Ola! Xa estamos de volta. No que levamos de curso, estivemos traballando sobre os seres fantásticos da nosa tradición oral. O noso punto de partida foron os libros “Diccionario dos Seres Míticos Galegos” e “Pequena mitoloxía de Galicia”, de Ed. Xerais. ´Velaquí como foi. C.E.I.P. Pepe de Xan Baña O mago Fuco enviounos unha carta dicíndonos que estiveramos moi atentos a todo o que ocorría no cole. Apareceron misteriosas pegadas polo chan. Visitounos un ratiño moi especial... ...E ata un trasno púxose a contar grans de millo onde estaban os libros que falaban deles. Presentamos o proxecto… … e empezamos a ler. CELEBRAMOS O SAMAÍN “Corre, corre, cabaciña”. Ed. OQO “Que susto!” Ed. Fucotk XOGAMOS NO TÚNEL DO TERROR… … E APARECEU UNHA FAMILIA DE TRASNOS No entroido visitáronos personaxes da nosa tradición oral: ananos, o rato que leva os dentes, animais fantásticos, meigas e meigos, trasnos e trasnas, cocóns, a Santa Compaña e ata almas en pena. Todos xuntos fixemos unha festa. COMPUXEMOS: POEMAS: Os trasnos son seres que se agochan, para que nós non saibamos onde habitan. Trasniños despistados coma os nenos. Ananiños fantásticos e travesos avoíños. Bolboretas máxicas cheas de colorido dispostas a encher de fantasía a imaxinación e os contos. (4º E. P) CANCIÓNS: “ANANO SALTARÍN, ANANO SALTARÍN, NON MARCHES DA CLASE QUE EU XA TE VIN.” (INFANTIL) CONXUROS: “Sapos, bruxas e curuxas, teas de araña, dentes de rato, tripas de sapo, bigotes de gato, se queres pasar un bo anaco, abre este libro de inmediato.” (3º) ARROLOS “ O home do saco xa está a chegar. Durmide meus nenos que vos ha levar”. “Arrunrún, meu neniño, arrunrún, meu sol durme neniño do meu corazón”. Recollemos historias da nosa zona: “Era de noite e un curmán da miña avoa volvía para casa e viu un grupo de xente que estaban metendo na casa do veciño unha caixa de morto. El coma non sabía nada achegouse alí e de súpeto xa non viu nada. Chamou á porta e saiu Sabela, a dona da casa, e díxolle que alí non pasara nada. Entón marchou cavilando que alí ía morrer alguén axiña. Á mañán seguinte avisárono de que morrera Sabela, a mesma muller que falara con el.” (6º) “Un amigo do meu avó Florentino levaba tempo enfermo, estaba triste e desanimado. Un día meu avó foino visitar e estando alí, o seu can Louro, empezou a ouvear cos ollos cravados neles e sen apartar a mirada. O amigo do meu avó díxolle que era a morte, que estaba alí mesmo. O meu avó marchou para casa tremendo de medo e dalí a un anaco avisárono de que o seu amigo morrera.” (6º) (5º) FOMOS AUTORES DE INTERESANTES LIBROS: E.I: Uns ananiños ocuparon as aulas de infantil e… 1º E. P: Un rato atopou moito traballo na escola. 4º E.P: Unha familia de trasnos decidiu instalarse no colexio. 2º E.P: Dragóns, sereas, basiliscos… Cantos animais fantásticos! 3º E.P: Hai meigas, pero podemos protexernos delas. 5º E.P: cos cocóns tamén podemos durmirnos. 6º E.P: A quen se lle ocorre ir ao cemiterio pola noite? Inglés: tamén hai lugar para o Halloween no noso centro. 