TC A: Cerdido - “Fercarpi Galicia” (16,370 Kms) 1ª Pasada: Peche - 07:30 2ª Pasada: Peche - continúa Paso - 08:30 Paso - 12:08 1- No quilómetro 5,3 da AC-102 (estrada de Cerdido), tomaremos a DP-2502, pola indicación “Valdoviño” e atoparemos o treito a 3 quilómetros. (43°36'49" N - 8°01'54" O) Peneiro, Canosa, Cabanela, Xanfero, Valdixe”, e percorrendo 2400 metros sen desviarnos en ningún momento, atoparemos a especial. (43º36'03'' N - 7º59'13'' O) 2- No quilómetro 22,950 da AC-862, tomaremos o desvío con indicación “Cruz da Raíña, Bardaos” e despois de 3,4 quilómetros sen desviarnos, ó chegar a un STOP, continuaremos de fronte pola DP-2501 seguindo as indicacións de “Monte” e “A Chaíña”, por onde a 2,6 quilómetros chegaremos xunto ó “Bar A Chaíña” e a 200 metros estaremos na especial. (43°36'38" N - 8°01'13" O) 6- Dende o lugar de “Vila da Igrexa”, na AC-102, podemos coller cara “O Castro, Domende, Cruz dos Novas” por onde atoparemos a especial tras percorrer 1,5 quilómetros sen desviarnos. (43º36'42'' N - 7º59'17'' O) 3- Outra opción dende a DP-2502 (Valdoviño-Cerdido), a temos no quilómetro 15,4 na que seguindo a indicación “Penso, Balados, Chaíña” atoparemos o treito cronometrado a 700 metros. (43º36'53'' N - 8º00'57'' O) 4- Circulando pola AC-862 con dirección a Ortigueira, xusto despois de pasar o fito quilométrico 27, xiraremos á esquerda por unha pista sen indicación e avanzaremos sempre de fronte durante 1,1 quilómetros ata chegar ó lugar de “Canosa”, no cal deberemos continuar pola esquerda e a 1 quilómetro, de novo sen desviarnos, estaremos no treito. (43º35'43'' N - 7º59'46'' O) 5- No quilómetro 27,7 da AC-862, xiraremos cara o “Centro Cultural e Deportivo de Abade” pola indicación “Casanova, 7- Xusto no cruce de As Felgosas con dirección a Cerdido nos desviaremos cara “Fercoi” e tras 2,5 quilómetros alcanzaremos o treito. (43º36'38'' N - 7º58'56'' O) 8- En Felgosas, no quilómetro 31,7 da AC-862, nos desviaremos seguindo a indicación “Abruñeiros, Ulfe, Cruz de Casaldaia” e circularemos sen desviarnos 2,3 quilómetros ata chegar ao treito cronometrado. (43º36'01'' N - 7º58'27'' O) 9- Existe outra posibilidade no quilómetro 29,2 da AC-862, onde xirando pola indicación “Sete de Arriba, Chao, Cruz dos Novás” teremos a especial a so 100 metros. (43°35'33" N - 7°58'22" O) 10- Tamén dende a AC-862, no quilómetro 30, poderemos desviarnos cara “Barbelas, Rañoa” pola AC-135 e alcanzaremos o treito a 600 metros. (43°35'37" N - 7°57'44" O) XXIX Rallye Cidade de Narón 2016 - www.rallyenaron.org - Guía do Espectador TC B: Queiroga - “T. Casal y Pernas” (11,520 Kms) 1- Este punto é recomendable para os espectadores que procedan da zona de Ortigueira, xa que na localidade dende o quilómetro 41 da AC-862, (estrada de Narón a Ortigueira), xusto no lugar de Cuíña, tomaremos a DP-4906 con dirección “Igrexa de San Claudio, A Feira, O Ermo, Axilde”. Tras percorrer 7,5 quilómetros pasaremos polo Ermo, e tras outros 5,6 quilómetros continuaremos pola dereita, cara a DP-2503 con dirección á “Igrexa de Insua”. Catro quilómetros máis adiante, sen abandonar esta estrada, alcanzaremos o treito cronometrado. (43°34'21" N - 7°54'13" O) 2- Para acceder a este punto nos desviaremos cara “As Enchousas”, no quilómetro 10,4 da AC-110 (estrada de As Somozas) e continuando por esta DP-4906 encontrarémonos co treito a 2,4 quilómetros. (43°33'34" N - 7°54'22" O) ¡¡¡ATENCIÓN!!! este acceso coincide con un Percorrido de Evacuación polo que non deberá ser obstaculizado, de xeito que ó estacionar quede paso suficiente para o tránsito de ambulancias. De non cumprirse a petición poderíase dar o caso de que o treito non se celebre, ó carecer dunhas evacuacións rápidas e seguras. 