Idea orixinal: Raul Marinho Guión: Francisco José Abelleira Santos Correccións: Paulo Cundíns Portada: Debuxo Pedro J. Colombo - Cor Aintzane Landa Todos os dereitos reservados © 2015, da presente edición: 3pintamonas SL Receitas: Abastos 2.0 Fotografía: La DIAPO fotografía - http://ladiapo.wix.com/ladiapo Fotografía: Ramon Escuredo Gastrografia - https://gastrografia.wordpress.com ISBN: 978-84-943812-1-8 Depósito legal: C 371-2015 1.ª edición: Marzo 2015 3 pintamonas s.l. Rúa de Teo 48 v19 15704 Santiago de Compostela [email protected] www.3pintamonas.com twitter.com/3pintamonas facebook.com/3pintamonas pinta monas 3pintamonas.com Abastos Non lles vou a mentir: son comedor “militante”, gozo da comida e de case todo o que a rodea... Pero comezo a estarlle un pouco saturado da omnipresencia do “tema”. Novelas, contos, filmes, docu-dramas e concursos televisivos, seccións en diarios e revistas, guías gastronómicas, cociñeiros mediáticos... Cando Tirso Cons me propuxo escribir este prólogo pensei: “tiña que acontecer, o asunto, tarde ou cedo tiña que chegar ao cómic”. Tirso envioume o guión e lino dunha vez. Gustoume. Comecei a pensar que o meu cansazo, posibelmente, tiña algo de inxusto. Por unha banda, se o tema da gastronomía e a xente que cociña ocupa tanto espazo nos medios de expresión e de comunicación, é lóxico que o cómic non sexa unha excepción. Por outra, se o asunto alcanza esa presenza dominante será por algo máis que polas estratexias de mercado das distintas empresas. Será porque realmente é interesante para o público. Comecei a pensar en antecedentes. Non me porei moi exquisito, pero até o Quixote comeza contándonos o rexime de comidas de Alonso Quixano. Os referentes apiláronse sen orde e sen esforzo de memoria algún: “O festín de Babette”, todo un canto ao pracer da boa mesa. Os simplísimos spaghetti que Jack Lemmon escurría cunha raqueta de tenis en ”O apartamento”. Os milleiros de bodegóns da pintura universal. Os pratos dos que goza o comisario Montalbano. As “1080 receitas de cociña” de Simone Ortega, ou o “Picadillo” galego, ou “A cociña cristiá de occidente” ou tantos outros textos de Cunqueiro nos que a cociña é un elemento central. Ou os artigos e contos de Julio Camba. Os ovos fritos e os peixes de Miquel Barceló. Máis películas: “Xulia e Xulia”, “Tomates verdes fritos”, “Chocolat”, “Delicatessen”, “A Grande Bouffe”...”Ratatouille”!! Era suficiente!! Como non había de interesar o asunto ao público! É parte esencial da vida: nos humanos é, como o sexo, a sublimación dun instinto básico. E máis ca iso, comer é tan accesíbel que forma parte, mesmo, dos nosos recursos psicológicos. Acabamos comendo por ansiedade, por nerviosismo, por aburrimento, por exaltación. Non concibimos conmemorar algo sen comida polo medio. Viaxamos e, non poucas persoas, non entran a un museo ou cánsanse ao segundo día de visitaren monumentos, pero