LUNES, 6 DE JUNIO DE 2016 Nº 129 EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SECCIÓN DE ACTAS Anuncio Informada pola Comisión de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas en sesión celebrada o día trinta e un de maio de dous mil dezaseis, a Conta Xeral do Orzamento da Excma. Deputación Provincial e da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, correspondente ao ano 2015; exponse ao público na Secretaría da Excma. Deputación Provincial, xunto cos documentos que a acompañan, por espacio de quince días, durante os cales, e oito máis, os interesados poderán presentar reclamacións, reparos e observacións á mesma, de conformidade co art. 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. Lugo, un de xuño de dous mil dezaseis.- O PRESIDENTE, Darío Campos Conde. O SECRETARIO, Manuel Castiñeira Castiñeira. R. 1613 Anuncio Aprobada inicialmente polo Pleno desta Corporación en sesión ordinaria celebrada o día trinta e un de maio de dous mil dezaseis, a Ordenanza de uso da Língua Galega na Deputación de Lugo, exponse ao público na Secretaría desta Entidade Provincial, durante o prazo de trinta días, dentro dos cales os interesados poderán examinar o expediente, e presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunos, de conformidade co sinalado no art. 49 da Lei 7/85, de 2 de Abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Lugo, un de xuño de dous mil dezaseis.- O PRESIDENTE, Darío Campos Conde.- O SECRETARIO, Manuel Castiñeira Castiñeira. R. 1614 CONCELLOS ALFOZ Anuncio Información pública Aprobado por Decreto da Alcaldía, do 25 de maio de 2016 os seguintes padróns correspondentes ao primeiro trimestre de 2016: ♦ Padrón da taxa polo abastecemento de auga, no que se inclúe o canon de auga e taxa de vertedura ♦ Padrón da taxa por recollida de lixo De conformidade co disposto na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, O Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, e as ordenanzas reguladoras correspondentes, exponse ó publico polo prazo de quince días contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo, a efectos de exame e reclamacións. Fixase o período de cobro en voluntaria dende o 6 de xuño ata o 5 de agosto de 2016, ámbolos dous inclusive. 2 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo A falta de pagamento no período voluntario, pasarase ó seu cobro pola vía de constrinximento, coas recargas previstos no artigo 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo. E canto ao canon da auga e taxa de vertedura, a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia Recurso; Contra o acordo de aprobación dos padróns de abastecemento de auga e recollida de lixo poderá interporse recurso de reposición. O prazo de presentación será un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns ante a Xunta de Goberno Local. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdición. A repercusión do canon da auga e taxa de vertedura poderá ser obxecto de reclamación económicoadministrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de un mes dende que se entende producida a notificación A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria Alfoz, 25 de maio de 2016.- O Alcalde, Jorge Val Díaz R.1599 BALEIRA Anuncio RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.Tendo previsto ausentarme do Termo Municipal de Baleira dende o día 27 ó 29 de maio do 2016 ( ambos incluídos), de conformidade co regulado nos artigos 23.3 da Lei 7/1985, do 02 de abril Reguladora das bases de réxime local , artigo 63 da Lei 5/1997 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e artigo 47 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro , polo que se aproba o Regulamento de organización , funcionamento e réxime xurídico das entidades locais RESOLVO: - Delegar a totalidade das funcións desta Alcaldía ,ós efectos de que me sustitúa durante o devandito período ( do 27 ó 29 de maio do 2016, ambos incluídos ), no Primeiro Teniente de Alcalde D. Alberto Núñez Fernández . - Publicar Concello. a presente Resolución no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Taboleiro de Edictos do - Dar conta da presente Resolución á Corporación Municipal en Pleno. - Notifíqueselle o interesado. Baleira, 26 de maio do 2016.- O Alcalde, Angel Enrique Martínez-Puga López. R. 1600 Anuncio Habendo quedado aprobado definitivamente o Orzamento municipal para o exercicio económico 2016, según o acordo adoptado na sesión plenaria extraordinaria celebrada o día 03 de maio do 2016, en cumprimento do disposto no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, faise público que dito orzamento ascende, tanto en gastos como en ingresos, á contía de UN MILLON CENTO TRECE MIL NOVECENTOS CORENTA E UN EUROS CON TRINTA E OITO CENTIMOS (1.113.941,38 €), correspondendo a cada capítulo as cantidades que a continuación se expresan, según o seguinte detalle: ESTADO DE GASTOS Capítulo. Importe A) OPERACIÓN CORRENTES 1.- GASTOS DE PERSOAL 478.850,00 2.- GASTOS EN BENS CORRENTES E SERVIZOS 317.500,00 3 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 3.- GASTOS FINANCIEIROS B.O.P de Lugo 4.000,00 4.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 27.200,00 TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES 827.550,00 B) OPERACIÓNS DE CAPITAL 6.- INVERSIÓNS REAIS 286.391,38 7.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 0,00 8.- ACTIVOS FINANCIEIROS 0,00 9.- PASIVOS FINANCIEIROS 0,00 TOTAL OPERACIÓNS DE CAPITAL 286.391,38 TOTAL ORZAMENTO DE GASTOS 1.113.941,38 ESTADO DE INGRESOS Capítulo Importe A) OPERACIÓNS CORRENTES 1.- IMPOSTOS DIRECTOS 190.955,00 2.- IMPOSTOS INDIRECTOS 15.500,00 3.- TAXAS E OUTROS INGRESOS 119.000,00 4.- TRANSFERENCIAS CORRENTES 598.965,00 5.- INGRESOS PATRIMONIAIS 2.200,00 TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES B) 926.620,00 OPERACIÓNS DE CAPITAL 6.- ENAXENACIÓN DE INVERSIÓN REAIS 5.500,00 7.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 181.821,38 8.-ACTIVOS FINANCIEIROS 0,00 9.- PASIVOS FINANCIEIROS 0,00 TOTAL OPERACIÓNS DE CAPITAL 187.321,38 TOTAL ORZAMENTOS DE INGRESOS 1.113.941,38 Na referida sesión tamén se acordou aprobar o plantel de persoal desta Corporación para o exercicio 2016, que, de acordo co preceptuado no artigo 127 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, reprodúcese a continuación: A) FUNCIONARIOS Denominación Secretario-Interventor Técnico de gestión de Administración general Traballadora Social Auxiliar Administrativo Operario conductor Ayudantante de Servicios múltiples Alguacil-Celador de obras y servicios Nº 1 1 Grupo A1/A2 A2 Escala H. nacional Adm. General Subescala Secreta.-Interv. Gestión C.D. 24 16 Situación O O 1 1 1 1 A2 C2 C2 E Adm. Especial Adm. General Adm Especial Adm. Especial Técnica Auxiliar Serv. Especiales Serv. Especiales 16 13 14 11 O O O O 1 E Adm. Especial Serv. Especiales 11 O B) PERSONAL LABORAL TEMPORAL Denominación Servicio de Limpieza Cuidador Albergue Encargado Centro Interpretación Auxiliar de Axuda a domicilio Socorrista Nº de Plazas 2 1 1 8 1 4 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo FACTURAS ELECTRÓNICAS: Así mesmo, nas bases de execución do orzamento aprobado para o exercicio 2016, de conformidade co disposto na Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica, exclúese da obriga de presentar vía electrónica a través da plataforma FACE -punto xeral de entrada de facturas electrónicas do Estado ó que está adherido este Concello de Baleira- para as facturas que teñan un importe ata cinco mil euros (5.000,00 €), impostos incluídos. Contra a aprobación definitiva do orzamento, de conformidade co disposto no artigo 171.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses que se computarán desde o día seguinte ao da publicación deste anunico no Boletín Oficial da Provincia. Baleira, 1 de xuño de 2016.-O Alcalde, Ángel Enrique Martínez-Puga López R. 1615 BÓVEDA Anuncio En cumprimento de canto dispón o artigo 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas, exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2015, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis os que se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes. Bóveda, a 30 de maio de 2016.- O ALCALDE-PRESIDENTE, José Manuel Arias López R. 1601 O CORGO Anuncio Por resolución da Alcaldía do día 31 de maio de 2016 aprobáronse as bases que de seguido se transcriben: BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR. PRIMEIRA.-OBXECTO E NORMATIVA APLICABLE A presente convocatoria ten por obxecto a selección de candidatos para a formación dunha bolsa de emprego para auxiliares de axuda a domicilio para futuras contratacións segundo as necesidades do serviz. O presente procedemento selectivo servirá de bolsa de emprego para futuras contratacións e para cubrir necesidades de organización do Servizo de Axuda no Fogar tales como vacacións, incapacidades laborais transitorias, substitución de persoal con dereito a reserva do posto de traballo, acumulación de tarefas, etc., válida ata o 31 de decembro de 2018. As contratacións de persoal desta bolsa de emprego estarán sempre vinculadas á financiación da Comunidade Autónoma ou doutras entidades públicas. O procedemento selectivo regularase polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido nas seguintes disposicións: R.D legislativo 5/2015, do 30 de outubro, en el que se aprueba el texto refundido de la Ley do Estatuto básico do empregado público (en sucesivas citas EBEP); na Lei 30/84, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública (naquelas disposicións ainda vixentes e que sexan básicas); na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real decreto legislativo 781/1986, de 13 de xuño (naquelas disposición básicas); na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia; no Real decreto legislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei da función pública de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; Con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección do persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no que non se opoña a LEI 2/2015, do 29 de abril , do emprego público de Galicia,Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do estado e demáis disposicións aplicables. 5 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo SEGUNDA.- FUNCIÓNS. O cometido funcional será o establecido no Decreto 99/2012, de 26 de marzo, pola que se regulan os servicios comunitarios e o seu financiamento e Art. 4 da Orde do 22 de xaneiro de 2009, polo que se regula o servizo de axuda no fogar. TERCEIRA.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES Para participar nas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, e deberán manterse durante todo o proceso selectivo: a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do EBEP, ou nacionais de Estados membros da Unión Europea ou calquera que sexa a súa nacionalidade, aos cónxuxes dos españois e dos nacionais de estados membros da UE, nos termos do Art. 57 do EBEB. b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. c) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. e) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de Celga 3 (ou o curso de iniciación, nos termos establecidos na disposición adicional 1ª da Orde de 16 de xullo de 2007). Non obstante, no caso de non poder acreditar este título, poderase acreditar no primeiro exercicio do sistema selectivo que se indica na cláusula seguinte. f) Estar en posesión do permiso de conducir da categoría B e dispoñer de vehículo. g) Certificado de estudios primarios ou de escolaridade. h) Estar en posesión do título de formación profesional de grado medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real Decreto 496/03, de 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente. CUARTA.- SISTEMA SELECTIVO O proceso de selección consistirá na realización dunhas probas selectivas e un concurso de méritos (concurso-oposición): 1º EXERCICIO: obrigatorio para aquelas persoas que non poidan acreditar o coñecemento de galego no nivel CELGA 3 (ou o curso de iniciación), nos termos establecidos na disposición adicional 1ª da Orde de 16 de xullo de 2007. Os candidatos que se atopen na circunstancia anterior deberán realizar un exame consistente en traducir un texto sen dicionario, elixido libremente polo tribunal, do castelán ao galego. Esta proba terá unha duración de 20 minutos. Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto. 2º EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá nunha proba escrita, tipo test de 40 preguntas, a desenvolver en 40 minutos, con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, sobre o contido do programa especificado na convocatoria que figura no anexo II. Cada resposta correcta sumará 0,60 puntos. As preguntas non contestadas ou contestadas incorrectamente non restarán. Para superar este exercicio será necesario acadar un mínimo de 12 puntos e puntuará ata un máximo de 24 puntos. 3º.- CONCURSO DE MÉRITOS: - Valorarase a experiencia en postos de traballo de Auxiliar de Axuda no Fogar, desempeñado nesta Administración Pública, ata un máximo de 15 puntos, a razón de 0,10 puntos por mes completo traballado. - Valorarase a experiencia en postos de traballo de Auxiliar de Axuda no Fogar ou similar, desempeñado noutra Administración Pública, en empresas públicas ou Consorcios derivados de convenios de colaboración, e en empresas privadas ata un máximo 10 puntos, a razón de 0,10 punto por mes completo traballado. Entenderase por mes completo traballado 30 días naturais. Se os candidatos acreditasen días naturais soltos de traballo, como consecuencia de diversos contratos ou servizos prestados, estes sumaranse ata acadar 30 días naturais (1 mes completo). Se sobrasen días cuxa suma non chegue a 30 días naturais, desprezaranse na puntuación. 6 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo Entenderase por posto de traballo similar aqueles que teñan por finalidade o coidado de persoas da terceira idade ou dependentes, como por exemplo, os desenvolvidos en centros de día ou residencias da terceira idade, etc. Só computarán os méritos acreditados na data de finalización de presentación de solicitudes. - Pola realización de cursos de formación relacionados co posto de traballo a desempeñar (non se valorará máis dun curso con igual contido), ata un máximo de 4 puntos: De menos de 10 horas: 0,10 puntos/ curso. De 11 a 50 horas lectivas: 0,50 puntos/ curso. De 51 a 100 horas lectivas: 1,00 puntos/curso De máis 100 horas lectivas: 1,50 puntos/curso A puntuación total virá determinada pola obtida no segundo exercicio máis a obtida no concurso de méritos. Poren, os méritos só puntuarán se se supera o exercicio teórico. No caso de empate nas puntuacións finais (concurso + oposición) entre dous o máis candidatos, desempatarase co candidato que teña máis servizos prestados neste concello. O tribunal elevará proposta de bolsa de emprego ao órgano competente cos candidatos que superaron o proceso ordeados por puntuación obtida. QUINTA.- DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA A APORTAR 1.- Para valorar a experiencia en postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar ou similar deberá inescusablemente aportarse a seguinte documentación, sen a cal non se valorarán os méritos: a) Contratos de traballo nos que se especifique os servicios para os que foi contratado. No caso de que non conste deberá aportarse un certificado da Administración ou empresa na que figure tal extremo. b) Vida laboral do traballador co fin de computar o tempo efectivo de traballo desenvolvido. No suposto de que non conste o tipo de traballo obxecto do contrato non se computará como mérito. c) Certificados ou diplomas dos cursos alegados polo candidato, no que conste o número de horas, título do curso, programa. No caso de que no diploma non figure o programa e/ou o numero de horas, o candidato deberá aportar o programa do curso expedido pola entidade que organizou e impartiu o curso, ou no seu defecto a convocatoria, que debe corresponderse co titulo que conste no diploma no que figure o programa e/ou o número de horas. Só se valorarán os cursos que se correspondan coas funcións do traballo a desenvolver, e sempre que se acompañen dos datos indicados. d) Os candidatos para non ter que realizar o exame la lingua galega, deberá acreditar o CELGA 3 ou cursos de iniciación mediante os correspondentes diplomas ou certificados de posuir o citado nivel QUINTA.- ANUNCIO DA CONVOCATORIA E SOLICITUDES E ADMISIÓN DE ASPIRANTES As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no taboleiro de edictos do concello e na páxina web www.concellodocorgo.com As instancias para poder tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante o modelo que figura no anexo I da presente convocatoria, dirixido ao alcalde, presentándose no Rexistro Xeral do Concello ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 30/92 do 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, (en sucesivas mencións Lei 30/92), no seu artigo 38, no prazo de dez (10) días hábiles seguintes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Se o último día de prazo coincide con sábado, domingo ou festivo, entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte. Se no prazo de 3 días hábiles a contar desde o seguinte á finalización do prazo de presentación non se recibe a solicitude, esta quedará rexeitada, polo que se recomenda a súa presentación no rexistro xeral das oficinas municipais do Concello do Corgo. Na solicitude os aspirantes manifestarán que reúnen tódolos requisitos da convocatoria e aportarán a documentación acreditativa dos méritos que alegan, ben en orixinal ou ben en copia compulsada, achegándoos xunto coa súa solicitude, na que se relacionarán os méritos que se aportan. No suposto de que o interesado desexe aportar os documentos orixinais, o interesado terá dereito á expedición pola oficina do Rexistro deste concello dunha copia selada do documento orixinal no momento da presentación. Para o exercicio deste dereito, o interesado deberá aportar xunto co orixinal copia do mesmo, para que o funcionario, previo cotexo deste con aquel, o dilixencie cos datos que figuran no Art. 7 nº 2 do Real Decreto 772/1999, de 7 de maio. O cotexo non devengará ningunha taxa, segundo a ordenanza fiscal vixente deste concello. 7 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo Pola contra, se o interesado preferise deixar unha copia do documento orixinal, en vez deste, esta deberá ser compulsada. No caso de prestar este servizo de compulsa neste concello, devengarase a taxa establecida na ordenanza municipal en vigor. Xunto coa solicitude, os aspirantes deberán achegar xustificante bancario de ingreso da taxa pola participación en procedementos selectivos de empregados públicos convocados por este concello, que de conformidade coa ordenanza municipal ascende a 15 €. O ingreso da taxa deberá realizarse na conta número ES9020800156473110000020. Rematado o prazo de presentación de solicitudes e transcorridos os tres días hábiles para recibir a documentación presentada en Correos ou en Rexistros diferentes ao deste concello, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de 2 días hábiles, ordeando a publicación da lista provisoria de admitidos/as e excluídos/as. Esta resolución publicarase unicamente no taboleiro de edictos da casa do Concello e na páxina web: www.concellodocorgo.com, sinalándose un prazo de tres (2) días hábiles, contados a partires do seguinte ao da súa publicación nos referidos medios, para que os aspirantes excluídos poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. No caso de presentarse noutros rexistros diferentes ao do concello, as emendas deberán recibirse nun plazo máximo de 3 días hábiles contados a partir do seguinte ao de finalización do prazo anterior. Se estes prazos finalizaran en sábado entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte. Na publicación indicarase o nome e apelido, DNI dos aspirantes, con indicación dos que non precisan a realización do exercicio de galego. Rematado o prazo de subsanación e transcorridos os tres días hábiles referidos anteriormente, ditarase resolución nun prazo máximo de 2 días hábiles, a contar a partir do seguinte á finalización do prazo anterior, elevando a definitiva a lista de admitidos e excluídos, así como os candidatos que teñan que realizar o exercicio de galego, e nela se sinalará a composición do tribunal cualificador. A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas na resolución pola que se aprobe e ordene a publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos. • Non obstante, o feito de figurar na lista definitiva de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos na base terceira das presentes bases. • Os datos persoais (nome, apelidos e, no seu caso, dirección aos efectos de notificacións) dos candidatos que participen no procedemento selectivo, é co fin de dar cumprimento ao principio de publicidade esixido na vixente lexislación. Contra a resolución do alcalde pola que se declaren definitivamente excluídos do proceso selectivo, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo de un mes, a contar desde o día seguinte á publicación no taboleiro de anuncios da devandita resolución, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo, no de dous meses desde a citada data. Non se poderá interpoñer recurso contencioso administrativo ata que sexa resolto expresamente o recurso de reposición ou se producise a súa desestimación presunta. SEXTA.- TRIBUNAL CUALIFICADOR. 6.1 Composición: De conformidade con canto se establece polo artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, o tribunal terá a seguinte composición: •Presidente: Un empregado público con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ao posto convocado. •Secretario: Un empregado público con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ao posto convocado. •Vogais: Tres empregados públicos con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ao posto convocado. O nomeamento dos membros do tribunal e os seus suplentes, realizarase por Decreto do alcalde, e publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web. O tribunal non poderá constituírse, nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do presidente e do secretario ou dos que legalmente os substitúan. O tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Ditos asesores actuarán con voz e sen voto limitándose ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal. Os membros do tribunal, así como os asesores ou colaboradores, que se incorporen a este, terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións, ao pagamento de asistencias na contía establecida de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, tendo en conta as actualizacións desta, vixentes na data da realización das probas, agás que estean prestando servizos nesta entidade local. 6.2 Adopción de acordos: 8 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a valoración dos méritos. Concluidas as probas, elevarase proposta de candidatos para a formalización da bolsa de emprego. 6.3 Data e lugar de constitución do Tribunal O Tribunal constituirase na casa do concello nun prazo non superior a 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á data na que se publique o seu nomeamento. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. Na constitución do tribunal fixarase a lugar, data e hora para a celebración da proba selectiva, que terá lugar, como máximo nun prazo de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte á data de constitución. A data, lugar e hora das probas publicarase no Taboleiro de edictos e na páxina web municipal: www.concellodocorgo.com. 6.4.- Abstención e Recusación. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir cando concorran neles, circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/92. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme ao artigo 29 da citada lei. SÉTIMA.- APORTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DOS CANDIDATOS/AS. Os candidatos propostos integrados na lista, deberán achegar no prazo de 5 días, anteriores a súa contratación a seguinte documentación, salvo que xa a presentaran anteriormente, xunto a instancia de participación: • Copia compulsada do DNI ou documento de identificación do estranxeiro cidadán dun Estado membro da UE. • Copia compulsada ou documento orixinal, para o seu cotexo, da titulación esixida nos termos establecidos na base terceira. • Certificado médico actualizado a datas inmediantamente anteriores á contratación acreditativo de posúir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto. • Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, o acceso ó emprego público. • Declaración xurada de non encontrarse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ó momento da súa toma de posesión. Os aspirantes que fagan valer a súa condición de persoas con discapacidade deberán presentar certificado dos órganos competentes que acredite tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da administración sanitaria acreditativo de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes. A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base, e agás nos caso de forza maior, ou cando do exame da mesma se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 3ª, non poderán ser contratados e quedarán anuladas as actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorreran por falsidade na solicitude de participación. OITAVA. IMPUGNACIÓN. Contra as presentes bases, sendo que o seu acordo aprobatorio é definitivo en vía administrativa, poderase interpor polos interesados lexitimados os seguintes recursos: • Con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto recurrido no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP. Se transcorrera un mes dende o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición, sen que este fora resolto, poderá entenderse que foi desestimado para interpor o recurso contencioso-administrativo, á súa elección, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de seis meses. • Recurso contencioso-administrativo á súa elección ante o Xulgado do Contencioso administrativo de Lugo dentro do prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP. 9 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo Contra cantos actos administrativos se deriven das bases e da actuación do tribunal, poderán ser interpostos polos interesados os oportunos recursos nos casos e na forma establecidas na Lei 30/1992, e na Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa O Corgo, a 31 de maio de 2016.- O Alcalde, José A. Ferreiro González 10 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo ANEXO I.- Modelo de instancia: Dna./D…………………………………………........................................…., con DNI o documento de estranxeiro nº………………………,con domicilio aos efectos de notificación en………………....................……….........., nº de teléfono………………………………….., EXPÓN: Que reúno tódalas condicións esixidas polas bases da convocatoria para participar no proceso selectivo para ____________________ , convocatoria anunciada no BOP nº ..., de data ..... En virtude do que, solicito ser admitido para participar no proceso de selección da referida convocatoria, presentando a documentación seguinte: 1.- Fotocopia compulsada do DNI ou tarxeta de estranxeiro 2.- Fotocopia compulsada do título esixido nas bases, e do título CELGA 3 ou curso de iniciación. 3.- Xustificante de ingreso de 15 € correspondentes á taxa pola participación en procedementos selectivos. 4. Relación numerada dos méritos alegados cuxos títulos se achegan con esta solicitude: O Corgo, __________ de _______________ de ____ NOTA: Os datos de carácter persoal poderán ser tratados para futuras contratacións, de conformidade coa Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. SR. ALCALDE DO CONCELLO DO CORGO. 11 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo ANEXO II. Temario 1.- HIXIENE E ATENCIÓN DOMICILIARIA. CARACTERÍSTICAS E NECESIDADES DE ATENCIÓN HIXIÉNICOSANITARIAS DAS PERSOAS DEPENDENTES. 2.- ADMINISTRACIÓN DE ALIMENTOS E TRATAMENTOS A PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO. 3.- MANTEMENTO E REHABILITACIÓN PSICOSOCIAL DAS PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO. 4.- APOIO ÁS XESTIÓNS COTIÁS DAS PERSOAS DEPENDENTES. 5.- INTERRELACIÓN E COMUNICACIÓN COA PERSOA DEPEDENTES E O SEU CONTORNO. 6.- ATENCIÓN DOMICILIARIA E ALIMENTACIÓN FAMILIAR. XESTIÓN, APROVISIONAMENTO E COCIÑA DA UNIDADE FAMILIAR DE PERSOAS DEPENDENTES. 7.- MANTEMENTO, LIMPEZA E ORGANIZACIÓN DO DOMICILIO DE PERSOAS DEPENDENTES. 12 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo O Corgo, a 31 de maio de 2016.- O Alcalde, José A. Ferreiro González R. 1634 O INCIO Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 24 de maio de 2016, prestouse aprobación ao PADRÓN DO IMPOSTO DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS (IAE) correspondentes ao exercizo de 2015. Por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes, obrigados ó pago do imposto antes citado, conforme ó disposto no art. 102.3 da Lei Xeral Tributaria, que os padróns aprobados quedan expostos ó público (nas dependencias de recadación municipal en horario de 09:00 a 14:00 horas), durante o prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Durante dito prazo, as persoas interesadas poderán examinalos e formula-las alegacións ou reclamacións que estimen pertinentes. Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ó da finalización do período voluntario de pagamento, sen prexuízo de poder interpoñer calquera outro recurso que considere oportuno. PERÍODO DE COBRANZA De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado por Real Decreto 1684/1990, de 20 de decembro, na súa modificación dada polo R.D. 448/1995, de 24 de marzo, fíxase como PRAZO DE INGRESO EN PERÍODO VOLUNTARIO, o comprendido entre os días 15 de xuño de 2016 e o 14 de agosto de 2016, en horario de 09:00 a 14:00, de luns a venres, nas dependencias de recadación municipal. Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo, que determina a existencia dos xuros de demora, e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio, de acordo co establecido no artigo 161 da citada Lei, procedéndose á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5% cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ó debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria. A presente publicación, nos dous supostos, de Edicto de Exposición ó Público dos Padróns e Anuncio de Cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ó amparo do establecido no art. 102.3 da indicada Lei Xeral Tributaria. O Incio, 26 de maio de 2016.- A ALCALDESA, Laura Celeiro García. R. 1602 MONTERROSO Anuncio Aprobado polo Pleno desta Corporación o expediente de modificación de créditos ( créditos extraordinarios e suplemento de créditos) num. 07 de 2016 financiado con anulacións de créditos, dentro do vixente Orzamento municipal, por un importe de vinteun mil catrocentos euros (21.400,00), en cumprimiento ó disposto no artígo 177.2 en relación co art. 169.1 do R.D.L. 2/2004, de 05 de marzo, exponse o público, polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría deste Concello, a fin de que durante o mesmo, que comezará a contarse dende o día seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas o Sr. Alcalde-Presidente deste Concello. Monterroso, 27 de maio de 2016.- O alcalde, Jesús Otero Calvo R. 1603 NAVIA DE SUARNA Anuncio Aprobado inicialmente polo Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 30.05.2016, o expediente de modificación de créditos Nº3/2016 de suplemento de crédito , por importe total de 42.500 € , financiado con cargo ao Remanente Liquido de Tesoureiría paga gastos xerais, en cumprimento do disposto no artigo 13 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo 177.2 en relación co 169 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, queda exposto aó público por prazo de quince días, a efectos de exáme e reclamacións, podendo examinarse na Secretaría Municipal en horario de 9,00 a 14,00 horas. Navia de Suarna, 1 de xuño de 2016.- O Alcalde, D. José Fernández Fernández. R. 1635 Anuncio EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL EXERCICIO 2015 Formulada e rendida a Conta Xeral do Orzamento desta Entidade Local correspondente ó exercicio económico de 2015, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 212 do R.D. Lexis. 2/2004, de 7 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Lcais, queda exposta ó público cos seus xustificantes e informe da Comisión Especial de Contas, durante 15 días hábiles, a contar do seguinte da publicación deste anuncio no BOP. Durante este prazo e oito días máis poderán presentarse reparos e observación sobre a mesma. Navia de Suarna, 1 de xuño de 2016.- O Alcalde, José Fernández Fernández R.1636 OUROL Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourol en sesión ordinaria celebrada o día 10 de maio de 2016, prestou aprobación inicial ao Padrón fiscal correspondente ao mes de ABRIL de 2016 do Servizo de Axuda no Fogar nas modalidades de dependencia e libre concorrencia por importe de tres mil douscentos dezaseis euros con noventa e oito céntimos (3.216,98 €). Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación. Así mesmo, e de conformidade con artigo 253.1 da Lei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante o Sr. Alcalde–Presidente, no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. ANUNCIO DE COBRANZA Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas. Para os demais contribuíntes os recibos poranse á súa disposición nas oficinas municipais para efectuar o pago. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público do padrón e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria. Ourol, 26 de maio de 2016.- O Alcalde – Presidente, José Luis Pajón Camba R. 1604 Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourol, en sesión ordinaria celebrada o día 10 de maio de 2016, prestou aprobación aos seguintes Padróns: - Padrón de AUGA correspondente ao 1º TRIMESTRE de 2016. 14 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo - Padrón de LIXO correspondente ao 2º TRIMESTRE de 2016. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación. Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante o órgano que o aprobou, no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei reguladora da referida xurisdición. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación. ANUNCIO DE COBRANZA De conformidade co disposto nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 939/2005), do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario dous meses, a contar dende o día 15 de xuño de 2016 ata o 15 de agosto de 2016, ambos inclusive. Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. Para os demais contribuíntes os recibos poranse á súa disposición nas oficinas municipais para efectuar o pago. A falta de pago do canon da auga da Xunta de Galicia no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia. Transcorrido o prazo de pagamento en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento xeral de recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremo, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, xeral tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público do padrón e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria. Ourol, 26 de maio de 2016.- O Alcalde – Presidente, José Luis Pajón Camba R. 1605 PANTÓN Anuncio BASES QUE REXERÁN A SELECCIÓN, POR CONCURSO, DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NA CATEGORÍA DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE PANTÓN (SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR PARA PERSOAS DEPENDENTES E PRESTACIÓN BÁSICA). .- Obxecto da convocatoria.Por decreto Alcaldía nº 71 de data de 1 de xuño de 2016, RESÓLVESE: Abrir por un prazo de 5 días naturais, a petición dos Servizos Sociais Municipais, por non quedar efectivos na bolsa de emprego para o posto de auxiliar de axuda no fogar, en número suficiente para atender as necesidades que se presenten. Admitíndose novas solicitudes e novos méritos aportados polos aspirantes xa incluídos na bolsa. Para cubrir de forma temporal, as necesidades puntuais, xa sexan baixas, substitucións, vacacións ou outras necesidades circunstanciais. O proceso selectivo será o de CONCURSO, conforme ao disposto no artigo 61 do Texto Refundido Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado pola Lei 7/2007, do 12 de abril (en adiante EBEP). - Modalidade Contractual.- O modelo de contrato de traballo a utilizar será o de duración determinada na modalidade do mesmo máis axeitada ao caso concreto: 15 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo realización de obras ou servizos determinados, interinidade (para cubrir provisoriamente as vacantes ausencias que se poidan producir como baixas) ou eventual por circunstancias de produción (acumulación tarefas, substitucións de vacacións). O réxime xurídico da relación será de carácter laboral, en réxime dedicación a tempo completo ou parcial segundo se determine no contrato e atendendo ás necesidades servizo que motiven a contratación. ou de de do - Funcións.- Baixo a coordinación do Sr . Alcalde ou persoa en quen delegue, realizaranse as labores propias dun Auxiliar de Axuda no Fogar, realizando os desprazamentos no vehículo propio a cada domicilio das persoas usuarias deste Servizo, con resarcimento do quilometraxe realizado. Requisitos específicos para o acceso aos empregos: 1.