+info: www.culturactiva.org

Anuncio
+info: www.culturactiva.org
Culturactiva / Música
Catálogo 2015
Índice }
Culturactiva { Presentacion }
Música
Música de Escenario { Galicia }
GUADI GALEGO { LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO }
Talabarte
O Sonoro Maxín { A FESTA SON EU!!! }
Vaamonde, Lamas & Romero { O Tambor de prata }
Vaamonde, Lamas & Romero { VL&R con Banda de Música }
Pandeiromus { TEÑO DÍAS }
Coanhadeira { BICOS CON LUVAS }
Sergio Tannus { SON BRASILEGO }
KIN GARCÍA TRÍO
Verbena GALEGa
Música de Rúa { Galicia }
Orquestra OS MODERNOS
FANFARRIA TAquIkARDIA
Aperta { Bloquinho de percusión Aperta }
O SONORO MAXÍN { A Onda Sonora na Rúa }
A Magnifique Bande dos Homes sen Medo { SEN MEDO!! }
CÉ ORQUESTRA PANTASMA { Home Orquestra }
Música { Booking GALICIA + PORTUGAL }
LA TROBA KUNG-FÚ { SANTALEGRÍA }
TXARANGO { SOM RIU }
Yacine & The Oriental Groove { L’estima vença la salvatgia }
OQUES GRASSES { DIGUE-N´HI COM VULGUIS }
Música { Booking Galicia }
Juan Perro { TORNO DE CANCIONES. TOUR 2015 }
DEOLINDA { Mundo Pequenino }
Chico Trujillo
Cumbia All Stars
+info: www.culturactiva.org
Culturactiva { Presentacion }
Desde Culturactiva SCG distribuímos un grande abano de espec-
asociacións veciñais, pasando por ANPAS, fundacións banca-
táculos e compañías galegas, do Estado e do resto do mundo e
rias ou comisións de festas. Tamén coa administración pública
levámolas ao mercado local, estatal e europeo poñéndoas ao
en xeral e con empresas. E non só dende a venda teatral, senón
alcance de programadores/as, concellos, festivais, entidades e
tamén ofrecendo os nosos servizos integrais, podendo encar-
programacións.
garnos de todo o que implica a elaboración dunha programación
Dese xeito, ofrecemos unha ampla gama de espectáculos
(deseño, prensa, produción, direccións, xestión).
teatrais e musicais do máis destacado, tanto dende o punto
Grazas ao noso traballo e á nosa experiencia, actualmente
de vista da calidade das propostas como na variedade das
encargámonos da distribución en exclusiva de compañía de gran
mesmas. Este catálogo que presentamos a continuación tan
prestixio e talento que, dende fai anos, confían en nós para as
só é unha pequena mostra da nosa oferta. Ao estar especiali-
súas actuacións en Galicia. Artistas estatais como as compa-
zados tanto no desenvolvemento de programacións culturais
ñías Pez en Raya ou Yllana e internacionais como Leo Bassi,
coma na xestión integral de todo tipo de evento, traballamos
Jango Edwards ou Johnny Melville traballan con Culturactiva
cun número de compañías e grupos moito máis elevado do que
cada vez que chegan ás nosas salas, nosas rúas e prazas. Unha
nesta selección amosamos. Mais grazas a esta aproximación,
auténtica satisfacción para esta distribuidora que, por suposto,
poderá coñecer mellor a nosa oferta e porse en contacto con
tamén se implica dende as súas orixes na promoción de compa-
nós, xa que n Culturactiva estamos ao seu dispor para estudar,
ñías galegas de contrastada traxectoria como son, entre outras
artellar e propor programacións, proxectos ou intervencións en
moitas, Os 7 Magníficos + 1, Peter Punk, Bandullo Azul, Boneca
cada caso concreto.
Lareta, Serxio Pazos ou Desastronauts.
Na actualidade, somos a principal distribuidora de teatro en
As compañías e bandas que conforman a nosa oferta, co
Galicia e traballamos unha grande cantidade de estilos, sempre
seu talento e o seu esforzo artístico, constitúen, ademais, o
co humor e a calidade como nexo de unión e referencia dos
conxunto de ferramentas que nos permiten seguir medrando
nosos espectáculos. Teatro de rúa, clown, circo, música, maxia,
ano a ano, que nos motivan a continuar creando e transformando
teatro de interior, teatro cómico, animacións, inauguracións ou
a cultura do noso país festa a festa, parroquia a parroquia, vila a
pasarrúas son algunhas das posibilidades coas que traballamos
vila, cidade a cidade.
á hora de confeccionar as nosas propostas de programacións.
Para afondar nestas propostas, rogamos contacten con nós:
Toda esta oferta tamén a poñemos a disposición dos nosos
www.culturactiva.org
clientes, para que sexan eles mesmos os que poidan deseñar
981 582 836
o seu programa máis acaído, adaptando as nosas propostas a
[email protected]
todos os niveis (orzamento, formato, estilo, etc.)
Traballamos con todo tipo de entidades. Dende concellos a
Música
Música de Escenario { Galicia }
GUADI GALEGO { LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO }
Banda/Grupo }
Unha das voces máis celebradas e recoñecidas do panorama musical galego. Guadi Galego leva toda unha vida enriba
do escenario, levando o seu talento a diversos proxectos.
Cantante, compositora e gaiteira, foi –até o ano 2008- a vocalista do xa desaparecido grupo Berrogüetto. Tamén formou
NOVO
DISCO
2014-15
parte de Nordestin@as, xunto a Abe Rábade e Ugía Pedreira, e
con Guillerme Fernández lanzou o disco Espido en 2005. Con
Fernández embarcouse, na compaña tamén de Xabier Díaz
e Xosé Lois Romero, no grupo aCadaCanto. A nivel individual,
Guadi publicou o seu primeiro disco en solitario en 2009. Titulado Benzón, explorou diversos camiños creativos dentro do folk
grazas á revisión que realiza de diversas melodías tradicionais
que sempre impresionaron a cantante. Naquela primeira aventura en solitario, Guadi contou coa colaboración dun feixe de
artistas, dende Uxía até Leilía, pasando por Abe Rábade, Quim
Farinha ou Ugia Pedreira.