todos, absolutamente todos, comemos, e a grande maioría, antes ou despois, acabamos probando pratos típicos dos lugares que visitamos. Posibelmente esteamos nun momento de clímax, de exacerbación do interese por mor dun deses fenómenos colectivos que cada certo tempo se producen, como aliñación de planetas, e que fan que un tema específico acapare o interese de case todos. Cantos nomes de arquitectos, de pintores, de músicos “clásicos”, de escultores, de poetas, de científicos, de filósofos vivos cren que serían capaces de citar a maioría dos nosos concidadáns? E cociñeiros? Seguro que uns cantos máis. O máis probábel é que as cousas recuperen co paso do tempo una certa normalidade, a xente perderá o entusiasmo case incondicional por todo isto e os cociñeiros e cociñeiras veranse privados do glamour do que colectivamente gozan nestes momentos e retornarán á súa natural condición de mortais. Pero todos seguiremos comendo, interesándonos pola cociña, recomendándonos restaurantes, pasándonos receitas. E a comida e a cociña seguirán indisolubelmente entrelazadas en moitas das historias que contemos, da arte que cremos. 3 Raul Marinho, promotor da idea, Francisco José Abelleira, autor do guión, e Pedro J. Colombo, Víctor Rivas, Beatriz Igrexas e Sagar Fornies, nas imaxes, preséntannos en “Abastos” unha historia que, sen deixar de facer un retrato costumista deste momento socialmente complicado, evidéncianos esa relación fundamental e cotiá da cociña coa existencia diaria. Case todos os personaxes, nun momento ou outro, cociñan. E non o fan dunha maneira impostada, senón que forma parte natural das súas vidas. Na historia atopamos ingredientes abundantes que a converten en moito máis ca un libro sobre cociña. As bolsas eliminadas, a dependencia, os novos roles, a solidariedade, o esforzo de superación, están habilmente tecidos, sen estridencias, compondo un fragmento de relato colectivo moi próximo e identificábel. A maternidade e paternidades compartidas da criatura, a nivel visual, podería supor un problema pero, usando estilos diferentes, conviven e flúen sen crear conflitos e o conxunto é harmónico. O traballo de cor dixital, eficaz, dota ao libro de unidade, pois, tendo cada autor a súa maneira de resolver a cuestión, chegan a resultados acordes, con paletas suficientemente próximas para daren esa sensación homoxénea, na que comparten unha certa cotidianidade e un punto de nostalxia. “Abastos” é un menú de catro pratos equilibrado e saboroso, con notas levemente amargas, pero cunha dominante amábel e un retrogusto entrañábel. A mesa está servida. Bo proveito! Miguelanxo Prado 4 Esta historia está dedicada aos meus pais (teño moita sorte e son catro). Á que sempre me agarra e tira cara a adiante si ou si, Aintzane. A Iván Ferreiro. Grazas a Javi pola súa grande axuda na elaboración dalgunhas páxinas, debémosche unha importante. E grazas