- Título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real Decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e a comunidade. 2.- Só se admitiran candidatos/as ao proceso de selección as persoas que acrediten estar en posesión do permiso de conducir B e dispor de vehículo para desprazarse. O prazo de presentación de instancias será de cinco días naturais dende o día seguinte ao da publicación do anuncio do presente concurso no Boletín Oficial da Provincia. As bases do presente procedemento poden consultarse NA PAXINA WEB DO Concello:www.concellodepanton.es e nas Dependencias Municipais de luns a venres de 9 a 14 horas durante o prazo de presentación de instancias. En Pantón, a 1 de xuño de 2016 .- O alcalde, José Luis Álvarez Blanco R. 1637 A PONTENOVA Anuncio A Xunta de Goberno Local, trala aceptación de competencias delegadas polo Concello Pleno (22/06/2011) e Alcaldía (14/06/2011), mediante acordo acadado na sesión extraordinaria de 27/05/2016, presta aprobación as seguintes: • LISTAXES DE CONTRIBUÍNTES DO PREZO PÚBLICO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR E DA ESCOLA DE MUSICA; CORRESPONDENTES Ó MES ABRIL DE 2016. A devandita listaxe estará exposta nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP de Lugo, para os efectos de que poida ser examinada e presenta-las reclamacións que se estimen pertinentes, entendéndose definitivamente aprobada se transcorrido o devandito prazo non se formularan suxestións contra estes. Contra as liquidacións comprendidas na listaxe de contribuíntes poderase formular recurso de reposición, anterior ó contencioso - administrativo, perante a Xunta de Goberno no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da finalización da exposición pública da listaxe. Así mesmo, acórdase a apertura do prazo de recadación en período voluntario que será segundo o seguinte detalle: A) Prazo de ingreso en período voluntario do prezo público do Servizo de Axuda no Fogar: do 15 de xuño de 2016 ao 15 de agosto de 2016, ámbolos dous inclusive. B) Prazo de ingreso en período voluntario do prezo público do Servizo da Escola de Música: do 15 de xuño de 2016 ao 12 de agosto de 2016, ámbolos dous inclusive. C) Os recibos, non domiciliados, poderanse facer efectivos na conta bancaria ES78-2080-0137-413110000025 que este Concello ten aberta na oficina de ABANCA, sucursal de A Pontenova. Transcorrido o prazo de ingreso voluntario, sen que se efectuaran os pagamentos correspondentes, e unha vez rematado este, os recibos pendentes pasarán ó cobro pola vía executiva de constrinximento. A Pontenova, 27 de maio de 2016.- O alcalde, Darío Campos Conde R. 1606 16 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo RIOTORTO Anuncio A Xunta de Goberno Local deste Concello en sesión ordinaria celebrada o día 10 de maio de 2016, acordou aprobar o proxecto técnico “Pavimentación de vías municipais no Concello de Riotorto”. Así mesmo, acordouse expoñer ao público o citado proxecto por prazo de vinte días, a contar dende o seguinte o da inserción deste edicto no B.O.P. e no taboleiro de anuncios deste Concello. De non se producir reclamacións durante a exposición pública, a aprobación inicial entenderase elevada a definitiva. Riotorto, 26 de maio de 2016.- O Alcalde, Clemente Iglesias González R.1607 O VALADOURO Anuncio CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS PARA O PROCESO SELECTIVO Ó OBXECTO DE CUBRIR 2 POSTOS DE XEFE DE BRIGADA PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS. No Boletín Oficial da Provincia número 077 de data 5 de abril de 2016 publicaronse as Bases Xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal, de carácter temporal, para prestar servizos ao Concello de O Valadouro (cota xeral ou cota de discapacitados). Por medio do presente anuncio faise pública a convocatoria e bases específicas para o proceso selectivo ao obxecto de cubrir, con carácter provisional, dous postos de Xefe de Brigada para o Servizo de Prevención e Defensa Contra incendios Forestais do cadro de persoal laboral temporal do Concello do Valadouro aprobada pola Xunta de Goberno Local na súa sesión extraordinaria celebrada o día 30 de maio de 2016 co seguinte contido integro: BASES ESPECÍFICAS PARA O PROCESO SELECTIVO AO OBXECTO DE CUBRIR, DOUS POSTOS DE XEFE DE BRIGADA PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS , DO CADRO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DO CONCELLO DO VALADOURO NO MARCO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E O CONCELLO DE O VALADOURO DURANTE OS ANOS 2016, 2017 E 2018, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020. 1.- OBXECTO DA BASES ESPECÍFICAS: Selección de Persoal Laboral Temporal ó abeiro do artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. 2.- RELACIÓN XURÍDICA: Persoal Laboral temporal (contrato de obra ou servizo determinado) 3.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO: 3.1.- DENOMINACIÓN DO POSTO DE TRABALLO: Xefe de Brigada 3.2.- GRUPO DE COTIZACIÓN: 3 3.3.- CATEGORIA PROFESIONAL: Encargado de equipo 3.4.- TIPO DE XORNADA: Xornada completa (37,5 horas semanais, segundo se reflicte no convenio colectivo de condicións de traballo do persoal laboral do Concello do Valadouro). A xornada laboral desenvolverase no horario que demande o servizo e con plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias. 3.5.- RETRIBUCIÓNS: O/A Aspirante seleccionado/a percibirá as retribucións establecidas no convenio colectivo para a regulación das condicións de traballo do persoal laboral ó servizo do concello de O Valadouro co seguinte desglose bruto mensual: a) Salario Base: 881,79€ b) Complemento Salarial: 86,56€ c) Parte proporcional Paga Extra: 146,96€. 4.- ADSCRICIÓN: Á brigada de prevención e defensa contra incendios forestais. A cobertura realizase con carácter excepcional por considera-la urxente e inaplazable dacordo co establecido no artigo 20. Dous) da Lei 48/2015, de 29 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016 (BOE número 260, de 30 de outubro de 2015), dentro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Valadouro (O) para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. 17 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo A Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola disposición derradeira primeira da Lei 7/2012 do 28 de xuño de Montes establece as medidas preventivas que faciliten a loita contra o lume e que sirvan así mesmo para a posta en valor da potencialidade produtiva, ecolóxica e social do monte galego como base do desenvolvemento sustentable do medio rural. O artigo 8 establece que as administracións públicas de Galicia colaborarán entre si e cooperarán nas tarefas de prevención e loita contra os incendios forestais, achegando os medios materiais, económicos e humanos á súa disposición. Os incendios forestais son unha amenaza que afecta hoxe en día, de xeito xeral, non só o patrimonio forestal público ou privado (tanto montes de particulares, montes veciñais en man común e montes de varas) senón tamén aos recursos naturais e ao mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural, ademais de comprometer a sustentabilidade económica e social de Galiza o que require o compromiso de todas as Administracións, en particular a autonómica e local e o conxunto da cidadanía . Compre pois, un enfoque global na actuación preventiva ante os incendios forestais, de xeito que as medidas que se implementen abrangan todo o territorio aínda que, para unha maior eficacia do uso dos recursos, hai que priorizar as zonas clasificadas polo Goberno galego como de medio e alto risco de acordo cos seus plans de prevención e defensa contra incendios forestais. En todo caso, cómpre lembrar que todas as entidades locais de Galicia, segundo o disposto na orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal, están declarados de alto ou medio risco de incendio, polo que poden ser obxecto de financiación con FEADER. A brigada integrarase no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal onde se situe a entidade local, priorizando a actuación da brigada na extinción de incendios forestais respecto de outros traballos, segundo o disposto no artigo 47 da Lei 43/2003, de montes e no artigo 48.6 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais. Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, o órgano autonómico poderá decidir a mobilización destes medios fora do seu termo municipal, conforme ó previsto no PLADIGA no que expresamente se prevé como se producirá a coordinación en tales supostos. A integración no dispositivo do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais realizarase baixo o mando único descrito no PLADIGA. Os traballos de extinción serán marcados sempre por persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais ao responsable da brigada. A brigada debe en todo momento colaborar e coordinarse co despregue de medios do Distrito Forestal. A brigada asemade das labores de extinción que lle poidan ser encomendadas levará a cabo labores de prevención de incendios forestais encamiñadas a diminuir o risco de propagación e minorar os danos dos incendios forestais no caso de producirse. Estes traballos consistirán na roza, rareo e eliminación de restos nos tres meses de operatividade da brigada e desenvolveranse en vías e camiños forestais, áreas cortalumes ou nas súas faixas de xestión da biomasa de titularidade municipal, ou en superficies sobre as cales a entidade local teña cesión de aproveitamento, uso e/ou disfrute realizada por parte das persoas responsables de acordo co artigo 21 ter da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia ou superficies de propietario descoñecido, previa acreditación de dita condición. Todo elo cando non sexa posible a mecanización de ditos traballos. 5.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: De conformidade co PLADIGA 2016 son funcións do xefe de brigada: - Responsabilizarase dos medios materiais postos a súa disposición. - Será o responsable do adecuado funcionamento do persoal ao seu cargo, de acordo coas instrucións recibidas en cada momento. - Manterá unha lista do persoal e medios ao seu cargo. - Impartirá a instrución e o adestramento ao persoal da súa brigada para a extinción. - Dirixirá e, en caso de ser necesario, colaborará no tendido de mangueira e participará nas labores de prevención e extinción, e en todos aqueles traballos de prevención que lle sexan encomendados. - Terá coñecemento e práctica das especialidades elementais (mochilas de extinción,retardantes, motoserra, rozadora,...). - Utilizará a maquinaria e apeiros de manexo manual propio das tarefas encomendadas de defensa contra incendios. - Será o responsable das comunicacións da súa brigada co operativo e coa organización da prevención e defensa contra incendios forestais. Empregará para iso os materiais (emisoras fixas e portófonos) encomendados. - Observará e velará polo cumprimento das normas de seguridade e prevención de riscos laborais. - Vixiará o mantemento do vehículo e asegurará o seu estado de operatividade (carburante, auga, no seu caso anticonxelante, presión de pneumáticos, etc.) obrigando ao/á Peón condutor a realizar a revisión diaria. - Deberá conducir vehículos cando o demanden as necesidades do servizo. - Deberá realizar un parte diario dos traballos realizados pola súa brigada. 18 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo - Deberá comunicar o CCD, ao entrar de servizo, o número de componentes operativos da brigada nesa data. - Verificará que a estiba do material de extinción no vehículo é axeitada, efectuando un reconto ao rematar cada extinción e solicitando á Xefatura de Distrito a reposición do deteriorado unha vez rematada a xornada. - Constituirase en DTE cando actúe illadamente a brigada ou o binomio Brigada -Vehículo motobomba. - Comunicará periodicamente ao DTE, e cando lle sexa solicitado, a situación do lume no seu ámbito de actuación, así como o desenvolvemento dos traballos encomendados. - No caso de que a brigada sexa o primeiro medio operativo en achegarse a un novo lume, comunicará coa maior brevidade posible ao Distrito Forestal ou mando intermedio correspondente, unha análise de situación do lume. - Vixiará o estado físico e anímico dos seus homes/mulleres. - Deberá saber ler o plano e localizar o punto de actuación. - Facilitará semanalmente á Xefatura de Distrito ou ao CCD, a relación das intervencións levadas a cabo. - Todas aquelas outras relacionadas coa prevención, detección e extinción de incendios forestais. - Realizará os labores silvícolas e medio ambientais encomendados. - Será o responsable da correcta execución das tarefas asignadas polo/a DTE no saneamento e remate dos lumes por parte da súa brigada. - Participará na execución de queimas controladas. - Aqueloutras tarefas que se van desenvolver tanto no ámbito da extinción como no da prevención segundo as necesidades que en cada momento sexan prioritarias 6.