Xosé Luís Méndez Ferrín

Anuncio
MÉNDEZ FERRÍN, Xosé Luís
Ourense, 1938
Doutor en Filoloxía. Catedrático de Literatura no Instituto Santa Irene de Vigo. Colaborador literario de Faro
de Vigo. Director da revista A trabe de ouro. Membro do grupo literario nacionalista Brais Pinto. Preparou a
edición crítica do Cancioneiro de Pero Meogo (1966), e como ensaísta publicou De Pondal a Novoneyra
(1984). Deuse a coñecer como poeta co libro Voce na néboa (1957), ó que seguiron os poemarios Antoloxía
popular (1972), asinado baixo o heterónimo de Heriberto Bens; Sirventés pola destrucción de Occitania
(1975); Con pólvora e magnolias (1977), Premio da Crítica; Poesía enteira de Heriberto Bens (1980); O fin
dun canto (1982); Erótica (1992); Estirpe (1994), Premio Losada Diéguez, 1995. Como narrador publicou:
Percival e outras historias (1958), relatos; O crepúsculo e as formigas (1961), relatos; Arravaldo do norte
(1964), novela; Retorno a Tagen Ata (1971), novelleta; Elipsis e outras sombras (1974), relatos; Antón e os
inocentes (1976), novela; Crónica de nós (1980), relatos; Amor de Artur (1982); Arnoia, Arnoia (1985);
Bretaña Esmeraldina (1987), novela, Premio da Crítica de Galicia, 1988; Arraianos (1991), contos, Premio
da Crítica de Galicia, 1992, Premio Losada Diéguez, Premio da Crítica Española.
No ventre do silencio
X. L. Méndez Ferrín
No ventre do silencio, ambientada na Compostela dos anos cincuenta reconstrúe a memoria dunha época
dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da
estudiantina, é tamén unha novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio.
Alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media
ilustrada, estrato popular −leiteiras, costureiras, criados, prostitutas− ou a canalla fascista, No ventre do
silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista, incardinado na tradición europea de J. P.
Sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo.
A extraordinaria riqueza das descricións, a evocación da atmosfera de época, a creación lucidísima de imaxes,
as homenaxes literarias do autor (Dámaso Alonso, Torrente Ballester, M. Proust), a extensa galería de
personaxes, o manexo de diversas técnicas narrativas, o dominio dunha linguaxe prodixiosa, fan de No ventre
do silencio un dos cumes da narrativa contemporánea.
Corría a primeira metade do século XV. A Irmandade Funsquenlla dirixida por Roi Xordo rebélase contra o
feudal Nuño Freire de Andrade "o Mao", iniciándose a primeira guerra irmandiña. Ó fronte de tres mil
homes ataca o castelo de Moeche destruíndo as propiedades dos Andrade, establecendo en Pontedeume o seu
cuartel xeral. Pouco a pouco íanse xuntando máis loitadores chegando a acadar unha cifra superior ós dez
mil homes. Chegou a atacar Compostela onde tiveron que retirarse xa que o Señor de Andrade conseguiu
coligarse co Arzobispo. A irmandade foi derrotada por terras de Pontedeume en 1437. Nela morreu Roi
Xordo, primeiro defensor das liberdades de Galicia. Con el remata a revolución dos servos.
Hoxe, nas portas do século XXI, os que creemos na liberdade, coas armas da palabra, loitamos para que este
o noso pobo recupere a súa dignidade e deixe de ser vasallo dos novos feudais, herdeiros daqueles Andrades
que se venderon e venderon o seu pobo ó poder central.
Ha nacer a palabra outra volta,
A palabra de ti, de Roi, de todos.
1
De todos renaza o pobo de Galicia de novo.
Xosé L. Méndez Ferrín (Ourense, 1938) foi seleccionado neste ano pola Asociación de Escritores en Lingua
Galega, a petición da Academia Sueca, como candidato da literatura galega ó premio Nobel. *** A obra
narrativa de Méndez Ferrín, operando como un macrotexto, ten contribuído de xeito decisivo a fixar unha
memoria colectiva do real e do imaxinario que xa é parte indisociable da cultura galega.