a Tirso, por contar comigo, polo seu saber facer e a súa comprensión, aínda que non foi tarefa doada. OUTONO DEBUXO: PEDRO J. COLOMBO COR: AINTZANE LANDA ASISTENTE: JAVIER NAVARRO www.pedrojcolombo.com 5 galiza, outono 2013. Silvia, ves ou non ves? VEÑA, VAI METÉNDOOS NA BOLSA, AÍNDA HAS PERDER O AUTOBÚS. MAMÁ, QUE ESAXERADA. FAS COMIDA PARA UN REXIMENTO! DÍGOCHO EU! A VER COMO LEVO TANTA COUSA NO BUS. LEVAMOS GORRO ATÉ DENTRO DA CASA. ESTÁMOSCHE BEN!! GÚSTACHE? É UN REGALO. 8 E LOGO NON ERA MELLOR QUE A COMIDA A FIXESE EU EN SANTIAGO? E DISO XA TE ENCARGABAS TI, OU? HAHA. SE NON FRITACHES UN OVO NA TÚA VIDA! ES MOI LISTA, TI. UN DÍA AÍNDA SE CHE HA DE ACABAR O CONTO. QUE ESTÁS A FACER? PESCADA. VOUNA FACER AO VAPOR... 9 HOSTIA, OUTRA VEZ!! 10 BOH, FIQUEI DURMIDO. NON ME ESTRAÑA. TES QUE DESCANSAR MÁIS. ESTOU BEN. 11 NON FAI FALTA QUE VEÑAS TODOS OS DÍAS. E COMO NON HEI VIR!! QUE FAGO EU NA CASA SE NON ESTÁS TI, EH? NON SEI, NON SEI. QUE TAL TE AMAÑAS? ESTÁS A COMER BEN? ESTOU FEITO UN COCIÑEIRO DE PRIMEIRA. ADEMAIS, XA LOGO CHE HAN DE DAR A ALTA, OU? BEN, TEÑO UNHA AXUDIÑA PEQUENA DOS DO RESTAURANTE. TEN BEN BO ASPECTO! É LOMBARDA? RECENDE. SABES SE USAN A AUGA DE COCER OS MEXILLÓNS PARA A ALLADA? LOMBARDA CON MEXILLÓNS. 12 SEGURO QUE SI. DÁLLE MOITO SABOR. E IREDES? CANDO É? UF, NON SEI SE PODEREMOS. XOVES TEMOS MOITA ENLEADA. ESTAMOS! DESPOIS NON VOS QUEIXEDES DA PRIVATIZACIÓN DO ENSINO, DOS RECORTES DAS BOLSAS, DA FALTA DE PROFESORADO, DE... QUE ESTOU A BRINCAR, HO! COMO NON HABEMOS DE IR? Á LOITA!!! 13 SI, VOS RIDE, NON SABEDES A QUE NOS VÉN ENRIBA. OES, CONTA CONNOSCO. EN SERIO. HOXE TAMÉN IMOS IR AO BOTELLÓN NA ALAMEDA. DAQUELA TEMOS DÚAS CITAS. MANDA NABO CO DISCURSO. AÍNDA HA DE IR PARA MINISTRO. ESPERO BEN QUE NON LLE FUXA TODA A FORZA POLA BOCA. E ASÍ FAN 10 EUROS. TEÑA UN BO DÍA. OLA, SEÑORA MARÍA. OLA, PEDRO. TES AS ROBALIZAS? 15 RECÉN PESCADAS DESTA NOITE. UNHA A UNHA, CON CANA. PARA A PRANCHA, NON SI? DEULLE UN ICTUS. HAI UNS DÍAS QUE NON VEXO Á MARISOL. ESTÁ TODO BEN? XA ESTÁ MELLOR. DE SEGURO QUE NUNS DÍAS XA ESTÁ POR AQUÍ DE NOVO. ESPERO BEN QUE SI. DÁLLE RECORDOS E AS MELLORAS. DA SÚA PARTE. 16 BUAH, QUE RESACA. QUE HORAS SERÁN? 17 HOSTIA, A UNHA. E A MIÑA NAI CHAMANDO ÁS NOVE DA MAÑÁ! ESTACHE BEN A COUSA. OLA. SI, ESTOU BEN. UN POUCO AFÓNICA. O FRÍO, XA SABES. NON, ESTABA NAS AULAS E TÍÑAO EN SILENCIO. QUE FOI LOGO? O QUE?? COMO, QUE...?? NON, NON FAGAS NADA. ESTA FIN DE SEMANA XA O VEMOS. UN BIQUIÑO, MAMÁ, E NON TE PREOCUPES. PASOU ALGO? PASOU, SI. DENEGÁRONME A BOLSA. E QUE VAS FACER? 