Guía didáctica - COMPOSTELA

Anuncio
ÍNDICE
1. Contextualización da guía: …………………………………. 3 •Obxectivos
•Contidos
•Competencias
•Metodoloxía
•Avaliación
2. O director e a RFG …………………………………………..7
3. Materiais para o profesor/a ………………………………….10
•
Gustav Mahler
•
A Sexta sinfonía
•
Estructura da obra
•
Audicións e enlaces
4. Actividades ……………………………………………………20
5. Bibliografía e Webgrafía .......................................................... ....25
2
1
CONTEXTUALIZACIÓN DA GUÍA
Este concerto e a guía didáctica que o acompaña van dirixidos a alumnas e alumnos
de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. A idade dos educandos oscila
entre os doce e os dezaoito anos aproximadamente. Este programa queda aberto a
calquera tipo de adaptación curricular individualizada para axustarse ás características
persoais de cada nena e neno dentro do grupo - clase. Mais esta tarefa trasládase a
cada mestre/a, por coñeceren a fondo a realidade da aula na que se vai desenvolver a
proposta.
Obxectivos:
· Adquirir bos hábitos de escoita e respecto cara os demais durante a interpretación
musical.
· Percibir a través da audición a estructura dos movementos da obra.
· Captar a diversidade de recursos e matices a través de diferentes versións dunha
mesma obra.
· Contextualizar estilísticamente a obra e o autor.
· Obter información de diversas fontes a través das TIC.
· Desenvolver a análise crítica para valorar a calidade das diferentes interpretacións,
xa sexa nunha gravación ou en directo.
· Ampliar o léxico e terminoloxía adquiridos en cursos anteriores, para expresar e
describir de maneira precisa os procesos analíticos que se van desenvolver no traballo
das obras.
3
Contidos:
· Adquisición de bos hábitos de escoita e respecto.
· Percepción e recoñecemento dos diversos elementos que interveñen nas obras (
estructura, melodía, harmonía, ritmo, textura, timbre...).
· Comparación de diversas versións da mesma obra para determinar a calidade da
interpretación e doutros elementos que as diferencien.
· Contextualización das obras dentro da historia da música e relacionalas coas respectivas correntes estéticas.
· Busca e selección de información en diversas fontes, referida ao compositor e á
obra .
· Expresión e valoración precisas tanto oral como escrita das impresións producidas
despois das audicións.
· Análise da vivencia da música gravada ou en vivo: sensacións, interacción intérprete- público; diferencias na percepción.
4
O decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación
secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia
dentro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio de educación, e do marco da proposta realizada pola Unión Europea, establece sete competencias básicas das cales
incluiremos as seguintes nesta proposta didáctica:
Competencias:
- Comunicación lingüística (CCL).
- Competencia dixital (CD).
- Aprender a aprender (CAA).
- Competencias sociais e cívicas (CSC).
- Conciencia e expresións culturais (CCE)
5
Metodoloxía:
A metodoloxía vertébrase entorno ás necesidades educativas e psicolóxicas de
cada alumno e alumna. As clases serán activas, abertas á participación mais tamén
se valorará o silencio e a capacidade de escoita e atención durante o concerto e as
exposicións teóricas.
As estratexias metodolóxicas deben favorecer a participación e comunicación.
Sería interesante que as mesmas, potenciasen a capacidade crítica, ensinando os
elementos e recursos que se empregan na construcción dunha opinión, valoración ou creación, e a sensibilidade artística e estética como valores positivos dentro
da nosa sociedade.
Avaliación:
Realizarase unha avaliación inicial onde se terá en conta as habilidades e
coñecementos que foron adquirindo ao longo do curso.
A avaliación procesual efectuarase mediante a observación sistemática do grupo
- clase, valorando o grao de implicación, atención e motivación.
