actividades para
previr a exclusión de grupos vulnerables así como a atención directa a colectivos con déficits de
autonomía ou en risco de exclusión que se realicen en medio aberto (LO 2007, art.13). Atendendo a
estas funcións os contidos da coordinación entre os servizos sociais comunitarios básicos e
específicos poderían ser:
-
-
Plans de traballo individuais e familiares:
•
Detección e prevención de situacións de risco ou de exclusión social.
•
Recepción e análise das demandas de persoas en situación de risco e /ou dificultade
social.
•
Elaboración, seguimento e avaliación do plan de traballo socioeducativo individual e
familiar.
•
Colaboración e mediación nas propostas de derivación parcial ou total a outros recursos
e servizos especializados.
Programas e proxectos de prevención de carácter grupal e comunitario:
•
Detección temperá das necesidades educativas nas familias.
64
•
Análise, promoción, desenvolvemento e avaliación dos proxectos de intervención
sociocomunitaria.
•
Promoción da organización e dinamización da comunidade para a sensibilización,
prevención e a resolución de situacións de risco ou dificultade social.
C. A coordinación cos equipos e recursos especializados
Os recursos e servizos especializados, segundo reza a Lei de servizos sociais de Galicia, están
referenciados a un sector de poboación ou a unha necesidade determinada que demandan unha
maior especialización técnica, unha especial intensidade na intervención ou unha base territorial de
intervención de carácter supramunicipal. No caso das actuacións con familias estes poden ser
Equipos Técnicos do Menor, Equipos ENMA, Equipos de Integración Familiar, Gabinetes de
Orientación Familiar, Centros de día, Centros de protección de menores, Centros reeducativos,
Equipos de Medio Aberto, Programa MENTOR, etc.
A Lei de servizos sociais de Galicia esixe tanto a continuidade e complementariedade das actuacións
nos diferentes niveis, como a coordinación entre os servizos sociais especializados e os comunitarios;
no caso dunha derivación de menores en situación de risco grave esta cuestión ten especial relevo ao
considerar que as súas familias continúan a vivir no seu contorno, e o traballo dos servizos
especializados debe estar intimamente vinculado ao dos servizos comunitarios. É importante, pois,
contar con instrumentos e protocolos de coordinación para establecer abordaxes comúns. Os
contidos sobre os que se pode asentar a coordinación serían:
-
Contraste e valoración inicial da situación familiar entre os diferentes servizos implicados.
-
Elaboración de plans de traballo conxuntos coa familia: delimitación de competencias e
responsabilidades.
-
Análise da evolución do plan de traballo.
-
Comisións de asesoramento e seguimento conxunto.
-
Distribución de responsabilidades en situacións de derivación total.
Tal e como recomenda o Informe do Valedor do Pobo (2007), a viabilidade da coordinación pasa por
dotar aos equipos técnicos do menor de máis medios materiais e humanos, así como garantir a súa
estabilidade, tendo en conta a mobilidade actual dos postos de traballo.
D. A coordinación cos centros educativos
Os espazos educativos son, pola súa natureza, un lugar fundamental tanto para a detección de
situacións de dificultade como para a promoción de persoas comprometidas, solidarias e integradas
socialmente. Son unha escola de cidadanía no seu sentido máis amplo. A coordinación entre o equipo
de Servizos Sociais Comunitarios e os profesionais dos centros educativos poderá versar sobre os
seguintes contidos:
-
Proxectos de prevención en relación a diferentes contidos.
-
Proxectos de educación en valores dirixidos a toda a comunidade educativa (alumnado,
profesorado e pais e nais).
-
Promoción dos dereitos da infancia.
-
Proxectos que fomenten a relación familia-escola-comunidade.
-
Establecemento de protocolos de detección, derivación e actuacións conxuntas ante situacións
de dificultade social, violencia de xénero, etc.
65
-
Definición de plans de traballo familiares conxuntos cos servizos sociais.
-
Evolución da escolaridade e abordaxe das situacións de absentismo escolar.
E. A coordinación cos centros sanitarios
Os centros sanitarios, xa sexan de atención primaria ou especializada, centros de saúde, hospitais
comarcais ou provinciais, dedican o seu labor á promoción e protección da saúde, baseándose, para
elo, nun modelo de saúde centrado na cidadanía, tal e como se recolle no preámbulo da Lei 8/2008,
do 10 de xullo, de saúde de Galicia. En tanto que receptores das demandas de atención sanitaria e
tendo en conta as súas funcións de prevención a través do control dos estados de saúde, son lugares
privilexiados para a detección precoz de situacións que poden repercutir negativamente na saúde e
no contorno dos membros dunha familia, e especialmente dos máis pequenos.
Neste senso, o traballo de prevención nos contextos familiares pode constituír un obxectivo común
cos servizos sociais comunitarios. Outros posibles contidos sobre os que podería pivotar o proceso de
coordinación serían:
-
Proxectos de prevención en relación a diferentes contidos.
-
Proxectos de promoción da saúde comunitaria.
-
Promoción de competencias parenterais no coidado da saúde.
-
Itinerarios de protección infantil: detección e derivación de situacións de maltrato e abandono
dos/as menores de idade.
-
Detección de situacións de violencia de xénero.
-
Definición de plans de traballo familiares conxuntos cos servizos sociais.
-
Evolución sanitaria dos membros das familias do PEF.
F. A coordinación coas entidades de iniciativa social
A iniciativa social non lucrativa xogou de sempre un papel fundamental no traballo a favor da mellora
das condicións de vida e benestar das comunidades, en especial, en situacións de maior
conflitividade social; deste xeito, este sector ven de contribuír e configurar unha parte importante do
ámbito dos servizos sociais. Xa na Lei de Servizos Sociais se inclúe a promoción da iniciativa social,
favorecendo, así, a activación da cidadanía en facer unha sociedade máis participativa e
corresponsable, promovendo a cooperación social.
No contexto comunitario existen iniciativas de diversa índole que participan e colaboran coas familias,
dende as ANPAs e as Asociacións de veciños, ata outras asociacións de carácter social vinculadas ao
traballo social con diversos colectivos: CARITAS, Cruz Vermella, Fundación Preescolar na casa,
Fundación Secretariado Xitano, Fundación Meniños, por citar só algunhas das máis relevantes.
Cómpre establecer unha coordinación entre todas elas e aunar esforzos e responsabilidades que
permitan dar respostas profesionais, articuladas e máis eficaces, sobre todo, con aquelas coas que
distintas administracións teñen establecidos convenios para o desenvolvemento de programas e
servizos que son de responsabilidade pública.
Os contidos comúns sobre os que se pode traballar serían:
-
Proxectos comunitarios conxuntos.
-
Proxectos de intervención grupal con familias.
-
Itinerarios de protección infantil: detección e derivación de situacións de maltrato e abandono
dos/as menores de idade.
66
-
Plans de traballo coas familias.
-
Comisións de seguimento.
5.3 Niveis de coordinación e de traballo en rede
A coordinación pódese establecer en relación aos diferentes niveis da intervención familiar: individualfamiliar, grupal e comunitaria. Ademais, en cada un destes niveis existen diferentes graos de
coordinación en función da súa finalidade, dos contidos e dos compromisos adquiridos por cada
axente. Neste senso, distínguense varios niveis de coordinación:
-
Nivel informativo: referido á comunicación que se establece entre profesionais e entidades co
único obxectivo de informar dunha situación familiar.
-
Nivel consultivo: neste caso, ademais de intercambiar información, os profesionais establecen
mecanismos comúns de orientación e suxestións para a mellora das situacións familiares.
-
Nivel proxectivo: esixe ter un proxecto de traballo conxunto que supón responsabilidades e
poder na toma de decisións por parte dos diferentes axentes.
5.4 Fases do proceso de coordinación e traballo en rede
O mundo actual está exposto a continuos cambios sociais, políticos, cambios nos modelos familiares,
novas necesidades e demandas, etc., aos que os diferentes profesionais deben dar resposta, ideando
novas formas de traballar, orientadas cara a creación de redes de traballo interprofesionais e cidadás.
Estes novos modelos de traballo implican unha maneira diferente de entender o rol profesional e
cidadá; así como superar a idea de coordinación para pasar á construción conxunta de proxectos
centrados na idea de cooperación e corresponsabilidade.
Segundo Ballester, et al. (2002: 3), as condicións necesarias e os pasos que se deben dar na
construción dun proceso de coordinación e traballo en rede serían:
1. “Crear unha comisión para a articulación da rede ou da coordinación, un grupo promotor.
2. Contar co apoio das organizacións.
3. Existencia de normas para garantir o funcionamento democrático.
4. Crear acordos escritos: protocolos, proxectos”.
Partindo destas condicións, sinálanse a continuación as fases que podemos ter en conta para o
desenvolvemento dun proceso de coordinación e de creación de redes no traballo socioeducativo con
familias.
Primeira fase: identificación e sensibilización dos axentes
Tal e como afirma Balado (2008) para iniciar un proceso de coordinación é preciso que exista un
recoñecemento mutuo, unha exploración e uns acordos sobre os obxectivos que pretendemos
acadar, o que pode aportar cada parte, avanzando paso a paso.
Esta primeira fase é común tanto para o inicio dun proceso de coordinación como de traballo en rede,
posto que está centrada no coñecemento dos axentes cos que se desexa establecer un traballo
conxunto, así como dos seus cometidos e funcións principais. É preciso, pois, identificar estes
axentes no territorio e establecer as bases para promover o recoñecemento mutuo, consistente no
achegamento entre as distintas partes, departamentos, profesionais, etc., entre os que se desexa
iniciar o proceso.
67
Ademais de analizar a realidade territorial, na maioría dos casos é necesario partir dun traballo de
sensibilización, a través de estratexias de información e/ou formación dos distintos axentes da
comunidade. Durante a mesma se motivará sobre a necesidade da coordinación e do traballo en rede
co obxectivo de facilitar o coñecemento entre os diferentes axentes e a explicitación dos compromisos
de cada un para que funcione este modelo de traballo.
Segunda fase: Constitución do traballo coordinado e en rede
O segundo momento céntrase na definición dos procedementos necesarios para a coordinación e o
traballo en rede, así como na explicitación dunha linguaxe común que permita que todas as partes
entendan o mesmo ao empregar determinados conceptos, e que a comunicación sexa efectiva e
fluída.
Os procedementos son diferentes segundo nos refiramos a coordinación ou a traballo en rede:
Coordinación:
-
Celebración dunha primeira xuntanza de coordinación na que se expliciten as competencias e
obxectivos de traballo entre as partes ou profesionais que se pretenden coordinar, e que facilite
a utilización dunha linguaxe compartida.
-
Elaboración dun acta de xuntanza onde se recollan os temas abordados e as
responsabilidades de cada parte, temporalizando as tarefas e as funcións.
-
Definición dos mecanismos de coordinación que poden abranguer dende contactos telefónicos
periódicos ata aqueles máis definidos e estruturados en base a definición de procedementos e
protocolos de actuación coordinada.
Traballo en rede:
-
Creación dunha Mesa de traballo en rede que responda ás demandas dos axentes; definición
das persoas integrantes da mesma, e reparto de responsabilidades, entre as que se atopa a de
dinamización do proceso.
-
Elaboración dun acta conxunta de constitución, na que se recollan: os organismos ou
axentes que forman parte da mesa; os acordos establecidos; o para que ou finalidade da
articulación da rede; e os obxectivos, para poder crear un modelo de traballo en común.