X.L.Méndez Ferrín
Xosé Luís Méndez Ferrín naceu en Ourense en 1938. Fixo os estudios de Filosofía e Letras en Santiago,
concluíndoos en Madrid, onde formou parte do grupo Brais Pinto.
Tras o seu regreso a Galicia, colabora activamente na vida socio−política e cultural do país. En 1965 participa,
xunto con Celso Emilio, Luís Soto, Bautista Alvarez e outros, na fundación da Unión do Pobo Galego (UPG);
posteriormente, diferencias ideolóxicas con esta organización levaríano á creación da opción independentista
Galicia Ceibe. Nacionalista radical, polémico e apaixoado, ten padecido prisión polas súas actividades
políticas. Na actualidade reside en ¨Vigo, onde exerce como catedrático de Literatura nun Instituto desta
cidade.
OBRA POÉTICA
En 1975 publica Voce na néboa, libro onde está presente a preocupación existencial, a presencia dun mundo
mítico e a visión fatal de Galicia.
En 1972 desdóbrase nun poeta complementario, Heriberto Bens, publicando con este nome a Antoloxía
popular e no ano 1980 a Poesía enteira de Heriberto Bens, que leva un limiar do propio Ferrín con supostas
noticias da biografía de H. Bens. As composicións desta obra exploran a visión desolada de Galicia e a
temática política dende perspectivas míticas, cunha intención reivindicativa e concienciadora. A nivel formal,
destaca o ton épico, as imaxes visionarias e a variedade métrica, que vai desde o hendecasílabo e o soneto ata
o verso libre. O Sirventés pola destrucción de Occitania fecha o libro:
Ledo foi o espertar
Da aristocracia que apartou as sórdidas
Teas de araña e amou as alboradas!
Con pólvora e magnolias (1976), Premio Nacional da Crítica, supuxo a renovación da poesía galega
estancada no realismo crítico dos imitadores de Celso Emilio Ferreiro. Nesta significativa obra alíanse a
poesía revolucionaria −a pólvora− co lirismo persoal (a lembranza do pasado, o tempo, o amor, a morte) e
mais o luxo estético −as magnolias−. Os poemas discorren en versos libres, salferidos por diversas
resonancias culturais: o celtismo, a poesía medieval, o surrealismo, o movemento beat, a lírica de Cunqueiro...
O ton de poemario é nostálxico, mostrando con esplendorosa fruición estética a imposible recuperación do
tempo e o triunfo da decadencia. A Posturas para copular en homenaxe pertencen estes versos:
Ponte de viño, en fin, e de cabazo
E teñamos, amor, amor, unha fogaza candela e ollos para fitar
E lume bo e a morte.
O fin dun canto (1982) continúa os motivos temáticos e o tratamento expresivo da obra anterior, cunha
2
actitude apelativa e grande forza evocadora para expresar os anceios políticos, a recuperación do tempo, a
paixón erótica...
OBRA NARRATIVA
Percival e outras historias (1958) é o seu primeiro libro. Contén catorce relatos nos que xa atopamos as
características máis destacadas da súa narrativa: a mestura dos mundos fantástico e real, a presencia do
misterio, o emprego de topónimos e antropónimos exóticos que aparentemente non gardan relación coa
realidade galega, e a forza narrativa.
O crepúsculo e as formigas (1961) é a súa segunda colección de relatos, Insiste na creación dun ambiente de
terror, en onde as persoas camiñan coma persoas en fila, movidas por forzas cegas que impoñente un tráxico
destino. A brevidade e densidade dos relatos está apoiada polas recorrencias do discurso, que incorpora
variados procedementos técnicos: o emprego da estructura epistolar, do monólogo interior, da ruptura
temporal, da técnica cinematográfica... O enfoque neboento, difuminado, vertebra as historias deste libro, tal
como o propio autor declara ao comezo:
O alento da miña boca vai embazando progresivamente cristal que se interpón entre os homes e a miña
ollada.