- DURACIÓN DO CONTRATO: 3 meses a contar dende a sinatura do contrato. 7.- REQUISITOS INDISPENSABLES. a) Debera estar en posesión do título de Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico Superior en Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxísticos, Técnico en Traballos Forestais e Conservación do Medio Rural ou formación profesional equivalente. b) Permiso de conducir clase B (deberá aportarse coa solicitude de participación no proceso selectivo). c) Asemade da documentación requerida na Base 5 das Bases Xerais deberá aportar autorización para realizar a proba física de esforzo que deberán realizar xunto co recoñecemento médico previo á contratación (Anexo I das presentes bases). Non poderán participar na presente convocatoria aquelas persoas que teñan prestado servizos no Concello de O Valadouro con carácter temporal por un período de 21 meses nos últimos 27 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período. 8.- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4. 9.- SISTEMA SELECTIVO: CONCURSO-OPOSICIÓN 9.1. FASE DE OPOSICIÓN. 9.1.1.- A fase de oposición consistirá na realización dun exame tipo test, que terá carácter obrigatorio e eliminatorio, en que haberá que responder a un cuestionario de 50 preguntas sobre os contidos do temario que se recolle no Anexo II. 9.1.2.-Os aspirantes deberán presentarse para a realización do exercicio provistos do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do Tribunal de selección 9.1.3.-Cada pregunta formularase con tres respostas alternativas, das que solo unha será correcta. O exercicio realizarase a porta cerrada coa única presencia dos/as opositores/as, os membros do Tribunal de Selección e as persoas colaboradoras que este último designe, no seu caso. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 40 minutos. 9.1.4.-Cada resposta correcta valorarase con 1,20 puntos, cada resposta incorrecta restará 0,60 puntos e cada resposta en branco restará 0,30 puntos. O exercicio calificarase de 0 a 60 puntos e para supera-lo será necesario obter un mínimo de 25 puntos. 9.1.2.- Proba de Galego. O artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que: “[…], para darlle comprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do Galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas 19 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.”. A proba consistirá na tradución dun texto en castelán para o galego ou en galego para o castelán. Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto ou non apto. Os/as aspirantes que acrediten posuír con anterioridade ao día en que remate o prazo de presentación de solicitudes o nivel de galego esixido nas Bases específicas non terán que realizar esta proba. 9.1.3.- Adaptación de probas aos aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Aqueles aspirantes con discapacidade que se presenten á cota xeral ou a cota reservada a discapacitados poderán solicitar as adaptacións e axustes razoables e necesarios de tempo e medios para a realización das probas, debendo facelo constar na solicitude. Estas adaptacións realizaranse conforme ao establecido na Orde 1822/2006, de 9 de xuño pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade. 9.2.- FASE DE CONCURSO. Rematada a fase de oposición, procederase a realizar a fase de concurso aos/ás aspirante/s que superasen a puntuación mínima para superar a fase de oposición. 9.2.1.- Baremo de méritos. O Tribunal puntuará os méritos acreditados polos aspirantes, segundo se determina no apartado 5.3 das Bases xerais, conforme ao sinalado no presente baremo: A) Experiencia profesional. Valorarase a experiencia profesional segundo os seguintes criterios ata un máximo de 20 puntos. No suposto de relacións laborais ou de servizo de carácter parcial, o cómputo do tempo da concreta relación laboral será a que apareza sinalada no Informe de Vida Laboral. Os servizos prestados como xefe ou peón de brigada de incendios, coordinador técnico de grumir, capataz de grumir ou peón de grumir valoraranse a razón de 0,15 puntos por mes traballado se se prestaron nunha Administración Pública e de 0,07 puntos por mes traballado se se prestaron nunha empresa privada. B) Formación: Valorarase ata un máximo de 20 puntos. B1) Cursos, xornadas, seminarios, congresos e similares relacionadas coas funcións da posto/función á que se opta: Os cursos de formación relacionados coa protección do ecosistema e efectos do lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios valoraranse segundo a seguinte táboa: TIPO DE CURSOS PUNTUACIÓN POR HORA Asistencia. 0,035 Aproveitamento. 0,070 10.- RECOÑECEMENTO MÉDICO E PROBA FÍSICA DE ESFORZO. 10.1.- Os aspirantes seleccionados estarán obrigados a realizar antes da súa contratación un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo (proba do banco) nos días, horas e lugares que unilateralmente estableza o Concello de O Valadouro. 10.2.- A non superación do recoñecemento médico ou da proba física de esforzo será causa de non contratación do traballador/a seleccionado/a. 11.- REALIZACIÓN DUN CURSO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS. 11.1.- Os compoñentes da brigada virán obrigados a realizar un curso teórico-práctico de formación sobre prevención e defensa contra incendios forestais de 16 horas que será impartido por persoal competente na materia do curso: enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal. 11.2.- Co obxecto de perfeccionar e dar continuidade á formación deste persoal, este curso será obrigatorio, aínda que os seleccionados xa o recibisen en anos anteriores. 11.3.- A non realización do curso de formación suporá o cese do traballador por incumprimento desta base. 11.4.- O Curso de formación versará sobre as seguintes materias coa distribución horaria que se recomenda: • A defensa contra os incendios forestais en Galicia, 1hora. • Comportamento do lume. Factores que inflúen na evolución do lume, 1 hora 20 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo • Ferramentas, 1 hora. • Extinción e liquidación, 1,5 horas. • Conducción de vehículos todoterreo, 0,5 horas • Seguridade laboral en incendios forestais, 1 hora. • Primeiros Auxilios, 2 horas. • Traballo co vehículo motobomba 2,5 horas. • Liñas de defensa e ferramentas, 2,5 horas. • EPI e comunicacións, 1 hora. • Seguridade e saúde e Partes, 1 hora. • Medios aéreos, embarque e desembarque. Posición de seguridade en descargas, 1 hora. 21 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo ANEXO I. CONSENTIMENTO CON COÑECEMENTO DE CAUSA. DON ........................................., con D.N.I ............................................., como parte do proceso de selección dun XEFE DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PARA O CONCELLO DE O VALADOURO COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020 COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) entendo que se me pedirá levar a cabo diversas probas para valorar o meu nivel de aptitude biolóxica en caso de resultar seleccionado. Entendo que teño liberdade para formular calquera pregunta sobre calquera proba. Se por algún motivo non poido realizar algunha proba informarei ó administrador. Existen certos riscos asociados á realización das probas entre eles respostas anormais da tensión arterial ou da frecuencia cardíaca, trastornos nos latidos cardíacos, desmaios e en casos raros, ataques cardíacos, apoplexía ou morte. Posto que o meu estado de saude pode afectar directamente á miña seguridade durante o exercicio, poñerei ó corrente ó administrador de tódolos meus problemas de saúde. Asimesmo informarei con prontitude sobre calquera molestia ou dor asociados cunha determinada proba ós administradores. A inscrición para participar no proceso de selección é voluntaria e entendo que son libre de retirarme de calquera proba, en calquer momento por razóns de saúde. Igualmente autorizo ó Concello a realizar todas as probas necesarias para verificar o cumprimento das condicións de capacidade funcional necesarias para o desenvolvemento do posto de traballo mediante a realización do pertinente recoñecemento médico incluidas probas de alcoholemia e toxicolóxicas. A información sobre a miña persoa e estado de saúde resultante de dito recoñecemento terá a consideración de datos de carácter persoal incorporándose ó expediente de selección e non será revelada a ningún extrano sen a miña autorización escrita. Lin e acepto este formulario e dou o meu consentimento escrito para participar neste proceso de selección. O Valadouro a de de 2016. ILMO. SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE O VALADOURO. 22 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo ANEXO II. TEMARIO. Parte Primeira. Materias Comúns. Tema 1.- A Constitución española de 1978. Estrutura e principios xerais. A reforma da Constitución. Tema 2.- As Comunidades autónomas na Constitución de 1978. Especial referencia ó Estatuto de Autonomía de Galicia. Tema 3.- O municipio. Concepto e elementos. O termo municipal. A poboación. Especial referencia o empadroamento. Tema 4.- Sometemento da Administración á Lei e o Dereito. Fontes do dereito administrativo: especial referencia a lei e os regulamentos. Tema 5.- A potestade regulamentaria na esfera local: Ordenanzas. Regulamentos e Bandos. Tema 6.- Os contratos da Administración Local. Criterios de distinción. Competencia e requisitos para contratar coa administración. Tema 7.- O persoal ó servizo das entidades locais: concepto e clases. Dereitos, deberes e incompatibilidades. Tema 8.- A Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Tema 9.- A Lei 7/2012 de 28 de xuño de Montes. Parte Segunda. Materias específicas. Tema 10.- O incendio forestal. O fenómeno do lume. Formas e partes dun incendio Tema 11.- A propagación do lume. Formas de transmisión do calor. Tema 12.- Tipos de incendios. Tema 13.- Factores que determinan o comportamento do lume (I): Os combustibles vexetais. Grado de combustibilidade. Tema 14.- Factores que determinan o comportamento do lume (II): Os factores climatolóxicos. O vento. A humidade. A temperatura. Tema 15.- Factores que determinan o comportamento do lume (III): A topografía do terreo. A pendente. A exposición. O relieve. Tema 16.- A predicción do comportamento do lume. Variables a considerar. Tema 17.- A vixiancia nos Incendios Forestais (I): Vixiancia terrestre fixa. Tema 18.- A vixiancia nos Incendios Forestais (II): Vixiancia terrestre móbil Tema 19.- A vixiancia nos Incendios Forestais (III): A vixiancia preventiva e as causas dos incendios. Tema 20.- A detección dos incendios. Accións básicas. Contido da información. Transmisión da información. Tema 21.- O equipo radio-transmisor. Tema 22.- O combate do lume (I): Principios básicos da extinción. Fases da extinción. Tema 23.- O combate do lume (II): Métodos de ataque directo. Tema 24.- O combate do lume (III): Métodos de ataque indirecto. Tema 25.- O combate do lume (IV): A liña de defensa. O Cortalumes. Tema 26.- O combate do lume (V): O emprego da auga e retardantes químicos. Tema 27.- O combate do lume (VI): Ferramentas para a extinción. Tema 28.- A seguridade do persoal na extinción (I): O lume como factor de risco. Outros factores de risco. Tema 29.- A seguridade do persoal na extinción (II): Medidas e medios para a protección persoal. Equipos de protección individual. Tema 30.- A seguridade do persoal na extinción (III): Normas de seguridade de carácter xeral. Normas de seguridade en uso de ferramentas e medios mecánicos. De conformidade co establecido na Base 4.2 das Bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal, de carácter temporal, para prestar servizos ao Concello de O Valadouro (cota xeral ou cota de discapacitados) ábrese un prazo de presentación de solicitudes de 10 días naturais contados dende o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 23 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo O Valadouro a 31 de maio de 2016.