-
Realización dunha análise das potencialidades e necesidades dos territorios a modo de
diagnose común, na que centrar os posibles proxectos de traballo en rede. Isto require dun
esforzo por parte dos/as representantes das entidades ou dos axentes, co fin de optimizar o
diálogo e a exposición de ideas buscando o maior respecto polas diferenzas.
A metodoloxía de traballo que se pode utilizar para esta análise conxunta da realidade
concrétase, entre outras, nas seguintes técnicas: a DAFO, os ECOMAPAS, o CIRCULO DE
COMPARACIÓN (Benchmarking) e o TRABALLO EN EQUIPO. Estás técnicas permítennos
analizar a realidade, os recursos e as súas relacións, e iniciar a fase produtiva do traballo en
rede para dar paso a construción de protocolos e proxectos.
-
Esta diagnose debe quedar recollida nun documento onde se definan as alternativas a
traballar, atendendo á viabilidade das mesmas, aos recursos cos que se conta, ou ben á
posibilidade de obtelos, considerando tanto as capacidades materiais e de xestión de cada
unha das entidades ou axentes participantes, e sentando as bases sobre os acordos iniciais,
formulando as propostas de traballo conxunto e priorizando os contidos sobre os que se vai
centrar o traballo en rede.
68
Terceira fase: Desenvolvemento da coordinación e do traballo en rede.
Identificados os axentes, e definidos os procedementos de coordinación e traballo en rede, darase
paso ao desenvolvemento da coordinación ou do traballo en redes, segundo o acordado polas partes.
No caso da coordinación, as relacións establecidas entre as partes desenvolveranse só nos niveis
consultivo e informativo, pero non no nivel proxectivo, mentres que no traballo en rede a coordinación
enmarcarase nun proxecto colaborativo que implica o compromiso e a participación horizontal de
todos os axentes e que se concreta no deseño de proxectos articulados ou conxuntos que poderán
estar en relación aos diferentes niveis de intervención na Educación Familiar.
Tanto cando se fala de coordinación como de traballo en rede, se debe garantir un apoio institucional
para que os acordos e a toma de decisións teñan maior consolidación e alcance, garantindo a súa
permanencia no tempo e imprimíndolle un carácter formal que permita acadar resultados a curto,
medio e longo prazo.
Neste terceiro momento é onde se materializa a coordinación, é o nivel máis concreto en que se
dinamizan os espazos de coordinación, de execución e consecución dos proxectos coas familias ou
das actuacións de cada axente pactadas nos protocolos (sexa sobre casos concretos ou noutros
niveis de intervención).
As metodoloxías fundamentais son as de PROTOCOLOS de actuación coordinada para o caso do
proceso de coordinación e do traballo en rede, e a metodoloxía por PROXECTOS para o caso do
traballo en rede. Esta última, pola súa importancia para a Educación Familiar, recóllese expresamente
no punto 4.
Avaliación continua do proceso de coordinación e traballo en rede
Como un indicador de calidade dos programas de intervención, a avaliación debe formar parte de
todo o proceso; máis aínda nos procesos de creación de redes e estratexias de coordinación, pois
supoñen, en base aos resultados avaliados e a consecución dos obxectivos, o poder avanzar nas
sucesivas fases do proceso anteriormente exposto.
A avaliación integral da execución dun programa de coordinación debe comprender dende a
valoración sobre como se desenvolveu a análise da realidade territorial e a priorización das
necesidades detectadas (1ª fase do proceso), e en función das cales se deseñou o proxecto de
coordinación e de traballo en rede, ata os resultados e o posible impacto do programa (cumprimento
dos obxectivos da coordinación), pasando pola análise do deseño, a xestión do proceso e o seu
desenvolvemento.
De forma xeral os criterios que deberán servir de marco referencial da avaliación serán os seguintes:
-
Identificación de dificultades no proceso de diagnose.
-
Adecuación da metodoloxía ós obxectivos previstos.
-
Consecución dos obxectivos.
-
Participación das persoas implicadas.
-
Satisfacción das persoas implicadas.
-
Idoneidade da temporalización.
-
Relevancia e impacto do proceso de coordinación xerado.
69
Capítulo VI. REQUIRIMENTOS MÍNIMOS
Os requirimentos responden á necesidade de dar cumprimento por parte da entidade contratante e do
persoal da mesma, daqueles aspectos mínimos indispensables para o desenvolvemento das
actuacións específicas do posto de traballo. Diferenciamos entre recursos e ratios mínimas.
6.1 Recursos
Tecnolóxicos:
-
Ordenador co software e hardware básico
-
Impresora
-
Conexión a Internet
-
Conta de correo electrónico
-
Dispoñibilidade de teléfono fixo e móbil
-
Dispoñibilidade de fax
-
Fotocopiadora
Materiais:
-
Despacho propio que conte con mobiliario básico: cadeiras, mesa, ...etc. tamén deberá posuír
as condicións mínimas de habitabilidade.
-
No caso de non contar con despacho propio, ter a posibilidade de uso dalgún no cal poder
realizar accións personalizadas.
-
Material funxible: bolígrafos, lápices, folios...etc.
-
Materiais didácticos e documentais, aplicacións informáticas e xogos educativos.
-
Documento Programa municipal de Educación Familiar.
Económicos:
-
Dispoñer dunha partida orzamentaria propia para realizar diversas actuacións relacionadas coa
intervención socioeducativa con familias, e tamén para a compra de material específico e
promoción e/ou divulgación.
-
O concello deberá contemplar axudas de custo destinadas a sufragar desprazamentos
relacionados co posto de traballo, tanto a nivel concreto das actuacións propias do posto, como
para destinar a formación específica.
6.2 Ratio de familias por profesional
A ratio de familias dependerá da intensidade do apoio que se preste e/ou da fase en que se atope o
proceso de intervención. En calquera caso, para o desenvolvemento dun proceso de calidade tal e
como foi descrito, non deberá ser superior a 15 familias por educador/a familiar, contemplando que a/o
profesional está contratada/o a xornada completa e con dedicación exclusiva ao programa.
Así mesmo, se deberán ter en conta os seguintes criterios á hora de concretar a ratio establecida para
cada concello:
-
Número de habitantes.
70
-
Grao de dispersión da poboación.
-
Grao de densidade da poboación.
-
Rede de comunicacións no concello.
-
Recursos dispoñibles no concello e existencia de equipos multiprofesionais.
-
Realidade socioeconómica.
-
Tamaño e composición das familias.
-
Complexidade das situacións familiares.
A proposta de ratio máxima por educador/a familiar só se contemplará cun contrato a xornada
completa e non se terá en conta a dedicación a outros programas dentro dos servizos sociais.
En canto ao volume de asesoramentos puntuais, considérase que son unha cuestión dependente da
organización do servizo, debendo determinarse un número de horas á semana para os mesmos.
71
Bibliografía
•
Ander-Egg, E. (1998): Metodología y práctica del desarrollo comunitario (Vol.1) ¿Qué es el
desarrollo de la comunidad? Buenos Aires: Lumen-Humanitas.
•
Arnanz, E. (2003): “Coordinación y acción voluntaria”. Colección A fuego lento, 6. Madrid:
Plataforma para la promoción del voluntariado en España.
•
Balado, X. e Fernández, M (2008): “A coordinación dos apoios ás crianzas. O traballo en
rede”. Conferencia Internacional A detección precoz nas escolas infantís. Programa A
tempo. Santiago de Compostela, 12-13 de decembro de 2008.
•
Ballester, L.; Orte, C.; Oliver, J. L. e March, M. X. (2002): Metodología para el trabajo
socioeducativo en red. Universidad de las Islas Baleares.
•
Llena, A. e Parcerisa, A. (2008): La acción socioeducativa en medio abierto. Barcelona:
Graó.
•
Mañós, X. e Lorente, Q. (2003): “L'acompañyament i l'educador social”. En J. Planella e J.
Vilar (Coord.), L'educació social: reptes, perspectives y camins. Barcelona: Pleniluni.
•
Morin, E. (2001): Los siete saberes necesarios para la educación del futuro. Barcelona:
Paidós.
•
Planella, J. (2008): “Educación social, acompañamiento y vulnerabilidad”. Revista
Iberoamericana
de
Educación,
46/5.
http://www.rieoei.org/deloslectores/2358Planellav2.pdf
•
Valedor do Pobo (2007): Informe Extraordinario. Menores Vulnerables: Desprotección e
responsabilidade penal. A Coruña.
72
ANEXOS
Anexo 1: Glosario
ACTITUDES PARA A COORDINACIÓN: a coordinación non se asenta só en concepcións teóricas de
necesidade; é ademais unha cuestión de técnicas (ferramentas, habilidades e destrezas, métodos e
sistemas de coordinación aprendidos) e de actitudes, sendo estas últimas imprescindibles para que se
de a coordinación. Por iso é algo moi complexo; porque non é só unha cuestión técnica que se
aprenda en sesións de formación ou en mesas de debate, senón que ten que ver co noso mundo de
valores e coas nosas individualidades persoais e profesionais (coas nosas predisposicións).
AVALIACION DE NECESIDADES E RECURSOS: Determinación do nivel de competencia das/os
usuarias/os (situación de partida). Debe concretarse en indicadores. En xeral, o termo indica a análise
e determinación dunha situación sobre a base de informacións, datos e feitos, recollidos e ordenados
sistematicamente.
AVALIACION DE RESULTADOS-EFICACIA: Avaliamos o produto e os logros, o impacto, se
conseguimos ou non os obxectivos ou en que medida; en definitiva se estamos sendo eficaces.
Eficacia: grao de consecución dos resultados previstos. Podemos estar facendo ben o previsto, ser
eficientes, e non ser eficaces, non conseguir os obxectivos. Podemos ternos equivocado na análise...
AVALIACION DO PROCESO-EFICIENCIA: Avaliamos o como, non os resultados, se o estamos
facendo ben (eficiencia): se cada axente do proxecto está realizando ben as súas tarefas, se os
recursos son suficientes, se andamos ben de prazos, se funciona a coordinación,..., ou simplemente
pensamos como poderiamos facelo mellor. Eficiencia: desenvolvemento das tarefas de maneira que se
alcancen os resultados perseguidos co menor gasto de recursos (os indicadores custo-beneficio, ou
mellor falando de acción social, custo-eficacia son unha medida da eficiencia).
AXENTES: son todos os recursos humanos que interveñen no proxecto. As/os usuarias/os tamén son
axentes (dicimos que queremos que sexan protagonistas, axentes, do seu propio cambio).
CAPACIDADES: atributos das persoas, que se desenvolven pola integración e acumulación de
aprendizaxes significativas.
CÓDIGO DEONTOLÓXICO: conxunto de normas e deberes dirixidos a un colectivo de profesionais
para guiar o exercicio da súa profesión dende unha perspectiva ética.
COMPETENCIA PROFESIONAL: Conxunto de capacidades, habilidades e destrezas para
desenvolver as funcións asignadas ao posto de traballo.
COORDINACIÓN: comprende o proceso e traballo de ordenar, acordar, pactar e convir entre varias
partes un conxunto de esforzos, recursos, iniciativas e plans que nos conduzan á execución dunha
acción común ou á consecución dun obxectivo aceptado por todas as partes implicadas.
CUALIFICACIÓN PROFESIONAL: conxunto de competencias profesionais con significación para o
emprego que poden ser adquiridas mediante formación modular ou outros tipos de formación e a
través da experiencia laboral.