6º E.P: unha procesión “nocturna” típica da nosa terra. Aquí tedes títulos de libros relacionados co traballado ata agora. Se tedes ocasión, mercade algún, porque sabedes que paga a pena. Contamos convosco para o seguinte proxecto: “Animaliños e animaladas”. PRELECTORES E 1º CICLO: • O Anano Saltareiro. Kalandraka. •Lapadoiras, Sacauntos e Cocón. Marilar Alexandre. Ed. Galaxia Editores. •O pequeno xigante. Montse Tobella. Ed. Sotelo Blanco. •O zapateiro e os trasnos. Eva Mejuto. Ed. Kalandraka. •Ver e ler… os xigantes/os gnomos/ as fadas/ as bruxas. Jordi Busquets. Ed. Sálvora. •E leva os nenos que non comen, non. Geertje Gort e Ceseli Josephus Jitta. Ed. Tambre. •As fabas máxicas. Ed. Kalandraka. •¿Quen lle ten medo á bruxa?. Fanny Joly. Ed. Xerais de Galicia. •A bruxa tola. Joseph Gregori. Ed. Xerais. •O peixe falador. C. A. Jordana. Ed. Sotelo Blanco. •Un montón de unicornios. Ana Mª Machado. Ed.S.M. •Palabras máxicas. Pablo Prestifilippo.Ed.Galaxia. •Historias de magos/ de monstruos/ de brujas. Paula Bombara/Florencia Cafferata. Ed. Susaeta. •El hada del arco iris. Ana Mª Romero Yebra. Ed. Bruño. TERCEIRO CICLO: •Andainas de Pedro Chosco. Pepe Carballude. Ed.S.M. •Aparicións e Santa Compaña. Xósé Ramón Mariño Ferro. Ed. do Cumio. •Contos de homes e mulleres. Xosé Ramón Mariño Ferro. Ed. do Cumio. •Contos marabillosos. Xosé Ramón Mariño Ferro. Ed. o Cumio. •Cando petan na porta pola noite. Xabier P. Docampo. Ed. Xerais de Galicia. •Contos de encantamento I, II. Xosé Miranda, Antonio Reigosa. Ed. Xerais. •Contos de maxia II, III, IV. Xosé Miranda, Antonio Reigosa. Ed. Xerais. •Contos de parvos e pillos I, II. Xosé Miranda, Antonio Reigosa. Ed. Xerais. •Contos prodixiosos I, II. Xosé Miranda, Antonio Reigosa. Ed. Xerais. •Contos fantásticos I, II. Xosé Miranda, Antonio Reigosa. Ed. Xerais. •O demo e o trasno. Xosé Ramón Mariño Ferro. Ed. do Cumio. •Druídas, deuses e heroes da mitoloxía celta. Anne Ross. Ed. Xerais de Galicia. SEGUNDO CICLO: •Contos da media luniña.Volumes 2, 5, 6, 10. Ed. Algaida. •Contos marabillosos I, II, IV. Ed. Xerais. •Contos tradicionais portugueses. José António Gomes. Ed. Ir Indo. •O legado dos elfos. Fernando Martínez. Ed. Baía. •A lenda dos gnomos. Fernando Martínez. Ed. Baía. •Marabillas das fadas. Blanca Castillo. Ed. Baía. •A maxia dos trasnos. Blanca Castillo. Ed. Baía. •Sedna, a deusa do mar. Xoán Abeleira. Ed. Xerais. •O trasno de Alqueidón. Marilar Alexandre. Ed. Xerais. •Xigananos e Anantes. Manuel Antonio Pina. Ed. Xerais de Galicia. •303 adiviñas. Gloria Sánchez. Ed. Xerais. •No corazón do bosque. Agustín Fernández Paz. Ed. Anaya. •Cuentos y leyendas I, II. Cultural Ediciones. •El duende y el robot. Fernando Alonso. Ed. Miñón. •Los enanos de Mantua. Gianni Rodari. Ed. S. M. •Manual para una pequeña bruja. Gloria Sánchez. Ed. Edebé. •Cuentos a la luz de un candil. Carlos Reviejo. Ed. S. M. •En mi casa hay un duende. Antonio Martínez Menchén. Ed. Anaya. •Un duende a rayas. María Puncel. Ed. S. M. •La comedia de los ogros. Fred Bernard. Ed. Juventud. •Lobos, lobas e