O espectáculo }
Guadi Galego publicou en novembro de 2014 o seu segundo
disco en solitario: Lúas de outubro e agosto (Fol Música). Neste
novo traballo discográfico preséntase cun son e unha expresión
artística máis madura e, ao tempo, máis atrevida. O álbum recolle fermosas cancións cunha serie de nexos comúns: a natureza
das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción,
a intensidade. Tamén a delicadeza e o risco. Todo un exercicio
de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer
unha música chea de sinceridade que non deixa de sorprender.
O disco inclúe un total de dez cancións, entre as que destacan
temas como Mergullei ou Matriarcas.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Guadi Galego: Voz e teclados
Guillerme Fernández: Guitarra
Paco Charlín: Baixo
Isaac Palacín: Batería
Pachi Alis: Produción Musica
Talabarte
Banda/Grupo }
Talabarte significa a confluencia artística de tres músicos
imprescindibles do noso país. Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin
García crean un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional.
O violín de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pascual e
o contrabaixo de Kin García propoñen unha viaxe a través das
músicas populares de Galicia, mais tamén doutras latitudes. O
repertorio complétase con composicións propias, enfiadas con
distintos enfoques estéticos que van dende o jazz até a música
tradicional europea, pasando por sensibilidades tan singulares
como o tango.
O espectáculo }
Quim Farinha é un sospeitoso habitual dos escenarios en Galicia
dende finais dos anos oitenta. O seu violín deuse a coñecer en
grupos como Fía na Roca, soou dende as súas orixes en Berrogüetto e forma parte de grupos como A Banda das Crechas, Os
d’Abaixo ou o propio Talabarte. Pedro Pascual, pola súa banda, é
un virtuoso do acordeón diatónico, sendo profesor no Conservatorio de Música Tradicional. Colaborador habitual de diferentes músicos e cantantes, formou parte dende a súa fundación
do grupo Marful. Kin García é un dos contrabaixos máis destacados de Galicia e acompaña habitualmente á intérpretes como
Susana Seivane, Uxía, Dulce Pontes, Berrogüetto...
Ficha artística }
Quim Farinha: Violín
Pedro Pascual: Acordeón diatónico
Kin García: Contrabaixo
+info: www.culturactiva.org
O Sonoro Maxín { A FESTA SON EU!!! }
A FESTA SON EU!!! }
A festa galópalles polas veas. En cada un dos seus concertos,
estoupa a Galicia tropical. Eles son o Sonoro Maxín e ningunha
outra banda en Galicia pode berrar A festa son eu!! con semellante contundencia e cun son tan incontestable. Precisamente
ese é o novo lema da banda, que neste 2015 reinvéntase unha
vez máis e volverá ás estradas galegas cun novo directo cheo
de novidades que, sobre os escenarios do país, se mesturarán
cun repertorio propio que, a tal hora, xa é un auténtico clásico no
circuíto musical galego.
En 2011, O Sonoro Maxín publicou o seu primeiro disco e
iniciou unha ampla xira titulada A Onda Sonora (chega do interior).
O título respondía a un aviso a navegantes, unha proclama de que
o trópico, en Galicia, respiraba ás beiras do Miño e que se espallaba, dende o corazón de Ourense, como a ventada dun furacán
grazas ao traballo desta banda. Mais agora, catro anos despois,
A onda sonora fai tempo que chegou para quedar. E agora xa
ninguén ten dúbida de que O Sonoro Maxín é unha festa sempre
presente, sempre disposta a animar cos seus ritmos cálidos as
noites perante calquera público.
Con A festa son eu!!, o grupo dá un paso máis na súa carreira
para ofrecerlles aos seus espectadores un intenso directo, no
que se darán a coñecer novas cancións e cos que O Sonoro
Maxín demostrarán que, a súa onda, non deixa de se espallar nin
de medrar e tampouco de sorprender.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Ico: Voces
Abraham “el niño”: guitarra
Cristina Asenjo: acordeón
Xurxo Brea: baixo
Jaime Mateo: batería e percusións
Miguel Xanceda: Son en directo
David Rubín: Deseño e ilustracións do disco
Vaamonde, Lamas & Romero
{ O Tambor de prata }
Banda/Grupo }
Xesús Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres músicos sen os que a música galega actual non se podería comprender. As súas traxectorias individuais abranguen dende a música
de raíz até o folk, a fusión ou o jazz, pasando pola composición e
dirección musical. Sempre recibiron o recoñecemento do público
e, como docentes e estudosos da nosa tradición, o respecto do
sector. Os seus nomes están vencellados a algúns dos mellores
artistas da música galega. O seu talento únese habitualmente,
grazas a diversas colaboracións, á música de, entre outros moitos,
Mercedes Peón, Fuxan os Ventos, aCadaCanto, Susana Seivane,
Leilía, Guadi Galego ou Xabier Díaz. Con eles teñen actuado en
varios continentes, dende Xordania a Nova York, pasando por
Zimbabwe ou Bos Aires. En 2006, deciden unir os seus talentos
para amosar a súa particular visión da música popular.
O espectáculo }
Con esta nova entrega, Vaamonde, Lamas e Romero afondan
na súa estética artística, coa que mesturan as melodías co
humor, co obxectivo de desacralizar a música tradicional e achegala dun xeito diferente ao público. Deste xeito, convertéronse
dende 2006 no trío máis retranqueiro da música actual. Nesta
ocasión, preséntanos unha proposta escénica na que se repasa
un repertorio composto exclusivamente por temas dunha formación única na historia de Galicia: Os Trinta de Trives. Ofrécennos
a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarto que
triunfou fai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras,
cuxa traxectoria resulta ser un conxunto de anécdotas e vangardismo. Para Vaamonde, Lamas e Romero os de Trives impulsaron
un concepto que precisa ser reivindicado: o cosmopolitismo da
montaña ourensá.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Xesús Vaamonde: Gaita, percusión, voz
Pedro Lamas: Saxo soprano, voz
Xosé Lois Romero: Acordeón, voz
Vaamonde, Lamas & Romero
{ VL&R con Banda de Música }
Banda/Grupo }
Xesús Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres músicos sen os que a música galega actual non se podería comprender. As súas traxectorias individuais abranguen dende a música
de raíz até o folk, a fusión ou o jazz, pasando pola composición e
dirección musical. Sempre recibiron o recoñecemento do público
e, como docentes e estudosos da nosa tradición, o respecto do
sector. Os seus nomes están vencellados a algúns dos mellores
artistas da música galega. O seu talento únese habitualmente,
grazas a diversas colaboracións, á música de, entre outros moitos,
Mercedes Peón, Fuxan os Ventos, aCadaCanto, Susana Seivane,
Leilía, Guadi Galego ou Xabier Díaz. Con eles teñen actuado en
varios continentes, dende Xordania a Nova York, pasando por
Zimbabwe ou Bos Aires. En 2006, deciden unir os seus talentos
para amosar a súa particular visión da música popular.