A avaliación final será unha valoración de todo o proceso: os obxectivos acadados,
a interiorización de contidos, dificultades no proceso, actitude na aula e no
concerto, actitude para cos compañeiros, nivel de participación nas actividades,
realización das tarefas propostas, coherencia verbal e uso da nova terminoloxía
nas exposicións orais.
6
2
O
DIRECTOR E A RFG
Paul Daniel
Paul Daniel é, dende 2013, director titular e artístico da RFG, relevando a Ros Marbà.
Tamén se encargará da dirección musical da Orquestra Nacional de Burdeos. Dende
hai tres anos, é o principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony
Orchestra de Perth e foi director musical da English National Opera e das óperas Factory
e North. Foi director invitado das máis destacadas orquestras do mundo e, mentres
estivo á fronte da English Northern Philharmonia, levou á orquestra a participar en
moitos festivais. A súa gravación da Sinfonía núm.3 de Elgar/Payne, coa Bournemouth
Symphony Orchestra, foi un dos discos de música clásica máis vendidos do 2000.
Entre os seus compromisos operísticos inclúense Lucrecia Borgia e As vodas de Fígaro
para a English National Opera e un dobre cartel con L’Enfant et les Sortilleges e Der
Zwerg para a Ópera Nacional de París. Dos premios que ten recibido destaca un
Olivier pola súa aportación á ópera e un Gramophone pola súa serie sobre música
inglesa gravada co selo Naxos. Nos New Year’s Honours de 2000 foi condecorado coa
Cruz do Imperio Británico.
7
Real Filharmonía de Galicia:
Real Filharmonía de Galicia nace da man da Xunta de Galicia en 1996 cunha
vocación universal, como a propia cidade onde ten a súa sé, Santiago de Compostela. O Consorcio da cidade de Santiago é o organismo encargado da súa xestión.
Esta orquestra sinfónica, que representa en si mesma o concepto de espírito aberto, conciliador e amable que encerra a música, está formada por cincuenta músicos de diferentes nacionalidades que aportaron a súa experiencia, formación,
tradición musical, empeño e ilusión. Xunto a eles, mestres como Maximino Zumalave, músico comprometido coa súa cidade, como director asociado; Helmuth
Rilling, o primeiro director titular da orquestra que aportou a forza e empuxe
necesario para iniciar este proxecto; Antoni Ros Marbà, que consolidou a súa
traxectoria durante catorce anos e, agora, Paul Daniel, desde xaneiro 2013, novo
director titular, han ter e teñen a responsabilidade de conducir esta formación
musical.
O seu traballo permitiu que especialistas de recoñecido prestixio acepten colaborar e compartir momentos de gran plenitude musical: Frank Peter Zimmermann,
Daniel Hope ou Vadim Repin (violín); Natalia Gutman, Lluís Claret ou Enrico
Dindo (violoncello); Joaquín Achúcarro, Rudolf Buchbinder ou Eldar Nebolsin
(piano) e cantantes como Teresa Berganza, Thomas Quatshoff ou Matthias Goerne. E, por suposto, importantes directores de renombre, como Frans Brüggen,
Juanjo Mena, David Afkham, Hansjörg Schellenberger, Josep Pons ou Christop
König, actual director invitado, puxeron o seu batuta á fronte da orquestra.
8
A Real Filharmonía de Galicia mantén unha tempada estable no Auditorio de
Galicia de Santiago de Compostela que compatibiliza con viras e concertos nos
escenarios de países como Alemania, Austria, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, Portugal, ademais das principais cidades españolas, onde destaca a súa
participación na tempada cultural de Vigo.
Na discografía da RFG destacan os seus traballos dedicados a Manuel de Falla e
Frederic Mompou, publicados en 2009 e a Maurice Ravel, en 2012. O seu último
disco, editado en 2013, leva por título “Variaciones”, no que a orquestra e a soprano
María Bayo renden homenaxe a Antón García Abril.