1ª Pasada: Peche - 08:05 2ª Pasada: Peche - continúa Paso - 09:05 Paso - 12:43 3- Dende o polígono industrial de As Somozas, despois de percorrer 4,5 quilómetros, chegaremos a Seixas, e una vez alí tomaremos unha pista á esquerda que indica “O Xunco, Morado”, para a continuación, a so 150 metros, continuar pola dereita, e tras percorrer 2,9 quilómetros por unha pista moi estreita, os últimos en mal estado, chegaremos á cronometrada. (43°33'55" N - 7°53'23" O) 4- Outro acceso recomendable para os espectadores que procedan das zonas de Ortigueira e As Pontes. Para os primeiros, tal e como se indicou para o punto 1, na localidade de Cuíña tomaremos a DP-4906 dirección “Igrexa de San Claudio, A Feira, O Ermo, Axilde”, e tras percorrer 22 quilómetros chegaremos ao treito no lugar da Queiroga. A este lugar tamén se pode acceder dende a zona do Deveso, se dende ese lugar discorremos cara As Somozas, por Soutochán. No límite de concellos e tras superar dúas curvas pechadas, na terceira, seguiremos de fronte, durante dous quilómetros. Chegaremos ao lugar de San Miguel, e xiraremos á esquerda, tendo a especial a dous quilómetros. (43°33'47" N - 7°52'40" O) XXIX Rallye Cidade de Narón 2016 - www.rallyenaron.org - Guía do Espectador TC C: Vilachave - “Talleres Breogán” (11,240 Kms) 1- No mesmo centro de As Somozas, collendo a DP-4904 xunto á Igrexa, temos unha moi cómoda opción dende Casa Amando, atopando o treito cronometrado a tan so 60 metros. (43º31'59'' N - 7º56'42'' O) 2- No quilómetro 11,7 da AC-110 (estrada de As Somozas) nos desviaremos dirección “A Barqueira 12”, 130 metros despois continuaremos pola esquerda e chegaremos á especial a 950 metros. (43°31'47" N - 7°57'08" O) 3- Dende o quilómetro 1,3 da DP-4904 (As Somozas - Balocos) chegaremos ó treito si nos desviamos xunto a unha marquesina granate e avanzamos 870 metros. (43º32'08'' N - 7º57'46'' O) 4- Tamén dende a DP-4904, no quilómetro 1,8 poderemos desviarnos dirección “A Queira, A Noigueira”, a 380 metros seguiremos pola esquerda xunto ao letreiro de “A Queira” e atoparemos a especial a 500 metros. (43º32'16'' N - 7º58'01'' O) 1ª Pasada: Peche - 16:50 2ª Pasada: Peche - continúa Paso - 17:50 Paso - 20:35 5- Tanto dende San Sadurniño, si nos desviamos na rotonda cara “Ferreira 3” pola DP-7601 e no quilómetro 6,7 desa mesma estrada collemos dirección “Moeche, Ramil, Felgosa” avanzando 3,9 quilómetros ata chegar a unha marquesina, ou dende Moeche, si baixamos cara o Castelo pola DP-4907 e circulamos ata o seu final (quilómetro 4,5) chegando á mesma marquesina citada anteriormente, nos desviaremos cara a Área Recreativa e Piscina de Moeche, xirando de novo á esquerda a tan so 60 metros e percorrendo uns 3,5 quilómetros por unha estrada en mal estado chegaremos ao treito cronometrado. (43º32'05'' N 7º58'32'' O) 6- No quilómetro 11,850 da AC-110 (estrada de As Somozas), en pleno rasante tomaremos o desvío