O espectáculo }
Vaamonde, Lamas & Romero sorpréndennos cunha proposta
orixinal e divertida: un concerto con banda de música en clave de
humor. O espectáculo inclúe arranxos sobre repertorio tradicional realizados polo saxofonista e compositor Roberto Somoza,
que de xeito maxistral combinan o sabor popular con elementos
de modernidade. O trío ofrece este espectáculo coa Banda de
Música Sementeira de Cambre ou -se o prefires- coa túa propia
Banda. Música popular e teatralidade aderezados con grandes
doses de humor e retranca. Un auténtico bálsamo terapéutico e
liberador para estes tempos de crise.
Ficha artística }
Xesús Vaamonde: Gaita, percusión, voz
Pedro Lamas: Saxo soprano, voz
Xosé Lois Romero: Acordeón, voz
+info: www.culturactiva.org
Pandeiromus { TEÑO DÍAS }
Banda/Grupo }
Dende sempre, os membros de Pandeiromus sentíronse atraídos pola
tradición oral, sobre todo pola que estaba asociada con melodías que
engaiolaban o seu ánimo. Así xurdiu o grupo, que dende os seus primeiros pasos en 1992 dedicouse a percorrer Galicia escoitando historias,
retendo melodías, cantando cancións e, en definitiva, recollendo a
nosa tradición musical. Con todo ese material, foron conformando un
amplo repertorio que esmiúzan en cada un dos seus concertos, nos
que podemos coñecer o seu talento vocal, mais tamén instrumental.
NOVO
DISCO
2014-15
Dese xeito, as súas voces mestúranse co son das gaitas, do tamboril,
das pandeiretas, da caixa ou do bombo. Tamén das culleres, das botellas e mesmo da lata de carburo. Ao longo da súa traxectoria, xiraron
por Galicia, España e Portugal. A súa discográfica inclúe tres álbums
- Conserva (1998), Tolerías (2002) e Teño días (2014) - teñen colaborado en discos das Leilía, de Uxía Senlle ou no Jacobsland, editado co
gallo do ano xacobeo 1999.
O espectáculo }
O disco Teño días supón un paso adiante na traxectoria de Pandeiromus, un grupo cuxa base musical se sustenta no traballo de investigación e na recollida da música tradicional do noso país. O álbum significa a mecha dunha triloxía que lle presentarán ao público ao longo do
próximo ano. Este traballo conta coa participación de dous poetas,
que crearon senllas letras para que fosen musicadas por Pandeiromus. Xavier Picallo regaloulles o texto da canción que lle pon nome
ao disco. Pola súa banda, Séchu Sende asina a letra de Unha muller e
outra muller. Estes temas abren o novo repertorio, arranxado por Pedro
González, Vadin Yukinievich e Cristian Silva e interpretado por Roberto
Grandal no acordeón, Xesús Rodríguez na percusión e gaitas e polas
voces e pandeiretas de Rafael Iglesias, Afonso Sestelo e Topo Vidal.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Rafa Iglesias: Voz, percusións (pandeireta, caixa,
lata, tambor, cunchas, pandeiro, bombo)
Afonso González: Voz, percusións
Topo Vidal: Voz, percusións, gaita, flauta
Roberto Grandal: Acordeón
Xesús Rodríguez: Percusións, gaita
Coanhadeira { BICOS CON LUVAS }
Banda/Grupo }
Coanhadeira nace no ano 2006 como unha banda de música
folque que amosa aqueles “restos” musicais conservados até
os nosos días a través da tradición oral da cultura galega. Dese
espírito vén o seu nome, xa que as coanhadeiras eran nalgúns
puntos de Galiza as mulleres (tamén a vasoira que empregaban)
encargadas de varrer os restos do cereal durante a malla.
Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus direc-
NOVO
DISCO
2014-15
tos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns
e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque do sur
de Europa, como o Festival de Pardiñas, A Carballeira de Zas, o
Festival Intercéltico de Ortigueira, o Sauga Folk de Cantabria,
o Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de
L’Orient, entre outros.
O espectáculo }
Coanhadeira regresa cun novo disco. Neste Nadal entrarán no
estudio de gravación onde gardarán nunha caixiña todas as
pequenas e grandes ideas xurdidas ao longo dos últimos cinco
anos. Bicos con luva pretende sumarse en positivo á musica
feita en Galiza, sen prexuízos e facer bailable calquera lugar, ateigar do poder percusivo, de letras sorprendentes, de atmosferas
sutís, de adornos do país e de anacos dos mundos de cada un
dos compoñentes da formación e do camiño conxunto até hoxe
de Coanhadeira.
Por eses camiños, este grupo folque continuará unha traxectoria musical que xa recolleu o recoñecemento do público e da
crítica. Gañadora do concurso Nsaio no Camiño 2007 ou do Folk
Escenario Prau de Cantabria, Coanhadeira está considerado xa,
mesmo antes de lanzar este novo traballo discográfico, como
un grupo referente para o sector.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Patricia López: Voz e Percusión
Xerardo Quintela: Acordeón
Chechu Pérez: Gaitas e zanfona
Kinhos Saburido: Percusións
Óscar Freire: saxo soprano e tenor
Samuel Soto: Bouzuki
Paula Conde: baixo
Sergio Tannus { SON BRASILEGO }
Banda/Grupo }
Tannus é, hoxe por hoxe, un dos artistas máis completos da “safra
brasileira”. Autodidacta e cidadán do mundo, o artista comezou a
súa traxectoria musical profesional moi cedo, aos 14 anos. Despois
de moitos anos acompañando a diversos artistas, decidiu gravar o
seu primeiro proxecto musical en solitario titulado Múltiplos caminhos, onde asinou todas as composicións e arranxos. Dese xeito
Tannus confirmaba e consolidaba a súa versatilidade e calidade
musical, gravando todos os instrumentos do álbum. Grazas a este
traballo emprendeu unha longa xira por diversos países europeos,
como Francia, Alemaña e Portugal. No seu periplo polo vello continente descubriu Compostela, onde decidiu quedar a vivir.