ENCARGO: Información relativa ao programa proxecto que o acouta inicialmente e dotación de
recursos. A información pode concretar todos os elementos do programa ou proxecto. Habitualmente
delimítase o obxecto (finalidade e destinatarias/os), o territorio, os obxectivos xerais... O encargo
provén habitualmente da Administración e da propia organización.
ESTRÉS LABORAL: É o desequilibrio percibido entre a demanda e a capacidade de resposta do
traballador/a. Segundo esta definición, produciríase estrés cando o traballador/a percibe que as
demandas do entorno superan as súas capacidades para afrontalas, ademais, valora esta situación
coma ameazante para a súa estabilidade.
FUNCIÓNS: conxunto de tarefas de carácter particular relativas ao desempeño da práctica diaria
propia de servizos e equipamentos específicos.
74
IMPACTO: Efectos ocasionados pola intervención, previstos ou non, desexados ou non.
NIVEIS DE COORDINACIÓN: graos diferentes de intensidade no proceso de coordinación que se
poden percorrer, o paso por cada un dos niveis supón a interiorización do paso anterior sen o cal non
se podería avanzar.
PERFIL PROFESIONAL: conxunto de competencias profesionais con valor e significación para un
posto de traballo.
PLAN: Orientacións, estratexias e recursos a habilitar a longo prazo para desenvolver unha
intervención cun colectivo numeroso (por exemplo, todo un sector de poboación), respecto dun
obxectivo de gran alcance e nun territorio amplo.
PLANIFICACION: organización racional dos recursos e a información dos que dispoñemos de cara a
obter os fins que nos marcamos.
PROCESO: Operacións realizadas sobre a información e os recursos para alcanzar os resultados
previstos.
PROCESO DE COORDINACIÓN: conxunto de fases sucesivas de encontro, desbloqueo, organización
de reunións e superación de niveis que deben ir pasando os membros dun equipo de intervención, ou
as entidades que interveñen nun mesmo contorno comunitario, para ir conseguindo pouco a pouco
unha maior e mellor coordinación.
PRODUTO: Actividades realizadas, informes (información), recursos xerados.
PROGRAMA: Conxunto de proxectos relacionados e coordinados entre si sobre a base da
consecución dun obxectivo.
PROGRAMACION: Deseño do proxecto concreto que imos levar a cabo.
PROXECTO: Conxunto de actividades estreitamente unidas e organizadas en base á consecución
duns obxectivos.
RECURSOS: Ferramentas, instrumentos, axentes, cos que contamos para levar a cabo o programa ou
proxecto. Poden ser recursos humanos ou materiais (estes inclúen as tecnoloxías dispoñibles).
REQUERIMENTOS BÁSICOS OU FUNDAMENTAIS: condicións indispensables sen as cales será
imposible un rendemento óptimo no posto de traballo.
RISCO: Conxunto de condicións que potencialmente poden ocasionar dano ou accidente.
SECUENCIACION E TEMPORALIZACION: son aspectos relacionados coa dimensión temporal.
Cando queremos establecer o tempo que suporá o desenvolvemento dunha tarefa, unha actividade, un
proxecto,..., debemos establecer primeiro a secuencia de actividades (cal é a súa orde, cal depende de
cal) e despois fixar o tempo de cada tramo e o tempo total tendo en conta a dependencia entre tarefas
(isto é, realizar un cronograma).
SÍNDROME DE BURN-OUT: ou síndrome de estar queimado polo traballo (SQT): resposta ao estrés
laboral crónico composto por actitudes e sentimentos negativos cara as persoas coas que se traballa e
cara o propio rol profesional, así como pola vivencia de atoparse emocionalmente esgotado. Esta
resposta ocorre con frecuencia nos profesionais da saúde e, en xeral, en profesionais de organizacións
de servizos que traballan en contacto directo coas persoas usuarias da organización.
TÉCNICAS: son actividades ou tarefas complexas que esixen un dominio (capacidades e
coñecementos especializados). Falamos de técnicas de avaliación de necesidades, técnicas de
dinámica de grupos, etc.
TAREFA: fase de traballo que ten un principio e un final determinados, un tempo concreto de
realización, un número preciso de operacións, un método concreto de realización e supón, nalgúns
casos, o uso de instrumentos e ferramentas para a súa execución.
75
ANEXO 2
Modelo de
Acordo de colaboración
76
ACORDO DE COLABORACIÓN3
(Nome e apelidos), educador/a familiar do concello de (nome do concello), e (nome e apelidos)4,
adoptan conxuntamente os seguintes acordos para o desenvolvemento do proxecto de
intervención familiar:
ACORDAN os seguintes compromisos e normas de relación:
Por parte do/a educador/a familiar:
• Garantir a confidencialidade e privacidade sobre as actuacións que se leven a
cabo.
•
•
Por parte da familia5
• Autorizar a/o educador/a familiar a intercambiar información cos profesionais
implicados no proxecto, sobre todo no ámbito educativo e sanitario.
•
•
Por ambas partes6:
•
•
•
Para que así conste aos efectos oportunos
(Lugar e data)
Sinaturas7
3
4
Conforme á LOPD 15/1999 a información do presente acordo é confidencial e só será empregada para o desenvolvemento do proxecto de intervención familiar. Os datos facilitados pasarán a formar parte dun ficheiro declarado ante a Axencia Española de Protección de Datos. A persoa usuaria poderá, en todo momento, exercitar os dereitos recoñecidos na LOPD, de acceso, de rectificación, cancelación e oposición. O exercicio destes dereitos pode realizarse mediante comunicación escrita ao seguinte enderezo postal (engadir enderezo do concello)
Indicar os nomes e apelidos de todos os membros da familia que participen do acordo.
5
Se é oportuno, diferenciar os acordos para cada membro da familia.
6
Espazos, temporalización, forma de convocatoria, forma de revisión do acordado, consecuencias de incumprimento por ambas partes...
Tantas sinaturas como persoas implicadas no acordo.
7
77
ANEXO 3
Modelo de
Formulario de derivación
78
FORMULARIO DE DERIVACIÓN
Dirixido a:
Entidade
Profesional
Datos da persoa informante
Entidade
Profesional
Datos de contacto
Datos da familia ou persoa á que se refire a información
Nome a apelidos
Datos de contacto
Teléfono
Enderezo
Motivo da notificación ou derivación
Actuacións levadas a cabo pola entidade (especificar datas)
Valoración profesional
Solicitude que se realiza e proposta de actuación
Outras cuestións a engadir
Lugar e Data
Sinaturas
Nota: A familia está informada desta derivación?
Si
Non
79
ANEXO 4
Modelo de
Plan de traballo
80
FICHA FAMILIAR
Datos identificativos do expediente
Profesional de referencia
Familia
Nº expediente
Datos de contacto
Data de inicio:



Enderezo postal
Teléfonos
Enderezo electrónico
Datos da unidade familiar e de convivencia
Nome e apelidos
Data nacemento
Idade
Parentesco
Estado civil
Nivel de estudos
Ocupación
Xenograma
Historia familiar e institucional8
Outra información relevante
Motivo / demanda inicial9
8
9
Recoller se hai outros recursos e profesionais traballando coa familia. Indicar solucións intentadas (eficaces e non eficaces) pola familia e outras/os profesionais.
Explicitar se a familia foi derivada e, neste caso, diferenciar entre a demanda inicial de quen deriva e da familia.
82
AVALIACIÓN INICIAL10
ÁMBITO FAMILIAR/CONVIVENCIAL
INDICADORES
VALORACIÓN
Potencialidades
Dificultades
Características da unidade de convivencia
Cohesión familiar (grao, existencia de vínculos
afectivos, calidade...)
Comunicación e relacións intrafamiliares
Roles familiares (organización e reparto das tarefas)
Competencias no coidado de persoas menores e
maiores
Apoios familiares externos (existencia, estabilidade,
calidade)
Outros:
ÁMBITO RESIDENCIAL
INDICADORES
Vivenda (dispoñibilidade, tipo, estabilidade...)
Calidade da vivenda (habitabilidade, hixiene,
seguridade, equipamentos...)
Espazo dispoñible, distribución e utilización
Emprazamento e características do espazo urbano
(dispoñibilidade e accesibilidade de recursos)
Outros:
10
Ver anexo A: interpretación dos indicadores.
VALORACIÓN
Potencialidades
Dificultades
ÁMBITO ECONÓMICO/LABORAL
INDICADORES
VALORACIÓN
Potencialidades
Dificultades
Ingresos (fonte, contía, regularidade...)
Apoios económicos cos que conta
Gastos e distribución dos recursos
Outros
Situación laboral (activo/a, parado/a)
Condicións laborais (horario, contrato, traballo
precario...)
Satisfacción no ámbito laboral
Capacidade para buscar e manter o emprego
(motivación para o emprego)
Outros:
ÁMBITO EDUCATIVO
INDICADORES
Escolarización e rendemento escolar
Integración escolar
Relación da familia co contexto escolar
Nivel formativo (regrado, non regrado)
Competencias cognitivas
Outros
VALORACIÓN
Potencialidades
Dificultades
ÁMBITO DA SAÚDE
INDICADORES
VALORACIÓN
Potencialidades
Dificultades
Nivel de saúde física
Discapacidades, dependencias
Nivel de saúde psicoafectiva
Hábitos saudables (alimentación, hixiene, sono...)
Acceso ao sistema e recursos sanitarios
(información, capacidade de acceso, relación...)
Outros:
ÁMBITO SOCIAL
INDICADORES
Apoios sociais formais e non formais (existencia,
calidade, estabilidade...)
Participación (formal, no formal).
Competencias sociais
Grao de aceptación social
Outros
VALORACIÓN
Potencialidades
Dificultades
ÁMBITO DO LECER
INDICADORES
VALORACIÓN
Potencialidades
Dificultades
Coñecemento dos recursos e alternativas de tempo
libre
Ocupación do lecer (familiar, individual)
Outros
ÁMBITO ADMINISTRATIVO/XUDICIAL
INDICADORES
VALORACIÓN
Potencialidades
Dificultades
Situación administrativa e legal
Medidas xudiciais
OUTROS ÁMBITOS
INDICADORES
VALORACIÓN
Potencialidades
Dificultades
Síntese e valoración profesional11
Valoración da familia
Que cambios son precisos para que mellore a situación sociofamiliar?
Profesional
11
Familia
Facer referencia ás actitudes da familia, conciencia do problema, motivación cara o cambio...
87
PROXECTO DE INTERVENCIÓN
1. Obxectivos xerais e específicos
2. Metodoloxía
3. Actividades
Área 112:
Actividades
12
Establecer o número de áreas que se considere preciso.
Responsables
Temporalización
4. Recursos
Do propio recurso
Da comunidade
5. Avaliación13
Obxectivos
Indicadores
Obxectivo 1
Indicador 1
Indicador 2
Obxectivo 2
Indicador 1
Indicador 2
13
Especificar o sistema de avaliación continua e final e os criterios e indicadores para a avaliación da consecución dos obxectivos.
Da familia
6. Avaliación continua
Data de revisión:
Quen:
A. Valoración do grao de consecución dos obxectivos
Obxectivos
Indicadores
Obxectivo 1
Indicador 1
Indicador 2
Obxectivo 2
B. Valoración xeral do proceso:
C. Autoavaliación profesional:
D. Novos acordos derivados da avaliación14:
E. Próxima revisión:
14
Relativos aos obxectivos, á metodoloxía, temporalización, responsabilidades...