9
3
MATERIAIS PARA O PROFESOR/A
Gustav Mahler
Gustav Mahler naceu en Kaliste (Bohemia) –
actualmente a República Checa- o 7 de xullo de
1860. Foi un compositor e director de orquestra
austríaco e a súa obra marca o cenit da evolución
da sinfonía romántica.
Mahler foi un grande representante da
creación artística de comezos do S. XX. As súas
composicións afánanse en proporcionar os grandes
ideais humanistas e os valores que substituían as
“seguridades” relixiosas de ata entón, un mundo
secularizado.
“A música de Mahler comeza na rúa e remata na infinidade…” comentada Paul
Stefan nunha das primeiras monografías do compositor.
A súa arte reflicte varios interrogantes da nosa contemporaneidade como pode
ser a multiculturalidade e a visión dun home intelectual sumerxido nun mundo
moderno completamente industrializado e enaxenado.
Nas primeiras décadas do S.XX, Gustav era considerado un dos máis importantes directores de orquestra e de ópera. Dirixiu múltiples formacións en varios
teatros europeos, chegando en 1897 a conducir a Ópera da Corte de Viena,
unha das máis notables da época. Posteriormente tamén estivo ao cargo da Metropolitan Opera House e da Orquestra Filharmónica de Nova York.
“ Son tres veces apátrida: bohemio entre os austríacos, austríaco para os xermanos, xudeu no mundo enteiro”
Gustav Mahler
10
Naceu nunha familia xudea de fala alemá. Os seus pais rexentaban unha pousada e só seis dos seus trece irmáns chegaron a adultos. Comezou a tocar un vello
piano dos seus avós cando era moi novo e posteriormente cursou estudos no
Conservatorio de Viena e de filosofía na mesma cidade.
Durante a súa vida tivo máis éxito como director que coma compositor. Mahler
logrou triunfar nunha Europa Central onde o antisemitismo era case doutrina
oficial, de feito, tivo que converterse ao catolicismo para acceder ao posto de
director da ópera vienesa. Compoñía durante o verán e dirixía durante o inverno. Ao comezo a súa música foi rexeitada, pero
a medida que o tempo pasaba, fóiselle outorgando
maior recoñecemento grazas ao seu contemporáneo Richard Strauss. Ámbolos dous considerados
os titáns da música austroalemana da época. Tanto
Mahler coma Strauss vían a música como un medio
para plasmar conflictos. Un campo de batalla entre
extremos (Alex Ross).
Nas sinfonías de Mahler aprécianse influencias de
Beethoven e Brahms así como tamén de Wagner e
Bruckner. Mahler utilizou a música coral e vocal
na sinfonía de maneira similiar a Beethoven na súa
Novena, acadando unha unión musical e dramática
como a que Wagner buscaba nas súas obras. O compositor bohemio utilizou
amplios recursos orquestrais en canto á busca de cores nos diferetes instrumentos, o uso de pequenas combinacións instrumentais e a inclusión dalgúns pouco comúns en formacións orquestrais como a mandolina ou o armonio. Para el,
a orquestración era un medio para obter a maior nitidez posible nas diferentes
liñas musicais.
En 1902 casou con Alma Marie Schindler (Alma Mahler) unha compositora,
considerada menor, que influenciou profundamente a súa obra.
En 1907 diagnosticáronlle unha lesión cardíaca aguda e, a súa filla María, de tan
só catro anos faleceu. A a partir de entón comeza unha profunda decadencia
que desemboca na súa morte o 18 de maio de 1911 no sanatorio de Loew en
Viena.
11
A música de Mahler transmite unha mestura de vulnerabilidade e suma musicalidade, unha combinación de
alegría e desesperación identificada por Sigmund Freud
como a faceta central do seu carácter.
Mahler exerceu unha notable influencia en compositores posteriores, especialmente nos fundadores da Segunda Escola de Viena: Arnold Schönberg, Alban Berg e Anton Webern. A pesares de que Mahler rexeitou o atonalismo, converteuse nun
férreo defensor de Schönberg resaltando a súa orixinalidade e audacia xuvenil.