- O Alcalde-Presidente, Edmundo Maseda Maseda. R. 1616 Anuncio CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS PARA O PROCESO SELECTIVO Ó OBXECTO DE CUBRIR 2 POSTOS DE PEÓN CONDUTOR PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS. No Boletín Oficial da Provincia número 077 de data 5 de abril de 2016 publicaronse as Bases Xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal, de carácter temporal, para prestar servizos ao Concello de O Valadouro (cota xeral ou cota de discapacitados). Por medio do presente anuncio faise pública a convocatoria e bases específicas para o proceso selectivo ao obxecto de cubrir, con carácter provisional, dous postos de peón condutor para o servizo de prevención e defensa contra incendios forestais do cadro de persoal laboral temporal do Concello de O Valadouro aprobada pola Xunta de Goberno Local na súa sesión extraordinaria celebrada o día 30 de maio de 2016 co seguinte contido integro: BASES ESPECÍFICAS PARA O PROCESO SELECTIVO AO OBXECTO DE CUBRIR, DOUS POSTOS DE PEÓN CONDUTOR PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS , DO CADRO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DO CONCELLO DO VALADOURO NO MARCO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E O CONCELLO DE O VALADORURO DURANTE OS ANOS 2016, 2017 E 2018, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020. 1.- OBXECTO DA BASES ESPECÍFICAS: Selección de Persoal Laboral Temporal ó abeiro do artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. 2.- RELACIÓN XURÍDICA: Persoal Laboral temporal (contrato de obra ou servizo determinado) 3.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO: 3.1.- DENOMINACIÓN DO POSTO DE TRABALLO: Peón-Condutor 3.2.- GRUPO DE COTIZACIÓN: 10 3.3.- CATEGORIA PROFESIONAL: Peón. 3.4.- TIPO DE XORNADA: Xornada completa (37,5 horas semanais, segundo se reflicte no convenio colectivo de condicións de traballo do persoal laboral do Concello do Valadouro). A xornada laboral desenvolverase no horario que demande o servizo e con plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias. 3.5.- RETRIBUCIÓNS: O/A Aspirante seleccionado/a percibirá as retribucións establecidas no convenio colectivo para a regulación das condicións de traballo do persoal laboral ó servizo do concello de O Valadouro co seguinte desglose bruto mensual: a) Salario Base: 688.95€ b) Complemento Salarial: 281,53€ c) Parte proporcional Paga Extra: 114,82€. 4.- ADSCRICIÓN: Á brigada de prevención e defensa contra incendios forestais. A cobertura realizase con carácter excepcional por considera-la urxente e inaplazable dacordo co establecido no artigo 20. Dous) da Lei 48/2015, de 29 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016 (BOE número 260, de 30 de outubro de 2015), dentro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Valadouro (O) para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. A Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola disposición derradeira primeira da Lei 7/2012 do 28 de xuño de Montes establece as medidas preventivas que faciliten a loita contra o lume e que sirvan así mesmo para a posta en valor da potencialidade produtiva, ecolóxica e social do monte galego como base do desenvolvemento sustentable do medio rural. O artigo 8 establece que as administracións públicas de Galicia colaborarán entre si e cooperarán nas tarefas de prevención e loita contra os incendios forestais, achegando os medios materiais, económicos e humanos á súa disposición. Os incendios forestais son unha amenaza que afecta hoxe en día, de xeito xeral, non só o patrimonio forestal público ou privado (tanto montes de particulares, montes veciñais en man común e montes de varas) senón tamén aos recursos naturais e ao mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural, ademais de comprometer a sustentabilidade económica e social de Galiza o que require o compromiso de todas as Administracións, en particular a autonómica e local e o conxunto da cidadanía . Compre pois, un enfoque global na actuación preventiva ante os incendios forestais, de xeito que as medidas que se implementen abrangan todo o territorio aínda que, para unha maior eficacia do uso dos recursos, hai que priorizar as zonas 24 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo clasificadas polo Goberno galego como de medio e alto risco de acordo cos seus plans de prevención e defensa contra incendios forestais. En todo caso, cómpre lembrar que todas as entidades locais de Galicia, segundo o disposto na orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal, están declarados de alto ou medio risco de incendio, polo que poden ser obxecto de financiación con FEADER. A brigada integrarase no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal onde se situe a entidade local, priorizando a actuación da brigada na extinción de incendios forestais respecto de outros traballos, segundo o disposto no artigo 47 da Lei 43/2003, de montes e no artigo 48.6 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais. Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, o órgano autonómico poderá decidir a mobilización destes medios fora do seu termo municipal, conforme ó previsto no PLADIGA no que expresamente se prevé como se producirá a coordinación en tales supostos. A integración no dispositivo do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais realizarase baixo o mando único descrito no PLADIGA. Os traballos de extinción serán marcados sempre por persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais ao responsable da brigada. A brigada debe en todo momento colaborar e coordinarse co despregue de medios do Distrito Forestal. A brigada asemade das labores de extinción que lle poidan ser encomendadas levará a cabo labores de prevención de incendios forestais encamiñadas a diminuir o risco de propagación e minorar os danos dos incendios forestais no caso de producirse. Estes traballos consistirán na roza, rareo e eliminación de restos nos tres meses de operatividade da brigada e desenvolveranse en vías e camiños forestais, áreas cortalumes ou nas súas faixas de xestión da biomasa de titularidade municipal, ou en superficies sobre as cales a entidade local teña cesión de aproveitamento, uso e/ou disfrute realizada por parte das persoas responsables de acordo co artigo 21 ter da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia ou superficies de propietario descoñecido, previa acreditación de dita condición. Todo elo cando non sexa posible a mecanización de ditos traballos. 5.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: Segundo o PLADIGA 2016 son as seguintes: - Coñecemento básico da loita contra incendios forestais. - Coñecemento xeral dos medios que usa a brigada. - Coñecemento e práctica das especialidades elementais (mochilas de extinción, retardantes, motoserra, rozadora, tendido de mangueiras ...). - Utilizará a maquinaria e apeiros de manexo manual propio das tarefas encomendadas de defensa contra incendios. - En todo caso obedecerá as ordes do/da Xefe/a de Brigada. - Ocuparase de levar a cabo as obras de construción, mellora e mantemento de infraestruturas da defensa contra incendios. - Conducirá os vehículos dedicados ao transporte das brigadas e materiais do servizo. - Dirixirá e participará no tendido de mangueira na ausencia do/da Xefe/a de Brigada. - Manexará o portófono. - Utilizará a maquinaria e apeiros de manexo manual propio das tarefas encomendadas de defensa contra incendios. - Participará na execución de queimas controladas. - Observará e cumprirá as normas de seguridade e prevención de riscos laborais. - Substituirá ao/á Xefe/a de Brigada en caso de ausencia. - Aqueloutras tarefas que se van desenvolver tanto no ámbito da extinción como no da prevención segundo as necesidades que en cada momento sexan prioritarias. 6.- DURACIÓN DO CONTRATO: 3 meses a contar dende a sinatura do contrato. 7.- REQUISITOS INDISPENSABLES. a) Estar en posesión do Certificado de escolaridade, certificado de estudos primarios ou equivalente. b) Permiso de conducir clase B (deberá aportarse coa solicitude de participación no proceso selectivo). c) Asemade da documentación requerida na Base 5 das Bases Xerais deberá aportar autorización para realizar a proba física de esforzo que deberán realizar xunto co recoñecemento médico previo á contratación (Anexo I das presentes bases). Non poderán participar na presente convocatoria aquelas persoas que teñan prestado servizos no Concello de O Valadouro con carácter temporal por un período de 21 meses nos últimos 27 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período. 25 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo 8.- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 3. 9.- SISTEMA SELECTIVO: CONCURSO-OPOSICIÓN 9.1. FASE DE OPOSICIÓN. Valorarase cun máximo de 60 puntos, sendo a puntuación mínima para superar esta fase 35 puntos. Constará das seguintes probas: 9.1.1. Proba de coñecementos xerais e específicos. Esta proba terá carácter teórico e a súa finalidade é que os aspirantes poidan amosar os seus coñecementos sobre as materias comúns e as materias específica contidas no programa incluído nestas Bases. Dita proba consistirá en contestar por escrito un cuestionario con 25 preguntas tipo test, con tres respostas alternativas nun tempo máximo de 15 minutos elaborado polo Tribunal previamente antes da súa realización en relación cos temas contidos no apartado de materias comúns e específicas do temario do programa de acceso. A puntuación deste exercicio é de 0 a 15 puntos sendo o criterio de corrección o seguinte: por cada pregunta respostada correctamente obterase unha puntuación de 0,60 puntos namentras que por cada pregunta non respostada descontarase 0,15 puntos e por cada pregunta respostada incorrectamente descontarase unha puntuación de 0,30 puntos. 9.1.2.- Proba práctica. Consistirá na realización dunha proba de aptitude profesional encamiñada a demostrar a capacidade da persoa para a realización das funcións do posto de traballo enumeradas na Base 5 e na que se valorará a calidade e rapidez na execución das tarefas e manexo de maquinaria e apeiros así como das especialidades elementais ( mochilas de extinción, retardantes, motoserra, desbrozadora, tendido de mangueiras, etc). Esta proba é obrigatoria cualificándose ata un máximo de 45 puntos. 9.1.3.- Proba de Galego. O artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que: “[…], para darlle comprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do Galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.”. A proba consistirá na tradución dun texto en castelán para o galego ou en galego para o castelán. Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto ou non apto. Os/as aspirantes que acrediten posuír con anterioridade ao día en que remate o prazo de presentación de solicitudes o nivel de galego esixido nas Bases específicas non terán que realizar esta proba. 9.1.4.- Adaptación de probas aos aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Aqueles aspirantes con discapacidade que se presenten á cota xeral ou a cota reservada a discapacitados poderán solicitar as adaptacións e axustes razoables e necesarios de tempo e medios para a realización das probas, debendo facelo constar na solicitude. Estas adaptacións realizaranse conforme ao establecido na Orde 1822/2006, de 9 de xuño pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade. 9.2.- FASE DE CONCURSO. Rematada a fase de oposición, procederase a realizar a fase de concurso aos/ás aspirante/s que superasen a puntuación mínima para superar a fase de oposición. 9.2.1.- Baremo de méritos. O Tribunal puntuará os méritos acreditados polos aspirantes, segundo se determina no apartado 5.3 das Bases xerais, conforme ao sinalado no presente baremo: A) Experiencia profesional. Valorarase a experiencia profesional segundo os seguintes criterios ata un máximo de 20 puntos. No suposto de relacións laborais ou de servizo de carácter parcial, o cómputo do tempo da concreta relación laboral será a que apareza sinalada no Informe de Vida Laboral. Os servizos prestados como xefe ou peón de brigada de incendios, coordinador técnico de grumir, capataz de grumir ou peón de grumir valoraranse a razón de 0,15 puntos por mes traballado se se prestaron nunha Administración Pública e de 0,07 puntos por mes traballado se se prestaron nunha empresa privada. 26 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo B) Formación: Valorarase ata un máximo de 20 puntos. B1) Cursos, xornadas, seminarios, congresos e similares relacionadas coas funcións da posto/función á que se opta: Os cursos de formación relacionados coa protección do ecosistema e efectos do lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios valoraranse segundo a seguinte táboa: TIPO DE CURSOS PUNTUACIÓN POR HORA Asistencia. 0,035 Aproveitamento. 