Eu non limpo o cristal, no abro a fiestra.
Deixo, lector, que ese bafo inapalpábel desfigure a miña imaxe dos tebregosos homes da vila, no crepúsculo,
que mesmamente enchen a túa esterita e prolongada coma se foran unha columna de formigas en marcha
Arrabaldo do norte (1964) é a súa primeira novela. Mediante unha técnica obxectalista, a acción dilúese para
presentar lugares, obxectos e os inseguros movementos dun home do sur perdido polas rúas dun arrabalde
duna cidade allea, sen saber que é e que busca. A obra amosa a asimilación de Kafka e do Nouveau Roman.
Retorno de Tagen Ata (1971) constitúe unha alegoría ou parábola política: o país utópico de Tagen Ata é
Galicia. A narración presenta o enfrontamento da nova conciencia nacionalista radical contra as posturas cada
vez máis moderadas e culturalistas do vello nacionalismo.
Elipsis e outras sombras (1974) contén oito narracións que presentan un carácter alegórico ou de
política−ficción; nelas aparece unha aterradora visión da violencia, institucionalizada polo Estado represor, e a
clandestinidade dos inconformistas e loitadores.
Antón e os inocentes (1976), a súa segunda novela, é un alegato socio−político da posguerra en Galicia, feito
con rupturas da secuencia temporal −un ir e vir do pasado ao presente− e un tecido de lembranzas e
monólogos.
Crónica de nós (1980) contén oito relatos onde Ferrín amosa con depurada mestría a súa forza narrativa e a
súa habilidade para verquer en fermosas ficcións a súa decidida opción ideolóxica. Un dos contos do libro,
Xaque mate, constitúe un relato singular na producción ferriniana: afastada das ficcións míticas e
sociopolíticas desta etapa é a única narración de xénero histórico do autor, ambientada no século XIX. Trátase
duna pequena obra mestra −de homenaxe a Otero Pedrayo−, na que combina o realismo lírico coa técnica
cinematográfica.
O inicio do fermoso relato que abre o libro, Sibila, anuncia o seu carácter misterioso, esotérico, e utiliza un
procedemento usual da narrativa de Ferrín: a retrospección que realza o ton nostálxico tan característico da
súa obra.
3
Amor de Artur (1982) contén cinco narracións nas que segue as directrices que o caracterizan. O relato que
dá nome ao libro aporta unha visión orixinal das lendas artúricas, retomadas aquí cunha evocación nostálxica
que se tende cara ao futuro, cando os días de ledicia cheguen de novo ás terras do occidente de mundo. A
utopía de Tagen Ata e outros motivos da mitoloxía persoal de Ferrín están presentes noutras narracións desta
obra, no que é digno de mención o relato que data o libro, Fría Hortensia, síntese perfectamente de realismo,
lirismo máxico e nostalxia.
Arnoia, Arnoia (1980) é un relato iniciático de temática fantástica, narrado en primeira persoa por
Nmógadah, mozo de dezaseis anos que tras ser detido e preso ten que superar diversas probas para logras a
liberdade e o regresa á súa Casa pequena de Arnoia. Na obra volven aparecer transmutados literariamente o
mundo céltico, a materia de Bretaña e a particular mitoloxía de Ferrín.
Bretaña, Esmeraldina (1987). Premia da Crítica ao ano seguinte, é a terceira novela de Méndez Ferrín.
Cunha linguaxe densa, narra en primeira persoa a historia de Amaury −bretón cegado a Tagen Ata para loitar
pola independencia do país− quen , preso na cadea de Príncipe da Tagen Ata Autonómica, se evade da súa
dramática existencia mediante dilatadas evocacións e soños.