Outros compositores influenciados por Mahler son: Aaron Copland, Kurt Weill,
Luciano Berio, Dmitri Shostakóvich ou Benjamin Britten. Donald Mitchel (1975)
dicía:
“Incluso cuando su propia música no sobreviviera, Mahler gozaría de una inmortalidad
sustancial en la música de estos sucesores preeminentes que han abrazado su arte y asimilado sus técnicas”.
A Sexta sinfonía
Sinfonía no. 6 en La m “ Tráxica”
I. Allegro energico, ma non troppo
II. Andante moderato
III.Scherzo: Wuchtig (Pesante)
IV.Finale: Allegro moderato- Allegro energico
Composición: 1903-1906
Estrea: Essen, 27 de maio de 1906 coa dirección de Mahler.
Revisión: verán de 1906 e primeiros meses de 1907.
Primeira edición: Kahnt, 1906 (dúas versións con permutacións dos movementos centrais: Scherzo- Andante na primeira edición, Andante- Scherzo na segunda).
12
A obra nace dunha concepción estrictamente clásica en canto á súa estructura formal, pero a súa sonoridade é moi sorprendente para a época e influirá notablemente nos autores
do grupo de Schönberg.
A sexta sinfonía – xunto coa Quinta e Séptima- enmárcase
dentro do bloque central do corpus orquestral mahleriano,
onde se delimita o campo de acción aos solistas vocais e aos
coros. A clausura desta triloxía sería a Oitava, un híbrido entre sinfonía e oratorio, cunha función de resolución de conflictos das tres anteriores.
A característica básica do compositor entre 1901 e 1907 é o realismo. Na primeira parte da súa obra confronta ao Home e ao Universo, pero a partir da Quinta
o enfrentamento prodúcese entre o Home
Mahler e os demais Homes.
Elaborada durante os veráns de 1903 e
1904 no seu refuxio en Maiernigg, foi
dada a coñecer en Essen o 27 de maio de
1906, durante un festival de música contemporánea. Según narran algúns textos,
Mahler non se atopaba nun dos seus mellores momentos para dirixir a estrea da
Sexta posto que andaba sumido nunha gran tensión e excitación
“A miña Sexta plantexará un enigma cuxa solución só se atreverá a aplicar unha xeración que
previamente trague e dixira as miñas outras cinco sinfonías”.
Gustav Mahler
O inicio da Sexta terá unha repetida presenza en composicións paralelas e posteriores. Por exemplo, no primeiro movemento da Séptima ou no tema inicial
do “Veni Creator” da Oitava. Nas súas tres derradeiras obras “Canción da Terra”,
Novena e Décima – tamén chamada triloxía do adeus- o tema desaparece, e polo
tanto, a referencia que realiza ao eterno feminino nas tres producións sinfónicas
anteriores tamén.