Conseguido
En proceso
Non
conseguido
REXISTRO DE ACTUACIÓNS
Data
Lugar
Persoas presentes
Obxectivo/s
Actuación desenvolvida
Observacións
Valoración profesional
91
AVALIACIÓN FINAL
92
Anexo A: Interpretación dos indicadores
Ámbito familiar/convivencial
•
Características da unidade de convivencia: nº de persoas na unidade familiar e relación
entre as mesmas. Indicar se existe unha situación de vulnerabilidade: familia en proceso de
separación/divorcio, separada por inmigración, monoparenteral, orfandade, hospitalización,
institucionalización, ausencias prolongadas, falecemento dalgún membro da unidade,
embarazo non desexado, ter ao coidado persoas maiores ou dependentes...; momento do ciclo
vital polo que pasa a familia.
•
Cohesión familiar: grao de cohesión familiar (é unha familia unida ou dispersa?), existencia de
vínculos afectivos, calidade dos vínculos, existencia de apoio entre os membros da familia...
•
Comunicación e relacións intrafamiliares: tipo de relacións, son positivas? existen conflitos?
hai un deterioro das relacións? como é a comunicación? Asertiva, pasiva, agresiva?... indicar
para cada subsistema familiar se existen conflitos derivados de: imposibilidade ou grave
dificultade para o diálogo, discusións frecuentes, falta de respecto, condutas autoritarias ou
laxitude de disciplina, rexeitamento dalgún membro... As relacións de grave conflito serían
derivadas dunha situación de maltrato, abandono ou abuso sexual. Existen coalicións entre os
membros da familia?
•
Roles familiares (organización e reparto das tarefas): conflito de roles, duplicidade de roles, os
fillos asumen roles adultos que non lles corresponden, deixadez de funcións parenterais,
flexibilidade na adaptación a novos roles... Como é o reparto de tarefas no fogar?
•
Competencias no coidado de persoas menores e maiores: satisfacción das necesidades
físicas, materiais, emocionais, educativas...
•
Apoios familiares externos (existencia, estabilidade, calidade): indicar se é unha persoa ou
familia cunha rede e apoio familiar continuado, se existe fraxilidade dos seus vínculos
familiares, ou se carece de vínculos. Como son as relacións coa familia extensa.
Ámbito residencial
•
Vivenda (dispoñibilidade, tipo, estabilidade...): neste apartado recollerase se a familia conta
con vivenda en propiedade ou non, o tipo de vivenda (piso, casa, etc.), a estabilidade da
vivenda (cambian cada ano...).
•
Calidade da vivenda: habitabilidade, hacinamento, hixiene, seguridade, equipamentos e
servizos básicos como auga, luz, calefacción ou similar.
•
Espazo dispoñible, distribución e utilización: espazos cos que contan, distribución dos
espazos en relación a cada membro da familia, espazos para a intimidade, para o estudo, para
o descanso... Xunto coa distribución será moi importante ver a utilización dos espazos.
•
Emprazamento e características do espazo urbano (dispoñibilidade e accesibilidade de
recursos): xunto coas características da vivenda e moi importante coñecer onde está situada,
as características do barrio, os equipamentos cos que conta, o grao de accesibilidade da
familia a eses recursos.
Ámbito económico
•
Ingresos (fonte, contía, regularidade...): coñecer as fontes de ingresos, de onde proceden, o
grao de estabilidade dos ingresos, se existencia de débedas.
•
Apoios económicos cos que conta: trátase de saber se o núcleo familiar conta con apoios
económicos distintos dos ingresos que perciben, axudas da familia, da súa rede de apoio, etc.
•
Gastos e distribución dos recursos: coñecer cales son os gastos fixos cos que conta a
familia, cal e a distribución de recursos en función deses gastos, prioridade na distribución dos
93
gastos, se hai capacidade de aforro, grao de endebedamento, impagos...
Ámbito laboral
•
Situación laboral: activo/a, parado/a. Se está en situación de desemprego recoller outra
información: abandono do mercado por xubilación, incapacidade temporal, paro de longa
duración, situación de exclusión por distintas variables (idade, xénero, etnia...).
•
Condicións laborais: horario, contrato, traballo precario, economía sumerxida...
•
Satisfacción no ámbito laboral: relacións no contexto laboral...
•
Capacidade para buscar e manter o emprego: grao de adecuación as esixencias do
mercado laboral, nivel de adaptabilidade as condicións do mercado, dificultades de inserción
laboral motivación para o emprego, tanto para desenvolver un traballo como no que se refire a
formarse para atopar traballo; dificultades de adaptación no emprego.
Ámtibo educativo
•
Escolarización (se existe ou non e nivel educativo no que se atopa) e rendemento escolar:
rendemento normalizado, deficitario, inaxeitado, fracaso, absentismo, desescolarización,
abandono prematuro, cambios de centros...
•
Integración escolar: sen problemas a destacar, con dificultades ou problemas debidos a unha
escolarización conflitiva (por motivos condutuais, rexeitamento ou exclusión por motivos
étnicos, relixiosos, sanitarios...), dificultades da aprendizaxe, actitude negativa (do neno/a ou
da familia ante o centro por desmotivación, desinterese, transgresión de normas...), desaxustes
relacionais no centro (entre iguais, co profesorado, condutas disruptivas, agresións, fugas...).
•
Relación da familia co contexto escolar: seguimento da evolución escolar das/os fillas/os.
•
Nivel formativo (regrado, non regrado): tanto dos/as nenos/as como dos/as adultos/as. Indicar
non só a formación regrada, senón tamén a non regrada. Indicar tamén se actualmente se está
cursando algunha acción formativa.
•
Competencias cognitivas: capacidade de comprensión e expresión, habilidades de auto
observación e determinación das necesidades propias, capacidade para facer unha análise
realista da súa situación, así como das súas posibilidades de mellora, capacidade para
anticipar eventos e realizar previsións, destrezas para avaliar apoios e recursos dispoñibles,
para coñecer e empregar os propios recursos, capacidade para unha atribución de
causalidades...
Ámbito da saúde
•
Nivel de saúde física (discapacidades, dependencias...): percepción de benestar físico, nivel
de saúde axeitada, enfermidades físicas, discapacidades, abuso de alcol ou drogas, outros
comportamentos
aditivos,
certificado
de
minusvalía,
require
tratamentos,
dependencia/autonomía física...
•
Nivel de saúde psicoafectiva: percepción de benestar psicoafectivo, enfermidade mental,
existencia de desaxustes psicoafectivos relevantes (dificultades asociadas a: capacidade
intelectual, deterioro cognitivo, fracaso afectivo, sexualidade e identidade sexual, trastornos de
conduta alimentaria, control de impulsos, inxestión de sustancias tóxicas...), trastornos
adaptativos básicos asociados ao estado de ánimo, cadro de ansiedade, depresión...
•
Hábitos saudables: alimentación, hixiene, sono, exercicio físico...
•
Acceso ao sistema e recursos sanitarios: información, capacidade de acceso, relación...
94
Ámbito social
•
Apoios sociais formais e non formais (existencia, calidade, estabilidade...): existencia de
relacións frecuentes e non conflitivas nos diferentes ámbitos: amigos, veciñanza, compañeiras/
os de traballo...; valorar a calidade e estabilidade destas relacións; existencia de apoios formais
de recursos sociais públicos ou de iniciativa social (Cruz Vermella, Cáritas...).
•
Participación (formal, no formal): capacidade para participar e organizarse na vida
comunitaria; participación formal en asociación de veciños, comunidade de veciños,
movementos sociais, relixiosos, políticos, sindicais...; participación informal en festas, cultos,
costumes populares, cuadrillas... Illamento social. Información sobre os recursos, dificultado de
acceso aos recursos...
•
Competencias sociais: habilidades básicas de interacción e comunicación (comunicación
verbal e non verbal, capacidade para a relación social, para iniciar e manter unha conversa...),
asertividade e expresión de sentimentos (desexos, opinións, dereitos ou sentimentos e captar
os dos demais), habilidade no manexo de conflitos, alternativas á agresión (escoitar, formular
preguntas, negociar, razoar, propoñer alternativas, autocontrol...), manexo e autocontrol de
impulsos, capacidade para solicitar axuda e seguir un consello.
•
Grao de aceptación social: non existen problemas de rexeitamento no seu contorno, axeitada
integración social, dificultades de inserción social (indicar factores relacionados),
rexeitamento...
Ámbito de Lecer
•
Coñecemento dos recursos e alternativas de tempo libre:
•
Ocupación do lecer (familiar, individual): capacidade para organizar o tempo libre,
participación en actividades lúdicas ou deportivas, realización de actividades familiares
conxuntas...
Ámbito administrativo e xudicial
•
Situación administrativa e legal: permiso de residencia, permiso de traballo, medidas
administrativas de protección á infancia (garda, tutela), incapacitacións, alta no rexistro civil...
•
Medidas xudiciais: procesos xudiciais abertos e pechados ou medidas pendentes.
95
ANEXO 5
Modelo de
Informe sociofamiliar
96
INFORME SOCIOFAMILIAR
Emitido por
Entidade
Concello
Profesionais
Contacto
Dirixido a
Entidade
Data de emisión
97
Datos da unidade familiar e de convivencia
Historia familiar e institucional
Motivo/demanda inicial
Síntese da avaliación inicial
Síntese da actuacións levadas a cabo
Valoración profesional da situación actual15
Conclusión e proposta
Fontes consultadas
Sinatura
Lugar e datas
15
Pódese realizar en función dos ámbitos e indicadores presentados na avaliación inicial. 98
ANEXO 6
Modelo de
Proxecto de intervención grupal
99
PROXECTO DE GRUPO
IDENTIFICACIÓN DO GRUPO
Grupo de16
Data de constitución
Número de participantes
Profesional responsable
ANÁLISE DO CONTEXTO17
AVALIACIÓN INICIAL DO GRUPO18
PLAN DE TRABALLO
Obxectivos (xerais e específicos19)
Contidos
16
Tipo de grupo: grupo de adolescentes, grupo de nais, grupo de persoas coidadoras, etc..
17
Punto de partida, xustificación da conformación do grupo, como se constitúe o grupo, percepción da necesidade, expectativas do grupo...
18
Avaliación da situación inicial do grupo respecto dos contidos que se van abordar.
19
Os obxectivos específicos serán claros, concretos e avaliables, por exemplo “identificar situacións de estres”, ou “aprender estratexias de comunicación asertiva”.
100
Metodoloxía de traballo
Actividades
Recursos (infraestruturas, materiais20, económicos e humanos)
Responsabilidades (do/a dinamizador/a e do grupo)
Temporalización
Avaliación21
20
Material bibliográfico, audiovisual, material funxible, etc.
21
Do deseño, do proceso, dos resultados, da cobertura (nº persoas participantes...) e do impacto (a longo prazo).
101
3.
AVALIACIÓN DO PROCESO E
DOS RESULTADOS
ÍNDICE
1. Avaliación do proceso participativo...................................................................................................105
1.1. Redes comarcais de Educación Familiar...................................................................................105
1.2. Comisión Interdisciplinar............................................................................................................111
2. Avaliación do resultado: o Programa Marco.....................................................................................112
2.1 Redes comarcais de Educación Familiar....................................................................................113
2.2 Comisión Interdisciplinar.............................................................................................................116
3. Anexos................................................................................................................................................117
3.1. Enquisa de avaliación do proceso redes de Educación Familiar..............................................117
3.2. Enquisa de avaliación dos resultados redes de Educación Familiar........................................119
3.3. Enquisa de avaliación do proceso e resultados Comisión Interdisciplinar................................120
104
1. Avaliación do proceso participativo
Neste apartado presentamos os resultados da avaliación do proceso participativo de elaboración do
Programa Marco, por parte das redes de Educación Familiar e da Comisión Interdisciplinar.