0,070 A puntuación máxima neste apartado será de 18 puntos. B2) Titulacións académicas: A puntuación máxima neste apartado será de 2 puntos. As titulacións académicas, incluídos os master oficiais, sempre que o Tribunal relacionadas coas funcións da praza valoraranse a razón de 0,50 puntos por titulación. considere que están 10.- RECOÑECEMENTO MÉDICO E PROBA FÍSICA DE ESFORZO. 10.1.- Os aspirantes seleccionados estarán obrigados a realizar antes da súa contratación un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo (proba do banco) nos días, horas e lugares que unilateralmente estableza o Concello de O Valadouro. 10.2.- A non superación do recoñecemento médico ou da proba física de esforzo será causa de non contratación do traballador/a seleccionado/a. 11.- REALIZACIÓN DUN CURSO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS. 11.1.- Os compoñentes da brigada virán obrigados a realizar un curso teórico-práctico de formación sobre prevención e defensa contra incendios forestais de 16 horas que será impartido por persoal competente na materia do curso: enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal. 11.2.- Co obxecto de perfeccionar e dar continuidade á formación deste persoal, este curso será obrigatorio, aínda que os seleccionados xa o recibisen en anos anteriores. 11.3.- A non realización do curso de formación suporá o cese do traballador por incumprimento desta base. 11.4.- O Curso de formación versará sobre as seguintes materias coa distribución horaria que se recomenda: • A defensa contra os incendios forestais en Galicia, 1hora. • Comportamento do lume. Factores que inflúen na evolución do lume, 1 hora • Ferramentas, 1 hora. • Extinción e liquidación, 1,5 horas. • Conducción de vehículos todoterreo, 0,5 horas • Seguridade laboral en incendios forestais, 1 hora. • Primeiros Auxilios, 2 horas. • Traballo co vehículo motobomba 2,5 horas. • Liñas de defensa e ferramentas, 2,5 horas. • EPI e comunicacións, 1 hora. • Seguridade e saúde e Partes, 1 hora. • Medios aéreos, embarque e desembarque. Posición de seguridade en descargas, 1 hora. 27 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo ANEXO I CONSENTIMENTO CON COÑECEMENTO DE CAUSA. DON ........................................., con D.N.I ............................................., como parte do proceso de selección de DOUS POSTOS DE PEÓN CONDUTOR DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PARA O CONCELLO DE O VALADOURO COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020 COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) entendo que se me pedirá levar a cabo diversas probas para valorar o meu nivel de aptitude biolóxica en caso de resultar seleccionado. Entendo que teño liberdade para formular calquera pregunta sobre calquera proba. Se por algún motivo non poido realizar algunha proba informarei ó administrador. Existen certos riscos asociados á realización das probas entre eles respostas anormais da tensión arterial ou da frecuencia cardíaca, trastornos nos latidos cardíacos, desmaios e en casos raros, ataques cardíacos, apoplexía ou morte. Posto que o meu estado de saude pode afectar directamente á miña seguridade durante o exercicio, poñerei ó corrente ó administrador de tódolos meus problemas de saúde. Asimesmo informarei con prontitude sobre calquera molestia ou dor asociados cunha determinada proba ós administradores. A inscrición para participar no proceso de selección é voluntaria e entendo que son libre de retirarme de calquera proba, en calquer momento por razóns de saúde. Igualmente autorizo ó Concello a realizar todas as probas necesarias para verificar o cumprimento das condicións de capacidade funcional necesarias para o desenvolvemento do posto de traballo mediante a realización do pertinente recoñecemento médico incluidas probas de alcoholemia e toxicolóxicas. A información sobre a miña persoa e estado de saúde resultante de dito recoñecemento terá a consideración de datos de carácter persoal incorporándose ó expediente de selección e non será revelada a ningún extrano sen a miña autorización escrita. Lin e acepto este formulario e dou o meu consentimento escrito para participar neste proceso de selección. O Valadouro a de de 2016. ILMO. SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE O VALADOURO. 28 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo ANEXO II. TEMARIO. Parte Primeira. Materias Comúns. Tema 1.- A Administración Local.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. O Concello do Valadouro. Órganos de decisión colexiados e unipersonais. As parroquias do Concello do Valadouro. Tema 2.- A Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Parte Segunda. Materias específicas. Tema 3.- O incendio forestal. O fenómeno do lume. Formas e partes dun incendio Tema 4.- A propagación do lume. Formas de transmisión do calor. Tema 5.- Tipos de incendios. Tema 6.- A vixiancia nos Incendios Forestais :A vixiancia preventiva e as causas dos incendios. Tema 7.- O combate do lume: Principios básicos da extinción. Fases da extinción. Tema 8.- O combate do lume: Ferramentas para a extinción. Tema 9.- A seguridade do persoal na extinción (I): Medidas e medios para a protección persoal. Equipos de protección individual. Tema 10.- A seguridade do persoal na extinción (II): Normas de seguridade de carácter xeral. Normas de seguridade en uso de ferramentas e medios mecánicos. De conformidade co establecido na Base 4.2 das Bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal, de carácter temporal, para prestar servizos ao Concello de O Valadouro (cota xeral ou cota de discapacitados) ábrese un prazo de presentación de solicitudes de 10 días naturais contados dende o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O Valadouro a 31 de maio de 2016.- O Alcalde-Presidente, Edmundo Maseda Maseda. R. 1617 Anuncio CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS PARA O PROCESO SELECTIVO Ó OBXECTO DE CUBRIR 6 POSTOS DE PEÓN PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS. No Boletín Oficial da Provincia número 077 de data 5 de abril de 2016 publicaronse as Bases Xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal, de carácter temporal, para prestar servizos ao Concello de O Valadouro (cota xeral ou cota de discapacitados). Por medio do presente anuncio faise pública a convocatoria e bases específicas para o proceso selectivo ao obxecto de cubrir, con carácter provisional, seis postos de peón para o servizo de Prevención e Defensa Contra incendios Forestais do cadro de persoal laboral temporal do concello do Valadouro aprobada pola Xunta de Goberno Local na súa sesión extraordinaria celebrada o día 30 de maio de 2016 co seguinte contido integro: BASES ESPECÍFICAS PARA O PROCESO SELECTIVO AO OBXECTO DE CUBRIR, SEIS POSTOS DE PEÓN PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS , DO CADRO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DO CONCELLO DO VALADOURO NO MARCO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E O CONCELLO DE O VALADORURO DURANTE OS ANOS 2016, 2017 E 2018, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020. 1.- OBXECTO DA BASES ESPECÍFICAS: Selección de Persoal Laboral Temporal ó abeiro do artigo 15.1.a) do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. 2.- RELACIÓN XURÍDICA: Persoal Laboral temporal (contrato de obra ou servizo determinado) 3.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO: 3.1.- DENOMINACIÓN DO POSTO DE TRABALLO: Peón de incendios 3.2.- GRUPO DE COTIZACIÓN: 10 3.3.- CATEGORIA PROFESIONAL: Peón 3.4.- TIPO DE XORNADA: Xornada completa (37,5 horas semanais, segundo se reflicte no convenio colectivo de condicións de traballo do persoal laboral do Concello do Valadouro). A xornada laboral desenvolverase no horario que demande o servizo e con plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias. 29 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo 3.5.- RETRIBUCIÓNS: O/A Aspirante seleccionado/a percibirá as retribucións establecidas no convenio colectivo para a regulación das condicións de traballo do persoal laboral ó servizo do concello de O Valadouro co seguinte desglose bruto mensual: a) Salario Base: 662,93€ b) Complemento Salarial: 197,58€ c) Parte proporcional Paga Extra: 145,76€. 4.- ADSCRICIÓN: Á brigada de prevención e defensa contra incendios forestais. A cobertura realizase con carácter excepcional por considera-la urxente e inaplazable dacordo co establecido no artigo 20. Dous) da Lei 48/2015, de 29 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016 (BOE número 260, de 30 de outubro de 2015), dentro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Valadouro (O) para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020. A Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola disposición derradeira primeira da Lei 7/2012 do 28 de xuño de Montes establece as medidas preventivas que faciliten a loita contra o lume e que sirvan así mesmo para a posta en valor da potencialidade produtiva, ecolóxica e social do monte galego como base do desenvolvemento sustentable do medio rural. O artigo 8 establece que as administracións públicas de Galicia colaborarán entre si e cooperarán nas tarefas de prevención e loita contra os incendios forestais, achegando os medios materiais, económicos e humanos á súa disposición. Os incendios forestais son unha amenaza que afecta hoxe en día, de xeito xeral, non só o patrimonio forestal público ou privado (tanto montes de particulares, montes veciñais en man común e montes de varas) senón tamén aos recursos naturais e ao mantemento e desenvolvemento da actividade humana no medio rural, ademais de comprometer a sustentabilidade económica e social de Galiza o que require o compromiso de todas as Administracións, en particular a autonómica e local e o conxunto da cidadanía . Compre pois, un enfoque global na actuación preventiva ante os incendios forestais, de xeito que as medidas que se implementen abrangan todo o territorio aínda que, para unha maior eficacia do uso dos recursos, hai que priorizar as zonas clasificadas polo Goberno galego como de medio e alto risco de acordo cos seus plans de prevención e defensa contra incendios forestais. En todo caso, cómpre lembrar que todas as entidades locais de Galicia, segundo o disposto na orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal, están declarados de alto ou medio risco de incendio, polo que poden ser obxecto de financiación con FEADER. A brigada integrarase no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal onde se situe a entidade local, priorizando a actuación da brigada na extinción de incendios forestais respecto de outros traballos, segundo o disposto no artigo 47 da Lei 43/2003, de montes e no artigo 48.6 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais. Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, o órgano autonómico poderá decidir a mobilización destes medios fora do seu termo municipal, conforme ó previsto no PLADIGA no que expresamente se prevé como se producirá a coordinación en tales supostos. A integración no dispositivo do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais realizarase baixo o mando único descrito no PLADIGA. Os traballos de extinción serán marcados sempre por persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais ao responsable da brigada. A brigada debe en todo momento colaborar e coordinarse co despregue de medios do Distrito Forestal. A brigada asemade das labores de extinción que lle poidan ser encomendadas levará a cabo labores de prevención de incendios forestais encamiñadas a diminuir o risco de propagación e minorar os danos dos incendios forestais no caso de producirse. Estes traballos consistirán na roza, rareo e eliminación de restos nos tres meses de operatividade da brigada e desenvolveranse en vías e camiños forestais, áreas cortalumes ou nas súas faixas de xestión da biomasa de titularidade municipal, ou en superficies sobre as cales a entidade local teña cesión de aproveitamento, uso e/ou disfrute realizada por parte das persoas responsables de acordo co artigo 21 ter da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia ou superficies de propietario descoñecido, previa acreditación de dita condición. Todo elo cando non sexa posible a mecanización de ditos traballos. 5.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: Segundo o PLADIGA 2016 son as seguintes: - Coñecemento básico da loita contra incendios forestais. - Coñecemento xeral dos medios que usa a brigada. - Coñecemento e práctica das especialidades elementais (mochilas de extinción, retardantes, motoserra, rozadora, tendido de mangueiras, ...). - Ocuparase de levar a cabo as obras de construción, mellora e mantemento de infraestruturas da defensa contra incendios. 