18 E QUE HOSTIAS SEI! CAGO NA NAI QUE OS HOUBO DE...!!! BO DÍA, PEDRO, QUE TES PARA NÓS? 19 TÉÑOVOS UNHA PESCADA DO PINCHO ESTUPENDA. HMMM. PESCADA FIXEMOS HAI DÚAS SEMANAS. NON TERÁS LURAS? QUE É O TEMPO DELAS... NON TEÑO, NON. OS PESCADORES NON SABEN POR QUE, PERO NON CHE HAI LURA NINGUNHA. QUE RARO, SI. O QUE SI QUE ENTROU FOI XURELO. ACABAN DE CHEGAR UNS XURELIÑOS ESTUPENDOS ESTA MESMA MAÑÁ. XURELOS? VEÑA! PODEMOS FACER LOMBOS DE XURELO. FACEMOS UNHA TOMATADA E CUN CHORRO DE ACEITE VIRXE, PRONTO. TERÁS DABONDO PARA NOS SERVIRES TODA A SEMANA? TEÑO, TEÑO. ESTÁN A MATAR CAPACHOS ENTEIROS. XA VOLOS LEVO. 20 E AGORA? QUE HEI FACER CO PISO DE SANTIAGO? DILLES ÁS RAPAZAS QUE PROCUREN OUTRA COMPAÑEIRA. XA, HALLES FACER MOITO CHISTE. NON É XUSTO MAMÁ, EU TIÑAS AS CUALIFICACIÓNS PARA A BOLSA! MAIS CHISTE CHE FAI A TI DEIXARES DE ESTUDAR, NON SI? XA O SEI, MIÑA FILLA. ÉCHE O QUE HAI. O QUE NON PODE SER É MUDAREN AS NORMAS NO MEDIO DO XOGO! AS NORMAS NON AS FAGO EU. 21 PENSA QUE NON TEN PORQUE SER DEFINITIVO. SE CADRA O ANO QUE VÉN AS COUSAS CORREN MELLOR E PODES VOLTAR. VAN IR PARA MELLOR, VAN. ESTES O QUE QUEREN É QUE SÓ ESTUDEN OS SEUS FILLOS, COMA SEMPRE! E QUE HAS FACER. O SOLDO DO TEU PAI NON DÁ PARA MÁIS NADA, E SEN O DIÑEIRO DA BOLSA... SABES O QUE CHE DIGO, QUE COMIGO NON HAN PODER! HEI BUSCAR TRABALLO E ESTUDAREI CANDO POIDA. SILVIÑA, HAI 6 MILLÓNS DE PERSOAS NO DESEMPREGO. POIS ... NON É XUSTO, MERDA, NON É XUSTO. A VER COMO LLO DIGO A ESTAS AGORA. 22 QUE MERDA. XA SEI QUE VOS DEIXO TIRADAS. SÍNTOO MOITO. DICÍA POR TI. NOSOUTRAS HABEMOS AMAÑAR. PONDE UN ANUNCIO PARA PARTILLAR. OS ERASMUS ESTÁN A CHEGAR AGORA E DE SEGURO QUE APARECERÁ ALGUÉN. E NON HABERÁ NADA QUE POIDAS FACER? HOSTIA, SERVIRES COPAS, REPARTIRES PUBLICIDADE. EU QUE SEI! COÑEZO UNHA RAPAZA QUE TRABALLA ASISTINDO EN CONGRESOS. SE CADRA... O PROBLEMA É QUE TANTO COMO SUBIRON AS TAXAS NON ME CHEGA NIN PARA PAGAR A MATRÍCULA. MELLOR É ASUMILO. TEDES QUE BUSCAR OUTRA COMPAÑEIRA. 23 E SE PAGARES EN DOUS PRAZOS? ESTE MES XA O TES PAGO. ASÍ QUE AÍNDA ESTAMOS EN TEMPO PARA PENSARMOS NUNHA SOLUCIÓN. SI? OLA, FILLO, COMO ESTÁS? NON, NON. ESTABA ACORDADO Á ESPERA DA TÚA CHAMADA. QUE?! ACABO DE VER NO TEMPO QUE CHOVE AÍ NAS CANARIAS! ISTO NON É CHOVER NIN É NADA. NIN SE NOTA. OES, QUE CHE DIXERON NO HOSPITAL? POIS NON MOITA COISA. DISQUE MAL NON VAI, QUE HABEMOS TER PACIENCIA. ISO É BO, NON É? CAMIÑA XA? QUE HA DE CAMIÑAR!! NON SE ERGUE DA CAMA!! NIN CON AXUDA, SEQUERA? NON, FILLO, NON. MEDIO CORPO NON O MOVE. OS MÉDICOS DIN QUE SE CADRA RECUPERA UN POUCO MÁIS, NON CHE SEI.... 24 XA VEXO... POIS EU PENSABA QUE HABÍA DE IR MELLOR E QUE XA LOGO LLE DABAN A ALTA. POIS PARÉCEME QUE AÍNDA VAMOS TER UN TEMPIÑO DE MÉDICOS. E TI, COMO ESTÁS? QUE TAL DE SOLTEIRO? LEVABAS 35 ANOS SEN ESTARES SÓ NA CASA! SÓ, NUNCA VIVÍN. PASEI DA TÚA AVOA Á TÚA NAI. DECOTE VIXIADO. HAHA, QUEIXARASTE, QUE TAN BEN TE TRATARON. ABOFÉ, FILLO, ABOFÉ. BEN ME DECATO DE TANTAS COUSAS QUE FAI A TÚA NAI ADEMÁIS DAS DO MERCADO. PAPÁ, ESTÁS AÍ? ESTOU, FILLO. ESTABA A PENSAR. OLLA, CANDO VÉS? UNHA APERTA, PAPÁ. NON, HO, NON. DEIXA ESTAR. TEÑO MUITA VONTADE DE TE VER. CÓIDATE, MEU FILLO. NON CHE SEI, PAPÁ. AGORA AS COUSAS NON ESTÁN MOI BEN POR AQUÍ E NON QUERÍA PEDIR DÍAS LIBRES. PERO SE PRECISAS QUE VAIA... DÁ CONTA DA PAREDE, SILVIA. QUE SUSTO! CANTO TEMPO LEVAS AÍ? CHEGUEI AGORA. DIRECTA DA CASA DA ROCÍO. NON SABÍA QUE TÍÑADES TRATO. DAQUELA? E MÁIS NON TEMOS. 