En xeral, as valoracións son moi positivas, sendo a media do total de ítems de 5,14 para as
educadoras e educadores familiares, e de 5,2 para a Comisión Interdisciplinar (sobre un máximo de 6
puntos).
1.1. Redes comarcais de Educación Familiar
Aplicouse unha enquisa de 41 preguntas de escala likert organizadas en 8 bloques, a través dos que
se pretendía coñecer a valoración das educadoras e educadores familiares respecto da consecución
dos obxectivos sinalados para o proceso, da garantía dos niveis de participación establecidos, da
adecuación dos mecanismos de particicipación, dos sistemas de comunicación e difusión, das fases do
proceso, dos tempos, da certificación e do proceso no seu conxunto.
As puntuacións podían oscilar nunha escala de 6 puntos, correspondendo o 1 á máis baixa (totalmente
en desacordo) e o 6 á máis alta (totalmente de acordo).
Ao final da enquisa se recollían tamén dúas preguntas abertas a través das que achegar valoracións
cualitativas sobre as cuestións preguntadas e outras observacións (ver anexo 1).
En canto aos obxectivos, tal e como se mostra no cadro que se acompaña, as medias son moi
elevadas. A elaboración conxunta do Programa Marco, o impulso dunha rede galega de Educación
Familiar e a asunción do Programa como propio, foron os obxectivos que acadaron unha puntuación
maior, preto da máxima establecida.
As puntuacións máis baixas correspóndense coa implicación das familias, unha medida que non se
chegou a desenvolver, xa que estaba planificada para comezos de 2010; e das perspectivas políticas,
técnicas e sociais.
Na pregunta aberta, unha educadora apuntou que “o obxectivo de corresponsabilizar aos distintos
axentes no deseño do Programa Marco, se impulsou, pero que o resultado non foi o agardado”.
CUMPRIUSE A FINALIDADE E OS OBXECTIVOS MARCADOS PARA O PROCESO
N
Media
Implicar e corresponsabilizar ao conxunto de axentes no deseño do PM
133
4,99
Integrar as distintas perspectivas políticas, técnicas e sociais
132
4,7
Favorecer a asunción do programa marco como propio
134
5,44
Impulsar unha rede galega de Educación Familiar
134
5,52
Promover a participación das familias como destinatarias do programa
128
4,69
Elaborar conxuntamente o Programa Marco
134
5,58
No relativo aos niveis de participación, as educadoras e educadores familiares consideran que foron
garantidos durante o proceso.
GARANTÍRONSE OS DIFERENTES NIVEIS DE PARTICIPACIÓN
N
Media
Informativo (proporcionar espazos de consulta do proceso e dos resultados)
135
5,51
Comunicativo (proporcionar espazos para facer achegas e suxestións)
135
5,48
Consultivo (solicitar opinións, valoracións e propostas aos axentes)
134
5,49
Proxectivo (participar na construción e toma de decisións)
135
5,47
105
Os mecanismos de participación mellor valorados, segundo se mostra no seguinte cadro, son o equipo
Tecendo redes e as redes comarcais de Educación Familiar.
MECANISMOS DE PARTICIPACIÓN
N
Media
O equipo de Tecendo redes dinamizou axeitadamente
135
5,63
A redes comarcais foron mecanismos de participación axeitados
134
5,5
A Comisión Interdisciplinar foi representativa de diferentes axentes políticos, técnicos
e da comunidade
127
4,84
As ferramentas virtuais (grupos de traballo, chat e foro) foron mecanismos funcionais
133
5
En canto aos sistemas de difusión e comunicación, o feed-back continuo entre o equipo Tecendo redes
e as educadoras/es familiares, acadou a media máis elevada, superior ao 5. Os restantes sistemas
acadaron unha puntuación case un punto por debaixo. O peor valorado, pero aínda así cunha
puntuación positiva, foi o envío de información ao persoal técnico dos servizos sociais municipais.
SISTEMAS DE DIFUSIÓN E COMUNICACIÓN
N
Media
Houbo feed-back continuo coas educadoras familiares
135
5,48
Trasladouse información aos responsables políticos sobre o proceso e os produtos
127
4,74
Trasladouse información ao persoal técnico de servizos sociais o proceso e os
produtos
127
4,51
Trasladouse información á cidadanía en xeral a través do portal web
125
4,62
As estratexias de visibilización do proceso foron axeitadas (xornadas rotatorias,
convite das/os políticas/os ás xornadas, envío do documento de síntese ás/aos
políticas/os, notas de prensa...)
127
4,71
Todas as fases do proceso acadaron puntuacións por enriba do 5. A máis elevada correspóndese á
fase de síntese, polo que as educadoras/es consideran que os documentos de cada bloque integraron
os acordos acadados nas redes. Tamén obtiveron puntuacións elevadas: a fase presencial, en relación
á operatividade das xuntanzas na toma de decisións; e a fase de preparación da documentación por
parte de Tecendo redes para favorecer a reflexión e o debate.
FASES DO PROCESO
N
Media
Preparación previa por parte do equipo Tecendo redes: as guías de análise e
reflexión e os documentos borradores foron de utilidade
130
5,51
Discusión previa e/ou virtual por parte das redes de educación familiar: as actividades
deseñadas, as preguntas do foro e as xuntanzas no chat foron axeitadas
131
5,01
Fase presencial: as xuntanzas das redes comarcais foron operativas para a toma de
decisións
134
5,53
Fase de síntese: os documentos de síntese de cada bloque integraron os acordos
das redes
133
5,58
Fase de validación externa: a labor da comisión interdisciplinar de validación dos
documentos de síntese foi axeitada
126
5,05
En relación aos tempos, as educadoras e educadores familiares consideran que se adicaron os
tempos suficientes. O axuste á planificación inicial acadou unha media máis baixa, o que se
corresponde co feito de que se modificou a temporalización, ampliando os tempos dispoñibles para os
bloques de metodoloxía e coordinación.
106
TEMPOS
N
Media
Os tempos axustáronse á planificación inicial
132
4,34
Adicáronse tempos suficientes á reflexión e traballo de cada un dos bloques
131
5,03
Moitas das achegas das preguntas abertas teñen que ver cos tempos. As educadoras e educadores
consideran que, en xeral, se axustaron ás necesidades e eran suficientes ata o momento da decisión
política de non continuación de Tecendo redes no 2010. Neste sentido, entenden que é necesario
continuar o proceso para rematalo tal e como estaba previsto, tal e como se recolle nas seguintes
citas:
-
“Os tempos, en xeral si se axustaron, aínda que o proceso de validación evidentemente non,
por causas externas ao equipo de traballo”.
-
“O que é completamente contraproducente é frear o proceso quedando temas e formación
importante aínda pendente”.
-
“A finalización do Programa Marco quedou truncada polo peche dos programas das Oficinas
I+B, quedando o traballo de moitos meses sen chegar a concretarse e sen valorar, pola
finalización das Oficinas I+B”.
-
“Necesidade de que continúe o proceso que estaba establecido. É moi importante rematar as
fases que quedaban para que poda desenvolver mellor o traballo na Educación Familiar.
Queremos saber quen se vai responsabilizar das actuacións que faltan por levar a cabo”.
-
“Necesidade de continuidade, promoción final do traballo desenvolvido. Favorecería o
recoñecemento e acercamento á Educación Familiar”.
En canto á certificación, consideran que o número de horas se axusta á realidade. A media relativa á
este elemento como fonte de motivación é inferior, de feito, nas respostas abertas fan alusión a isto:
-
“A certificación non influíu na asistencia ás reunións, porque somos conscientes da necesidade
dun programa, facémolo polo noso propio beneficio, non por ter o certificado”.
-
“A certificación non supuxo unha motivación, posto que se considera fundamental a
elaboración do Programa Marco”.
-
“Aínda que o principio si axudou á miña motivación, cambiou ao longo do proceso, no sentido
de que o propio traballo que se estaba realizando era moi gratificante e o de menos era a
certificación”.
CERTIFICACIÓN
N
Media
O total de horas que se certifica (105 horas) axústase á realidade do tempo investido
130
4,99
A certificación axudou a motivar a participación
126
4,4
Se nos centramos no proceso no seu conxunto, as valoracións tamén son elevadas. A máis alta
correspóndese coa consideración do proceso como participativo para as educadoras/es. De feito,
volverían a validar un proceso destas características para a elaboración do Programa Marco. Dúas das
achegas ao respecto nas preguntas abertas, apunta á necesidade de incrementar a participación do
equipo de servizos sociais:
-
“Volvería a validar a realización con outra proposta de elaboración, ou a participación de todo o
equipo de servizos sociais: sobre un programa xa creado, aportando ou modificando”.
-
Penso que se debería buscar máis apoio e implicación de traballadoras sociais e concelleiras
107
de servizos sociais (área de benestar).
As puntuacións máis baixas teñen que ver coa visibilización política e social. Aínda que, se se seguira
co proceso: “si tería repercusións positivas no futuro da educación familiar, e contribuiría a
visibilización social e política, e de cara á cidadanía tamén. Visibilizando o que é a educación familiar,
o que significa, o que somos, o que facemos e todo o que iso implica”.
AVALIACIÓN GLOBAL DO PROCESO NO SEU CONXUNTO
N
Media
Houbo unha planificación flexible en función das nosas demandas
134
5,26
Considero que foi un proceso participativo para as educadoras/es familiares
135
5,62
Contribuíu á formación específica das/os educadoras/es familiares
134
5,48
Promoveu a creación de redes
134
5,39
Axudou a dar resposta ás necesidades de empoderamento profesional
134
5,2
Axudou a mellorar o recoñecemento profesional no equipo
134
5,04
Contribuíu á visibilización social da Educación Familiar
132
4,9
Contribuíu á visibilización política da Educación Familiar
131
4,57
Volvería a validar a realización dun proceso participativo para elaborar o PM
127
5,37
Estou satisfeita co proceso levado a cabo
132
5,38
O proceso deu resposta ás miñas expectativas iniciais
133
5,1
Valoro positivamente a miña implicación no proceso
134
5,2
Considero que o proceso vai ter repercusións positivas no futuro da EF
127
4,97
Moitas achegas das preguntas abertas fan referencia ao ítem de satisfacción co proceso. En xeral,
están satisfeitas/os (o que se mostra na media acadada), agás coa forma de finalizar, que non ten que
ver cunha decisión técnica:
-
“Non estou satisfeita co proceso levado a cabo polo xeito en que rematou, posto que as miñas
expectativas iniciais eran que todo este traballo tivera unha plasmación legal e política para
que tivera visibilidade, pero lonxe diso, a sensación é que non se valorou o noso traballo nin se
lle deu importancia ao que se fixo, e que volvemos á situación de partida onde a nosa profesión
é unha descoñecida e onde falta un marco recoñecido de traballo a nivel institucional o que
dificulta a nosa labor”.
-
“Non estou satisfeita do xeito co que se está a acabar o programa. Considero que o proceso
podería ter boas repercusións no futuro, pero a clase política parece que o vai a impedir. En
xeral o meu grado de satisfacción é positivo. Considero que as responsables de formación son
moi válidas e traballaron moito por levar adiante este proceso, me parece inxusto que este
programa non continúe porqué é darlle pouco valor ás profesionais e ó traballo realizado”.