Desde a súa chegada a Galicia, ven compartindo experiencias e
colaboracións, como músico acompañante e/ou produtor musical,
con artistas como Uxía, Antonio Zambujo, Carlos do Carmo, Chico
Cesar, Lenine, João Afonso, Kepa Junkera, entre moitos outros.
O espectáculo }
Un proxecto de gran porte e numerosos colaboradores, con
cancións e arranxos orixinais do propio Tannus, sempre apoiado
pola formación base que conforma o seu trío xunto a Gutier Álvarez e Paulo Silva.
Acompañárono en Son Brasilego moitos daqueles artistas galegxs que o coñeceron e que compartiron con el grandes momentos musicais en todos eses anos que leva vivindo en Galicia. É un
traballo que aposta polo intercambio, polo achegamento cultural
e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e as raíces comúns.
Trae ademais da música intuitiva, a reflexión sobre a nosa identidade e irmandade -e por riba de todo- sobre o futuro das mesmas
a través da música e desa sonoridade atlántica que nos fai a todos
ser “brasilegos”.
+info: www.culturactiva.org
.
Ficha artística }
Sergio Tannus: Guitarras, voz e percusións
Gutier Álvarez: Zanfona, violín e gaita
Paulo Silva: Percusión
KIN GARCÍA TRÍO
Banda/Grupo }
Kin García, un dos instrumentistas máis destacados do panorama
galego, acompáñase do piano de Jacobo de Miguel e mais da batería de Noli Torres para crear un son propio, diferente e para engaiolar o público coa calidade do seu jazz. De contrastada traxectoria
e presenza impoñente no escenario, Kin García participa nun feixe
de proxectos e colabora con todo tipo de formacións e cantantes.
Deste xeito, é un sospeitoso habitual nos traballos discográficas
e nas actuacións de autores da talla de Tom Guyon, Tony Lanzan,
Uxía, Berrogüetto, Dulce Pontes, Joao Afonso ou Rodrigo Romaní.
Ademais, xunto a Quim Farinha e Pedro Pascual, forma o trío Talabarte.
O ovetense Jacobo de Miguel, pola súa banda, inicialmente
centrou a súa formación no ámbito clásico, pero rapidamente
descubriu a maxia do jazz, campo no que se licenciou no Conservatorio Superior da Coruña. Como docente exerceu en cursos
de músicos de Oviedo e Xixón até converterse en profesor da
Fundación de Música Moderna de Avilés.
Noli Torres iniciouse no mundo clásico no Conservatorio de
Pontevedra, estudando disciplina de batería con Tony Patchi e
Fernando Llorca. A súa formación proseguiu en Madrid, na Escola
de Música Creativa, onde coincidiu con instrumentistas como
Guillermo McGuill, Perico López ou Manolo Calleja. Ten traballado
en formacións de moi diferente natureza, como son Jazzers,
Peter Delphinich and Friends ou Alem.
Ficha artística }
Kin García: Contrabaixo
Jacobo de Miguel: Piano
Nolo Torres: Batería
+info: www.culturactiva.org
Verbena GALEGa
Banda/Grupo }
A Verbena Galega de sempre, pero coma nunca a viches. Ese
é o espírito deste espectáculo que lle ofrece ao público máis
de cinco horas de música e baile en galego. Unha explosión de
música, humor e risa no campo da festa.
Trátase, no fondo, dunha revisión do concepto actual de
verbena para crear unha proposta única centrada, por un lado,
na música de baile tradicional e, polo outro lado, na música de
baile máis moderna e mestiza: ritmos latinos, pachanga, cumbia,
reagge, etc. E todo coa opción de seren complementadas con
diversas actividades para público familiar que, de seguro, encherán de cor calquera festa en Galicia que queira innovar e diferenciarse das demais.
A Verbena Galega que Culturactiva propón dura cinco horas
de música e baile, co denominador común da lingua galega e coa
fusión da festa tradicional e moderna a un tempo. As actuacións
musicais divídense en 2 pases (un de cada grupo) coa posibilidade da intervención dun grupo de animación antes da sesión
musical e un picadiscos como peche das actuacións. Ademais,
é posible contar con espectáculos que ofrezan unha alternativa
lúdica para público familiar en torno ao circo, ao clown, ao humor,
etc. No fondo é a Verbena de sempre, revisitada e feita a medida
para calquera vila.
Ficha artística }
+info: www.culturactiva.org
1 Grupo de música tradicional
1 Grupo de pachanga galega
1 Picadiscos de música galega
+ Tráiler-Escenario móbil
+ 40.000 w de son
+ 100.000 w de iluminación e robótica
Música de Rúa { Galicia }
Orquestra OS MODERNOS
Banda/Grupo }
A claridade das lámpadas de cores, o cheiro a pólvora, o arrecendo das friameiras, até a xeometría dos cadros dos manteis se
levantan e brindan pola oportunidade dada ao “frote” e ao “arrechuche” contaxiada polos ritmos máis modernos da Orquestra
“Os Modernos”.
Como consecuencia da súa constate ansia por se renovar e a
experiencia a través de tantas xiras por Europa e América do Sur
e do Norte, a Orquestra Os Modernos, ofrécelles un repertorio
renovado de bailes como manda a última moda: foxfrot, baiao,
chotis, habanera ou tango americano, corrido, rumba, mazurca
e mesmo un avant-garde twist, se esquecer tampouco eses
ritmos máis arcaicos e propios do noso folclore como a muíñeira
ou a xota.
Os bailadores e bailadoras confidentes, séntense protagonistas arroupados ao tempo que illados ao estar a música exclusivamente ao servizo do seu baile.
Ninguén fica sentado cando toca a Orquestra Os Modernos.
