Prezados/as Decanos/as e Directores/as, membros das Xuntas de

Anuncio
Prezados/as Decanos/as e Directores/as, membros das Xuntas de Titulacións,
A Vicerreitoría de Titulacións e converxencia europea ven de realizar, dentro do prazo
de exposición pública e alegacións pola Comunidade Universitaria, a Avaliación
Técnica Interna das memorias de planos de estudo de grao remitidas polas Xuntas de
Titulación con obxectivo xeral de contribuír na elaboración da proposta final de
memoria de plan de estudos.
Os obxectivos concretos dista avaliación técnica son:
•
•
•
Axudar e orientar ás Xuntas de Titulacións sobre os criterios internos e externos
de avaliación.
Revisar o cumprimento da lexislación nacional, e normativas autonómica e
propia da UVIGO.
Identificar propostas de mellora de redacción.
O procedemento de avaliación foi o seguinte:
1) Designación dun Grupo de Avaliadores/as
2) Elaboración dun protocolo de avaliación (dispoñible na web da Vicerreitoría).
3) Formación do Grupo de Avaliadores/as para garantir a unificación de criterios e
a consecución dos obxectivos, e para familiarizarse co protocolo de
avaliación a utilizar.
4) Asignación de Memorias a avaliadores de xeito que cada Memoria fora avaliada
por un mínimo dous avaliadores/as.
5) Avaliación de cada Memoria polos avaliadores/as.
6) Revisión pola Vicerreitoría dos protocolos de avaliación cubertos.
7) Síntese de avaliacións: volcado nun único documento as conclusións da
avaliación agrupada.
Achegamos por tanto con esta mensaxe dous documentos:
1)
Documento de alegacións de carácter xeral que a Vicerreitoría de Titulacións e
Converxencia Europea emite para todas as Xuntas de Titulación. Deben revisarse os dez
puntos xerais contidos neste documento, e enviar informe á Vicerreitoría co resultado da
revisión.
2)
Documento de Síntese das Avaliacións técnicas realizadas polo Grupo de
Avaliadores/as Internos. Por columnas, e para cada un dos dez puntos da Memoria,
volcáronse as conclusións de cada avaliación: puntos fortes, puntos débiles, e áreas de
mellora e observacións/comentarios xerais. As Xuntas de Titulación deben sobre todo
revisar os Puntos Débiles identificados, que deberán corrixirse ou aclararse. Ademais,
engádense Áreas de Mellora e observacións/comentarios: son orientacións, que a Xunta
de Titulación correspondente poderá ou non ter en conta.
Quedamos como sempre á disposición dos Centros e Xuntas de Titulacións, para as
dúbidas que poidan ter ou a axuda que poidan necesitar, a través das direccións:
[email protected] ou [email protected].
Quedando á espera do informe da Xunta de Titulación sobre o recollido nos documentos
achegados, e contando con este documentos poidan orientar á Xunta de Titulación no
proceso de elaboración da memoria definitiva, saudámolos/as cordialmente.
Vigo, 20 de Outubro de 2008
A Vicerreitora de Titulacións e Converxencia Europea.
Carmen García Mateo.
DOCUMENTO DE ALEGACIÓNS DE CARÁCTER XERAL DA VICERREITORÍA
DE TITULACIÓNS E CONVERXENCIA EUROPEA
A Xunta de Titulación correspondente debe realizar as revisións marcadas nos seguintes
puntos e mandar informe á Vicerreitoría de Titulacións e converxencia europea de que
a memoria de plano de estudos as cumpre:
1. Límite da oferta de créditos:
Un título de grao que xorde como transformación de un único plano de
estudos anterior (diplomatura, enxeñaría técnica, enxeñaría ou licenciatura) só
pode ofrecer un máximo de 276 ECTS para cumprir as directrices do Consello
Galego de Universidades (CGU).
Para que sexa fácil comprobar o anterior debe incluírse na memoria de plano de
estudos una táboa como a seguinte (os números indicados son ficticios, só
sirven de exemplo)
Tipo créditos
Formación básica (FB)
Obrigatorios
Optativos
Prácticas Externas*
A
cursar
Alumno/a
60
138
24
6
TFG
TOTAL
12
240
polo/a Oferta do centro
60
138
66
Non entran no cómputo
de créditos ofertados se
teñen carácter optativo.
12
276
*Ver apartado 6
2. Debe incluírse un cadro resume dunha páxina que agrupe as “asignaturas” en
materias e/ou módulos, e cursos, indicando carácter (FB, obrigatoria ou
optativa) e número de créditos ECTS. Isto facilita a percepción da estrutura do
plano de estudos. Pódese tomar como modelo o cadro resumo empregado pola
titulación de Graduado/a en Belas Artes.
3. Segundo o que di a “Guía de Apoyo para la elaboración de la Memoria para la
solicitud de verificación de títulos oficiales (grado y máster)” da ANECA
(hhtp://www.aneca.es), só se debe cubrir o punto “2.2 Normas reguladoras del
ejercicio profesional” no caso de que a titulación estea vinculada a unha
profesión regulada. Nestes momentos este apartado só debe ser cuberto para os
Graos en Enfermaría, Fisioterapia, Mestre infantil e Mestre de primaria.
4. Créditos de Formación Básica
As materias (“asignaturas” en castelán) que se corresponden cos créditos de
formación básica deben conter no seu nome o nome da materia de rama do
Anexo II do RD1393/2007 (“Directrices propias da UVI sobre a estrutura e
organización académica dos planos de estudos de grao”).
Exemplos:
A) “Cálculo 6ECTS” é incorrecto pois “Cálculo” non está na listaxe de
materias do Anexo II. Opcións correctas son: “Matemáticas: cálculo”,
“Matemáticas.Cálculo”, etc.