13
A estructura da obra
Móstrase a continuación un magnífico comentario da obra elaborado por José Luis
Pérez de Arteaga (musicólogo e comentarista de Radio Nacional) como notas ao
programa dun ciclo en 2011 para a Orquestra Nacional de España:
“El número tres parece dominar las secciones y temas de la obra. El primer movimien-
to, Allegro energico, ma non troppo, en forma sonata, plantea el primer tema de la exposición sobre un ritmo fijado a golpes de arco por violonchelos y contrabajos, una breve
cita (do, si, do) del Tralalai de Revelge y una entrada tempestuosa de los vientos en la
menor. El descenso de las cuerdas a la región grave introduce un pasaje a solo del timbal
de extrema dureza. Le sigue un segundo tema, que sólo funciona como enlace: coral de
flauta, trompas y el resto de las maderas sobre un ritmo de pizzicatos, casi idéntico al
tema segundo del Finale de la Séptima sinfonía de Bruckner. Tras él, gloriosamente, los
violines despliegan en fa mayor el llamado «tema de Alma». Mahler prescribe la repetición literal de esta exposición y tras ella se inicia el desarrollo basado en su comienzo
sobre el tema de marcha. En sucesión, escuchamos una imitación del «tema de Alma» y,
a renglón seguido, una de las suspensiones más misteriosas y evanescentes del autor: un
súbito paso del forte al pianissimo, en el número 21, sobre fondo de esquilas, trémolos de
los violines, acordes de la celesta y cuartas ascendentes de la flauta. El clarinete y el fagot
dibujan tenues motivos en medio del conjunto. De súbito retornamos al energico inicial
que desemboca directamente en la reexposición variada de los tres temas indicados. La
coda se construye sobre una variante del «tema de Alma» que culmina en una «triunfalización» del mismo, acaso exagerada en su resolución, como si una falta íntima de
convencimiento obligase a Mahler a aseverar dramáticamente su fe.
El Andante moderato, en mi bemol, se estructura igualmente sobre tres secciones
repetidas también tres veces. La primera cita textualmente, por medio de cuerdas y
trompa, la cuarta de las Canciones a la muerte de los niños: «Oft denk’ ich, sie sind nur
ausgegangen» (A veces creo que sólo han salido a dar un paseo). ¿Inconscientes presagios pesimistas? Es tan morboso como temerario pensarlo, y hay, acaso, que acogerse,
recatadamente, a la vecindad compositiva de la Sinfonía y el ciclo de canciones. La segunda sección parte de armónicos de las cuerdas, similares a los que abrían la Primera
sinfonía, matizados por notas de pedal de la flauta y un sencillo motivo en corcheas de
oboe y clarinete. La tercera sección, de carácter más dramático, presenta escalas sucesivas del arpa, largas melodías del clarinete y, como fondo, repiques de campanas en
la distancia, trémolos en pianissimo del timbal y etéreos ecos de triángulo y platillo. Par14
tiendo de una serena atmósfera contemplativa, el movimiento desemboca en la tercera
repetición de estas secciones, página de gran patetismo y recóndito temor ante el futuro.
El Scherzo, en 3/8, debuta sobre premisas rítmicas casi idénticas a las del primer movimiento (que volverán a repetirse en la mar¬cha del Finale). También aquí son tres las
secciones principales; la sucesión sería A-B-C-A’-B’-C’-A˝-B˝-C˝». El batir el timbal introduce un tema sarcástico, puntuado inexorablemente por la carcajada diabólica del xilófono. Según Alma, la segunda sección, a manera de trío, representaba a las dos hijas del
compositor: «Juegos arrítmicos en zigzag de dos niños sobre la arena». Mahler titula este
«cuasitrio» como Altväterisch (Patriarcal). Se trata de un leve tema, de carácter infantil,
dado por el oboe, y que presenta en sus 66 compases nada menos que 25 cambios de ritmo. La tercera sección se forma sobre una triple llamada ascendente de los clarinetes que
se vuelve a escuchar en el último movimiento. Las tres secciones se repiten, sucesivamente,
en tres ocasiones, combinándose segunda y tercera al final del movimiento.
Se llega así al monumental Allegro – Finale. En realidad, la partitura está construida
de tal manera que los tres movimientos precedentes parecen elaborados como simple preparación para este tremendo combate final. Hemos sentido en las tres páginas previas
el ambiente de vacío, temor y fatalismo que atormentaban al compositor; en el presente
movimiento, el «Héroe» decide levantarse y luchar contra el destino que le agobia. De esta
batalla desigual, sólo resultará el aniquilamiento y la destrucción. El esquema es el de una
forma sonata desarrollada: introducción, exposición, desarrollo, reexposición y coda.