Resulta imposible. Cando saen a actuar, enchen o recinto coa
súa presenza. O seu estilo, a súa calidade musical. Non podemos ficar quedos, porque o seu son fainos viaxar do aquí agora
ao antes sempre. Sempre e máis despois. E todo grazas ao
conxunto de múisicos e voces que se reúnen nesta formación,
dende Alonso Caxade até Xosé Tuñas, pasando por Joám Casas,
Lois Mouriño, Iria Pinheiro, Martín Nogueira e Paco Nogueira.
Todos eles son Os Modernos. A todos eles débemoslle este
novo vello son que enche as rúas en calquera festa.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Xosé Tuñas: Caixa
Joám Casas: Clarinete
Lois Mouriño: Saxo e gaita de fol
Alonso Caxade: Bombardino
Iria Pinheiro: Rosalie de Choix
Martín Nogueira: Trompeta
Paco Noegueiras: Bombo-chis
FANFARRIA TAquIkARDIA
Banda/Grupo }
Grupo de música extremo festeiro de repertorio taquicárdico,
que vai das melodías balcánicas a coñecidas pezas da música
clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina,
achegándolle sempre o espírito necesario para o baile e a festa.
A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e
percusións varias. A formación principal a compoñen: trompeta,
clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa
re-adornada, timbais e bombo-platos.
As influencias musicais son varias, comeza polas fanfarrias
de Europa do Leste, os “brass ensembles” de New Orleans, as
charangas carnavalescas caribeñas e brasileiras e a música
tradicional galega.
Os integrandes de banda proceden de varios grupos do panorama musical galego: Os Cuchufellos, Os Bechuchos, Pelepau,
Skandalo Gz, Pan de Capazo, Os Festicultores, Os Podirdos, A
Vaga Banda ou A compañía do Ruído.
Ninguén queda impasible e moito menos inmóbil co brutal
espectáculo que ofrece este particular conxunto musical. Con
eles un pode saber cando comeza a música e a festa, pero non
cando remata.
Ficha artística }
+info: www.culturactiva.org
Estilo: Fanfarria - Música de rúa
Duración: Variable
Público: Para todas as idades
Espazo: Exterior
Aperta { Bloquinho de percusión Aperta }
Banda/Grupo }
A Asociación de PERcusionistas e TAmborileiros/as (APERTA) foi
creada en Vigo no ano 2004, co obxectivo de apoiar e promocionar a música en xeral e a percusión en particular nunha contorna
social procurando favorecer e desenvolver a inclusión social dun
xeito lúdico e participativo.
Traballan en festas durante todo o ano, xa sexa en cabalgatas, festas de verán, festas patronais ou festivais. Non
obstante, a súa grande especialidade é o entroido, chegando a
desfilar até 60 percusionistas, con vistosos traxes, acadando
unha forte expectación dada a magnitude do son e da enerxía
que desprende o espectáculo, altamente contaxiosa, que en si
mesmo conforma, xunto o impoñente deseño dos uniformes,
unha colorida, xigantesca e dinámica festa móbil.
O Espectáculo }
Percusión, baile, animación. Ritmo e boa enerxía. Tamén unha
potencia de son difícil de comprar. Nun bloquiño combínanse
todos estes elementos, creando un ambiente único ao seu redor.
Ao seu paso, nas prazas, nas rúas, nada é o mesmo e todos, polo
menos quen máis quen menos, para a escoitar, a moverse, a
bailar. Mesmo os que máis présa sofren, os que nunca paran no
medio dunha actuación na rúa, os que foxen das festas, marcharán tamén cantaruxando. Porque son magnéticos e a súa música
contaxiosa.
Tan só un bloquinho dun mínimo de dez persoas é capaz de
animar a festa, levar a todo o mundo ao movemento sen excepción. O público, en definitiva, verase atrapado por unha marea de
son e baile, grazas a este grupo que explorar sobre todo os principais ritmos afrobaianos, tradicionais do entroido do nordeste
de Brasil.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Estilo: Animación musical, pasarrúas e
percusión
Duración: Variable
Público: Para todas as idades
Espazo: Exterior
O SONORO MAXÍN { A Onda Sonora na Rúa }
Banda/Grupo }
O Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro
de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban
parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon,
Gum, Mutenrohi e The Pigmalions.
Estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, o 20 de decembro. A partir dese debut, percorreron durante os seguintes anos
toda a xeografía galega con máis de 150 concertos. En moitos
deles compartiron escenario con músicos como Manu Chao &
Radio Bemba Sound System Shantel & Bucovina Club Orkestra,
Los Delinqüentes ou Tonino Carotone.
O Espectáculo }
O Sonoro Maxín reinvéntase cun formato no que achega a súa
músicas ás rúas e prazas, un formato reducido e moi adaptable no que a banda viaxa nunha furgoneta que leva o seu propio
equipo de son. A Onda Sonora viaxa así a calquera lugar onde
sexa necesario, tocando a pé de chan pero con toda a súa forza.
Neste formato coñecemos a Sonoro Maxín denden outra
perspectiva, nun diálogo próximo de ti a ti co espectador. Non
hai distancias entre os músicos e o público, son un mesmo ser
que nace de forma espontánea ao xuntarse, sinxelamente, pola
rúa. Como dous vellos veciños que se cruzan no medio da praza,
dese xeito funciona a Onda Sonora na Rúa. Espállase, viaxa por
entre as beirarrúas e enche a todos dun mesmo son. Queres
coñecer por ti mesmo o que esta Onda Sonora anda a asubiar?.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Ico: Voces
Abraham “el niño”: guitarra
Cristina Asenjo: acordeón
Xurxo Brea: baixo
Jaime Mateo: batería e percusións
Miguel Xanceda: Son en directo
Duración: 50 minutos
A Magnifique Bande dos Homes sen Medo
{ SEN MEDO!! }
Banda/Grupo }
A Magnifique bande dos homes sen medo. Ese é o nome a ter
en conta. Non o poden esquecer, porque dende fai xa máis dun
lustro este simpático grupo de galopins musicais animan as
nosas vidas e divírtennos coas súas trasnadas harmónico-contrapuntísticas cunha elegancia natural e un gusto innato polas
boas melodías e os arranxos de éxito.
A banda condúcenos polo máis destacado da historia musical con momentos clásicos, fílmicos, jazzísticos, funkeiros ou
rockanroleiros.