Neste sentido, non se respondeu ás súas expectativas:
-
“As expectativas quedaron incompletas, ao faltar a parte de coordinación, que é a máis
importante”.
-
“En xeral penso que o proceso foi axeitado, a pesar de que os resultados non foron, de todo,
os esperados (supoño que pola forma de rematar...). Grazas por todo!”.
As valoracións positivas, teñen que ver, fundamentalmente, coa experiencia persoal e profesional para
a Educación Familiar que supuxo ter participado nun proceso destas características:
-
“Todo o proceso foi moi enriquecedor a nivel profesional, supuxo un antes e un despois na
Educación Familiar en Galicia e debería continuar xa que nos quedaron moitas cousas por
108
facer”.
-
“Considero moi positiva a experiencia e penso que vai a dar moitos froitos de cara ao futuro
profesional educadoras/es familiares e no traballo diario. Séntanse as bases para o
afianzamento da figura do educador familiar como profesional necesario dentro dos equipos de
servizos sociais”.
-
“A única pena e que despois de tanto esforzo, poida caer nun saco baleiro, pero seguro que o
aprendido e o vivido ninguén nolo pode arrebatar. Gracias por todo”.
-
“Considero que o proceso, en xeral, foi de gran utilidade a nivel de conceptos, estratexias,
interacción entre as compañeiras etc., a pena e que non vaia a ter repercusión no traballo
futuro, pero considero que os que participamos neste proceso non perdemos o tempo xa que
este traballo seguro que nos é moi positivo. Moitas gracias por todo”.
-
“Persoalmente para min foi moi positivo o programa Tecendo Redes e espero e desexo que a
elaboración deste programa teña repercusións positivas para a educación familiar”.
Outras observación sinaladas fan referencia á necesidade de que continúe o Programa Tecendo
redes, a metodoloxía instaurada polo mesmo, a ferramenta de traballo virtual, etc.:
-
“E agora que? Continuamos necesitando apoio!”.
-
“Necesidade de continuidade e financiamento”.
-
“Sinto que o Programa Tecendo Redes no continúe, xa que tiveron un enfoque acertado do
PEF, aportando material para a formación teórica que tal vez deixamos de lado os profesionais
do PEF, non por falta de interese, senón por falta de tempo”.
-
“Debería continuar o equipo de apoio á educación familiar “Tecendo Redes”, para consolidar os
resultados do traballo que efectuamos neste período. Os resultados son satisfactorios e non
hai precedentes, polo que agora, senón hai continuación, perxudica aos profesionais da
educación familiar de Galicia”.
-
“Considero que deberiamos seguir traballando deste xeito pois é moito o que nos falta e este
apoio é moi importante para nós”.
-
“Necesitariamos que as redes seguisen funcionando, que se traballase cos distintos
profesionais, que se nos dese un “peso específico, e necesidade de máis formación, porque
quedamos sen formación específica”.
-
“Manter a páxina web de educación familiar me parece fundamental para un traballo
coordinado e estar informadas. Non se debería perder a formación das educadoras, para
reciclarnos e ofrecer máis calidade no noso traballo ás/aos usuarias/os”.
Ante a non continuidade, as educadoras e educadores manifestan o seu malestar:
-
“Este programa debería continuar. Está inacabado. É inxusto, e termina queimando aos
profesionais, xa que nos sentimos utilizados e moi pouco valorados. Somos técnicos, non un
instrumentos político de batalla”.
-
“Sentímonos utilizadas e que se valora moi pouco a nosa profesión e o que facemos. O que
levamos feito ata o de agora dá a impresión de que non valeu para nada, cando hai moita
xente implicada nel”.
-
“Non me parece acertado o desmantelamento de todo este proceso, e a supresión de dous
programas, que na miña opinión, son básicos para o desenvolvemento dos servizos sociais”.
-
“Estou en desconformidade absoluta con que o Programa Marco de Educación Familiar se
acabe, xa que agora que empezabamos a ser recoñecidas polo noso traballo como, a estar
apoiados, a ter unha base pola que guiarnos, para desenvolver o programa, no lo cortan. Esixo
que se manteñan as coordinadoras do programa pola súa profesionalidade e boa intervención
109
no PEF”.
Nas súas valoracións, tamén fan referencia ao equipo técnico responsable do programa Tecendo
redes, recoñecendo a profesionalidade e o labor realizado:
-
“Quero destacar o labor das técnicas do programa a todos os niveis (traballo, esforzo, trato,
dispoñibilidade...). Destacar tamén a recompilación e elaboración de materiais sobre a
educación familiar, que será moi útil para os profesionais”.
-
“Sería moi positivo que seguise e rematase/consolidase o proceso de Tecendo Redes. Penso
que é a primeira vez que se lle presta tanta atención á educación familiar. O meu apoio e
solidariedade as/os traballadoras/es”.
-
“Un recoñecemento especial ao bo traballo levado a cabo polo Equipo Tecendo Redes,
especialmente María. A súa actitude de humildade e tacto no trato con todos nós, axudou
significativamente a todo o traballo”.
-
“Non é xusto que despois de case dous anos de traballo a cousa quede así estancada. Esta
xente merece unha oportunidade. Felicidades polo voso traballo e moita sorte”.
-
“Esta argumentación é para todas as respostas en xeral. Ata que apareceu a técnica de
tecendo redes da Oficina I+B de Xinzo da Limia, a educación familiar era algo descoñecido...
deixado, que parece que non tiña interese para ninguén. A raíz da primeira visita, eu como
educadora, vislumbrei unha luz de esperanza. Por primeira vez vin que a educación familiar era
algo importante, non só para min senón tamén para a Administración. A partir do primeiro paso,
empecei a contar con mais recursos e accesibilidade a eles; por poñer un exemplo, protocolos,
unha páxina web propia, etc. Neses momentos entendín que a educación familiar era “ algo
como o traballo social” xa chegabamos a algo parecido, xa tiñamos nós tamén un “MATIASS”.
Agora atopámonos que as técnicas de tecendo redes van a desaparecer e volvemos a ter a
sensación de volver para o principio, é dicir, sen nada. O que nos queda é o traballo levado a
cabo ata o de agora, máis información, máis recursos, máis coñecementos e a seguridade e a
confianza de que non estamos solas/os, agora coñecemos as/os educadoras/es da comarca e
máis. Para rematar dicir que o traballo da nosa técnica (Natalia) é moi valioso e fundamental,
así como o de todas as persoas participantes. O programa marco é algo imprescindible”
-
“Moitas gracias pola vosa labor e trato recibido”.
-
“Bo traballo!!”.
-
“Gracias por todo!!! Espero que isto non remate aquí e continuemos na nosa “loita”, aínda que
creo que vai ser complicado sen o voso impulso, xa que as redes de educadoras non están
fortalecidas e unidas”.
Pero tamén houbo críticas construtivas no que respecta ao desenvolvemento doutras funcións nas que
tiñan expectativas e que non se puxeron en marcha xa que estaban planificadas para o 2010:
-
“Esperaba con este equipo, que se contribuíra á valoración profesional e á equiparación
profesional. Non houbo axudas en distintas situacións, como por exemplo da incorporación do
programa ao plan concertado (penso que dende o equipo I+B teríase que informar as/os
educadoras/es porque era e é algo importantísimo para o noso futuro).
-
“Unha das tarefas que nos quedou pendente e que penso pode ser moi enriquecedora son as
xornadas de supervisión de casos cun experto. Isto ten que facerse e teremos que loitar por
que se faga”.
110
1.2. Comisión Interdisciplinar
A Comisión Interdisciplinar tamén participou na avaliación do proceso de elaboración do Programa
Marco, sobre todo no que ten que ver coas súas funcións. Aplicouse unha enquisa de 21 ítems
organizados en catro bloques (ver anexo 3).
En relación ás súas funcións, as medias acadadas son elevadas, situándose arredor do 5 (sendo o 6 a
puntuación máxima). A máis alta correspóndese coa función de revisión e análise continua dos
produtos de cada fase e a realización de achegas aos mesmos.
CUMPRÍRONSE AS FUNCIÓNS RECOLLIDAS NO DESEÑO DO PROCESO
N
Media
Validación do deseño do proceso.
8
5,25
Orientación e asesoramento sobre os enfoques, estrutura e contidos do Programa
Marco.
8
5,25
Revisión e análise continua dos produtos acadados en cada fase, facendo as
achegas oportunas.
8
5,37
Validación do documento final.
8
5
En canto á composición da Comisión, valoran de forma máis negativa a representación política, xa
que, aínda que estaba contemplada no deseño inicial, finalmente non se conseguiu a asistencia e
implicación do persoal político da Secretaría Xeral de Igualdade e Benestar, nin da FEGAMP. A este
respecto unha das integrantes da Comisión achegou a seguinte valoración:
-
“A presenza de representación política e social podería ‘garantir’ un maior compromiso co
documento”.
COMPOSICIÓN DA COMISIÓN INTERDISCIPLINAR
N
Media
A Comisión Interdisciplinar foi representativa de diferentes axentes políticos,
técnicos e da comunidade
8
5,13
A representación técnica foi axeitada
8
5,5
A representación social foi axeitada
8
5,25
A representación política foi axeitada
7
4
Sobre a planificación e desenvolvemento das xuntanzas, a puntuación máis positiva correspóndese
coa función da coordinadora de elaboración e envío das actas e síntese das achegas. A puntuación
máis baixa refírese á duración das xuntanzas, non sabemos se por exceso ou por defecto.
PLANIFICACIÓN E DESENVOLVEMENTO DAS XUNTANZAS DE TRABALLO
N
Media
Os documentos enviáronse con antelación suficiente para a súa lectura e reflexión
previas
8
5,5
Houbo oportunidade para a reflexión conxunta e a realización de achegas aos
documentos
8
4,87
A duración das xuntanzas da Comisión foi axeitada
8
4,5
A coordinadora dinamizou axeitadamente as xuntanzas
8
5,25
A coordinadora recapitulou axeitadamente os contidos abordados nas xuntanzas
8
5,5
A coordinadora enviou a acta e os documentos coas achegas nos prazos
indicados
8
5,63
111
En xeral, os membros da Comisión Interdisciplinar consideran que foi un proceso participativo e
volverían a validalo (ítems que acadaron as medias máis altas).
AVALIACIÓN GLOBAL DO PROCESO NO SEU CONXUNTO
N
Media
Houbo unha planificación flexible en función das circunstancias
8
5,43
Considero que foi un proceso participativo
8
5,88
Volvería a validar a realización dun proceso participativo para elaborar o PM
8
5,88
Estou satisfeita/o co proceso levado a cabo
8
5,5
O proceso deu resposta ás miñas expectativas iniciais
8
5,13
Valoro positivamente a miña implicación no proceso
8
4,75
Considero que o proceso vai ter repercusións positivas no futuro da EF
7
4,7
A media máis baixa correspóndense coa repercusión positiva do proceso no futuro da Educación
Familiar. Segundo achega unha integrante da Comisión, parte das valoracións de menor puntuación
“están determinadas pola presa con que houbo que rematar o documento, o que non permitiu facer
unha análise compartida da totalidade”. Outras apreciacións sobre o proceso no seu conxunto
trasladadas polos membros da Comisión, son:
-
“Valoro que a participación no proceso foi unha excelente oportunidade de aprendizaxe para as
persoas e as institucións implicadas no proceso (tanto nas educadoras familiares como nos
compoñentes da comisión)”.