cara “Construcciones Guerreiro” con sinal de límite de 6 toneladas e chegaremos ao treito a tan so 400 metros. (43°31'29" N - 7°56'42" O) XXIX Rallye Cidade de Narón 2016 - www.rallyenaron.org - Guía do Espectador TC D: Ferreira - “Autos Pasuco” (16,140 Kms) 1- Temos varios accesos que parten dende a estrada AC-861 (Narón - As Pontes), tendo un moi cómodo si dende a rotonda que da acceso á AG-64 (na súa saída de As Somozas), nos desviamos cara As Somozas pola AC-110 e tras percorrer 1,750 quilómetros, xirando á esquerda, teremos o treito a tan so 100 metros. (43°29'37'' N - 7°56'03'' O) 2- A 150 metros da citada rotonda da AC-861, no quilómetro 37,9 teremos outra opción moi sinxela desviándonos xunto á marquesina. Percorreremos 450 metros, continuaremos pola dereita e a 1,1 quilómetros chegaremos ao treito cronometrado. (43°29'20'' N - 7°56'39'' O) 3- Máis posibilidades dende a AC-861 está no quilómetro 38,8 onde si nos desviamos xunto ao letreiro do concello de As Somozas, alcanzaremos o treito cronometrado despois de 1,9 quilómetros tras pasar a ponte da autovía e continuando por calquera das dúas pistas. (43°29'29'' N - 7°56'58'' O) 4- Outra opción dende a AC-861 a temos no quilómetro 40,3 xunto ao antigo Bar La Parada. A 1,2 quilómetros continuaremos pola esquerda, 1 quilómetro e medio máis adiante seguiremos tamén pola esquerda, a 200 metros nos manteremos pola dereita e xa finalmente, a 1,150 quilómetros alcanzaremos a especial. (43°30'10'' N - 7°57'22'' O) 5- A este punto chegaremos dende a AC-110 (estrada de As Somozas), máis concretamente no seu quilómetro 14,350 no lugar de “A Rodela”, e desviarnos xunto á marquesina. A 1200 metros atoparemos a saída. (43°30'27'' N - 7°57'41'' O) 1ª Pasada: Peche - 17:20 2ª Pasada: Peche - continúa Paso - 18:20 Paso - 21:05 6- Tamén dende a AC-861 (Narón-As Pontes), no quilómetro 44, nos poderemos desviar pola indicación “San Sadurniño 10”, e circulando pola DP-7601 durante 1,4 quilómetros chegaremos ó treito. (43°30'22" N - 7°59'56" O) 7- Dende a rotonda de San Sadurniño colleremos a saída con dirección “Ferreira” pola DP-7601, e avanzaremos ata o quilómetro 2, no que nos desviaremos seguindo a indicación “O Sumeiro”. Percorrendo por esa pista 700 metros chegaremos a un cruce no que deberemos seguir de fronte (cara a dereita) e a 150 metros estaremos na especial. (43°30'33'' N - 7°59'51'' O) 8- Outra opción máis cómoda comeza na rotonda de San Sadurniño como no acceso anterior, pero circularemos sempre de fronte pola DP-7601 ata chegar ó treito, no quilómetro 1,5 da mesma. (43°30'30'' N - 7°59'57'' O) 9- Incorporándonos á DP-7601 en San Sadurniño, seguindo a indicación “Ferreira 3, Igrexafeita 10”, avanzaremos ata superar o fito quilométrico 3 e tomaremos o desvío á dereita con indicación “Borreiros de Abaixo”, percorrendo 250 metros para pasar polo medio dunhas casas e continuar por unha pista de terra 700 metros ata o treito. (43°30'33" N - 8°00'43" O) 10- Outra posibilidade máis dende a DP-7601 si entramos por San Sadurniño a temos no quilómetro 5,5 ao tomar unha pista á dereita con indicación “Os Pontigos, A Fraga, Piñeiros”. A 450 metros xiraremos á esquerda e 400 metros despois chegaremos á especial. (43°30'46" N - 8°01'47" O) XXIX Rallye Cidade de Narón 2016 - www.rallyenaron.org - Guía do Espectador