Dende as súas orixes non deixaron de xirar por toda Galiza,
amosando a súa rochosa sección rítimica integrada por tuba,
fagot, bombo, caixa guitarra e clavinent e a sección de aires,
formada por trompeta, trombón, saxo alto e saxo tenor.
O Espectáculo }
A Magnifique Bande principiaron a súa andaina Sen Medo no ano
2007. Dende aquela, aparecen nos carteis de todo tipo de festivais, tanto nos de Galicia coma nos de fóra do país. Oos seus
directos provocan un berro de admiración parte do público, que
sempre acaba por unirse o seu espírito de troula, de big band, de
todo e mais.
As súas actuacións preséntanse en dous formatos básicos.
O primeiro deles, o de rúa. Son concertos itinerantes que van de
praza en praza, pola rúa, nos que a banda soamente precisa dos
seus instrumentos e o seu derroche de inxenio para deleitar a
paseantes e incrédulos. O segundo deles, acóllese ao escenario
clásico.Soben as táboas e ofrecen a mesma diversión e enerxía
que nos seus pasarrúas, contaxiando a público da sala.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Alvaro Trillo: Percusión
Miguel Paz: Percusión
Oscar “Bochu” Barcala: Tuba
Abel Leonardo: Guitarra
Alex Salgueiro: Organo
Manuel Espiño: Trombón
Martiño D. Mato: Saxo Tenor
Manuel Paino: Trompeta
Olivier Cano: Saxo alto/Frauta
CÉ ORQUESTRA PANTASMA { Home Orquestra }
Banda/Grupo }
Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria,
músico autodidacta e apaixoado dos instrumentos musicais.
Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música
tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados
estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos
tan dispares entre si, como A Roda ou a banda de punk Oxtiax
ke te Pariu.
Dende comezos do verán de 2008 e con máis de 150
concertos por ano, este músico leva percorrido toda a xeografía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país
levando ás costas a súa proposta: Cé Orquestra Pantasma, un
proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e
variado repertorio, no que se conxuga a perfección toda unha
vida musical.
O Espectáculo }
Apoiándose na recuperación da figura do Home Orquestra, Cé
Orquestra Pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregádose por
completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos,
unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público
deixa de ser espectador para converterse en protagonista. As
posibilidades que ofrece Cé Orquestra abranguen calquera celebración. A súa especialidade, a animación musical e as actuacións de rúa, poden adaptar a calquera tipo de festas,romarías
ou feiras de época. As súas actuacións tamén son accesibles
aos espazos pechado e pode participar en todo tipo de iniciativas, dende recitais poéticos até en celebracións e bailes para
os nosos maiores.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Elenco: César Freiría
Estilo: animación musical
Duración: Variable
Público: para todos os públicos
Música { Booking GALICIA + PORTUGAL }
LA TROBA KUNG-FÚ { SANTALEGRÍA }
Banda/Grupo }
La Troba Kung-Fú parte de tres reivindicacións esenciais: a
troba como actitude de facer cancións e compoñer música,
ao xeito dos antigos xograres e trobadores, atopando inspiracións e melodías na vida que rodea o artista; o Kung-fú, que é a
disciplina esencial que permite chegar á perfección, e a Rumba
catalá, xénero creado polos xitanos a mediados da década do
rock and roll e que algúns paios intelectuais conceptualizaron
como música urbana e popular, xenuína de Barcelona.
O nacemento da formación procede do encontro entre varios
músicos que quixeron reivindicar a Rumba catalá como linguaxe
musical que certificaba o arraigo ás orixes. Dese xeito, en 1995,
Joan Garriga funda Dusminguet con outros músicos. Neses
tempos, gañou fama como acordeonista e así comezou a colaborar con Marià Roch, camarada de territorio e enerxía musicais.
Do encontro xurdiu a Troba Kun-Fú.
O espectáculo }
Santalegría supón o terceiro disco dunha banda que vive o seu
mellor momento creativo. Esta entrega, coa que comezaron a
xirar no verán de 2013, zumega vida, positivismo ritmo e forza.
O grupo, fortemente vencellado á rumba catalá, reinventa o
xénero achegándolle ao mundo a chamada Rumbia Vallesana
que, como as silveiras, medra a esgalla, pincha e dá froitos. Ese
son e esa enerxía son os elementos que reivindican, amosando
sempre a súa marca de identidade, persoal e intransferible. Un
selo propio de boa música que se deu a coñecer nos primeiros
traballos da formación pero que agora, tras este terceiro álbum,
acada a consolidación e confirma o que calquera amante da
música agardaba: La Troba Kung-Fú naceu para quedar con nós.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Joan Garriga: Accordion from hell e veu gladiator
Pep Terricabras: Batería rumbera
Marià Roch: Ultrabases e coros con sentimento
Muchacho: Ventilador tomado e coros guapos
Toti Arimany: The red baron of dub
TXARANGO { SOM RIU }
Banda/Grupo }
Chegados do Raval, o Barrio máis multicultural de Barcelona,
Txarango está a revolucionar dende o ano 2011 o panorama
musical catalán. Falamos dunha banda de fusión musical, cunha
frescura única e cuxo carácter festivo a converte nunha referencia tanto das boas melodías como das mellores vibracións.
No 2011, no primeiro ano de vida da banda, comezou a chamar
a atención tanto do público como da crítica. Ofreceron máis de
cincuenta concertos, congregaron a máis de 40.000 espectadores e as súas cancións superaron as 100.000 escoitas na
súa páxina web. O balance do primeiro ano resultou espectacular. E aínda non viramos nada. Porque un ano despois, chegou o
estoupido. Máis de 80 actuacións en oito meses, superando os
300.000 espectadores e unha recepción sen igual co seu disco
Benvinguts al llarge viatge, co que chegaron a romper fronteiras
e pechar unha xira internacional nos países escandinavos.
O espectáculo }
O ano pasado, Txarango volveu subir aos escenarios. Fíxoo na
compaña dun novo disco Som Riu, dun novo espectáculo e
dunha xira que permitiu ampliar os horizontes sonoros deste
proxecto marcado por un son enérxico que mestura o reggae,
cos ritmos latinos e outras músicas contemporáneas e de raíz.