CARACTERÍSTICAS DA NARRATIVA DE FERRÍN
Os eixos do mundo narrativo de Méndez Ferrín son o misterio e a violencia, o simbolismo e a ambiguidade, o
lirismo e a nostalxia; elementos que literaturizados mediante unha sintaxe fortemente expresiva xeran unha
obra de indubidable singularidade nas nosas letras. A súa perspectiva xira arredor de tres planos:
• En primeiro lugar, as incursións na realidade fantástica dun mundo centrado na innovadora recreación
dos personaxes e ambientes da materia de Bretaña e das lendas célticas. Mundo que, ás veces, aparece
penetrado polo presente histórico mediante a referencia a obxectos da técnica do noso tempo. Nesta
perspectiva, o lado escuro da vida aparece atenuado polo soño, o amor e a esperanza. Na terminoloxía
psicanalítica de Freud estaríamos ante o imperio do Superego, que representa as instancias ideais no
campo da personalidade humana.
• Noutras ocasións, Ferrín explora o absurdo e a angustia da vida humana, a violencia individual e
institucional, sempre tratada de forma literaria, esteticamente. Nesta visión, personaxes e sucesos
aparecen movidos por forza internas, profundas, cun poder fatal que impón ao ser humano un destino
tráxico. Conforme este enfoque, as instancias escuras da vida triunfan sobre a persoa, converténdoa
nun simple instrumento da súa violencia destructiva. No campo freudiano estariamos ante o
predominio do Id, isto é, a loita cega, inconsciente, cara á reducción da tensión biolóxica.
• Nun terceiro plano, síntese dos anteriores, hai que situar a persoal mitoloxía de Ferrín. O escritor
ourensán crea a partir de 1971 un mundo mítico, que ten a Tagen Ata −metáfora de Galicia− por
protagonista. Este país habitado por azerratas está sometido a Terra Ancha −trasunto de Castela− e
loita por conseguir a súa independencia. A través de relatos diferentes, Ferrín vai tecendo un mundo
soñado que reflecte diferentes momentos da historia de Tagen Ata: a prehistoria épico−fantástica, o
presente aferrollado, no que coexisten a renuncia e o compromiso, o sufrimento e os soños e un futuro
libre e fecundo.
A intuición globalizadora e o singular enfoque do que bota man Ferrín contribúen en grande medida a dotar
aos seus relatos duna sorprendente plurisignificación, que fai xurdir novos sensos con cada lectura. Este
enfoque, ambiguo e esvaído −no que a frecuente retrospección crea unha pátina de nostalxia− modula a súa
prosa. E esta, de grande vigor expresivo o mesmo que a súa poesía, ten un inconfundible alento épico resolto
en lirismo.
A NARRATIVA DE X.L. MÉNDEZ FERRÍN
• Creou unha construcción mítica que xira entorno ó país de Tagen Ata, identificado cunha nación
4
oprimida que é Galicia.
• Temas: Obsesión pola liberación. Combina realidade e ficción, épica e lírica, expresionismo e
simbolismo. Crea un universo poboado de ecos literarios con mitos célticos e xermánicos: Kafca,
Borges, Bortázar, Otero ou Cunqueiro.
• Dúas vertentes: Unha realista con Crepúscula e as formigas, No ventre do Silencio, Antón e os
inocentes e Crónica de Nós. A outra vertente e a simbólica con Percival e outras historias,
Arrabaldo do norte, Arnoia, Arnoia, Bretaña Esmeraldina, Retorno a Tagen Ata e Elipsis e
outras sombras.
ETAPAS NARRATIVAS:
PRIMEIRA
• Anos cincuenta ata mediados dos sesenta. Coincide co desenvolvemento da Nova Narrativa.
• Movemento (NN) que introduce renovacións formais e temáticas procedentes da literatura europea e
americana.
• Obras: Percival, O crepúsculo...., Arrabaldo do Norte...
Que tratan temas como a insistencia no absurdo e no sensentido da vida. O marco galego está ausente, aínda
que indirectamente fálase del.
SEGUNDA
• (1971−80)
• Maior riqueza temática, grande variedade de influencias e por riba de todo a preocupación política.
• Obras: Retorno a Tagen Ata, Elipsis e outras sombras e Crónica de Nós.