Un pizzicato de las cuerdas, sobre un acorde de las trompas, abre camino a un espectral
arpegio de la celesta y el arpa. Acabamos de entrar en un cuadro tenebroso, enmarcado
por sombras y cruzado por insólitas figuras fantasmales. En este punto, el alma de Mahler
se nos revela extrañamente cercana a la figura de un H. P. Lovecraft. Una línea de los primeros violines, trasplantada de do mayor a la menor, introduce un pasaje fortissimo del
timbal, re-miniscencia de secuencia similar del primer movimiento. Una tuba wagneriana dibuja un inquietante motivo sobre las notas graves del arpa y los súbitos trémolos del
violonchelo. El motivo de los clarinetes en el Scherzo hace nuevamente aparición; campanadas en la distancia sobre notas negras del arpa y la celesta. Estamos en la Noche en el
Monte Pelado, sólo que al revés: las campanas que allí anunciaban el final del aquelarre
suponen aquí el comienzo del mismo. Las trompas intentan en vano construir un tema de
tinte optimista; hay frases incoherentes de las flautas y la trompeta; los vientos, marcato,
inician un coral de tintes lúgubres; tras él, un terrorífico fortissimo, siempre presidido por
los timbales.
Ahora, sobre notas descendentes del arpa, sólo se generan motivos abortados uno tras
otro, inanimados, incapaces de vida propia. Un nuevo fortissimo, y los violonchelos inician un ritmo de marcha similar al de los dos primeros movimientos: es el comienzo de
la ex¬posición; ésta, siempre dentro del ritmo de marcha, tiene tres temas básicos: el
15
primero es expuesto por las cuerdas con acompañamiento de la trompeta, el segundo,
Allegro energico, pasa de las trompas y trompetas a las maderas, y, más tarde, a las
cuerdas. Por fin, el con¬traste surge en el compás 191: un luminoso tema en re mayor
es confiado a las trompas en el que se reconoce al malogrado tema de la introducción.
Su eficacia es nula, el ritmo de marcha persiste implacable. El comienzo del desarrollo
trae nuevamente los sonidos lejanos de las esquilas y las campanas. Los violonchelos,
incansables, fuerzan el ritmo de marcha. Se inicia un crescendo, las arpas trazan escalas
a gran velocidad, oímos motivos ascendentes de las trompas y descendentes de los trombones. La modalidad parece querer hacerse mayor. Inesperadamente, en el núm. 129,
c. 336, irrumpe el primer golpe de martillo; las esperanzas se desvanecen. Comienza
un episodio trágico, violento, en fa menor. El ritmo vuelve a ser implacable. Una nueva
marcha cita casi textualmente Revelge, en una atmósfera agobiante, obsesiva. Por fin,
una nueva concesión al optimismo de la mayor inicia otro crescendo; como antes, el
destructivo golpe del martillo apaga las luces de nuevo, núm. 140, c. 479, y las cuerdas
desencadenan un motto perpetuo.
Tras estos esfuerzos impotentes, el núm. 143 inicia la reexposición, durante la cual se
vuelve a escuchar íntegra la introducción y la repetición variada de los tres temas principales. La coda vuelve a traer el comienzo del movimiento, con los arpegios del arpa y
la frase de los violines. En el punto en que éstos fijaban la tonalidad en la mayor, situaba
Mahler su, posteriormente borrado, tercer golpe de martillo (c. 783). La tuba y el trombón exponen sus motivos truncados. Las maderas graves entonan un fúnebre coral. Los
contrabajos evocan lentamente el ritmo de marcha. Un colosal fortissimo, inesperado ya,
ahoga todo intento de rebelión. La voz del timbal agoniza, con un acorde sostenido de las
trompetas que se extingue lentamente; por fin, un pizzicato grave.
Mahler, finalmente, había escrito su Sinfonía sin final feliz, su obra que acababa mal.
Era Gustav Mahler: ni sabía ni quería hacer las cosas a medias, y su Sinfonía oscura
terminó por ser la narración de una hecatombe, de una catástrofe. Todavía hoy nos
asombra y nos abruma la magnitud de la misma.