Deron a coñecer as cancións deste segundo álbum dentro dunha
xira titulada La Tempesta. Con ela, retomaron a vida nómade e
compartiron Som riu de praza en praza. Nesta viaxe propagaron
grazas á ventada o seu lema: “Somos un río que sempre avanza.
Da guerra faremos danza.”
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Alguer Miquel (voz)
Marcel Lázara Tito (Guitarra e voz)
Sergi Carbonel Hipi (Teclista)
Quim Canais (Batería)
Alex Pujols (Baixista)
Pau Puig (Percusións)
Jordi Bamola (Trompeta)
Iván López (Saxo)
Yacine & The Oriental Groove
{ L’estima vença la salvatgia }
Banda/Grupo }
Falar de Yacine Belahcene significa falar dun músico de referencia no panorama barcelonés. A finais dos anos noventa,
converteuse no fundador e líder de Cheb Balowski, banda mítica
de son árabe, balcánico e mestizo da cidade condal. A continuación natural daquel proxecto foi Nour, un grupo que seguía esa
mesma liña de fusión ao mesturar sons do Mediterráneo. Ambas
as dúas bandas xiraron amplamente por España e Europa, con
incursións nos países árabes.
Yacine reinvéntase unha vez máis con Yacine & The Oriental
Groove, un combo multicultural dirixido por Yannis Papaioannou,
laudista grego afincado en Barcelona. Xuntos compuxeron no
ano 2011 o disco Parábolic, traballo que se podería definir como
“folclore do ciberespazo.” Presaxiando as revoltas e movementos na beirarrúa sur do Mediterráneo, era un compendio de
cancións sustentadas nun son urbano moi potente.
O espectáculo }
O último traballo de Yacine & The Oriental Groove continúa a liña
creativa do seu traballo anterior. Achégannos música de aquí e
de todas partes. Ese é o espírito deste álbum, que vai da electrónica até o folk alxerino, pasando polo pop occidental, as melodías gregas ou o funk. Crean así unha paisaxe sonora e propoñen
unha dialéctica artística na que non caben os discursos baleiros
sobre a multiculturalidade. Van máis aló. Porque poden. E tamén
porque deben. Yacine ten claro que é tempo de madurez, de
mirar de fronte á sociedade e explicar a realidade a partir da súa
música, das súas letras. Tamén dende a súa fonda creatividade.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Yacine Belahcene (voz) e Yannis Papaionnou
(laúde) dirixindo a Oriental Groove:
Jordi Hereros: batería
Bernat Guardia: baixo
Óscar Ferret: teclados
Arniol López: Percusións
OQUES GRASSES { DIGUE-N´HI COM VULGUIS }
Banda/Grupo }
O grupo catalá está formado por Josep Montero (voz e guitarra), Arnau Altimir (batería), Joan Borràs (teclado), Guillem Realp
(baixo), Miquel Biarnés (trombón), Miquel Rojo (trompeta) e Josep
Valldeneu (saxo). A súa natureza pertence á estirpe das bandas
multiinstrumentais, próximas a formacións que nos poden levar
a sensibilidades que agroman dende Nova Orleáns. Ou non,
porque son iso ou todo o contrario. Consíderanse só xente que
explica o que vive e o que sente, con cancións e sen cancións.
Vense como músicos, mais tamén como momentos, como
calquera e coma todos. Do seu traballo discográfico, cargado
de rechamantes sons e depurada técnica, un ha de destacar
Digue-n’hi com vulguis. Oques Grasses é unha das formacións
revelación na música catalá dos últimos tempos.
Oques Grasses defínense a si mesmo sen definirse, coas
palabras xustas que valen para case todo. Porque, no fondo,
sérvense da música para contar o que senten, o que viven,
como son e como deixan de ser. O pentagrama tamén lles
serve para escoitar a xente, para poñerlle notas ao que ven ao
seu redor e as sensacións que os envolven, tanto a eles coma
o público. Son un transmisor de latexos, de palabras, de tons.
Coa súa creatividade póñenlle música a todo o seu mundo, un
mundo que comparten con todos e todas, sen distincións. Non
hai fronteiras entre eles e o espectador, son o mesmo. Ou todo
o contrario. Non é fácil definirse. Polo menos coa palabra. Eles
prefiren facelo no espello do escenario, cos seus espectadores
como único reflexo. Aí está a verdade, alí se atopan eles, alí se
recoñecen. A súa música colle forma no cara a cara co público.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Josep Montero: Voz e guitarra
Amau Altimir: Batería
Joan Borràs: Teclado
Guillem Realp: Baixo
Miquel Biarnés: Trombón
Miquel Rojo: Trompeta
Josep Valldeneu: Saxo
Música { Booking Galicia }
Juan Perro { TORNO DE CANCIONES. TOUR 2015 }
Banda/Grupo }
Juan Perro é unha das caras artísticas de Santiago Auserón, un
dos intérpretes máis emblemáticos da música española do século
XX. Vocalista e cantante da histórica Radio Futura, Auserón deu
a coñecer este proxecto musical en 1993, ano no que coprotagonizou a xira Kiko Veneno y Juan Perro vienen dando el cante.
Dous anos despois chegaría o seu primeiro disco, Raíces al viento,
gravado na Habana, cun luxoso equipo de músicos cubanos, británicos e españois. No ano 2000 vía a luz o álbum Mr. Hambre, ao
que o seguiría dous anos despois o Cantares de vela e unha xira
por México e Estados Unidos. Despois dunha paréntese para o
desenvolvemento doutros proxectos artísticos, volve Juan Perro
no ano 2009, cunha longa xira acompañada de novo disco: Río
Negro (2011). Santiago Auserón é ademais un gran estudoso do
son cubano, froito da súa investigación é a súa recompilación de
música tradicional cubana Semilla del Son (constituída por cinco
álbums publicados entre 1991 e 1992).
O espectáculo }
Juan Perro inicia esta xira 2015 con tres formatos distintos:
Solista: Concerto acústico, sen distancias nin barreiras. O son
conecta directamente co público, da man do máis destacado do
seu repertorio.
Trío: O tándem acústico Santiago Auserón - Joan Vinyals ábrelle
as portas ao saxofonista e clarinetista Gabriel Amargant.
Banda: Subirase ao escenario coa súa banda ao completo, ofrecendo un espectáculo de gran formato, con toda a forza dos
seus directos máis expansivos (7 músicos, inclúe metais).
