Xénero: Narrativa Editorial: Galaxia Ano de publicación: 1975 Lugar de publicación: Vigo BIOBIBLIOGRAFÍA C arlos Casares Mouriño naceu o 24 de agosto de 1941 en Ourense, cidade que deixaría unha fonda pegada na súa obra. Alí cursou o Bacharelato e xa empezou a amosa−las súas inquedanzas literarias elaborando un primeiro xornal que distribuía entre os seus compañeiros, e recibindo o seu primeiro premio. Estudiou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, introduciuse no mundiño da cultura galeguista da época e viviu a época das loitas estudiantís. Exerceu a docencia desde 1969, en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo. Nesta cidade faleceu o 9 de marzo de 2002. Comezou a súa carreira literaria moi novo, pois en 1965 publicaba os seus primeiros relatos na revista Grial. Fálase de dúas etapas na produción narrativa de Carlos Casares. Unha primeira, caracterizada no plano temático pola ambientación das obras no período franquista e a utilización de elementos autobiográficos, e no plano formal polo emprego de técnicas narrativas innovadoras (monólogo interior, ruptura temporal...). As obras máis representativas deste período son Vento ferido (1967), que é un conxunto de doce relatos, e a novela Cambio en tres (1969). En 1975 publicou Xoguetes pra un tempo prohibido, novela pola que recibiu o premio Galaxia e mais o Premio da Crítica española. Esta obra, que reflicte a infancia e a adolescencia dos protagonistas na España franquista da posguerra, cerra a primeira etapa da súa produción e marca a transición á seguinte. Na segunda etapa, Casares abandona o experimentalismo formal e recupera formas tradicionais de contar, ao tempo que elimina as pegadas autobiográficas. Nas primeiras obras desta etapa recrea, tinxidos de humor e ironía, períodos históricos máis recuados no tempo: Os escuros soños de Clío (1979, Premio da Crítica galega) e a noveliña Ilustrísima (1980). Porén, nas súas últimas novelas, Casares voltou sobre a nosa historia recente, sobre o ambiente das vilas galegas na guerra e na posguerra: Os mortos daquel verán (1987) e Deus sentado nun sillón azul (1996). Como narrador ocupa un lugar indiscutíble na historia da literatura galega. Ingresou na Real Academia Galega en 1978, foi deputado polo PsdeG−PSOE en 1981, dirixiu a Editorial Galaxia, a revista Grial, e presidiu o Consello da Cultura Galega desde 1996. 1 Ademais da súa condición de novelista, Casares cultivou a literatura para nenos con obras como A galiña azul (1968) ou a peza dramática As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973, Premio "O Facho"). Tamén hai que salientar o seu papel como biógrafo de Ramón Otero Pedrayo, Manuel Curros Enriquez, Ramón Piñeiro, Vicente Risco, Ánxel Fole... e como derradeira biografía doutro literato, a do Padre Sarmiento. Do seu labor como ensaísta podemos citar Hemingway en Galicia (1999) ou Un país de palabras (1998). A Xunta de Galicia recoñeceu o seu enorme labor concedéndolle, en 1989, o premio á creación cultural. Colaborador habitual, durante catorce anos, da prensa coa columna "A marxe", en La Voz de Galicia, Casares recibiu tamén os premios de xornalismo "Fernández−Latorre", en 1983, e o "Julio Camba", en 1995. Algúns destes artigos foron recompilados no volume Na marxe de cada día (1994). No 2002 escribe e publica A vida do Padre Sarmiento, o seu último libro que viu a luz en vida do escritor. Outra obra de recente creación que non saiu a tempo para que el a presentase é Da miña acordanza: as memorias de Ramón Piñeiro a partires da transcripción dos centos de horas de conversa gravadas entre profesor e discípulo arredor da mesa camilla na casa do histórico galeguista. Quedaba en proceso de publicación a súa derradeira obra: O sol do verán, que editou Galaxia na súa colección Literaria, e que se presentou o 9 de maio. Ó longo de 240 páxinas o escritor conta unha historia de amor e morte narrada en primeira persoa por unha muller que rememora a vida que compartiu cun home a partires do seu suicidio. É a súa obra póstuma ARGUMENTO Elías é un neno que pasa o seu tempo entre a parroquía e as clases na escola. Os seus primeiros amores e os seus amigos da infancia veranse, sen embargo, truncados cando un dos seus compañeiros de clase falece, en parte pola severidade con