TERCEIRA
• (1982−87)
• Volta á fantasía e ás recreacións míticas con influxos de Tolkien e Ende e tamén de Otero e
Cunqueiro.
• Obras: Amor de Artur, Arnoia, Arnoia e Bretaña Esmeraldina.
PASADO E PRESENTE DUN NARRADOR
Vai xa para cinco décadas dende que este polifacético escritor, agochado daquela baixo o pseudónimo de Laín
Feixóo, botou a andar polo mundo as súas primeiras creacións literarias. Medo, Chumbo e mortes e O abellón,
son pois, os primeiros froitos literarios deste creador xenial que prestou unha inestimable axuda á nosa
literatura para sacala do provincialismo no que se atopaba, naquel ermo cultural que era a España de Franco.
Nese mesmo ano de 1954 vai ver a luz o seu artigo Lembranza de Mistral en maio. Tanto polo seu contido
−chamada ó irmanamento e á solidariedade entre os pobos atlánticos− coma pola definitiva aposta pola lingua
nacional, nun tempo tremendamente hostil para a nosa cultura, este artigo converterase nunha auténtica mostra
epifánica da intención a quefacer do narrador ourensán. Ese xuíz implacable que é a Historia vaise encargar de
certificar que a obra deste home naceu por mor do compromiso cívico e político coa realidade galega do seu
tempo. Endexamais pensei escribir unha obra que non fose en galego ten decote manifestado a quen iso
subscribe.
Méndez Ferrín, nacido en plena guerra civil, é un meniño criado na sórdida posguerra que indefectiblemente
deixará nel unha pegada imborrable, marcándoo para sempre; unha cicatriz que está aí, que aínda doe e que lle
lembrará sempre a violencia, a fame e maila morte. Naquel Ourense tinxido de azul das camisas falanxistas e
do negro das sotanas omnipresentes, no que as xentes esquecían as súas penas nos cines e nas tascas, soñando
5
quizais coas mozas das revistas musicais ou cos heroes de José Mallorquí, o neno medra lendo tebeos −chistes
lles chamará Ferrín− co Capitán Maravillas, con Judy Garland, a encantadora meniña de O mago de Oz, con
Corazón, con Los caballeros de la Tabla Redonda da magnífica colección Araluce, máis tamén Rosalía,
Curros e Saco y Arce teñen un lugar nas mentes do pícaro. Pero o neno foi con frecuencia daquel lugar de
sensabores e certezas para ingresar no mundo da maxia e da fantasía que representaban Vilanova dos Infantes
e Casardomato, lugares farturentos en vellas tradicións onde aínda hoxe se sente o latexar da Historia e onde o
pasado segue a estar presente. Toda unha galería de historias de faución, das gavillas, da francesada, do
mundo dos pazos, o mundo oteriano, transmitidas oralmente por uns tíos avós seus, entrarán no maxín do
neno alimentando a súa propensión fantasiosa. Ourense e Vilanova primeiro, Compostela, Madrid e Vigo
despois, compartindo espacio coas novas fundacións literarias da Raia e Tagen Ata, cobrarán nova vida nas
páxinas ferrinianas, converténdose en referencias ineludibles de toda a súa obra.
Rigoroso na creación psicolóxica dos seus personaxes, na coidada ambientación e na composición das súas
estructuras novelescas, Ferrín vaise caracterizar sobre todo pola súa mestría expresiva e polo peculiar
tratamento que fai do tempo e das súas metáforas. Pero a grande marca de fábrica que distingue os bos
creadores é a imperturbabilidade do seu mundo e do seu propio estilo, os grandes autores non cambian, mellor
dito, os seus cambios aparecen no comezo coma inadvertidos. Na obra de Méndez Ferrín sucede o mesmo. O
seu mundo, que oscila entre o mítico e o cotián, ancorado en ambientes bastante sórdidos e en paixóns que
devalan entre o lírico e mailo tráxico, é un mundo fronteirizo, arraiano a fin de contas. E o seu estilo, a súa
mellor baza dende o comezo, foise facendo máis denso e poético cos anos, conformando unha prosa de
enorme carga metafórica que sempre se fai sucesivamente épica e lírica, tinxida de visceralidade e de poesía.