26 VAI SER A NOSA NOVA COMPAÑEIRA DE PISO. MÚDASE MAÑÁ. AH. NON TE PREOCUPES, HOXE XA LEVO TODO. NON O LEVES MOI LONXE... … QUE ELA AO FINAL NON VÉN. … E VAI E DIME: “OES, QUE TEÑO UNHA PROPOSTA PARA CHE FACER” NON CHE ENTENDO NADA. ALÍ? NO MEDIO DO SUPER? ALÍ MESMO, QUE QUERE ALUGAR UN CUARTO. E EU DÍGOLLE QUE NON PODEMOS, QUE ESTAMOS COMPLETAS. E NON VIVÍA CO MOZO? 27 E VAI VIVIR. PERO PRECISA DUNHA FACHADA: NOSOUTRAS TEÑO QUE DICIRLLES AOS MEUS PAIS QUE FICO. HOSTIA, ESTA É BOA. DAQUELA PAGA O CUARTO E NON O USA. É ISO!!! SEGURO QUE ESE TRABALLO CHE VAI DAR PARA PAGARES O PISO? SI, SI. ADEMÁIS, HEI SERVIR COPAS UN PAR DE DÍAS Á SEMANA NUN PUB DA ZONA NOVA. 28 AI, MIÑA FILLA!! TRABALLAR Á NOITE... NON TE PREOCUPES, MAMÁ. SOMOS VARIAS E DESPOIS VAMOS TODAS XUNTAS E PARTILLAMOS UN TAXI. NON SEI. SON MOITAS COUSAS. TI QUE DIS? ESE É O PROBLEMA. O PRIMEIRO PRAZO VENCE AGORA, E COA SUBIDA DAS TAXAS SON MÁIS DE 300€. CANTO!? NON TEMOS TANTOS CARTOS, SILVIÑA. A MATRÍCULA? E ALGO SE HA PODER FACER, OU? NON VAI PODER SER. RESÍGNATE. O ANO QUE VÉN XA VEREMOS COMO ESTÁ A COUSA. NON ME PENSO RESIGNAR! NON VOU DEIXAR QUE ESES CABRÓNS CONSIGAN O QUE QUEREN! 29 FILLA, HAN VIR TEMPOS MELLORES. VAS VER. NON, MAMÁ. NUNCA HAN VIR TEMPOS MELLORES SE DEIXAMOS QUE NOS ASOBALLEN. POIS SÍNTOCHO BEN. GUSTARÍAME DARCHE UNHA VIDA MELLOR, PERO É O QUE HAI! 30 OLA PEDRO. QUE FOI? MARISOL ESTÁ BEN, NON ESTÁ? …QUE É ISTO? ESTÁ, ESTÁ, NON PASA NADA, É SÓ QUE... ... TÓCANCHE. AS ESCADAS... A LIMPEZA, PEDRO. NA ÚLTIMA XUNTANZA DECIDIMOS QUE PARA AFORRAR HABÍAMOS LIMPAR AS ESCADAS NÓS, CADA SEMANA UN PISO. QUE ME TOCA O QUE? 31 AH! POIS NON SABÍA. DEIXA ESTAR QUE NON PASA NADA. E SE PRECISARES DALGUNHA COUSA, AVISA. AH, E DARASLLE RECORDOS Á MARISOL. DILLE QUE NA FIN DE SEMANA FAREI POR IR VELA. AI, PORQUE A QUE VÉN ÁS XUNTANZAS É A TÚA MULLER. E TAMÉN A QUE LIMPA. TRAE PARA AQUÍ, ACOUGA, ESTA SEMANA XA CHO FAGO EU. 32 NON PENSO RENDIRME, MAMÁ. ESPERO BEN QUE NON. XA SABES, UN POUCO DE AQUÍ, UN POUCO DE ACOLÁ. CADA MES POÑO ALGO DE PARTE, POLO QUE POIDA PASAR. NON LLE DIGAS NADA AO TEU PAI. PÓDESE? 33 DESCULPA, PAPÁ. NON QUERÍA BERRARCHE. E PELEXA CANDO TEÑAS QUE PELEXAR. ACOUGA, MIÑA FILLA. BERRA CANDO TEÑAS QUE BERRAR. RESERVARA PARA TERLLE UN DETALLE Á TÚA NAI POLO ANIVERSARIO. 20 ANOS ATURÁNDOME, BEN MERECEN ALGO ESPECIAL. GRACIÑAS, PAPÁ. DÁLLAS Á TÚA NAI, QUE VAI TER QUE ESPERAR OUTROS 20 ANOS POLO SEU REGALO. SILVIÑA! ESTOU ORGULLOSO. EI, PEQUERRECHO. QUE FOI? 34 NON, É SÓ QUE... ESTABA A AFORRAR PARA COMPRAR UN VIDEOXOGO. MOITAS GRAZAS. PERO NON FAI FALTA. XA AMAÑO. EU QUERO QUE ESTUDES! E ISO FAREI. ESTUDAREI MOITO. PERO GARDA OS CARTIÑOS. 