que o profesor os trataba. Deixará atrás a súa casa cos seus pais e será levado a un internado para nenos a trinta kilómetros do seu fogar. Pero iso non evitará que siga facendo as trastadas propias da súa idade, ou que xogue no patio cos seus novos amigos. Sen embargo, a liberdade que tiñan dentro dos muros que cercaban o edificio non era tal, e, por medio dun soplón, todos os alumnos veranse periodicamente acusados dalgún acto e castigados. Non soportando mais a situacion, os rapaces rematarán por ameazar e golpear ó acusador para que a insoportable situación chegue a un fin. Pero o remordemento de Elías será tal que, por non ser descuberto e expulsado, prefire confesar os feitos a Don Ambrosio, o director da escola. A reacción comprensiva deste hacia o confesor e represiva hacia os implicados nos feitos, unido á teima que tiña de rematar coa amizade entre Elías e Celso Arias, un alumno bastante rebelde, farán que Elías sexa desprezado polos seus compañeiros de alí en diante. Ó non recuperar as antigas amizades nen granxearse outras novas, o noso protagonista preferirá chamar á casa para saír dunha vez por todas daquela prisión. A volta a casa, aínda que supuxo o pesar dos pais, foi unha recuperación da antiga vida que Elías tiña no seu fogar. As antigas amizades, xunto ós amoríos que terá faran desta época unha das mellores que lle acontecerán o mozo. Sen embargo, esta situación rematará co comezo da carreira universitaria, que o apartará da familia e das amizades para comezar unha nova vida, cos seus compañeiros de residencia e coas novas experiencias amorosas que aínda estarán por chegar. 2 PERSONAXES Elías Paz − o protagonista da historia. Os xoguetes nun tempo prohibido narra a vida deste personaxe desde a súa infancia nunha pequena vila galega ata o seu tráxico final nunha triste pensión ourensá. Elías reflexa a vida e as ideas do seu propio autor, Casares. Elías é un mozo culto, intelixente e soñador, que terá un carácter revolucionario na adolescencia pero que acabará encallando no escepticismo e na aflicción. Celso Arias − O amigo de Elías no internado. Don Ambrosio considerábao unha mala compañía, e cando Celso ideou a ameaza ó Palabritas, convenceu a Elías para que deixara de andar con el. Chedes − É un personaxe que xoga un papel clave na historia do protagonista, compartindo a súa infancia con el, e sendo a súa noiva durante un tempo. Representa a muller da época (empeza a loitar polos seus dereitos) e xoga cós homes. Chicha − Tamén noiva de Elías por un tempo, Chicha e unha persoa razoable que axudou a Elías nos momentos máis complicados. Don Camilo − Profesor que daba clases ós nenos da vila (Chedes, Calamidá) mois estricto e que segue a disciplina con gran dureza, tiña un importante poder sobre os nenos xa que tiña autorización dos propios pais. Sin embargo este sistema rematará co accidente de Calamidá. Calamidá − Un dos alumnos das clases de don Camilo, ponse enfermo e empeora cada día, pero ante a incomprensión por parte do profesor do seu grave estado acaba morrendo. Don Ambrosio − Tutor de Elías no internado, a súa forma de actuar será moi parecida á de Don Camilo na escola, se ben terá máis relevancia ó ter a responsabilidade dos nenos durante todo o día. Palabritas − O neno chivato do internado, que lle contaba a don Ambrosio o mínimo acto sospechoso dos seus movementos e este castigabaos no barrabás. Espacio Primeiramente a historia comeza na parroquia natal de Elías, que por mor da morte dun dos seus compañeiros de clase tense que mudar a 30 km de onde vivía deixando atrás os seus amigos. Neste lugar Elías fae novos amigos e por ser descuberto por un dos seus compañeiros por andar a faer trasnadas decide volver a parroquia onde pasara un dos seus mellores momentos da sua vida ata que remata os estudios e decide ir a universidade. Tempo Externo: Publicouse no ano 1975 Interno: A obra de Casares ten plano temático marcado pola ambientación no período franquista da posguerra. E tamén este libro desenrrolase o largo da vida de Elías ata que chega a universidade Opinión persoal Pareceume que este libro relata uns acontecementos moi crueis co que me leva a pensar que eu tiven moita sorte en vivir na epoca na que estou, porque non me gustaría estar na pel dos estudiantes daquela época. 3