Consciente de que o texto literario é producto doutros textos literarios anteriores, servirase moitas veces
dalgúns textos pretéritos. Toda a súa obra, pois, está salferida das súas preferidas voces galegas e foráneas e é
probable que non entendan a Ferrín aqueles que descoñezan a música do diálogo dos textos dos grandes
autores clásicos e dos grandes mestres galegos. Ferrín é un creador permeable e imita, mais non duna maneira
cega: sabe sempre o que quere e en función disto elixe e xerarquiza tódalas súas influencias. Son innegables,
xa que logo, os ecos de lecturas anteriores pero sería inxusto non ver na súa obra a portentosa forza do seu
arranque, e de cegos non recoñece−lo maxistral dominio da lingua, a incuestionable presencia duna voz e
unha poderosa imaxinación que callou en excelentes páxinas. Soubo sempre gardar un equilibrio entre
correntes, figuras, escolas e modos de concibi−lo saber e mailo facer, construíndo unha obra que supón unha
apertura incondicional ó novo sen prexuízo da veneración do grande legado clásico, sorprendendo e
convencendo no producto final.
A obra de Ferrín, por outra banda, eríxese nun sistema de referencias internas obrigadas, podendo concibirse
toda ela como un macrotexto que liga coa anterior e anuda coa futura. Deste xeito, motivos, argumentos,
espacios e personaxes retornan ensarillados e transmutados en novos temas, novos mundos e novos
personaxes dentro do labirinto fascinante, multiforme, disforme ás veces , aparentemente desordenado e
mesmo caótico no que se insire a obra literaria ferriniana. A obra deste narrador, que mantén excelentes
relacións coa poesía, vén ser, pois, un único relato acompañado de poemas que o ourensán está a compoñer
dende o inicio da súa carreira literaria; un único libro que paseniñamente vai escribindo Méndez Ferrín nun
país de densidade verde e fume morno.
Con inquebrantable e discreta puntualidade, Méndez Ferrín segue mantendo contacto cos seus lectores.
A grande recepción que tivo a súa última entrega, No ventre do silencio, e as constantes traduccións e
reedicións das súas obras, veñen demostrar que aínda é posible gozar dos favores dun público estendido ó
longo de varias xeracións, sen necesidade de agresivas e feroces campañas publicitarias, Méndez Ferrín posúe
o instinto do escritor que sabe interesar ó seu público sen necesidade de afagalo con argumentos máis ou
menos dependentes das crónicas de sucesos, cultivando ó tempo unha aguda percepción −conseguida,
posiblemente, no exercicio da súa vocación xornalística−, que lle permite ausculta−la realidade, desbotando o
estrondo efémero das modas. Soubo sempre achegarse a unha temática de vixencia universal sen excluí−la
6
polémica nin a crítica a modos de vida e actitudes que se defrontan coa súa maneira persoal de entende−lo
mundo.
Pensamos, sinceramente, que Méndez Ferrín é un escritor invulnerable ás razzias dos tempos xa que toda
relectura da súa obra conduce sempre a un valioso achádego e a unha non menos gratificante sorpresa. Tras
dela está este escritor de raza, creador do seu propio mito, porque a súa vida e mailas súas circunstancias son a
materia esencial das súas alegacións.
TEXTOS
CANTIGA DO AMANTE PRESO
A cadea e un vestido de pedra
JAGOT
Boas noites, amiga,
Dígoche dende o cárcere
Mesto espacio de sombras
Limitadas a carne,
Promontorio de pelos
Elévase no sangue
E a luz, como un cheirume,
Esvara, negra, avante.
Detéñense as palabras,
Os pensamentos pairan,
Como un morcego tépedo
O corazón se cala.
Na cadea hai menceres
De néboa en cada ollada
E ratos grises fanche
Un burato na alma.
Hai unha dor cega
Que cada cousa mancha
7
E podremias antigas
Ao corazón se engarran.