B) “Laboratorio”: non está na listaxe de materias. Opcións correctas: “Química:
laboratorio”; “Física. Laboratorio”, segundo a materia á que se vincule.
C) “Antropoloxía física”. Sen entrar no contexto da titulación, podería
adscribirse a Antropoloxía ou a Física. Opcións correctas: “Antropoloxía:
antropoloxía física”; “Antropoloxía. Antropoloxía Física”.
5. Traballo Fin Grao (TFG)
Non se pode esixir unha condición de superación de materias previas para
poder superar o TGF que impida que un/ha alumno/a remate no tempo previsto
de catro cursos académicos.
6. Prácticas Externas
Só deben ter carácter obrigatorio se está recoñecido por normativa estatal un
Practicum. Nos outros casos deben considerarse optativas e vir respaldadas
polos convenios que a titulación actual teña con empresas e institucións.
7. Nos planos de estudo nos que proceda, deberanse engadir ensinanzas
relacionadas:
• cos dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades entre homes
e mulleres (Lei 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de
mulleres e homes)
• cos principios de igualdade de oportunidades e accesibilidade das persoas
con discapacidade (Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de
oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal de persoas
con discapacidade)
• e cos valores propios dunha cultura da paz e valores democráticos (Lei
27/2005, de 30 de novembro, de fomento da educación e a cultura da
paz)
Deberá xustificarse en cada caso, a súa non inclusión por non ser procedente no
grao (DENOMINACIÓN) ou, no seu caso, a materia ou materias nas que se
recollen os devanditos contidos.
8. “Apartado 4.4: Transferencia y reconocimiento de créditos: sistema propuesto
por la Universidad”
Este punto debe conter o seguinte texto ou similar:
“El Consello de Gobierno de la Universidad de Vigo en su reunión del 23
de Julio de 2008 aprobó la “Normativa de transferencia y reconocimiento
de créditos para titulaciones adaptadas al EEES”. Con fecha 15 de
setiembre de 2008 (Registro de salida de 16/09/2008) el Vicerrectorado
de Titulaciones y convergencia europea dicta el procedimiento de
transferencia y reconocimiento de créditos para las titulaciones de grado
y master oficial para el curso 2008-09. En estos documentos se recoge
que los/as estudiantes podrán obtener reconocimiento académico en
créditos por la participación en actividades universitarias culturales,
deportivas, de representación estudiantil, solidarias y de cooperación
hasta un máximo de 6 créditos del total de plan de estudios cursados.
Estos créditos se detraerán del cómputo de créditos optativos a cursar por
el alumno.”
9. Apartado 10: extinción
A extinción do plano anterior será sempre PROGRESIVA en cumprimento do
apartado a) da “Disposición transitoria segunda. Enseñanzas anteriores” do
RD1393/2007 que di:
“a) A los estudiantes que en la fecha de entrada en vigor de este real
decreto, hubiesen iniciado estudios universitarios oficiales conforme a
anteriores ordenaciones, les serán de aplicación las disposiciones
reguladoras por las que hubieran iniciado sus estudios, sin perjuicio de lo
establecido en la Disposición Adicional Segunda de este real decreto,
hasta el 30 de septiembre de 2015, en que quedarán definitivamente
extinguidas.”
As normas de extinción dos planos de estudos do sistema anterior están
definidas no apartado 6 do documento “DIRECTRICES PROPIAS DA
UNIVERSIDADE DE VIGO SOBRE ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN
ACADÉMICA DOS PLANOS DE ESTUDOS” aprobado en sesión ordinaria da
Xunta de Goberno na data 13 de setembro de 1999. Este documento está
dispoñible no web da Secretaría Xeral (http://webs.uvigo.es/sxeralweb) no
apartado “Normativa UVI”, sección “Organización académica”.
10.Apartado 10: implantación
Aínda estando de acordo a Vicerreitoría coa proposta de intentar unha
implantación en bloque dos planos de estudos de grao, cómpre engadir algunhas
cautelas que teñan en conta a aparición de imprevistos ou dificultades que
aconsellen chegar á implantación completa en máis dun curso académico.
Neste sentido, as propostas iniciais onde se optara por unha implantación en
bloque, no texto do apartado 10 da memoria a enviar ao “Consejo de
Universidades” debería substituirse o apartado 10.1 por un texto no seguinte
senso:
“Previamente al inicio de cada curso académico a partir de 2009/10, la
Universidad concretará el número de cursos de los estudios de grado a
implantar, teniendo en cuenta para ello los recursos necesarios y las
previsiones de número de alumnos procedentes de la titulación anterior
de (insértese lo que proceda) que se adaptan al plan de grado. Se ha
diseñado un plan de adaptación con el objetivo principal de favorecer
que la mayor parte de los alumnos de la titulación anterior se adapten al
plan de estudios de grado.
Siguiendo las recomendaciones del documento del “Consello Galego de
Universidades”: “Liñas xerais para a implantación dos Estudos de Grao e
Posgrao no SUG”, y teniendo en cuenta que los recursos humanos y
materiales existentes en la Facultad (Escuela) de (insértese lo que
proceda) así lo permiten, se propone preferentemente a partir del curso
2009-10 la implantación en bloque de la siguiente manera (insértese lo
que proceda).
Ante la eventualidad de que en el curso 2009-10 el número de alumnos
adaptados a los estudios de Grado en los cursos superiores al primero
pueda no cubrir las expectativas, queda abierta la posibilidad de que la
implantación en el curso 2009-10 sea de un número de cursos inferior a
los cuatro. Este mismo criterio se aplicará en años sucesivos hasta
completar la extinción del plan anterior.
Descargar