35 ARRE CA... UNHA “NOZ” DE MANTEIGA! CANTO É UNHA “NOZ”? NON PODÍAN PÓR AS CANTIDADES CERTAS... NON. CORTAMOS OS FIGOS POLA METADE E PÓMOLOS NA TIXOLA CUNHA CULLERADA DE AUGA. VAI SER MELLOR QUE FAGA ALGO MÁIS DOADO. SI, QUERÍA UNHA PIZZA CON QUEIXOS. 36 ESTA VALE? POIS SER, NON CHE É TAN COMPLICADO. VALE. É BOLETUS. HOXE TES SORTE PORQUE HAI MOITAS. BEN PODES PASAR O DÍA TODO ENCORVADA BUSCA QUE BUSCA E NADA. VOU VENDELAS. E QUE VAS FACER CON ELAS? SI, MULLER, FAGO UN CALDIÑO COS RESTOS DOS COGOMELOS. SALTEO OS BOLETUS E ENGADO AS FABAS COCIDAS E O CALDIÑO. AH, QUE HÁBIL. PENSABA QUE ÍAS COCIÑALAS PARA MIN. SABÉNDOO NON CHE AXUDABA. XA CONTROLAS, EH? ES TODO UN EXPERTO. PODEMOS DEIXAR UNHAS POUCAS PARA NÓS. FAREINAS CON FABAS. PARÉCECHE? OES, E COMO VAS CO CHOIO? APARECE ALGO? BAH. SIRVO COPAS, REPARTO PUBLICIDADE. PERO SE NON ENCONTRO ALGO MÁIS ESTÁBEL, LÉVOA CLARA. SEI DUN RESTAURANTE NO QUE PRECISAN UN “ENTREFOGÓNS”. 37 QUE PRECISAN O QUE? EU NON SEI COCIÑAR. UN COCIÑEIRO! SONCHE MEDIO RAROS. NON ES TI QUEN VAI FACER O RIDÍCULO. E ESTA QUE? ESA ÍMOLA COMER. VAS FLIPAR. LITERALMENTE. ESTÁ BOA? 38 QUE MÁIS TEN. TI VAI, QUE NUNCA SE SABE. OES, PODES FACERME UN FAVOR.? É QUE FIQUEI SEN CORNETES. GÁÑASE MOITO REPARTINDO PUBLICIDADE? NIN PARA CASTAÑAS. POIS DAQUELA VOU TER QUE DISCURRIR OUTRA COUSA, PORQUE O TEMPO DAS CASTAÑAS ACABA. 39 40 Good ‘galician’ times, good ‘galician’ friends… É unha das imaxes que desembocan nun pensamento directo: Galiza. Falo do Mercado de Abastos de Santiago. Non pasou tanto tempo desde que o visitei por primeira vez, pero ficou gravado na miña cabeza como a imaxe perfecta de Galiza, se cadra coa sensación de estar antes alí e coa seguranza sempre de que había voltar. Ou iso espero. Esa primeira vez foi en agosto de 2012. Como parte das miñas ferias, pasei catro días entre Ferrol, Mugardos, Pontedeume, O Grove e Santiago, con amigos e visitando a amigos, que levaban tempo pregoando as marabillas da súa terra. Entre os obxectivos, un cento por cento compostelán: comer no Abastos 2.0. Iago e Marcos, os seus “ideólogos”, coñecinos o inverno anterior en Madrid. É imposíbel non querer uns personaxes que conseguiron tanto en tan pouco tempo, a base de cumprir soños de forma honesta, algo co que me sentín e, agora máis que nunca, me sinto identificado. Por iso, era inimaxinábel pisar esa cidade de pedra (que, de verdade, impón e marabilla) sen pór un pé en Abastos 2.0. Lembro os detalles que precederon a aquela comida. Cheguei a Santiago pola tarde; viña para comer no Culler de Pau (no Grove); deixei as cousas nun hotel á beira do mercado, no que fiquei a durmir e lanceime ás rúas. Despois de todo, era un anoitecer de agosto. Na Praza de Cervantes (lembrar o nome supuxo un exercicio memorístico para min), había un concerto. A pedra retumbaba. Imaxineime vivindo nunha das bufardas desas casas de pedras con galerías acristaladas. Nada