lobishomes. Xosé Ramón Mariño Ferro. Ed. do Cumio. •Serpes e dragóns. Xosé Ramón Mariño Ferro. Ed. do Cumio. •Xiganano, onde estás?. Antón Cortizas. Ed. S. M. •Canción de la Tierra. Mary Hoffman. Ed. Blume. •El Espíritu del bosque. Helen East, Eric Maddern. Ed. Blume. •Por todos los dioses!. Ramón García Domínguez. Ed. •Cuentos y leyendas 2, 4, 5. Libros bilingües. Ed. Didaco. Ola, amig@s! Aquí vai un pequeno resumo do que estivemos traballando neste último proxecto. C.E.I.P. Pepe de Xan Baña Coma sempre, o mago Fuco, animounos coa súa carta a descubrir, coñecer, valorar e coidar máis aos animais. Despois, pouco a pouco… ...os corredores do colexio enchéronse con fotos nas que estabamos nós e tamén os nosos animais... ...e de mascotas para o mago Fuco. Presentamos o proxecto… Empezamos coa lectura de “A cabra boba”... … e seguimos lendo. Ilustramos poemas de diferentes autores, que falaban de animais. BOLBORETA Bolboreta, bolboreta, Bolboreta aparecida, lucindo mantón de festa na camposa florecida. Volve, volve, bolboreta; voltando, xirando, vira como unha gota de orballo que naceu na amañecida. Levas vestido de cores, arrecendes a herbas finas, dacabalo do irmán vento, cabalgas toxos e lilas. Volve, volve, bolboreta, ao meu xardín de visita. (Ana Mª Fernández) Aquela casa de pedra habítana as andoriñas. Alí xantan, beben, bailan; alí voan, choran, pían. (Antonio García Teijeiro) A ARAÑA TECE Nos milleirais con moita maña, puntos de prata tecía a araña. Tea de prata con nós moi roxos... Uns, apertados e os outros frouxos. De noite e día crece a maraña, un longo encaixe teceu a araña. Nos milleirais con moita maña, puntos de prata teceu a araña. (Anisia Miranda) CARACOL CARACOL, COL, COL, CARACOL, CARACOLEIRO: ¡PON OS TEUS CORNOS AO SOL XA QUE ES TAN FRIOLEIRO. AO LOMBO LEVAS A CASA, CARACOL, CARACOLEIRO: E DEIXAS CINTAS DE SEDA ENGALANANDO O CARREIRO! CARACOL, COL, COL; CARACOL, CARACOLÓN: PON OS TEUS CORNOS AO SOL, AO SOL TEUS CORNOS PON! (MANUEL MARÍA) Tivemos moitas visitas: FINA CASALDERREY: Contounos fermosas historias e asinounos moitos libros. KALANDRAKA: Deleitáronnos con contos moi musicais. CASA HAMLET: Representaron a obra “Lobos de mentira” e fixéronnos rir moito. Seguimos facendo libros: E. Infantil: As aventuras dun caracol e unha xoaniña. Aprendimos moitas cousas das tartarugas: onde viven, que comen, como son, etc. 2º E. P: as nosas mascotas queren que as escoitemos, porque teñen moitas cousas que dicirnos. 1º E. P: moitas cousas para dicir, pensar e xogar, con animais. 3º E. P: os animais non só están na natureza; tamén están nos libros ( e é moi fácil atopalos). 4º E. P: unhas ras chegan á escola e aprendemos moito de elas. 5º E. P: os animais foron os protagonistas das fábulas, acrósticos e rimas. 