-
“A elaboración do documento como un proceso participativo é o primeiro paso para que as
profesionais se comprometan na súa aplicación xa que é algo que lles pertence. Ao mesmo
tempo, creo que contribúe á autoestima e o recoñecemento das profesionais”.
-
“En hora boa polo traballo feito!!!, o proceso se está iniciando polo que é unha pena non
garantir a continuidade para impulsar a implementación de acordo coas bases establecidas e
acompañar ás profesionais no proceso”.
-
“Aínda que a temática que foi obxecto desta lei marco non é un campo directo no que eu
traballo, considero moi positivo que se incluíse a perspectiva dunha Asociación como Nova
Escola e particularmente dun orientador educativo. O Traballo pola miña parte debería ter sido
máis intenso pero considero que de algo servise. O que si podo dicir é que para min todo este
proceso supuxo unha aprendizaxe”.
-
“Profesionalmente como psicóloga e terapeuta familiar, o desenvolvemento da elaboración do
Progama Marco de Educación Familiar foi unha experiencia moi positiva. É necesario que esta
forma de traballo siga desenvolvéndose, xa que aporta a todos os que interviñemos nesta
actividade: información sobre outros profesionais e outras institucións; formación para todos
dende varias ópticas; e sobre todo valoración e visibilización do traballo que outros profesionais
realizan; ademais de fomentar o traballo en rede e a coordinación de todos os profesionais
implicados no traballo coas familias. Con respecto aos profesionais que a puxeron en marcha é
de xusticia recoñecer o traballo excepcional que realizaron, por suposto felicitalos a todos e en
especial á coordinadora do Programa, Eva López Soto”.
2. Avaliación do resultado: o Programa Marco
A avaliación do resultado céntrase no produto final derivado do proceso participativo: o Programa
Marco de Educación Familiar, analizando tanto a calidade intrínseca como o grao de resposta ás
necesidades e expectativas.
112
A media xeral obtida nas enquisas das educadoras/es familiares ascende a 5,5. Un valor moi alto se
temos en conta que o máximo é o 6. No caso da Comisión Interdisciplinar, a media xeral é de 5,10,
sendo tamén moi positiva.
2.1 Redes comarcais de Educación Familiar
Como se pode apreciar no cadro, as educadoras e educadores familiares consideran que o documento
final do Programa Marco de Educación Familiar reúne as condicións para falar de calidade intrínseca:
o contido é coherente coa lexislación vixente, a linguaxe é clara e precisa e hai coherencia interna
entre os capítulos. Nos tres ítems, as medias acadadas son moi elevadas.
CALIDADE INTRÍNSECA
N
Media
O contido é coherente coa lexislación vixente e as bases socio-psico-pedagóxicas
90
5,53
A linguaxe é clara e precisa
90
5,51
Hai coherencia interna entre os capítulos do Programa Marco
90
5,56
En canto ao grao de resposta ás necesidades e expectativas, as educadoras e educadores familiares
consideran que é un programa viable, útil, operativo e aplicable, cun contido relevante e, en xeral, se
adecúa ás súas expectativas técnicas e persoais. As medias acadadas en todos os ítems son moi
elevadas, achegándose á puntuación máxima.
GRAO DE RESPOSTA ÁS NECESIDADES E EXPECTATIVAS
N
Media
O programa adecúase ás expectativas técnicas/profesionais
90
5,43
O programa é viable, adecúase á realidade
90
5,37
O programa é útil e operativo, é aplicable.
90
5,35
O contido é relevante
90
5,62
O programa adecúase ás expectativas persoais
90
5,52
Estou satisfeita co resultado
84
5,56
Nas preguntas abertas concretaron o seu parecer sobre algunhas das cuestións avaliadadas.
Consieran que é un documento útil e aplicable para o seu quefacer cotiá, aínda que é necesario
implementalo para avaliar esta cuestión. En calquera caso, entenden que a utilidade tamén dependerá
do recoñecemento institucional e político que se lle dé.
-
“Indubidablemente, pase o que pase con este documento, a nivel do traballo no día a día vai
ser moi útil. Só espero que se lle dea o recoñecemento que merece”.
-
“En xeral, a priori e despois de 12 anos de experiencia, paréceme factible levalo a cabo en
xeral e totalmente acertado no seu conxunto”.
-
“O programa non sabemos se é útil ata que o poñamos en marcha e podamos avalialo na
práctica entre todas. Faltaría a segunda parte que polo menos levaríanos outro ano”.
-
“O programa é un reflexo do traballo que desenvolvemos no día a día. E operativo e útil ter
unha pauta común á hora de traballar”.
O bloque de coordinación, xustamente o que non se puido traballar co afondamento pertinente,
consideran que é o máis difícil de levar a cabo:
-
“A parte da coordinación entre servizos especializados, é a que me parece máis difícil de levar
a cabo pola propia problemática comentada”.
113
O feito de ter que rematar o proceso sen finalizalo, fai descender o grao de cumprimento das
expectativas e a satisfacción co resultado, aínda que a satisfacción co proceso e co equipo Tecendo
redes é moi elevada:
-
“En xeral o Programa é axeitado, pero tiñamos postas moitas expectativas no proxecto, que ao
ter que ser cerrado desta forma tan repentina e inesperada, fixo que os últimos retoques se
fixeran a correr e se deixaran cousas sen perfilar. Está claro que se traballou moito, que non
había nada e agora temos un 'PROGRAMA MARCO', que algunha xente pode pensar que
pode ser mellorable, pero coma todo!”.
-
“Non estou satisfeita co resultado, porque me parece que todo este programa está moi ben e
penso que si non hai un organismo que o coordine e o leve a cabo, vaise quedar todo no aire”.
-
“Como profesional da Educación Familiar con experiencia de máis de 16 anos, considero que
por 1ª vez se elaborou un marco único e compartido da Educación Familiar, e se compartiron
experiencias. Tamén quero deixar constancia da miña decepción como profesional de non
poder continuar con este proxecto tan importante, antepoñendo a política á formación e á
profesionalidade. Desexo a continuidade do programa e coas mesmas profesionais, pola súa
implicación e profesionalidade”.
-
“Considero moi importante o traballo realizado, valoro que o feito de non dar por terminado
todo o proxecto (debido a decisións políticas) repercute non só nas técnicos/as implicadas,
senón tamén nos programas de educación familiar e sobre todo nas familias (que son as máis
importantes)”.
-
“Estaría máis satisfeita co resultado se puidésemos rematar ben os bloques, validalo a
comisión interdisciplinar e publicalo no DOG”.
-
“Estou satisfeita coas redes creadas, co apoio do equipo técnico Tecendo Redes e co traballo
das educadoras, pero o resultado final non é o esperado”.
-
“Este programa é un acontecemento que non conta con precedentes, e a claridade coa que se
chegou aos resultados é mérito do traballo e dedicación do equipo Tecendo Redes. É
necesario a continuación deste equipo para poder afianzar os resultados”.
-
“Tal como se pode observar polas miñas respostas, estou totalmente satisfeita co resultado do
Programa Marco. Este traballo é o resultado de moitas horas de reflexión e de adicación a
unha materia que creo que á maioría nos apasiona e de aí o resultado acadado. Son bastantes
os anos que levamos traballando na educación familiar e botábase moito en falta un
documento deste tipo que nos axudase e nos guiase na nosa práctica profesional. En xeral,
penso que a meirande parte dos/das profesionais que nos vimos implicados neste traballo o
fixemos con moita ilusión e con grandes expectativas porque é algo no que creemos e que
defendemos. Aínda así, e chegados a este punto, non podo deixar de pensar en que ao mellor
este traballo tan ben feito e tan útil para a nosa profesión poda quedar no olvido como xa ten
ocorrido noutras ocasións con outros documentos de traballo elaborados desde este mesmo
ámbito profesional. Espero e desexo que aquelas persoas que teñan nas súas mans tomar a
decisión de que este traballo sexa publicado e recoñecido de maneira oficial pensen na
cantidade de horas de traballo que se lle adicou e non deixen que se perda un documento
deste tipo”.
-
“Opino que necesitaríase máis tempo para que o resultado fora mellor, porque se fixo un
traballo adecuado á realidade. Necesitaríase o tempo pactado para que o documento fora
traballado adecuadamente”.
Outras educadoras manifestan a súa valoración positiva e satisfacción co resultado do Programa
Marco:
-
“En xeral estou moi contenta co resultado do Programa Marco. Considero que vai ser un
documento de gran axuda para o noso traballo diario, e que permite poñer de manifesto o
traballo conxunto entre as/os educadoras/es familiares e os técnicos/as de Tecendo Redes”.
114
-
“Paréceme que está todo bastante ben definido, pero claro, como en todo, depende moito das
zonas de cada un, e sobre todo das problemáticas de cada zona; pero isto non é fácil de
solucionar. Pero en liñas xerais creo que cumpre todo o que levamos anos loitando por
plasmar nun papel”.
-
“Penso que este documento é fundamental para o noso desempeño profesional. Era necesario
dende fai tempo, establecer con claridade e nun documento traballado e construído por
diferentes profesionais, as directrices sobre as que se deben sustentar a nosa labor, sobre todo
para homoxeneizar as prácticas (metodoloxía, instrumentos empregados, tempos...) e aclarar
os límites da mesma, para non caer en solapamentos nin baleiros. Ademais supón un empuxe
para a figura da Educación Familiar, como unha peza máis, proveitosa e enriquecedora, da
intervención dende os Servizos Sociais dos Concellos”.
-
“O programa marco é un mecanismo moi axeitado para unha profesión que aínda agora está
algo “perdida”. A xente en moitas ocasións non sabe que existes e non acoden a ti. Este
programa danos máis peso dentro dos Servizos Sociais. Por iso debería seguir adiante e ser
publicado. De todas formas estou moi satisfeita co resultado obtido, e paréceme moi motivador
que contasen cos educadores familiares para elaboralo, e non que o realizase xente que non
coñece tan ben coma nos a realidade do día a día, as necesidades do posto de traballo en si”.
Outras observacións apuntadas polas educadoras e educadores familiares fan referencia á
necesidade de recoñecemento legal e institucional do Programa Marco, xa que é resultado do
consenso de moitas profesionais acadado a través dun proceso participativo:
-
“Paréceme que o documento resultante despois de todo o traballo realizado no tocante ao
Programa Marco, é moi positivo no relativo ao seu contido e que responde ás necesidades dos/
as profesionais que traballamos na Educación Familiar. Sen embargo, creo que sería
fundamental que este traballo tivese continuidade e que realmente se publicase e tivese o
recoñecemento debido por parte dos organismos oficiais competentes nesta materia. Só deste
xeito podería ser realmente útil o traballo realizado”.
-
“E un texto necesario no que participaron todas as educadoras familiares, polo que ten que ter
un recoñecemento”.
-
“O Programa Marco debería ser recoñecido oficialmente e ser publicado e difundido, xa que é o
resultado do proceso participativo de moitas profesionais, que o equipo Tecendo Redes puxo
en marcha con eficacia e eficiencia. Moitas gracias”.
-
“Sería moi importante que se recoñecera o traballo feito e que chegue a ser publicado”.
-
“Coñecido este documento de vital importancia para o recoñecemento e a práctica profesional
da educación familiar en Galicia, polo que sería moi importante que este tivese un
recoñecemento institucional”.
-
“Que se lle de rango legal ao programa marco”.