parecía imposíbel nesa cidade de pedra. Despois, cea en Casa Marcelo. E, entre medias, un par de visitas fugaces no Abastos 2.0. Que facían esa cuadrilla de tolos mudando as regras de xogo do mercado gastronómico compostelán e galego?, preguntábame. Ao día seguinte, o plan seguía. Os galegos parecen tranquilos, pero son hiperactivos. Pasei polo Abastos; e, ao me ofreceren un bolo de azucre e manteiga ou, no seu lugar, a tortilla de patacas da “comida da familia”, volvéronme deixar claras as regras da hospitalidade galega. Se en Galiza, dis “non”, ofrécenche o dobre ou o triplo até daren coa fórmula para te contentar. A ruta continuaba. E, antes de comer ao mediodía o que Marcos e Iago nos prepararon, tocou, entre outras cousas, unha visita ao mercado. Impactante... Os seus pavillóns dedicados ao mar eran como boutiques de luxo cun peixe e marisco insultantemente fresco; coa horta galega exposta en mostradores e en cestas; con pans espectaculares en exposición; con ese polbo cocido en directo... Aquelas vendedoras cantando unha auténtica “comanda” de pezas chegadas de diferentes portos galegos convertíanse, por un momento, no hipotético aliado perfecto do cociñeiro que nunca deixo de ser, estea ou non traballando. Recordo claramente os cheiros e cores do Mercado de Abastos e, cando lin e relín a historia plasmada neste cómic-receitario, volvín revivir eses días, cunha idea clara: Galiza é unha terra afortunada, que ten a despensa coa que calquera cociñeiro soñará seguro, polo menos, unha vez na súa vida ou, máis ben, poida que moitas veces. En paralelo a esa despensa, vexo o que fan os meus colegas galegos: grandes chefs que reivindican desde a óptica da cociña contemporánea a súa terra e o seu mar, mentres traballan estreitamente con produtores e pescadores. Son cracks. 41 En Galiza, non parou de chover naqueles catro días. Non parecía agosto, pero os meus amigos galegos aseguraban que, en calquera momento, estariamos “asándonos” de calor na praia, mentres lucían o seu moreno, por suposto, vinculado a un microclima que eu sigo pondo en dúbida para amolalos. E, si, si, non paraban de repetir: “Vai abrir”. Pero non abría, seguía nubrado ou a chover. Aquilo foi anécdota; foron uns días espectaculares. Comín xenial, tratáronme xenial, acolléronme xenial... Transmitíronme os seus costumes tan “enxebres”, mostráronme os seus produtos, contáronme historias... Rimos moito. Tamén nos empachamos: os galegos son teimudos e as galegas un pouco “meigas”, así que rematas rendéndote aos seus plans gastronómicos. E, por riba, contáxiante de “morriña”. Foron grandes días. Despois, volvín varias veces a Galiza, case sempre por traballo. Nun par de ocasións, a Santiago e, por suposto, volvín peregrinar ao Mercado de Abastos e a ver a Iago e Marcos. Volvo rescatar cheiros do mercado e da cociña galega. É a peregrinaxe obrigada, a miña peregrinaxe, unha especie