6º E.P: as aves teñen moitas cousas curiosas que ensinarnos. E. Musical: os animais non cantan, non tocan ningún instrumento, pero forman parte de grandes obras musicais. E. Relixiosa: os animais están presentes dende o principio dos tempos. Nos libros da biblia descubrirémoslos. L. Inglesa: non sabemos onde está o can e buscámolo por distintos lugares. Entre todo o cole fixemos un conto viaxeiro titulado “ A ra enfeitizada”. Un libro pode ser un gran compañeiro no verán. Aquí tedes algúns títulos relacionados co que estivemos a traballar. Sería estupendo que lerades algún deles. Bo verán. Espérovos o curso que vén. PRELECTORES E 1º CICLO DE PRIMARIA •A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.Werner Nolzwarth eWolf Erlbruch. Ed. Kalandraka. •O gato lambón. Perica Patacrúa. Ed. Kalandraka. •Chibos chibóns. Olalla Gonzalez. Ed. Kalandraka. •Xanardán e a becha. Susana Casal e Xosé López. Ed.A nosa terra. •Dinosaurio Belisario. Pepe Cáccamo e Carles Arbat. Ed. Kalandraka. •O pito cairo. Marisa Núñez. Ed. Kalandraka. •A Cebra Camila. Marisa Núñez. Ed. Kalandraka. •Elmer,outra vez. David Mckee. Ed. Xerais. •Sopa de Rato. Arnold Lobeld. Ed. Kalandraka •A casa da Mosca Chosca. Eva Mejuto. Ed. Kalandraka. •Amores de rato e gato. Toño nuñez. Ed. Kalandraka. •Non é fácil, pequeno esquío. Elisa Ramón. Ed. Kalandraka. •Sen rumbo polo mundo , Catarina e o Oso. Ed. Kalandraka. •O can Rin e o lobo Crispín. Carlos Casares. Ed. Galaxia. •Rufo e Trufo sobre o tellado. Carme García Iglesias. ¡Yo soy el mayor! Begoña Ibarrola. Ed. S. M. Peligro en el mar. Begoña Ibarrola. Ed. S M. Una historia con mil monos. Ruth Rocha. Ed. S. M. SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA •Iván e o lobo gris. Carmen Perís. Ed. Sotelo blanco. •A historia da pita que elixiu a nosa escola para poñer. Ed. Galaxia. •A galiña azul. Carlos Casares. Ed. Galaxia. •O león durmiñón. Anxo Fariña. Ed. A Nosa Terra. •Don Merlo con chaqueta. Helena Villar Janeiro. Ed. Xerais. •Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico. Paula Carballeira. Ed. Xerais. •Morris Milpés. Mick Fitzmaourice. Ed. Xerais. •O can Rin e o lobo Crispín. Carlos Casares. Ed. Galaxia. •Sígueme (unha historia de amor que non ten nada de raro). José Campanari. Ed. OQO. •Roque o todo lo que quieres saber sobre tu perro. Caroline Hess. Ed. Edelvives. •Rafa la garza y Tono el zorro. Lawrence Tichit. Ed. Vicens Vives. •Un tirón de la cola. Mary Hoffman. Ed. Vicens Vives. •Cuentos de animales famosos. Ed. Susaeta. •El gran libro del lobo feroz. Ed. Juventud. •Crispín. El cerdito que lo tenía todo. Ted Dewan. Ed. Juventud. •Gran Libro De Las Fábulas. Antonio Arias. Ed. Esin. TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA •O cocho de carreiras de Ruddi Fuciños. Uwe Timm. Arvore. •O castón de ouro. Darío Xohán Cabana. Ed. SM. •O misterio dos fillos de Lúa. Fina Casalderrey. Ed. S. M. •O merlo branco. Cándido Pazó. Ed. Bruño. •Memorias dun raposo. Antonio Reigosa. Ed. Xerais. •O caribú namorado. Xoán Abeleira. Ed. Xerais. •Unha inmensa vaca marela. J. F. Renal. Ed. Edebé-Rodeira. •A historia de Bavar e do Kiwi. Silverio Cerradelo. •Black Beauty. Anna Sewell. Ed. Planeta-Agostini. •Fábulas de Esopo. Jerry Pinkney. Ed. Vicens Vives. •¿Tienen los animales que lavarse los dientes?. Walli Müller. Ed. EDAF.