A espiral da tortura,
As pantasmas odiadas,
O libro do silencio
E a tristura probada
Rematan nesta noite,
Oh miña ben amada,
Para comezaren logo
Á mañá, como lama,
Boas noites, amiga,
Dígoche dende o cárcere,
Mentres o teu recordo
Froitifícame, árdeme.
(de Poesía enteira de Heriberto Bens)
X.L. Méndez Ferrín
SEÑORAS DO PASADO
E quíxenvos moi tristemente a todas
As que forradse rapidamente eu (un pouco)
Unha luz nos lugares do estremecemento
E tardes coma rodas de bronce, interminables.
Poderosas mañás de rexurdimento e ollos no chan, de amor obrido.
E quíxenvos moi escasamente a todas
Porque nas regandixas do eu caben ourizos e sofrir é amor
E nada para o tempo que destrúe os ourizos.
E quíxenvos (queréndome) coma un río que fose
8
Dos meus ollos a vós, as tidas e perdidas,
Limítrofes do amor, esquecidas para sempre.
E quíxenvos autente, e case non vos quixen
Entre tanto artefacto, construcción mala pedra,
Que nos ten envisgados
Nas cousas, coma lentos navíos que mainamente esvaran.
Chamo por vosoutras, nomes apenas tatuados
No baleiro e no fume, e reclamo ese espacio
Que deixachedes e que quizais é globo (de lume e desespero).
Señoras do pasado, damas investigadas a través dos ensoños
Sobre cabalos nidios, inmóviles no outono de antano,
Sen bris mesmo,
Merci por un crepúsculo, ou acaso algún beixo,
Ou polos poderosos erguementos do sangue,
Ou por sorrisos líquidos a carón da magnolia.
Quíxenvos lenemente, e mesmamente fóchedes
Capaces da captura dun anaco de sombra de min,
E fiquei menos.
Inútil esta ollada por derriba do tempo que me outorga silencio,
Escamas, arruinas, borralla, meus ronseles.
Quíxenvos fuxidío, oh amigas de antonte,
Meu espantoso espello neste solpor que vence.
(de Con pólvora e magnolias).
X.L. Méndez Ferrín
A CABEZA FENDIDA
Gustavo tiña que dar aviso. Supuña que o que se facía neses casos era dar aviso. Baixoulle a roupa a Mari,
pois na caída subíranselle as faldas e quedáranlle á vista as pernas douradas do sol. Despóis, correndo lixeiro,
9
púxose na carretera e acendeu a vespa. Saíu liscando pola lisa estrada de piche, abríndolle máis e máis ó
acelerador coa man tremente. Tiña que dar aviso. Á dereita había un merendeiro. Dende alí chamaría por
teléfono.
Non sabía ben Gustavo Comesaña, a quen ía chamar. Pero tiña que dar aviso.
Deixou a vespa na porta. Entrou. Había moita senté que viña da praia e comía e bebía. No medio bailaban
unhas cantas parellas.
−Non lle temos teléfono.
Se a Gustavo lle deran un pau non o deixarían tan apalambrado como quedou. Non lle temos teléfono. E non
soubo que facer. Pensou: A ver que é o que fago eu agora. Aquí non hai teléfono. Vaia complicación. ¿E se llo
digo a ese homiño gordecho? Debe ser o dono. A estes xudeus só lles importa o choio. Qué complicacións.
Pero non teño máis remedio. Voullo dicir. Ergueu a voz e chamou ó tal individuo:
−¡Oia!
Veu bulindo por tras do mostrador.
−Coñá, ¿non é?
Non. Non foi home, tivo medo. Era estúpido entrar nun bar e manifestarlle ó dono que a rapaza que sae con un
está alí, a medio quilómetro, coa caluga desfondada. Asentiu:
−Si. Coñá con sifón.
X.L. Méndez Ferrín
(O crepúsculo e as formigas)
Camilo Riobó Estévez
3ºBup C.
Ricardo García García
10
Descargar