Tamén manifestan o seu recoñecemento ao equipo Tecendo redes, ao traballo desenvolvido, e o seu
malestar pola finalización do programa de apoio á Educación Familiar:
-
“Non me sinto moi capacitada para avaliar dado que comecei a miña labor como educadora ao
tempo que o PM, pero o que non dubido é que a min valeume de moito xa que é a única
ferramenta coa que puiden contar para arrancar esta andaina. Polo que graciñas a todos e
todas as que colaboraron en facelo posible”.
-
“É unha mágoa que quiten este programa xa que era o único apoio que tiñamos as/os
educadoras/es familiares. Con isto, damos un gran retroceso nas nosas profesións e
quedamos sen ningún tipo de guía dende a Xunta”.
-
“Por primeira vez traballouse por e para o programa, cousa que é de agradecer se temos en
conta que o programa xa ten máis dunha década. É un gran traballo, ó que moitas/os
profesionais lle adicamos moito tempo e no que puxemos moitas esperanzas”.
115
Acabamos cunha cita positiva que traslada unha educadora familiar que anima a continuar co proceso
desenvolvido:
-
“Queda moito que facer e se pode facer. Isto só foi o comezo”.
2.2. Comisión Interdisciplinar
Ao igual que no caso das educadoras e educadores familiares, as valoracións da Comisión
Interdisciplinar sobre a calidade intrínseca do Programa Marco acadaron medias elevadas, sobre todo
en relación á coherencia do contido coa lexislación vixente e as bases socio-psico-pedagóxicas.
CALIDADE INTRÍNSECA
N
Media
O contido é coherente coa lexislación vixente e as bases socio-psico-pedagóxicas
7
5,43
A linguaxe é clara e precisa
8
4,88
Hai coherencia interna entre os capítulos do Programa Marco
8
5,12
En canto ao grao de resposta ás necesidades e expectativas, as medias máis altas correspóndense
coa relevancia do contido e a súa utilidade. As máis baixas fan referencia á adecuación ás
expectativas persoais e técnico-profesionais.
GRAO DE RESPOSTA ÁS NECESIDADES E EXPECTATIVAS
N
Media
O programa adecúase ás expectativas técnicas/profesionais
7
4,86
O programa é viable, adecúase á realidade
7
5
O programa é útil e operativo, é aplicable
7
5,29
O contido é relevante
7
5,43
O programa adecúase ás expectativas persoais
7
4,71
Estou satisfeita co resultado
7
5,14
Á vista da avaliación, queda validado o proceso participativo e o Programa Marco de Educación
Familiar, sendo as valoracións das educadoras e educadores familiares e das persoas integrantes da
Comisión Interdisciplinar moi positivas, recoñecendo, así mesmo, o traballo desenvolvido e a
profesionalidade do equipo Tecendo redes.
116
3. Anexos
3.1. Enquisa de avaliación do proceso redes de Educación Familiar
FORMULARIO DE AVALIACIÓN DO
PROCESO PARTICIPATIVO DE ELABORACIÓN DO PROGRAMA MARCO
Puntúa as seguintes cuestións do 1 ao 6 segundo as seguintes valoracións, tendo en conta o proceso
seguido ata o momento actual:
1
2
3
4
5
6
NP
Totalmente en
desacordo
Desacordo
Un pouco en
desacordo
Un pouco de
acordo
De acordo
Totalmente de
acordo
Non pertinente
CUMPRÍUSE A FINALIDADE E OS OBXECTIVOS MARCADOS PARA O PROCESO
1
2
3
4
5
6
NP
1
2
3
4
5
6
NP
Implicar e corresponsabilizar ao conxunto de axentes no deseño do PM
Integrar as distintas perspectivas políticas, técnicas e sociais
Favorecer a asunción do programa marco como propio
Impulsar unha rede galega de educación familiar
Promover a participación das familias como destinatarias do programa
Elaborar conxuntamente o Programa Marco
GARANTÍRONSE OS DIFERENTES NIVEIS DE PARTICIPACIÓN
Informativo (proporcionar espazos de consulta do proceso e dos resultados)
Comunicativo (proporcionar espazos para facer achegas e suxestións)
Consultivo (solicitar opinións, valoracións e propostas aos axentes)
Proxectivo (participar na construción e toma de decisións)
MECANISMOS DE PARTICIPACIÓN
1
2
3
4
5
6
NP
1
2
3
4
5
6
NP
1
2
3
4
5
6
NP
O equipo de Tecendo redes dinamizou axeitadamente
A redes comarcais foron mecanismos de participación axeitados
A Comisión Interdisciplinar foi representativa de diferentes axentes políticos, técnicos e
da comunidade
As ferramentas virtuais (grupos de traballo, chat e foro) foron mecanismos funcionais
SISTEMAS DE DIFUSIÓN E COMUNICACIÓN
Houbo feed-back continuo coas educadoras familiares
Trasladouse información aos responsables políticos sobre o proceso e os produtos
Trasladouse información ao persoal técnico de servizos sociais o proceso e os produtos
Trasladouse información á cidadanía en xeral a través do portal web
As estratexias de visibilización do proceso foron axeitadas (xornadas rotatorias, convite
das/os políticas/os ás xornadas, envío do documento de síntese ás/aos políticas/os,
notas de prensa...)
FASES DO PROCESO
Preparación previa por parte do equipo Tecendo redes: as guías de análise e reflexión e
os documentos borradores foron de utilidade
Discusión previa e/ou virtual por parte das redes de educación familiar: as actividades
deseñadas, as preguntas do foro e as xuntanzas no chat foron axeitadas
Fase presencial: as xuntanzas das redes comarcais foron operativas para a toma de
decisións
Fase de síntese: os documentos de síntese de cada bloque integraron os acordos das
redes
Fase de validación externa: a labor da comisión interdisciplinar de validación dos
documentos de síntese foi axeitada
TEMPOS
1
2
3
4
5
6
NP
1
2
3
4
5
6
NP
1
2
3
4
5
6
NP
Os tempos axustáronse á planificación inicial
Adicáronse tempos suficientes á reflexión e traballo de cada un dos bloques
CERTIFICACIÓN
O total de horas que se certifica (105 horas) axústase á realidade do tempo investido
A certificación axudou a motivar a participación
AVALIACIÓN GLOBAL DO PROCESO NO SEU CONXUNTO
Houbo unha planificación flexible en función das nosas demandas
Considero que foi un proceso participativo para as educadoras/es familiares
Contribuíu á formación específica das/os educadoras/es familiares
Promoveu a creación de redes
Axudou a dar resposta ás necesidades de empoderamento profesional
Axudou a mellorar o recoñecemento profesional no equipo
Contribuíu á visibilización social da Educación Familiar
Contribuíu á visibilización política da Educación Familiar
Volvería a validar a realización dun proceso participativo para elaborar o PM
Estou satisfeita co proceso levado a cabo
O proceso deu resposta ás miñas expectativas iniciais
Valoro positivamente a miña implicación no proceso
Considero que o proceso vai ter repercusións positivas no futuro da EF
ARGUMENTA AS RESPOSTAS QUE CONSIDERES NECESARIO:
OUTRAS OBSERVACIÓNS:
3.2. Enquisa de avaliación dos resultados redes de Educación Familiar
FORMULARIO DE AVALIACIÓN DO
DOCUMENTO FINAL DO PROGRAMA MARCO
Puntúa as seguintes cuestións do 1 ao 6 segundo as seguintes valoracións:
1
2
3
4
5
6
NP
Totalmente en
desacordo
Desacordo
Un pouco en
desacordo
Un pouco de
acordo
De acordo
Totalmente de
acordo
Non pertinente
CALIDADE INTRÍNSECA
1
2
3
4
5
6
NP
1
2
3
4
5
6
NP
O contido é coherente coa lexislación vixente e as bases socio-psico-pedagóxicas
A linguaxe e clara e precisa
Hai coherencia interna entre os capítulos do Programa Marco
GRAO DE RESPOSTA ÁS NECESIDADES E EXPECTATIVAS
O programa adecúase ás expectativas técnicas/profesionais
O programa é viable, adecúase á realidade
O programa é útil e operativo, é aplicable.
O contido é relevante
O programa adecúase ás expectativas persoais
Estou satisfeita co resultado
ARGUMENTA AS RESPOSTAS QUE CONSIDERES NECESARIO:
OUTRAS OBSERVACIÓNS:
3.3. Enquisa de avaliación do proceso e resultados Comisión Interdisciplinar
AVALIACIÓN DO PROCESO PARTICIPATIVO
DE ELABORACIÓN DO PROGRAMA MARCO
Puntúa as seguintes cuestións do 1 ao 6 segundo as seguintes valoracións, tendo en conta o
proceso seguido ata o momento actual:
1
2
3
4
5
6
NP
Totalmente en
desacordo
Desacordo
Un pouco en
desacordo
Un pouco de
acordo
De acordo
Totalmente de
acordo
Non pertinente
CUMPRÍRONSE AS FUNCIÓNS RECOLLIDAS NO DESEÑO DO PROCESO PARA A
COMISIÓN INTERDISCIPLINAR
1
2
3
4
5
6
NP
1
2
3
4
5
6
NP
Validación do deseño do proceso.
Orientación e asesoramento sobre os enfoques, estrutura e contidos do Programa
Marco.
Revisión e análise continua dos produtos acadados en cada fase, facendo as
achegas oportunas.
Validación do documento final.
SOBRE A COMPOSICIÓN DA COMISIÓN INTERDISCIPLINAR
A Comisión Interdisciplinar foi representativa de diferentes axentes políticos,
técnicos e da comunidade
A representación técnica foi axeitada
A representación social foi axeitada
A representación política foi axeitada
SOBRE A PLANIFICACIÓN E DESENVOLVEMENTO DAS XUNTANZAS DE TRABALLO
1
2
3
4
5
6
NP
1
2
3
4
5
6
NP
Os documentos enviáronse con antelación suficiente para a súa lectura e reflexión
previas
Houbo oportunidade para a reflexión conxunta e a realización de achegas aos
documentos
A duración das xuntanzas da Comisión foi axeitada
A coordinadora dinamizou axeitadamente as xuntanzas
A coordinadora recapitulou axeitadamente os contidos abordados nas xuntanzas
A coordinadora enviou a acta e os documentos coas achegas nos prazos
indicados
AVALIACIÓN GLOBAL DO PROCESO NO SEU CONXUNTO
Houbo unha planificación flexible en función das circunstancias
Considero que foi un proceso participativo
Volvería a validar a realización dun proceso participativo para elaborar o PM
Estou satisfeita/o co proceso levado a cabo
O proceso deu resposta ás miñas expectativas iniciais
Valoro positivamente a miña implicación no proceso
Considero que o proceso vai ter repercusións positivas no futuro da EF
AVALIACIÓN DOS RESULTADOS:
O PROGRAMA MARCO
CALIDADE INTRÍNSECA
1
2
3
4
5
6
NP
1
2
3
4
5
6
NP
O contido é coherente coa lexislación vixente e as bases socio-psico-pedagóxicas
A linguaxe é clara e precisa
Hai coherencia interna entre os capítulos do Programa Marco
GRAO DE RESPOSTA ÁS NECESIDADES E EXPECTATIVAS
O programa adecúase ás expectativas técnicas/profesionais
O programa é viable, adecúase á realidade
O programa é útil e operativo, é aplicable
O contido é relevante
O programa adecúase ás expectativas persoais
Estou satisfeita co resultado
ARGUMENTA AS RESPOSTAS QUE CONSIDERES NECESARIO:
OUTRAS OBSERVACIÓNS:
Descargar