Este tour terá como obxectivo prioritario rodar, coma nun torno
de artesán, as novas cancións, comparándoas coa feitura do
máis selecto do seu repertorio
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Santiago Auserón: Voz e guitarras
Joan Vinyals: Voz e guitarras
Gabriel Amargat: Saxo e clarinete
DEOLINDA { Mundo Pequenino }
Banda/Grupo }
O Portugal no que Deolinda vive está moi lonxe das casas de
fado cheas de fume e das rúas de azulexos que conforman a
imaxinería portuguesa aos ollos dun turista. Deolinda mudaron esa antiga e amarga saudade por unha morea de cancións
alegres e soñadoras, que dalgún xeito revelan as cores reais do
Portugal de a pé, aínda que non teman inspirarse tamén nalgúns
discos antigos de fado, de morna de Cabo Verde ou mesmo de
cantautores portugueses dos setenta.
Co seu primeiro disco, Canção ao Lado (2008), Deolinda
chegaron a ser Disco de Platino en Portugal. Fóra do país luso
foron aclamados pola prensa internacional: The Times, ABC e
Sunday Times consideraron Canção ao Lado un dos mellores
albumes de World Music de 2009. No 2010 recibiron o prestixioso premio Songlines Music Award ao Grupo Revelación e
editaron o seu segundo disco Dois selos e um carimbo, que se
mantivo catro semanas no top nacional de vendas e é, dende
entón, un dos discos máis vendidos en Portugal. O seu terceiro
álbum saíu en 2013. Chamado Mundo pequenino, está producido polos Deolinda xunto ao británico Jerry Boys.
O segredo do seu éxito débese seguramente non só ás súas
incribles composicións e letras, senón tamén á forma na que se
presentan ao público nas súas actuacións: divertidas, suaves
e doces. As súas cancións falan da vida no barrio, da precariedade da época que nos toca vivir. E así, a súa canción “Parva que
sou” converteuse no himno dos e das mocidades indignadas
portuguesas. “Qué mundo tan parvo, no que para ser escravo é
precisso estudar”
.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Ana Bacalhau: voz
Luís José Martins: guitarra clásica, ukelele,
cavaco, viola braguesa e voz
Pedro da Silva Martíns: composición, letrista,
guitarra clásica e voz
Sérgio Nascimento: Percusión
Chico Trujillo
Banda/Grupo }
Se falamos de Chico Trujillo referímonos a unha das orquestras máis importantes de Chile. Son a banda sonora de todas
as festas, de Arica a Punta Arenas. A súa mestura de cumbia
clásica, bolero, música latinoamericana, balcánica e reggae,
asegurándolles un público de todas as xeracións e estilos de
vida. O grupo iniciouse como unha póla da banda punk/ska La
Floripondio en 1999 en Valparaíso. Quince anos e sete albumes
máis tarde, chegaron a simbolizar un cóctel único que ten as
súas raíces na cumbia dos días pre-Pinochet e atoparon o xeito
de incorporar todos os aspectos da cultura popular chilena.
Souberon mesturar anacos do pasado coa influencia global da
cultura alternativa, fusionándoo todo baixo a bandeira Panamericana da cumbia. A exuberancia da banda representa un benvido
retorno ao mundo da festa, do baile e dos praceres nocturnos.
O grupo xira habitualmente por Chile e Sudamérica, pero nos
últimos anos a súa clara internacionalización e o seu éxito máis
aló das súas fronteiras, levou a Chico Trujillo a participar tamén
en festivais como o de Roskilde (Dinamarca), O Esperanzah
(Bélxica) House of Blues (Chicago) ou Playboy Jazz. (Los Angeles). Máis aló do circuíto de festivais, a banda ten percorrido
Europa e Estados Unidos en diversas xiras, visitando máis de
vinte países diferentes nos últimos anos.
+info: www.culturactiva.org
Ficha artística }
Aldo Asenjo: Vocalista
Michael “Bendito” Magliocchetti: Voz, Guitarra
Victor “Tuto” Vargas: Baixo
Juanito Gronemeyer: Percusión, Batería
Sebastián Cabezas “Zorrita”: Trompeta
Rodolfo Fuica “Tio Rodi”: Percusión, Batería
Luis Tabilo: Trombón
Joselo Osses: Teclado
Leo Ruiz: Saxofón
Patricio Quilodran: Charango Cuatro
‘’Pajarito’’ Araya: Percusión
Cumbia All Stars
Banda/Grupo }
Poucos estilos musicais foron tan unanimemente populares
en Perú como a cumbia. Botou as súas raíces nos suburbios da
capital entre os fillos de inmigrantes e nas cidades afastadas
da Selva Amazónica. As súas melodías delirantes viaxaron polo
país durante máis de corenta anos.
Cumbia All Stars é un tributo a tal fenómeno e ao mesmo
tempo unha viaxe na procura dos sons auténticos da Cumbia
Peruana. Coas súas guitarras virtuosas e a súa rica percusión,
os Cumbia All Stars interpretan maxestosamente as mellores
cancións do xénero e innovan compoñendo novas melodías sen
mudar a esencia tradicional.
Participan neste proxecto as principais lendas vivas da
cumbia que levan ligados por máis de 40 años de traxectoria
artística, contribuíndo ao nacemento, nos anos setenta, deste
rico estilo musical que agora é apreciado por todo o mundo.
Os Cumbia All Stars interpretan nos seus concertos as
cancións máis emblemáticas e os tesouros esquecidos do
repertorio da Cumbia Peruana. Así é como presentan o seu
último disco Tigres en Fuga (Selvamonos Prod, World Village,
2014). Para esta gravación os músicos de Cumbia All Stars
tamén incluiron composicións propias que teñen o mesmo
sabor de sempre.
Ficha artística }
+info: www.culturactiva.org
Lucho Carrillo: Voz
Lucho Reyes: Guitarra
Anibal “Chapi” Aliaga: Guitarra
Manuel Pecho: Bajo
Dante Reyes: Bateria
Ernesto “Sanguito” Cadenas: Congas
Enrique Yllescas: Timbales
Hector “Chiquito” Mattos: Bongó
981 582 836
[email protected]
www.culturactiva.org
Descargar