de “cordón umbilical” co que me sinto ligado a unha terra, unha cociña e uns produtos, que tamén me inspiraron nalgún momento para facer algún prato novo. Desde Galiza, tamén chegará en breve o primeiro viño propio de DSTAgE, o proxecto persoal que se xestou case en paralelo a este cómic por unha simple coincidencia temporal. Cando me pediron escribir este prólogo, era un proxecto en preparación; agora, que se publica, xa é o meu restaurante, a miña casa propia en Madrid. Así que algo de sorte mutua quizais podamos darnos entre cómic gastronómico e espazo gastronómico. En todo caso, agradezo a oportunidade de introducir unha obra na que se fale do Mercado de Abastos de Santiago. Si, claro, espero seguir volvendo alí; seguro que a próxima vez loce o sol. E, seguro, volverei ver esa pedra compostelá do mercado en directo ou en foto ou “en texto” e seguirei pensando que iso, exactamente iso, é, para min, Galiza. Good “galician” estafes, good “galician” friends... Diego Guerrero, cociñeiro e dono de DSTAgE, aberto en Madrid 1 de xullo de 2014 e cunha estrela Michelin desde novembro dese ano. 42 Recetario BY ABASTOS 2.0 43 Navalla & mar 8 NAVALLAS · GOMA XANTANÁ · LIMÓN Paseo polo mercado. Seleccionamos navallas frescas de bo tamaño. Envasamos ao vacío e cocemos ao vapor a 65 graos 10-12 minutos segundo o tamaño, arrefriamos rapidamente. Se non podemos cociñar as navallas desta maneira, abrímolas na grella tendo tento de non perdermos o líquido interior da navalla. Separamos da cuncha gardando o líquido da cocción. Pesamos e batemos coas varelas intensamente a xantaná usando unha proporción de 2 mg por cada 100 ml de líquido de cocción. A textura resultante debe ser similar a un xel. Navalla + xel de mar (auga de navalla) + limón relado. 44 Sargo sashimi 800 G. DE SARGO · 3 LIMAS · 1 CEBOLA VERMELLA · CILANTRO · JALAPEÑOS ACEITE · SAL Paseo polo mercado. Botámoslle o ollo a uns lindos sargos de quilo. Limpamos totalmente retirando a pel e máis as espiñas. Cortamos os lombos en catro e á súa vez estes en anacos de 2 mm de ancho mantendo a forma do lombo. Mariñamos con zume de lima dous minutos, cebola vermella, cilantro, jalapeño, aceite e sal. Servimos nunha bandexa e acompañamos de media botella de viño. A outra media xa a bebemos durante a preparación. Feito. 46 Tartar de vaca 300 G DE LOMBO DE VACA · 1 CEBOLIÑA · 1 CEBOLA VERMELLA · GUINDILLAS 4 OLIVAS NEGRAS · 8 ALCAPARRAS · CEBOLIÑO 1 CULLERADA DE MOSTAZA EN GRAN · 1 XEMA DE OVO ACEITE DE OLIVA VIRXE EXTRA · SAL · PEMENTA · TORRADAS OU MARIÑEIRAS Picamos cortando a coitelo un lombo de vaca galega. Preparamos unha picada de ceboliña, cebola vermella, guindilla, oliva negra, alcaparra e ceboliño. Engadimos mostaza en gran. Mesturamos todo e engadimos a xema de ovo e aceite virxe extra. Traballámolo pondo a punto de sal e pementa. Servimos acompañado dunhas torradas ou dunhas Mariñeiras. 48