”
José Luis Pérez de Arteaga
Musicólogo e comentarista de Radio Nacional
16
Audicións e enlaces
A continuación preséntanse algunhas das gravacións máis famosas da sexta sinfonía
con diversos enlaces para escoitar e traballar audicións e tamén para consultar
datos biográficos máis concretos do autor.
17
*Consultas biográficas e
cronolóxicas:
http://www.mahler.cz/es/gm/
http://mahlercentennial.com/biografia.html
http://www.gustav-mahler.es/
*Versións
1.
Mahler Symphonie No 6 Bernstein
Wiener Philharmoniker, Unitel 1976
2.
Symphony No. 6 “Tragic” / Lorin
Maazel : Royal Concertgebouw Orchestra
3.
Mahler - Symphony n°6 - Klaus Tennstedt (live recording 1991)
4.
Dudamel - Mahler 8 “Symphony of a
Thousand” Part 1: Veni Creator Spiritus
5.
Mahler Symphony 7 Bernstein
6.
Grigory Sokolov plays Schubert Piano Sonata in A minor D 784 - live 2015
*Para consultas, artigos e referencias á Sexta Sinfonía:
http://ipromesisposi.blogspot.com.es/2015/06/mahler-6-sinfonia.html
http://gustavmahler.net.free.fr/symph6.html
http://www.bbc.co.uk/music/reviews/3zbd
http://www.theguardian.com/music/tomserviceblog/2014/jul/15/symphony-guide-mahlers-6th-tom-service
http://www.mahlerfest.org/mfXVI/notes_myth_reality.htm
http://www.telegraph.co.uk/culture/music/classicalmusic/7904110/Mahler-Year-Symphony-No-6.
html
http://www.bbc.co.uk/music/reviews/3zbd
18
4
ACTIVIDADES
Compara un dos movementos da Sexta Sinfonía a través das versións de
Berstein (1976) e Tennsted (1991). Que semellanzas e diferenzas atopas na
interpretación?
-Mahler Symphonie No 6 Bernstein Wiener Philharmoniker, Unitel 1976.
https://www.youtube.com/watch?v=PDYizOtNIYI
-Mahler - Symphony n°6 - Klaus Tennstedt (live recording 1991).
https://www.youtube.com/watch?v=DrhsSYhuoUQ
Escoita o inicio de Sexta de calquera das audicións propostas e o inicio da
Sonata La menor D.784 de F. Schubert (Sokolov). Existe algún material
temático en común na melodía e/ou no ritmo?
-Grigory Sokolov plays Schubert Piano Sonata in A minor D 784 - live
2015
https://www.youtube.com/watch?v=pinps0C3ixg
Indaga na rede e define os seguintes termos: sinfonía, sonata, squerzo, allegro ma non troppo, andante moderato, allegro energico, expresionismo,
postromanticismo.
Realiza un esquema sobre a estructura da forma sonata e do Squerzo. Que
movementos da obra se corresponden con cada estructura?
19
Propostas de debate.
•O papel do director nunha formación orquestral.
•Alma Mahler. Unha muller compositora a comezos do S.XX.
•Mahler director e o Mahler compositor. A partir do seguinte texto elaborade un debate por grupos argumentando en contra e a favor da descripción que se fai do Mahler director.
“Mahler, que odiaba tanto el ruido no deseado, expulsó a los clubes de
animadores de los cantantes, cortó los breves aplausos entre números,
obsequiaba con una mirada glacial a los asistentes a conciertos que no
dejaban de hablar y obligaba a los que llegaban tarde a esperar en el vestíbulo. Alguien oyó decir al emperador Francisco José, la encarnación de la
vieja Viena: «¿ Acaso es la música un asunto tan serio? Siempre he pensado que lo que buscaba era hacer feliz a la gente.»”