30 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo - Segundo as necesidades do servizo, en ausencia do/da Peón/a Condutor/a e o/a Xefe/a de Brigada e con autorización do Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais poderá conducir os vehículos dedicados ao transporte das brigadas e materiais do servizo. - Utilizará a maquinaria e apeiros de manexo manual propio das tarefas encomendadas de defensa contra incendios. - Auxiliará ao/á Condutor/a de motobomba se fora necesario. - En todo caso obedecerá as ordes do/da Xefe/a de Brigada e da superioridade competente. - Observará e cumprirá as normas de seguridade e prevención de riscos laborais. - Participará na execución de queimas controladas. - Aqueloutras tarefas que se van desenvolver tanto no ámbito da extinción como no da prevención segundo as necesidades que en cada momento sexan prioritarias. 6.- DURACIÓN DO CONTRATO: 3 meses a contar dende a sinatura do contrato. 7.- REQUISITOS INDISPENSABLES. a) Estar en posesión do Certificado de escolaridade, certificado de estudos primarios ou equivalente. b) Asemade da documentación requerida na Base 5 das Bases Xerais deberá aportar autorización para realizar a proba física de esforzo que deberán realizar xunto co recoñecemento médico previo á contratación (Anexo I das presentes bases). Non poderán participar na presente convocatoria aquelas persoas que teñan prestado servizos no Concello de O Valadouro con carácter temporal por un período de 21 meses nos últimos 27 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período. 8.- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 3. 9.- SISTEMA SELECTIVO: CONCURSO-OPOSICIÓN Valorarase cun máximo de 60 puntos, sendo a puntuación mínima para superar esta fase 35 puntos. Constará das seguintes probas: 9.1.1. Proba de coñecementos xerais e específicos. Esta proba terá carácter teórico e a súa finalidade é que os aspirantes poidan amosar os seus coñecementos sobre as materias comúns e as materias específica contidas no programa incluído nestas Bases. Dita proba consistirá en contestar por escrito un cuestionario con 25 preguntas tipo test, con tres respostas alternativas nun tempo máximo de 15 minutos elaborado polo Tribunal previamente antes da súa realización en relación cos temas contidos no apartado de materias comúns e específicas do temario do programa de acceso. A puntuación deste exercicio é de 0 a 15 puntos sendo o criterio de corrección o seguinte: por cada pregunta respostada correctamente obterase unha puntuación de 0,60 puntos namentras que por cada pregunta non respostada descontarase 0,15 puntos e por cada pregunta respostada incorrectamente descontarase unha puntuación de 0,30 puntos. 9.1.2.- Proba práctica. Consistirá na realización dunha proba de aptitude profesional encamiñada a demostrar a capacidade da persoa para a realización das funcións do posto de traballo enumeradas na Base 5 e na que se valorará a calidade e rapidez na execución das tarefas e manexo de maquinaria e apeiros así como das especialidades elementais ( mochilas de extinción, retardantes, motoserra, desbrozadora, tendido de mangueiras, etc). Esta proba é obrigatoria cualificándose ata un máximo de 45 puntos. 9.1.3.- Proba de Galego. O artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que: “[…], para darlle comprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do Galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.”. A proba consistirá na tradución dun texto en castelán para o galego ou en galego para o castelán. Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto ou non apto. Os/as aspirantes que acrediten posuír con anterioridade ao día en que remate o prazo de presentación de solicitudes o nivel de galego esixido nas Bases específicas non terán que realizar esta proba. 31 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo 9.1.4.- Adaptación de probas aos aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Aqueles aspirantes con discapacidade que se presenten á cota xeral ou a cota reservada a discapacitados poderán solicitar as adaptacións e axustes razoables e necesarios de tempo e medios para a realización das probas, debendo facelo constar na solicitude. Estas adaptacións realizaranse conforme ao establecido na Orde 1822/2006, de 9 de xuño pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade. 9.2.- FASE DE CONCURSO. Rematada a fase de oposición, procederase a realizar a fase de concurso aos/ás aspirante/s que superasen a puntuación mínima para superar a fase de oposición. 9.2.1.- Baremo de méritos. O Tribunal puntuará os méritos acreditados polos aspirantes, segundo se determina no apartado 5.3 das Bases xerais, conforme ao sinalado no presente baremo: A) Experiencia profesional. Valorarase a experiencia profesional segundo os seguintes criterios ata un máximo de 20 puntos. No suposto de relacións laborais ou de servizo de carácter parcial, o cómputo do tempo da concreta relación laboral será a que apareza sinalada no Informe de Vida Laboral. Os servizos prestados como xefe ou peón de brigada de incendios, coordinador técnico de grumir, capataz de grumir ou peón de grumir valoraranse a razón de 0,15 puntos por mes traballado se se prestaron nunha Administración Pública e de 0,07 puntos por mes traballado se se prestaron nunha empresa privada. B) Formación: Valorarase ata un máximo de 20 puntos. B1) Cursos, xornadas, seminarios, congresos e similares relacionadas coas funcións da posto/función á que se opta: Os cursos de formación relacionados coa protección do ecosistema e efectos do lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios valoraranse segundo a seguinte táboa: TIPO DE CURSOS PUNTUACIÓN POR HORA Asistencia. 0,035 Aproveitamento. 0,070 A puntuación máxima neste apartado será de 18 puntos. B2) Titulacións académicas: A puntuación máxima neste apartado será de 2 puntos. As titulacións académicas, incluídos os master oficiais, sempre que o Tribunal relacionadas coas funcións da praza valoraranse a razón de 0,50 puntos por titulación. considere que están 10.- RECOÑECEMENTO MÉDICO E PROBA FÍSICA DE ESFORZO. 10.1.- Os aspirantes seleccionados estarán obrigados a realizar antes da súa contratación un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo (proba do banco) nos días, horas e lugares que unilateralmente estableza o Concello de O Valadouro. 10.2.- A non superación do recoñecemento médico ou da proba física de esforzo será causa de non contratación do traballador/a seleccionado/a. 11.- REALIZACIÓN DUN CURSO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS. 11.1.- Os compoñentes da brigada virán obrigados a realizar un curso teórico-práctico de formación sobre prevención e defensa contra incendios forestais de 16 horas que será impartido por persoal competente na materia do curso: enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal. 11.2.- Co obxecto de perfeccionar e dar continuidade á formación deste persoal, este curso será obrigatorio, aínda que os seleccionados xa o recibisen en anos anteriores. 11.3.- A non realización do curso de formación suporá o cese do traballador por incumprimento desta base. 11.4.- O Curso de formación versará sobre as seguintes materias coa distribución horaria que se recomenda: • A defensa contra os incendios forestais en Galicia, 1hora. • Comportamento do lume. Factores que inflúen na evolución do lume, 1 hora • Ferramentas, 1 hora. 32 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 • Extinción e liquidación, 1,5 horas. • Conducción de vehículos todoterreo, 0,5 horas • Seguridade laboral en incendios forestais, 1 hora. • Primeiros Auxilios, 2 horas. • Traballo co vehículo motobomba 2,5 horas. • Liñas de defensa e ferramentas, 2,5 horas. • EPI e comunicacións, 1 hora. • Seguridade e saúde e Partes, 1 hora. • Medios aéreos, embarque e desembarque. Posición de seguridade en descargas, 1 hora. B.O.P de Lugo 33 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo ANEXO I CONSENTIMENTO CON COÑECEMENTO DE CAUSA. DON ........................................., con D.N.I ............................................., como parte do proceso de selección de SEIS POSTOS DE PEÓN DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PARA O CONCELLO DE O VALADOURO COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL NO MARCO DO PDR DE GALICIA 20142020 COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) entendo que se me pedirá levar a cabo diversas probas para valorar o meu nivel de aptitude biolóxica en caso de resultar seleccionado. Entendo que teño liberdade para formular calquera pregunta sobre calquera proba. Se por algún motivo non poido realizar algunha proba informarei ó administrador. Existen certos riscos asociados á realización das probas entre eles respostas anormais da tensión arterial ou da frecuencia cardíaca, trastornos nos latidos cardíacos, desmaios e en casos raros, ataques cardíacos, apoplexía ou morte. Posto que o meu estado de saude pode afectar directamente á miña seguridade durante o exercicio, poñerei ó corrente ó administrador de tódolos meus problemas de saúde. Asimesmo informarei con prontitude sobre calquera molestia ou dor asociados cunha determinada proba ós administradores. A inscrición para participar no proceso de selección é voluntaria e entendo que son libre de retirarme de calquera proba, en calquer momento por razóns de saúde. Igualmente autorizo ó Concello a realizar todas as probas necesarias para verificar o cumprimento das condicións de capacidade funcional necesarias para o desenvolvemento do posto de traballo mediante a realización do pertinente recoñecemento médico incluidas probas de alcoholemia e toxicolóxicas. A información sobre a miña persoa e estado de saúde resultante de dito recoñecemento terá a consideración de datos de carácter persoal incorporándose ó expediente de selección e non será revelada a ningún extrano sen a miña autorización escrita. Lin e acepto este formulario e dou o meu consentimento escrito para participar neste proceso de selección. O Valadouro a de de 2016. ILMO. SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE O VALADOURO. 34 Núm. 129 – Lunes, 6 de Junio de 2016 B.O.P de Lugo ANEXO II. TEMARIO. Parte Primeira. Materias Comúns. Tema 1.- A Administración Local.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. O Concello do Valadouro. Órganos de decisión colexiados e unipersonais. As parroquias do Concello do Valadouro. Tema 2.- A Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Parte Segunda. Materias específicas. Tema 3.- O incendio forestal. O fenómeno do lume. Formas e partes dun incendio Tema 4.- A propagación do lume. Formas de transmisión do calor. Tema 5.- Tipos de incendios. Tema 6.- A vixiancia nos Incendios Forestais :A vixiancia preventiva e as causas dos incendios. Tema 7.- O combate do lume: Principios básicos da extinción. Fases da extinción. Tema 8.- O combate do lume: Ferramentas para a extinción. Tema 9.- A seguridade do persoal na extinción (I): Medidas e medios para a protección persoal. Equipos de protección individual. Tema 10.- A seguridade do persoal na extinción (II): Normas de seguridade de carácter xeral. Normas de seguridade en uso de ferramentas e medios mecánicos. De conformidade co establecido na Base 4.2 das Bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal, de carácter temporal, para prestar servizos ao Concello de O Valadouro (cota xeral ou cota de discapacitados) ábrese un prazo de presentación de solicitudes de 10 días naturais contados dende o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O Valadouro a 31 de maio de 2016.- O Alcalde-Presidente,Edmundo Maseda Maseda. R. 1618 Anuncio Rendida a Conta Xeral para o exercicio económico de 2015 e ditaminada pola Comisión Especial de Contas e Informativa de Planificación Económica na súa sesión ordinaria celebrada o día 26 de maio de 2016, a mesma xunto co ditame e os documentos que a xustifican, exponse ao público por un prazo de 15 días hábiles que se computarán a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales e oito días máis os interesados poderán formular por escrito as reclamacións , reparos ou observacións que se estimen oportunas, tal e como sinala o artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. O Valadouro a 31 de maio de 2016.- O alcalde, Edmundo Maseda Maseda R. 1619 Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 06.06.2016 08:00:00 CEST Razón: Localización: España