El ruido eterno. Escuchar el S. XX a través de su música. Alex Ross.(2009)
Indaga na web sobre algunhas das seguintes personaxes:
-Otto Wagner, Josef Hoffmann, Adolf Loos.
-Sigmund Freud e Arthur Schnitzler.
-Gustav Klimt, Kokoshka
-Thomas Mann, Friedrich Rückert.
Escolle algunha obra de Klimt ou Kokoshka e relaciónaa con algúns dos
movementos da obra. Argumenta a túa elección.
20
Elabora unha pequena crítica musical do concerto didáctico atendendo
aos diferentes aspectos, organizados da seguinte maneira:
1. Primeiro parágrafo:
- Que? [tipo de evento, características...]
- Quen? [Autores, intérpretes, tipo de público...]
- Onde? [Lugar, espazo...]
- Cando? [Data]
- Como? [Concerto aillado, forma parte dun ciclo, festival...]
- Por que? [Finalidade do concerto.]
2. Segundo parágrafo:
- Moi breve currículum do director e da orquestra.
3. Terceiro parágrafo:
- Interpretación, iluminación, vestiario, comprensión das explicacións,
desfrute...
Escoita os inicios da Sexta, Séptima e Oitava “Veni creator” e realiza un
breve comentario sobre as analoxías que atopas.
21
1. Que che pareceu o concerto?
_________________________________________________________
2. Entendiches a estructura da obra a pesar da selección de fragmentos?
_________________________________________________________
3. Que diferenzas atopache na instrumentación no concerto e nas gravacións?
_________________________________________________________
4. Cita tres elementos que te chamasen a atención. Explícaos.
_________________________________________________________
5. Cal cres que é a función do director? Cita a outros directores de orquestra que coñezas.
_________________________________________________________
6. Que plantilla ten a orquestra e en que se diferencia doutras formacións orquestais?
_________________________________________________________
7. Que outras obras de Mahler coñeces?
_________________________________________________________
8. Que foi o que máis che gustou e o que menos?
_________________________________________________________
9. Que cres que aportou esta experiencia á túa formación?
_________________________________________________________
10. Gustaríache repetir? Por que?
_________________________________________________________
22
5
BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA
MITCHELL, Donald (1975). Gustav Mahler Volume II: The Wunderhorn
Years: Chronicles and Commentaries. London: Faber and Faber. ISBN
0-571-10674-9.
NEUMAN, V. (2004): Los conciertos didácticos para escolares. Eufonía, 32,
pp. 17-28.
GROUT y PALISCA (1995): Historia de la música occidental II. Alianza
Música. Madrid. pp. 680-685.
PALACIOS, F. (1997): Escuchar. 20 reflexiones sobre música y educación
musical. Edicións Fundación orquesta filarmónica de Gran Canaria. Colección Sobre Música. Las Palmas de gran Canaria. pp.43-45.
PALACIOS, F. e PARRILLA, T. (2000): Organización e Didáctica de Concertos Escolares. As Palmas de Gran Canaria .
ROSS, Alex (2009): El ruido eterno. Escuchar al S. XX a través de su música.
Seix Barral. Madrid.pp. 19-54.
WILLEMS, E (1989): El valor humano de la Educación Musical. Eudeba.
Buenos Aires.
www.auditoriodegalicia.org
www.youtube.com
http://www.bbc.co.uk/music/reviews/3zbd
http://www.telegraph.co.uk/culture/music/classicalmusic/7904110/
Mahler-Year-Symphony-No-6.html
http://www.theguardian.com/music/tomserviceblog/2014/jul/15/symphony-guide-mahlers-6th-tom-service
http://www.mahler.cz/es/gm/
http://www.musee-orsay.fr/es/eventos/exposiciones/archivos/exposiciones-archivos/browse/1/article/gustav-mahler-27125.html?S=&cHash=68b11ad36e&print=1&no_cache=1&
23
Descargar